Download as pdf or txt
Download as pdf or txt
You are on page 1of 35

Literatura Galega

A Idade Media e Profesora: Leticia Eirín


a literatura medieval
leticia.eirin@udc.gal
galego-portuguesa
- A Idade Media

- A cultura medieval

- A literatura medieval galego-


portuguesa
As Idades da historia

❖ Idade Media: séculos V-XV

❖ Idade Moderna: séculos XVI-XVIII

❖ Idade Contemporánea: séculos XIX-XXI


A Idade Media

❖ Delimitación cronolóxica:
❖ Século V: ano 476, desaparición do Imperio romano.

❖ Século XV: ano 1453, caída de Constantinopla en


poder dos turcos.
A Idade Media
❖ Denominación: media aetas / medium aevum. Tempo
intercalar entre a Idade Antiga e a Idade Moderna.
❖ Percepción do período (preconceptos):
❖ Perspectiva do Renacemento
❖ Perspectiva do Romantismo
❖ Perspectiva do Rexurdimento
❖ Época actual
Almeida Garrett (1828). Romanceiro (p. 48).

❖ A poesia romântica, a poesia primitiva, a nossa própria


que não herdámos de gregos nem romanos, nem
imitámos de ninguém, mas que nós, modernos, criámos,
a abandonada poesia nacional das nações vivas
ressucitou bela e remoçada, com suas antigas galas,
porém melhor talhadas, com suas feições primeiras
porém mais compostas.
Fernández del Riego (1933). “Índice cultural e artístico do
Renacimento galego”, Nós 117 (pp. 185-186).

❖ No artístico, son os cancioeiros a máis xenuina representación da ialma popular, a mais


antiga tradición da arte do pobo, en que a sentimentalidade alterna co senso intuitivo da
paisaxe, a intimidade do poeta, coas cousas que o arrodean, as cantigas de ledino e de
romeria coas chamadas Tenzóns d’amor. Son as voces poéticas mais exquisitamente
delicadas que xurden das fonduras dos séculos XII, XIII e XIV. Cando Compostela, fito das
estradas de Europa, n-aquel tempo, era o punto de contaito entre aquela maneira lírica e as
correntes vindas de fora. Era o centro focal que soupo impôr, co seu domiño espritual
sobre as terras percorridas pol-as longas estradas da romaxe, a nosa lingua, deica lograr
que compartise coa provenzal a hexemonía poética do Oicidente románico. Era o campo,
onde xurdían dous feitos cumes na historia das artes: a escola escultórica de Mateo e a
escola literaria dos Cancioeiros, respondendo a un tempo ao seu caraiter ecuménico e â súa
posición verdadeiramente creadora na cultura galega. E así a nosa poesía de tanta
prestancia lírica pódese decir que é precursora da castelá en todo canto tén de sentimento e
de finura deica antes do Renacimiento. Tén tan forte suxestión para nós, que a sentimos
inmorredoira e fondamente tempramental nas xanelas do tempo. En Airas Nunes, en
Bernal de Bonabal, en Martín Codax, en Gómez Charino, en Macías de Padrón, que
morreu de lexendarios amores, como tiña morto, tres séculos denantes, Egas Muñiz...
Catherine Vincent (1995). Introdución á historia
do occidente medieval

❖ A nosa época non ten recato en cualificar como


“medieval” todo aquilo que xulga arcaico e pertencente
na súa opinión a un tempo xa caduco; o adxectivo
adquire así un matiz pexorativo que nada ten a ver coa
súa acepción máis científica. Mais quizais a nosa época
tería problemas á hora de situar con precisión o período
designado por esa apelación cómoda, aínda que nada
xusta.
Ioannes Saresberiensis (1610). Metalogicus (p. 148).

❖ Dicebat Bernardus Carnotensis nos esse quasi nanos, gigantium


humeris insidentes, ut possimus plura eis et remotiora videre,
non utique proprii visus acumine, aut eminentia corporis, sed
quia in altum subvehimur et extollimur magnitudine gigantea.
❖ Dicía Bernardo de Chartres que nós somos como ananos
encabalitados sobre os ombros de xigantes, e así podemos
ver máis cousas e máis lonxe do que eles, mais non por
termos vista máis penetrante ou posuírmos máis alta
estatura, senón porque o grande tamaño dos xigantes nos
eleva e sostén a unha certa altura.
A Idade Media
❖ Delimitación e caracterización:
❖ Alta Idade Media: século V ao XI

❖ Baixa Idade Media: século XII ao XV

❖ A autonomización dos sistemas literarios románicos fronte


ao sistema mediolatino como xénese das literaturas
medievais romances (século XII).
A cultura medieval
❖ Elementos de unidade da cultura medieval:
❖ O latín como lingua de cultura e lingua escrita:
❖ Lingua da Igrexa.

❖ Lingua do ensino (gramática e retórica).

❖ Lingua literaria.

❖ O cristianismo:
❖ A relixión como elemento definidor dunha comunidade.

❖ Importancia fundamental da Igrexa (influencia social, cultural e política).

❖ A memoria clásica:
❖ Cultura clásica, cultura latina.
❖ As Summae: compilación de citacións, autores antigos e medievais, textos
relixiosos e profanos.
A cultura medieval
❖ A transimisión do saber:
❖ Os centros de ensino:
❖ As escolas monásticas e catedralicias

❖ O desenvolvemento dos studium generale (séculos XII- XIII).

❖ As materias de ensino. As artes liberais:


❖ O trivium: gramática, retórica, dialéctica.

❖ O quadrivium: aritmética, xeometría, astronomía, música.


A cultura medieval
❖ A transimisión do saber:
❖ Os estudos de gramática, retórica e poética.
❖ Gramática, ars por excelencia.

❖ Retórica, ars bene dicendi: inventio, dispositio, elocutio, memoria e


actio.

❖ Poética: bases da constitución do feito literario.

❖ O carácter propedéutico das artes liberais para os


estudos superiores: medicina, teoloxía, dereito.
A literatura medieval galego-portuguesa
❖ A denominación:
❖ Aplicada á poesía: galego-portuguesa
❖ Aplicada á prosa: galego-portuguesa / galega /
portuguesa
❖ Criterios xustificativos: lingüísticos, socioculturais,
pertenza á escola trobadoresca, procedencia dos
autores, centros de produción, sentimento de
nacionalidade.
A literatura medieval galego-portuguesa
❖ Delimitación cronolóxica (fins do século XII a principios
do XV).
❖ Para a poesía:
❖ Período trobadoresco: termo a quo (anos 1196-1198, primeiros textos
líricos) e termo ad quem (1354, morte do Conde de Barcelos).

❖ Prolongacións da escola trobadoresca (1354 até finais do século XV).

❖ Para a prosa:
❖ Prosa galego-portuguesa: desde a Notícia de Torto (c. 1211) até a batalla
de Aljubarrota (1385).

❖ Prosa galega vs prosa portuguesa.


- A xénese da escola
trobadoresca galego-
portuguesa. Hipóteses e
factores explicativos

- Periodización (a proposta de
Resende de Oliveira)

- Os axentes do trobadorismo
galego-portugués
A xénese da escola galego-portuguesa.
Algunhas hipóteses e factores explicativos

❖ A posíbel existencia dunha lírica culta pretrobadoresca en


galego-portugués non conservada, baseada na reelaboración
culta de motivos populares.
❖ A presenza de trobadores provenzais nos reinos cristiáns do
norte da Península desde a primeira metade do século XII.
❖ A importancia do camiño de Santiago como vía de
intercambio cultural.
❖ O contacto de nobres portugueses con círculos abertos á
influencia occitana.
❖ Etc.
Periodización (a proposta de Resende de Oliveira)
❖ As primeiras experiencias (1170-1220):
❖ Adaptación do legado cultural provenzal á matriz lingüística galego-portuguesa.
❖ As cortes señoriais do norte e nordeste peninsulares (León, Aragón).
❖ A occidentalización do canto trobadoresco.
❖ A condición aristocrática dos primeiros trobadores.
❖ Fase de exploración formal e temática. A sátira e a cantiga de amor.
❖ A implantación no occidente peninsular (1220-1240):
❖ Desprazamento xeográfico para o territorio entre Douro e Miño e a Galiza.
❖ Cortes señoriais galegas e portuguesas: os Trastámara e os Sousa.
❖ A primacía da nobreza secundaria e a aparición da figura do xograr.
❖ A cantiga de amor e a definición da tópica do xénero. A cantiga de amigo.
Periodización (a proposta de Resende de Oliveira)

❖ A expansión para Castela (1240-1300):


❖ A reactivación das campañas militares de reconquista promovidas polo reino
de Castela. Os ciclos poéticos das cantigas satíricas.
❖ Mediados do século XIII. A relevancia do mecenado das cortes rexias de
Castela (Afonso Xe Sancho IV) e Portugal (Afonso III e Don Denis).
❖ O refluxo para Portugal (1300-1350):
❖ Desaparición do mecenado da corte de Castela.
❖ A corte portuguesa de Don Denis. Mantemento da tendencia aristocrática.
❖ A corte señorial de Don Pedro de Barcelos como último reduto do
trobadorismo galego-portugués. A relevancia de Don Pedro na transmisión da
lírica trobadoresca e noutros ámbitos literarios.
❖ Primacía do xénero satírico.
Os axentes do trobadorismo galego-portugués

❖ O trobador:
❖ Denominación: aparece no sur de Francia na primeira
metade do século XII. Composición de Cercamon.
❖ Formación retórica e musical.
❖ Condición nobre.
Os axentes do trobadorismo galego-portugués

❖ O xograr:
❖ A orixe: ioculator, unha figura polifacética.
❖ O xograr e a literatura (século XIII): do
acompañamento musical á composición propia.
❖ O xograr compositor e a polémica figural do segrel. A
Declaratio de Afonso X á Suplicatio que Guiraut
Riquier fixo sobre os nomes dos xograres (1274).
Declaratio de Afonso X á Suplicatio de Guiraut Riquuier
(vv. 150-183) en Alvar (1978: 178-193).

❖ (150-167) Actualmente hay otros nombres de acuerdo con los romances y todos
los hombres, listos o tontos, los saben utilizar correctamente, y con todo son
llamados juglares: son los tragitador o contrafazedor y otros por el estilo. Y ya
que las gentes tienen la costumbre de usar este nombre así nos parece será muy
difícil revocarlo. No obstante está bastante bien ordenado en España y no
queremos que se altere, sino que se diga cómo se dice, pues las actividades de
los juglares están suficientemente bien divididas por el nombre:
❖ (168-183) se llama ioglars a todos los de los instrumentos, a los imitadores se les
dice remendadors y a los trovadores se les dice segriers en todas las cortes; a los
ciegos y sordos con referencia a una buena conducta, que hablan sin razón y
que muestran su saber vilmente, sin ninguna gracia, por las calles y por las
plazas, y que se juntan con vil gente viviendo con deshonor, a éstos se les
llama, para humillarlos cazuros, y el término es exacto.
Os axentes do trobadorismo galego-portugués

❖ A soldadeira:
❖ Denominación ambigua (soldadeira vs cantadeira,
xograresa). Acompañante do trobador e do xograr no
espectáculo trobadoresco.
❖ A figura da soldadeira nas cantigas.
- Os textos manuscritos
conservados

- O corpus lírico profano galego-


portugués.
Composición, difusión e transmisión
❖ A lírica como manifestación artística plural: música, danza a
espectáculo.
❖ Composición: principio musical. Asociación de poesía e
música.
❖ A oralidade era medio de difusión da literatura (e do
coñecemento), mais tamén está ligada á creación literaria. Non
hai que ligar a oralidade á literatura popular ou a un público
iletrado.
❖ Transmisión e conservación: a escrita.
❖ O manuscrito.
Os textos manuscritos conservados
❖ Cancioneiros:
❖ Cancioneiro da Ajuda (A): contén arredor de 300 cantigas de
amor de trobadores previos ao rei Don Denis. Presenta o texto
poético, espazo para a notación musical e está parcialmente
iluminado. Datación: finais do século XIII-comezos do XIV.
❖ Cancioneiro da Biblioteca Nacional de Lisboa (B): contén máis
de 1600 cantigas de todos os xéneros. Copia do século XVI.
❖ Cancioneiro da Biblioteca Apostólica Vaticana (V): contén
unhas 1200 cantigas de todos os xéneros. Copia do século XVI.
Os textos manuscritos conservados
❖ Relación e descrición. Testemuños parciais:
❖ O Pergamiño Vindel (N): contén o texto e a notación musical das sete
cantigas de amigo de Martin Codax. Datación: finais do século XIII.
❖ O Pergamiño Sharrer (T): contén o texto e a notación musical de sete
cantigas de amor de Don Denis. Datación: século XIV.
❖ Etc.

❖ A Tavola Colocciana (C), un testemuño indirecto: índice de trobadores.


Datación: século XVI.
Tipos de manuscritos
❖ Rolos ou follas (o Pergamiño Vindel)
❖ As recollas individuais (as hipotéticas de Afonso X e Don
Denis).
❖ Os cancioneiros colectivos, recollas de textos por xéneros
e/ou por poetas relacionados entre si. Escolla de tipo
artístico.
❖ Resende de Oliveira: posibilidade de os cancioneiros
colectivos teren sido organizados no momento final da
escola trobadoresca.
O corpus lírico profano galego-portugués

❖ Cantigas e trobadores: c. 1679 cantigas, 153/161 trobadores

❖ Xéneros canónicos: c. 725 cantigas de amor, c. 505 cantigas


de amigo e c. 430 cantigas de escarnio e maldicir.

❖ Outros xéneros ou modalidades xenéricas específicas: a


cantiga de seguir, o descordo, a tenzón, o pranto, a
pastorela, os lais de Bretaña.

You might also like