Download as pdf or txt
Download as pdf or txt
You are on page 1of 55

Resolución de 7 de maio de 2013, da Secretaría Xeral de Calidade e Avaliación

Ambiental, pola que se renova a autorización ambiental integrada outorgada a Alumina


Española, SA para a planta de alumina localizada nos concellos de Xove e Cervo (Lugo).
(Nº de autorización: 2006/0184_NAA/IPPC_131; clave expediente renovación: 2012-IPPC-
M-94).

Antecedentes de feito

Primeiro.- O 21/04/2008 outorgouse a autorización ambiental integrada a Alumina Española,


SA para a planta de alumina situada nos concellos de Xove e Cervo, provincia de Lugo,
establecéndose unha vixencia de cinco (5) anos a partir do día seguinte á notificación ao titular.

Segundo.- O 22/06/2012 o titular solicitou a renovación da autorización ambiental integrada


para a instalación referida no encabezamento, completándose a documentación para realizar
os trámites legalmente estipulados o 03/10/2012.

A solicitude inclúe informe de situación de solos en cumprimento do establecido no Decreto


60/2009, do 26 de febreiro, sobre solos potencialmente contaminados e procedemento para a
declaración de solos contaminados.

Terceiro.- Aos efectos previstos no artigo 7.1 do Real Decreto 509/2007, do 20 de abril, polo
que se aproba o regulamento para o desenvolvemento e execución da Lei 16/2002, do 1 de
xullo, de prevención e control integrados da contaminación, con data 16/10/2012 publicouse no
Diario Oficial de Galicia (nº 219) o anuncio do 05/10/2012, desta Secretaría Xeral, polo que se
sometía a información pública a solicitude de renovación da autorización ambiental integrada
da instalación obxecto da presente resolución.

Cuarto.- O 02/01/2013, 11/01/2013 e 15/01/2013 recibíronse os certificados de información


pública emitidos, respectivamente, polo Concello de Xove, pola Xefatura Territorial da
Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas de Lugo e polo Concello de Cervo.
No expediente non consta a presentación de alegacións durante o período legalmente
estipulado.

Quinto.- En cumprimento do disposto no artigo 7.1 do Real Decreto 509/2007, do 20 de abril,


polo que se aproba o regulamento para o desenvolvemento e execución da Lei 16/2002, do 1
de xullo, de prevención e control integrados da contaminación, durante a tramitación solicitouse
informe aos Concello de Xove e de Cervo e a Augas de Galicia, constando no expediente todos
estes informes. Ademais, tamén se solicitou informe á Xefatura Territorial da Consellería de
Economía e Industria; á Dirección Xeral de Innovación e Xestión da Saúde Pública e ao
Laboratorio de Medio Ambiente de Galicia. No expediente tamén constan estes informes.

Sexto.- Dende a data de outorgamento da autorización ambiental integrada a Consellería de


Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas inspeccionou a instalación nas seguintes datas:

− Augas de Galicia: 03/03/2010, 14/07/2011 e 14/06/2012.


− Secretaría Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental: 29/08/2008, 09/06/2009,
29/03/2012 e 25/04/2012.

Sétimo.- O 22/04/2013 o titular presente unha solicitude de modificación na instalación,


consistente na transformación a GNL (gas natural licuado) da Unidade 2 de Calcinación.

Oitavo.- O 06/05/2013, de conformidade co artigo 7.1 do Real Decreto 509/2007, efectuouse o


trámite de audiencia. Neste trámite o titular manifestou que non consideraba efectuar
alegacións.

Resolución pola que se renova a autorización ambiental integrada outorgada a pola que se renova a autorización
ambiental integrada outorgada a Alumina Española, SA para a planta de alumina localizada nos concellos de Xove e
Cervo (Lugo). Nº de autorización: 2006/0184_NAA/IPPC_131; clave expediente renovación: 2012-IPPC-M-94.

Páxina 1 de 43
Fundamentos de dereito

Primeiro.- O artigo 25.1 da Lei 16/2002, do 1 de xullo, de prevención e control integrados da


contaminación dispón que transcorrido o prazo de vixencia das autorizacións ambientais
integradas, estas deben ser renovadas.

Segundo.- A Secretaría Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental é o órgano competente para


a tramitación e seguimento das actuacións derivadas das autorizacións ambientais integradas,
de conformidade co disposto no Decreto 44/2012, do 19 de xaneiro, polo que se establece a
estrutura orgánica da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas.

Á vista do exposto anteriormente, e unha vez completado o procedemento administrativo


previsto

Resolvo

Primeiro.- Renovar a Alumina Española, SA a autorización ambiental integrada outorgada


para a planta de alumina situada nos concellos de Xove e Cervo, provincia de Lugo. Segue
correspondendo a esta instalación o número de rexistro 2006/0184_NAA/IPPC_131.

Segundo.- Determinar, en base á información aportada, que a modificación referida no punto


sétimo do apartado antecedentes, relativa á operación con GNL na Unidade 2 de Calcinación
non é substancial aos efectos da Lei 16/2002, do 1 de xullo, de prevención e control integrados
da contaminación.

Terceiro.- Establecer un prazo de vixencia da presente autorización de oito (8) anos, contados
a partir do día seguinte ao da notificación desta resolución, salvo que se produzan antes da súa
finalización modificacións substanciais que obriguen á tramitación dunha nova autorización ou
que se incorra nalgún dos supostos de modificación de oficio recollidos no artigo 26 da Lei
16/2002. Transcorrido o prazo de vixencia sen que se producira ningunha das circunstancias
anteriores, estarase ao disposto no artigo 25 da citada Lei 16/2002.

Cuarto.- Deixar sen efecto, a partir do día seguinte ao da notificación desta resolución, a
autorización ambiental integrada outorgada en data 21/04/2008.

Quinto.- Establecer a obriga de que o titular dea cumprimento ao Real Decreto 508/2007, de
20 de abril, polo que se regula o subministro de información sobre emisións do Regulamento E-
PRTR e das autorizacións ambientais integradas, comunicando a información requirida
anualmente ao rexistro galego PRTR de emisións (REGADE Sección PRTR).

Sexto.- Establecer a obriga de que o titular comunique á Secretaría Xeral de Calidade e


Avaliación Ambiental calquera modificación que se pretenda levar a cabo na instalación,
indicando razoadamente, en atención aos criterios sinalados no artigo 10.2 da Lei 16/2002, se
considera que se trata dunha modificación substancial ou non substancial, acompañándose
dos documentos xustificativos oportunos. Para estas modificacións aplicarase o sinalado nos
artigos 10.4 e 10.5 da citada Lei.

Sétimo.- Establecer a obriga de que o cambio de titularidade sexa comunicado á Secretaría


Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental, debendo presentarse a documentación acreditativa
da nova titularidade da instalación.

Oitavo.- Dar publicidade á presente resolución no Diario Oficial de Galicia.

Resolución pola que se renova a autorización ambiental integrada outorgada a pola que se renova a autorización
ambiental integrada outorgada a Alumina Española, SA para a planta de alumina localizada nos concellos de Xove e
Cervo (Lugo). Nº de autorización: 2006/0184_NAA/IPPC_131; clave expediente renovación: 2012-IPPC-M-94.

Páxina 2 de 43
Noveno.- Notificar esta resolución, aos efectos oportunos, a Alumina Española, SA e aos
Concellos de Xove e de Cervo.

Contra esta resolución, que non pon fin á vía administrativa, poderase interpoñer, no prazo dun
mes, recurso de alzada ante o conselleiro de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, de
conformidade co disposto no artigo 114 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico
das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Santiago de Compostela, 7 de maio de 2013

O Secretario Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental

Justo de Benito Basanta

Resolución pola que se renova a autorización ambiental integrada outorgada a pola que se renova a autorización
ambiental integrada outorgada a Alumina Española, SA para a planta de alumina localizada nos concellos de Xove e
Cervo (Lugo). Nº de autorización: 2006/0184_NAA/IPPC_131; clave expediente renovación: 2012-IPPC-M-94.

Páxina 3 de 43
Anexo I: datos da instalación e do expediente

1. Datos da empresa:

Razón social: Alumina Española, SA.


CIF: A-36006278.
Domicilio social: Pedro Teixeira, 8.
Concello: Madrid.
Código postal: 28046.
Provincia: Madrid.

2. Datos da instalación:

Instalación: planta de alumina.


Domicilio: Lieiro, s/n – San Cibrao.
Concellos: Xove e Cervo.
Código postal: 27890.
Provincia: Lugo
Coordenadas UTM dun punto de referencia:

Coordenadas UTM
Punto ED50-Fuso 29
X Y
1 623.835 4.839.762

Data de posta en marcha das instalacións: 1980.

3. Datos de interese:

Categorías IPPC: Anexo I, grupos 4.2.e) e 1.1.b).

Actividade económica principal: fabricación de alumina.

CNAE-2009: 2442.

Código do Rexistro Estatal de Emisións e Fontes Contaminantes (E-PRTR): 1998.

Real Decreto 1254/1999, de 16 de xullo, polo que se aproban medidas de control dos
riscos inherentes aos accidentes graves nos que interveñan substancias perigosas:
instalación afectada.

Sistema de Xestión Ambiental UNE-EN ISO 14001:2004 certificado para a actividade de


produción de alumina metalúrxica, aluminas anhidras e hidratos mediante proceso Bayer.

Regulamento (CE) nº 1907/2006 do Parlamento Europeo e do Consello, de 18 de


decembro de 2006 (REACH): en cumprimento desta norma, o titular ten rexistrado os
seguintes produtos:

Nome Cantidade anual (t) Papel Nº rexistro


Hidróxido sódico > 1.000 Importado 01-2119457892-27-0076
Óxido de aluminio > 1.000 Fabricante 01-2119529248-35-0111
Hidróxido de aluminio > 1.000 Fabricante 01-2119529246-39-0023

Resolución pola que se renova a autorización ambiental integrada outorgada a pola que se renova a autorización
ambiental integrada outorgada a Alumina Española, SA para a planta de alumina localizada nos concellos de Xove e
Cervo (Lugo). Nº de autorización: 2006/0184_NAA/IPPC_131; clave expediente renovación: 2012-IPPC-M-94.

Páxina 4 de 43
Rexistro Xeral de Produtores e Xestores de Residuos de Galicia: o titular está inscrito
como produtor de residuos perigosos (SC-RP-IPPC-P- 00013) e produtor de residuos non
perigosos (LU-I-NP-P-00003).

Resolución pola que se renova a autorización ambiental integrada outorgada a pola que se renova a autorización
ambiental integrada outorgada a Alumina Española, SA para a planta de alumina localizada nos concellos de Xove e
Cervo (Lugo). Nº de autorización: 2006/0184_NAA/IPPC_131; clave expediente renovación: 2012-IPPC-M-94.

Páxina 5 de 43
Anexo II: descrición da instalación

1. Localización

A instalación obxecto desta autorización é a planta de alumina situada no complexo industrial


de alumina-aluminio (complexo industrial de San Cibrao). Sitúase na liña de costa na comarca
da Mariña Lucense, provincia de Lugo, entre os termos municipais de Cervo e Xove.

Esta zona foi modificada para a implantación deste complexo industrial mediante o recheo das
marismas. O complexo cunha superficie aproximada de 218 ha.

Próximo a este complexo atópase o peirao de San Cibrao, no que se descarga a bauxita
(materia prima principal do proceso) e, a uns tres quilómetros cara ao interior, o depósito de
lodos vermellos, instalación auxiliar da planta obxecto desta resolución.

Á planta accédese pola estrada N-642, no quilómetro 56, onde conflúe coa estrada LU-142 en
dirección a San Cibrao, atopándose a entrada ao complexo a un quilómetro.

2. Descrición da actividade

Nesta instalación efectúase o tratamento mineralúrxico da bauxita para a obtención da alumina.

3. Modificacións realizadas

Dende o outorgamento da autorización consta no expediente a seguinte modificación:

Operación con gas natural no proceso de xeración de vapor e nas diferentes etapas de
quentamento, secado e calcinación, mantendo a posibilidade de operar con fuel en casos
excepcionais (por interrupcións do subministro de gas ou cando as condicións económicas
así o xustificaran).

Non obstante o anterior, esta modificación está pendente da execución do gasoduto de “A


Mariña Lucense”. Mentres tanto, a instalación prevé optimizar a utilización da instalación de
GNL (gas natural licuado) para utilizalo na totalidade da Unidade 2 de Calcinación, o que
suporá a substitución do 16% de consumo total de fuel óleo na planta (actualmente un 7%).
Dado que a calcinación ten tres unidades e o cambio soamente afecta a unha, os valores límite
que se recollen nesta autorización fan referencia ao emprego de fuel óleo.

4. Procesos produtivos

O proceso produtivo que transforma a bauxita en alumina baséase nunha extracción alcalina
utilizando sosa cáustica ou hidróxido sódico (Proceso Bayer).

Transporte interior e almacenamento da bauxita. A bauxita bruta chega por barco ao


peirao de San Cibrao. Descárgase cunha máquina descargadora envíase mediante fitas
transportadoras cara ás zonas de almacenamento. O almacenamento efectúase ben á
2
intemperie, nun parque de 25.000 m con capacidade para 800.000 t, ou ben nunha nave
2
cuberta de 340 x 68 m con capacidade para 200.000 t.

Trituración e moenda. A continuación lévase a bauxita ao edificio de machúqueo, onde os


dispositivos trituradores-cribadores reducen a súa granulometría a un tamaño medio dun
centímetro, aproximadamente. De seguido, a bauxita machucada móese de forma húmida
(para o que se engade “licor pobre”) en tres muíños mixtos de barras e bolas, formándose a
polpa que se prequenta e se homoxeneiza por axitación.

Resolución pola que se renova a autorización ambiental integrada outorgada a pola que se renova a autorización
ambiental integrada outorgada a Alumina Española, SA para a planta de alumina localizada nos concellos de Xove e
Cervo (Lugo). Nº de autorización: 2006/0184_NAA/IPPC_131; clave expediente renovación: 2012-IPPC-M-94.

Páxina 6 de 43
Almacenamento de polpa de bauxita. A polpa é bombeada (engadíndose na succión
leitada de cal) ata os “tanques de retención”, nos que se deixa que se disolva a sílice para
precipitar posteriormente en forma de sodalita Bayer. Deste xeito diminúese o contido en
sílice da polpa ata un nivel o suficientemente baixo para producir alumina de calidade
aceptable.

Dixestión. Esta fase do proceso realízase nun grupo de tres dixestores verticais,
conectados en serie, nos que se inxecta a polpa de bauxita, cáustico e vapor, realizándose
o ataque da bauxita polo cáustico e disolvéndose a alumina. O vapor xerado é condensado
e recuperado e se emprega noutras áreas da planta.

Filtración. A polpa sepárase por decantación en dúas fases: a parte líquida –na que se
atopa a alumina-, denominada “licor rico” e o lodo, que constitúe o “lodo vermello”, principal
residuo desta industria. O licor rico pasa á seguinte fase e o lodo, residuo principal desta
planta, é bombeado a depósito tras un tratamento previo.

Precipitación. Seguidamente ten lugar a precipitación do licor rico producíndose a


separación final da alumina e a solución de sodio ou “licor pobre”, que se recircula á área
de trituración e moenda.

Calcinación. Por último, o hidrato de alumina obtido na fase anterior pasa a área de
calcinación, onde se elimina a auga estrutural do hidrato para obter como produto final a
alumina anhidra (Al2O3) que se precisa para a electrólise.

Obtéñense tres tipos de alumina, diferenciadas polo seu grado de calcinación, a alumina
metalúrxica (SGA e SC0) e a de maior grado de calcinación (SC1). A alumina obtida
almacénase en silos desde os que se envía ás instalacións de electrólise da planta de aluminio
do complexo ou ben é trasladada ao porto para o seu transporte a outras instalacións.

Outros procesos que se realizan na instalación, e que se considera de interese incluír neste
resumo son:

Xeración de vapor. A central de vapor xera o vapor necesario para o proceso mediante
combustión de fuel en tres caldeiras a partir da auga bruta procedente do Río Covo, nas
condicións requiridas polo proceso de dixestión, onde se consume a meirande parte do
vapor xerado.

Control de causticidade e materia orgánica. Proceso no que se purifica o licor pobre


eliminando as súas impurezas, formadas principalmente por oxalatos e carbonatos. Para
isto, o licor pobre é sometido a evaporacións e xerminado con cristais. Como resultado final
obtense licor, que pasa aos tanques que alimentan ao proceso de dixestión, e unha torta de
sales (impurezas orgánicas e inorgánicas).

Proceso SLC (calcinación sólido-líquido). Proceso no que se recupera a torta de sales.


O proceso consta de cinco etapas (preparación da polpa, secado e aglomeración,
calcinación, arrefriamento e disolución), obténdose aluminato sódico, que se incorpora no
proceso Bayer.

Almacenamento e preparación da leitada de cal.

Limpeza ácida e almacenamento de ácido.

Resolución pola que se renova a autorización ambiental integrada outorgada a pola que se renova a autorización
ambiental integrada outorgada a Alumina Española, SA para a planta de alumina localizada nos concellos de Xove e
Cervo (Lugo). Nº de autorización: 2006/0184_NAA/IPPC_131; clave expediente renovación: 2012-IPPC-M-94.

Páxina 7 de 43
Depósito de lodos. O depósito de lodos vermellos ocupa un canón entre os montes
Sánchez e Piniche. No extremo aberto ao val existe un dique artificial para conter os lodos
depositados.

O depósito é unha solución de construción de sucesivos diques de recrecemento cara


augas arriba de xabre, sobre un dique inicial formado por pedraplén e balastro, sendo a
cota máxima prevista aos 100 m. Os diques de cola son diques drenantes.

Aproximadamente, a superficie ocupada e os residuos almacenados dende o inicio da súa


2 3
explotación (1980) ata agosto de 2012 son, respectivamente, 800.000 m e 16.100.000 m .

5. Consumo de materias primas

Consumo anual (t)


Materias primas principais 2011

Bauxita 3.486.972
Cáustico (50%) 184.334
Cal 20.568
Fuel Oil 298.066
Gas natural licuado 7.634

Consumo anual (t)


Materias primas auxiliares
2011
Ácido sulfúrico 15.420
Aceites e graxas 20 (aprox.)
Aditivos de proceso 4.638

6. Produtos

Produción anual (t)


Produtos 2011

Hidrato de Alumina 188.388


Alumina SGA 1.055.401
Alumina SC-1 202.342
Alumina SC-0 61.619
Alumina total calcinada 1.542.908

Grado de utilización medio


Capacidade produtiva
da capacidade produtiva
1.500.000 t/ano 97%

Resolución pola que se renova a autorización ambiental integrada outorgada a pola que se renova a autorización
ambiental integrada outorgada a Alumina Española, SA para a planta de alumina localizada nos concellos de Xove e
Cervo (Lugo). Nº de autorización: 2006/0184_NAA/IPPC_131; clave expediente renovación: 2012-IPPC-M-94.

Páxina 8 de 43
7. Consumo de recursos naturais

Cantidade anual
Recurso Unidades
2011
Auga 6.061.018 m3
Fuel óleo 298.066 t
Gas natural licuado 7.634 t
Fuel-Diesel 47.598 L
Propano 618 Kg
Enerxía eléctrica 338.079 MWh

Resolución pola que se renova a autorización ambiental integrada outorgada a pola que se renova a autorización
ambiental integrada outorgada a Alumina Española, SA para a planta de alumina localizada nos concellos de Xove e
Cervo (Lugo). Nº de autorización: 2006/0184_NAA/IPPC_131; clave expediente renovación: 2012-IPPC-M-94.

Páxina 9 de 43
Anexo III: resumo das mellores técnicas dispoñibles

A. PLANTA DE ALUMINA

TÉCNICAS DO PROCESO DE VAPOR


Proceso Descrición Beneficios ambientais
Redución da emisión de NOx á
Instalación de queimadores de baixo NOx
atmosfera

Redución da emisión de
Caldeiras Optimización das condicións de combustión
partículas á atmosfera

Illamento acústico das


Redución do nivel de ruído
caldeiras
Tratamento da auga residual do lavado de
Balsa neutralización Mellora calidade do vertido
resinas iónicas
Condensado Tratamento da auga residual do proceso Mellora calidade do vertido
Lavado do quentador Tratamento das augas de lavado do
Mellora calidade do vertido
rexenerativo de aire quentador rexenerativo de aire
Redución da cantidade de
Decantador Reutilización de envases
residuos
Redución da cantidade de
Filtros de area Reutilización da area dos filtros
residuos

TÉCNICAS DE PROCESO DE DIXESTIÓN


Proceso Descrición Beneficios ambientais
Evítase a dispersión do material
Nave de bauxita Almacenamento de bauxita en nave cuberta
no medioambiente
Redución da emisión de
Filtro de mangas
partículas
Reducir a cantidade de residuos
Empregar mangas de maior duración
Planta SLC perigosos xerados
Melloras no control de proceso da SLC (control da
Reducir a cantidade de residuos
temperatura e melloras de mantemento da torre)
perigosos xerados
conseguindo unha maior vida útil das mangas
Captación de mercurio nas emisións dos venteos de Redución do 80% das emisións
Intercambiadores
dixestores-intercambiadores de mercurio ao aire
Recuperación da torta de sales
Área de separación
Calcinación sólido-líquido da torta de sales como aluminato sódico e
de orgánicos
eliminación dun residuo
Redución da cantidade de
Muíños Reciclaxe das barras e bolas dos muíños
residuos

TÉCNICAS DE PROCESO DE FILTRACIÓN


Proceso Descrición Beneficios ambientais
Filtrado de licor Reutilización de area rexeitada nas unidades de separación e na Redución da cantidade de
rico de filtrado de licor rico residuos

Reutilización de envases de floculante, antiespumante e Redución da cantidade de


Decantadores
estabilizador residuos

Resolución pola que se renova a autorización ambiental integrada outorgada a pola que se renova a autorización
ambiental integrada outorgada a Alumina Española, SA para a planta de alumina localizada nos concellos de Xove e
Cervo (Lugo). Nº de autorización: 2006/0184_NAA/IPPC_131; clave expediente renovación: 2012-IPPC-M-94.

Páxina 10 de 43
TÉCNICAS DE PROCESO DE CALCINACIÓN
Beneficios
Proceso Descrición
ambientais
Redución da emisión
Precipitadores electrostáticos
de partículas
Redución da cantidade
Reutilización das costras de hidrato
de residuos

Reutilización dos ladrillos refractarios para obra civil no interior Redución da cantidade
Forno de calcinación
da planta, especialmente como material de recheo de residuos

Venta a clientes externos do po dos electrofiltros dos fornos de Redución da cantidade


calcinación de residuos
Redución da cantidade
Reutilización do po de electrofiltros no proceso Bayer
de residuos
Espesadores e filtros Reutilización de envases de floculantes, antiespumantes e Redución da cantidade
rotatorios deshidratante de residuos

B. DEPÓSITO DE LODOS VERMELLOS

Proceso Descrición Beneficios ambientais


Redución das emisións
Aspersores
Movemento de terras e de po á atmosfera
depósito de residuos Redución do ruído e do
Barreira acústica vexetal
impacto visual
Recollida de auga
Mellorar a calidade do
sobrenadantes do depósito Neutralización e floculación do efluente
efluente
e filtracións do dique

Recollida das augas de Construción dunha canle perimetral de recollida das


Evitar a contaminación
chuvia e escorrega externas augas de chuvia e escorrentía. Esta canle desauga a
da auga de chuvia
ao depósito dúas canles de descarga nos estribos do dique principal

Evitar a contaminación
Impermeabilización das ladeiras do depósito con
Depósito de lodos de solos e augas
láminas de polietileno de alta densidade de 1,5 mm
subterráneas

Resolución pola que se renova a autorización ambiental integrada outorgada a pola que se renova a autorización
ambiental integrada outorgada a Alumina Española, SA para a planta de alumina localizada nos concellos de Xove e
Cervo (Lugo). Nº de autorización: 2006/0184_NAA/IPPC_131; clave expediente renovación: 2012-IPPC-M-94.

Páxina 11 de 43
Anexo IV: Autorización ambiental integrada

1. SOBRE A ATMOSFERA

1.1 Catalogación das actividades

De acordo co disposto no Real Decreto 100/2011, de 28 de xaneiro, polo que se actualiza o


catálogo de actividades potencialmente contaminadoras da atmosfera e se establecen as
disposicións básicas para a súa aplicación, as actividades desenvolvidas na instalación están
catalogadas:

Catálogo de actividades potencialmente contaminadoras de la atmosfera. Anexo CAPCA-2010


Actividade Grupo Código
Calcinación de hidrato de alumina A 03032200
Produción de alumina
SLC (calcinación sólido-líquido) A 03032200
Caldeira 1 A 03010200
Caldeiras de combustión de potencia térmica
Caldeira 2 A 03010200
nominal < 300 MWt e 50 MWt
Caldeira 3 A 03010200
Almacenamento ou operacións de manipulación,
mestura, separación, clasificación, transporte ou Filtros de mangas
redución de tamaño na industria, portos, con
B 04061750
capacidade de manipulación destes materiais
1000 t/día
Emisións difusas

O tratamento de augas residuais non se cataloga como actividade potencialmente


contaminadora da atmosfera por considerar que non existen emisións difusas significativas
ao tratarse dunha industria do sector da química inorgánica.

1.2 Inventario de focos canalizados

Caldeira 1
Proceso Xeración de vapor para o proceso industrial
Combustible Fuel óleo
Potencia (MWt) 147
Altura e diámetro do foco (m) 145 – 2,4
Coordenadas UTM (X; Y) – ED50 Fuso29 624.500; 4.839.440
Sistema de tratamento final de liña Queimadores de baixa emisión de NOx

Caldeira 2
Proceso Xeración de vapor para o proceso industrial
Combustible Fuel óleo
Potencia (MWt) 147
Altura e diámetro do foco (m) 145 – 2,4
Coordenadas UTM (X; Y) – ED50 Fuso29 624.500; 4.839.440
Sistema de tratamento final de liña Queimadores de baixa emisión de NOx

Caldeira 3
Proceso Xeración de vapor para o proceso industrial
Combustible Fuel óleo
Potencia (MWt) 147

Resolución pola que se renova a autorización ambiental integrada outorgada a pola que se renova a autorización
ambiental integrada outorgada a Alumina Española, SA para a planta de alumina localizada nos concellos de Xove e
Cervo (Lugo). Nº de autorización: 2006/0184_NAA/IPPC_131; clave expediente renovación: 2012-IPPC-M-94.

Páxina 12 de 43
Altura e diámetro do foco (m) 145 – 2,4
Coordenadas UTM (X; Y) – ED50 Fuso29 624.500; 4.839.440
Sistema de tratamento final de liña Queimadores de baixa emisión de NOx

Calcinación
Proceso Eliminación da auga estrutural do hidrato de alumina para
obter alumina anhidra
Combustible Fuel óleo
Potencia (MWt) 160
Altura e diámetro do foco (m) 97 – 3,99
Coordenadas UTM (X; Y) – ED50 Fuso29 623.873; 4.840.098
Sistema de tratamento final de liña Precipitador electrostático

SLC (calcinación sólido-líquido)


Proceso Calcinación “torta de sales”
Combustible Fuel óleo
Potencia (MWt) 7,384
Altura e diámetro do foco (m) 69,8 – 1,15
Coordenadas UTM (X; Y) – ED50 Fuso29 623.873; 4.840.098
Sistema de tratamento final de liña Filtro de mangas

As alturas das chemineas están xustificadas mediante modelo de dispersión de contaminantes


atmosférico.

1.3 Emisións difusas e medidas para a súa minimización

No Anexo V desta resolución relaciónase o inventario dos principais puntos de emisión difusa
da instalación. As medidas adoptadas para evitar ou reducir as emisións resúmense en:

Proceso Medidas
Transporte, manipulación e almacenamento de materias primas Fitas transportadoras cubertas
Extraccións de po dotadas de filtros de mangas
Operacións de pretratamento da bauxita, previamente á
Filtros de mangas en diversos puntos.
dixestión
Venteos nos dixestores-intercambiadores no proceso de
Condensación e recuperación do mercurio
dixestión
Depósito de barros vermellos: Aspersores

1.4 Valores límite de emisión

Tendo en conta as características de funcionamento da instalación e dos focos emisores de


gases residuais á atmosfera, considérase establecer os valores límite de emisión que se
refiren a continuación.

No caso de que, de acordo cos datos obtidos na rede de vixilancia da calidade do aire, se
superasen os criterios de calidade establecidos pola lexislación vixente no seu momento,
deberanse reducir as emisións (en gramos por segundo) nos termos que estableza a
autoridade competente no seu momento, para evitar que se superen os criterios de calidade
do aire que se mencionan.

Resolución pola que se renova a autorización ambiental integrada outorgada a pola que se renova a autorización
ambiental integrada outorgada a Alumina Española, SA para a planta de alumina localizada nos concellos de Xove e
Cervo (Lugo). Nº de autorización: 2006/0184_NAA/IPPC_131; clave expediente renovación: 2012-IPPC-M-94.

Páxina 13 de 43
1.4.1 Valores límite de emisión para as caldeiras:

Combustible: fuel óleo


Osíxeno Percentil Percentil
Foco de 97 valores 95 valores
Contaminantes Unidades VLE Condicións
emisor referencia medios 48 medios 48
(%V) horas horas
Medicións
Partículas mg/Nm3 3 50 55 -
en continuo
Medicións
Caldeiras SO2 mg/Nm3 3 1700 1870 -
en continuo
1, 2 e 3
NOx
Medicións
(Expresados mg/Nm3 3 450 - 495
en continuo
como NO2)
Os valores están referenciados ás seguintes condicións: 273,15 K de temperatura, 101,3 kPa de presión e gas seco e
ao 3% de osíxeno nos gases residuais. Estas condicións establécense para as medicións en continuo.

Estes valores límite establécense ata o 31/12/2015 e determínanse en aplicación do Real


Decreto 430/2004, de 12 de marzo, polo que se establecen novas normas sobre limitación de
emisións á atmosfera de determinados axentes contaminantes procedentes de grandes
instalacións de combustión, e se fixan certas condicións para o control das emisións á
atmosfera das refinerías de petróleo. A partir desta data, aplicarase o disposto na Directiva
2010/75/UE, de 24 de novembro de 2010, sobre as emisións industriais (Prevención e
Control Integrados da Contaminación).

A verificación do cumprimento legal dos valores límite de emisión realizarase de acordo co


establecido no artigo 14, apartado 1, do Real Decreto 430/2004, de 12 de marzo, sendo:

Ningún valor medio mensual supera os valores límite de emisión.


SO2 e partículas: un 97% de todos os valores medios de cada 48 horas non rebasa o 110%
dos valores límite de emisión.
NOx: un 95% de todos os valores medios de cada 48 horas non rebasa o 110% dos valores
límite de emisión.

1.4.2 Valores límite de emisión para calcinación e SLC:

Combustible: fuel óleo


Foco emisor Contaminantes Unidades VLE Condicións
3
Partículas mg/Nm 150 Medicións en descontinuo

Calcinación SO2 mg/Nm3 1700 Medicións en descontinuo

NOx (Expresados como NO2) mg/Nm3 615 Medicións en descontinuo

Partículas mg/Nm3 150 Medicións en descontinuo

SLC SO2 mg/Nm3 1700 Medicións en descontinuo

NOx (Expresados como NO2) mg/Nm3 615 Medicións en descontinuo

Os valores límite nos focos están referenciados ás seguintes condicións: 273,15 K de temperatura, 101,3 kPa de
presión e gas seco.

Resolución pola que se renova a autorización ambiental integrada outorgada a pola que se renova a autorización
ambiental integrada outorgada a Alumina Española, SA para a planta de alumina localizada nos concellos de Xove e
Cervo (Lugo). Nº de autorización: 2006/0184_NAA/IPPC_131; clave expediente renovación: 2012-IPPC-M-94.

Páxina 14 de 43
A verificación do cumprimento dos valores límite de emisión realizarase conforme ao
establecido na instrución técnica IT/FE/DXCAA/15: “Criterios para a verificación do
cumprimento dos valores límite de emisión”.

1.5 Vixilancia e control ambiental

1.5.1 Caldeiras:

Parámetros de proceso e
Foco Unidades Frecuencia Control
contaminantes
Temperatura K
Osíxeno %V
Partículas mg/Nm3 CONTINUO Medida automática
SO2 mg/Nm3
NOx mg/Nm3
Partículas mg/Nm3
Caldeiras Ensaio anual de seguimento
1, 2, 3 SO2 mg/Nm3 ANUAL
(EAS) UNE-EN 14181*
3
NOx (Expresados como NO2) mg/Nm
Ensaio funcional
Osíxeno %V ANUAL
UNE-EN 14181
Partículas mg/Nm3
cada CATRO Calibración SAM
SO2 mg/Nm3
ANOS UNE-EN 14181 (NGC2)
3
NOx (Expresados como NO2) mg/Nm
* UNE-EN 14181: Aseguramento da calidade dos sistemas automáticos de medida, e as súas adaptacións técnicas.

No que respecta á humidade dos gases, aceptarase a media das medicións manuais
realizadas nos últimos 12 meses, dado que os datos históricos demostran que non existen
variacións importantes neste parámetro.

A mostraxe e análise das substancias contaminantes e as medidas dos parámetros do


proceso, así como o aseguramento da calidade dos sistemas de medición automáticos e os
métodos de medición de referencia para calibrar ditos sistemas levaranse a cabo con arranxo
ás normas CEN. Se aínda non estivesen dispoñibles as normas CEN, aplicaranse as normas
ISO ou as normas nacionais ou internacionais que garantan a obtención de datos de calidade
científica equivalente.

Deberase cumprir con:

O Anexo VIII, apartado A) Procedementos para a medición e avaliación das emisións nas
instalacións de combustión do RD 430/2004, de marzo.

A Orde ITC/1389/2008, de 19 de maio, pola que se regulan os procedementos de


determinación das emisións dos contaminantes atmosféricos SO2, NOx e partículas
procedentes das grandes instalacións de combustión, o control dos aparatos de medida e o
tratamento e remisión da información relativa a ditas emisións. Terase en conta que:

1) Non é necesario que a instalación dea cumprimento ao artigo 7.3 da citada Orde, ao
realizarse o ensaio anual de seguimento de acordo coa norma UNE-EN 14181:
“Aseguramento da calidade dos sistemas automáticos de medición”, que leva implícitos
os controis manuais cos métodos de referencia.

Resolución pola que se renova a autorización ambiental integrada outorgada a pola que se renova a autorización
ambiental integrada outorgada a Alumina Española, SA para a planta de alumina localizada nos concellos de Xove e
Cervo (Lugo). Nº de autorización: 2006/0184_NAA/IPPC_131; clave expediente renovación: 2012-IPPC-M-94.

Páxina 15 de 43
2) Ao mesmo tempo que se realiza a calibración dos SAM (NGC2) e o ensaio anual de
seguimento dos SAM, de acordo coa norma UNE-EN 14181 e as súas actualizacións,
realizaranse medicións do caudal volumétrico e humidade dos gases.

1.5.2 Calcinación:

Control externo
Parámetros de proceso e contaminantes Unidades
Foco OCA
Temperatura de gases ºC
Humidade dos gases %V
Presión en conduto mmHg
Velocidade dos gases m/s
Calcinación Caudal de gases en condicións normais e base seca Nm3/h SEMESTRAL(1)
Concentración de osíxeno %V
Concentración de partículas mg/Nm3 e kg/h
Concentración de SO2 mg/Nm3 e kg/h
Concentración de NOx (expresado como NO2) mg/Nm3 e kg/h
Temperatura de gases ºC
Humidade dos gases %V
Presión en conduto mmHg
Velocidade dos gases m/s
SLC Caudal de gases en condicións normais e base seca Nm3/h SEMESTRAL(1)
Concentración de osíxeno %V
Concentración de partículas mg/Nm3 e kg/h
Concentración de SO2 mg/Nm3 e kg/h
Concentración de NOx (expresado como NO2) mg/Nm3 e kg/h
(1)
Realizarase control periódico (unha medición) de acordo coa definición recollida na instrución técnica PX/FE/DXCAA/03.

Para efectuar as medicións seguirase a metodoloxía recollida na instrución técnica


IT/FE/DXCAA/11: “Criterios para definir métodos de referencia”.

A verificación do cumprimento dos valores límite de emisión realizarase conforme ao


establecido na instrución técnica IT/FE/DXCAA/15: “Criterios para a verificación do
cumprimento dos valores límite de emisión”.

1.5.3 Filtros de mangas

Os filtros de mangas existentes na instalación estarán suxeitos aos seus correspondentes


mantementos, segundo instrucións do fabricante e periodicidade recollida no seu sistema de
xestión ambiental.

1.6 Condicionantes xerais para todos os focos con valores límite asociados

Os sitios e seccións de medición dos focos emisores deben cumprir coas seguintes
instrucións técnicas:

IT/FE/DXCAA/08: “Requisitos e condicións de seguridade a contemplar nos puntos de


mostraxe de focos emisores á atmosfera”.
IT/FX/DXCAA/09: “Acondicionamento da sección de medida en focos emisores á
atmosfera” (UNE-EN 15259: Requisitos das seccións e sitios de medición e para o
obxectivo, plan e informe de medición).

Resolución pola que se renova a autorización ambiental integrada outorgada a pola que se renova a autorización
ambiental integrada outorgada a Alumina Española, SA para a planta de alumina localizada nos concellos de Xove e
Cervo (Lugo). Nº de autorización: 2006/0184_NAA/IPPC_131; clave expediente renovación: 2012-IPPC-M-94.

Páxina 16 de 43
Ambas xustificacións formarán parte da información das emisións e estarán dispoñibles a
través da plataforma informática REGADE-CAPCA. Estas xustificacións terán validez
indefinida sempre que non se produzan modificacións substancias no foco emisor e no
proceso.

1.7 Informes de control de emisións á atmosfera

A instalación informará das súas emisións descontinuas (focos calcinación e SLC) a través
da plataforma informática REGADE-CAPCA. Os informes de control realizados por OCA
deberán estar anexados nesta plataforma informática.

No caso de que nos informes dos OCA a declaración de conformidade fronte aos valores
límite de emisións á atmosfera non sexa conforme, o titular o porá en coñecemento da
Secretaría Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental nun prazo non superior a 48 horas
dende a recepción do informe, e a súa vez proporá as medidas correctoras e data do novo
control que corresponda, segundo esta resolución.

Focos caldeiras: no caso de que os informes de calibración NGC2 e EAS, e ensaio funcional
de osíxeno, non sexas favorables, o titular debe comunicalo á Secretaría Xeral de Calidade e
Avaliación Ambiental nun prazo non superior a quince días dende a recepción do informe, e a
súa vez proporá as medidas correctoras e prazo de execución.

Focos caldeiras: comunicaranse as incidencias da avaría dos SAM e a superación dos


valores límite de emisión, así como as medidas correctoras e prazos de execución, no prazo
de 48 horas. Esta comunicación efectuarase vía correo electrónico á Secretaría Xeral de
Calidade e Avaliación Ambiental.

1.8 Calidade do aire

A rede de control da calidade do aire do complexo industrial queda configurada polas


seguintes estacións, nas que se medirán os parámetros que se sinalan en cada unha:

Coordenadas UTM – Fuso 29 – ED50


Nome estación Parámetros
X Y
SO2
Río Covo 626.370 4.838.022 PM10
HF
SO2
PM10
Xove 620.281 4.838.378 HF
NO2
O3
SO2
Burela 630.653 4.836.521 PM2,5
HF

Estas estacións deben cumprir cos requisitos establecidos no Real Decreto 102/2011, de
28 de xaneiro, relativo á mellora de calidade do aire, con respecto ás redes de medición,
especialmente no que afecta aos equipos de medición e á calidade dos datos.

Resolución pola que se renova a autorización ambiental integrada outorgada a pola que se renova a autorización
ambiental integrada outorgada a Alumina Española, SA para a planta de alumina localizada nos concellos de Xove e
Cervo (Lugo). Nº de autorización: 2006/0184_NAA/IPPC_131; clave expediente renovación: 2012-IPPC-M-94.

Páxina 17 de 43
Os datos deben ser transmitidos a tempo real ao Laboratorio de Medio Ambiente de
Galicia, e unha vez validados, serán transmitidos mensualmente (antes do día 15 do mes
seguinte), seguindo o protocolo de transmisión da información.

A instalación debe informar inmediatamente ao Laboratorio de Medio Ambiente de Galicia e


á Secretaría Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental das superacións dos límites de
atención e alerta á poboación, así como de calquera incidencia que supoña unha perda de
datos.

2 SOBRE O NIVEL DE PRESIÓN SONORA

2.1 Valores límite

Durante a actividade da instalación non se poderán emitir nin transmitir niveis de ruído tales
que produzan valores de recepción superiores aos establecidos no Real Decreto 1367/2007,
de 19 de outubro, polo que se desenvolve a Lei 37/2003, de 17 de novembro, do Ruído, que
sexan de aplicación, así como en calquera outra normativa de aplicación que se dite en
materia de ruídos.

2.2 Sistemas e procedementos para minimizar a contaminación acústica

Calquera actividade puntual programable que poida supor un incremento significativo nos
niveis de presión sonora realizarase en período diúrno.

Efectuarase o mantemento preventivo e correctivo das instalacións co fin de evitar e/ou


reparar avarías ou deterioracións que ocasionen alteracións do nivel de presión sonora.

2.3 Vixilancia e control ambiental

Co fin de acreditar o cumprimento dos valores límite realizaranse medicións do nivel de


presión sonora, tanto en horario diúrno como nocturno, e coincidindo cos períodos de
máxima actividade da planta. A periodicidade coa que deben realizarse as medicións e as
coordenadas UTM de cada punto de control son:

Coordenadas UTM
Punto Fuso 29 – ED50 Periodicidade
X Y
1 624.288 4.839.391
2 624.660 4.839.266
3 622.005 4.840.341 SEMESTRAL
4 622.739 4.840.538
5 622.388 4.839.463

Así mesmo, realizaranse controis do nivel de presión sonora sempre que se introduza
algunha modificación na instalación ou proceso que poida afectar a este nivel. Nestes casos
realizarase unha campaña de control, determinando o nivel de presión sonora xerado e
dando traslado dos resultados á Secretaría Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental co fin
de analizalos e decidir se resulta preciso establecer unha periodicidade de control.

As medicións serán realizadas por un Organismo de Control Acreditado, seguindo ao efecto


os procedementos establecidos na normativa de aplicación.

Resolución pola que se renova a autorización ambiental integrada outorgada a pola que se renova a autorización
ambiental integrada outorgada a Alumina Española, SA para a planta de alumina localizada nos concellos de Xove e
Cervo (Lugo). Nº de autorización: 2006/0184_NAA/IPPC_131; clave expediente renovación: 2012-IPPC-M-94.

Páxina 18 de 43
3 SOBRE OS EFLUENTES LÍQUIDOS

3.1 Orixe das augas residuais

Segundo a documentación presentada, o titular declara que a xestión das augas residuais
xeradas nas súas instalacións é a seguinte:

Augas residuais industriais e pluviais contaminadas. As augas residuais procedentes do


depósito de residuos mineiros (depósito de lodos vermellos) logo do seu tratamento nas
instalacións do depósito de lodos vermellos; as augas residuais industriais e pluviais
contaminadas xeradas na planta de alumina; e as augas residuais industriais e pluviais
contaminadas procedentes da planta de aluminio titularidade de ALUMINIO ESPAÑOL, SA
previamente tratadas; son conducidas cara o sistema de tratamento de efluentes da planta de
alumina para a súa depuración antes do seu vertido ao mar (cunca da ría de Viveiro) a través
dun emisario submarino.

Augas residuais fecais. As augas residuais fecais procedentes das plantas de alumina e
aluminio son depuradas en tres depuradoras biolóxicas e posteriormente conducidas cara o
sistema de tratamento de efluentes da planta de alumina. As augas residuais fecais xeradas
nas instalacións auxiliares son tratadas en catro fosas sépticas e posteriormente vertidas por
infiltración no terreo (cunca da ría de Viveiro).

Augas residuais pluviais non contaminadas procedentes do depósito de lodos


vermellos. As augas residuais pluviais non contaminadas xeradas nas instalacións do
depósito de lodos vermellos son vertidas directamente ao río Riatelo (cunca da ría de Viveiro)
sen depuración previa.

3.2 Instalacións de depuración

As augas residuais xeradas nas instalacións son xestionadas do seguinte xeito:

3.2.1 Augas residuais industriais e pluviais contaminadas: nas instalacións xéranse


numerosos efluentes de carácter industrial que, en función da súa orixe, se poden
clasificar en tres grandes grupos: augas residuais procedentes do depósito de residuos
mineiros (depósito de lodos vermellos); augas residuais industriais e pluviais
contaminadas xeradas na planta de alumina; e augas residuais industriais e pluviais
contaminadas procedentes da planta de aluminio titularidade de ALUMINIO ESPAÑOL,
SA A xestión realizada destes efluentes é a seguinte:

Augas residuais procedentes do depósito de residuos mineiros (depósito de lodos


vermellos). No depósito de residuos mineiros xéranse dous efluentes: o
sobrenadante do depósito, composto pola auga que acompaña aos lodos vermellos,
así como a auga de chuvia que se recolle no vaso do depósito; e as augas freáticas
do depósito, composto polas augas filtradas a través do dique e polas augas
freáticas xeradas por mananciais naturais da zona. Estas augas residuais son
tratadas nas instalacións do depósito previamente ao seu envío á balsa de
decantación A, localizada no departamento de precipitación da planta de alumina,
nun sistema de tipo físico-químico que comprende as seguintes etapas:

Envío de sobrenadante á instalación de tratamento: a auga acumulada no


sobrenadante do depósito de lodos vermellos é enviada ao tanque de neutralización
mediante a bomba flotante existente a través dunha condución plástica de 8
polgadas.

Resolución pola que se renova a autorización ambiental integrada outorgada a pola que se renova a autorización
ambiental integrada outorgada a Alumina Española, SA para a planta de alumina localizada nos concellos de Xove e
Cervo (Lugo). Nº de autorización: 2006/0184_NAA/IPPC_131; clave expediente renovación: 2012-IPPC-M-94.

Páxina 19 de 43
Envío de filtracións á instalación de tratamento: a auga de filtracións é enviada ao
3
tanque de neutralización mediante dúas bombas cunha capacidade de 45 m /h a
través dunha liña de 4 polgadas.

Neutralización: as augas do sobrenadante e das filtracións mestúranse e son


3
neutralizadas á súa chegada ao tanque de neutralización. Neste tanque, de 20 m
de capacidade e dimensións 3 m de diámetro e 3,4 m de altura, dotado de axitación,
existe un pH-metro que comanda o funcionamento da bomba de dosificación de
ácido sulfúrico ata acadar un pH de entre 6 e 8.

Floculación: as augas procedentes do tanque de neutralización son recollidas por


3
rebouse no tanque de floculación, de 20 m de capacidade e de dimensións 3 m de
diámetro e 3,4 m de altura, tamén dotado de axitación, onde se dosifica
polielectrolito.

Decantación: as augas do tanque de floculación rebousan ao decantador, de 12 m


de diámetro e 4,5 m de altura.

Retirada de lodos: os lodos acumulados no decantador son evacuados por bombeo


a través dunha condución plástica de 3 polgadas ata o vaso do depósito.

Envío de auga clarificada a planta: a auga clarificada procedente do decantador


3
recóllese no tanque de rebouse, de 6 m de volume útil e de dimensións 1,5 x 1,5 x 3
3
m . O efluente deste tanque bombéase, a través dunha condución plástica de 8
polgadas, cara a balsa de decantación A, localizada no departamento de
precipitación da planta de alumina, para o seu tratamento.

Augas residuais industriais e pluviais contaminadas xeradas na planta de alumina.


As augas residuais industriais e pluviais xeradas na planta de alumina son
conducidas por medio dunha rede de canles de formigón, cara o sistema de
tratamento de efluentes da planta de alumina, ao que tamén se deriva o efluente
tratado procedente do depósito de lodos vermellos, as augas residuais industriais e
pluviais tratadas procedentes das instalacións da planta de aluminio, e as augas
residuais fecais tratadas xeradas nas plantas de aluminio e alumina.

O sistema de tratamento de efluentes da planta de alumina está constituído polos


seguintes dispositivos:

Balsa de decantación A, localizada no departamento de precipitción da planta de


3
alumina, de 5.000 m de capacidade e dividida en dúas seccións: balsa grande
(subdividida á súa vez en tres seccións) e balsa pequena. A balsa de decantación A
recibe os seguintes efluentes: augas residuais tratadas procedentes do depósito de
lodos vermellos; augas residuais pluviais xeradas no departamento de precipitación;
augas residuais pluviais xeradas na zona de almacenamento de fuel (área 223);
augas residuais fecais tratadas na depuradora A (que dá servizo á planta de
aluminio e aos edificios de áreas comúns); e augas residuais industriais e pluviais
tratadas procedentes da planta de aluminio. As augas residuais conducidas a través
das canles de pluviais dispoñen dun sistema de neutralización automatizado que
dosifica ácido sulfúrico. A entrada á balsa A realízase na balsa grande, e o efluente
clarificado verte á balsa pequena, dende onde se bombea cara o tanque T-62A-2.
3
Tanque T-62A-2, de 400 m de capacidade, no que se mestura o efluente da balsa
de decantación A localizada no departamento de precipitación, e o exceso de
condensado de proceso da planta de alumina, previamente neutralizado e
acondicionado nunha torre de enfriamento modular de tres celas de recheo. O

Resolución pola que se renova a autorización ambiental integrada outorgada a pola que se renova a autorización
ambiental integrada outorgada a Alumina Española, SA para a planta de alumina localizada nos concellos de Xove e
Cervo (Lugo). Nº de autorización: 2006/0184_NAA/IPPC_131; clave expediente renovación: 2012-IPPC-M-94.

Páxina 20 de 43
efluente deste tanque envíase por gravidade cara a balsa B, localizada no
departamento de filtración.

Balsa de decantación B, localizada no departamento de filtración da planta de


3
alumina, de 5.000 m de capacidade e dividida en dúas seccións: balsa grande
(subdividida á súa vez en tres seccións) e balsa pequena. A balsa de decantación B
recibe os seguintes efluentes: augas residuais procedentes do tanque T-62A-2;
augas residuais pluviais xeradas no departamento de filtración; e augas residuais
fecais tratadas na depuradora B (que dá servizo ás oficinas dos departamentos de
filtración e precipitación). As augas residuais conducidas a través das canles de
pluviais dispoñen dun sistema de neutralización automatizado que dosifica ácido
sulfúrico. A entrada á balsa B realízase na balsa grande, e o efluente clarificado
verte á balsa pequena, dende onde se bombea cara a arqueta de recollida do
emisario, para o seu vertido ao mar.

Balsa de decantación C, localizada no departamento de dixestión da planta de


3
alumina, de 3.000 m de capacidade e dividida en dúas seccións: balsa grande
(subdividida á súa vez en dúas seccións) e balsa pequena. A balsa de decantación
C recibe os seguintes efluentes: augas residuais pluviais xeradas nos
departamentos de dixestión e vapor; augas residuais de rexeneración das resinas de
intercambio iónico de vapor e drenaxes contaminadas; purga de caldeiras; e augas
residuais fecais tratadas na depuradora C (que dá servizo ás oficinas dos
departamentos de dixestión e vapor). As augas residuais pluviais e as augas de
rexeneración de resinas de intercambio iónico, que son conducidas a través das
canles de pluviais, dispoñen dun sistema de neutralización automatizado que
dosifica ácido sulfúrico. A entrada á balsa C realízase na balsa grande, e o efluente
clarificado verte á balsa pequena, dende onde se bombea cara a arqueta de
recollida do emisario, para o seu vertido ao mar.

As augas residuais tratadas procedentes das balsas B e C conflúen na arqueta de


recollida do emisario, na que se realiza un control en continuo de pH e turbidez.
Posteriormente, estas augas residuais depuradas son vertidas conxuntamente ao
mar (cunca da ría de Viveiro) a través dun emisario submarino coas seguintes
características:

Lonxitude: 1.009,5 m.

Tipo de tubaria: Fundición dúctil.

Diámetro: 600 mm.

Lonxitude do tramo dos difusores: 144 m.

Diámetro dos tubos dos difusores: 80 mm

Dilución inicial: 150,9.

O titular deberá acometer as obras necesarias para a conexión do efluente da balsa


C cara a balsa B, de xeito que o efluente depurado vertido ao mar proceda
unicamente da balsa B. Ditas actuacións deberán estar finalizadas antes do inicio do
ano 2015, o que se deberá comunicar a esta Secretaría.

Augas residuais industriais e pluviais contaminadas procedentes da planta de


aluminio titularidade de ALUMINIO ESPAÑOL, SA. As augas residuais industriais
xeradas na planta de aluminio circulan en circuíto pechado; porén, as posibles
descargas destas augas residuais xunto coas augas residuais pluviais con risco de

Resolución pola que se renova a autorización ambiental integrada outorgada a pola que se renova a autorización
ambiental integrada outorgada a Alumina Española, SA para a planta de alumina localizada nos concellos de Xove e
Cervo (Lugo). Nº de autorización: 2006/0184_NAA/IPPC_131; clave expediente renovación: 2012-IPPC-M-94.

Páxina 21 de 43
contaminación xeradas na planta de aluminio son canalizadas por medio de cunetas
de formigón ata a denominada “canle A-B”, a cal verte nunhas balsas decantadoras
3
e separadoras de aceite de 200 m de capacidade. As augas residuais recollidas
3
nestas balsas son conducidas a un foso de bombeo de 85 m e posteriormente son
depuradas nunha planta de tratamento de augas fluorhídricas que conta coas
seguintes etapas:

Pre-neutralización.

Neutralización.

Decantación.

Espesamento de lodos.

Reciclaxe de augas clarificadas.

O rebouse da planta de tratamento de augas fluorhídricas é enviado cara a balsa de


decantación A, localizada no departamento de precipitación da planta de alumina,
para o seu tratamento.

3.2.2 Augas residuais fecais. En función da súa orixe, as augas residuais fecais xeradas
nas instalacións xestiónanse do seguinte xeito:

Augas residuais fecais procedentes das plantas de alumina e aluminio. Estas augas
residuais trátanse en tres estacións depuradoras de augas negras (A, B e C),
compostas dos seguintes dispositivos:

Pozo de bombeo.

Desbaste de sólidos grosos.

Reactor biolóxico de lodos activados.

Decantador.

As augas residuais fecais tratadas na depuradora A (que dá servizo á planta de


aluminio e aos edificios de áreas comúns) son enviadas á balsa de decantación A,
localizada no departamento de precipitación da planta de alumina.

As augas residuais fecais tratadas na depuradora B (que dá servizo ás oficinas dos


departamentos de filtración e precipitación) son enviadas á balsa de decantación B,
localizada no departamento de filtración da planta de alumina, entrando
directamente na balsa pequena.

As augas residuais fecais tratadas na depuradora C (que dá servizo ás oficinas dos


departamentos de dixestión e vapor) son enviadas á balsa de decantación C,
localizada no departamento de dixestión da planta de alumina, entrando
directamente na balsa pequena.

Augas residuais fecais xeradas nas instalacións auxiliares. As augas residuais


xeradas nas instalacións auxiliares trátanse por medio de catro fosas sépticas coas
seguintes características:

Club Náutico Grupo Empresa: fosa séptica de decantación-dixestión deseñada para


15 habitantes equivalentes de 3.000 L de volume.

Resolución pola que se renova a autorización ambiental integrada outorgada a pola que se renova a autorización
ambiental integrada outorgada a Alumina Española, SA para a planta de alumina localizada nos concellos de Xove e
Cervo (Lugo). Nº de autorización: 2006/0184_NAA/IPPC_131; clave expediente renovación: 2012-IPPC-M-94.

Páxina 22 de 43
Encoro río Covo: fosa séptica de decantación-dixestión deseñada para 4 habitantes
equivalentes de 1.400 L de volume e dimensións 1 m de diámetro e 1,86 m de
lonxitude.

Club Deportivo San Cibrao: fosa séptica de decantación-dixestión deseñada para 15


habitantes equivalentes de 3.000 L de volume e dimensións 1,6 m de diámetro e
2,11 m de lonxitude.
3
Porto: fosa séptica en formigón armado de 4,95 x 2,6 x 3,32 m dividida en dous
compartimentos.

As augas residuais fecais depuradas en cada un destes dispositivos son vertidas ao


dominio público por infiltración no terreo (cunca da ría de Viveiro).

3.2.3 Augas residuais pluviais non contaminadas procedentes do depósito de lodos


vermellos. As augas residuais pluviais non contaminadas xeradas nas instalacións do
depósito de lodos vermellos son recollidas nunha canle perimetral que evita o seu
contacto cos residuos do depósito de lodos vermellos, sendo vertidas directamente ao
río Riatelo (cunca da ría de Viveiro) sen depuración previa.

3.3 Localización dos puntos de vertido

As coordenadas UTM dos puntos de vertido ao dominio público (cunca da ría de Viveiro) dos
distintos efluentes procedentes das instalacións reflíctense na seguinte táboa:

Punto de vertido
Efluente Medio receptor Fuso 29 – ED50
UTMX UTMY
Augas residuais industriais, pluviais e fecais depuradas no
Mar 624.735 4.840.983
sistema de tratamento de efluentes da planta de alumina
Augas residuais fecais depuradas na fosa séptica do Club
Infiltración no terreo 623.380 4.842.010
Náutico Grupo Empresa
Augas residuais fecais depuradas na fosa séptica do encoro
Infiltración no terreo 625.759 4.837.546
río Covo
Augas residuais fecais depuradas na fosa séptica do Club
Infiltración no terreo 625.973 4.837.164
Deportivo San Cibrao
Augas residuais fecais depuradas na fosa séptica do porto Infiltración no terreo 624.023 4.840.608
Augas pluviais sen risco de contaminación procedentes do
Río Riatelo 621.905 4.840.532
depósito de lodos vermellos

3.4 Caudais de vertido

Os caudais máximos de vertido autorizados para cada un dos efluentes de augas residuais
xeradas nas instalacións son os seguintes:

EFLUENTE CAUDAL (m3/ano)


Augas residuais industriais, pluviais e fecais depuradas procedentes do sistema de tratamento de efluentes da
planta de alumina
TOTAL 7.008.000 *
Augas residuais fecais xeradas nas instalacións auxiliares e vertidas por infiltración no terreo
Fosa séptica do Club Náutico Grupo Empresa 100
Fosa séptica do encoro río Covo 40

Resolución pola que se renova a autorización ambiental integrada outorgada a pola que se renova a autorización
ambiental integrada outorgada a Alumina Española, SA para a planta de alumina localizada nos concellos de Xove e
Cervo (Lugo). Nº de autorización: 2006/0184_NAA/IPPC_131; clave expediente renovación: 2012-IPPC-M-94.

Páxina 23 de 43
EFLUENTE CAUDAL (m3/ano)
Fosa séptica do Club Deportivo San Cibrao 100
Fosa séptica do porto 800
TOTAL 1.040 *
Augas residuais pluviais sen risco de contaminación xeradas no depósito de lodos vermellos
TOTAL 34.000 **
* Este caudal terá a consideración de máximo. No caso de ser superado, deberase xustificar o seu valor mediante
cálculos xustificativos dos caudais máximos de vertido de cada efluente en función da súa natureza.
** Este caudal poderá ser variable en función da pluviometría rexistrada na zona, debendo garantirse en calquera caso
a súa correcta xestión previamente ao seu vertido.

3.5 Calidade e control dos vertidos

Os límites máximos que se autorizan para cada un dos vertidos de augas residuais existentes
e a frecuencia mínima coa que se controlarán son os seguintes:

3.5.1 Augas residuais industriais, pluviais e fecais depuradas procedentes do sistema


de tratamento de efluentes da planta de alumina. Os límites máximos permitidos
para o vertido destas augas residuais, e a periodicidade coa que se controlarán na
arqueta ou dispositivo equivalente que deberá existir á saída das instalacións de
depuración e antes do seu vertido ao mar e da súa confluencia con outros
efluentes, son os que se detallan a continuación:

Periocidade control
Parámetro Unidades Límite de vertido
Interno Externo (5)
pH uds. Sörensen 6–9 Diario
Sólidos en suspensión mg/L 250 Diario
DQOtotal mg/L 450 Semanal (4)
DBO5 mg/L 300 Semanal (4)
(1)
Aluminio disolto mg/L 20 Diario MENSUAL
(4)
Mercurio disolto mg/L 0,05 Semanal
Nitróxeno amoniacal mg/L 30 Semanal (4)
(2)
Sulfatos mg/L 5.000 Semanal (4)
Fluoruros mg/L 8 (3) Diario
Coliformes totais ufc/100 mL
Coliformes fecais ufc/100 mL
- - TRIMESTRAL
Estreptococos fecais ufc/100 mL
Escherichia coli ufc/100 mL
(1)
Este valor considerarase como o límite máximo permitido en media mensual, admitíndose valores punta
diarios de ata 30 mg/L; sen que poida excederse a devandita media mensual.
(2)
Este valor considérase como o límite máximo permitido en media mensual, admitíndose valores punta diarios
de ata 8.000 mg/L, sen que poida excederse a devandita media mensual.
(3)
Este valor considerarase como o límite máximo permitido en media mensual, admitíndose valores punta
diarios de ata 12 mg/L; sen que poida excederse a devandita media mensual.
(4)
Nas mostras con frecuencia semanal, a medición realizarase alternativamente cada día laborable da semana,
cun intervalo entre toma de mostra de oito días naturais contados a partir do día seguinte ao da anterior toma.
No caso de que o oitavo día coincida nun día non laborable deberase realizar a toma o día laborable
inmediatamente posterior.
(5)
A mostraxe do control externo deberá coincidir en data cun dos controis internos semanais.

Resolución pola que se renova a autorización ambiental integrada outorgada a pola que se renova a autorización
ambiental integrada outorgada a Alumina Española, SA para a planta de alumina localizada nos concellos de Xove e
Cervo (Lugo). Nº de autorización: 2006/0184_NAA/IPPC_131; clave expediente renovación: 2012-IPPC-M-94.

Páxina 24 de 43
Asemade, realizarase un control en continuo dos parámetros pH, turbidez e caudal de vertido, dos que se
remitirán os valores medios diarios para pH e turbidez, e os valores totais diarios (m3/día) e total mensual
(m3/mes) para o caudal, a incorporar no informe mensual, mediante informe asinado polo responsable asignado
e selado pola empresa.

Para o resto dos parámetros os límites máximos permitidos serán os especificados no anexo
VI desta resolución, e especialmente teranse en conta as prescricións relativas a substancias
perigosas contidas no Real Decreto 60/2011, de 21 de xaneiro, sobre as normas de calidade
ambiental no ámbito da política de augas.

Todas as análises (internas e externas) realizaranse sobre mostras compostas durante un


período de 24 horas. No caso de verterse durante un período inferior ás 24 horas, realizarase
a mostraxe composta durante o total do período de vertido.

3.5.2 Augas residuais fecais depuradas procedentes das instalacións auxiliares da


planta de alumina e vertidas por infiltración no terreo. Os límites máximos
permitidos ou a porcentaxe mínima de redución, e a frecuencia mínima coa que se
controlarán nas arquetas ou dispositivos equivalentes que deberán existir á saída de
cada unha das fosas sépticas e antes do seu vertido por infiltración no terreo son os
que se reflicten na seguinte táboa:

Periodicidade control
Parámetros Límite Porcentaxe mínima de redución
Interno Externo
DBO5 200 mg/L 30 %
DQOtotal 300 mg/L 30 %
Sólidos en suspensión 150 mg/L 50 % SEMESTRAL ANUAL
Aceites e graxas 25 mg/L -
Deterxentes 3 mg/L -

Para o resto dos parámetros os límites máximos permitidos serán os especificados no anexo
VII desta resolución.

3.5.3 Augas residuais pluviais sen risco de contaminación procedentes do depósito de


lodos vermellos: Os límites máximos permitidos para o vertido destas augas
residuais, e a periodicidade coa que se controlarán na arqueta ou dispositivo
equivalente que deberá existir ao efecto antes do seu vertido ao río Riatelo e da súa
confluencia con outros efluentes, son os que se indican de seguido:

Parámetro Unidades Límite de vertido Periodicidade


pH uds. Sörensen 5,5 - 9,5
Sólidos en suspensión mg/L 80
DQOtotal mg/L 160
DBO5 mg/L 40
Nitróxeno amoniacal mg/L 10 SEMESTRAL
Aluminio disolto mg/L 1
Mercurio disolto mg/L 0,05
Fluoruros mg/L 6
Sulfatos mg/L 2.000

Resolución pola que se renova a autorización ambiental integrada outorgada a pola que se renova a autorización
ambiental integrada outorgada a Alumina Española, SA para a planta de alumina localizada nos concellos de Xove e
Cervo (Lugo). Nº de autorización: 2006/0184_NAA/IPPC_131; clave expediente renovación: 2012-IPPC-M-94.

Páxina 25 de 43
Materias inhibidoras Eq/m3 <1
Todas as análises realizaranse sobre unha mostra composta tomada ao longo dun período mínimo de 8 horas; no
caso de verterse durante un período inferior ás 8 horas, realizarase a mostraxe composta durante o total do
período de vertido. No caso de non efectuarse analítica nalgún semestre por non producirse vertido, notificarase
este feito a Augas de Galicia, antes da finalización do mes seguinte ao do semestre no que non foi posible realizar
a mostraxe.

Para o resto dos parámetros os límites máximos permitidos serán os especificados no anexo
VII desta resolución.

3.6 Condicionantes xerais para a calidade e control dos vertidos

Todas as análises correspondentes ao control interno do vertido realizaranse seguindo a


metodoloxía analítica establecida no Standard Methods ou nas correspondentes Normas
UNE existentes.

Todas as mostraxes e análises relativas ao control externo do vertido deberán realizarse por
medio dunha Entidade Colaboradora da Administración Hidráulica (ECA).

En ningún caso o cumprimento dos valores límite de emisión establecidos poderá alcanzarse
mediante técnicas de dilución.

A Administración resérvase a facultade de modificar os límites impostos aos vertidos e a de


esixir ao autorizado a construción e explotación das obras e instalacións necesarias para a
adecuación dos vertidos ás esixencias do Plan Hidrolóxico da conca e outras disposicións
legais ou regulamentarias, sen que isto dea lugar a indemnización ao autorizado.

Se a práctica demostrase que o tratamento de depuración é insuficiente pola calidade dos


vertidos ou do medio receptor, en relación cos límites fixados nesta autorización, o titular
deberá, previa autorización correspondente, executar as obras e instalacións necesarias para
axustar os vertidos ás características autorizadas. Neste senso, a Administración poderá
esixir ao autorizado a instalación de tratamentos complementarios e/ou calquera outra
mellora nas instalacións de depuración que resulte axeitada para acadar os límites impostos
ou outros que se poidan impoñer, determinando os prazos correspondentes.

A Administración poderá efectuar, cando o estime oportuno, análises de comprobación da


calidade dos vertidos para cotexar que se cumpren as condicións expostas no presente
informe.

3.7 Informes de control de vertidos

Remitirase directamente a Augas de Galicia, antes da finalización do mes seguinte ao de


realización dos mostraxes:

Vertido Control Frecuencia


Interno MENSUAL*
Augas residuais industriais e pluviais contaminadas
Externo MENSUAL
Interno SEMESTRAL
Augas residuais fecais
Externo ANUAL
Augas residuais pluviais non contaminadas procedentes do depósito de lodos
Externo SEMESTRAL
vermellos
* Os resultados dos controis internos presentaranse mediante informe asinado polo responsable asignado e selado
pola empresa.

Resolución pola que se renova a autorización ambiental integrada outorgada a pola que se renova a autorización
ambiental integrada outorgada a Alumina Española, SA para a planta de alumina localizada nos concellos de Xove e
Cervo (Lugo). Nº de autorización: 2006/0184_NAA/IPPC_131; clave expediente renovación: 2012-IPPC-M-94.

Páxina 26 de 43
3.8 Calidade do medio receptor

Deberase evitar a afección incompatible co mantemento das condicións e usos do medio


receptor. No caso de que o vertido cause afección incompatible co medio receptor, a
Administración poderá revisar os condicionantes da autorización outorgada.

Con independencia dos límites establecidos, no medio receptor deberanse cumprir os valores
de calidade de augas establecidos na seguinte lexislación, ou na que se dite nun futuro:

Anexo I do Real Decreto 1341/2007, de 11 de outubro, sobre a xestión da calidade das


augas de baño.
Anexos I e II do Real Decreto 60/2011, de 21 de xaneiro, sobre as normas de calidade
ambiental no ámbito da política de augas: normas de calidade ambiental para substancias
prioritarias e para outros contaminantes; e normas de calidade ambiental para substancias
preferentes.
Anexo I da Lei 42/2007, de 13 de decembro, do patrimonio natural e da biodiversidade:
substancias perigosas e obxectivos de calidade –só no caso de dominio público marítimo-
terrestre–.
Anexo IV do Real Decreto 345/1993 e anexo I da Directiva 2006/113/CE: normas de
calidade das augas e da produción de moluscos e outros invertebrados mariños vivos; –só
no caso de dominio público marítimo-terrestre–.
Anexo V do Regulamento de ordenación da pesca fluvial e dos ecosistemas acuáticos
continentais (aprobado mediante o Decreto 130/1997): Calidade mínima esixida ás augas
continentais –só no caso de dominio público hidráulico–.

3.9 Control do medio receptor

O titular deberá cumprir o seguinte plan de vixilancia ambiental co fin de verificar a


comprobación estrutural e funcional da condución de vertido, o seguimento do impacto do
vertido na calidade do medio mariño e o cumprimento dos obxectivos de calidade:

3.9.1 Control estrutural do emisario (roturas, corrementos, fisuras, etc). Unha vez ao ano,
inspeccionarase o emisario submarino en toda a lonxitude do seu tramo somerxido e dos
seus principais elementos mediante o emprego de mergulladores ou instrumental
mergullable. A inspección realizarase coa máxima carga hidráulica posible. Cos
resultados deste control elaborarase un INFORME ANUAL que se presentará ante
Augas de Galicia antes do 1 de abril do ano posterior ao estudio.

3.9.2 Control do medio receptor. O control das augas receptoras do vertido de augas
residuais industriais, pluviais e fecais depuradas realizado a través do emisario
submarino realizarase nos seguintes puntos:

Coordenadas UTM
Punto de mostraxe Fuso 29 – ED50
X Y
Punto final do emisario submarino. 624.283 4.840.770
Punto sobre a liña de costa á esquerda do emisario e a 100 metros de distancia do seu
624.233 4.840.182
arranque.
Punto sobre a liña de costa á dereita do emisario e a 100 metros de distancia do seu
624.578 4.839.945
arranque.
Punto situado no arranque do emisario. 624.324 4.839.996

Resolución pola que se renova a autorización ambiental integrada outorgada a pola que se renova a autorización
ambiental integrada outorgada a Alumina Española, SA para a planta de alumina localizada nos concellos de Xove e
Cervo (Lugo). Nº de autorización: 2006/0184_NAA/IPPC_131; clave expediente renovación: 2012-IPPC-M-94.

Páxina 27 de 43
Coordenadas UTM
Punto de mostraxe Fuso 29 – ED50
X Y
Punto no interior do porto (entre o final do emisario e a praia de Lago). 623.359 4.841.311
Punto a 300 metros do extremo do emisario (na dirección da corrente dominante). 625.577 4.841.109
Punto a 800 metros do extremo do emisario (na dirección da corrente dominante). 626.992 4.840.870
Punto na área marisqueira de Farallóns (extracción percebes). 622.985 4.841.202
Punto na área marisqueira de Anxuela (extracción de ourizo). 625.224 4.840.133
Punto na área marisqueira no interior do porto (cultivo ostras). 625.417 4.841.522
Punto na zona de baño máis próxima ao vertido (praia de Limosa). 624.774 4.841.825
Punto en zona de non afección, ao oeste do illote Ansarón; que será considerado como
623.906 4.840.077
valor de fondo para a valoración dos resultados.

Os parámetros a analizar e a periodicidade dos controis a realizar en todos os puntos


incluídos na táboa anterior son os que se indican a continuación:

Parámetros a analizar Periodicidade control


(en cada un dos puntos) Interno Externo
Sólidos en suspensión
Cor
Carbono orgánico total
Aluminio total
Aluminio disolto
Mercurio
Fluoruros BIMESTRAL SEMESTRAL
Nitróxeno amoniacal
Sulfatos
Coliformes totais
Coliformes fecais
Estreptococos fecais
Escherichia coli
O control do medio receptor (interno e externo) realizarase sobre mostras integradas a partir
doutras dúas submostras tomadas en media baixamar e media preamar, no primeiro metro de
profundidade. A mostraxe do medio receptor realizarase coincidindo na mesma data que o
control externo mensual do vertido de augas residuais industriais, pluviais e fecais depuradas.

Todas as análises correspondentes ao control interno do medio receptor realizaranse


seguindo a metodoloxía analítica establecida no Standard Methods ou nas correspondentes
Normas UNE existentes.

Todas as mostraxes e análises relativas ao control externo do medio receptor deberán


realizarse por medio dunha Entidade Colaboradora da Administración Hidráulica (ECA).

3.9.3 Control de sedimentos e organismos. Para o control de sedimentos e organismos


seleccionaranse dous (2) puntos de mostraxe na área de influencia do emisario (onde o
sedimento tenda a acumularse), un (1) punto en zona non influída que sirva como branco
de referencia e outros tres (3) puntos en lugares onde se atopen poboacións abundantes

Resolución pola que se renova a autorización ambiental integrada outorgada a pola que se renova a autorización
ambiental integrada outorgada a Alumina Española, SA para a planta de alumina localizada nos concellos de Xove e
Cervo (Lugo). Nº de autorización: 2006/0184_NAA/IPPC_131; clave expediente renovación: 2012-IPPC-M-94.

Páxina 28 de 43
de organismos representativos da zona. De acordo coa documentación achegada polo
titular, os puntos considerados son os seguintes:

Coordenadas UTM
Punto de mostraxe Fuso 29 – ED 50
X Y
Punto en zona de acumulación de sedimentos (interior do porto) 623.830 4.841.725
Punto en zona de acumulación de sedimentos (redoso do dique leste do porto) 624.247 4.840.697
Punto en zona de non afección, ao oeste do illote Ansarón 621.272 4.813.063
Punto con abundancia de poboación de organismos situado na área marisqueira de
624.077 4839.940
Anxuela
Punto con abundancia de poboación de organismos situado no interior do porto 622.811 4.841.491
Punto con abundancia de poboación de organismos situado na área marisqueira de
625.584 4.841.842
Farallóns.

Os parámetros a analizar e a periodicidade dos controis a realizar en todos os puntos


incluídos na táboa anterior son os que se indican a continuación:

Parámetros a analizar Periodicidade control*


(en cada un dos puntos) Interno Externo
Potencial redox
Mercurio
SEMESTRAL ANUAL
Aluminio
Nitróxeno total Kjeldahl
*Coincidindo sempre cun dos controis externos mensuais do vertido de augas
residuais industriais, pluviais e fecais depuradas.

Todas as análises correspondentes ao control interno do medio receptor realizaranse


seguindo a metodoloxía analítica establecida no Standard Methods ou nas correspondentes
Normas UNE existentes.

Todas as mostraxes e análises relativas ao control externo do medio receptor deberán


realizarse por medio dunha Entidade Colaboradora da Administración Hidráulica (ECA).

3.9.4 Avaliación das condicións de dilución. Cos datos recollidos anualmente


correspondentes á evolución da configuración do complexo industrial e do propio
emisario submarino, así como cos caudais e calidades detectadas, realizarase un
estudio de dilución que corrobore o cumprimento das calidades do medio receptor
establecidos nesta autorización.

3.10 Informes de control do emisario e do medio receptor

Remitirase directamente a Augas de Galicia:

Control Frecuencia Observacións


Control estrutural do emisario ANUAL Antes do 1 de abril do ano posterior ao estudio
Antes da finalización do mes seguinte ao de realización das
Control do medio
Interno BIMESTRAL mostraxes, mediante informe asinado polo responsable
receptor
asignado e selado pola empresa.

Resolución pola que se renova a autorización ambiental integrada outorgada a pola que se renova a autorización
ambiental integrada outorgada a Alumina Española, SA para a planta de alumina localizada nos concellos de Xove e
Cervo (Lugo). Nº de autorización: 2006/0184_NAA/IPPC_131; clave expediente renovación: 2012-IPPC-M-94.

Páxina 29 de 43
Antes da finalización do mes seguinte ao de realización das
Externo SEMESTRAL
mostraxes.
Antes da finalización do mes seguinte ao de realización das
Control de Interno SEMESTRAL mostraxes, mediante informe asinado polo responsable
sedimentos e asignado e selado pola empresa.
organismos Antes da finalización do mes seguinte ao de realización das
Externo ANUAL
mostraxes.
Avaliación das Interno ANUAL Antes do 1 de abril do ano posterior ao estudio
condicións de
dilución Externo BIENAL Antes do 1 de abril do ano posterior ao estudio

3.11 Control da calidade dos vertidos: control e rexistro dos resultados de vertido

Disporase de arquetas ou dispositivos equivalentes para o control e mostraxe dos efluentes


que se indican, con acceso directo para a súa inspección por parte da Administración, como
mínimo nos seguintes puntos:

Augas residuais industriais, pluviais e fecais depuradas procedentes do sistema de


tratamento de efluentes da planta de alumina: punto situado á saída das instalacións de
depuración e antes do seu vertido ao mar a través do emisario submarino e da súa
confluencia con calquera outros efluentes.

Augas residuais fecais depuradas procedentes das instalacións auxiliares e vertidas por
infiltración no terreo: catro puntos situados á saída de cada un dos catro sistemas de
depuración (Club Náutico Grupo Empresa; encoro río Covo; Club Deportivo San Cibrao;
porto) antes do seu vertido por infiltración no terreo e da súa confluencia con calquera
outro efluente.

Augas residuais pluviais non contaminadas procedentes do depósito de lodos vermellos:


punto situado antes do seu vertido ao río Riatelo e da súa confluencia con calquera outro
efluente.

A empresa disporá de instrumentos para o control en continuo dos parámetros pH, turbidez e
caudal; das augas residuais industriais, pluviais e fecais depuradas procedentes do sistema
de tratamento de efluentes da planta de alumina, antes do vertido ao mar a través do
emisario submarino.

Asemade, a empresa deberá dispor dun equipo tomamostras automático programable en


tempo e volume para o control das augas residuais industriais, pluviais e fecais depuradas
procedentes do sistema de tratamento de efluentes da planta de alumina, antes do seu
vertido ao mar a través do emisario submarino e da súa confluencia con outros efluentes. A
empresa manterá en servizo e calibrará todos estes instrumentos con métodos axeitados.

Cada día realizarase unha toma de mostra composta ao longo dun período de 24 h do vertido
procedente do sistema de tratamento de efluentes da planta de alumina, a cal será
debidamente identificada e conservada durante un período mínimo de 48 horas a contar
dende a hora de finalización da toma de mostra.

O titular deberá dispor de certificacións emitidas por entidades externas de verificación das
características dos equipos de medición en continuo dos parámetros pH, turbidez e caudal de
vertido.

Deberá existir un libro de rexistro (físico ou informático adecuadamente protexido contra dano
ou contra modificación non autorizada) a disposición da Administración, no que se anotarán:

Resolución pola que se renova a autorización ambiental integrada outorgada a pola que se renova a autorización
ambiental integrada outorgada a Alumina Española, SA para a planta de alumina localizada nos concellos de Xove e
Cervo (Lugo). Nº de autorización: 2006/0184_NAA/IPPC_131; clave expediente renovación: 2012-IPPC-M-94.

Páxina 30 de 43
Tomas de mostras realizadas e resultados analíticos obtidos nos ensaios en laboratorio
efectuados ao abeiro do establecido no presente informe.
Incidencias acontecidas na operación que poidan influír nas condicións de operación e
tratamento de augas, na calidade dos vertidos ou na calidade do medio receptor. Calquera
incidente será comunicado no momento de producirse, por escrito, a esta Secretaría
Xeral.

4 SOBRE A PROTECCIÓN DO SOLO E DAS AUGAS SUBTERRÁNEAS

4.1 Sistemas e procedementos para evitar a contaminación

As superficies das zonas de manexo de substancias perigosas deberán estar


impermeabilizadas e contarán cunha rede de drenaxe e recollida de perdas ou derramos,
de forma que se garanta a súa adecuada xestión. O pavimento deberá ser impermeable e
resistente ás substancias perigosas que se manexen, debéndose realizar as labores de
mantemento necesarias para que o mesmo estea en perfecto estado.

Todos os depósitos de produtos perigosos contarán con cubetos de retención


impermeabilizados, que impidan a dispersión dun posible derramo, que deberán contar cun
volume de retención suficiente para conter posibles derramos ou fugas e permitir o seu
correcto tratamento e/ou eliminación.

Ante calquera posible afección aos solos que puidera xurdir de procesos como fugas,
derramos, roturas de depósitos, conducións ou calquera incidente derivado da
manipulación de materias e residuos, establecerase de acordo con esta secretaría xeral,
actuacións e plans de acción para a súa corrección.

4.2 Vixilancia e control ambiental de solos e augas subterráneas

Continuarase coa determinación periódica das augas subterráneas nos puntos de control
localizados nas coordenadas UTM recollidas na seguinte táboa:

4.2.1 Depósito de lodos vermellos

Depósito de lodos vermellos


Coordenadas UTM
Piezómetro Fuso 29 – ED50 Parámetros Frecuencia
X X
PW1 620.646 4.841.082
PW4 622.177 4.840.424
SP3 621.929 4.840.539
SP4 621.948 4.840.579
S1-RDA 621.361 4.841.614 pH,
alcalinidade,
S2-RDA 621.520 4.841.622 condutividade,
S3-RDA 521.852 4.841.258 fluoruros, MENSUAL
S4-RDA 621.851 4.840.614 cianuros

S5-RDA 620.936 4.841.133


P100-S1 621.347 4.841.624
P100-S2 621.342 4.841.623
P100-S3 621.456 4.841.642
P100-S4 621.452 4.841.641

Resolución pola que se renova a autorización ambiental integrada outorgada a pola que se renova a autorización
ambiental integrada outorgada a Alumina Española, SA para a planta de alumina localizada nos concellos de Xove e
Cervo (Lugo). Nº de autorización: 2006/0184_NAA/IPPC_131; clave expediente renovación: 2012-IPPC-M-94.

Páxina 31 de 43
Depósito de lodos vermellos
Coordenadas UTM
Piezómetro Fuso 29 – ED50 Parámetros Frecuencia
X X
PW1 620.646 620.646
PW4 622.177 622.177
SP3 621.929 621.929 pH, temperatura,
SP4 621.948 621.948 condutividade, cor,
sólidos disoltos,
S1-RDA 621.361 621.361 fluoruros, cianuros
S2-RDA 621.520 621.520 cobre, cromo, manganeso
mercurio, níquel, chumbo, zinc,
S3-RDA 521.852 521.852 SEMESTRAL
aluminio, amoníaco, arsénico, bario,
S4-RDA 621.851 621.851 boro, cadmio, calcio, carbonato sódico,
S5-RDA 620.936 620.936 carbono orgánico total, cloro, cobalto, galio,magnesio,
molibdeno, nitrato, potasio,
P100-S1 621.347 621.347 selenio, sílice, sodio, sulfato e vanadio
P100-S2 621.342 621.342
P100-S3 621.456 621.456
P100-S4 621.452 621.452

4.2.2 Planta de alumina

Planta de alumina
Coordenadas UTM
Piezómetro Fuso 29 – ED50 Parámetros Frecuencia
X Y
P-15 623.728 4.840.145
P-20 624.391 4.839.767
P-28 624.161 4.839.677
P-30 623.304 4.840.195
P-32 623.398 4.840.156
S-03 624.523 4.839.598
S-04 624.365 4.839.851
S-05 624.226 4.839.888
S-06 623.835 4.839.762
S-08 623.570 4.839.917 Nivel freático,
pH, MENSUAL
S-09 623.532 4.840.087 condutividade
S-10 623.435 4.840.002
SN-07 624.110 4.839.982
SN08 623.527 4.840.162
SN10 623.384 4.840.075
SN11 623.420 4.839.928
A01 623.967 4.840.121
A02 624.178 4.839.652
A03 624.249 4.839.692
A04 624.445 4.839.710

Resolución pola que se renova a autorización ambiental integrada outorgada a pola que se renova a autorización
ambiental integrada outorgada a Alumina Española, SA para a planta de alumina localizada nos concellos de Xove e
Cervo (Lugo). Nº de autorización: 2006/0184_NAA/IPPC_131; clave expediente renovación: 2012-IPPC-M-94.

Páxina 32 de 43
Planta de alumina
Coordenadas UTM
Piezómetro Fuso 29 – ED50 Parámetros Frecuencia
X Y
P-20 624.391 4.839.767
P-28 624.161 4.839.677
Hidrocarburos totais do petróleo
P-30 623.304 4.840.195 Benceno, tolueno, etilbenceno, xilenos
P-32 623.398 4.840.156 Hidrocarburos aromáticos policíclicos
TPHs, BTEX, PAHs, fenois, cloruros, fluoruros, cianuros, SEMESTRAL
S-08 623.570 4.839.917 sulfatos, nitratos, aluminio, arsénico, cobre, cromo,
S-09 623.532 4.840.087 mercurio, níquel, chumbo, cinc
SN-07 624.110 4.839.982
A02 624.178 4.839.652

Os piezómetros deberán permanecer operativos durante toda a vida útil da instalación,


realizándose as operacións de mantemento necesarias de cara a garantir a súa
permanencia. Revisaranse as tapas exteriores para evitar a entrada de elementos
externos, e realizarase o desenvolvemento de cada un dos piezómetros co fin de eliminar
os finos que se puideran acumular e colmatar a tubaxe de PVC.

A mostraxe das augas subterráneas será representativa das condicións do acuífero e


incluirá os pertinentes bombeos de volume de auga para garantir a súa representatividade.

A toma de mostras e as análises serán realizadas por ECA (Entidade Colaboradora da


Administración Hidráulica) de acordo cos requirimentos establecidos no Decreto 162/2010,
de 16 de setembro, polo que se regulan as Entidades Colaboradoras da Administración
Hidráulica de Galicia en materia de control de vertidos e calidade das augas.

Ante calquera actividade que se desenvolva no emprazamento e que supoña movementos


de terras, estas deberán ser caracterizadas cara a levar unha correcta xestión das
mesmas, a toma de mostras terá que ser levado a cabo por unha entidade de inspección
de acordo coa norma UNE-EN ISO/IEC 17020, no campo ambiental: solos. Os datos
resultantes da caracterización deberán ser presentados na Administración.

Se como resultado das análises realizadas se detectasen zonas de solo ou augas


contaminadas estableceranse, de acordo coa Secretaría Xeral de Calidade e Avaliación
Ambiental, criterios de avaliación de riscos e plans de acción para o seu control.

4.3 Informes de seguimento do control de solos e augas subterráneas

Remitirase directamente a Augas de Galicia, con periodicidade MENSUAL ou


SEMESTRAL (segundo corresponda en función do tipo de análise) os resultados dos
controis efectuados.

5 SOBRE A PRODUCIÓN DE RESIDUOS.

5.1. Condicionantes xerais

O titular da instalación deberá contar coas inscricións que lle correspondan no Rexistro
Xeral de Produtores e Xestores de Residuos de Galicia, mantelas actualizadas, e cumprir
cos condicionantes recollidos na correspondente resolución de inscrición.

Resolución pola que se renova a autorización ambiental integrada outorgada a pola que se renova a autorización
ambiental integrada outorgada a Alumina Española, SA para a planta de alumina localizada nos concellos de Xove e
Cervo (Lugo). Nº de autorización: 2006/0184_NAA/IPPC_131; clave expediente renovación: 2012-IPPC-M-94.

Páxina 33 de 43
Deberanse cumprir en todo momento as prescricións que sobre residuos se establecen na
normativa de aplicación para as actividades inscritas, así como nas disposicións e
instrucións que se diten nas Administracións do Estado e da Xunta de Galicia en materia
de residuos. Entre estas:

As actividades autorizadas están condicionadas ao cumprimento das prescricións


técnicas establecidas nos proxectos presentados.

A entidade explotadora disporá dun arquivo cronolóxico, físico ou telemático, segundo


o establecido no artigo 40 da Lei 22/2011, do 28 de xullo, de residuos e solos
contaminados. Gardarase a información arquivada durante, cando menos, tres (3)
anos.

A efectos de que esta Secretaría Xeral verifique que non se dá algún dos supostos
previstos no artigo 25.4 e 25.5 da Lei 22/2011, a empresa deberá notificar os traslados
de residuos fóra da Comunidade Autónoma de Galicia.

Realizarase o procedemento de control dos traslados de residuos perigosos e non


perigosos, incluídos no ámbito de aplicación do Decreto 174/2005, que se realicen pola
vía pública dentro da Comunidade Autónoma de Galicia segundo o establecido no
Decreto 59/2009, do 26 de febreiro, polo que se regula a rastrexabilidade dos residuos.

Cumpriranse as obrigas que se derivan do disposto nos artigos 31 e seguintes do Real


Decreto 833/1988, do 20 de xullo, polo que se aproba o Regulamento para a execución
da Lei 20/1986, Básica de Residuos Tóxicos e Perigosos.

Os residuos xestionados externamente entregaranse a xestores autorizados.


Priorizarase a entrega a xestores que realicen operacións de valorización e que se
atopen máis preto á planta. Os traslados dos residuos realizaranse mediante empresas
transportistas inscritas no rexistro ao efecto.

Deberanse cumprir as normas técnicas vixentes relativas ao envasado, etiquetado e


almacenamento de residuos perigosos.

No caso do almacenamento, este terá que ser para residuos non perigosos por tempo
inferior a dous (2) anos, se o seu destino é a valorización, un ano se é a eliminación e
para residuos perigosos de seis (6) meses.

Deben cumprirse as esixencias establecidas na lexislación de protección civil (segundo


o establecido no artigo 5.2 do Real Decreto 833/1988, do 20 de xullo) e as prescricións
técnicas do proxecto da actividade presentadas.

Réxime de garantías: de ser o caso, débense manter vixentes e actualizadas en todo


momento as garantías financieiras esixidas regulamentariamente.

6 MEDIDAS A ADOPTAR EN SITUACIÓNS DE FUNCIONAMENTO ANORMAIS

Levaranse a cabo todas as medidas necesarias para que quede garantida a protección do
medio ambiente e a saúde das persoas ante calquera situación fóra da normalidade en
canto ao funcionamento das instalacións.

De producirse algún incidente ou anomalía no funcionamento da instalación que derive no


incumprimento das condicións impostas nesta autorización, o titular deberá comunicar

Resolución pola que se renova a autorización ambiental integrada outorgada a pola que se renova a autorización
ambiental integrada outorgada a Alumina Española, SA para a planta de alumina localizada nos concellos de Xove e
Cervo (Lugo). Nº de autorización: 2006/0184_NAA/IPPC_131; clave expediente renovación: 2012-IPPC-M-94.

Páxina 34 de 43
inmediatamente dita situación á Secretaría Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental. No
caso de persistir, paralizarase a actividade causante da anomalía.

Unha vez producida a situación de emerxencia, o titular deberá comunicar inmediatamente


dita situación á Secretaría Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental, ao Concello afectado,
a Protección Civil e ao órgano de conca (neste último caso se o incidente puidese afectar
ao dominio público). Procederase á determinación inmediata da orixe do problema e a
adoptar as medidas correctoras axeitadas para emendar as causas que o motivaron,
reducindo ao máximo os efectos sobre o medio ambiente. Se estas anomalías implican
riscos para a saúde das persoas ou poden prexudicar gravemente o equilibrio dos sistemas
naturais, suspenderase inmediatamente a actividade.

No prazo máximo de sete (7) días tras a incidencia, o titular deberá remitir ás citadas
autoridades un informe detallado acreditando que adoptou as medidas axeitadas para
emendar as causas que a motivaron, no que xunto aos datos de identificación deben
figurar como mínimo:

As causas do incidente ou anomalía.


A hora na que se produciu e a duración do mesmo.
Características da emisión do vertido, no caso de existir.
As medidas correctoras adoptadas.
A hora e forma na que se comunicou o suceso aos distintos organismos.

Todo o anterior sen prexuízo das responsabilidades nas que poida incorrer.

A instalación contará con sistemas de retención de efluentes en situación de emerxencia


ou avarías e fallos na instalación con capacidade suficiente de almacenamento.

A empresa incluirá dentro do seu plan de seguridade ante emerxencias a protección da


calidade das augas, tanto respecto do mantemento da calidade dos vertidos como respecto
da protección do medio receptor nas augas superficiais e subterráneas. Este plan deberá
recoller medidas de actuación para garantir a protección da calidade das augas no caso de
darse unha situación de emerxencia tal como un incendio, mal funcionamento das
instalacións de depuración, vertidos accidentais, inundación de parte das instalacións, unha
situación de explosión, etc. Esta protección incluirá tanto o control durante a emerxencia
como a retirada posterior dos materiais danados e dos restos dos axentes de extinción de
incendios ou de mitigación dos efectos ou de propagación.

7 INFORMACIÓN DE SEGUIMENTO AMBIENTAL

7.1 Cumprimento do E-PRTR

Na notificación anual a realizar para a elaboración do rexistro europeo de emisións e


transferencia de contaminantes, deberán incluírse todas as substancias do Anexo II do
Real Decreto 508/2007, de 20 de abril, polo que se regula o subministro de información
sobre emisións do Regulamento E-PRTR e das autorizacións ambientais integradas,
debendo, para as substancias que non se declaren, incluír a xustificación razoada do
motivo polo que non se declaran. Ademais do anterior, nesta notificación deberase incluír
polo menos:

Para o caso de contaminantes medidos: norma que contén ao método de medida,


número de medidas (en caso de mostraxes non continuas) e todos os parámetros
necesarios para obter o valor declarado de carga másica anual: resultados en

Resolución pola que se renova a autorización ambiental integrada outorgada a pola que se renova a autorización
ambiental integrada outorgada a Alumina Española, SA para a planta de alumina localizada nos concellos de Xove e
Cervo (Lugo). Nº de autorización: 2006/0184_NAA/IPPC_131; clave expediente renovación: 2012-IPPC-M-94.

Páxina 35 de 43
masa/volume normalizado e en base seca, horas de funcionamento do foco ou proceso
do que proceda, e resultados en kg/ano ou t/ano.

Para o caso de contaminantes calculados: indicaranse as fontes dos métodos de


cálculo e factores de emisión aceptados nos ámbitos nacionais e internacionais e
representativos do sector industrial, así como os datos do proceso industrial para
determinar a carga másica das instalacións, todo a fin de poder validar os resultados.

Para o caso de contaminantes estimados: indicaranse en que se fundamentan as


estimacións non normalizadas, así como cantos datos do proceso industrial deben ser
tidos en conta para determinar a carga másica das emisións.

7.2 Informes de cumprimento da autorización ambiental integrada

- Semestralmente (e sempre antes da finalización do mes seguinte ao período avaliado)


remitirase á Secretaría Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental un informe de
autoavaliación do cumprimento das obrigas de control e seguimento establecidas na
autorización, que comprenda, como mínimo:

a) Atmosfera: informe do ano transcorrido (a incorporar no informe do segundo semestre


do ano):

- Produción mensual (t/mes) e anual (t/ano) e % respecto da súa capacidade


produtiva.
- Xustificación de ter notificado as emisións á atmosfera anuais ao rexistro galego
PRTR.

Focos caldeiras 1, 2 e 3

- Xustificación, mediante declaración do titular de:

Apartado 8d) do Anexo IV da Orde ITC/1389/2008, de 19 de maio.


Apartado 6.3 do Anexo VIII do RD 430/2004, de 12 de marzo.

- Declaración do cumprimento de valores límite de emisión incluíndo datos e gráficos


dos valores medios cada 48 horas, datos de valores medios mensuais e media
anual. Estudo conforme co Anexo IV, apartado c, subapartado 1a), 1b), 1c), 1d),
1e), 1f) da Orde ITC/1389/2008, de 19 de maio.

- Informes de aseguramento da calidade dos sistemas automáticos de medición


(calibración (NCG2), informes do ensaio anual de seguimento (EAS) e informe de
ensaio funcional de osíxeno).

Foco calcinación e foco SLC

- Cumprimento da periodicidade dos controis de emisións á atmosfera establecida


nesta autorización.

- Valoración do cumprimento dos valores límite de emisión, con datos e expresión


gráfica dos resultados desde o ano no que se concedeu a AAI (21/04/2008).
Incluiranse tamén datos e gráficos de caudal de gases nas condicións requiridas
nesta autorización e de osíxeno (%V).

Resolución pola que se renova a autorización ambiental integrada outorgada a pola que se renova a autorización
ambiental integrada outorgada a Alumina Española, SA para a planta de alumina localizada nos concellos de Xove e
Cervo (Lugo). Nº de autorización: 2006/0184_NAA/IPPC_131; clave expediente renovación: 2012-IPPC-M-94.

Páxina 36 de 43
- Estudio das desviacións respecto do anterior. No caso de que as emisións non
cumprisen cos valores límite establecidos ou que se detectase algunha desviación
anómala nos valores obtidos, deberase incluír unha análise das posibles causas,
detalle das medidas correctoras implantadas, data da implantación e avaliación da
súa efectividade.

b) Ruído:

Informe da OCA das medicións do nivel de presión sonora e declaración do


cumprimento dos valores límite establecidos.

No caso de que os niveis de presión sonora non cumprisen cos valores límite de
emisión establecidos ou se detectase algunha desviación anómala nos valores obtidos,
deberanse incluír no informe semestral unha análise das posibles causas, detalle das
medidas correctoras que se teñan posto en práctica, data de implantación e avaliación
da súa efectividade.

c) Vertidos líquidos e control do medio receptor:

Valoración do cumprimento dos valores límite establecidos, con representación gráfica


dos resultados das medicións realizadas, comparando os resultados cos límites
impostos, e analizando a súa evolución temporal. Empregaranse os resultados dos
controis efectuados por ECA.

Valoración dos resultados obtidos no control estrutural do emisario submarino e nos


controis de calidade do medio receptor.

No caso de que os vertidos non cumprisen cos valores límite establecidos ou se


detectase algunha desviación anómala nos valores obtidos, deberanse incluír no
informe semestral unha análise das posibles causas, detalle das medidas correctoras
que se teñan posto en práctica, data de implantación e avaliación da súa efectividade.

d) Solo e augas subterráneas:

No semestre que corresponda

Informes de ECA dos controis de augas subterráneas realizados e informe valorativo.

No caso de detectarse resultados anómalos, deberase incluír unha avaliación da


influencia da instalación na calidade das augas subterráneas. De ser o caso, deberán
ademais indicar detalle das medidas correctoras, data de implantación e avaliación da
súa efectividade.

No prazo máximo de 5 anos, a contar desde o día seguinte ao da notificación desta


resolución:

Informe de situación co contido mínimo establecido no artigo 5 do citado Decreto


60/2009.

e) E-PRTR

No informe correspondente ao primeiro semestre, presentarase a xustificación de ter


realizado a notificación anual do ano anterior (lémbraselle que o prazo máximo para
presentar dita notificación é o 31 de marzo de cada ano).

Resolución pola que se renova a autorización ambiental integrada outorgada a pola que se renova a autorización
ambiental integrada outorgada a Alumina Española, SA para a planta de alumina localizada nos concellos de Xove e
Cervo (Lugo). Nº de autorización: 2006/0184_NAA/IPPC_131; clave expediente renovación: 2012-IPPC-M-94.

Páxina 37 de 43
7.3 Formato de presentación da documentación

- Con carácter xeral, a información de seguimento que se solicita na presente resolución:

Deberá ser presentada por un representante legal da instalación ou polo responsable


do cumprimento da autorización ambiental integrada.

Cada un dos informes de seguimento que se presenten, incluídos os resultados dos


controis internos, deberán estar asinados polo/s técnico/s competente/s responsable/s
da súa elaboración, e selados pola empresa.

Todos os documentos estarán correctamente identificados incluíndo, se fose o caso, o


número de revisión que corresponda, e indicando sempre a súa data de elaboración.

No caso dos informes a presentar perante esta Secretaría Xeral:

Presentarase un (1) documento en formato papel, que deberá ser orixinal, e catro (4)
exemplares en soporte dixital que conteñan esta documentación presentada en papel,
en formato “.pdf”.

Como os exemplares en soporte dixital deben conter a mesma información que o


documento en papel, ambos deberán identificarse cos mesmos títulos debendo ser a
única diferenza o formato en que se presentan.

Os exemplares en soporte dixital deberán presentar unha estrutura que permita unha
lectura congruente da información, organizada nas correspondentes carpetas e
subcarpetas se fose necesario.

7.4 Arquivo da información

- Salvo indicación expresa noutro sentido, os resultados dos controis requiridos nesta
autorización serán arquivados na fábrica e mantidos durante un período mínimo de cinco
(5) anos a partir do final do ano de referencia de que se trate, debendo facilitarse á
Administración en caso de que esta os requira.

8 CONDICIÓNS NO CASO DE CESE DA ACTIVIDADE

- De producirse o cese da actividade:

Antes do inicio, ben de calquera acción de adecuación do recinto industrial ou ben do


desmantelamento deberá comunicar o cese da actividade, informando da data prevista
para o peche.

A citada comunicación deberá vir acompañada dunha memoria na que se especifiquen


as actuacións que a empresa vai levar a cabo en relación co cese da actividade e cara
a evitar calquera risco de contaminación. Esta memoria será obxecto de avaliación por
parte desta Secretaría Xeral, sendo preciso informe favorable para a súa execución.

De acordo cos requirimentos establecidos da Directiva 2010/75/UE, de 24 de


novembro de 2010, sobre as emisións industriais (prevención e control integrados da
contaminación), realizarase unha caracterización integral da calidade dos solos e das
augas subterráneas no emprazamento, que deberá aprobar de forma previa a
Administración. De derivarse desta análise que existe un risco para a saúde humana

Resolución pola que se renova a autorización ambiental integrada outorgada a pola que se renova a autorización
ambiental integrada outorgada a Alumina Española, SA para a planta de alumina localizada nos concellos de Xove e
Cervo (Lugo). Nº de autorización: 2006/0184_NAA/IPPC_131; clave expediente renovación: 2012-IPPC-M-94.

Páxina 38 de 43
ou o medio ambiente, tomaranse as medidas necesarias destinadas a retirar, controlar,
conter ou reducir as substancias perigosas relevantes, para que, tendo en conta o uso
actual ou futuro do emprazamento, non se cree dito risco.

9 CONDICIÓNS ADICIONAIS

A instalación debe contar cun responsable do control do cumprimento do plan de vixilancia


incluído nesta autorización e cun responsable técnico da instalación de depuración. No
prazo dun mes o representante legal da instalación designará á/s persoa/s responsable/s.

Os valores límite de emisión recollidos na presente autorización son de aplicación en


condicións normais de funcionamento (Directiva 2010/75/UE, de 24 de novembro, sobre as
emisións industriais (prevención e control integrados da contaminación)).

A Administración poderá efectuar, cando o estime oportuno, análises de comprobación do


funcionamento das instalacións para cotexar que se cumpren as condicións expostas na
autorización.

Proponse manter unha análise continuada da implantación de mellores técnicas


dispoñibles (MTD), tanto das aplicables ao sector en cuestión como das aplicables aos
procesos auxiliares. Así, calquera modificación na instalación realizarase tras a valoración
das MTD aplicables nese momento.

Salvo indicación expresa noutro sentido ou que se acredite a súa imposibilidade, as tomas
de mostras e as análises serán efectuadas por organismo de control acreditado ou
entidade homologada, seguindo a metodoloxía establecida en normas EN, UNE-EN, UNE
e, en ausencia destas, noutras normas internacionais ou nacionais que garantan a
obtención de datos de calidade científica equivalentes.

Independentemente das obrigas que estableza a autorización ambiental integrada, o


operador ten a obriga de cumprir as premisas establecidas na Lei 26/2007, de 23 de
outubro, de Responsabilidade Medioambiental e no Real Decreto 2090/2008, de 22 de
decembro, polo que se aproba o Regulamento que desenvolve parcialmente dita Lei, que
establecen un novo réxime xurídico de prevención e reparación de danos, de acordo co cal
os operadores que ocasionen danos ao medio ambiente ou ameacen con ocasionalos
deben adoptar as medidas necesarias para prever a súa ocorrencia ou, no caso de que o
dano xa se producira, para devolver os recursos naturais afectados ao estado no que se
encontraba antes do dano. Ademais deberán constituír unha garantía financeira que lles
permita afrontar as responsabilidades ambientais, en materia de prevención, evitación e
reparación de danos, derivadas da súa aplicación.

O cumprimento das condicións da presente autorización non exime ao titular da actividade


que se autoriza da posible responsabilidade civil, penal ou administrativa polos danos que
poidan causar ao medio natural.

Resolución pola que se renova a autorización ambiental integrada outorgada a pola que se renova a autorización
ambiental integrada outorgada a Alumina Española, SA para a planta de alumina localizada nos concellos de Xove e
Cervo (Lugo). Nº de autorización: 2006/0184_NAA/IPPC_131; clave expediente renovación: 2012-IPPC-M-94.

Páxina 39 de 43
Anexo V: Inventario de emisións difusas

Denominación do foco Departamento


Captación xeral teito da nave (15) Servizos Xerais Técnicos
Captación xeral do edificio Servizos Xerais Técnicos
Ciclón de carpintería Servizos Xerais Técnicos
Captación po moega descarga (2) - Porto Porto
Captación po alumina Porto
Captación po cinta de alumina Porto
Captación silos de coque Porto
Chemineas bomba baleiro sementa fina Precipitación
Chemineas bomba baleiro filtro hidrato Precipitación
Captacións unidades de calcinación Precipitación
Captación silos de alumina Precipitación
Captación envío alumina silo norte Precipitación
Captación envío alumina silo sur Precipitación
Torre de refrixeración Precipitación
Torre de transferencia 1 Precipitación
Torre de transferencia 2 Precipitación
Saída filtro mangas de silo de po (2) Precipitación
Captación silo de finos Precipitación
Cheminea de primeira extracción Precipitación
Cheminea de segunda extracción Precipitación
Captación po ensacadora Precipitación
Depresor de aspiración de vagonetas Precipitación
Captación po moega descarga (2) Porto
Captación po de alumina Porto
Captación po cinta alumina Porto
Captación silos de alumina Porto
Captación silos de coque Porto
Captación torre de transferencia/moegas de bauxita Dixestión
Captación machacadora e alimentadores Dixestión
Extractor de gases (3) Dixestión
Refrixeración aire dos muíños (3) Dixestión
Captación área preparación leitada de cal Dixestión
Captación moega de cal hidratada Dixestión
Captación moega de cal viva Dixestión
Captación adición de leitada de cal Dixestión
Tanque de seguridade Dixestión
Torre de refrixeración A278 Dixestión
Cheminea do quentador E-3-A303 Dixestión
Venteo de tanque de fuel óleo Vapor
Venteo tanques de desgasificación (2) Vapor
Seguridade do tanque de condensado Vapor
Extractores de máquinas de limpeza de pezas SAFETY KLEEN (Taller eléctrico) Taller central
Extractores de máquinas de limpeza de pezas SAFETY KLEEN (Taller mecánico) Taller central
Extractor laboratorio de instrumentación Taller central
Cheminea da caldeira de auga quente e calefacción Taller central
Extractor gases soldadura Taller central

Resolución pola que se renova a autorización ambiental integrada outorgada a pola que se renova a autorización
ambiental integrada outorgada a Alumina Española, SA para a planta de alumina localizada nos concellos de Xove e
Cervo (Lugo). Nº de autorización: 2006/0184_NAA/IPPC_131; clave expediente renovación: 2012-IPPC-M-94.

Páxina 40 de 43
Extractor depósito de resinas/forno de secado Taller central
Fragua Taller central
Caldeira de auga quente e calefacción (laboratorio) Taller central
Moenda de bauxita Laboratorio
Campás de instrumentación laboratorio Laboratorio
Campás salas laboratorio Laboratorio

Resolución pola que se renova a autorización ambiental integrada outorgada a pola que se renova a autorización
ambiental integrada outorgada a Alumina Española, SA para a planta de alumina localizada nos concellos de Xove e
Cervo (Lugo). Nº de autorización: 2006/0184_NAA/IPPC_131; clave expediente renovación: 2012-IPPC-M-94.

Páxina 41 de 43
Anexo VI: Límites de emisión para os vertidos de augas residuais a dominio público
marítimo-terrestre

Parámetro Media mensual Media diaria Valor puntual


Cadmio (mg/L) * 0,2 0,4 0,4
Hexaclorociclohexano (mg/L) 2 4 8
Tetracloruro de carbono (mg/L) 1,5 3 6
DDT(mg/L) 0,2 0,4 0,8
Pentaclorofenol (mg/L) 1 2 3
Aldrín e derivados (mg/L) 0,002 0,01 0,02
Cloroformo (mg/L) 1 2 4
Hexaclorobenceno (mg/L) 1 2 4
Hexaclorobutadieno (mg/L) 1,5 3 6
1,2-dicloroetano (mg/L) 2,5 5 10
Tricloroetileno (mg/L) 0,5 1 2
Percloroetileno (mg/L) 1,25 2,5 5
Triclorobenceno (mg/L) 1 2 4
Cinc (mg/L) 3 6 10
Cobre (mg/L) 0,5 2,5 3
Níquel (mg/L) 3 6 10
Cromo total (mg/L) 0,5 2 4
Cromo VI (mg/L) 0,2 0,4 0,5
Chumbo (mg/L) 0,5 1 2
Selenio (mg/L) 0,05 0,1 0,2
Arsénico (mg/L) 1 3 5
Estaño (mg/L) 10 15 20
Titanio (mg/L) 1 3 5
Materias sedimentables (mL/L) 2 3 4
Hidrocarburos totais de petróleo (mg/L) - 15 -
Hidrocarburos aromáticos policíclicos (mg/L) ** - 0,01 -
BTEX (mg/L) *** - 5 -
Índice de fenois (mg/L) - 2 -

* En calquera caso estas concentracións só se admitirán nos vertidos que se produzan como consecuencia do arrastre
inevitable destes metais contidos nas materias primas usadas. O titular do vertido deberá demostrar que non é posible
por medios técnicos dispoñibles e economicamente viables reducir estes arrastres.
** Suma de naftaleno, acenaftileno, acenafteno, fluoreno, fenantreno, antraceno, fluoranteno, pireno,
benzo(a)antraceno, criseno, benzo(b)fluoranteno, benzo(k)fluoranteno, benzo(a)pireno, indeno(1,2,3-cd)pireno,
dibenzo(a,h)antraceno e benzo(g,h,i)perileno.

*** Suma de benceno, tolueno, etilbenceno e xileno.

Resolución pola que se renova a autorización ambiental integrada outorgada a pola que se renova a autorización
ambiental integrada outorgada a Alumina Española, SA para a planta de alumina localizada nos concellos de Xove e
Cervo (Lugo). Nº de autorización: 2006/0184_NAA/IPPC_131; clave expediente renovación: 2012-IPPC-M-94.

Páxina 42 de 43
Anexo VII: Límites de emisión para os vertidos de augas residuais a dominio público
hidráulico

Parámetro (unidades) Nota Valores límite


Temperatura (ºC) (A) 3
Materias sedimentables (mL/L) -- 0,5
Sólidos grosos -- Ausentes
Cor -- Inapreciable en disolución: 1/20
Aluminio (mg/L) (B) 1
Arsénico (mg/L) (B) 0,5
Bario (mg/L) (B) 20
Boro (mg/L) (B) 2
Cadmio (mg/L) (B) 0,1
Cromo III (mg/L) (B) 2
Cromo VI (mg/L) (B) 0,2
Ferro (mg/L) (B) 2
Manganeso (mg/L) (B) 2
Níquel (mg/L) (B) 2
Mercurio (mg/L) (B) 0,05
Chumbo (mg/L) (B) 0,2
Selenio (mg/L) (B) 0,03
Estaño (mg/L) (B) 10
Cobre (mg/L) (B) 0,2
Cinc (mg/L) (B) 3
Tóxicos metálicos (C) 3
Cianuros (mg/L) -- 0,5
Cloruros (mg/L) -- 2.000
Sulfatos (mg/L) -- 2.000
Sulfitos (mg/L) -- 1
Sulfuros (mg/L) -- 1
Fluoruros (mg/L) -- 6
Nitróxeno amoniacal (mg/L) (D) 15
Nitróxeno nítrico (mg/L) -- 10
Fósforo total (mg/L) -- 10
Fenois (mg/L) -- 0,5
Aldehidos (mg/L) -- 1
Deterxentes (mg/L) (D) 2
Pesticidas (mg/L) -- 0,05
Aceites e graxas (mg/L) (D) 20
(A) Nos ríos, incremento máximo da temperatura media nunha sección fluvial trala zona de dispersión.
(B) O límite refírese ao elemento disolto, como ión ou en forma complexa.
(C) Suma das fraccións concentración real / límite esixido relativa aos elementos tóxicos (arsénico, cadmio, cromo VI,
níquel, mercurio, chumbo, selenio, cobre e cinc).
(D) Valor de aplicación en ausencia doutro indicado especificamente para o vertido no informe.

Resolución pola que se renova a autorización ambiental integrada outorgada a pola que se renova a autorización
ambiental integrada outorgada a Alumina Española, SA para a planta de alumina localizada nos concellos de Xove e
Cervo (Lugo). Nº de autorización: 2006/0184_NAA/IPPC_131; clave expediente renovación: 2012-IPPC-M-94.

Páxina 43 de 43
Resolución de 09/12/2013, da Secretaría Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental, pola que
se actualizan cento vinte e dous (122) autorizacións ambientais integradas de conformidade
co disposto na Lei 5/2013, de 11 de xuño, pola que se modifican a Lei 16/2002, de 1 de xullo,
de prevención e control integrados da contaminación e a Lei 22/2011, de 28 de xullo, de
residuos e solos contaminados.

Antecedentes de feito

Primeiro.- As instalacións referidas no Anexo I da presente resolución contan con autorización


ambiental integrada.

Segundo.- O 12/06/2013 foi publicada no Boletín Oficial do Estado (núm. 140) a Lei 5/2013, de 11
de xuño, pola que se modifican a Lei 16/2002, de 1 de xullo, de prevención e control integrados da
contaminación e a Lei 22/2011, de 28 de xullo, de residuos e solos contaminados.

Terceiro.- Esta Lei incorpora diferentes medidas, entre outras, a obriga de actualizar, antes do 7 de
xaneiro de 2014, aquelas autorizacións ambientais integradas que á entrada en vigor da norma non
conteñan as prescricións explícitas contempladas nesa Lei.

Cuarto.- De acordo co punto 2 da disposición transitoria primeira da Lei 16/2002, de 1 de xullo,


considéranse actualizadas as autorizacións ambientais integradas actualmente en vigor que
conteñan prescricións explícitas relativas a:

a) Incidentes e accidentes.
b) Incumprimento das condicións das autorizacións ambientais integradas;
c) No caso de xeración de residuos, a aplicación da xerarquía de residuos establecida no
artigo 4.1.b);
d) No seu caso, o informe mencionado no artigo 12.1.f) desta Lei, que deberá ser tido en conta
para o peche da instalación;
e) As medidas a tomar en condicións de funcionamento diferentes ás normais;
f) No seu caso, os requisitos de control sobre solo e augas subterráneas;
g) Cando se trate dunha instalación de incineración ou coincineración:

- Os residuos que trate a instalación relacionados segundo a Lista Europea de Residuos;


e
- Os valores límite de emisión que regulamentariamente se determinen para este tipo de
instalacións.

Quinto.- Co obxecto de dar cumprimento ao punto f) do apartado 1 do artigo 12, procedeuse a


realizar unha análise tanto do contido das autorizacións ambientais integradas, como de toda a
información dispoñible en materia de solos e augas subterráneas en relación con esas instalacións,
e considérase que esta é suficiente.

Sexto.- Por outra banda, revisado o contido das autorizacións ambientais integradas conclúese que
procede incorporar ás mesmas o condicionado que se recolle no Anexo II da presente resolución.

Sétimo.- Así mesmo, procede dar cumprimento ao disposto no artigo 1.19 da Lei 5/2013, do 11 de
xuño que elimina o antigo artigo 25 dedicado á renovación da autorización ambiental integrada.

Oitavo .- De conformidade co artigo 84 da Lei 30/1992, de 26 de novembro, de réxime xurídico das


administracións públicas e do procedemento Administrativo Común, notificóuselle ós titulares o
contido da proposta da presente resolución, para que puideran presentar os documentos e
xustificacións que estimasen pertinentes, no prazo establecido. Os titulares non formularon
alegacións.
Fundamentos de dereito

Primeiro.- A disposición transitoria primeira da Lei 5/2013, de 11 de xuño, pola que se modifican a
Lei 16/2002, de 1 de xullo, de prevención e control integrados da contaminación e a Lei 22/2011, de
28 de xullo, de residuos e solos contaminados, establece que “o órgano competente para o
outorgamento das autorizacións ambientais integradas levará a cabo as actuacións necesarias para
actualización das autorizacións para a súa adecuación á Directiva 2010/75/CE, do Parlamento
Europeo e do Consello, de 24 de novembro, sobre emisións industriais, con anterioridade ao 7 de
xaneiro de 2014”.

Segundo.- A Secretaría Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental é o órgano competente para a


tramitación e seguimento das autorizacións ambientais integradas, de conformidade co disposto no
Decreto 44/2012, do 19 de xaneiro, polo que se establece a estrutura orgánica da Consellería de
Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas.

Habida conta do anterior,

Resolvo

Primeiro.- Actualizar as autorizacións ambientais integradas relacionadas no Anexo I incorporando


ás mesmas o condicionado recollido no Anexo II da presente resolución. No caso de producirse
contradición co contido da autorización ambiental integrada, prevalecerá o disposto no devandito
Anexo II.

As condicións desta autorización revisaranse nun prazo de catro (4) anos a partir da publicación das
conclusións relativas ás mellores técnicas dispoñibles, en canto a súa principal actividade, e no seu
defecto cando os avances nas mellores técnicas dispoñibles permitan unha redución significativa
das emisións, salvo que se produzan antes do prazo indicado modificacións substanciais que
obriguen á súa modificación ou que se incorra nalgún dos supostos de revisión de oficio recollidos
no artigo 25 da Lei 16/2002, de 1 de xullo.

Segundo.- Eliminar os puntos do Resolvo referentes ao prazo de vixencia e ás condicións de


revisión de oficio das resolución de autorización ambiental integrada das instalacións referidas no
Anexo I.

As referencias ao articulado da Lei 16/2002, de 1 de xullo, de prevención e control integrados da


contaminación na súa anterior versión enténdense adaptadas ao actual articulado da devandita Lei.

Contra esta resolución, que non pon fin á vía administrativa, poderase interpoñer, no prazo dun mes,
recurso de alzada ante o conselleiro de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, de
conformidade co disposto no artigo 114 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das
administracións públicas e do procedemento administrativo común.

En Santiago de Compostela, a 9 de decembro de 2013

O secretario xeral de Calidade e Avaliación Ambiental

Justo de Benito Basanta


Anexo I

1. Planta de produción de hidróxeno, vapor e anhídrido carbónico, no termo municipal de Arteixo,


provincia da Coruña con número de rexistro 2003/0175_AIA/IPPC_002, a favor de AIR
LIQUIDE IBERICA DE GASES, SLU.

2. Instalacións de fabricación de tella curva, no termo municipal de Mesía, provincia da Coruña


con número de rexistro 2003/0300_AIA/IPPC_004, a favor de CERÁMICA VEREA, SA.

3. Planta de lacado, foliado, fabricación de paneis isowall e de paneis sándwich de aluminio e


PVC, no termo municipal de Cerceda, provincia da Coruña, con número de rexistro
2004/0184_AIA/IPPC_005, a favor de SUMTEC, SL.

4. Central térmica de ciclo combinado localizada no termo municipal das Pontes de García
Rodríguez, provincia da Coruña, con número de rexistro 2003/0331_AIA/IPPC_006, a favor de
ENDESA GENERACIÓN, SA.

5. Instalacións de moenda, almacenamento e expedición de cemento localizadas no termo


municipal de Narón, provincia da Coruña, con número de rexistro 2004/0144_AIA/IPPC_008, a
favor de CEMENTOS TUDELA VEGUÍN, SA.

6. Planta de tratamento de subprodutos cárnicos, no termo municipal de Cerceda, provincia da


Coruña, con número de rexistro 2005/0009_NAA/IPPC_009, a favor de GESTORA DE
SUBPRODUCTOS DE GALICIA, SL (GESUGA).

7. Planta de fabricación de pensos compostos localizada no termo municipal de Padrón, provincia


da Coruña, con número de rexistro 2004/0148_NAA/IPPC_010, a favor de PIENSOS NANFOR,
SA.

8. Planta recuperadora de disolventes usados, no termo municipal do Porriño, provincia de


Pontevedra con número de rexistro 2003/0276_AEA/IPPC_011, a favor de RECUPERADORA
GALLEGA DE DISOLVENTES, SL.

9. Planta de fabricación de fariñas e aceites de peixe, no termo municipal de Ribeira, provincia da


Coruña, con número de rexistro 2004/0318_NAA/IPPC_012, a favor de CONSERVEROS
REUNIDOS, SL.

10. Planta de envasado de leite UHT localizada no termo municipal de Vilalba, provincia de Lugo,
co nº de rexistro 2004/0191_NAA/IPPC_013, a favor LECHE DE GALICIA, SL.

11. Centro de Vigo, provincia de Pontevedra, co número de rexistro 2005/0233_NAA/IPPC_14, a


favor de PEUGEOT CITROËN AUTOMÓVILES ESPAÑA, SA.

12. Refinería e terminal marítimo localizados nos termos municipal da Coruña e de Arteixo,
provincia de A Coruña, co número de rexistro 2005/0180_NAA/IPPC_016, a favor de REPSOL
YPF.

13. Planta de produción de compoñentes para a elaboración de medicamentos no polígono


industrial de Torneiros, no termo municipal do Porriño, provincia de Pontevedra, con número de
rexistro 2005/0182_NAA/IPPC_017, a favor de LONZA BIOLOGICS PORRIÑO, SL.

14. Fábrica de produtos cerámicos mediante cocción, no termo municipal de Mesía, provincia da
Coruña, con número de rexistro 2005/0356_AIA/IPPC_018, a favor de CAMPO BRICK, SL.

15. Fábrica de etanol localizada no termo municipal de Curtis, provincia da Coruña, con número de
rexistro 2005/0246_NAA/IPPC_019, a favor de BIOETANOL GALICIA, SA.
16. Instalacións localizadas no Parque Tecnolóxico de Valadares, termo municipal de Vigo,
provincia de Pontevedra, con número de rexistro 2005/0312_AIA/IPPC_020, a favor de
BENTELER AUTOMOTIVE VIGO, SL.

17. Fábrica de produción de formaldehido e colas, no termo municipal de Caldas de Reis, provincia
de Pontevedra, con número de rexistro 2004/0193_AIA/IPPC_021, a favor de FORESA,
INDUSTRIAS QUÍMICAS DEL NOROESTE, SA.

18. Planta de produción de cervexa no termo municipal da Coruña, provincia da Coruña, con
número de rexistro 2006/0133_NAA/IPPC_023, a favor de HIJOS DE RIVERA, SA.

19. Planta de fabricación de pensos, no termo municipal de Oleiros, provincia da Coruña, con
número de rexistro 2006/0097_NAA/IPPC_027, a favor de NUTER FEED SA.

20. Matadoiro de aves no termo municipal de Castro de Rei, provincia de Lugo, con número de
rexistro 2006/0196_NAA/IPPC_029, a favor de SADA P.A. CASTILLA-GALICIA SA.

21. Planta de fabricación de pensos, no termo municipal de Porriño, provincia de Pontevedra, con
número de rexistro 2006/0275_NAA/IPPC_031, a favor de NUTER FEED, SL.

22. Planta de transformación de produtos lácteos, localizada no termo municipal de Lugo, co nº de


rexistro 2006/0224_NAA/IPPC_032, a favor de PULEVA FOOD, SL.

23. Planta de tratamento e transformación de leite e produtos lácteos, no termo municipal de


Arteixo, provincia da Coruña, con número de rexistro 2006/0337_NAA/IPPC_033, a favor de
GRUPO LEITE RÍO SA.

24. Fábrica de paneis e portas de aluminio, no termo municipal do Porriño, provincia de Pontevedra
con número de rexistro 2006/0246_NAA/IPPC_034, a favor de ALUPORTA, SL.

25. Fábrica de ferroaliaxes localizada no termo municipal de Cee, provincia da Coruña, co con
número de rexistro 2006/0070_NAA/IPPC_036, a favor de FERROATLÁNTICA, SA.

26. Planta de tratamento e transformación de leite, no termo municipal de Pontecesures, provincia


de Pontevedra, con número de rexistro 2006/0075_NAA/IPPC_037, a favor de NESTLÉ
ESPAÑA, SA.

27. Fábrica de produtos cerámicos para a construción mediante cocción, no termo municipal da
Merca, provincia de Ourense, con número de rexistro 2006/0338_NAA/IPPC_039, a favor de
CERÁMICA LA MANCHICA, SL.

28. Planta de fabricación de pensos, no termo municipal de Taboada, provincia de Lugo con
número de rexistro 2007/0027_NAA/IPPC_040, a favor de AIRA SOCIEDADE COOPERATIVA
GALEGA.

29. Planta de cincado electrolítico en frío de pezas metálicas compoñentes de automoción de


pequenas dimensións, no termo municipal do Porriño, provincia de Pontevedra con número de
rexistro 2007/0122_NAA/IPPC_041, a favor de TALLERES COVI, SL.

30. Fábrica de produtos cerámicos, no termo municipal de Malpica de Bergantiños,provincia da


Coruña, con número de rexistro 2006/0274_NAA/IPPC_045, a favor de CERÁMICAS EL
PROGRESO, SA.

31. Planta de fabricación de compoñentes de plástico localizada na parroquia de Cedeira, no termo


municipal de Redondela, provincia de Pontevedra, con número de rexistro
2006/0391_NAA/IPPC_047, a favor de PLASTIC OMNIUM COMPONENTES EXTERIORES,
SL.
32. Instalación de tratamento superficial de pezas metálicas, no termo municipal de Lugo, provincia
de Lugo con número de rexistro 2007/0006_NAA/IPPC_051, a favor de CROMADOS
ESTEVEZ, SL.

33. Planta de galvanización en quente por inmersión, no termo municipal do Porriño, provincia da
Coruña con número de rexistro 2006/0366_NAA/IPPC_054, a favor de METÁLICA GALLEGA
DE TRANSFORMADOS Y ACABADOS, SL (MEGALTA).

34. Planta de fabricación de taboleiros de fibra de madeira localizada no termo municipal de


Padrón, provincia da Coruña, con número 2006/0218_NAA/IPPC_059, a favor de FINANCIERA
MADERERA, SA (FINSA).

35. Fábrica de ferroaliaxes localizada no termo municipal de Dumbría, provincia da Coruña, co con
número de rexistro 2006/0267_NAA/IPPC_060, a favor de FERROATLÁNTICA, SA.

36. Fábrica de conservas de peixe na Baiuca, no termo municipal da Pobra do Caramiñal, provincia
da Coruña, con número de rexistro 2006/0379_NAA/IPPC_061, a favor de ESCURÍS, SL.

37. Planta de galvanización en quente por inmersión e termolacado a po, no termo municipal de
Arteixo, provincia da Coruña con número de rexistro 2005/0011_NAA/IPPC_062, a favor de
RETSA II, SL.

38. Planta de produción de leite UHT e outros produtos lácteos, localizada no termo municipal de
Meira, provincia de Lugo, con número de rexistro 2007/0001_NAA/IPPC_063, a favor de
LECHE CELTA, SLU.

39. Planta de produción de leite UHT e outros produtos lácteos, localizada no termo municipal de
Pontedeume, provincia da Coruña, con número de rexistro 2007/0002_NAA/IPPC_064, a favor
de LECHE CELTA, SLU.

40. Fábrica de produtos siderúrxicos localizada no termo municipal da Laracha, provincia da


Coruña, con número de rexistro 2006/0388_NAA/IPPC_065, a favor de CELSA ATLANTIC, SL.

41. Planta de elaboración de ferraxes, fixacións e fouces no termo municipal da Pontenova,


provincia de Pontevedra, con número de rexistro 2006/0359_NAA/IPPC_068, a favor de
INDUSTRIAL RECENSE, SL.

42. Matadoiro de aves no termo municipal de Pontevedra, provincia de Pontevedra, con número de
rexistro 2006/0381_NAA/IPPC_071, a favor de AVÍCOLA DE GALICIA, SA.

43. Planta de elaboración de forxados, no termo municipal de San Cibrao das Viñas, provincia de
Ourense con número de rexistro 2006/0367_NAA/IPPC_072, a favor de CIE GALFOR, SA.

44. Fábrica de pensos no termo municipal da Pastoriza provincia de Lugo con número de rexistro
2007/0074_NAA/IPPC_073, a favor de COOPERATIVA AGRÍCOLA GALEGA SOC
COOP.GALEGA (COAGA).

45. Matadoiro frigorífico de gando vacún e equino no lugar de Montellos, no termo municipal de
Betanzos, provincia da Coruña, con número de rexistro 2007/0017_NAA/IPPC_074, a favor de
SUMINISTROS MEDINA, SL.

46. Fábrica de produtos cerámicos para a construción mediante cocción, no termo municipal de
Cambre, provincia da Coruña, con número de rexistro 2006/0340_AIA/IPPC_075, a favor de
CERÁMICA RIOBOO, SL.

47. Planta de produción de pensos no termo municipal de Silleda, provincia de Pontevedra, con
número de rexistro 2006/0394_NAA/IPPC_078, a favor de NUTRIMENTOS DEZA, SA.
48. Fábrica de taboleiro de fibra de madeira de media densidade (MDF) e derivados de taboleiro
localizada nos termos municipais de Rábade e Begonte (Lugo), con número de rexistro
2006/0375_NAA/IPPC_079, a favor de FINANCIERA MADERERA, SA (FINSA).

49. Fábrica de pensos, no termo municipal de San Cibrao das Viñas, provincia de Ourense, con
número de rexistro 2007/0052_NAA/IPPC_080, a favor de COOPERATIVAS ORENSANAS,
SCG.

50. Fábrica de pensos, no termo municipal de San Cibrao das Viñas, provincia de Ourense, con
número de rexistro 2007/0066_NAA/IPPC_081, a favor de COOPERATIVAS ORENSANAS,
SCG.

51. Planta siderúrxica localizada no termo municipal de Narón, provincia da Coruña, co con número
de rexistro 2006/0175_NAA/IPPC_087, a favor de MEGASA SIDERÚRGICA, SL.

52. Planta de fabricación de armaduras e compoñentes para o sector de automoción localizada no


termo municipal do Porriño, provincia de Pontevedra, co nº de rexistro
2006/0356_NAA/IPPC_088, a favor de VIZA AUTOMOCIÓN, SAU.

53. Planta de brillo químico e coloreado orgánico do aluminio localizada no termo municipal de
Padrón, provincia da Coruña, co con número de rexistro 2004/0264_AIA/IPPC_089, a favor de
ALUMINIOS CORTIZO, SA.

54. Planta de tratamento de residuos de marpol tipo c e aceites usados, no termo municipal das
Somozas, provincia da Coruña con número de rexistro 2006/0142_NAA/IPPC_090, a favor de
INGAROIL, SL.

55. Instalacións de produción de cemento situadas no termo municipal de Sarria, provincia de


Lugo, con número de rexistro 2005/0057_NAA/IPPC_091, a favor de CEMENTOS COSMOS,
SA.

56. Planta de elaboración de conservas de peixes, mariscos e pratos preparados, no termo


municipal de Ribeira, provincia da Coruña, con número de rexistro 2007/0016_NAA/IPPC_101,
a favor de Frinsa del Noroeste, SA.

57. Fabricación de produtos cerámicos mediante cocción, no termo municipal de Xunqueira de


Espadañedo, provincia de Ourense, con número de rexistro 2006/0067_NAA/IPPC_102, a
favor de CERÁMICA XUNQUEIRA, SA.

58. Fábrica de produción de silicio localizada no termo municipal de Arteixo, provincia da Coruña,
con número de rexistro 2005/0223_NAA/IPPC_104, a favor de FERROATLÁNTICA, SA.

59. Instalacións de extrusión, lacado e anodizado de perfís de aluminio localizadas no termo


municipal de Valga, provincia de Pontevedra, con número de rexistro
2006/0362_NAA/IPPC_105, a favor de EXTRUSIONADOS GALICIA, SA.

60. Planta de fabricación de produtos precociñados a base de peixe, no termo municipal da Pobra
do Caramiñal, provincia da Coruña, con número de rexistro 2007/0003_NAA/IPPC_106, a favor
de CONGALSA, SL.

61. Fábrica de taboleiros aglomerados de partículas e de madeira serrada e para a súa coxeración
asociada Cogeneracion del Noroeste, SL situadas no termo municipal de Santiago de
Compostela, provincia da Coruña, con número de 2006/0376_NAA/IPPC_107, a favor de
FINANCIERA MADERERA, SA (FINSA).

62. Planta de fabricación de taboleiros de fibra de madeira e derivados, e á súa coxeración


asociada de Cogeneración del Noroeste, SL localizadas no polígono industrial de San Cibrao
das Viñas, no termo municipal de San Cibrao das Viñas, provincia de Ourense, con número de
rexistro 2006/0377_NAA/IPPC_108, a favor de FINANCIERA MADERERA, SA (FINSA).

63. Fabricación de ladrillos cara vista, bloques vistos e pavimentos no termo municipal de Tui,
provincia de Pontevedra, con número de rexistro 2006/0382_NAA/IPPC_109, a favor de
SUCESORES DE SEVERINO GÓMEZ, SA.

64. Fábrica de pensos, no termo municipal de Outeiro de Rei, provincia de Lugo, con número de
rexistro 2007/0073_AIA/IPPC_113, a favor de COREN AGROINDUSTRIAL, SAU.

65. Fabricación de cerámica para a construción no termo municipal de Ponteareas, provincia de


Pontevedra, con número de rexistro 2006/0385_NAA/IPPC_116, a favor de CERÁMICA DE
PUENTEAREAS, SL.

66. Fabricación de produtos cerámicos para a construción, no termo municipal de Salvaterra do


Miño, provincia de Pontevedra, con número de rexistro 2006/0166_NAA/IPPC_117, a favor de
CERÁMICAS DEL MIÑO, CARMEN UBEIRA E CÍA, SL.

67. Planta de fabricación de pensos compostos e transformación de leite e derivados sita no termo
municipal de Ames, provincia da Coruña, con número de rexistro 2007/0059_NAA/IPPC_115, a
favor de FEIRACO SOCIEDADE COOPERATIVA GALEGA.

68. Planta de elaboración de conservas de atún, mexillóns e cefalópodos no termo municipal do


Grove, provincia de Pontevedra, con número de rexistro 2006/0347_NAA/IPPC_119, a favor de
CONSERVAS SELECTAS DE GALICIA, SA.

69. Fábrica de conservas de atún en Bodión, no termo municipal de Boiro, provincia da Coruña,
con número de rexistro 2006/0380_NAA/IPPC_120, a favor de JEALSA RIANXEIRA, SA.

70. Planta de fabricación de tensioactivos e química fina situada no Polígono Industrial de Sabón,
no termo municipal de Arteixo, provincia da Coruña, con número de rexistro
2006/0343_NAA/IPPC_123, a favor de ARTEIXO QUÍMICA, SLU.

71. Planta de fabricación de produtos cerámicos, no termo municipal de Laracha, provincia da


Coruña, con número de rexistro 2006/0237_AIA/IPPC_124, a favor de EPIFANIO CAMPO, SL.

72. Fábrica de produtos cerámicos, no termo municipal de Laracha, provincia da Coruña, con
número de rexistro 2006/0342_NAA/IPPC_125, a favor de CERÁMICA CAMPO SAEZ, SL.

73. Instalacións en Santiago de Compostela, provincia da Coruña, con número de rexistro


2006/0348_NAA/IPPC_126, a favor de PAPELERA DE BRANDIA, SA.

74. Planta de produción de leite localizada no termo municipal de Outeiro de Rei, provincia de
Lugo, con número de rexistro 2006/0159_NAA/IPPC_127, a favor de ALIMENTOS LÁCTEOS,
SA.

75. Planta de tratamento e envasado de leite e produtos derivados, no termo municipal de Outeiro
de Rei, provincia de Lugo, con número de rexistro 2006/0209_NAA/IPPC_128, a favor de
CORPORACIÓN ALIMENTARIA PEÑASANTA, SA.

76. Planta de aluminio localizada no termo municipal de Xove, na provincia de Lugo, con número
de rexistro: 2005/0093_NAA/IPPC_130, a favor de ALUMINIO ESPAÑOL, SA.

77. Planta de alumina localizada nos termos municipais de Xove e de Cervo (Lugo), con número de
rexistro 2006/0184_NAA/IPPC_131, a favor de ALÚMINA ESPAÑOLA, SA.
78. Planta produción de pensos compostos no termo municipal de Dozón, provincia de Pontevedra,
con número de rexistro 2006/0393_NAA/IPPC_135, a favor de NUTRIMENTOS DEL CAMPO,
SA.

79. Matadoiro frigorífico de dúas liñas, gando vacún e porcino, con sala de despece de porcino e
elaboración de despoxos e tripas, no termo municipal de Lalín, provincia de Pontevedra, con
número de rexistro 2006/0242_NAA/IPPC_138, a favor de INDUSTRIAS FRIGORÍFICAS DEL
DEZA, SL.

80. Planta de elaboración de produtos precociñados, no termo municipal do Porriño, provincia de


Pontevedra, con número de rexistro 2006/0390_NAA/IPPC_142, a favor de FRINOVA, SA.

81. Matadoiro avícola con planta de tratamento e transformación de subprodutos cárnicos (CPA)
localizado no termo municipal de Ourense, con número de rexistro 2007/0081_NAA/IPPC_143,
a favor de COOPERATIVAS ORENSANAS, SCG.

82. Planta de fabricación de taboleiro recuberto con chapa de madeira ou con papel melamínico
localizada no termo municipal de Curtis, provincia da Coruña, con número de rexistro
2006/0387_NAA/IPPC_144, a favor de INDUSTRIAS LOSÁN, SA.

83. Fábrica de carbono sinterizado e electrografito localizada no termo municipal da Coruña,


provincia da Coruña, con número de rexistro 2007/0007_NAA/IPPC_145, a favor de SGL
CARBÓN, SA.

84. Planta de calcinación de magnesita para a obtención de óxido de magnesio no termo municipal
de O Incio, provincia de Lugo, con número de rexistro 2006/0187_NAA/IPPC_146, a favor de
MAGNESITAS DEL RUBIÁN, SA.

85. Planta de elaboración de fariñas e aceites de peixe localizada no termo municipal de


Redondela, provincia da Pontevedra, co número de rexistro 2007/0029_NAA/IPPC_147, a favor
de AUXILIAR CONSERVERA, SA.

86. Fábrica de extrusión, lacado e anodizado de perfís de aluminio localizada no termo municipal
de Padrón, provincia da Coruña, con número de rexistro 2006/0285_NAA/IPPC_148, a favor de
QUINTASTONE, SA.

87. Matadoiro de gando vacún e planta de produción de produtos alimenticios, no termo municipal
de Lugo, provincia de Lugo, con número de rexistro 2007/0090_NAA/IPPC_160, a favor de
NOVAFRIGSA, SA.

88. Fábrica de pasta de celulosa localizada en Lourizán, no termo municipal de Pontevedra, con
número de rexistro 2004/0286_NAA/IPPC_162, a favor de ENCE ENERGIA Y CELULOSA, SA

89. Instalacións de extrusión, lacado e anodizado de perfís de aluminio localizada no termo


municipal de Padrón, provincia da Coruña, con número de rexistro 2006/0268_NAA/IPPC_165,
a favor de EXL-QUINTAGLASS, SL.

90. Factoría de construción e reparación de buques, no termo municipal de Moaña, provincia de


Pontevedra, con número de rexistro 2007/0207_NAA/IPPC_166, a favor de RODMAN
POLYSHIPS, SAU.

91. Planta de transformación de subprodutos animais, no termo municipal de Arteixo, provincia da


Coruña, con número de rexistro 2006/0350_NAA/IPPC_167, a favor de SARVAL BIO-
INDUSTRIES NORESTE, SAU.

92. Planta de fabricación de formol, colas e resinas e xestión de residuos hidrocarburados no


concello de Mugardos, provincia da Coruña, con número de rexistro
2006/0349_NAA/IPPC_168, a favor de FORESTAL DEL ATLÁNTICO, SA.
93. Planta de aluminio localizada no termo municipal da Coruña, con número de rexistro
2005/0272_NAA/IPPC_169, a favor de ALCOA INESPAL, SA.

94. Instalacións de extrusión e lacado de perfís de aluminio localizadas no termo municipal de


Valga, provincia de Pontevedra, con número de rexistro 2006/0262_NAA/IPPC_170, a favor de
ALUMINIOS PADRON, SA.

95. Planta de elaboración de produtos refractarios, no termo municipal de Sanxenxo, provincia de


Pontevedra, con número de rexistro 2006/0361_NAA/IPPC_171, a favor de REFRACTARIOS
CAMPO, SL.

96. Planta de elaboración de ladrillos para a construción en Vilalonga, no termo municipal de


Sanxenxo, provincia de Pontevedra, con número de rexistro 2006/0363_NAA/IPPC_172, a
favor de NUEVA CERÁMICA CAMPO, SL.

97. Matadoiro de gando vacún e porcino con planta de produción de produtos alimenticios, no
termo municipal de Porriño, provincia de Pontevedra, con número de rexistro
2007/0089_NAA/IPPC_173, a favor de INDUSTRIAS FRIGORÍFICAS DEL LOURO, SA.

98. Fábrica de produtos cerámicos refractarios, no termo municipal da Guarda, provincia de


Pontevedra con número de rexistro 2007/0014_NAA/IPPC_175, a favor de IMERYS KILN
FURNITURE ESPAÑA, SA.

99. Instalacións de xestión de residuos, no termo municipal da Laracha, provincia da Coruña con
número de rexistro 2007/0015_NAA/IPPC_179, a favor de PROTECIÓN MEDIO AMBENTAL,
SL (PMA).

100. Instalación de lacado e recubrimento de superficies metálicas, no termo municipal de San


Cibrao das Viñas, provincia de Ourense con número de rexistro 2007/0069_NAA/IPPC_180, a
favor de LACADOS DE GALICIA, SL.

101. Planta existente de fabricación de perfís de aluminio, no termo municipal da Cañiza, provincia
de Pontevedra con número de rexistro 2007/0248_NAA/IPPC_183, a favor de GALIMETAL,
SA.

102. Planta de tratamento e transformación de leite, no termo municipal de Láncara, provincia de


Lugo, con número de rexistro 2007/0011_NAA/IPPC_185, a favor de LEITE RÍO, SL.

103. Planta de tratamento e transformación de leite (CEAO II) no termo municipal de Lugo, provincia
de Lugo, con número de rexistro 2007/0009_NAA/IPPC_186, a favor de LEITE RÍO, SL.

104. Planta de tratamento e transformación de leite (CEAO I) no termo municipal de Lugo, provincia
de Lugo, con número de rexistro 2007/0010_NAA/IPPC_187, a favor de LEITE RÍO, SL.

105. Planta de fabricación e produción de pezas metálicas para o sector da automoción, no termo
municipal de Pereiro de Aguiar, provincia de Ourense con número de rexistro
2007/0270_NAA/IPPC_189, a favor de MECANIZADOS RODRÍGUEZ FERNÁNDEZ, SL.

106. Fábrica de gres extruído natural, no termo municipal de Tui, provincia de Pontevedra, con
número de rexistro 2007/0278_NAA/IPPC_190, a favor de CERÁMICA DA MOURA, SLU.

107. Planta de elaboración de cemento, no termo municipal de Narón, provincia da Coruña con
número de rexistro 2006/0351_NAA/IPPC_196, a favor de MATERIALES DEL ATLÁNTICO,
SA.

108. Planta de tratamento de leite, no termo municipal de Monforte de Lemos, provincia de Lugo con
número de rexistro 2008/0012_NAA/IPPC_200, a favor de EUROSERUM IBÉRICA, SL.
109. Planta de fragmentado e desestañado de botes de lata de RSU, no termo municipal de As
Pontes de García Rodríguez, provincia da Coruña con número de rexistro
2005/0264_AIA/IPPC_206, a favor de DANIGAL RECUPERACIONES FÉRRICAS, SLU.

110. Planta de fabricación de envases, no termo municipal de Vigo, provincia de Pontevedra con
número de rexistro 2008/0155_NAA/IPPC_208, a favor de CROWN EMBALAJES ESPAÑA,
SLU.

111. Planta de fabricación de compostos derivados do silicio, no termo municipal de Forcarei,


provincia de Pontevedra con número de rexistro 2008/0103_AIA/IPPC_213, a favor de ABCR
LABORATORIOS, SL.

112. Matadoiro de coellos e patos e sala de despece, no termo municipal de Rodeiro, provincia de
Pontevedra, con número de rexistro 2007/0230_NAA/IPPC_220, a favor de CONEJOS
GALLEGOS, COGAL SCG.

113. Factoría de equipos para a recepción e distribución do sinal de televisión, no termo municipal
de Santiago, provincia da Coruña con número de rexistro 2007/0243_NAA/IPPC_221, a favor
de TELEVÉS, SA.

114. Complexo industrial de tratamento e produción de perfís de aluminio localizado nos termos
municipais de Padrón e Rois, provincia da Coruña, con número de rexistro
2007/0272_NAA/IPPC_222, a favor de ALUMINIOS CORTIZO, SA.

115. Planta de tratamento e xestión de residuos de mesturas de hidrocarburos e auga, no termo


municipal de Cambre, provincia da Coruña con número de rexistro 2006/0284_NAA/IPPC_223,
a favor de SERVICIOS GALLEGOS AUTÓNOMOS, SA.

116. Instalación para o cincado de pezas metálicas, no termo municipal de Santiago, provincia da
Coruña con número de rexistro 2008/0265_NAA/IPPC_236, a favor de CINGALSA, SL.

117. Matadoiro de gando vacún e porcino, con sala de despece, conservación e preparación de
carnes no termo municipal de Culleredo, provincia da Coruña, con número de rexistro
2007/0181_NAA/IPPC_243, a favor de FRIGORÍFICOS CONCHADO, SA.

118. Planta de extrusionado e lacado de aluminio con tratamento previo de superficies metálicas, no
termo municipal de Caldas de Rei, provincia de Pontevedra con número de rexistro
2008/0101_AIA/IPPC_252, a favor de INDALSU, SA.

119. Fábrica de queixo, no termo municipal de Vilalba, provincia de Lugo con número de rexistro
2010/IPPC/I/1012-253, a favor de QUESERÍAS ENTREPINARES, SAU.

120. Instalacións de xestión de residuos, no termo municipal de Lalín, provincia de Pontevedra con
número de rexistro 2010-IPPC-1029-255, a favor de SERTEGO SERVICIOS
MEDIOAMBIENTALES, SLU.

121. Centro de transferencia e tratamento de aceites usados, residuos hidrocarburados e residuos


industriais, no termo municipal de Narón, provincia da Coruña con número de rexistro 2011-
IPPC-0002-258, a favor de PROCESOIL, SL.

122. Fabricación e comercialización de conservas a partir de produtos do mar no termo municipal de


Carballo, provincia da Coruña, con número de rexistro 2012-IPPC-14-259, a favor de CALVO
CONSERVAS, SLU.
Anexo II

Incidentes e accidentes

- O titular procederá inmediatamente á determinación da orixe do problema e adoptará as medidas


necesarias para que quede garantida a protección do medio ambiente e a saúde das persoas ante
calquera incidente ou accidente que se produzan na instalación. Dentro destas medidas
considerarase, no caso de ser necesario, a suspensión da actividade.

- Se esta situación deriva nun incumprimento das condicións impostas na autorización ambiental
integrada e/ou puidera ter repercusións sobre a saúde das persoas ou o medio ambiente, o titular
procederá a comunicala á Secretaría Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental e ao órgano de
cunca (neste último caso se o incidente/accidente puidese afectar ao dominio público), sen
menoscabo das comunicacións que deban realizarse a outros organismos afectados.

- No prazo máximo de sete (7) días tras a comunicación, o titular deberá remitir ós referidos
órganos, un informe no que figure como mínimo:

As causas do incidente.
A hora na que se produciu e a súa duración.
As características das emisións producidas, no caso de existir.
As medidas adoptadas tanto para corrixir a situación como para prever novos incidentes.
A hora e forma na que se comunicou o suceso aos distintos organismos.

Incumprimento das condicións das autorizacións ambientais integradas

- O incumprimento das condicións recollidas nesta resolución suporá a adopción das medidas de
disciplina ambiental recollidas no Título IV da Lei 16/2002, de 1 de xullo, de prevención e control
integrados da contaminación, sen prexuízo do establecido na lexislación sectorial, que seguirá
sendo aplicable.

Aplicación da xerarquía de residuos establecida no artigo 8 da Lei 22/2011, de 28 de xullo, de


residuos e solos contaminados:

- Priorizarase en todo momento a prevención na xeración de residuos, así como a preparación para
a súa reutilización e reciclaxe. No caso de xeración de residuos cuxa reutilización ou reciclaxe non
sexa posible, estes destinaranse a outro tipo de valorización, evitando a súa eliminación sempre que
sexa posible.

Condicións de funcionamento diferentes das normais

- En caso de fugas e fallos de funcionamento na instalación, estarase ó disposto no apartado de


“incidentes e accidentes” deste anexo.

- A instalación deberá determinar cales son os seus períodos de arranque e parada. Contará
ademais cun rexistro (físico ou dixital), adecuadamente protexido contra danos ou contra
modificacións non autorizadas e a disposición da Administración, no que se anotarán:

Os criterios técnicos e/ou os parámetros nos que se basea a determinación destes períodos.
A data e a súa duración.

- O titular deberá comunicar á Secretaría Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental calquera parada
temporal da actividade que poida afectar ao normal cumprimento das condicións establecidas ao
longo desta resolución. Así mesmo deberá comunicar, no momento de producirse, o seu reinicio.
Condicións para o cese definitivo da actividade

- Antes do inicio, ben de calquera acción de adecuación do recinto industrial ou ben do seu
desmantelamento, o titular deberá comunicar o cese da actividade, informando da data prevista para
o peche.

A citada comunicación deberá vir acompañada dunha memoria na que se especifiquen as actuacións
que o titular vai levar a cabo en relación co cese da actividade e cara a evitar calquera risco de
contaminación. Concretamente, en relación coa protección do solo e das augas subterráneas,
estarase ao disposto no artigo 22 bis da Lei 16/2002, de 1 de xullo, de prevención e control
integrados da contaminación, tendo en conta se a instalación dispón de informe base ou non.

- Esta memoria será obxecto de avaliación por parte da Secretaría Xeral de Calidade e Avaliación
Ambiental, sendo preciso un informe favorable para a súa execución.

- De concluírse que existe un risco para a saúde humana ou o medio ambiente, tomaranse as
medidas necesarias destinadas a retirar, controlar, conter ou reducir as substancias perigosas
relevantes, para que, tendo en conta o uso actual ou futuro do lugar, non se cree o dito risco.

You might also like