Professional Documents
Culture Documents
3º ESO Sustantivoadxectivo
3º ESO Sustantivoadxectivo
3º ESO Sustantivoadxectivo
MIL PRIMAVERAS
Se a lingua galega fose só o que din os sociolingüistas, unha “lingua B minorizada afectada de diglosia en
fase de desaparición mediante un proceso de aculturación” non sei se me animaría a escribila.
Afortunadamente non o é, ou non o é fundamentalmente. É tamén a lingua de Rosalía, e de Cunqueiro, a do
camareiro que me trae este café, a da miña nai, a miña, e a daquel corvo dun bar de Belvís ao que lle
aprenderan a dicir “quero tortilla”. Creo que este é o perigo de problematizar excesivamente as cousas: que
un acaba aprazando o seu gozo ata que os problemas se resolvan. Esta é a miña humilde reflexión para este
Día das Letras Galegas.
O temor a que unha lingua desapareza é coma o temor á morte: é o medo anticipado a algo que sucederá
igualmente (aínda que tamén se podería argumentar que a estatística non exclúe a posibilidade de que
sexamos inmortais: toda a xente que existiu na Historia, un seis por cento non morreu aínda). O galego
desaparecerá sen dúbida. O español tamén, e tamén o inglés. As linguas son organismos vivos e polo tanto
están programadas para extinguirse. Pero co temor á morte dunha lingua pasa coma co temor á nosa propia
morte: que pode acabar converténdose nunha obsesión que nos impide gozar do que non é morte e que
precede á morte, que é a vida. A lingua galega está aquí e está ben viva mil anos despois de impoñerse á que
había antes e que tamén morreu. Pode ter problemas de estatus e de saúde (tamén os teñen os que a falan)
pero non hai que contemplala a cada paso como se contempla un doente agonizante. Pódese promover máis,
pódese divulgar mellor, pero non debemos confundir o idioma coa política lingüística.
Por iso, precisamente Cunqueiro, con moita sensibilidade, pedía para o galego só “mil primaveras máis”.
Eran as que tivera antes ca el. Para min, na frase o importante non é o número de anos senón a cuestión das
“primaveras”. Coas linguas, coma coas persoas, non se debe aspirar á inmortalidade, que é unha aspiración
que non conduce máis ca á melancolía. Ao que hai que aspirar é á calidade de vida, o que antes se chamaba
felicidade. Gocemos do que temos e non nos laiemos tanto, non sexa que lle suceda ao galego o que lles
sucede aos enfermos de verdade: que cando se lles ofrece unha e outra vez a extremaunción, acaban
morrendo de verdade.
1. local 1. dólar
2. fusil 2. a
3. tren 3. plural
4. paraugas 4. cor
5. áxil 5. cónsul
6. rapaz 6. venres
7. mil 7. garda civil
8. útil 8. pel
9. amábel 9. can
10. lobo 10. pobre
11. ruín 11. fiel
12. gardacostas 12. verdade
13. multicolor 13. asistente
14. quebranoces 14. cruz
15. xirasol 15. bo
16. cabalo do demo 16. tonel
17. lei 17. luns
18. estrela de mar 18. réptil
19. sapoconcho 19. señor
20. porco teixo 20. país
21. decreto lei 21. cru
22. xardín 22. galego-portugués
23. tal 23. cal
24. animal 24. túnel
25. café 25. lambón
26. lenzo 26. español
27. oasis 27. mandil
28. pita do monte 28. pereira
29. álbum 29. sol
30. vacaloura 30. vagalume
31. anorak 31. test
32. iceberg 32. pub
1. exalumno 1. israelí
2. fácil 2. proxectil
3. rei 3. motor
4. anel 4. clímax
5. dolmen 5. civil
6. un 6. u
7. xudeu 7. ancián
8. baúl 8. dor
9. nó 9. mel
10. cartafol 10. tórax
11. caracol 11. xentil
12. hotel 12. ollomol
13. algún 13. lapis
14. bocoi 14. prismáticos
15. azul 15. tándem
16. fiábel 16. dúplex
2.- O mércores sempre tomo un café tranquilamente ante a televisión sen ter o mandil posto e mentres fumo
un cigarro, xa que é o único día que non debo traballar despois de xantar.
5.- O nivel cultural e económico desa familia é aceptábel: todos teñen anel e len algún libro cada semana.
6.- Ese val é moi fértil e agradábel, e ten de todo. Alí podes ver desde un pónei ou un boi pacendo ata un
hindú xogando ao hóckey no xardín do hotel.
7.- Hai un farol municipal no parque infantil, mais como está fronte ao cuartel aínda se vai vendo.
13.- Puxo un pernil sobre a mesa e dixo que esa era a súa credencial.
14.- O rol desempeñado polo bemol no pentagrama é moi importante. Foi o que dixo ese doutor que é moi
hábil no manexo do bisturí.
19.- Teño que mercar tea para un lenzo branco e un calzón azul.
27.- Non me gusta ese cartel, é igual que o do ano pasado e ten unha cor insufríbel.
28.- O caracol de meu irmán gañou o campionato mundial, foi o máis áxil e dócil.
30.- A abertura gradual de oficinas bancarias farase tendo en conta a situación da sucursal existente.
32.- Con ese pincel tan mao non vas poder pintar o bergantín que se ve nese libro.
39.- Tiña un oficio moi raro, andaba á caza do saltón e íao metendo nun fardel, pero el dicía que lle daba
cartos.