Download as doc, pdf, or txt
Download as doc, pdf, or txt
You are on page 1of 2

UN DOMINGO DE ALBARIÑO

A cousa comezou mal desde o ano pasado, cando, a pesares de haber un cambio político
na Xunta, voltou a ser Fraga o convidado á festa. Pero naquela ocasión os xornais nos
soprendían cunha nova como a seguinte: "Fraga anuncia que volverá a la fiesta, pero
no en primera línea", algo que como veremos incumpliu o ex-presidente.
Porén, os erros repetíronse ao ano seguinte."Tourís tienta a Touriño con el título de
«cabaleiro» si ayuda al Albariño". Como pode un alcalde tratar con tal desprezo ao
presidente da Xunta de Galiza? A forma de actuar do señor Tourís deixou patente que
se hai tensións Compostela-Calzada é porque ao noso alcalde interésalle que as haxa
para logo dicir o que leva dicindo un ano: que a Xunta é un goberno sectario que
discrimina aos concellos do PP. Moita cara teñen ao afirmar isto despois de dazaseis
anos de neo(e vello)caciquismo e de favoritismos liderados polo Gran Mestre. Pero é
que ademais é por este motivo que o aporte de menos cartos por parte do bipartito é
completamente xusto. O Albariño é importante, si. Mais agora hai que repartir os cartos
entre TODOS os concellos, cousa que non pasara en anos anteriores (quizais por iso
Tourís estea mal acostumado).

O alcalde non é capaz de gardar as formas e cando o día da inauguración da Festa


aparece o Conselleiro de Medio Rural, Suárez Canal, ao alcalde só se lle ocorre dicir
que non sabía se o conselleiro viña pola festa ou pola presenza de Samantha Fox. Ese é
o respecto institucional que o alcalde amosa.

E por último temos o xantar popular do Domingo. E tanto que é popular!. Asistiron
desde o presidente do Partido Mariano Rajoy, até o Presidente autonómico do
Partido Feijoó, pasando polo presidente provincial do Partido Louzán, xunto con
moitos alcaldes do Partido- como non- , todos eles acompañados polo gran
Mestre Fraga Iribarne, que ao contrario do que dixera na anterior celebración si voltou
a presidir o nomeamento de cabaleiros e damas (entre os que estaban xente
como Corina Porro -co mérito de ter carné- e Foxo ,o director da Banda de Gaitas de
Ourense, que ten como mérito desterrar da banda as formas galegas reinventando as
escocesas.)
Se queren que o Albariño sexa realmente unha festa popular eliminen toda a
parafernalia política do Capítulo ou reconvírtana nalgo críbel. Deanlle protagonismo ao
viño e á xente (para que si sexa popular). Deanse conta de que Cambados non pode ser
un referente estatal das actuacións musicais, e en lugar de aproveitar para regalar cartos
a amigos - véxanse as xornadas gastronómicas de Dismarga- aproveiten para potenciar
ao máximo o sector da hostelaría cambadesa. Pero sobre todo, desliguen o seu partido
do nome da festa máis importante de Cambados e da comarca.

Por segunda vez Fraga avisou de que necesitaba un substituto. E esperemos que esta vez
si lle fagan caso.

You might also like