Download as pdf or txt
Download as pdf or txt
You are on page 1of 12

Medida: lonxitude, área e

volume
1. Usa a aresta dun cubo como unidade de lonxitude
estándar. Mide diferentes obxectos da aula e apunta o
que mide cada un.

2. Agora colle 10 centicubos e forma unha única torre con


todos eles, a partir da súa aresta máis longa, mide de
novo os obxectos anteriores. Que observas?

3. Usa a cara dun centicubo como unidade de superficie


estándar. Debuxa calquera figura nunha folla e mide
aproximadamente a súa superficie a partir da cara dos
centicubos.
a. Cantos cubos necesitas para cubrir toda a figura que
trazaches?
b. Discute da precisión do teu método.

4. Usa un centicubo como unidade estándar do volume.


a. Constrúe diferentes sólidos cun volume de 12 e
outros de 20 centicubos.
b. Discute se importa ou non como se insiran os
centicubos, uns cos outros, para calcular o volume.
Medida: lonxitude, área e volume
Obxectivos:
• Traballar diferentes unidades de medida: de lonxitude, de área e de volume.
• Construír sólidos de diferente volume.

Explicación:
Material: centicubos, folla de papel, lapis e goma.
Destinatarios: Estudantes de 4º, 5º ou 6º curso de Educación Primaria.
Recoméndase, traballar de forma individual, é dicir, que cada alumno teña o
seu propio grupo de centicubos para experimentar por un mesmo e que todos
manipulen, aínda que as conclusión e as actividades é bo que as traballen en equipo
para que xurda o debate e formulen conclusións.
Preséntanse actividades para medir a lonxitude de obxectos, área de figuras e
volume de sólidos.

Fonte:
Andrews, P. Linking Cubes and the Learning of Mathematics – Making Algebraic
Structure and Mathematical Thinking Accessible to Learners of all Ages,
Association of Teachers of Mathematics. www.atm.org.uk
Medida: superficie e volume
1. Constrúe diferentes sólidos con 4 centicubos. Que sólido
é o de maior superficie? E o de menor? Anota e
representa estes sólidos nunha folla.

2. Repite a anterior actividade con 6 e 8 centicubos.


Poderías saber cómo construír o sólido con maior
superficie con 10 centicubos? E o de menor?

3. Constrúe o cubo 2 x 2 x 2. Que lle ocorre a superficie do


sólido se a lonxitude das súas arestas son:
a. o dobre?
b. o triplo?
c. cando se multiplica por un factor k calquera?
Que lle acontece ao volume do cubo nestes casos?
Medida: superficie e volume
Obxectivos:
• Construír sólidos de diferente volume.
• Calcular a superficie de sólidos.
• Traballar a proporcionalidade de superficie e volume.

Explicación:
Material: centicubos, papel, lapis e goma.
Destinatarios: Estudantes de 5º ou 6º curso de Educación Primaria.
Recoméndase, traballar en equipo pero con material suficiente para que cada
estudante manipule os centicubos.
Preséntanse actividades de cálculo de volume, onde teñen que identificar as
diferentes partes dun cubo como son as caras e arestas, ademais de traballar a
proporcionalidade ou semellanza de áreas e volumes.

Fonte:
Ideas obtidas a partir do material Osmiroid Centicube. The Multi-purpose Maths
Material. A teacher’s guide.
Medida: volume
1. Posto que cada cubo mide 1 cm de alto, 1 cm de ancho e
1 cm de profundidade, é sinxelo ver que cada cubo ten un
volume de 1 cm3. Constrúe cubos de varios tamaños, por
exemplo 2 x 2 x 2, 3 x 3 x 3, 4 x 4 x 4, etc. Que relación
existe entre o volume de cada sólido que construíches e
a súa lonxitude, anchura e profundidade? Recoller estes
datos nunha táboa pode axudarte a atopar a relación.

2. Constrúe diferentes sólidos que teñan un volume de 24


cm3. Existe algunha forma de saber si realmente fixeches
todos os posibles sólidos de 24 cm3? Recolle as
diferentes dimensións (lonxitude, anchura e
profundidade) dos diferentes sólidos que construíches
nunha táboa.

3. Deseña un contedor que teña un volume de 600 cm3.

4. Deseña un contedor que teña unha capacidade de 375


ml.
Medida: volume
Obxectivos:
• Traballar unidades de medida de volume.
• Construír sólidos de diferente volume.
• Calcular volumes.
• Diferenciar volume de capacidade.

Explicación:
Material: centicubos, folla de papel, lapis e goma.
Destinatarios: Estudantes de 5º ou 6º curso de Educación Primaria.
Recoméndase, traballar en equipo pero con material suficiente para que cada
estudante manipule o material.
Preséntanse actividades de cálculo de volume, onde implicitamente teñen que
traballar a factorización do número 24, 600 e 375. Diferenciar volume de capacidade.

Fonte:
Ideas obtidas a partir do material Osmiroid Centicube. The Multi-purpose Maths
Material. A teacher’s guide.
Caras para estruturas
3D
1. Constrúe a partir das distintas vistas que se presentan a estrutura 3D
que representan. En cada un dos casos analiza se a estrutura 3D é
única ou se pode construír outras a partir das mesmas caras.

Estrutura 1 Estrutura 2

Estrutura 3 Estrutura 4
Caras para estruturas 3D
Obxectivos:
• Construír estruturas 3D.
• Visualizar unha estrutura 3D a partir das súas caras.

Explicación:
Material: centicubos.
Destinatarios: Estudantes de 5º ou 6º curso de Educación Primaria.
Preséntanse actividades para construír estruturas 3D a partir das
súas diferentes caras. Teñen que traballar moito a visualización e decidir se
teñen unha única estrutura 3D que as represente.

Fonte:
Obtida de Mateslibres.com
Estrutura 3D
1. Constrúe con 6 cubos a figura da imaxe, orientándoa como se indica.

2. Debuxa nun papel cuadriculado as distintas caras da figura segundo


indica a imaxe.
3. Que observas das distintas caras que debuxaches? Existe algunha
relación entre elas.
4. Compara se os teus debuxos son iguais aos seguintes.

5. Usa 5 cubos e constrúe a figura da seguinte imaxe.

6. Debuxa nunha cuadrícula as diferentes caras da figura, indicando qué


cara é segundo a imaxe.

7. Compara a cara frontal ca cara de atrás, ¿existe algunha relación entre


elas? ¿Son simétricas?
Estrutura 3D
Obxectivos:
• Construír estruturas 3D.
• Visualizar as súas distintas caras.
• Recoñecer a existencia de simetrías.

Explicación:
Material: centicubos, papel cuadriculado, lapis e goma.
Destinatarios: Estudantes de 5º ou 6º curso de Educación Primaria.
Preséntanse actividades para construír estruturas 3D e debuxar as
súas caras. Intentarase facer ver que aínda que a representación plana das
caras é idéntica en certos casos realmente na realizade non acontece isto,
debido a que non se pode representar na folla a profundidade dunha figura
espacial.

Fonte:
Geometry Playground. Activities. Grades 6-8.
www.exploratorium.edu/geometryplayground/activities
Vistas de edificios
Para desenvolver a capacidade de visualización espacial, podemos facer
dous tipos de actividades: construír un edificio dando as súas vistas e ao
revés, se temos dúas vistas, construír o edificio.
1. Se temos o edificio que aparece na fotografía, cales das seguintes figuras
poden corresponder a unha vista lateral? Razoa a túa resposta.

Fotografía

2. A partir destas dúas vistas laterais dun edificio, constrúeo con centicubos.
Hai varias solucións.
3. Cal é a solución que emprega
máis cubos?
4. Cal é a solución que emprega o
menor número de cubos?
Vistas de edificios
Obxectivos:
• Identificar as vistas dun sólido.
• Construír sólidos coñecendo as súas vistas.
• Visualizar e interpretar caras ou vistas de obxectos dende unha representación
isométrica.
• Visualizar e traballar con imaxes mentalmente.

Explicación:
Material: centicubos, papel, lapis e goma.
Destinatarios: Estudantes de 5º ou 6º curso de Educación Primaria.
Recoméndase, traballar en equipo pero con material suficiente para que cada
estudante manipule os centicubos.
Preséntanse actividades de visualización espacial, onde os estudantes teñen
que mover mentalmente as imaxes a adiviñar vistas e construcións.

Fonte:
Idea obtida a partir do material Osmiroid Centicube. The Multi-purpose Maths
Material. A teacher’s guide.

You might also like