Seixalbo, Unha Viaxe Ao Pasado Ás Portas Da Cidade de Ourense

You might also like

You are on page 1of 9

Seixalbo Unha viaxe ao pasado ás portas da ciudade de Ourense

Seixalbo

Unha viaxe ao pasado ás portas


da cidade de Ourense

Declarado Núcleo de Interese Etnográfico, Sei-


xalbo conserva o aspecto que houbo de ter no me-
dievo, cheo de recunchos e rúas estreitas espe-
1
Página

rando ser descubertas. Está situado na Vía da


Prata-Camiño Mozárabe, no que noutro tempo foi
o Camiño Real a Castela, e dá a benvida aos pere-
grinos que percorren o Camiño de Santiago. Na
Idade Media foi terra humilde dedicada ao cultivo

Mario González Sánchez


Seixalbo Unha viaxe ao pasado ás portas da ciudade de Ourense

de viñedos, na que labradores e xornaleiros traba-


llaban as terras do Cabildo Catedralicio, señor do
lugar. A historia lembra os seus habitantes pola
honra de ser os primeiros en conseguir a exención
dos foros que pagaban polo uso destas terras de
propiedade eclesiástica. Conseguírono en 1859,
cen anos antes que no resto de Galicia, despois de
dúas décadas de preitos contra a Catedral. Esta
loita foi liderada por Fernando Freire Carril, ao que
o pobo lle ha dedicado unha praza.
Seixalbo foi unha vila que destacou pola unidade
dos seus veciños, pero a guerra civil deixou unha
ferida aberta que se prolongou durante moitos
anos. Unha guerra que co paso do tempo descubri-
mos que todos perderamos.
Contaban os máis vellos, que a primeiras horas da
2
Página

mañá, desde o lugar chamado “A Fonte” podíanse


escoitar os disparos dos fusilamentos que cada día
executábanse no cuartel de San Francisco.

Mario González Sánchez


Seixalbo Unha viaxe ao pasado ás portas da ciudade de Ourense

Con todo, a guerra só foi unha paréntese na vida


deste fascinante núcleo rural que se atopa ás portas
da cidade de Ourense.
Na Idade Media, Seixalbo foi un relevante cruza-
mento de camiños, incluído no Couto Vello de
Ourense. As súas terras, desde o século IX, perten-
cían ao bispo da diocese, e así seguiron sendo ata
que no ano 1836 a vila pasa a formar parte da ci-
dade de Ourense e do seu termo municipal.
Os aires medievais da vila e couto levaron a que se
lle concedese o título de “núcleo rural de interese
turístico”. Na antigüidade houbo en Seixalbo unha
gran actividade socio económica, onde abundaban
as feiras e mercados. Esta poboación rural destaca
por ser a porta de entrada á cidade do Camiño de
Santiago, e tamén foi en tempos pasados un lugar
3
Página

de gran afluencia de tráfico de arrieros e traficantes,


sobre todo “maragatos” leoneses e os “cervatos”
zamoranos, de gran importancia na vida comercial
e industrial da cidade e provincia.

Mario González Sánchez


Seixalbo Unha viaxe ao pasado ás portas da ciudade de Ourense

Aquí aínda se conservan casas blasonadas que lem-


bran aos nobres daquela época. Nos escudos que
hai nas súas fachadas pódense apreciar as familias
dos Novoa, Taboada e outros. Di a historia que os
Taboada tiñan o privilexio de entrar na Catedral de
Santiago dacabalo, e podían viaxar desde Galicia a
Madrid facendo noite nalgunha das súas propieda-
des.
A gran relevancia deste núcleo de poboación e da
actividade económica falan as súas rúas, que gardan
a distribución orixinal e onde podemos atoparnos
con cruces de ata cinco cales, e cunha amplitude
pouco común naquela época.
Na praza maior destaca un cruceiro moi decorado
e que foi modelo a seguir para outros da zona.
Neste cruceiro podemos apreciar os símbolos da
4
Página

paixón de cristo: mornas cruzadas, caveiras. Tamén


aparece representada a serpe, símbolo celta que nos
fala das culturas máis ancestrais de Galicia e a súa
posterior cristianización por parte da igrexa cató-
lica. Este cruceiro, segundo conta a tradición, tiña

Mario González Sánchez


Seixalbo Unha viaxe ao pasado ás portas da ciudade de Ourense

a propiedade de redimir das súas penas aos perse-


guidos pola xustiza. Para iso tiñan que chegar ata el
e agarrarse ás cadeas que lle protexían perimetral-
mente. O xuíz que había na vila daba fe deste feito
e o prófugo quedaba libre dos seus cargos.
Na antigüidade había outro cruceiro na vila do sé-
culo XVII, que se situaba preto da igrexa parro-
quial e que foi trasladado á capela de Santa Águeda.
Hoxe aínda se conserva a dependencia obispal, que
se atopa na Praza do Cabildo, e que recibe este
nome por situar nela a Tenencia do Cabildo Cate-
dralicio, un vello edificio vinculado á administra-
ción do Couto e ao cobro da rendas.
Conta a tradición que moitos veciños da vila tiñan
que entregar como tributo á igrexa toda a súa co-
5
lleita. Desta situación nace “O Viñote”, bebida que
Página

se elaboraba a partir dos restos que quedaban des-


pois de entregar o viño ás autoridades eclesiásticas.
Este sucedáneo do viño seguiuse preparando du-
rante moitos anos despois da exención dos foros.

Mario González Sánchez


Seixalbo Unha viaxe ao pasado ás portas da ciudade de Ourense

Nos arredores da vila destaca a ermida de Santa


Águeda, un emprazamento espectacular desde
onde se pode obter unha vista panorámica da ci-
dade e os seus arredores. A ermida era utilizada po-
las autoridades relixiosas para facer noite antes de
entrar na cidade con todo o seu esplendor. Os bis-
pos pernoitaban dentro da capela e o seu séquito
facíao nos alredodores. Pola mañá preparábanse
coas súas mellores vestimentas para entrar na ci-
dade.
As orixes deste núcleo de poboación moi ben pui-
deron xurdir contorna a un convento que houbo
na zona, e que se atopa no que hoxe se coñece
como “As Canellas”. Aquí aínda quedan os restos
do que era a súa porta de entada e a longa recta
que lle achega a ela. No seu interior, que ata hai
6

poucos anos era propiedade privada, pódese ver o


Página

arco que ben podería ser a entrada dunha igrexa ou


capela e na parte superior da construción o que se-

Mario González Sánchez


Seixalbo Unha viaxe ao pasado ás portas da ciudade de Ourense

rían as estancias do convento. Ademais, tamén per-


manece en pé o peche que delimitaría a horta que
pertencía ao devandito convento.
A Igrexa parroquial é de comezos do XX. A súa
fachada, obra de Vázquez Gulías, substituíu outra
anterior de estilo románico. O reloxo, pagado «a
escote» pola veciñanza, e que recentemente cum-
priu un século de vida, marcou o ritmo das tarefas
do campo durante todo o século pasado, e foi un
elemento crucial nas quendas de rega. No interior
do templo destaca o gran arco de ferradura recons-
truído e a capela de San Roque, de estilo plateresco
(s. XVI).
Á beira da igrexa está a casa parroquial, que foi no
seu día un hospital de peregrinos, e do que se con-
serva o arco de entrada. Xunto a ela, uns chanzos
7
Página

de pedra permiten chegar á que foi durante anos a


única fonte pública dentro do núcleo poboacional,
hoxe integrada nun parque infantil.

Mario González Sánchez


Seixalbo Unha viaxe ao pasado ás portas da ciudade de Ourense

Na localidade abundan as casas nas que destacan


os seus grandes balcóns de pedra, sostidos polos
tradicionais canzorros e columnas, elementos da
arquitectura popular e que aquí cobran unha gran
relevancia, dando ás súas rúas unha beleza especial.
Aínda que non está completamente documentado,
dise que desta vila é orixinal o cambón ou bimbas-
tro, un dispositivo utilizado para sacar auga dos po-
zos pouco profundos ou subila dos ríos ou rega-
chos. Contan que foi un soado cronista da cidade
de Ourense que, nunha viaxe á vila de Allariz, viu
por primeira vez este mecanismo na horta denomi-
nada “A Nora” que chamou a súa atención.
Baixouse do coche e fixo un debuxo a man do
mesmo.
Pero Seixalbo é moito máis que historia e tradi-
8
Página

ción. É música, teatro, literatura, festas populares.


Pasear polas súas rúas, mesturarse entre as súas xe-
ntes, é o mellor agasallo para o visitante. Por iso, e
por moitas máis cousas, tes que vir...

Mario González Sánchez

You might also like