Download as docx, pdf, or txt
Download as docx, pdf, or txt
You are on page 1of 3

O NACEMENTO DE ROMA

Este último traballo do curso permitiravos coñecer en maior profundidade a


lenda sobre o nacemento de Roma, pero tamén traballaredes a competencia
lectora. Así, a tarefa que tedes que facer consistirá en ler o libro proposto e
responder as cuestións que se indican.

O libro que tedes que ler é CUENTOS Y LEYENDAS DEL


NACIMIENTO DE ROMA do autor François Sauterau. Ten poucas
páxinas, letra bastante grande e abundantes ilustracións, polo que o leredes
rapidamente.

Este traballado tédelo que facer a man, é dicir, tendes que escribir as
preguntas e as respostas en folios que despois me entregaredes
debidamente presentados. As preguntas van ordenadas segundo a orde de
aparición no libro e agrupadas por capítulos, polo que vos recomendo que
tras ler un capítulo respondades xa as preguntas correspondentes a el para
non esquecervos de nada e ir avanzando pouco a pouco.

A data límite de entrega deste traballo é o XOVES 30 DE MAIO, aínda


que xa sabedes que o podedes entregar antes, en canto o teñades feito.

As preguntas sobre o libro que tedes que responder son as seguintes:


Capítulo I: Numitor e Amulio

1. Cal era o medo de Procas unha vez que el xa non estivese?


2. Como se repartiu a herdanza tras a morte de Procas?
3. Que intencións tiña Amulio respecto ao futuro herdeiro? Que ocorreu segundo o
seu plan?

Capítulo II: Historia dunha Vestal

1. Quen era Vesta? Como a adoraban?


2. Cal era a razón pola que Amulio lle ofreceu ser unha vestal a Rea Silvia?
3. Quen era realmente o mozo ao que Rea Silvia frecuentaba? Que ocorreu entre
eles?

Capítulo III: Rómulo e Remo

1. Como se sentía o pobo de Alba Longa baixo o mandato de Amulio?


2. Que destino correron os bebés do cesto? Como chegaron a ser criados por Acca
Laurencia?
3. Souberon Rómulo e Remo as súas orixes? Como? Que reacción tiveron?

1
Capítulo IV: Tempo de enfrontamentos

1. Por que os criados de Amulio estaban máis agresivos que de costume?


2. Como chegou Remo a Alba? Por que non ía Rómulo?

Capítulo V: O deus dos Asilos

1. Cal era o plan de Rómulo para poboar a cidade?


2. Que tipo de xente poboou a cidade?
3. Que preocupacións tiña Rómulo con respecto á súa cidade?

Capítulo VI: A fundación de Roma

1. Por que Roma se chamou así?


2. Con que sobrenome se coñeceu a Roma?
3. Cal foi a primeira pedra da cidade e que posición tiña? Como foi selada? Que
había arredor de dita pedra?

Capítulo VII: Os romanos organízanse

1. Quen era o mellor conselleiro de Rómulo? Que consello lle dá este para que
unha cidade fose grande e eterna?
2. Que proposta presentou Rómulo para gobernar a cidade? Que decidiron as
xentes de Roma?
3. Cal foi a primeira lei que se promulgou en Roma?

Capítulo VIII: As mulleres de Roma

1. Por que pensaba Rómulo que o porvir da cidade non estaba garantido?
2. Por que fallou o plan de Rómulo para garantir o porvir de Roma? Que decidiu
facer entón?
3. Cal era a situación real das sabinas en Roma?

Capítulo IX: As guerras

1. Que cidades decidiron entrar en guerra con Roma e por que?


2. Que e como recibiu o nome de “triunfo” e como se desenvolveu?
3. En que remataron por converterse esas tres cidades e que repercusión tivo a
clemencia de Rómulo?

Capítulo X: A vinganza dos sabinos

1. Quen era Tacio?


2. Que decidiron facer as mulleres sabinas?
3. Como se chegou á unión entre romanos e sabinos?

Capítulo XI: A epidemia

1. Por que motivo Lavinium pedía contas a Roma?


2. Por que chegou o gran desacordo entre Rómulo e Tacio? Que fortuna correu
Tacio?

2
3. Que idea se propagou entre a poboación de Roma e que a causou?

Capítulo XII: O eclipse

1. Como foi cambiando a actitude de Rómulo?


2. Que estraño suceso tivo lugar?
3. Que pasou despois de dito suceso? Por que razón?

Apéndice

1. En que está baseada esta lenda?


2. En xeral, como e por que nacen as lendas? A que finalidade responden?
3. No caso das lendas de Roma, que pretendían explicar?

You might also like