Download as pdf or txt
Download as pdf or txt
You are on page 1of 4

DOG Núm.

186 Venres, 28 de setembro de 2018 Páx. 43874

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

CONSELLERÍA DO MAR

ORDE do 17 de setembro de 2018 pola que se anuncia a convocatoria pública


para a provisión, polo sistema de libre designación, de varios postos de traballo
vacantes nesta consellería.

De conformidade co establecido no artigo 92 da Lei 2/2015, do 29 de abril, do emprego


público de Galicia, e no artigo 16 do Decreto 93/1991, do 20 de marzo, polo que se aproba
o Regulamento de provisión de postos de traballo, promoción profesional e promoción in-
terna, e en uso das atribucións conferidas polo artigo 17.2.c) da mesma lei, esta consellería

DISPÓN:

Primeiro.  Anunciar a convocatoria para a provisión, polo sistema de libre designación,


de varios postos de traballo que se indican no anexo I de esta orde.

Segundo.  Poderán concorrer a ela os funcionarios e as funcionarias que reúnan as


condicións que para os postos de traballo se sinalan no anexo I.

Terceiro.  As solicitudes presentaranse no Rexistro Xeral da Xunta de Galicia (Edificio


Administrativo de San Caetano, Santiago de Compostela), na súas xefaturas territoriais
ou nas oficinas previstas no artigo 16 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento
administrativo común das administracións públicas, no prazo de quince (15) días contados
a partir do seguinte ao da publicación da convocatoria no Diario Oficial de Galicia, confor-
me o modelo que se inclúe como anexo II.
CVE-DOG: l57sdxs4-wuz7-yoz9-0mx5-4ekigea5dm00

Cuarto.  Os/as aspirantes deberán presentar coa solicitude un currículo e xustificar,


mediante certificación ou copia cotexada dos documentos acreditativos, os méritos que
aleguen.

Quinto.  No caso de resultaren seleccionados/as para ocupar os postos de traballo


persoal funcionario doutras administracións públicas, requirirase o informe favorable do ór-
gano competente da súa Administración de orixe, que se considerará favorable de non emi-
tirse no prazo de quince (15) días, tal como dispón o artigo 67 do Real decreto 364/1995,
do 10 de marzo. Unha vez autorizado o seu traslado a esta Administración procederase a
adxudicarlle o posto para o que foi seleccionado/a. Se no prazo de dous (2) meses, a partir
da publicación no Diario Oficial de Galicia, o/a funcionario/a seleccionado/a non se pode

ISSN1130-9229 Depósito legal C.494-1998 http://www.xunta.gal/diario-oficial-galicia


DOG Núm. 186 Venres, 28 de setembro de 2018 Páx. 43875

incorporar á Comunidade Autónoma, considerarase deserto o posto e poderase proceder


de novo á súa provisión.

Sexto.  A resolución desta convocatoria publicarase no Diario Oficial de Galicia e po-


derá declararse deserta de considerarse oportuno.

Sétimo.  O prazo de toma de posesión do novo destino será de tres (3) días hábiles se
non implica cambio de residencia ou de sete (7) días hábiles se comporta cambio de resi-
dencia. Cando o/a adxudicatario/a do posto obteña coa súa toma de posesión o reingreso
ao servizo activo, o prazo será de vinte (20) días hábiles.

O prazo de toma de posesión comezará a contar a partir do día seguinte ao do cesa-


mento, que deberá efectuarse na data que se determine xustificadamente mediante orde
da persoa titular da consellería convocante publicada no Diario Oficial de Galicia, agás no
caso de procedencia doutras administracións, que deberá efectuarse dentro dos tres (3)
días hábiles seguintes ao da comunicación da resolución de traslado á Comunidade Autó-
noma, co límite dos dous (2) meses a que se fai referencia no punto quinto desta orde. Se
a resolución comporta o reingreso ao servizo activo, o prazo de toma de posesión deberá
computarse desde a dita data.

A persoa titular da consellería onde presten servizos os/as funcionarios/as poderá, non
obstante, diferir o cesamento, por necesidades do servizo, ata vinte (20) días hábiles, o que
se lle debe comunicar á unidade a que sexa destinado o/a funcionaria/a.

Oitavo.  Contra esta orde, que esgota a vía administrativa, as persoas interesadas po-
derán interpoñer recurso potestativo de reposición, ante a conselleira do Mar, no prazo
CVE-DOG: l57sdxs4-wuz7-yoz9-0mx5-4ekigea5dm00

dun mes contado desde o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia,
de conformidade co disposto na Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento adminis-
trativo común das administración públicas, ou poderán impugnala directamente, perante o
xulgado do contencioso-administrativo competente, no prazo de dous meses contados a
partir da mesma data, segundo o establecido na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da
xurisdición contencioso-administrativa.

Santiago de Compostela, 17 de setembro de 2018

A conselleira do Mar
P.D. (Orde do 8.9.2017; DOG do 21 de setembro)
María Isabel Concheiro Rodríguez-Segade
Secretaria xeral técnica da Consellería do Mar

ISSN1130-9229 Depósito legal C.494-1998 http://www.xunta.gal/diario-oficial-galicia


DOG Núm. 186 Venres, 28 de setembro de 2018 Páx. 43876

ANEXO I
Comple. Corpo/ Adsc. Form.
Denominación Código Nº Grupo Centro directivo Localidade
específ. escala adm. específ.
S.X. de Coord.
S.X. de Coord. Santiago de
Orzament. e PE.C02.00.002.15770.001 30 21.452,20 A1 Xeral A11 640
Orzament. e Contrat. Compostela
Contrat.
S.X. Xeral
Xeral/ S.X. Xestión, Ensino Santiago de
Xestión, Ensino e PE.C04.00.001.15770.001 30 21.452,20 A1 A11 640
especial e RR.SS. Compostela
RR.SS.
S.X. Investigación
Xeral/ S.X. Investigación e Santiago de
e Apoio Cient.- PE.C04.00.003.15770.001 30 21.452,20 A1 A11 640
especial Apoio Cient.-Técnico Compostela
Técnico
Corón
ESC1/ Centro Investigacións
Director/a PE.C99.40.201.36600.001 28 14.898,24 A1 A11 640 Vilanova de
ESC3 Mariñas
Arousa
Xefatura Servizo D.X.
Xeral/ Santiago de
Desenvolvemento PE.C04.00.000.15770.110 28 16.303,14 A1/A2 A11 640 Desenvolvemento
especial Compostela
Pesqueiro Pesqueiro
Xeral/ Xefatura Territorial da
Xefe/a territorial PE.C99.10.000.15001.001 28 19.190,78 A1/A2 A11 640 A Coruña
especial Coruña
Xeral/ Xefatura Territorial
Xefe/a territorial PEC99.10.000.27650.001 28 19.190,78 A1/A2 A11 640 Celeiro
especial de Lugo
Xeral/ Xefatura Territorial
Xefe/a territorial PE.C99.10.000.36560.001 28 19.190,78 A1/A2 A11 640 Vigo
especial de Vigo

Descricións códigos da adscrición ás administracións públicas:


AXG. Adscrición exclusiva a funcionarios da Xunta de Galicia.

Descricións códigos das formacións específicas:


640. Para persoal doutra Administración, curso de perfeccionamento de galego (R.I).
CVE-DOG: l57sdxs4-wuz7-yoz9-0mx5-4ekigea5dm00

ISSN1130-9229 Depósito legal C.494-1998 http://www.xunta.gal/diario-oficial-galicia


DOG Núm. 186 Venres, 28 de setembro de 2018 Páx. 43877

ANEXO II
MODELO DE SOLICITUDE
DATOS DO/DA SOLICITANTE
PRIMEIRO APELIDO SEGUNDO APELIDO NOME

DNI DATA DE NACEMENTO CORPO OU ESCALA A QUE PERTENCE GRUPO NÚMERO DE R.P.

ENDEREZO, RÚA E Nº LOCALIDADE

CÓDIGO POSTAL PROVINCIA CONCELLO

TELÉFONO CORREO ELECTRÓNICO

DESTINO ACTUAL
CONSELLERÍA

DEPENDENCIA

LOCALIDADE

SOLICITO:
Ser admitido/a na convocatoria para prover o posto de traballo, polo sistema de libre designación, anunciado pola Orde do 17 de setembro
de 2018 , ao considerar que reúno os requisitos exixidos para tomar parte para o posto de traballo que se indica:

POSTO SOLICITADO
Designación do posto de traballo Nivel c. destino Centro directivo ou unidade de que depende Localidade

TEMPO DE SERVIZOS PRESTADOS


ANOS MESES DÍAS

NO CORPO ACTUAL

NOUTROS CORPOS
CVE-DOG: l57sdxs4-wuz7-yoz9-0mx5-4ekigea5dm00

NO ACTUAL POSTO DE TRABALLO

OUTROS DESTINOS ANTERIORES

TÍTULOS ACADÉMICOS

COÑECEMENTO LINGUA GALEGA Fala Escribe Entende

OUTROS MÉRITOS QUE DEBAN FACERSE CONSTAR DE ACORDO COAS BASES DA CONVOCATORIA

OUTROS MÉRITOS QUE O/A CANDIDATO/A DESEXE FACER CONSTAR

, de de

Conselleira do Mar

ISSN1130-9229 Depósito legal C.494-1998 http://www.xunta.gal/diario-oficial-galicia

You might also like