Download as odt, pdf, or txt
Download as odt, pdf, or txt
You are on page 1of 2

EXAME DE LINGUA E LITERATURA GALEGAS 2º BACH

1ª Avaliación IES PAZO DA MERCÉ Parte práctica

LEMBRA: 1) O exame realizarase a bolígrafo azul ou negro; a lapis non se corrixe; 2) As faltas
ortográficas, léxicas... descontan ata dous puntos; 3) Na cualificación da pregunta 3 descóntanse
tamén as faltas ortográficas, gramaticais e léxicas de maneira independente ao cómputo xeral
4) A presentación, caligrafía e marxes poden supoñer un desconto na cualificación final; 5) Á
parteos contidos, avaliarase a expresión en todas as preguntas

Nome:__________________________________ Cualificación:_________ Faltas:______________

Nota:

Nos últimos meses, os tambores de guerra, en Oriente Medio, non paran de soar. A verdade é que
naquela rexión (parece unha maldición bíblica), a violencia, a morte e a tortura, forman parte da
paisaxe. Acostumarse é o primeiro paso para desentenderse.
Palestina, eternamente violentada, soporta con cruel intensidade os ataques da aviación israelí, os
asasinatos selectivos, a destrución de vivendas, o bloqueo, o acoso, a humillación constante, a morte
¡que espanto! de nenos e anciáns inocentes, cada día...
Siria, que soñou liberarse dun réxime ditatorial, sofre, en carne propia, as consecuencias dunha
guerra civil non declarada. Logo dun ano de constante violencia, os mortos superan os 9.000.
Irán, a punto de converterse nunha teocracia nuclear, esperta en Israel, única potencia atómica na
rexión, desexos irrefreables de intervención militar, con ou sen o apoio dos EE.UU. Todo parece
indicar que a decisión está tomada. Bastaría escoller o día e a hora máis convenientes.
Por último, Afganistán e Iraq, lonxe de acadar a paz e a estabilidade prometidas polas forzas
intervencionistas occidentais, logo de décadas de inxerencia militar, sofren a violencia sectaria, os
atentados e o descontrol máis absoluto. A retirada dos exércitos de ocupación, cunha sensación de
fracaso evidente, vai deixar aberta a porta a profundas convulsións internas.
Esta situación pode converterse nunha auténtica bomba incendiaria para a paz e a seguridade en
todo o Mediterráneo. As Nacións Unidas vense cada día máis necesitadas dunha profunda reforma para
facer realidade o fin para o que se crearon, ―evitar aos nosos fillos o horror da guerra‖. Corresponde á
comunidade internacional recuperar o protagonismo. A cidadanía global, a sociedade civil, temos que
interpelar con firmeza aos nosos respectivos gobernos, aínda que sexa por egoísmo lúcido, reclamando
a resolución pacífica dos conflitos, a primacía da palabra fronte a violencia e o terror.
Manuel Dios, ―Mañá sempre é demasiado tarde, en Praza pública (21/03/2012)

1. Elabora o tema e fai un resumo das ideas principais do texto. [ 1 punto]


2. Define as frases que aparecen subliñadas neste artigo. Non se admiten sinónimos.[1 punto]
3. Redacta un texto expoñendo os motivos polos que, na túa opinión, á comunidade
internacional lle resulta tan difícil evitar a ameaza da guerra. (Extensión aprox. 200-250
palabras). [3 puntos]
4. a) Indica se son abertas ou pechadas as vogais medias das palabras que están en negriña
no texto. [ 0,5 puntos]
b) Xustifica a presenza ou a ausencia de til nas seguintes palabras: miúdo, óboe, xersei.
[0,5 puntos]
5. Segmenta nos seus constituíntes as seguintes palabras: discapacidade, angustiosas,
aprendizaxes, visionado, desconfianza. [1 punto]

You might also like