Dativo de Solidaridade e Dativo de Interese

You might also like

Download as docx, pdf, or txt
Download as docx, pdf, or txt
You are on page 1of 4

O PRONOME PERSOAL: Os dativos de solidariedade e de interese

Os dativos de solidariedade e de interese

Baixo esta denominación englóbanse dous usos expletivos (que completan a


frase sen seren necesarios para o seu sentido) dos pronomes átonos de CI.
Estes pronomes non desempeñan ningunha función sintáctica, non realizan
nin reciben a acción verbal, polo que, se se eliminan, non se altera
substancialmente o significado do enunciado.

DATIVO DE SOLIDARIEDADE
Co seu uso o falante tenta implicar ao interlocutor nos feitos narrados ou na
opinión expresada. Introdúceo na mensaxe coma se participase do dito polo
emisor para implicalo máis e provocar nel unha actitude proclive á posición
do emisor. Aparece só en rexistros coloquiais e denota certa afectividade.

Formas un interlocutor varios interlocutores


Tratamentos familiar che vos
Tratamento de cortesía lle lles

Estache ben esta película.


Élle(s) verdade o que din.
Non che me gusta nada ese vestido.
Quédanchelle ben eses zapatos.

A súa identificación é doada porque non existe en castelán, co que ao traducir


a frase a ese idioma, non pode aparecer, e ademais se o extraemos da oración,
esta non altera substancialmente o seu significado.
Ás veces, aínda que raramente, poden aparecer dúas formas de solidariedade
no mesmo enunciado; delas, unha ten que ser “che”: “Échevos unha boa
oportunidade”.
DATIVO DE INTERESE

Este pronome refírese a unha persoa –con frecuencia o propio emisor- que,
sen participar na acción verbal, ten un interese nela porque lle ocasiona un
beneficio ou prexuízo, é dicir, a persoa resulta particularmente afectada pola
acción verbal ou interesada nela. Presenta as formas átonas de CI, en
calquera persoa gramatical (me, che lle, nos, vos, lles):
Non quero que te me movas de aquí.
Non me sexas mentireiro.
Cando lles vivían os pais estaban mellor.

Con frecuencia aparece con outros pronomes átonos:


“non gaño para roupa, ao mes ténchema desfeita”
= con tres pronomes átonos: “che” (DS), “me” (CI), “a” (CD)
Poden aparecer as catro formas:
- E logo que che lle pasou nas gafas ao rapaz?
- Rompéronchellesmas
= DS + CI +DI + CD

É mesmo frecuente a presenza de máis dun clítico onda o verbo. Cando isto
ocorre, a orde que gardan entre si os pronomes segue normas estritas:
.- O reflexivo se, calquera que sexa a súa función, ocupa o primeiro lugar na
secuencia, algo que non é extensible aos outros reflexivos: “Nótasechelle
ben que está namorada / Que non se che esqueza.
Evitade, pois a construción tan usual, pero incorrecta: *Que non che se
esqueza”.
.- Cando hai CI e CD vai primeiro o Indirecto: “Xa mo (me+o) dixo”
.- Se aparece un DS vai antes có CI e có CD: “Dixéronchemo (che, me+o)
.- Se hai ademais un Dativo de Interese, a secuencia sería: DS+CI+DI+CD.

Por último, aclarar que se os pronomes van enclíticos, o de solidariedade


sóldase aos outros (“Entregáronchemo”), pero se vai proclítico non se solda:
“Non che mo entregaron”
ALGÚNS VALORES DO “SE”

.- SE reflexivo: dáse en construcións reflexivas, que poden ser directas ou


indirectas. Nas directas a correferencia dáse entre Suxeito e CD (“Xandra
báñase todos os días”), ou sexa, o pronome –en función de CD- ten o mesmo
referente có suxeito (“Vestiuse na casa”). Nas indirectas, moi raras en galego
e que só se dan se o CD non é un clítico, a correferencia dáse entre Suxeito
e CI (“Xandra dáse un baño”). Porén, non son posibles construcións como
*Paio quitouse un chaqueta ou *Mercouse un xersei, nas que o correcto será
“Paio quitou a (súa) chaqueta e Mercou un xersei”.
.- SE recíproco: dáse cando dous ou máis actores se alternan nos papeis de
suxeito e obxecto, representado por un clítico reflexivo de plural que pode
ser CD ou CI, é dicir, dúas ou máis persoas realizan unha acción que reciben
mutuamente. Cando o reflexivo é CD, acompaña un CD que non pode ser
nunca un clítico : “Os noivos despedíronse (recíproca directa) / Os noivos
déronse o número de teléfono (recíproca indirecta); nunca *déronso.
.- SE marca de pasiva impersoal ou pasiva reflexa: construción formada
polo pronome se+un verbo en voz activa (en terceira persoa de singular ou
de plural) que concorda co suxeito paciente: “Alúganse pisos” ou “Alúgase
casa” (“Os pisos son vendidos. A casa é alugada”). Para saber se estamos
ante esta construción xogamos co verbo, singular ou plural: se o suxeito
cambia con el é unha pasiva reflexa.
.- Se non hai tal concordancia ou non hai suxeito paciente e o verbo está
inmobilizado en terceira persoa singular, fálase de activa impersoal con se:
“Na clase falouse da sida / Cando se bebe, non se conduce”
.- SE morfema de verbo pronominal: o clítico acompaña necesariamente a
certos verbos chamados pronominais, que dese xeito poden adquirir un
significado léxico diferente. Nestes casos é un constituínte formal do verbo
e carece de función sintáctica: “A neve derreteuse coa calor”

Se como voz media


O PRONOME PERSOAL: Formas reflexivas

Formas reflexivas:

A reflexividade ocorre cando o pronome representa a mesma persoa do


suxeito : “Eu lávome”.
Algunhas particularidades:
- Non son posibles en galego as construcións reflexivas nas que a acción se
exerza unicamente sobre unha parte do suxeito: *Laveime as mans. Hai que
dicir: “Lavei as mans”.
- Os pronomes reflexivos non entran nunca en cadea cos pronomes átonos de
terceira e sexta persoa de CD. Así, serían erróneas expresións do tipo :
*Pregúntato ou Pregúntaso. Haberá que dicir : “Pregúntate iso” ou
“pregúntase iso”.
- As formas reflexivas úsanse tamén nas construcións recíprocas, é dicir, nas
que dous ou máis actores se alternan nos papeis de suxeito (axente) e
obxecto, representado este por un clítico reflexivo de plural que pode ser CD
(“Paco e Iria bicáronse / Nós ofendémonos”) ou CI. Pero neste caso, é dicir,
cando o reflexivo é CI, acompaña un CD que non pode ser nunca un clítico
(“Paco e Ana déronse bicos” nunca *Paco e Ana déronsos”)
- Algúns verbos que en castelán son reflexivos non o son en galego:
“adormecer, espertar, calar, caer, casar, ficar, marchar, morrer, parar,
romper...” : “Antía e Paulo casaron e marcharon de lúa de mel”. Outros
verbos moi raramente poden ser usado como reflexivos: “durmir, quedar,
sentar, sorrir...”
- Algúns verbos como “afogar(se), sentir(se), dar(se), comportar(se),
despedir(se), fixar(se), manifestar(se), parecer(se), ter(se)...” poden admitir
ou non a forma reflexiva, pero a escolla entre unha ou outra implica diferenza
de significado. Así:
Afogar: morrer por submersión involuntaria / Afogar: suicidar
mergullándose na auga.
Sentir: percibir polos sentidos; oír / sentirse: estar de certa maneira segundo
o estado de ánimo
Dar: entregar / Darse: afacerse, nacer da terra
Rir: manifestar ledicia / Rirse: burlarse de algo ou alguén.

http://aprendogalego.com/APRENDO/4-pronomebac/dativo_de_interese.html

You might also like