Download as odt, pdf, or txt
Download as odt, pdf, or txt
You are on page 1of 2

PAUTAS DE ACTUACIÓN PARA ALUMNADO CON TDAH

• As normas de convivencia na aula son as mesmas para todo o


alumnado pero debemos proporcionar ao alumnado con TDAH un
ambiente estruturado e predecible. As normas de aula -e as súas
consecuencias- deben estar sempre á vista, o establecemento de límites
beneficiará ao alumnado en xeral e ao alumnado con TDAH en
particular.
• Deberemos centrarnos máís no aumento de frecuencia e
intensidade das conductas adecuadas que na eliminación de
condutas inadecuadas: Por exemplo en vez de mandar calar, eloxiar
ao alumnado que está traballando en silencio. Reforzar positivamente a
conduta adecuada e eloxiaremos os éxitos nas tarefas. Utilizaremos se é
necesario recompensas e/ou incentivos aínda que o eloxio ou a
aprobación do profesorado xa constitúe en si mesmo un eficaz
reforzador positivo. A mellor estratexia para reducir e/ou eliminar
conductas inadecuadas é a de ignorar estas conductas, non
prestarlle atención; en caso de que fora necesario utilizarase o
“tempo fora”.
• Sentalo nunha mesa “tranquila” cerca do profesorado, non ao lado da
porta nin da ventá para que os estímulos externos non modifiquen o seu
nivel de atención.
• Alternar o traballo que debe facer na mesa con outras actividades que lle
permitan moverse un pouco (recoller o material, repartir cadernos, borrar
o encerado, avisos ou recados fóra da clase, etc).
• Controlar o uso da axenda, recordarlle e comprobar que saca a axenda,
apunta, etc. Sería convinte que no taboleiro de aula estén apuntadas as
datas para entregar traballos, facer exames, etc. Non realizar máis dun
exame ao día.
• Ensinarlle a manter as súas cousas ordeadas na mesa (só as
estritamente necesarias) deberá gardar o material que non corresponda
coa clase que se está impartindo. Obrigar a manter ordeados libros,
cadernos e material na mochila e mesa.
• Non permitir deixar as cousas a medio facer.
• Darlle ordes simples e breves. Explicar con claridade e explícitamente
o que ten que facer (non o que non ten que facer). E convinte pedir ou
comprobar con preguntas que entendeu perfectamente as instrucións
e/ou a tarefa que debe facer. Dar as instrucións paso a paso e repetir as
indicacións se é necesario.
• Darlle actividades ou tarefas cortas ou graduadas, de maneira que
poida concluílas sen dificultade. Destacar máis a calidade que a
cantidade: tendo en conta o tempo máximo de atención sostida (ao redor
de 30 mtos) atender ao “menos é maís”
• As tarefas deben ter un formato sinxelo e con poucos estímulos (isto
tamén vale para a presentación de exames), por exemplo unha ou dúas
actividades por folla e deixar o espazo suficiente entre enunciados para
contestar.
• Facer frecuentes contactos visuais, sobre todo mentras explicamos.
• Tratar de axudarlle a que sexa máis “autoobservador/a”, xa que a maior
parte das veces pola súa impulsividade non teñen idea de cómo se
comportan. Tratar de facelo de forma construtiva (daste conta do que
fixeste?; como o podrías decir doutro modo?,...).
• As técnicas de traballo intelectual son fundamentais para centrar a súa
atención: ensinarlle a suliñar e facer esquemas...
• Se é necesario recurrir a todo tipo de medidas de reforzo educativo
referidas á secuencialización de obxectivos e contidos -darlle máis
tempo para acadalos-; metodoloxía -referidas fundamentalmente ás
secuenciación de tarefas, reducilas e fragmentalas e ás mencionadas
explicacións e instrucións-; e aos procedementos de avaliación -darlle
máis tempo para facer os exames, substituír procedementos escritos por
orais se é convinte- etc.

You might also like