Ilovepdf Merged PDF

You might also like

Download as pdf or txt
Download as pdf or txt
You are on page 1of 85

PAU Código: 21

XUÑO 2010

BIOLOXÍA
A proba componse de dúas opcións: 1 e 2. Só se poderá contestar a unha das dúas opcións, desenvolvendo integramente o seu contido.

OPCIÓN 1
1. Cuestións (Valoración: 8 puntos, 2 puntos por cuestión).
1 Representa a formula xeral dun aminoácido e indica qué tipo de enlace se forma entre dous aminoácidos. Que é un enzima?
Cales son os principais factores que afectan á actividade enzimática? Razoa a resposta. Cita dúas propiedades dos enzimas
polas que se poidan considerar como biocatalizadores.
2 Na fotosíntese: Indica o papel da auga, luz e CO2 Explica o papel dos fotosistemas e sinala a súa localización no orgánulo
correspondente. Que produtos orixinados na fase luminosa son utilizados no ciclo de Calvin e con que fin?
3 Explica brevemente o proceso de transcrición en eucariotas. En que consiste a maduración do ARN mensaxeiro? Dada a
seguinte secuencia de ARN mensaxeiro maduro e utilizando a representación do código xenético adxunto na Figura 1, cal
sería a cadea peptídica formada? Que acontecería se fosen eliminados os dous nucleótidos sinalados en negriña?

5´-AUGUCCCAAGAUAGAAACGUAUCAAGUUAUAUUUGA-3’

4 En relación coa SIDA, que virus a provoca e a que grupo pertence? Fai unha representación esquemática do ciclo vital deste
virus. Como afecta ao sistema inmune? Como se transmite a enfermidade?

1.5 Terminoloxía Agrupa de tres en tres, mediante unha frase, os termos relacionados (Valoración: 1 punto, 0,2 por
frase correcta).
cromosomas, proteínas, gradiente, enzima, NADPH, organismo, síntese, substrato, pasivo, fotosíntese, cariotipo, ribosomas,
transporte, centro activo, ATP

1.6 Test As respostas erróneas puntúan negativamente (Valoración: 1 punto, 0,1pX10).


1.6.1 A queratina é unha proteína abundante en uñas e pelo 1.6.6 Os virus son células procariotas
1.6.2 A desnaturalización das proteínas ten lugar 1.6.7 Os linfocitos T participan na inmunidade celular
cando rompen os enlaces peptídicos 1.6.8 Os macrófagos son células devoradoras de fagos.
1.6.3 A celulosa forma parte da parede celular animal 1.6.9 As vacinas producen inmunidade artificial activa
1.6.4 Os enlaces de van der Waals son de tipo covalente 1.6.10 A descondensación dos cromosomas prodúcese na
1.6.5 Unha célula plasmolízase se se atopa nun medio telofase
hipertónico
OPCIÓN 2
2. Cuestións (Valoración: 8 puntos, 2 puntos por cuestión).
1 Representa e describe a estrutura da molécula de auga. Indica 3 propiedades físico-químicas da auga e relaciónaas coas
súas funcións biolóxicas.
2 Debuxa unha mitocondria vista ao microscopio electrónico, e ponlle nome aos seus compoñentes estruturais. Indica qué
procesos metabólicos teñen lugar no seu interior e en qué parte da mitocondria se realizan.
3 Nun cruzamento entre unha cobaia negra e unha branca, todos os individuos da xeración F1 son negros. A xeración F2 está
formada aproximadamente por 75% de cobaias negras e 25% de cobaias brancas. Fai un esquema do cruzamento indicando
os xenotipos e fenotipos e as súas proporcións. Se se cruzan dúas cobaias brancas da F2, como serán fenotipicamente os
seus descendentes? E se cruzas dúas cobaias negras da F2?
4 Indica a qué se refiren estes termos: biotecnoloxía, enxeñaría xenética, plásmido, prión, fermentos. Que proceso metabólico
se produce na elaboración da cervexa?

2.5 Terminoloxía Agrupa de tres en tres, mediante unha frase, os termos relacionados (Valoración: 1 punto, 0,2 por
frase correcta).
Síntese, mitocondrias, NADPH, reprodución, membrana, anabólica, sexual, ciclo, plasmática, gametos, Krebs, oxidorredución,
reacción, NADH, glicocálix

2.6 Test Indica (no teu caderno de exame) se as seguintes afirmacións son verdadeiras ou falsas. As respostas
erróneas puntúan negativamente (Valoración: 1 punto, 0,1pX10).
2.6.1 As substancias hidrosolubles son as que
conteñen grupos lipófilos 2.6.6 O interferón é unha proteína antiviral
2.6.2 O enlace iónico é un tipo de enlace covalente 2.6.7 Todas as proteínas teñen estrutura cuaternaria
2.6.3 Na glicólise consómese O2 2.6.8 A cromatina consiste en ARNm e proteínas
2.6.4 O aparato de Golgi está formado por dictiosomas 2.6.9 O anticodón é un triplete de bases que se localiza no
2.6.5 A teoría endosimbiótica refírese á orixe de cloroplastos ARNm
e mitocondrias nas células eucariotas 2.6.10 Os virus con ARN son sempre retrovirus
PAU Código: 21

XUÑO 2010

BIOLOXÍA

OPCIÓN 1
FIGURA 1
3*
1* Segunda base Bas
Base e
U C A G
UUU UCU Ser UAU UGU U
Phe Tyr Cys
UUC UCC UAC UGC C
U
UUA UCA UAA UGA Stop A
Leu Ser Stop
UUG UCG UAG UGG Trp G
CUU CCU Pro CAU CGU U
Leu His Arg
CUC CCC CAC CGC C
C
CUA CCA CAA CGA A
Leu Pro Gln Arg
CUG CCG CAG CGG G
AUU ACU Thr AAU AGU U
Ile Asn Ser
AUC ACC AAC AGC C
A
AUA Ile ACA AAA AGA A
Thr Lys Arg
AUG Met ACG AAG AGG G
GUU GCU Ala GAU GGU U
Val Asp Gly
GUC GCC GAC GGC C
G
GUA GCA GAA GGA A
Val Ala Glu Gly
GUG GCG GAG GGG G
PAU Código: 21

XUÑO 2010

BIOLOXÍA
Estrutura da proba: a proba componse de dúas opcións: A e B. Só se poderá contestar a unha das dúas opcións, desenvolvendo integramente
o seu contido. Puntuación: a cualificación máxima total será de 10 puntos, estando indicada en cada cuestión a súa puntuación parcial. Tempo:
1 hora e 30 minutos
OPCIÓN A
Cuestións (Valoración: 8 puntos, 2 puntos por cuestión).
1 Indica a qué tipo de lípido pertencen as seguintes macromoléculas, sinalando en cada caso as súas unidades estruturais
básicas: a) fosfolípidos; b) ceras; c) carotenoides; d) triglicéridos. Que tipo de lípidos non poden formar por si micelas nun
medio polar? Razoa a resposta. Cales son as funcións biolóxicas destes lípidos non formadores de micelas?
2 No interior celular pódense atopar os seguintes orgánulos: núcleo, ribosomas, aparato de Golgi, retículo endoplásmico liso,
lisosomas, cloroplastos e mitocondrias. Indica a función principal de cada un dos orgánulos citados. Cales deles poderían estar
presentes nas células procariotas? Cales deles conteñen ácidos nucleicos?
3 En relación co proceso de replicación do ADN, indica de xeito breve, qué función desempeñan os seguintes enzimas: ADN
polimerasa, helicasas, ligasas e topoisomerasas. Que son os fragmentos de Okazaki?
4 Cita tres características do sistema inmune. Que é a inmunidade celular e a humoral? En que consiste a resposta inmune
primaria e secundaria? Que é o sistema de complemento?
5 Terminoloxía Agrupa de tres en tres, mediante unha frase, os termos relacionados (Valoración: 1 punto, 0,2 por frase
correcta).
microscopio, protóns, fecundación, daltonismo, xenoma, locus, microtomo, diploides, gradiente, mostras, fotosíntese,
cromosoma X, haploides, xenética, xene.

6 Test Indica (no teu caderno de exame) se as seguintes afirmacións son verdadeiras ou falsas. As respostas erróneas
puntúan negativamente (Valoración: 1 punto, 0,1pX10).
1.6.1 As proteínas son polímeros formados pola 1.6.6 As mutacións somáticas nunca se transmiten á
combinación de solo 20 α-aminoácidos descendencia, salvo nos vexetais
1.6.2 O retículo endoplasmático liso intervén na síntese de 1.6.7 Un bacteriófago é un virus que infecta bacterias
proteínas 1.6.8 O interferón é unha proteína antivírica producida por
1.6.3 En canto á súa estrutura, o ATP é un nucleósido células animais
1.6.4 A finalidade do ciclo de Krebs é formar 1.6.9 Os antíxenos únense aos anticorpos polas súas
transportadores electrónicos oxidados rexións hipervariables
1.6.5 A rubisco é un enzima que pode actuar como 1.6.10 Durante a glicólise obtense un composto de 3
carboxilasa ou como hidrolasa átomos de carbono, o piruvato

OPCIÓN B
Cuestións (Valoración: 8 puntos, 2 puntos por cuestión).
1 Identifica o tipo de macromolécula que aparecen na Figura 1. Indica cales son as súas unidades estruturais e describe o tipo
de enlace que as mantén unidas. Explique a función desta macromolécula nos seres vivos.
2 Que é un fotosistema? Cita os produtos finais da fase luminosa da fotosíntese e indica para qué se utilizarán posteriormente.
En que parte da célula ten lugar a fase luminosa? Que é a fotólise da auga?
3 O sistema AB0 dos grupos sanguíneos está controlado por tres alelos (A, B e 0) dun xene, sendo A e B codominantes e o 0
recesivo. Indica os xenotipos dos individuos dos grupos sanguíneos A, B, AB e O. Cales serán os grupos sanguíneos posibles
dos descendentes dunha parella con xenotipos A0 e B0? Algún dos descendentes dunha parella cos grupos sanguíneos AB e
0 pode ser do grupo 0? Xustifica a resposta.
4 Realiza un esquema para indicar a estrutura dun virus sinalando os seus compoñentes. Por que se consideran os virus
parasitos intracelulares obrigados? Que é un retrovirus? Cita un exemplo.

5 Terminoloxía Agrupa de tres en tres, mediante unha frase, os termos relacionados (Valoración: 1 punto, 0,2 por frase
correcta).
ATP, substrato, ácido, recombinación, descendencia, fotorrespiración, somática, meiose, rubisco, KM, alcohol,
entrecruzamento, mutación, velocidade, éster

6 Test Indica (no teu caderno de exame) se as seguintes afirmacións son verdadeiras ou falsas. As respostas erróneas
puntúan negativamente (Valoración: 1 punto, 0,1pX10).
2.6.1 Durante a metafase da mitose prodúcese a 2.6.6 Por medio da endocitose penetran na célula
separación das cromátidas partículas de pequeno tamaño
2.6.2 Nas células procariotas os ácidos nucleicos atópanse 2.6.7 A glicólise só pode producirse en ambientes
no citoplasma aeróbicos
2.6.3 A heterocromatina son porcións de cromatina que se 2.6.8 O alelo dun xene é cada unha das alternativas que
mantén desespiralizada, formando masas densas no pode ter o devandito xene
núcleo interfásico 2.6.9 A hibridación consiste na mestura de dúas moléculas
2.6.4 A fosforilación oxidativa é a síntese de ATP diferentes de ARN
2.6.5 Os oocitos de 1º orde son sempre células diplodes 2.6.10 O ciclo de Calvin prodúcese no estroma do
cloroplasto
PAU Código: 21

SETEMBRO 2010

BIOLOXÍA

OPCIÓN B
FIGURA 1
CONVOCATORIA DE XUÑO
OPCIÓN 1
1. Cuestións (Valoración: 8 puntos, 2 puntos por cuestión).

1.1 Formula xeral dun aminoácido


Fórmase un enlace peptídico entre o grupo carboxilo dun aminoácido e o grupo amino doutro
(0,5p). Un encima é unha proteína con función catalizadora que aumenta a velocidade dunha
reacción (ou diminúe a enerxía de activación) mediante a súa asociación pasaxeira co substrato.
O encima nin se modifica nin se consome (0,5p). Son a temperatura, o pH e os inhibidores. En
xeral, o aumento de temperatura incrementa a velocidade da reacción. A valores moi altos, a proteína
desnaturalizase e perde a súa actividade Existe un pH óptimo, para cada encima, ao que se produce a máxima
actividade catalítica. Cambios de pH afectan á distribución de cargas eléctricas da molécula e ás interaccións
electrostáticas que fixan a estrutura nativa. Os inhibidores son sustancias que diminúen a actividade dun encima
(0,5p). Capacidade de rexeneración: precísanse pequenas cantidades; necesidade dun medio de reacción óptimo: Tª
e pH; especificidade: tanto respecto ao substrato como ao tipo de reacción que catalizan; non alteran o equilibrio da
reacción (0,5p).
1.2 A auga achega protóns, electróns e osíxeno. Os protóns contribúen á síntese de ATP, os electróns permiten que o
fotosistema II volva ao estado orixinal. A luz é a fonte de enerxía capaz de excitar a molécula de clorofila. O CO2 é
o substrato que se utiliza para sintetizar hidratos de carbono (0,5p). Nos fotosistemas prodúcese a excitación da
molécula de clorofila (centro de reacción), seguida da cadea de transporte de electróns que conducirá á redución do
NADP e a síntese de ATP (0,5p). Localízanse na membrana dos tilacoides (0,5p). Utilízanse o NADPH2 e o ATP. O
ATP durante a fase de redución e rexeneración do substrato inicial e o NADPH2 na fase redutora do ciclo (0,5p).
1.3 A transcrición é a síntese de ARN tomando como molde o ADN e significa o paso da información xenética do
ADN cara ao ARN. Para iso interveñen ADN, ribonucleótidos trifosfato e ARN-polimerasas. As ARNpolimerasas
percorren a cadea de ADN en sentido 3’-5’, engadindo nucleótidos complementarios aos da cadea do ADN. A
molécula de ARN crecerá en sentido 5’-3’ (0,5p). Á eliminación dos intróns e empalme dos exóns. Ten lugar no
núcleo. A maduración está catalizada polos complexos de empalme (0,5p). A cadea polipeptídica formada sería:
Met-Ser-Gln-Asp-Arg-Asn-Val-Ser-Ser-Tyr-Ile (0,5p). Ao cambiaren os dous nucleótidos marcados, cambiariamos
a secuencia de nucleótidos e, polo tanto, o patrón de lectura. Obteriamos unha nova secuencia de aa e polo tanto
unha nova proteína. Met-Ser-Arg (0.5).
1.4 Provócaa o VIH ou virus da inmunodeficiencia humana, un retrovirus (0,3p). 1. Fusión do virus coa membrana
da célula receptora. 2. Liberación do ARN vírico 3. Acción da transcriptasa inversa formando ADN a partir do ARN
vírico. 4. Síntese de novas cadeas de ADN vírico. 5. Integración das dobres cadeas de ADN vírico no ADN do
receptor. Estado de inactividade do ADN vírico como provirus. 6. Expresión do ADN vírico formándose ARNm
viral. 7. Formación das proteínas do virus. 8. Ensamblaxe de novos virus 9. Liberación de novas partículas víricas.
(0,9p). A infección do virus xera unha diminución da capacidade de defensa das células do sistema inmune debido a
que infecta fundamentalmente aos linfocitos T4 (colaboradores). Aínda que inicialmente a enfermidade é
asintomática (seropositivo), co tempo o sistema inmune debilítase tanto que serán xeneralizadas as infeccións
microbianas e desenvolveranse certos tipos de tumores: é a fase sintomática (inmunodepresión) (0,5p). A
enfermidade transmítese a través do sangue, mediante relacións sexuais, (secrecións vaxinais e no esperma),
contaxio materno-filial (0,3p)

1.5 Terminoloxía
Durante a fase luminosa da fotosíntese prodúcese ATP e NADPH (0,2p)
O cariotipo é o conxunto de cromosomas dun organismo (0,2p)
O transporte pasivo prodúcese a favor de gradiente (0,2p)
O substrato únese ao centro activo do encima (0,2p)
A síntese das proteínas ten lugar nos ribosomas (0,2p)
1.6 Test
1.V, 2F, 3F, 4F, 5V, 6F, 7V, 8F, 9V, 10V
OPCIÓN 2
2. Cuestións (Valoración: 8 puntos, 2 puntos por cuestión).
2.1 Debuxo (0,25p). O osíxeno da molécula de auga atrae os electróns que comparte
cos hidróxenos, de tal forma que xera unha carga parcial negativa no osíxeno e outra
parcial positiva no hidróxeno. Isto causa que a molécula de auga sexa unha molécula
asimétrica, bipolar, cunha gran tendencia a crear pontes de hidróxeno (0,75p). A auga
actúa no metabolismo e transporta gran cantidade de sustancias debido á súa natureza
polar, e a súa capacidade para formar pontes de hidroxeno. Regulador da temperatura,
grazas ao seu elevado calor de vaporización; amortecedor térmico debido á súa
elevada calor específica, que lle permite absorber ou perder gran cantidade de calor
con pequenos cambios de temperatura; a auga actúa como reactivo químico. En estado
sólido, nos lagos e no mar, ao xearse só a superficie, protexe e permite a vida no
interior; permite o desprazamento de insectos sobre a súa superficie debido á súa
tensión superficial; capilaridade grazas á súa elevada cohesión interna e á súa capacidade de adhesión (1p) .

2.2 Debuxo (0,3p)


Compoñentes estruturais da mitocondria: membrana
externa, espazo intermembrana, membrana interna,
matriz mitocondrial, crestas mitocondriais, ribosomas
libres, material xenético (ADN) (0,7p).
1) O ciclo de Krebs na matriz mitocondrial, 2) a
fosforilación oxidadora (a cadea respiratoria e síntese de
ATP na crista mitocondrial), 3) a β-oxidación de ácidos
graxos (catabolismo de lípidos) na matriz mitocondrial
(1p).
2.3 Alelos, N: negro, n: branco. Cruzamento F1 x F1,
Nn x Nn. Xenotipos da F2: NN, Nn, nn. Fenotipos:
negros, brancos. Proporcións dos xenotipos da F2: ¼
NN, 2/4 Nn, ¼ nn. Proporcións dos fenotipos: ¾ negros,
¼ brancos (1p). Tódolos descendentes das cobaias
brancas da F2, serán brancos (0,25p). Se se cruzan dúas cobaias negras da F2, hai varias opcións. 1) NN x NN, toda
a descendencia negra; 2) NN x Nn, toda a descendencia negra e 3) Nn x Nn, un 75% da descendencia negra e un
25% branca (0,75p). (non se valorarán aqueles problemas que non empreguen a nomenclatura axeitada).
2.4 Biotecnoloxía: aplicación de procedementos científicos e técnicos á transformación de certas materias por
axentes biolóxicos para producir bens e servizos. Os axentes biolóxicos son esencialmente microorganismos, células
vexetais ou animais e encimas (0,3p). Enxeñería xenética: tecnoloxía que permite o illamento de material xenético
de seres vivos e a súa posterior modificación e control da expresión. Esta modificación permite producir individuos
transxénicos, así como compostos con actividade biolóxica (hormonas, antibióticos, vacinas etc.) (0,3p). Plásmido:
molécula de ADN bacteriano extracromosómico, que se replica de forma independente (0,3p). Prión: agregados
supramoleculares (glucoproteínas) patóxenas, que se caracterizan por producir enfermidades que afectan ao sistema
nervioso central, denominadas encefalopatías esponxiformes (0,3p). Leveduras: Fungos unicelulares microscópicos
que son importantes pola súa capacidade para realizar a descomposición mediante fermentación de compostos
orgánicos, principalmente azucres (0,3p). Durante a elaboración da cervexa prodúcese a fermentación alcohólica a
partir de grans xerminados e tostados de cebada. A fermentación alcohólica produce a descarboxilación do piruvato,
desprendéndose CO2 e formándose como produto acetaldehído. A continuación prodúcese a redución do
acetaldehído, reoxidándose o NADH e producíndose etanol. (0,5p)
2.5 Terminoloxía
O glucocalix localízase na parte exterior da membrana plasmática (0,2p)
Os gametos interveñen na reprodución sexual (0,2p)
O ciclo de Krebs ten lugar na mitocondria (0,2p)
Unha reacción anabólica é unha reacción de síntese (0,2p)
O NADH e o NADPH son produtos de reaccións de oxidorredución (0,2p)
2.6 Test
1.F, 2F, 3F, 4V, 5V, 6V, 7F, 8F, 9F, 10F
CONVOCATORIA DE SETEMBRO
OPCIÓN A
Cuestións (Valoración: 8 puntos, 2 puntos por cuestión).
1 Indica a que tipo de lípido pertencen as seguintes macromoléculas, sinalando en cada caso as súas unidades
estruturais básicas: a) fosfolípidos; b) ceras; c) carotenoides; d) triglicéridos. Que tipo de lípidos non poden formar
por si micelas nun medio polar? Razoa a resposta. Cales son as funcións biolóxicas destes lípidos non formadores
de micelas?
a) Fosfolípidos: lípidos saponificables formados por glicerol, ácidos graxos e ácido fosfórico (0,2p). b) Ceras:
lípidos saponificables formados pola unión dun ácido graxo e un alcohol (0,2p). c) Carotenoides: lípidos
insaponificables formados pola unión de unidades de isoprenoides (0,2p). d) Triacilglicéridos: lípidos saponificables
formados pola unión de ácidos graxos e glicerina (0,2p).
Os lípidos insaponificables que non conteñen ácidos graxos na súa molécula e non dan reaccións de saponificación.
A capacidade de formar micelas nun medio acuoso vén determinada pola presenza de moléculas que teñan un
carácter anfipático, como é o caso dos ácidos graxos. Os ácidos graxos oriéntanse na auga, xa que presentan unha
parte polar (hidrófila) e outra non polar (hidrófoba). Esta característica determina a formación espontánea de micelas
nun medio acuoso. Dentro deste grupo estarían os esteroides e os terpenos (0,8p).
As funcións máis importantes destes lípidos son: función reguladora, función fotosintética, función estrutural e
función de transporte (0,4p).

2 No interior celular pódense atopar os seguintes orgánulos: núcleo, ribosomas, aparato de Golgi, retículo
endoplásmico liso, lisosomas, cloroplastos e mitocondrias. Indica a función principal de cada un dos orgánulos
citados. Cales deles poderían estar presentes nas células procariotas? Cales deles conteñen ácidos nucleicos?
Núcleo: regulación da expresión xénica e da replicación do DNA. Ribosomas: tradución do ARNm. Aparato de
Golgi: procesado de proteínas e lípidos, transporte, distribución e exportación de sustancias. Retículo endoplásmico
liso: síntese de lípidos, detoxificación e control da concentración de Ca, transporte e exportación de moléculas.
Lisosomas: dixestión celular de macromoléculas. Cloroplastos: lugar de realización da fotosíntese: fase luminosa e
Ciclo de Calvin, fotorrespiración. Mitocondria: ciclo de Krebs, fosforilación oxidadora, -oxidación de ácidos
graxos (0,2x7p).
As células procariotas son as máis simples e primitivas, non tendo orgánulos propiamente ditos agás ribosomas
(0,3p).
Os orgánulos que conteñen ácidos nucleicos son: núcleo, mitocondrias e cloroplastos (0,3p).

3 En relación co proceso de replicación do ADN, indica, de xeito breve, que función desempeñan os seguintes
encimas: ADN polimerasas, helicasas, ligasas e topoisomerasas. Que son os fragmentos de Okazaki?
As ADN polimerasas son os encimas encargados de incorporar desoxirribonucleótidos á cadea de ADN que se está a
sintetizar, utilizando unha das febras de ADN como molde. Este proceso prodúcese sempre en dirección 5’>3’
(0,4p). As helicasas rompen os enlaces de H entre as dúas cadeas de ADN e sepáranas permitindo que poidan ser
utilizadas como moldes para a síntese de cadeas complementarias (0,4p). Ligasas: unen fragmentos de ADN
adxacentes mediante enlaces fosfodiéster. No proceso de replicación do ADN son as encargadas de unir os
fragmentos de Okazaki (0,4p). Topoisomerasas: eliminan as tensións xeradas na dobre hélice polo desenrolamento
producido pola helicasa (0,4p). Fragmentos de Okazaki: son fragmentos de ADN relativamente curtos que se
forman na denominada cadea retardada durante a replicación do ADN (0,4p).

4 Cita tres características do sistema inmune. Que é a inmunidade celular e a humoral? En que consiste a resposta
inmune primaria e secundaria? Que é o sistema de complemento?
Especificidade, diversidade, memoria, especialización, autolimitación e ausencia de autorreactividade (0,6p).
A inmunidade celular depende principalmente da activación de linfocitos T. Unha vez activados, os linfocitos T son
capaces de destruír células estrañas e de liberar citoquinas e outras sustancias que atraen e activan outras células
inmunes. Na inmunidade humoral a resposta é propiciada polos anticorpos, que son sintetizados polos linfocitos B e
liberados ao torrente sanguíneo. Ademais tamén participan outras moléculas non específicas como o interferón,
complemento etc. (0,6p).
Resposta inmune primaria: é a que se produce ante o primeiro contacto cun determinado antíxeno. Resposta inmune
secundaria: cando o sistema inmunolóxico detecta por segunda vez a presenza do mesmo antíxeno, orixinando unha
resposta máis rápida e máis intensa (0,6p).
O sistema de complemento está constituído por un grupo de proteínas plasmáticas, producidas fundamentalmente
polo fígado, que interaccionan entre si a modo de fervenza para atacar patóxenos extracelulares, amplificando as
accións dos anticorpos. (0,2p).

5 Terminoloxía. Valoración: 1 punto, 0,2 por frase correcta. Daranse só por válidas as frases con significado
biolóxico.
O micrótomo utilízase para preparar mostras que se van observar ao microscopio (0,2p)
Durante a fotosíntese, xérase un gradiente de protóns (0,2p)
Mediante a fecundación, obtense unha célula diploide a partir de dúas células haploides (0,2p)
O daltonismo é unha alteración xenética ligada ao cromosoma X (0,2p)
O locus é o lugar que ocupa un xene nos cromosomas do xenoma (0,2p)

6. Test.
1V; 2F; 3F; 4F; 5F; 6V; 7V; 8V; 9V; 10V

OPCIÓN B
Cuestións (Valoración: 8 puntos, 2 puntos por cuestión).
1 Identifica o tipo de macromolécula que aparecen na Figura 1. Indica cales son a súas unidades estruturais e
describe o tipo de enlace que as mantén unidas. Explica a función desta macromolécula nos seres vivos.
Trátase dunha molécula de ácido ribonucleico, ARN (0,4p). Os ácidos nucléicos son polinucleótidos. Cada
nucleótido está formado por tres compoñentes: ácido fosfórico, ribosa e unha base nitroxenada (adenina, guanina,
uracilo ou citosina) (0,6p).
É un polímero de ribonucleótidos unidos mediante enlace fosfodiéster que se establece entre o grupo fosfato dun
nucleótido e o carbono 3’ da pentosa do seguinte nucleótido. (0,5p).
A función do ARN mensaxeiro é recoller a información xenética do ADN (transcrición) e transportala aos
ribosomas onde será traducida (tradución) a proteínas. O ARN de transferencia é o encargado de portar os
aminoácidos durante o proceso de tradución. O ARN ribosómico é un dos compoñentes dos ribosomas. (válida
calquera das tres opcións) (0,5p).

2 Que é un fotosistema? Cita os produtos finais da fase luminosa da fotosíntese e indica para que se utilizarán
posteriormente. En que parte da célula ten lugar a fase luminosa? Que é a fotólise da auga?
Un fotosistema é un complexo de proteínas e pigmentos fotosintéticos, localizados nas membranas tilacoidais no
interior dos cloroplastos e que constitúen a sede dos procesos fotosintéticos (0,6p).
Os produtos finais da fase luminosa da fotosíntese son o ATP e o poder redutor NADPH2, que serán utilizados
durante a fase escura da fotosíntese para a fixación do CO2 e a síntese de triosas fosfato (0,8p).
A fase luminosa da fotosíntese ten lugar nas membranas tilacoidais presentes no lumen do cloroplasto, onde se
atopan os fotosistemas I e II que participarán nesta fase da fotosíntese (0,2p).
A fotólise do H2O é o proceso polo cal a auga se oxida e libera protóns, electróns e osíxeno molecular (0,4p).

3 O sistema AB0 dos grupos sanguíneos está controlado por tres alelos (A, B y 0) dun xene, sendo A e B
codominantes e o 0 recesivo. Indica os xenotipos dos individuos dos grupos sanguíneos A, B, AB e O. Cales serán
os grupos sanguíneos posibles dos descendentes dunha parella con xenotipos A0 e B0? Algún dos descendentes
dunha parella cos grupos sanguíneos AB e 0 pode ser do grupo 0? Xustifica a resposta.

FENOTIPO GENOTIPO
A I AI A, I AI O
B IBIB, IBIO
AB I AI B
O I OI O
(1,0p)
Os xenotipos poden ser IAIO, IBIO, IAIB e IOIO, os cales se corresponde cos grupos sanguíneos A, B, AB e 0 todos na
mesma proporción (0,5p).
Non, porque ao ser o 0 recesivo, necesita recibir os dous alelos, e este só está presente nun dos proxenitores (0,5p).
4 Realiza un esquema para indicar a estrutura dun virus sinalando os seus compoñentes. Por que se consideran os
virus parasitos intracelulares obrigados? Que é un retrovirus? Cita un
exemplo.
Na estrutura dun virus distinguimos dúas partes: o ácido nucleico e a
cápside. Algúns, ademais, presentan envoltura. Ácido nucleico: contén a
información xenética do virus. Pode ser ADN ou ARN. Cápside: cuberta
de natureza proteica que rodea ao ácido nucleico, organízase en
subunidades denominadas capsómeros. Envoltura: algúns virus presentan
unha cuberta membranosa externa formada por unha bicapa lipídica.
(1,0p).
Considéranse parasitos intracelulares obrigados porque os virus só poden
multiplicarse no interior dunha célula viva, xa que necesitan as estruturas
sintéticas (ribosomas) e as produtoras de enerxía (mitocondrias) da célula hóspede. Se non hai célula hospedadora, o
virus é inactivo. (0,5p).
Un retrovirus é un virus cuxo material hereditario é o ARN monocatenario que se replica a través de intermediarios
de ADN bicatenario grazas ao encima transcriptasa inversa. Exemplo: o virus da inmunodeficiencia humana (VIH)
(calquera exemplo correcto é válido). (0,5p).

5 Terminoloxía. Valoración: 1 punto, 0,2 por frase correcta. Daranse só por válidas as frases con significado
biolóxico.
As ceras resultan da unión éster dun ácido graxo e un alcohol (0,2p)
Durante a meiose ten lugar o entrecruzamento das cromátidas, que permite a recombinación xénica (0,2p)
Unha mutación nunha célula somática non se transmite á descendencia (0,2p)
(Nunha reacción encimática), a KM é a concentración de substrato á que se acada a metade da velocidade máxima
(0,2p)
Durante a fotorrespiración, a rubisco capta O2 e consome ATP (0,2p).

6. Test.
1F; 2V; 3F; 4V; 5V; 6V; 7F; 8V; 9F; 10V
PAU Código: 21

XUÑO 2011

BIOLOXÍA
Estrutura da proba: a proba componse de dúas opcións 1 e 2. Só se poderá contestar a unha das dúas opcións, desenvolvendo
integramente o seu contido. Puntuación: a cualificación máxima total será de 10 puntos, estando indicada en cada cuestión a súa
puntuación parcial. Tempo: 1 hora e 30 minutos

OPCIÓN A
Cuestións (Valoración: 8 puntos, 2 puntos por cuestión).
1 Respecto ao citoplasma celular, explique que é un medio hipotónico e un medio hipertónico. ¿Cando se produce
plasmólise e cando turxencia? Indique tres propiedades físico-químicas da auga e relacióneas coas súas funcións
biolóxicas.
2 Explique a estrutura da membrana plasmática segundo o modelo do mosaico de fluído. Estableza as diferenzas entre
o transporte activo e o transporte pasivo a través das membranas e indique o tipo de moléculas que utilizan estes
mecanismos para atravesalas.
3 ¿Como se replicaría unha molécula de ADN? ¿Onde ten lugar o devandito proceso? Indique os diferentes encimas
implicados e a súa función no proceso da replicación.
4 Indique a que se refiren estes cinco termos: bacteria Gram+, levadura, biotecnoloxía, fermentación, bacterias
biodegradantes.
5 Terminoloxía Agrupa de tres en tres, mediante unha frase, os termos relacionados (Valoración: 1 punto, 0,2
por frase correcta).
Isómeros, exclusivos, rubisco, prións, fórmula empírica, proteínas, normais, carboxilasa, inmunoglobulinas, compostos,
células, patóxenas, defensa, osixenasa, centríolos.
6 Test Indica (no teu caderno de exame) se as seguintes afirmacións son verdadeiras ou falsas. As respostas
erróneas puntúan negativamente (Valoración: 1 punto, 0,1pX10).
6.1 Ao unirse dous aminoácidos, fórmase unha proteína 6.7 Os encimas aceleran as reaccións químicas
6.2 A encima rubisco está no citosol reducindo a enerxía de activación
6.3 Os linfocitos T interveñen na inmunidade celular 6.8 As mitocondrias conteñen ADN e ARN
1.6.4 As moléculas anfipáticas teñen unha parte polar e 6.9 Os cromosomas están formados por ARN e
outra apolar proteínas
6.5 O ADN de procariotas non posúe intróns 6.10 A penicilina é un antibiótico producido por un fungo
6.6 As células eucariotas vexetais carecen de
mitocondrias

OPCIÓN B
Cuestións (Valoración: 8 puntos, 2 puntos por cuestión).
1 En relación ás seguintes macromoléculas: dipéptido, ácido desoxirribonucleico e disacárido. Indique en cada caso os
compoñentes moleculares que os forman. Explique e represente o tipo de enlace que se establece entre os devanditos
compoñentes.
2 Explique a interfase e qué sucede en cada unha das fases en que se subdivide. ¿En que se diferencia a profase da
mitose das profase I da meiose? Razoe a súa resposta.
3 Debuxe un cromosoma metafásico e indique as súas diferentes partes mediante frechas. ¿Que relación existe entre
nucleosoma, cromatina e cromosoma? ¿É idéntico o material xenético dos cromosomas homólogos? ¿E o das
cromátidas irmás? Razoa a túa resposta.
4 Indique a qué se refiren estes cinco termos: antíxeno, anticorpo ou inmunoglobulina, inmunodeficiencia, linfocito e
macrófagos.
5 Terminoloxía Agrupa de tres en tres, mediante unha frase, os termos relacionados (Valoración: 1 punto, 0,2
por frase correcta).
Tampóns, lisosomas, ATP, animal, síntese, ribosomas, interferón, dictiosomas, fosforilación oxidativa, cloroplastos,
Aparato de Golgi, sales minerais, proteína, pH, ADN
6 Test Indica (no teu caderno de exame) se as seguintes afirmacións son verdadeiras ou falsas. As respostas
erróneas puntúan negativamente (Valoración: 1 punto, 0,1pX10).
6.1 Os peroxisomas almacenan encimas que participan 6.7 O encima rubisco atópase en células eucariotas
na oxidación de substancias animais
6.2 A frutosa e a sacarosa son disacáridos 6.8 Os oligopéptidos teñen un número menor de
6.3 A envoltura nuclear presenta poros aminoácidos que os polipéptidos
6.4 Os cilios e os flaxelos diferéncianse basicamente 6.9 O codón é un triplete de bases que se localiza no
na lonxitude ARNm
6.5 A herdanza intermedia é sinónimo de codominancia 6.10 O código xenético é a relación de correspondencia
6.6 Os virus son estruturas acelulares entre as secuencias de nucleósidos e as secuencias de
aminoácidos
PAU Código: 21

SETEMBRO 2011

BIOLOXÍA
Estrutura da proba: a proba componse de dúas opcións, A e B. Só se poderá contestar unha das dúas opcións, desenvolvendo
integramente o seu contido. Puntuación: a cualificación máxima total será de 10 puntos, estando indicada en cada cuestión a súa
puntuación parcial. Tempo: 1 hora e 30 minutos

OPCIÓN A
1. Cuestións (Valoración: 8 puntos, 2 puntos por cuestión).
1 Explique qué é un triacilglicérido e comente dúas das súas funcións biolóxicas. Represente a estrutura dun lípido
bipolar e explique cómo se comportaría nunha disolución acuosa.
2 Identifique o orgánulo que aparece representado na Figura 1. Realice un debuxo e sinale os seus compoñentes
estruturais. Indique qué procesos metabólicos teñen lugar no seu interior e en qué parte do mesmo se realizan.
3 Explique brevemente en qué consisten os seguintes procesos e indique en qué lugar da célula eucariótica teñen lugar:
replicación, transcrición e tradución.
4 Indique os principais órganos e tecidos linfoides no home, comentando brevemente a súa función. Que é unha
vacina? E un soro? Dende o punto de vista inmune, que diferenzas hai entre a vacinación e a administración de soro?
1.5 Terminoloxía Agrupa de tres en tres, mediante unha frase, os termos relacionados (Valoración: 1 punto, 0,2
por frase correcta).
sexuais, ribosomas, bacterias, Okazaki, centro activo, colesterol, mitocondrias, ADN, fragmentos, substrato, virus, cadea
retardada, encima, bacteriófago, hormonas
1.6 Test Indica (no teu caderno de exame) se as seguintes afirmacións son verdadeiras ou falsas. As respostas
erróneas puntúan negativamente (Valoración: 1 punto, 0,1pX10).
1.6.1 Unha proteína rómpese cando se quenta por 1.6.6 O locus é o lugar que ocupa un xene no
enriba de 100º C cromosoma
1.6.2 A orixe das 2 unidades ribosomais é no nucléolo 1.6.7 A parede das bacterias está formada por
1.6.3 O ARN ribosómico utilízase como molde na celulosa
síntese de proteínas 1.6.8 Os virus son organismos unicelulares
1.6.4 Os lisosomas son orgánulos onde se realiza a eucarióticos
dixestión celular 1.6.9 Segundo o código xenético, cada aminoácido
1.6.5 Un nucleótido está formado por un azucre de 5 especifícase por un codón que consta de 3 nucleótidos
carbonos, un grupo fosfato e unha base hidroxenada 1.6.10 Durante a glicólise obtense un composto de 3
átomos de carbono, o piruvato

OPCIÓN B
1. Cuestións (Valoración: 8 puntos, 2 puntos por cuestión).
1 Identifique a biomolécula que aparece na Figura 2 e indique as súas características químicas. De que tipo de
principios inmediatos forma parte? Se se enlazan dúas destas moléculas, que clase de molécula resultaría? Como se
formaría o enlace e que nome recibe?
2 Explique brevemente en que consisten as seguintes actividades e indique unha estrutura ou orgánulo eucarióticos
onde poida producirse: glicólise, fosforilación oxidativa, ciclo de Calvin e ciclo de Krebs.
3 Con relación á teoría cromosómica da herdanza, explique o significado dos seguintes conceptos: xenes ligados,
sobrecruzamento (entrecruzamento ou crossing-over), autosoma, cromátidas, centrómeros, cromosomas homólogos.
4 En función da súa capacidade para tinguirse, como se clasifican as bacterias? A que se debe esa desigual
capacidade? Describa as principais estruturas da célula bacteriana, axudándose dun debuxo.
2.5 Terminoloxía Agrupa de tres en tres, mediante unha frase, os termos relacionados (Valoración: 1 punto, 0,2
por frase correcta).
encima, fotosistemas, teoría, inmunoglobulinas, síntese, reacción, ATP, membranas, bacterias, defensa, tilacoidais,
cloroplastos, proteínas, enerxía de activación, fosforilación oxidativa
2.6 Test Indica (no teu caderno de exame) se as seguintes afirmacións son verdadeiras ou falsas. As respostas
erróneas puntúan negativamente (Valoración: 1 punto, 0,1pX10).
2.6.1 Os ribosomas son orgánulos sen membrana
2.6.2 Un transxene é a introdución de ADN estraño no
xenoma 2.6.6 As mitocondrias conteñen ADN e ARN
2.6.3 Os microtúbulos son un tipo de estruturas do 2.6.7 Na glicólise, dúas moléculas de ácido pirúvico
citoesqueleto dan lugar a unha molécula de glicosa
2.6.4 A fosforilación oxidativa é a síntese de NADPH2 2.6.8 En procariotas, o ARN atópase tanto no
2.6.5 Os ácidos nucleicos resultan da polimerización citoplasma coma no núcleo
de monómeros complexos denominados nucleótidos 2.6.9 O ADN de eucariotas non posúe intróns
2.6.10 O ciclo de Calvin prodúcese no citosol da célula
PAU Código: 21

SETEMBRO 2011

BIOLOXÍA

OPCIÓN A
FIGURA 1

OPCIÓN B
FIGURA 2
CONVOCATORIA DE XUÑO
OPCIÓN A
Cuestións (Valoración: 8 puntos, 2 puntos por cuestión).
1 Respecto ao citoplasma celular, explique o que é un medio hipotónico e un medio hipertónico. Cando
se produce plasmólise e cando turxencia? Indique tres propiedades físicoquímicas da auga e relacióneas
coas súas funcións biolóxicas.
- Un medio hipotónico é aquel que presenta unha menor concentración de solutos ca do citosol (0.25p).
Un medio hipertónico é aquel que presenta unha maior concentración de solutos respecto ao citosol
(0.25p).
- A turxencia prodúcese como consecuencia da entrada de auga debido a que a célula se atopa nun
medio hipotónico (0.3p). A plasmólise prodúcese se o medio que rodea á célula é hipertónico; sairá auga
até acadar o equilibrio e a célula “enrúgase” máis ou menos dependendo da auga que saia (0.3p).
- Cohesión e alta constante dieléctrica (transporte e disolvente); elevada calor específica
(termorregulación); elevada calor de vaporización (refrixeración); adhesión (capilaridade); densidade en
estado sólido (vida acuática en zonas frías) (0.3px3).

2 Explique a estrutura da membrana plasmática segundo o modelo do mosaico fluído. Estableza as


diferenzas entre o transporte activo e o transporte pasivo a través das membranas e indique o tipo de
moléculas que utilizan estes mecanismos para atravesalas.
- Válida calquera explicación ou esquema da membrana plasmática no que se indiquen como
compoñentes: bicapa lipídica (fosfolípidos, colesterol), proteínas de membrana: intrínsecas, extrínsecas
e transmembrana; glicocálix (glicoproteínas, glicolípidos) e cunha orientación correcta. (1p).
- O transporte activo realízase en contra de gradiente e implica o consumo de enerxía. Participan
proteínas transportadoras encaixadas nunha fonte de enerxía procedente xeralmente da hidrólise do
ATP. Este tipo de transporte úsano principalmente os ións. O transporte pasivo é un proceso de difusión
a favor de gradiente e non require gasto de enerxía. Pode ser difusión simple, na que as moléculas
difunden libremente a través da bicapa lipídica ou facilitada, cando nela participa algunha proteína
transmembrana (proteínas transportadoras ou proteínas canal) (0.75p). A difusión simple é utilizada por
gases ou moléculas pequenas de carácter lipofílico. A difusión facilitada é utilizada por moléculas polares
(0.25p).

3 Como se replicaría unha molécula de ADN? Onde ten lugar este proceso? Indique os diferentes
encimas implicados e a súa función no proceso da replicación.
- O proceso da replicación ten lugar en varias etapas: 1. Desenrolamento e apertura da dobre hélice,
mediante a cal se separan as dúas cadeas. Esta separación comeza nas orixes de replicación,
xerándose as denominadas burbullas de replicación, que se estenden e dan lugar aos garfos de
replicación. 2. Síntese das novas cadeas. Unha ARN polimerasa sintetiza unha pequena molécula de
ARN denominada primeiro cebador. A partir del, a ADN polimerasa comeza a síntese do ADN,
engadindo nucleótidos en dirección 5`>3’. Así a síntese é continua nunha das febras de nova creación e
descontinua na outra, formándose os fragmentos de Okazaki (febra retardada). Unha ADN ligasa une os
extremos dos diferentes fragmentos formándose a molécula de ADN (0.8p).
- A replicación ten lugar no núcleo da célula eucariota ou no citoplasma das bacterias (0.2p).
- As ADN polimerasas son as encimas encargadas de incorporar desoxirribonucleótidos á cadea de ADN
que se está sintetizando, utilizando unha das febras de ADN como molde. As helicasas separan as dúas
cadeas de ADN permitindo que poidan ser utilizadas como moldes para a síntese das cadeas
complementarias. As topoisomerasas xiran a molécula evitando o superenrolamento. As proteínas SSB
estabilizan as cadeas sinxelas. As ligasas unen os fragmentos de ADN adxacentes mediante enlaces
fosfodiéster (0.2px5).

4 Indique a que se refiren estes cinco termos: bacteria Gram+, lévedo, biotecnoloxía, fermentación,
bacterias biodegradantes.
- Bacteria Gram+: microorganismo procariota que presenta unha parede celular rica en peptidoglicanos
(mureína). Tínguese de cor azul coa técnica de Gram. (0.4p).
- Lévedo: organismo unicelular eucariota heterótrofo e con parede celular ríxida. (0.4p).
- Biotecnoloxía: é o conxunto de técnicas mediante as que se obteñen produtos a partir de seres vivos,
das súas partes ou dos seus produtos. (0.4p).
- Fermentación: degradación da glicosa en condicións anaerobias. (0.4p).
- Bacterias biodegradantes: bacterias capaces de descompoñer compostos orgánicos. Algunhas destas
bacterias utilízanse para eliminar contaminantes ambientais (petróleo e derivados hidrocarbonados etc.),
xerando produtos inocuos como resultado. (0.4p).

1.5 Terminoloxía Agrupa de tres en tres, mediante unha frase, os termos relacionados
(Valoración: 1 punto, 0.2 por frase correcta).
A rubisco presenta actividade carboxilasa-oxigenasa
Os centríolos son exclusivos das células animais
As inmunoglobulinas participan en reaccións de defensa fronte a organismos ou substancias patóxenas
Os isómeros son compostos con igual fórmula empírica
Os prións fórmanse a partir de proteínas normais

1.6 Test Indica (no teu caderno de exame) se as seguintes afirmacións son verdadeiras ou falsas.
As respostas erróneas puntúan negativamente (Valoración: 1 punto, 0.1px10).
1F, 2F, 3V, 4V, 5V, 6F, 7V, 8V, 9F, 10V

OPCIÓN B

Cuestións (Valoración: 8 puntos, 2 puntos por cuestión).


1 En relación ás seguintes macromoléculas: dipéptido, ácido desoxirribonucleico e disacárido. Indique en
cada caso os compoñentes moleculares que os forman. Explique e represente o tipo de enlace que se
establece entre os devanditos compoñentes.
- Dipéptido: está formado pola unión de dous aminoácidos que se unen por un enlace peptídico. Este
fórmase pola unión do grupo OH do grupo carboxilo dun aminoácido, e un H do grupo amino doutro,
liberándose una molécula de auga (0.25p+0.5p).
- Ácido desoxirribonucleico: trátase dun polímero (cadea, molécula) de desoxiribonucleótidos. Está
formado por ácido fosfórico, unha pentosa (desoxiribosa) e bases nitroxenadas (purinas e pirimidinas).
Os nucleótidos únense mediante enlaces fosfodiéster. (0.25p+0.5p).
- Disacárido: formado pola unión de dous monosacáridos unidos mediante un enlace O-
glicosídico.(0.25p+0.25p).

Enlace fosfodiester

2 Explique a interfase e que sucede en cada unha das fases nas que se divide. En que se diferencia a
profase da mitose da profase I da meiose? Razoe a súa resposta.
- A interfase é o período existente entre dúas divisións sucesivas. Durante ese período, a célula crece e
duplica o seu material xenético para poder distribuír unha copia completa a cada unha das dúas células
fillas. Ten tres etapas: fase G1, fase S e fase G2. Na fase G1 a célula crece até alcanzar un tamaño
necesario para poder continuar co proceso de duplicación xenética. Durante esta fase hai un punto de
restrición R que unha vez superado determina a continuidade irreversible do proceso até a seguinte fase.
Se non se supera este punto, a célula queda nun estado quiescente, de repouso, denominado G0. A fase
S é na que se produce a replicación do ADN. A fase G2 é a fase preparatoria da mitose; nela sintetízanse
as proteínas encargadas de iniciar e desenvolver os procesos mitóticos e condénsase progresivamente a
cromatina para formar os cromosomas (0.25px4).
- Basicamente a principal diferenza entre ambas as profases é que a profase I da meiose é moito máis
complexa, debido a que durante esta fase se produce a recombinación xenética. Isto supón que os
cromosomas intercambian material xenético cos seus homólogos, xerando así variabilidade xenética.
(1p).

3 Debuxe un cromosoma metafásico e indique as súas diferentes partes mediante frechas. Que relación
existe entre nucleosoma, e cromátida e cromosoma? É idéntico o material xenético dos cromosomas
homólogos? E o das cromátidas irmás? Razoe a resposta.
- Debuxo 0.4p. (Débense sinalar ao menos: centrómero, cromátida e telómero).
- Os cromosomas representan o nivel maior de compactación da cromatina durante a división celular. A
cromatina é o estado do material xenético durante a interfase. Os nucleosomas están formados por un
núcleo de histonas rodeadas dun filamento de ADN (0.6p).
- O material xenético dos cromosomas homólogos non é idéntico porque cada un deles procede do
gameto dun proxenitor (0.5p).
- No caso das cromátidas irmás si, porque resultan dun único cromosoma duplicado (0.5p).

4 Indique a que se refiren estes cinco termos: antíxeno, anticorpo ou inmunoglobulina,


inmunodeficiencia, linfocito e macrófagos.
- Antíxeno: calquera molécula non recoñecida como propia por un organismo capaz de xerar unha
resposta inmune. (0.4p).
- Anticorpo ou inmunoglobulina: proteína producida por un linfocito B ou célula plasmática en resposta á
presenza dun antíxeno. (0.4p).
- Inmunodeficiencia: diminución da capacidade de resposta do sistema inmunitario. (0.4p).
- Linfocito: tipo de leucocito que se pode atopar no sangue ou na linfa. Hai dous tipos principais: linfocitos
B (resposta humoral) e linfocitos T (resposta celular). (0.4p).
- Macrófago: célula fagocítica presentadora de antíxenos. (0.4p).

2.5 Terminoloxía Agrupa de tres en tres, mediante unha frase, os termos relacionados
(Valoración: 1 punto, 0.2 por frase correcta).
O interferón é unha proteína antivírica producida polas células animais
Os sales minerais actúan como tampóns mantendo o pH
Os cloroplastos conteñen ADN e ribosomas
Os lisosomas teñen a súa orixe nos dictiosomas do aparello de Golgi
A fosforilación oxidativa produce síntese de ATP

2.6 Test Indica (no teu caderno de exame) se as seguintes afirmacións son verdadeiras ou falsas.
As respostas erróneas puntúan negativamente (Valoración: 1 punto, 0.1pX10).
1V, 2F, 3V, 4V, 5F, 6V, 7F, 8V, 9V, 10F
CONVOCATORIA DE SETEMBRO

OPCIÓN 1
1. Cuestións (Valoración: 8 puntos, 2 puntos por cuestión).
1.1. Explique que é un triacilglicérido e comente dúas das súas funcións biolóxicas. Represente a
estrutura dun lípido bipolar e explique como se comportaría nunha disolución acuosa.
Un triacilglicérido é un éster de tres ácidos graxos e glicerina (0,4p). Función de reserva enerxética como
combustible biolóxico de alta eficacia, función de illamento térmico nos animais como graxa acumulada
baixo a pel e función protectora fronte a traumatismos recubrindo algúns órganos (0,3px2). Válida
calquera representación (0,25p).
En disolución acuosa, oriéntase coas cabezas
polares en dirección á auga e coas colas
hidrocarbonadas, non polares, que son hidrófobas.
Como consecuencia deste comportamento, en
disolución acuosa poden formar tres tipos de
estruturas: micelas, monocapas e bicapas (0,75p).
1.2. Identifique o orgánulo que aparece representado na Figura 1. Realice un debuxo e sinale os seus
compoñentes estruturais. Indique que procesos metabólicos teñen lugar no seu interior e en que parte do
mesmo se realizan.
Trátase dunha mitocondria (0,3p). Debuxo (0,3p). Os seus
compoñentes estruturais son: membrana externa, espazo
intermembranal, membrana interna, matriz mitocondrial, cristas
mitocondriais, ribosomas libres e material xenético (ADN e ARN) (0,7p).
O ciclo de Krebs ten lugar na matriz mitocondrial, a cadea respiratoria
(transporte electrónico e fosforilación oxidativa) ocorre nas cristas
mitocondriais e a b-oxidación de ácidos graxos (catabolismo de lípidos)
na matriz mitocondrial (0,7p).
1.3. Explique brevemente en que consisten os seguintes procesos e indique en que lugar da célula
eucariota teñen lugar: replicación, transcrición e tradución.
A replicación é o proceso polo cal, a partir de cada unha das moléculas que forman a dobre hélice do
ADN, se forma unha cadea complementaria. O proceso comeza co desenvolvemento e apertura da
dobre hélice, mediante o cal se separan as dúas cadeas. A continuación, unha ARN polimerasa sintetiza
unha pequena molécula de ARN denominada primer ou cebador, a partir do cal, a ADN polimerasa
comeza a síntese do ADN, engadindo nucleótidos en dirección 5`>3’. Así, a síntese é continua nunha
das febras de nova creación e descontinua na outra, formándose os fragmentos de Okazaki (febra
retardada). Este proceso ten lugar no núcleo da célula (0,6p).
A transcrición é a síntese dunha molécula de ARN a partir dun fragmento dunha cadea de ADN,
intervindo as enzimas ARNpolimerasas. Este proceso dá lugar á formación dun transcrito primario que
posteriormente madura no núcleo da célula (0,6p).
A tradución é a síntese dunha cadea polipeptídica a partir dunha cadea de ARNm, tendo lugar nos
ribosomas. Ademais do ARNm interveñen o ARN de transferencia que transporta os aminoácidos, e o
ARN ribosómico que integra o ribosoma. Este proceso ten lugar no citosol (0,6p).
Indicar que os procesos teñen lugar tamén na mitocondria valorarase con 0,2p.
1.4. Indique os principais órganos e tecidos linfoides no home, comentando brevemente a súa función.
Que é unha vacina? E un soro? Desde o punto de vista inmune que diferenzas hai entre a vacinación e a
administración de soro?
Podemos distinguir órganos linfoides primarios e secundarios. Os órganos linfoides primarios son o timo
e a médula ósea mentres que os secundarios son os ganglios linfáticos, bazo e tecido linfoide asociado a
mucosas. Nos órganos linfoides primarios prodúcese a formación e maduración das células do sistema
inmune. Na médula ósea ten lugar a maduración dos linfocitos B, mentres que no timo se produce a
maduración dos linfocitos T. Nos órganos linfoides secundarios iníciase a resposta inmune específica
adquirida. Os ganglios linfáticos actúan como filtros recollendo e destruíndo axentes estranos. A función
do bazo é eliminar células sanguíneas vellas e tamén ten función inmune (atrapa antíxenos procedentes
da circulación e desenvolve a resposta inmune). O tecido linfoide asociado a mucosas protexe fronte aos
axentes patóxenos que utilizan as mucosas como vía de entrada (0.2px5).
As vacinas son preparados antixénicos que estimulan o sistema inmune producindo una inmunidade
activa (0.4p). Os soros son derivados do sangue de animais aos que se inoculou un antíxeno para
inducir a formación de anticorpos específicos. Os soros obtidos producen inmunidade pasiva (0.4p). As
vacinas producen unha activación de linfocitos T e B. No caso dos soros, os anticorpos introducidos no
organismo actúan directamente sobre o antíxeno (0.2p).
1.5. Terminoloxía Agrupa de tres en tres, mediante unha frase, os termos relacionados
(Valoración: 1 punto, 0,2 por frase correcta).
O colesterol é o precursor das hormonas sexuais
A cadea retardada sintetízase a partir dos fragmentos de Okazaki
O sustrato únese ao centro activo da encima
O bacteriófago é un virus que infecta bacterias
As mitocondrias conteñen ADN e ribosomas
1.6. Test Indica (no teu caderno de exame) se as seguintes afirmacións son verdadeiras ou falsas.
As respostas erróneas puntúan negativamente (Valoración: 1 punto, 0,1pX10).
1F, 2V, 3F, 4V, 5F, 6V, 7F, 8F, 9V, 10V
2. Cuestións (Valoración: 8 puntos, 2 puntos por cuestión).
2.11 Identifique a biomolécula que aparecen na Figura 2 e indique as súas características químicas. De
que tipo de principios inmediatos forma parte? Se se enlazan dúas destas moléculas, que clase de
molécula resultaría? Como se formaría o enlace e que nome recibe?
Trátase dun aminoácido, que é unha molécula cun grupo amino e outro ácido (0.3p). As súas
características químicas son: carácter anfótero e presenza dun carbono asimétrico (actividade óptica)
(0.5p). Forman parte das proteínas (0.2p). Cando se enlazan dous aminoácidos obtemos un dipéptido
(0.2p).
Este enlace fórmase pola unión do OH do grupo carboxilo dun aminoácido e un grupo H do grupo amino
do outro, coa conseguinte liberación dunha molécula de auga (0.6p); o enlace que se forma denomínase
enlace peptídico (0.2p).
2.2. Explique brevemente en que consisten as seguintes actividades e
indica unha estrutura ou orgánulo eucariota onde poida producirse:
glicólise, fosforilación oxidativa, ciclo de Calvin e ciclo de Krebs.
A glicólise ten lugar no citosol da célula e é a ruta catabólica que leva
á degradación da glicosa a piruvato. Mediante esta ruta a glicosa vai
dar lugar a dúas moléculas de ácido pirúvico, 2 ATP e 2 NADH (0.5p).
A fosforilación oxidativa ten lugar nas mitocondrias e consiste na síntese de ATP ligado ao transporte de
electróns na cadea respiratoria mitocondrial (0,5p). O ciclo de Calvin ten lugar no estroma dos
cloroplastos. Consiste na incorporación de CO2 a un composto de 5 átomos de carbono (ribulosa 1,5
difosfato) para obter moléculas de triosas fosfato (0,5p). O ciclo de Krebs ten lugar na matriz mitocondrial
e consiste nunha serie de reaccións que conlevan a oxidación completa do acetil Coenzima A ata
moléculas de CO2, obténdose poder redutor en forma de NADH y FADH2 (0,5p).
2.3. Con relación á teoría cromosómica da herdanza, explique o significado dos seguintes conceptos:
xenes ligados, sobrecruzamento (entrecruzamento ou crossing-over), autosoma, cromátidas,
centrómeros, cromosomas homólogos.
Xenes ligados: son xenes dun mesmo cromosoma que se transmiten xuntos cunha frecuencia maior que
a que cabería esperar polo azar (0.3p). Sobrecruzamento: durante a meiose, na profase I, pódese
producir un intercambio de xenes ou material xenético entre cromosomas homólogos (0.5p). Autosoma:
cromosoma que non intervén na determinación do sexo (0.3p). Cromátida: cada unha das partes
simétricas do cromosoma metafásico que están constituídas por dúas moléculas de ADN idénticas.
Chámanse cromátidas irmáns e están unidas polo centrómero (0.3p).. Centrómero: rexión do
cromosoma que mantén unidas as cromátidas irmáns. Ten unha posición variable dentro do cromosoma,
sendo a rexión pola que se xunta o cromosoma ao fuso acromático (0.3p). Cromosoma homólogo. Cada
un dos cromosomas que conteñen a información xenética para os mesmos caracteres procedentes do
pai e a nai (0.3p).
2.4. En función da súa capacidade para tinguirse, como se clasifican as bacterias? A que se debe esa
desigual capacidade? Describa as principais estruturas da célula bacteriana, axudándose dun debuxo.
En bacterias Gram+ e Gram- (0.2p). Esta desigual capacidade débese á estrutura da parede celular. A
parede dunha bacteria Gram + posúe unha capa grosa constituída por peptidoglicano ou mureína. No
caso das Gram -, a parede é máis fina pero presenta unha estrutura máis complexa (0.8p). As principais
estruturas dunha célula bacteriana son: ADN circular no citoplasma, membrana plasmática, parede
bacteriana, ribosomas e citoplasma.
Ademais poden presentar cápsula, plásmidos, pili, flaxelos, etc.
(1p).
2.5. Terminoloxía Agrupa de tres en tres, mediante unha frase,
os termos relacionados (Valoración: 1 punto, 0.2 por frase
correcta).
A encima reduce a enerxía de activación da reacción
Os fotosistemas atópanse nas membranas tilacoidais
A teoría endosimbióntica propón que os actuais cloroplastos proceden de bacterias
As inmunoglobulinas son proteínas de defensa
Durante a fosforilación oxidativa prodúcese síntese de ATP
2.6. Test Indica (no teu caderno de exame) se as seguintes afirmacións son verdadeiras ou falsas.
As respostas erróneas puntúan negativamente (Valoración: 1 punto, 0,1pX10).
1V, 2V, 3V, 4F, 5V, 6V, 7F, 8F, 9F, 10F
PAU Código: 21

XUÑO 2012

BIOLOXÍA
Estrutura da proba: a proba componse de dúas opcións A e B. Só se poderá contestar a unha das dúas opcións, desenvolvendo integramente o
seu contido. Puntuación: a cualificación máxima total será de 10 puntos, estando indicada en cada cuestión a súa puntuación parcial. Tempo: 1
hora e 30 minutos
OPCIÓN A
1. Cuestións (Valoración: 8 puntos, 2 puntos por cuestión).
1 Explique brevemente o significado destes termos e indique as diferenzas entre eles: ácido graxo saturado-ácido graxo
insaturado, fosfolípido-graxa. Como forman os fosfolípidos unha bicapa en presenza de auga? Explique, mediante exemplos, as
funcións dos lípidos.
2 En relación á Figura 1, que representa o debuxo?. En qué tipo de célula se atopa? Indique o nome e función das estruturas
sinaladas do 1 ao 6.
3 A meiose é un proceso que acontece na gametoxénese. En qué consiste a meiose e cál é a súa finalidade?. Onde hai máis
ADN, nun ovocito de 2º orde ou nun óvulo?. Nunha espermatocito de 2º orde ou nun espermatozoide? Razoe as respostas.
4 Cite tres características do sistema inmune. En qué consiste a inmunidade artificial?. Cal é a diferenza entre inmunidade artificial
activa e pasiva?
5 Terminoloxía Agrupa de tres en tres, mediante unha frase, os termos relacionados (Valoración: 1 punto, 0,2 por frase
correcta).
cromosoma, aminoácido, cloroplastos, síntese, gametos, xene, bacterias, ARN, sexual, teoría, locus, triplete, transcrición,
reprodución, codón
6 Proba Indica (no teu caderno de exame) se as seguintes afirmacións son verdadeiras ou falsas. As respostas erróneas
puntúan negativamente (Valoración: 1 punto, 0,1pX10).
1.6.1 O encima Rubisco cataliza a reacción de fixación do 1.6.7 Os encimas de restrición cortan a cadea de ADN por
carbono inorgánico para formar un composto orgánico secuencias específicas de nucleósidos
1.6.2 A clorofila é o principal pigmento da fotosíntese 1.6.8 Os macrófagos son glóbulos brancos que sintetizan
1.6.3 A hemoglobina é unha proteína globular con estrutura anticorpos ante a presenza dun antíxeno
cuaternaria 1.6.9 As micorrizas son unha asociación simbiótica entre
1.6.4 Os enlaces de hidróxeno son de tipo covalente un fungo e a raíz dunha planta
1.6.5 As bacterias quimiosintéticas son organismos 1.6.10 O fotosistema I é o responsable da liberación de
procariotas osíxeno na fotosíntese
1.6.6 Os virus están formados por proteínas, ADN e ARN

OPCIÓN B
1. Cuestións (Valoración: 8 puntos, 2 puntos por cuestión).
1 Identifique a molécula que está representada na Figura 2. Se dúas desas moléculas se unen entre si, que tipo de composto se
formará como resultado desta unión e a qué grupo de principios inmediatos pertence? Represente e nomee o enlace formado
entre as dúas moléculas. Cite dous polímeros formados por unidades da devandita molécula e indique a súa función nos seres
vivos.
2 Cite os orgánulos e estruturas que son exclusivas das células eucarióticas vexetais e comente as súas funcións máis
importantes.
3 O tamaño normal da planta de tomate débese a un xene N dominante sobre o anano. A cor vermella do tomate depende dun
factor R dominante sobre o amarelo. Crúzase unha planta de tomates vermellos e tamaño normal, con outra de tomates amarelos
e de tamaño normal e obtéñense: 30 plantas normais de tomates amarelos, 30 plantas normais de tomates vermellos, 10 plantas
ananas de tomates vermellos e 10 plantas de tomates amarelos pero ananas. Cales son os xenotipos das plantas que se cruzan?
E os da descendencia? Realice o cruzamento.
4 Explique brevemente o concepto de fermentación e tipos desta. Que é un lévedo? Cite dous procesos industriais nos que
participe.
5 Terminoloxía Agrupa de tres en tres, mediante unha frase, os termos relacionados (Valoración: 1 punto, 0,2 por frase
correcta).
coencima, linfocitos B, osíxeno, substancia, D-glicosa, NAD+, fotosíntese, isómeros, alerxia, proteínas, anticorpos, ATP, D-frutosa,
hipersensible, nicotinamida
6 Proba Indica (no teu caderno de exame) se as seguintes afirmacións son verdadeiras ou falsas. As respostas erróneas
puntúan negativamente (Valoración: 1 punto, 0,1pX10).
2.6.1 Os encimas son proteínas que modifican a velocidade 2.6.6 A enfermidade da SIDA está causada por un retrovirus
das reaccións nas que interveñen 2.6.7 O ARN transferente leva a información codificada
2.6.2 Os esteroides son lípidos saponificables dende o núcleo aos ribosomas
2.6.3 A solubilidade dunha proteína globular permanece 2.6.8 A encefalite bovina esponxiforme está producida por
inalterada cando esta se desnaturaliza prións
2.6.4 Na glicólise, dúas moléculas de ácido pirúvico dan 2.6.9 As mutacións xénicas afectan a un só xene
lugar a unha de glicosa 6-P 2.6.10 O transporte activo a través da membrana plasmática
2.6.5 Os polirribosomas son varios ribosomas unidos a unha realízase a favor de gradiente
molécula de ARN mensaxeiro
PAU Código: 21

XUÑO 2012

BIOLOXÍA

OPCIÓN A
FIGURA 1

OPCIÓN B
FIGURA 2
PAU Código: 21

SETEMBRO 2012

BIOLOXÍA
Estrutura da proba: a proba componse de dúas opcións: A e B. Só se poderá contestar a unha das dúas opcións, desenvolvendo
integramente o seu contido. Puntuación: a cualificación máxima total será de 10 puntos, estando indicada en cada cuestión a súa
puntuación parcial. Tempo: 1 hora e 30 minutos
OPCIÓN A
1. Cuestións (Valoración: 8 puntos, 2 puntos por cuestión).
1 Explique brevemente a fórmula xeral dun aminoácido. Represente e explique a formación dun enlace peptídico. Como
se denomina o composto obtido? Indique as diferenzas entre a estrutura secundaria en α-hélice e en lámina pregada
das proteínas.
2 En relación ao catabolismo, responda as seguintes preguntas: Que entende por glicólise? En que consiste a
descarboxilación oxidativa do piruvato? Cal é a procedencia do acetil-CoA que ingresa no ciclo de Krebs? Que
coencimas reducidos se forman no ciclo de Krebs? Cal é a finalidade da cadea respiratoria?
3 Indique a que se refiren estes 5 termos: ARNt, codón, transcrición, tradución e lugar P.
4 Explique que son: linfocitos B, linfocitos T e macrófago e indique as súas funcións. Estableza a diferenza entre
inmunidade natural e artificial.
5 Terminoloxía Agrupa de tres en tres, mediante unha frase, os termos relacionados (Valoración: 1 punto, 0,2
por frase correcta).
α-hélice, cromosoma X, cigoto, adenina, bacterias, proteínas, fecundación, hereditaria, púricas, cloroplastos,
secundaria, hemofilia, teoría, guanina, gametos
6 Proba Indica (no teu caderno de exame) se as seguintes afirmacións son verdadeiras ou falsas. As respostas
erróneas puntúan negativamente (Valoración: 1 punto, 0,1pX10).
1.6.1 A sacarosa obtense por hidrólise do amidón 1.6.6 A glicosa e a celobiosa son monosacáridos
1.6.2 Os ribosomas son orgánulos encargados de 1.6.7 O daltonismo é unha enfermidade hereditaria
reparar o ADN ligada ao cromosoma X
1.6.3 O anticodón é un triplete de bases que forma 1.6.8 A β-oxidación dos ácidos graxos ten lugar nos
parte do ARN transferente cloroplastos
1.6.4 Os fosfolípidos das membranas celulares 1.6.9 A cápsida é unha estrutura típica das células
atópanse formando micelas procariotas
1.6.5 A fase escura da fotosíntese ten lugar na 1.6.10 O promotor dun xene atópase localizado no
membrana tilacoidal extremo 3'

OPCIÓN B
1. Cuestións (Valoración: 8 puntos, 2 puntos por cuestión).
1 Cal é a estrutura química dun nucleósido? E dun nucleótido? Que tipos de nucleótidos coñece? Cite catro
biomoléculas formadas por nucleótidos e comente a súa función biolóxica.
2 Realice un esquema dun cloroplasto observado ao microscopio electrónico, e sinale as súas compoñentes estruturais.
Indique que procesos metabólicos teñen lugar no seu interior e en que parte do cloroplasto se realizan.
3 Acerca da Figura 1, indique, de qué proceso se trata e qué etapa do mesmo representa. En que lugar da célula
eucariótica se realiza este proceso? Que son e que función desempeñan os elementos sinalados cos números 1 ao 3?
Indique o tipo de enlace que caracteriza a molécula 4. Substitúa M e N polo seu correspondente extremo 3´ ou 5´.
Substitúa as letras H, I, J, X e Z polas letras correctas e indique qué significan.
4 Explique e represente mediante un debuxo o ciclo lítico dun bacteriófago. Sinale as distintas etapas do ciclo e explique
brevemente que acontece en cada unha delas.
5 Terminoloxía Agrupa de tres en tres, mediante unha frase, os termos relacionados (Valoración: 1 punto, 0,2
por frase correcta).
replicación, cromátidas, linfocitos T, enerxía, membrana, anafase, glicocálix, medula, Na/K, mitose, plasmática, ADN,
helicasas, timo, bomba
6 Proba Indica (no teu caderno de exame) se as seguintes afirmacións son verdadeiras ou falsas. As respostas
erróneas puntúan negativamente (Valoración: 1 punto, 0,1pX10).
2.6.1 Os virus con ADN son sempre retrovirus 2.6.7 Os ácidos graxos saturados presentan un ou máis
2.6.2 A vacina é unha forma de inmunidade artificial dobres enlaces na súa cadea
2.6.3 O nucléolo e a cromatina están no nucleoplasma 2.6.8 Os peroxisomas almacenan encimas que
2.6.4 A duplicación do ADN ten lugar na interfase do interveñen na oxidación de substancias
ciclo celular 2.6.9 O substrato é a substancia transformada polo
2.6.5 As proteínas fórmanse pola unión de nucleótidos encima
mediante enlaces peptídicos 2.6.10 O Fe, Cu e Mn son oligoelementos
2.6.6 Todas as células eucarióticas conteñen
cloroplastos e mitocondrias
PAU Código: 21

SETEMBRO 2012

BIOLOXÍA

OPCIÓN B

FIGURA 1
OPCIÓN A
1. Cuestiones (Valoración: 8 puntos, 2 puntos por cuestión).
1 Explique brevemente o significado destes termos e indique as diferenzas entre eles: ácido graxo saturado–ácido graxo
insaturado, fosfolípido-graxa. Cómo forman os fosfolípidos unha bicapa en presenza de auga? Explique, mediante
exemplos, as funcións dos lípidos.
Os ácidos graxos saturados son aqueles que presentan enlaces sinxelos na cadea hidrocarbonada e os ácidos graxos
insaturados son aqueles que presentan un ou máis enlaces dobres na cadea. Os fosfolípidos e as graxas son ésteres
de ácidos graxos con glicerina, coa diferenza que o fosfolípido leva ademais un fosfato na súa estrutura. (0.5p).
Os fosfolípidos son capaces de formar unha bicapa en presenza de auga debido ao seu carácter anfipático.
Caracterizanse por posuír unha parte polar, hidrófila e unha parte apolar, hidrófoba. En presenza de auga, dispóñense
de xeito que a parte polar queda mergullada na auga mentres que as partes apolares enfróntanse entre elas (0.75p).
Funcións dos lípidos: reserva (almacenando enerxía en forma de graxas), estrutural (lípidos de membrana), reguladora
(vitaminas e hormonas), transportadora (lipoproteínas), dixestiva (emulsión de graxas), fotosintética (pigmentos
fotosintéticos), protectora (ceras impermeabilizantes). (Basta con explicar 3 funcións) (0.25x3=0.75p).
2 En relación á Figura 1 qué representa o debuxo? En qué tipo de célula se atopa? Indique o nome e función das
estruturas sinaladas do 1 ao 6.
É o núcleo dunha célula eucariota (0.1p) en estado de interfase (0.1p).
1. Retículo endoplásmico rugoso. Relacionado ca síntese de proteínas. 2. Poro nuclear. Estrutura dinámica que delimita
canais para o paso de sustancias entre o citoplasma e o nucleoplasma. 3. Envoltura nuclear. Estrutura que delimita ao
núcleo e que desaparece no momento da división nuclear. 4. Nucleolo. Estrutura formada por ADN, ARN e proteínas. As
funcións principais son: síntese de ARNr e formación dos precursores ribosomais. 5 Nucleoplasma. Solución acuosa na
que se atopa o material nuclear. 6. Cromatina. É o ADN asociado a proteínas formando unha estructura empaquetada e
compacta (0.3x6=1.8p).
3 A meiose é un proceso que ocorre na gametoxénese. En qué consiste a meiose e cál e a súa finalidade? Ónde hai
mais ADN, nun ovocito de 2º orden ou nun óvulo? En un espermatocito de 2º orden ou nun espermatozoide? Razoe as
respostas.
A meiose é un mecanismo especial de división celular polo cal, a partir dunha célula nai diploide, se orixinan 4 células
fillas haploides. Trátase dunha división reduccional na que as células fillas teñen a metade de cromosomas que a nai, e
unicamente a van a experimentar algunhas células diploides. Consta de dúas divisións celulares consecutivas divididas
en fases (explicalas brevemente), pero antes da 2º división non hai duplicación do ADN, polo que ao final se forman 4
células fillas haploides. Ademais durante a meiose se produce o intercambio de xenes entre o par de cromosomas
homólogos, o que se coñece como recombinación xénica, có que se consigue incrementar a variabilidade xenética dos
futuros gametos (1.5p). A finalidade é lograr a formación de gametos que se fusionarán para dar lugar ao cigoto (0.5p).
A cantidade de ADN é maior nun ovocito de 2º orde que no óvulo porque aínda que ambas células son haploides, a
primeira presenta cromosomas con dúas cromátidas e a segunda, cromosomas cunha soa cromátida. O mesmo
razoamento é valido para xustificar que a cantidade de ADN é maior no espermatocito de 2º orde que no
espermatozoide.
4 Cite tres características do sistema inmune. En qué consiste a inmunidade artificial? Cal é a diferenza entre
inmunidade artificial activa e pasiva?
Especificidade, memoria, diversidade, especialización, autolimitación ou ausencia de autorreactividad (0.2x3=0.6p)
A inmunidade artificial consiste en protexer a un individuo fronte a un patóxeno ou partícula nociva sen que teña que
sufrir as consecuencias da infección ou do contacto coa mesma (0.7p).
A inmunidade artificial activa, consiste na administración de vacinas. Introdución de xermes mortos ou atenuados,
incapaces de desenvolver a enfermidade ou que a desenvolven levemente, pero que son portadores dos antíxenos
específicos que desencadean a resposta inmune, conferindo memoria inmunolóxica ao organismo. É un método
preventivo. A duración desta inmunidade é temporal ou permanente. A inmunidade artificial pasiva, cuxo principal
método é a soroterapia, consiste en inxectar ao individuo que sufre a infección, os anticorpos específicos do antíxeno
causante, sen que haxa que esperar á resposta inmune do individuo. É un método curativo. (0.7p).
1.5 Terminoloxía Agrupa de tres en tres, mediante unha frase, os termos relacionados (Valoración: 1 punto, 0,2
por frase correcta).
A transcripción é a síntese de ARNm.
Os gametos participan na reproducción sexual
Un codón é un triplete de bases que codifica para un aminoácido
Hai unha teoría que postula que os cloroplastos proceden de bacterias
Un locus é o lugar que ocupa un xene nun cromosoma

1.6 Test Indica (no teu caderno de exame) si as seguintes afirmacións son verdadeiras ou falsas. As respostas
erróneas puntúan negativamente (Valoración: 1 punto, 0,1pX10).
1V, 2V, 3V, 4F, 5V, 6F, 7F, 8F, 9V, 10F

OPCIÓN B
2. Cuestións (Valoración: 8 puntos, 2 puntos por cuestión).
1 Identifique a molécula que está representada na Figura 2. Si dúas desas moléculas se unen entre si, que tipo de
composto se formará como resultado desa unión e a qué grupo de principios inmediatos pertence? Represente e nomee
o enlace formado entre as dúas moléculas. Cite dous polímeros formados por unidades de dita molécula e indique a súa
función nos seres vivos.
Se trata de α-D-glicosa (0.2p).
Se se uniran dúas moléculas de α-D-glicosa, obteríamos un disacárido denominado
maltosa (0.2p) que pertence a o grupo dos glúcidos (0.2p).
Debuxo correcto do enlace. (0.6p).
Como polímeros do mesmo grupo de glúcidos temos o almidón, a celulosa e o
glucóxeno. O almidón é un polisacárido vexetal con función de reserva. O
glucóxeno é un polisacárido animal, tamén con función de reserva. Se almacena no
fígado, onde actúa como reserva enerxética do resto das células e no tecido
muscular, ónde sirve de almacén de enerxía para o uso inmediato das células
musculares. A celulosa é un compoñente das paredes das células vexetais
(0.4x2=0.8p)
2 Cite os orgánulos e estruturas que son exclusivos das células eucariotas vexetais e comente as súas funciones máis
importantes
Parede celular vexetal e cloroplastos. A parede celular é a cuberta externa da célula vexetal, que actúa como
exoesqueleto protexendo e dando forma á célula pero permitindo o seu crecemento (1.0p).
Os cloroplastos son os orgánulos ónde ten lugar a fotosíntese (preciso explicala brevemente) (1.0p).
3 O tamaño normal da planta de tomate debese a un xene N dominante sobre o anano. A cor vermella do tomate
depende dun factor R dominante sobre o marelo. Se cruza unha planta de tomates vermellos e tamaño normal, con
outra de tomates marelos e de tamaño normal e se obteñen: 30 plantas normais de tomates marelos, 30 plantas
normais de tomates vermellos, 10 plantas ananas de tomates vermellos e 10 plantas de tomates marelos pero ananas,
cales son os xenotipos das plantas que se cruzan? E os da descendencia? Realice o cruzamento .

Alelos, N: tamaño normal, n: anano. Alelos, R: tomates vermellos, r: tomates amarelos (0.5p).
Xenotipos das plantas que se cruzan, Nn Rr x Nn rr (0.5p).
Xenotipos da F1: (0.5p).
30 plantas normais de tomates amarelos (Nn rr/ NN rr/)
30 plantas normais de tomates vermellos (NN Rr/ Nn Rr)
10 plantas ananas de tomates vermellos (nn Rr)
10 plantas de tomates amarelos pero ananas (nn rr)

NR Nr nR nr
Nr NNRr NNrr NnRr Nnrr
Normal Normal Normal Normal
Vermello Amarelo Vermello Amarelo
nr NnRr Nnrr nnRr Nnrr
Normal Normal Anana Anana
Vermello Amarelo Vermello Amarelo

(0.5p)

4 Explique brevemente o concepto de fermentación e tipos da mesma. Que é un lévedo? Cite dous procesos industriais
nos que participe.
A fermentación é un proceso de degradación anaerobia da glicosa, cuxa finalidade é a obtención de enerxía en forma
+
de ATP e a rexeneración do NAD . Destacar o dous tipos de fermentación: láctica e alcohólica. Na fermentación láctica,
a glicosa se degrada de forma anaerobia a ácido láctico. A fermentación etanólica, é a degradación anaerobia da
glicosa a etanol (1.4p).
Un lévedo é un fungo unicelular. Tratase dun organismo eucariota, con parede celular e sen clorofila (0.2p).
Como exemplos valería: elaboración da cervexa, elaboración do viño, do queixo, do kefir. (0.4p).
2.5 Terminoloxía Agrupa de tres en tres, mediante unha frase, os termos relacionados (Valoración: 1 punto, 0,2
por frase correcta).
A D-glicosa e a D-fructosa son isómeros
Na fotosíntese se libera O2 e se produce ATP
Ser hipersensible ante una sustancia pode provocar unha alerxia
O NAD+ é unha coenzima que contén nicotinamida
Os anticorpos son proteínas producidas polos linfocitos B

2.6 Test Indica (no teu caderno de examen) se as seguintes afirmacións son verdadeiras ou falsas. As respostas
erróneas puntúan negativamente (Valoración: 1 punto, 0,1pX10).
1V, 2F, 3F, 4F, 5V, 6V, 7F, 8V, 9V, 10F

CONVOCATORIA DE SETEMBRO

OPCIÓN 1
1. Cuestións (Valoración: 8 puntos, 2 puntos por cuestión).
1 Explique brevemente a fórmula xeral dun aminoácido ) (0,5p) Represente e explique a formación dun enlace
peptídico (0,75p) . Como se denomina o composto obtido? (0,25p) Indique as diferenzas entre a estrutura secundaria
en α-hélice e en lámina pregada das proteínas (0,5p).

Un aminoácido é un ácido orgánico que ten no mesmo C, un grupo amino (-NH2), un grupo carboxilo (-COOH), un
hidróxeno (-H) e un 4º radical (-R) que é unha cadea lateral, variable que dará lugar aos diferentes aminoácidos (ata
20).

Un enlace peptídico fórmase pola unión do OH do grupo


carboxilo dun aa e un H do grupo amino doutro aa,
liberándose unha molécula de auga.

O composto obtido pola unión dos aminoácidos se


denomínase péptido.

Cando se xeran pontes de hidróxeno dentro da mesma cadea, entre o osíxeno do grupo carboxilo dun aa e o H do
grupo amino doutro aa, xérase unha disposición α-hélice. Cando as pontes de hidróxeno se producen entre dous
aminoácidos de cadeas distintas ou de segmentos alonxados da mesma cadea, os planos que conteñen os enlaces
peptídicos contiguos, dispóñense lixeiramente pregados entre si, formando a estrutura en lámina pregada.

2 En relación ao catabolismo, responda ás seguintes preguntas: Que entende por glicolise? (0,4p) En que consiste a
descarboxilación oxidativa do piruvato? (0,4p) Cal é a procedencia do acetil-CoA que ingresa no ciclo de Krebs? (0,4p)
Que coenzimas reducidas se forman no ciclo de Krebs? (0,2p) Cal é a finalidade da cadea respiratoria? (0,6p)

A glucolise é a secuencia de reaccións que teñen lugar no citosol e que conduce á degradación dunha molécula de
glicosa en dúas moléculas de piruvato, xerándose ATP e NADH, non requirindo a presenza de osíxeno.

A descarboxilación oxidativa do piruvato consiste na súa transformación a CO2 e Acetil Coa na mitocondria.

A orixe do Acetil-Coa que se dirixe ao ciclo de Krebs está na degradación de ácidos graxos, glicosa e algúns
aminoácidos.

Fórmanse as coenzimas reducidas NADH2 e FADH2

Obter enerxía en forma de ATP tendo o osíxeno como aceptor final de electróns.

3 Indique a que se refiren estes 5 termos: ARNt, codón, transcrición, tradución e lugar P (0,4x5=2p)

ARNt: É un tipo ARN que intervén na síntese de proteínas, uníndose a aminoácidos específicos e transportándoos ata
os ribosomas.

Codón: Secuencia de tres nucleótidos do ARNm que se corresponde cun aminoácido e se une o ARNt

Transcrición: Proceso polo cal se sintetiza unha molécula de ARN complementaria a unha das cadeas do ADN por
medio de reaccións catalizadas pola RNA polimerasa.
Tradución: Proceso que ten lugar nos ribosomas, polo cal se lee a información da molécula de ARNm e se sintetiza
unha secuencia polipeptídica.

Lugar P: Lugar localizado na subunidade grande do ribosoma que é ocupado polo ARNt iniciador unido á metionina,
formando así o complexo de iniciación, durante o proceso de a tradución.

4 Explique que son: linfocitos B, linfocitos T e macrófagos e indique as súas funcións (0,5x3=1,5p) Estableza a
diferenza entre inmunidade natural e artificial (0,5p)

Os linfocitos B son glóbulos brancos que se orixinan e maduran na medula ósea. Os linfocitos B, son os encargados da
produción de anticorpos e da resposta humoral. Unha vez o linfocito B é activado, pode dar lugar a células pasmáticas,
que producirán anticorpos ou ben células de memoria.

Os linfocitos T son glóbulos brancos ou leucocitos que se orixinan na medula ósea e que maduran no timo. Os linfocitos
T son os responsables da inmunidade celular.

Os macrófagos son células sanguíneas, orixinadas na medula ósea, que se orixinan a su vez a partir dos monocitos.
Son fagocitos que actúan como células presentadoras de antíxenos.

A principal diferenza consiste en que na inmunidade artificial introdúcense no organismo sustancias (soros o vacinas)
para obter a resposta inmunitaria; mentres que a inmunidade natural adquírese pola exposición a axentes patóxenos ou
a través da placenta.

1.5 Terminoloxía Agrupa de tres en tres, mediante unha frase, os termos relacionados (Valoración: 1 punto, 0,2
por frase correcta).

A hemofilia é unha enfermidade hereditaria ligada ao cromosoma X


O cigoto orixínase pola fecundación dos gametos
A adenina e a guanina son bases púricas
A teoría endosimbiótica relaciona a orixe dos cloropastos con bacterias fotosintéticas
A α-hélice é un tipo de estrutura secundaria das proteínas

1.6 Test
1F, 2F, 3V, 4F, 5F, 6F, 7V, 8F, 9F, 10F

OPCIÓN 2
2. Cuestións (Valoración: 8 puntos, 2 puntos por cuestión).
1 Cal é a estrutura química dun nucleósido? (0,4p) E dun nucleótido? (0,4p) Que tipos de nucleótidos coñece? (0,2p)
Cite catro biomoléculas formadas por nucleótidos e comente a súa función biolóxica (1p)

A estrutura química dun nucleósido é unha molécula de base nitroxenada que se une a unha molécula de pentosa
mediante un enlace N-glicosídico.

A estrutura química dun nucleótido é a dun nucleósido unido a unha molécula de ácido fosfórico, mediante un enlace
ester fosfórico, a través do grupo hidroxilo do quinto carbono da pentosa.

Os ribonucleótidos (AMP, CMP, GMP, TMP) e os desoxirribonucleótidos (dAMP, dCMP, dGMP, dTMP).

Entre as biomoléculas formadas por nucleótidos temos: ADN, ARN e outros que non constitúen ácidos nucleicos
(coenzimas, nucleótidos derivados do AMP, etc). Considerarase válida unha breve explicación da función das moléculas
citadas.

2 Realice un esquema dun cloropasto observado ao microscopio electrónico, e sinale os seus compoñentes estruturais
(0,3+0,7=1p). Indique que procesos metabólicos teñen lugar no seu interior e en que parte do cloropasto se realizan
(1p).

Válido calquer deseño que presente os principais compoñentes


estruturais

Compoñentes estruturais. Membrana externa, espazo


intermembranal, membrana interna, estroma, membrana tilacoidal
(lumen do tilacoide, granas e lamelas) ribosomas e ADN.

No estroma do cloroplasto ten lugar o ciclo de Calvin ou fase


escura da fotosíntese.
Nas membranas tilacoidais ten lugar a fase luminosa da fotosíntese.

3 Acerca da Figura 1, indique de que proceso se trata e que etapa do mesmo representa? (0,6p) En que lugar da célula
eucariota se realiza este proceso? (0,2p) Que son e que función desempeñan os elementos sinalados cos números 1 ao
3? (0,6p) Indique o tipo de enlace que caracteriza á molécula 4 (0,2p). Substitúa M e N polo seu correspondente
extremo 3´ o 5´ (0,2p). Substitúa as letras H, I, J, X, E e Z polas letras correctas e indique que significan (0,2p).

Trátase do proceso da tradución que conduce á síntese de proteínas, encontrándose na fase de elongación que
consiste basicamente na unión de aminoácidos nunha orde concreta, determinada pola orde dos tripletes ou codóns.

Ten lugar nos ribosomas presentes no citosol.

O 1 é a subunidade maior do ribosoma. Nel atópanse os sitios P (peptidil) e A (aminoacil) onde se unen as moléculas de
ARNt que portan os diferentes aminoácidos. Unha vez unidos nos lugares correspondentes, se establece un enlace
peptídico entre os aa enfrontados, formándose desta maneira a cadea polipeptídica.
O 2 é a molécula de ARNt, que por unha parte recoñece os aa de forma específica e os transporta cara os ribosomas e
por outro lado, recoñece os codóns do ARNm.
O 3 é o ARNm que porta a información xenética contida no ADN desde o núcleo ao citoplasma. Nel a información
preséntase nunha secuencia de bases.
.
O tipo de enlace que caracteriza á molécula 4 é o enlace peptídico.

M é 5’ e N é 3’

H:A; I:A;J:G;X:A;E:C;Z:C Cada letra representa unha base púrica ou pirimidínica e cada grupo de tres letras, especifica
un aminoácido

4 Explique e represente mediante un debuxo o ciclo lítico dun bacteriófago (0,5p). Sinale as distintas etapas do ciclo
(0,5p) e explique brevemente que ocorre en cada unha delas (0,2x5= 1p)

Denomínase ciclo lítico porque conduce á destrución da célula hóspede. Válido calquer deseño que presente as
principais etapas do ciclo lítico

1. Fase de fixación ou adsorción. Os bacteriófagos fíxanse


inicialmente a través das puntas das fibras caudais
mediante enlaces químicos, e posteriormente de forma
mecánica, ao cravar as espiñas basais na parede
bacteriana.

2. Fase de penetración. O bacteriófago, mediante encimas


lisozimas situadas na placa basal, perfora a parede celular
da bacteria e logo contrae a vaina da cola e introduce o
ADN a través do orificio practicado, co que o xenoma vírico
pasa directamente ao citoplasma.

3. Fase de eclipse. Dáselle este nome dado que non se


observan virus dentro da célula. Durante esta fase o virus
replica o seu ADN e sintetiza RNA que sirve de base para
a síntese de proteínas virais como os capsómeros.

4. Fase de ensamblaxe. Os capsómeros reúnense formando a cápsida, mentras que o ácido nucleico vírico prégase e
penetra na mesma.

5. Fase de lise ou liberación. Nesta fase, os novos virus saen ao exterior e son capaces de infectar outras bacterias.

2.5 Terminoloxía Agrupa de tres en tres, mediante unha frase, os termos relacionados (Valoración: 1 punto, 0,2
por frase correcta).

Os linfocitos T fórmanse na medula e maduran no timo


A bomba Na/K require enerxía para o seu funcionamento
Durante a anafase da mitose sepáranse as cromátidas irmáns
O glicocalix atópase na parte exterior da membrana plasmática
As helicasas participan na replicación do ADN

2.6 Test
1F, 2V, 3V, 4V, 5F, 6F, 7F, 8V, 9V, 10V
PAU Código: 21

XUÑO 2013

BIOLOXÍA
Estrutura da proba: a proba componse de dúas opcións: A e B. Só se poderá contestar a unha das dúas opcións, desenvolvendo integramente o
seu contido. Puntuación: a cualificación máxima total será de 10 puntos, estando indicada en cada cuestión a súa puntuación parcial. Tempo: 1
hora e 30 minutos
OPCIÓN A
1. Cuestións (Valoración: 8 puntos, 2 puntos por cuestión).
1 A que tipo de biomoléculas pertencen os polisacáridos? Por que unidades estruturais están formados? Explique e represente o
tipo de enlace que se establece entre ditas unidades. Cite tres polisacáridos de interese biolóxico e comente brevemente a súa
función.
2 No interior celular pódense atopar os seguintes orgánulos: núcleo, ribosomas, aparato de Golgi, retículo endoplásmico liso,
lisosomas, cloroplastos e mitocondrias. Indique a función principal de cada un dos orgánulos citados. Cales deles poderían estar
presentes nas células procariotas?. Cales deles conteñen ácidos nucleicos?
3 A seguinte secuencia polinucleotídica corresponde a unha febra de ADN dun xene bacteriano:
5'ATGCGAGGGGAAAATGCGTGTGTG3'. Indique a secuencia das febras complementarias sinalando os extremos 5' e 3'. A partir
da secuencia enunciada na pregunta, indique a secuencia de ARN que se xeraría sinalando os seus extremos 5' e 3'. Como se
denomina este último proceso resultado do cal se obtén a molécula de ARN? Explíqueo brevemente e indique os seus diferentes
compoñentes.
4 Represente mediante un debuxo o ciclo lisoxénico dun bacteriófago. Sinale as distintas etapas do ciclo e indique brevemente qué
acontece en cada unha delas.
5 Terminoloxía Agrupa de tres en tres, mediante unha frase, os termos relacionados (Valoración: 1 punto, 0,2 por frase
correcta).
ATP, hidrolíticos, lactosa, lisosomas, galactosa, profase, cromatina, nucleicos, glicosa, encimas, polímeros, escura, nucleótidos,
condensación, fotosíntese
6 Test Indica (no teu caderno de exame) se as seguintes afirmacións son verdadeiras ou falsas. As respostas erróneas
puntúan negativamente (Valoración: 1 punto, 0,1pX10).
1.6.1 No referente á súa estrutura, o ATP é un nucleósido 1.6.6 A reacción de Fehling utilízase para a identificación de
1.6.2 Os plásmidos son cromosomas bacterianos que se azucres oxidantes
empregan en enxeñaría xenética 1.6.7 A iluminación da mostra nun microscopio electrónico
1.6.3 Os oocitos de 1º orde son sempre células diplodes obtense grazas a un feixe de electróns
1.6.4 A hemofilia é unha enfermidade xenética ligada ao 1.6.8 As reaccións anabólicas son procesos de síntese
cromosoma Y 1.6.9 O retículo endoplasmático rugoso está implicado na
1.6.5 As proteínas de secreción son sintetizadas nas obtención de enerxía
vesículas do aparato de Golgi 1.6.10 A gliconeoxénese é o proceso de degradación da glicosa

OPCIÓN B
1. Cuestións (Valoración: 8 puntos, 2 puntos por cuestión).
1 Explique a estrutura da membrana plasmática, sinalando os seus compoñentes químicos e indicando as propiedades que lle
confiren á membrana cada un deles. Como se denomina o modelo que explica esta estrutura? Coménteo brevemente.
2 Identifique a estrutura representada na Figura 1 e indique a súa función biolóxica. Realice un debuxo e sinale 5 compoñentes
na devandita estrutura. Todas as células presentan esta estrutura? Razoe a resposta.
3 Explique, dende o punto de vista molecular, o concepto de xene. Que son os intróns e exóns? Que quere dicir que o código
xenético é dexenerado ou redundante? Que é un organismo transxénico?
4 Describa brevemente como se pode obter ácido láctico a partir de glicosa e qué rutas metabólicas implica. Coñece algún
exemplo? Que microorganismos son capaces de levar a cabo este proceso e que tipo de metabolismo exhiben?
5 Terminoloxía Agrupa de tres en tres, mediante unha frase, os termos relacionados (Valoración: 1 punto, 0,2 por frase
correcta).
ADN, grana, regulación, tilacoides, matriz, lípidos, enzimática, mitocondrial, esteroides, interfase, amoreados, Krebs, duplicación,
insaponificable, retroinhibición
6 Test As Indica (no teu caderno de exame) se as seguintes afirmacións son verdadeiras ou falsas. As respostas erróneas
puntúan negativamente (Valoración: 1 punto, 0,1pX10).
2.6.1 A cromatina está formada por ADN e histonas 2.6.7 A maltosa é un disacárido que se utiliza para fabricar
2.6.2 Unha célula haploide pode sufrir meiose cervexa
2.6.3 A transcrición do ARN prodúcese no núcleo 2.6.8 Na plasmólise as células perden auga e polo tanto
2.6.4 Os centríolos interveñen no proceso de mitose deshidrátanse
2.6.5 O transporte pasivo acontece en contra de gradiente 2.6.9 A parede celular vexetal está formada por amidón e
de concentración e require enerxía celulosa
2.6.6 O ácido láctico obtense a partir da glicosa por 2.6.10 O virus VIH infecta aos glóbulos vermellos
fermentación
PAU Código: 21

XUÑO 2013

BIOLOXÍA

OPCIÓN B

FIGURA 1
PAU Código: 21

SETEMBRO 2013

BIOLOXÍA
Estrutura da proba: a proba componse de dúas opcións: A e B. Só se poderá contestar a unha das dúas opcións, desenvolvendo
integramente o seu contido. Puntuación: a cualificación máxima total será de 10 puntos, estando indicada en cada cuestión a súa
puntuación parcial. Tempo: 1 hora e 30 minutos

OPCIÓN A
1. Cuestións (Valoración: 8 puntos, 2 puntos por cuestión).
1 Indique a natureza química, a función e ónde se atopan en maior abundancia as seguintes moléculas: glicóxeno,
fosfolípidos, colesterol e queratina.
2 Identifique o orgánulo que aparece representado na Figura 1. Realice un debuxo e sinale 5 compoñentes estruturais.
Indique qué procesos metabólicos teñen lugar no seu interior e en qué parte del se realizan.
3 As cores das flores dunha anxiosperma poden ser vermellas, rosas ou brancas. Sábese que este carácter está
determinado por dous xenes codominantes: vermello (V) e branco (B). Realice un esquema do cruzamento, indicando
de qué cor serán as flores dos descendentes do cruce entre plantas de flores rosas e en qué proporcións se atoparán.
4 Describa brevemente como se pode obter etanol a partir de glicosa e qué rutas metabólicas implica. Coñece algún
exemplo? Que microorganismos son capaces de levar a cabo este proceso e que tipo de metabolismo exhiben?
1.5 Terminoloxía Agrupa de tres en tres, mediante unha frase, os termos relacionados (Valoración: 1 punto, 0,2
por frase correcta).
ARNm, osíxeno, antíxenos, colesterol, fenotipo, fotosíntese, intróns, sangue, ambiente, anticorpos, maduración, rexións,
CO2, xenotipo, lipoproteínas
1.6 Test Indica (no teu caderno de exame) se as seguintes afirmacións son verdadeiras ou falsas. As respostas
erróneas puntúan negativamente (Valoración: 1 punto, 0,1pX10).
1.6.1 As mutacións son negativas para o individuo, 1.6.6 As reaccións anabólicas son reaccións de
pero vantaxosas para a especie síntese
1.6.2 Os macrógafos son células devoradoras de fagos 1.6.7 Na fotofosforilación cíclica solo se produce ATP
1.6.3 Un dictiosoma é un grupo de sacos do complexo 1.6.8 A parede das bacterias está formada por
de Golgi celulosa
1.6.4 A cromatina consiste en ARNm e proteínas 1.6.9 Un retrovirus é un virus de ARN monocatenal
1.6.5 Durante a anafase da mitose prodúcese a que utiliza a transcriptase inversa para sintetizar ADN
separación das cromátidas 1.6.10 O H2O actúa como axente redutor do P680 e a
plastocianina como axente redutor do P700

OPCIÓN B
1. Cuestións (Valoración: 8 puntos, 2 puntos por cuestión).
1 Represente a fórmula xeral dun aminoácido e indique que tipo de enlace se forma entre dous aminoácidos. Cales son os
principais factores que afectan á actividade enzimática? Razoe a resposta. Cite dúas propiedades dos enzimas polas que
se poidan considerar como biocatalizadores.
2 Identifique o tipo de célula representada na Figura 2. Indique o nome e función das estruturas numeradas do 1 ao 7.
3 Describa as fases da mitose. Indique en qué células ten lugar este tipo de reprodución celular e cal é o seu significado
biolóxico.
4 Que son os linfocitos? Enumere e explique os diferentes tipos de linfocitos que existen, indicando onde se producen, onde
maduran e en qué tipo de resposta participan. Describa as características dunha reacción inflamatoria.
5 Terminoloxía Agrupa de tres en tres, mediante unha frase, os termos relacionados (Valoración: 1 punto, 0,2 por
frase correcta).
ADN, medio, antibióticos, proteínas, fase, tilacoidais, plasmólise, mutación, ARN, fonte, enfermidades, xenética, virus,
célula, fotosíntese
6 Test Indica (no teu caderno de exame) se as seguintes afirmacións son verdadeiras ou falsas. As respostas
erróneas puntúan negativamente (Valoración: 1 punto, 0,1pX10).
2.6.1 Nos procesos de oxidación gáñanse electróns e
nos de redución pérdense 2.6.7 O transporte activo a través da membrana
2.6.2 O enlace peptídico é un enlace covalente plasmática realízase a favor de gradiente
2.6.3 A parede celular vexetal contén amidón e 2.6.8 Os anticorpos son glicoproteínas que son
celulosa producidas polas células plasmáticas
2.6.4 O interferón é unha proteína antivírica producida 2.6.9 A finalidade da meiose é formar células
por células animais haploides a partir de células diploides para a produción
2.6.5 O ciclo de Calvin prodúcese no estroma do de gametos
cloroplasto 2.6.10 Os virus están formados por proteínas, ARN e
2.6.6 O retículo endoplasmático rugoso intervén na ADN
síntese e secreción de proteínas
PAU Código: 21

SETEMBRO 2013

BIOLOXÍA

OPCIÓN A
FIGURA 1

OPCIÓN B
FIGURA 2
CONVOCATORIA DE XUÑO
1. Cuestións (Valoración: 8 puntos, 2 puntos por cuestión).
1 A que tipo de biomoléculas pertencen os polisacáridos? Por que unidades estruturais están formados?
Explique e represente o tipo de enlace que se establece entre as devanditas unidades. Cite tres polisacáridos
de interese biolóxico e comente brevemente a súa función.

Glícidos. (0.2)
Por monosacáridos. (0.2)
O enlace é un enlace O-glicosídico. (0.2)
Este tipo de enlace, fórmase entre un C dun dos monosacáricos e o grupo hidroxilo dun C do outro monosacárido
liberándose unha molécula de auga. (0.4). Representación: (0.4)
Exemplos de polisacáridos de interese biolóxico son o amidón, a celulosa e o glicóxeno. (0.2x3)
O amidón ten función de reserva.
O glicóxeno ten función de reserva.
A celulosa forma parte da estrutura da parede vexetal dándolle consistencia.

2 No interior celular pódense atopar os seguintes orgánulos: núcleo, ribosomas, aparello de Golgi, retículo
endoplásmico liso, lisosomas, cloroplastos e mitocondrias. Indique a función principal de cada un dos
orgánulos citados. Cales deles poderían estar presentes nas células procariotas? Cales deles conteñen ácidos
nucleicos?

Núcleo: replicación do ADN ou transcrición (ARNm, ARNt, ARN ribosómico). (0.2)


Ribosomas: síntese de proteínas. (0.2)
Aparello de Golgi: embalaxe dos produtos de secreción, glicosilación de proteínas ou distribución de moléculas ou
renovación da membrana plasmática (0.2)
Retículo endoplasmático liso: síntese almacén e transporte de lípidos ou detoxificación. (0.2)
Lisosomas: dixestión celular. (0.2)
Cloroplastos: fotosíntese. (0.2)
Mitocondria: respiración celular, obténdose enerxía en forma de ATP. (0.2)

Só terían ribosomas. (0.3)

Os orgánulos que conteñen ácidos nucleicos son o núcleo, mitocondrias, cloroplastos e ribosomas. (0.3)

3 A seguinte secuencia polinucleotídica corresponde a unha febra de ADN dun xene bacteriano:
5’ATGCGAGGGGAAAATGCGTGTGTG3’. Indique a secuencia das febras complementarias sinalando os
extremos 5’ e 3’. A partir da secuencia enunciada na pregunta, indique a secuencia de ARN que se xeraría
sinalando os seus extremos 5’ e 3’. Como se denomina este último proceso resultado do cal se obtén a
molécula de ARN? Explíqueo brevemente e indique os seus diferentes compoñentes.

A secuencia da febra complementaria sería: 3´TACGCTCCCCTTTTACGCACACAC5´ (0.3)


A secuencia de ARN a partir da secuencia de ADN enunciada sería 5’CACACACGCAUUUUCCCCUCGCAU3’
(0.3)

Transcrición (0.2)

Explicación: a transcrición ten lugar por medio de reaccións catalizadas pola ARN polimerasa utilizando a secuencia
de nucleótidos do ADN como molde. As ARN polimerasas (ARN pol) teñen unha dirección de síntese en sentido 5´-
>3´ e engaden os nucleótidos complementarios aos da cadea de ADN que se transcribe. (1.2)

4 Represente mediante un debuxo o ciclo lisoxénico dun bacteriófago. Sinale as distintas etapas do ciclo e
indique brevemente que ocorre en cada unha delas.

Válido calquera esquema ben representado do ciclo no que se indiquen as diferentes fases. (0.5)

Sinalar: fase de fixación, fase de penetración, fase de integración. (0.5)

Explicación:
Fase de fixación: o virus fíxase á superficie da célula a invadir.
Fase de penetración: o virus introduce o seu material xenético.
Fase de integración xenética: o material xenético do virus intégrase no material xenético da célula e aí permanece,
sen causar máis alteracións. Nun determinado momento, o virus comezará o ciclo lítico infectivo. (1.0)

1.5 Terminoloxía: agrupa de tres en tres, mediante unha frase, os termos relacionados (Valoración: 1 punto, 0,2 por
frase correcta).

Durante a fase escura da fotosíntese consómese ATP


Os lisosomas conteñen enzimas hidrolíticos
Durante a profase prodúcese a condensación da cromatina
Os ácidos nucleicos son polímeros de nucleótidos
A lactosa está formada pola unión de glicosa e galactosa

1.6. Test (Valoración: 1 punto, 0,1 por resposta correcta)


1F, 2F, 4F, 5F, 6F, 7V, 8V, 9F, 10 F (a pregunta 3 valorarase con 0,1 en todos os casos)

OPCIÓN B
2. Cuestións (Valoración: 8 puntos, 2 puntos por cuestión).
1 Explique a estrutura da membrana plasmática, sinalando os seus compoñentes químicos e indicando as
propiedades que lle confiren á membrana cada un deles. Como se denomina o modelo que explica esta
estrutura? Coménteo brevemente.

Estrutura: (0.5) (válida calquera explicación ou esquema)

Composición: a composición da membrana é maioritariamente lipoproteica (lípidos e proteínas), ademais de


diversos glícidos unidos ás moléculas anteriores. Os lípidos son de tres tipos: fosfolípidos (que forman a bicapa coas
colas apolares cara ao interior), glicolípidos e esterois (principalmente colesterol en células animais).
As proteínas poden ser intrínsecas, isto é, situadas na bicapa lipídica ou extrínsecas ou periféricas.
Os glícidos, a maioría son oligosacáridos que se unen ou ben aos lípidos (glicolípidos) ou ás proteínas
(glicoproteínas). Atópanse na cara externa da membrana. (0.5).

Propiedades: os lípidos proporcionan á membrana as súas características de pouca permeabilidade e alta fluidez.
As proteínas na membrana están relacionadas co control do paso de substancias e o recoñecemento celular.
Os glícidos contribúen á asimetría da membrana e interveñen no recoñecemento. (0.5).

Modelo do mosaico fluído. Segundo este modelo, tanto os lípidos como as proteínas forman un mosaico molecular
debido á súa distribución mesturada na membrana. Ambos os tipos de moléculas presentan unha ampla mobilidade
polo interior da membrana, outorgándolle un carácter fluído. Ademais, presenta un carácter asimétrico entre as súas
caras citoplásmica e externa. (0.5)

2 Identifique a estrutura representada na Figura 1 e indique a súa función biolóxica. Realice un debuxo e
sinale cinco compoñentes na devandita estrutura. Todas as células presentan esta estrutura? Razoe a
resposta.

Núcleo dunha célula eucariota en estado de interfase celular. (0.5)

Función: portador da información xenética. (0.5)

Válido calquera representación do núcleo onde se indiquen os seguintes compoñentes:


1. Poro nuclear. 2. Envoltura nuclear. 3. Nucléolo. 4 Nucleoplasma. 5. Cromatina. (0.5)

Non, só o presentan as células eucariotas, xa que só elas teñen delimitada esta estrutura por unha lámina fibrosa.
(0.5)

3 Explique, desde o punto de vista molecular, o concepto de xene. Que son os intróns e exóns? Que quere dicir
que o código xenético é dexenerado ou redundante? Que é un organismo transxénico?

Un xene é unha unidade de transcrición. (0.5)


A maioría dos xenes que codifican proteínas en eucariotas están fragmentados, é dicir, son descontinuos. As rexións
que codifican as proteínas chámanse exóns. As secuencias que non codifican proteínas denomínanse intróns. (0.5)

Significa que un aminoácido pode estar codificado por varios tripletes. (0.5)

Un organismo transxénico é aquel que contén un xene ou máis doutra especie ou material xenético procedente
doutro organismo. (0.5)

4 Describa brevemente como se pode obter ácido láctico a partir de glicosa e que rutas metabólicas implica.
Coñece algún exemplo? Que microorganismos son capaces de levar a cabo este proceso e que tipo de
metabolismo exhiben?

A glicosa seguiría a ruta da glicólise obténdose ácido pirúvico que, en ausencia de osíxeno, se convertería en ácido
láctico. (1.0)

Un exemplo de fermentación láctica é a produción de iogur, a partir da lactosa do leite. (0.5)

Os microorganismos capaces de realizar fermentación son algunhas bacterias e lévedos que presentan un tipo de
metabolismo anaerobio. (0.5)

2.5 Terminoloxía: agrupa de tres en tres, mediante unha frase, os termos relacionados (Valoración: 1 punto, 0,2 por
frase correcta).

Os esteroides son lípidos de tipo insaponificable


A gra está formada por tilacoides amoreados
Durante a interfase prodúcese a duplicación do ADN
O ciclo de Krebs ten lugar na matriz mitocondrial
A retroinhibición é un mecanismo de regulación enzimático(a)

2.6 Test (Valoración: 1 punto, 0,1 por resposta correcta)


1V, 2F, 3F, 4V, 5F, 6V, 7V, 8V, 9F, 10F

CONVOCATORIA DE SETEMBRO
OPCIÓN 1
1.Cuestións (Valoración: 8 puntos, 2 puntos por cuestión).
1 Indique a natureza química, a función e onde se atopan en maior abundancia as seguintes moléculas: glicóxeno,
fosfolípidos, colesterol e queratina

Glicóxeno. Glícido, función de reserva, atópase principalmente no fígado e no tecido muscular

Fosfolípidos. Lípido, función estrutural, que se atopa nas membranas celulares.

Colesterol. Lípido do grupo dos esteroides. A súa función é contribuír á rixidez/fluidez das membranas e é precursor
de ácidos biliares, hormonas esteroideas e da vitamina D. Atópase nas membranas celulares animais e no citosol.

Queratina. Proteína, función estrutural. Máis abundante nas capas máis externas da epidermis de vertebrados e
doutras estruturas como pelos, uñas, plumas, etc.
(0.5x4)

2 Identifique o orgánulo que aparece representado na Figura 1. Realice un debuxo e sinale 5 compoñentes
estruturais. Indique que procesos metabólicos teñen lugar no seu interior e en que parte do mesmo se realizan

Cloroplasto (0.3)

Darase por válido calquera debuxo onde se inclúan 5 compoñentes estruturais (0.2): Membrana externa, espazo
intermembranal, membrana interna, estroma, membrana tilcoidal (lumen do tilacoide, granas e lamelas) ribosomas e
ADN (0.5)
No estroma do cloropasto ten lugar o ciclo de Calvin ou fase escura dá fotosíntese (0.5). Nas membranas tilacoidais
ten lugar a fase luminosa dá fotosíntese (0.5).

3 As cores das flores dunha anxiosperma poden ser vermello, rosa ou branco. Sábese que este carácter está
determinado por dous xenes codominantes: vermello (R) e branco (B). Realice un esquema do cruzamento,
indicando de que cor serán as flores dos descendentes do cruzamento entre plantas de flores rosa e en que
proporcións atoparanse.

Esquema do cruzamento: Neste caso, o cruzamento sería RB X RB. Os xenotipos obtidos serían RR, RB e BB (1.5)

Cor da descendencia: Os fenotipos serían 25% de flores vermellas, 25% de flores brancas e 50% de flores rosas
(0.5)

4 Describa brevemente como se pode obter etanol a partir de glicosa e que rutas metabólicas implica. Coñece
algún exemplo? Que microorganismos son capaces de levar a cabo este proceso e que tipo de metabolismo
exhiben?

Mediante a glicolise producirase a degradación da glicosa no citosol, obténdose 2 moléculas de piruvato, 2


moléculas de ATP e NADH. A continuación o piruvato redúcese mediante a fermentación, en ausencia de O2. O
piruvato vaise a converter en etanol e se libera CO2 (0.4)

As rutas implicadas van ser a glicolise e a fermentación alcohólica (0.4)

Exemplo. Produción de viño ou cervexa (0.4)

Os microorganismos capaces de realizar as fermentacións son as bacterias anaerobias (estritas ou facultativas) (0.4)
Tamén pode ser realizado por células eucariotas, como lévedos que presentan un tipo de metabolismo anaerobio
(0.4)

1.5 Terminoloxía Agrupa de tres en tres, mediante unha frase, os termos relacionados (Valoración: 1 punto,
0.2 por frase correcta).

Na maduración do ARNm elimínanse os intróns


Durante a fotosíntese captúrase CO2 e libérase osíxeno
O fenotipo dun individuo é o resultado do seu xenotipo e da interacción co ambiente
As lipoproteínas transportan o colesterol no sangue
Os anticorpos únense aos antíxenos polas súas rexións variables

1.6 Test Indica (no teu caderno de exame) se as seguintes afirmacións son verdadeiras ou falsas. As respostas
erróneas puntúan negativamente (Valoración: 1 punto, 0.1pX10).

1F, 2F, 3V, 4F, 5V, 6V, 7V, 8F, 9V, 10V

OPCIÓN B

2. Cuestións (Valoración: 8 puntos, 2 puntos por cuestión).


1 Represente a fórmula xeral dun aminoácido e indique que tipo de ligazón se forma entre dous aminoácidos. Cáles
son os principais factores que afectan á actividade enzimática? Razoe a resposta. Cite dúas propiedades das
enzimas polas que se poidan considerar como biocatalizadores

Fórmula xeral dun aminoácido (0.4) Fórmase un enlace peptídico (0.4)

Os principais factores que afectan á actividade enzimática son: temperatura, pH, concentración de sustrato e a
presenza de activadores ou inhibidores (0.6)(é suficiente con citar e explicar dous factores para acadar a
máxima puntuación)
Reducen a enerxía de activación, aumentan a velocidade da reacción, non cambian o signo nin a contía da variación
da enerxía libre, non modifican o equilibrio, se recuperan ao finalizar a reacción (0.6)(é suficiente con citar dúas
propiedades para acadar a máxima puntuación)

2 Identifique o tipo de célula representada na Figura 2. Indique o nome e función das estruturas numeradas do 1 ao
7.

Célula eucariota animal (0.3)

1. Aparello de Golgi. Embalaxe dos produtos de secreción, glicosilación de proteínas ou distribución de moléculas
ou renovación da membrana plasmática
2. Nucleoplasma. Solución acuosa na que se atopa o material nuclear
3. Nucleolo. Síntese de ARNr e formación dous precursores ribosomais
4. Poro nuclear. Estrutura dinámica que delimita canais para o paso de sustancias entre o citoplasma e o
nucleoplasma
5. Centrosoma (centriolos). Centro organizador dos microtúbulos, organización do fuso mitótico
6. Retículo endoplásmico rugoso. Relacionado coa síntese de proteínas
7. Mitocondria. Respiración celular, obténdose enerxía en forma de ATP
(Identificación de orgánulos 0.7; funcións 1.0)

3 Describa as fases da mitose. Indique en que células ten lugar este tipo de reprodución celular e cal é o seu
significado biolóxico

Profase. Condensación de cromosomas, formación do fuso acromático, desaparición do nucleolo e da membrana


nuclear
Metafase. Os cromosomas alcanzan o máximo grao de condensación e se orientan na placa ecuatorial do fuso
conectados polos microtúbulos
Anafase. As cromátidas emigran hacia os polos da célula.
Telofase. Descondensación do material xenético e rexeneración do núcleo e da envoltura nuclear
(0.4x4)
Ten lugar nas células somáticas e nas células xermináis que non está realizando a meiose (0.2)

O significado biolóxico da mitosis é repartir de maneira equitativa o material xenético entre as dúas células fillas
(0.2)

4 Que son os linfocitos? Enumere e explique os diferentes tipos de linfocitos que existen, indicando onde se
producen, onde maduran e en que tipo de resposta participan. Describa as características dunha reacción
inflamatoria.

Os linfocitos son células inmunocompetentes que se atopan no sangue e na linfa (0.5)


Poden ser de dous tipos: linfocitos B e linfocitos T. Os linfocitos B se producen e maduran na médula ósea. Son
responsables da formación de anticorpos (inmunidade humoral). Os linfocitos T se producen na médula ósea e
maduran no timo. Son responsables da inmunidade celular (1.0)

E unha resposta inespecífica fronte a unha infección ou un axente estraño. Está mediado por fagocitos que liberan
mediadores os signos caracteríticos da inflamación (0.5)

2.5 Terminoloxía Agrupa de tres en tres, mediante unha frase, os termos relacionados (1 punto, 0.2 por frase
correcta).
A fase luminosa da fotosíntesis ten lugar nas membranas tilacoidais
Unha célula sofre plasmólise nun medio hipertónico
Os antibióticos non son eficaces en enfermidades producidas por virus.
As mutacións son unha fonte de variabilidade xenética
O ARN leva a información presente no ADN para sintetizar proteínas

2.6 Test Indica (no teu caderno de exame) se as seguintes afirmacións son verdadeiras ou falsas. As respostas
erróneas puntúan negativamente (Valoración: 1 punto, 0.1pX10).
1F, 2V, 3F, 4V, 5V, 6V, 7F, 8V, 9V, 10F
PAU Código: 21

XUÑO 2014

BIOLOXÍA
Estrutura da proba: a proba componse de dúas opcións: A e B. Só se poderá contestar a unha das dúas opcións, desenvolvendo
integramente o seu contido. Puntuación: a cualificación máxima total será de 10 puntos, estando indicada en cada cuestión a súa
puntuación parcial. Tempo: 1 hora e 30 minutos

OPCIÓN A
1. Cuestións (Valoración: 8 puntos, 2 puntos por cuestión).
1 Enumere e explique brevemente os diferentes niveis estruturais que pode presentar unha proteína e indique o tipo de
enlaces que estabilizan cada un destes niveis. En que consiste a desnaturalización dunha proteína?
2 Sinala de forma razoada as diferenzas entre os seguintes termos: autótrofo-heterótrofo, fase luminosa-fase oscura,
granas-lamelas, ATP-NADPH2. Onde se atopan os pigmentos fotosintéticos e cal é a súa función?
3 Explique brevemente en que consisten os seguintes procesos e indique en que lugar da célula se producen:
replicación, transcrición e tradución.
4 Explique brevemente a que se refiren estes cinco termos: bacteria Gram -, levedo, retrovirus, plásmido, prión.
1.5 Terminoloxía Agrupa de tres en tres, mediante unha frase, os termos relacionados (Valoración: 1 punto, 0,2
por frase correcta).
Catión, mitótico, encima, uracilo, extracromosómicos, microtúbulos, ión, plásmidos, ribosa, substrato, ADN, centro, ARN,
fuso, carga.
1.6 Test Indica (no teu caderno de exame) se as seguintes afirmacións son verdadeiras ou falsas. As respostas
erróneas puntúan negativamente (Valoración: 1 punto, 0,1pX10).
1.6.1 As graxas son ésteres de ácidos graxos con 1.6.5 Os gametos participan na reprodución sexual.
glicerina. 1.6.6 Na fotosíntese libérase O2 e prodúcese ADP.
1.6.2 O nucléolo está formado por ADN, ARN e 1.6.7 Os anticorpos son proteínas producidas por
proteínas. linfocitos B.
1.6.3 Na meiose fórmanse 4 células fillas n a partir 1.6.8 O NADH2 e o FADH2 son coencimas oxidadas.
dunha célula nai 2n. 1.6.9 A adenina e a guanina son bases pirimidínicas.
1.6.4 A inmunidade artificial activa consiste na 1.6.10 O ciclo de Calvin ten lugar no estroma do
administración de soros. cloroplasto.

OPCIÓN B
1. Cuestións (Valoración: 8 puntos, 2 puntos por cuestión).
1 Relaciona as seguintes macromoléculas coa súa función biolóxica indicando en cada caso as súas unidades
estruturais e onde se atopan en maior abundancia: Fosfolípidos, ácido desoxirribonucleico, glicóxeno e triglicéridos.
2 Cite tres orgánulos delimitados por unha dobre membrana e tres por membrana simple, sinalando en cada caso a súa
función correspondente.
3 Crúzase unha planta de chícharo dunha liña pura de sementes amarelas con outra, tamén dunha liña pura pero de
sementes verdes, e todos os descendentes presentan sementes amarelas (F1). 1) Por que na F1 non aparece un
fenotipo intermedio dos pais? 2) Indica os xenotipos parentais e os da F1. 3) No caso de que se cruzaran entre si
individuos da F1, como serían xenotipicamente e fenotipicamente os descendentes (F2)?.
4 Explique brevemente a que se refiren estes cinco termos: vacina, soro, linfocitos B, inmunidade humoral, macrófagos.
5 Terminoloxía Agrupa de tres en tres, mediante unha frase, os termos relacionados (Valoración: 1 punto, 0,2
por frase correcta).
Insulina, cuberta, vectores, función, ARN, plásmidos, cápsida, ADN, hialoplasma, clonación, citoesqueleto, polímeros,
proteína, filamentos, virus.
6 Test Indica (no teu caderno de exame) se as seguintes afirmacións son verdadeiras ou falsas. As respostas
erróneas puntúan negativamente (Valoración: 1 punto, 0,1pX10).
2.6.1 O glicóxeno ten unha función de reserva. 2.6.6 Na fotosíntese cáptase CO2 e liberase O2.
2.6.2 As células procariotas non conteñen ribosomas. 2.6.7 Os anticorpos son glicoproteínas producidos
2.6.3 As ARNpolimerasas teñen unha dirección de polos linfocitos B.
síntese en sentido 5’->3’. 2.6.8 A maioría dos xenes que codifican proteínas en
2.6.4 Durante a anafase prodúcese a condensación eucariotas non están fragmentados.
da cromatina. 2.6.9 A produción de iogur é un exemplo de
2.6.5 A composición da membrana plasmática é fermentación láctica.
maioritariamente lipoproteica. 2.6.10 O ciclo de Krebs ten lugar na matriz mitocondria
PAU Código: 21

SETEMBRO 2014

BIOLOXÍA
Estrutura da proba: a proba componse de dúas opcións: A e B. Só se poderá contestar a unha das dúas opcións, desenvolvendo
integramente o seu contido. Puntuación: a cualificación máxima total será de 10 puntos, estando indicada en cada cuestión a súa
puntuación parcial. Tempo: 1 hora e 30 minutos

OPCIÓN A
1. Cuestións (Valoración: 8 puntos, 2 puntos por cuestión).
1 Identifique o tipo de molécula que aparece na Figura 1. Sinale cales son as súas unidades estruturais e indique e
describa o tipo de enlace que as mantén unidas. Explique a función desta macromolécula nos seres vivos.
2 Explique brevemente que é un ribosoma indicando a súa composición, estrutura e función. En que lugares se atopan
os ribosomas? Que e un polisoma?
3 O sistema ABO dos grupos sanguíneos está controlado por tres alelos (A, B e O) dun xene, sendo A e B
codominantes e O recesivo. Realice os seguintes cruzamentos e indique as proporcións fenotípicas que se espera na
descendencia:
1) AAxAB, 2) AAxBO, 3) AAxAO, 4) AOxAO y 5) AOxAB
4 Indique a que se refiren estes cinco termos: bacteria Gram +, enxeñería xenética, biotecnoloxía, plantas transxénicas,
prión.
5 Terminoloxía Agrupa de tres en tres, mediante unha frase, os termos relacionados (Valoración: 1 punto, 0,2
por frase correcta).
Láctico, meiose, obxectivo, redución, celulosa, microscopio, fermentación, transporte, músculo, enerxía, parede, pasivo,
condensador, vexetal, cromosómica
6 Test Indica (no teu caderno de exame) se as seguintes afirmacións son verdadeiras ou falsas. As respostas
erróneas puntúan negativamente (Valoración: 1 punto, 0,1pX10).
6.1 Nun medio hipertónico unha célula plasmolízase 6.6. O enzima rubisco encóntrase no citosol
6.2. Na glicólise consómese osíxeno 6.7. A envoltura nuclear presenta poros
6.3. Os macrófagos son células que devoran fagos 6.8. O ADN de procariotas non posúe intróns
6.4. Un anticodón é un triplete de bases que se localiza no 6.9. Os oligopéptidos teñen un número menor de
ARNm aminoácidos que os polipéptidos
6.5. As vacinas producen inmunidade artificial activa 6.10. As moléculas anfipáticas teñen unha parte polar e
outra apolar

OPCIÓN B
1. Cuestións (Valoración: 8 puntos, 2 puntos por cuestión).
1 Que diferenza hai entre un lípido saponificable e outro non saponificable? Describa brevemente a función biolóxica
dos triacilglicéridos e indique qué compostos se obteñen da súa hidrólise.
2 Identifique a estrutura representada na Figura 2 e indique a súa función biolóxica. Todas as células presentan esta
estrutura? Razoe a resposta
3 Enuncie a 1ª lei de Mendel e desenvolva un exemplo da mesma, realizando o cruzamento e presentando os xenotipos
e fenotipos das liñas parentais e da F1. En que consiste o retrocruzamento ou cruzamento proba?
4 Indique a que se refiren estes cinco termos: inmunidade celular, linfocito T, antíxeno, resposta inmune primaria, soro.
5 Terminoloxía Agrupa de tres en tres, mediante unha frase, os termos relacionados (Valoración: 1 punto, 0,2
por frase correcta).
Material, cariotipo, vectores, anión, reacción, retrovirus, anabólica, ARN, síntese, organismo, ión, clonación,
cromosomas, carga, plásmidos
6 Test Indica (no teu caderno de exame) se as seguintes afirmacións son verdadeiras ou falsas. As respostas
erróneas puntúan negativamente (Valoración: 1 punto, 0,1pX10).
6.1 A penicilina é un antibiótico producido por un fungo 6.6.O ciclo de Calvin ten lugar no citosol da célula
6.2.Os cilios e os flaxelos diferéncianse na súa lonxitude 6.7. A fosforilación é a síntese de NADPH2
6.3.As vacinas producen inmunidade artificial pasiva 6.8. Os virus son organismos unicelulares eucariotas
6.4. O locus é o lugar que ocupa un xene nun cromosoma 6.9. A adenina e guanina son bases púricas
6.5. Na glicólise, dúas moléculas de ácido pirúvico dan lugar 6.10. As topoisomerasas xiran a molécula de ADN evitando
a unha molécula de glicosa o superenrolamento
PAU Código: 21

SETEMBRO 2014

BIOLOXÍA

OPCIÓN A
FIGURA 1

OPCIÓN B
FIGURA 2
CONVOCATORIA DE XUÑO

OPCIÓN 1

1. Cuestións (Valoración: 8 puntos, 2 puntos por cuestión).

1 Enumere e explique brevemente os diferentes niveis estruturais que pode presentar unha proteína e indique o tipo de
ligazóns que estabilizan cada un destes niveis. En que consiste a desnaturalización dunha proteína?
a. Estrutura primaria: secuencia de aminoácidos enlazados por medio de enlaces peptídicos (0.4p).
b. Estrutura secundaria: pregamento da cadea de aminoácidos grazas á formación de pontes de hidróxeno.
Pode adoptar varios tipos de conformacións entre as que se atopan a α-hélice ou a lámina β (0.4p).
c. Estrutura terciaria: pregamento da estrutura secundaria no espazo con diferentes tipos de enlaces: pontes
disulfuro, pontes de hidróxeno, interaccións hidrofóbicas, forzas de Van der Waals, enlaces iónicos, etc.
(0.4p).
d. Estrutura cuaternaria: resulta da asociación de varias cadeas polipeptídicas, xeralmente mediante
enlaces débiles (0.4p).
Desnaturalización. Perda da estrutura tridimensional (2ª, 3ª e 4ª) causada por cambios no pH, temperatura,
etc. e que produce a perda total o parcial da súa función (0,4p).

2 Sinala de forma razoada as diferenzas entre os seguintes termos: autótrofo-heterótrofo, fase luminosa-
fase escura, granaslamelas, ATP-NADPH2. Onde se atopan os pigmentos fotosintéticos e cal é a súa
función?
Autótrofo-heterótrofo. Autótrofo: organismo capaz de sintetizar materia orgánica a partir de materia
inorgánica. Heterótrofo: organismo que debe utilizar materia orgánica sintetizada por outros organismos
(0.4p).
Fase luminosa-fase escura. Fase luminosa: fase da fotosíntese que se produce en presenza de luz e onde
se forman O2, ATP e NADPH2. Fase escura: fase da fotosíntese na que se produce a fixación do CO2 con
consumo de ATP e poder redutor (0.4).
Granas-lamelas. Granas: estruturas que resultan do apilamento de tilacoides. Lamelas: membranas
tilacoidais suspendidas no estroma sen estaren apiladas (0.4p)
ATP-NADPH2. ATP: nucleotido que participa en reaccións de transferencia de grupos fosfato e de enerxía.
NADPH2 : coenzima que participa en reaccións de oxido-redución (0.4p).
Localización e función. Os pigmentos fotosintéticos atópanse localizados nas membranas tilacoidais. A súa
función é servir como “antenas” colectoras de fotóns. Cando un pigmento é excitado libera electróns que
pasan a unha cadea de transporte electrónico que produce ATP e poder redutor. (0.4p)

3 Explique brevemente en que consisten os seguintes procesos e indique en que lugar da célula se
producen: replicación, transcrición e tradución.
Replicación: é o proceso polo cal a partir de cada unha das moléculas que forman a dobre hélice de ADN se
forma unha cadea complementaria. O proceso comeza co a apertura da dobre hélice, mediante a cal se
separan as dúas cadeas. A continuación unha ARN polimerasa sintetiza unha pequena molécula de ARN
denominada primer ou cebador, a partir do cal a ADN polimerasa comeza a síntese do ADN, engadindo
nucleótidos en dirección 5’ a 3’, a síntese e continua nunha das febras de nova creación e discontinua na
outra, formándose os fragmentos de Okazaki (febra retardada). En células eucariotas ten lugar no núcleo
mentres que en procariotas acontece no citosol (0.7p).
Transcrición: proceso polo cal se sintetiza unha molécula de ARN complementaria a unha das cadeas de
ADN por medio de reaccións catalizadas pola ARN polimerasa. Este proceso da lugar á formación dun
transcrito primario que posteriormente madura no nucleo da célula en eucariotas (0.6p).
Tradución: é a síntese dunha cadea polipeptídica realizada polos ribosomas a partir dunha cadea de ARNm.
Os aminoácidos necesarios son transportados polo ARNt. O proceso ten lugar no citosol (0.7p).

4 Explique brevemente a que se refiren este cinco termos: bacteria Gram -, lévedo, retrovirus, plásmido,
prión.
Bacteria Gram –: bacterias que son negativas para a tinción de Gram debido a que a súa parede celular fina
está localizada entre dúas membranas (0.4p).
Lévedo: fungos unicelulares eucariotas que son importantes pola súa capacidade para realizar
descomposicións mediante fermentación de compostos orgánicos. (0.4p)
Retrovirus: Virus de ARN con capacidade de sintetizar ADN debido á reversotranscriptasa(0.4p).
Plásmido: ADN circular extracromosómico de dobre cadea que se atopa en bacterias e que frecuentemente
se utiliza como vector de clonación (0.4p).
Prión: partícula infecciosa de natureza proteica que produce enfermidades do sistema nervioso central
denominadas encefalopatías esponxiformes (0.4p).
5 Terminoloxía: Agrupa de tres en tres, mediante unha frase, os termos relacionados (Valoración: 1
punto, 0,2 por frase correcta).
Un catión é un ión con carga positiva.
O fuso mitótico está constituído por un conxunto de microtúbulos.
O substrato únese a unha encima no seu centro activo
Os plásmidos son ADN extracromosómico
O ARN está composto por ribosa e uracilo

6 Test: Indica (no teu caderno de exame) se as seguintes afirmacións son verdadeiras ou falsas. As
respostas erróneas puntúan negativamente (Valoración: 1 punto, 0,1pX10).

1V, 2V, 3V, 4F, 5V, 6V, 7V, 8F, 9F, 10V

OPCIÓN 2.

1. Cuestións (Valoración: 8 puntos, 2 puntos por cuestión).

1 Relaciona as seguintes macromoléculas coa súa función biolóxica indicando en cada caso as súas
unidades estruturais e onde se atopan en maior abundancia: Fosfolípidos, acido desoxirribonucleico,
glicóxeno e triglicéridos.

MACROMOLÉCULA FUNCIÓN (0,2p) UNIDADES ESTRUTURAIS (0,2p) LOCALIZACIÓN 0,1p

FOSFOLÍPIDOS Estrutural Alcohol+ácidosgraxos+grupo Membranas celulares


fostato
ÁCIDO Portador de información Nucleótidos Núcleo, cloroplastos e
DESOXIRRIBONUCLEICO xenética mitocondrias

GLUCÓXENO Polisacárido de reserva Glicosa Figado e músculo

TRIGLICÉRIDO Lípido de reserva Glicerina e tres ácidos graxos Tecido adiposo

2 Cite tres orgánulos delimitados por unha dobre membrana e tres por membrana simple, sinalando en cada
caso a súa función correspondente.

Orgánulos de dobre membrana (1p)


a. Mitocondrias: metabolismo, xeración de enerxía (ATP, calor)
b. Cloroplastos: fotosíntese
c. Núcleo: portador da información xenética, replicación do ADN, transcrición
Orgánulos de membrana simple (1p)
a. Retículo endoplásmico: retículo endoplásmico liso: metabolismo de lípidos e outros compostos.
Retículo endoplásmico rugoso: síntese e modificación de proteínas
b. Aparello de Golgi : modificación e transporte de proteínas
c. Lisosomas: dixestión intracelular
d. Vacuola: almacenamento
e. Perosixomas e glioxisomas: procesos oxidativos

3 Cruzar unha planta de chícharo dunha liña pura de sementes amarelas con outra, tamén dunha liña pura
pero de sementes verdes, e todos os descendentes presentan sementes amarelas (F1). 1) Por que na F1
non aparece un fenotipo intermedio dos pais? 2) Indica os xenotipos parentais e dá F1. 3) Non caso de que
se cruzasen entre si individuos dá F1, como serían xenotípicamente e fenotípicamente os descendentes
(F2)?
Non se valorarán aqueles problemas que non empreguen a nomenclatura axeitada

1) Porque se trata dun exemplo de dominancia completa onde un carácter amarelo domina sobre verde que
é un carácter recesivo razón pola cal todos os individuos da F1 (heterozigotos) presentan só fenotipo de cor
amarela. (1p)
2) Xenotipos parentais: AA e aa; xenotipos F1: Aa (0.5p)
3) Xenotipos F2: AA, Aa, aa . Fenotipos: cor amarela e cor verde (0.5p)
4 Explique brevemente a que se refiren estes cinco termos: vacina, soro, linfocitos B, inmunidade humoral,
macrófagos.
Vacina: preparado antixénico que produce unha resposta inmune xeradora de anticorpos. As vacinas
producen unha activación de linfocitos B e T con memoria que confire inmunidade activa (0.4p)
Soro: preparado que contén anticorpos e confire inmunidade pasiva. (0.4p)
linfocitos B: células do sistema inmune responsables da produción de anticorpos (inmunidade humoral).
(0.4p)
Inmunidade humoral: é a inmunidade mediada por anticorpos xerados por linfocitos B e polo sistema do
complemento (0.4p)
Macrófagos: células do sistema inmune con capacidade fagocítica e presentadoras de antíxenos (0.4p)

5 Terminoloxía: Agrupa de tres en tres, mediante unha frase, os termos relacionados (Valoración: 1
punto, 0,2 por frase correcta).
A insulina é unha proteína con función reguladora.
A cuberta dos virus chámase cápside.
Os plásmidos son vectores de clonación.
O ADN e o ARN son polímeros de nucleótidos.
No hialoplasma atópanse os filamentos do citoesqueleto.

6 Test: Indica (no teu caderno de exame) se as seguintes afirmacións son verdadeiras ou falsas. As
respostas erróneas puntúan negativamente (Valoración: 1 punto, 0,1pX10).

1V, 2F, 3V, 4F, 5V, 6V, 7V, 8F, 9V,10V

CONVOCATORIA DE SETEMBRO

OPCIÓN 1

1. Cuestións (Valoración: 8 puntos, 2 puntos por cuestión).

1 Identifique o tipo de molécula que aparece na Figura 1. Sinale cales son as súas unidades estruturais e
indique e describa o tipo de enlace que as mantén unidas. Explique a función desta macromolécula nos
seres vivos.
Figura: Molécula de ácido ribonucleico, ARN (0,4p).
Unidades estruturais: Ribonucleótidos formados por tres compoñentes: ácido fosfórico, ribosa e unha base
nitroxenada (adenina, guanina, uracilo ou citosina) (0,5p).
Tipo e descrición do enlace: Enlace fosfodiéster que se establece entre o grupo fosfato dun nucleótido e o
carbono 3’ da pentosa de dous nucleótidos consecutivos. (0,5p).
Función: Tres tipos principais de ARN con diferentes funcións. ARN mensaxeiro que recolle a información
xenética copiada do ADN (transcrición) e a transporta aos ribosomas onde será traducida (tradución) a
proteínas. ARN de transferencia, encargado de portar os aminoácidos durante o proceso de tradución. ARN
ribosómico, constituínte dos ribosomas. (0,6p).

2 Explique brevemente que é un ribosoma indicando a súa composición, estrutura e función. En que lugares
se atopan os ribosomas? Que é un polisoma?
Explicación: Orgánulo sen membrana que pode aparecer tanto en eucariotas como en procariotas (0,4p).
Composición: ARN (ARN ribosómico) e proteínas (0,4p).
Estrutura: Constituídos por dúas subunidades que se unen no momento de realizar a tradución dos ARNm
(síntese de proteínas) (0,4p).
Localización: Libres no citoplasma, adheridos á membrana externa do retículo endoplasmático (RE rugoso),
adheridos a membrana externa da envoltura nuclear e no interior de mitocondrias e plastos (0,6p).
Polisoma: Cadenas de ribosomas unidos por ARNm durante a tradución (0,2p).

3. O sistema ABO dos grupos sanguíneos está controlado por tres alelos (A, B e O) dun xen, sendo A e B
codominantes e O recesivo. Realice os seguintes cruzamentos e indique as proporciones fenotípicas que se
espera na descendencia:
1) AAxAB, 2) AAxBO, 3) AAxAO, 4) AOxAO y 5) AOxAB (5x0,4p).
Xenotipos: Proporciones fenotípicas:
1) AAxAB: AA e AB 1:1 50% grupo A e 50% grupo AB
2) AAxBO: AO e AB 1:1 50% grupo A e 50% grupo AB
3) AAxAO: AA e AO 1 100% grupo A
4) AOxAO: AA, AO e OO 3:1 75% grupo A e 25% grupo O
5) AOxAB: AA, AB, OA e OB 2:1:1 50% grupo A, 25% grupo AB, e 25% grupo B

4 Indique a que se refiren estes cinco termos: bacteria Gram +, enxeñería xenética, biotecnoloxía, plantas
transxénicas, prión (5x0,4p).
Bacteria Gram+: Microorganismo procariota que presenta unha parede celular rica en peptidoglicanos
(mureína). Tínguese de cor azul coa técnica de tinción de Gram.
Enxeñería xenética: Tecnoloxía que permite o illamento de material xenético de seres vivos e a súa
posterior modificación e manipulación co fin de producir compostos (hormonas, antibióticos, vacinas etc.) ou
de introducilo nun organismo para modificar as súas características.
Biotecnoloxía: Procedementos científicos e técnicos que se empregan na transformación de certas materias
por axentes biolóxicos para producir bens e servizos. Os axentes biolóxicos son esencialmente
microorganismos, células vexetais ou animais e encimas.
Plantas transxénicas: Vexetal que contén material xenético procedente doutro organismo.
Prión: Partícula infecciosa de natureza proteica que produce enfermidades do sistema nervioso central
denominadas encefalopatías esponxiformes.

5 Terminoloxía: Agrupa de tres en tres, mediante unha frase, os termos relacionados (Valoración: 1
punto, 0,2 por frase correcta).
O transporte pasivo ten lugar sen gasto de enerxía
A parede da célula vexetal contén celulosa
No músculo pode producirse ácido láctico como consecuencia de una reacción de fermentación
O obxectivo e o condensador son partes dun microscopio
Durante a meiose prodúcese a redución da dotación cromosómica

6 Test: Indica (no teu caderno de exame) se as seguintes afirmacións son verdadeiras o falsas. As
respostas erróneas puntúan negativamente (Valoración: 1 punto, 0,1pX10).

1V, 2F, 3F, 4F, 5V, 6F, 7V, 8V, 9V, 10V

OPCIÓN 2

1. Cuestións (Valoración: 8 puntos, 2 puntos por cuestión).

1 Que diferenza hai entre un lípido saponificable e outro non saponificable? Describa brevemente a función
biolóxica dos triacilglicéridos e indique que compostos se obteñen da súa hidrólise.
Diferenza: Que realicen ou non a reacción de saponificación, debido á presenza de ácidos graxos na súa
molécula. (1p).
Función biolóxica: Reserva enerxética, illante térmico (gordura dos animais) en protección mecánica (0,6p).
Hidrólise Os triacilglicéridos liberan ácidos graxos e glicerol por hidrólise (0,4p).

2 Identifique a estrutura representada na Figura 2 e indique a súa función biolóxica. Todas as células
presentan esta estrutura? Razoe a resposta.
Identificar: Centríolo pertencente ó centrosoma dunha célula animal (0,4p).
Función biolóxica: Centro organizador dos microtúbulos, división de novos centrosomas e organizador do
fuso mitótico, formación de cilios e flaxelos (1p).
Razoamento: Non, xa que as células vexetais superiores, fungos e algúns protozoos non o presentan
(0,6p).

3 Enuncie a 1ª lei de Mendel e desenvolva un exemplo da mesma, realizando o cruzamento e presentando


os xenotipos e fenotipos das liñas parentais e da F1. En que consiste o retrocruzamento ou cruzamento
proba?
Enunciado: Cando se cruzan dúas razas puras para un carácter, a totalidade dos descendentes da F1 son
iguais entre si xenotipicamente e fenotipicamente, e iguais fenotipicamente a un dos país (o dominante)
(1p).
Exemplo: Válido calquera exemplo onde se crucen dúas liñas homozigóticas, unha dominante e outra
recesiva. Non se valorarán aqueles exemplos que non empreguen a nomenclatura axeitada (0,5p).
Retrocruzamento ou cruzamento proba: Cruce dun individuo cun dos seus parentais. No caso do
cruzamento proba utilizamos un parental homozigoto recesivo (0,5p).
4 Indique a que se refiren estes cinco termos: inmunidade celular, linfocito T, antíxeno, resposta inmune
primaria, soro (5x0,4p).
Inmunidade celular: Tipo de inmunidade mediada polos linfocitos T. Unha vez activados, os linfocitos T son
capaces de destruír células estrañas e de liberar citoquinas e outras sustancias que atraen e activan outras
células inmunes.
Linfocito T: Linfocito responsable da inmunidade celular. O seu nome débese a que maduran no timo.
Antíxeno: Calquera molécula non recoñecida como propia por un organismo capaz de xerar unha resposta
inmune.
Resposta inmune primaria: É a que se produce ante o primeiro contacto cun determinado antíxeno.
Soro: Os soros son derivados do sangue de animais aos que se inoculou un antíxeno para inducir a
formación de anticorpos específicos. Os soros obtidos producen inmunidade artificial pasiva.

5 Terminoloxía: Agrupa de tres en tres, mediante unha frase, os termos relacionados (Valoración: 1
punto, 0,2 por frase correcta).
Os retrovirus conteñen ARN como material xenético
O cariotipo é a representación gráfica do conxunto de cromosomas dun organismo
Unha reacción anabólica é una reacción de síntese
Os plásmidos úsanse como vectores de clonación
Un anión é un ión con carga negativa

6 Test: Indica (en tu cuaderno de examen) si las siguientes afirmaciones son verdaderas o falsas.
Las respuestas erróneas puntúan negativamente (Valoración: 1 punto, 0,1pX10).

1V, 2V, 3F, 4V, 5F, 6F, 7F, 8F, 9V, 10V
PAU Código: 21

XUÑO 2015

BIOLOXÍA
Estrutura da proba: a proba componse de dúas opcións (A e B). Só se poderá contestar unha das dúas opcións, desenvolvendo
integramente o seu contido. Puntuación: a cualificación máxima total será de 10 puntos, estando indicada en cada cuestión a súa
puntuación parcial. Tempo: 1 hora e 30 minutos

OPCIÓN A
1. Cuestións (Valoración: 8 puntos, 2 puntos por cuestión).
1 En relación coas seguintes macromoléculas: polipéptido, ácido ribonucleico e amidón. Sinale en cada caso os
compoñentes moleculares que os forman. Indique, explique e represente o tipo de enlace que se establece entre os
citados compoñentes. Tipos dos ácidos ribonucleicos e función dos mesmos.
2 En relación ao esquema representado na Figura 1. De que proceso se trata? En que orgánulo se desenvolve? En que
tipo de células? Considera que se trata dun proceso anabólico ou catabólico? Razoe a resposta. Indique o nome das
dúas partes do proceso (A e B) indicando a localización subcelular onde se realiza e explicándoos brevemente.
3 A cor do pelo vermello é recesiva fronte á cor do pelo castaño e a cor dos ollos azuis é tamén recesiva respecto á cor
dos ollos marróns. Un home de pelo castaño e ollos marróns e unha muller de pelo castaño e ollos azuis tiveron dous
fillos: un de pelo castaño e ollos azuis e outro de pelo vermello e ollos marróns. Indica o xenotipo dos país e dos fillos.
4 Que son os linfocitos? Enumere e explique os diferentes tipos de linfocitos que existen, indicando onde se producen,
onde maduran e en qué tipo de resposta participan. Describa as características dunha reacción inflamatoria.
5 Terminoloxía Agrupa de tres en tres, mediante unha frase, os termos relacionados (Valoración: 1 punto, 0,2
por frase correcta).
Insulina, glicólise, citocinese, mitocondria, penicilina, ácido pirúvico, ADN, proteína, glicosa, hormonal, ARN, antibiótico,
citoplasma, células, fungo
6 Test Indica (no teu caderno de exame) se as seguintes afirmacións son verdadeiras o falsas. As respostas
erróneas puntúan negativamente (Valoración: 1 punto, 0,1pX10).
6.1 As bases púricas son a adenina e a citosina 6.5 Os enzimas aceleran as reaccións bioquímicas
6.2 Os plásmidos utilízanse como vectores de 6.6 A gliconeoxénese ten lugar nas células do músculo
clonación e do fígado
6.3 O cariotipo é o conxunto de cromosomas dun 6.7 Os ribosomas están formados por ARNr e proteínas
organismo 6.8 O ADN de procariotas contén intróns
6.4 Unha mutación nunha célula somática non se 6.9 Un fungo é un organismo eucariota fotosintético
transmite á descendencia 6.10 A vacinación é un exemplo de inmunidade activa

OPCIÓN B
1. Cuestións (Valoración: 8 puntos, 2 puntos por cuestión).
1 Describa brevemente os seguintes termos: ácido graxo saturado, molécula anfipática, colesterol, fosfolípido.
2 No interior celular pódense atopar os seguintes orgánulos: núcleo, ribosomas, aparato de Golgi, retículo endoplásmico
liso, lisosomas, cloroplastos e mitocondrias. Indique a función principal de cada un dos orgánulos citados. ¿Cales deles
se corresponderían cos orgánulos presentes na Figura 2?.
3 Explique o concepto de recombinación xenética. En que tipo de células se produce e en que etapa da división celular
ten lugar? Cal e a súa importancia biolóxica?
4 Que é un microorganismo? Cite un exemplo de relación beneficiosa e outro de relación prexudicial entre
microorganismos e a especie humana. Que é a biotecnoloxía? Expoña un exemplo de aplicación biotecnolóxica.
5 Terminoloxía Agrupa de tres en tres, mediante unha frase, os termos relacionados (Valoración: 1 punto, 0,2
por frase correcta).
Fosfolípidos, transxénico, retículo endoplásmico rugoso, bacterias, xenoma, proteínas, colesterol, cromosomas, síntese,
virus, anfipáticas, condensación, profase, bacteriófago, ADN
Test Indica (no teu caderno de exame) se as seguintes afirmacións son verdadeiras ou falsas. As respostas
erróneas puntúan negativamente (Valoración: 1 punto, 0,1pX10).
2.6.1 As ceras son ésteres de ácidos graxos e 2.6.6 A β-oxidación é o proceso de síntese de ácidos
monoalcohois graxos
2.6.2 Unha mutación nunha célula xerminal non se 2.6.7 A parede celular vexetal está formada por
transmite á descendencia celulosa
2.6.3 A síntese de ARNr ten lugar no citosol 2.6.8 O transporte pasivo non require enerxía
2.6.4 Na mitose prodúcese entrecruzamento e 2.6.9 O nucleoide é a rexión onde se atopa o ADN nas
recombinación xenética bacterias
2.6.5 Un inhibidor diminúe ou anula a actividade 2.6.10 A soroterapia é un exemplo de inmunidade
enzimática pasiva

OPCIÓN A
PAU Código: 21

XUÑO 2015

BIOLOXÍA

Figura 1

OPCIÓN B

Figura 2

A B C
PAU Código: 21

SETEMBRO 2015

BIOLOXÍA
Estrutura da proba: a proba componse de dúas opcións A e B. Só se poderá contestar a unha das dúas opcións, desenvolvendo
integramente o seu contido. Puntuación: a cualificación máxima total será de 10 puntos, estando indicada en cada cuestión a súa
puntuación parcial. Tempo: 1 hora e 30 minutos
OPCIÓN A
1. Cuestións (Valoración: 8 puntos, 2 puntos por cuestión).
1 Cal é a natureza química das enzimas? Represente graficamente e explique a relación entre a velocidade dunha
reacción enzimática e a concentración de substrato. Que é o centro activo da enzima? Que é un inhibidor enzimático?
2 Identifique o tipo de célula representada na Figura 1. Indique o nome e función das estruturas numeradas do 1 ao 7.
3 Explique en que consiste a herdanza intermedia e a codominancia. Poña un exemplo de cada tipo de herdanza e
realice os cruzamentos indicando os xenotipos e fenotipos das líñas parentais e a F1.
4 Que é un microorganismo? Realice unha clasificación dos principais grupos de microorganismos, poñendo un
exemplo de cada un deles. Expoña dúas características importantes de cada grupo.
5 Terminoloxía Agrupa de tres en tres, mediante unha frase, os termos relacionados (Valoración: 1 punto, 0,2
por frase correcta).
xabóns, envoltura, oxidase, inmunodeficiencia, telómeros, catalase, material, telofase, sales, infeccións, ácidos graxos,
rexións, cromosomas, organismo, peroxisoma.
6 Test Indica (no teu caderno de exame) se as seguintes afirmacións son verdadeiras ou falsas. As respostas
erróneas puntúan negativamente (Valoración: 1 punto, 0,1pX10).
1.6.1 O etanol da cervexa procede da glicosa da uva 1.6.7 A gliconeoxénese ten lugar nas células do
1.6.2 O coláxeno é unha proteína con función estrutural músculo e do fígado
1.6.3 Algúns xenes teñen intróns, exóns e axóns 1.6.8 Os plásmidos son porcións circulares de ADN que
1.6.4 O promotor dun xene atópase localizado no non forman parte do cromosoma bacteriano
extremo 5' 1.6.9 A estrutura primaria dunha proteína é a súa
1.6.5 As mitocondrias conteñen ADN e ARN secuencia de nucleótidos
1.6.6 Os virus son estruturas acelulares 1.6.10 A técnica de PCR permite a amplificación do
ADN
OPCIÓN B
1. Cuestións (Valoración: 8 puntos, 2 puntos por cuestión).
1 Identifique o tipo de molécula que aparece na Figura 2. Sinale cáles son as súas unidades estruturais, indique e
describa o tipo de enlace que as mantén unidas. En que compartimentos dunha célula eucariota se localiza a
macromolécula representada na figura e que función desenvolve?
2 Enumere e resuma os principios da teoría celular moderna. Indique catro diferenzas entre unha célula eucariótica e
unha procariota.
3 Indique que é unha mutación. Por que nalgúns casos a aparición dunha mutación puntual pode ser causa dunha
enfermidade grave e outras veces non se expresa? Que diferenza hai entre mutación a nivel molecular e a nivel
cromosómico?. Que papel ten a mutación no proceso da evolución das especies? Razoe a resposta.
4 En relación coa SIDA nas células eucariotas, que tipo de virus a provoca e a que grupo pertence?. Faga unha
representación esquemática do ciclo vital deste virus. Como afecta ao sistema inmune? Como se transmite a
enfermidade?
5 Terminoloxía Agrupa de tres en tres, mediante unha frase, os termos relacionados (Valoración: 1 punto, 0,2
por frase correcta).
antibióticos, ácido graxo, interfase, centrómero, bacterias, brazos, proteína, mitose, xabón, fases, base,
inmunoglobulina, cromosoma, antíxeno, enfermidades
Test Indica (no teu caderno de exame) se as seguintes afirmacións son verdadeiras ou falsas. As respostas
erróneas puntúan negativamente (Valoración: 1 punto, 0,1pX10).
2.6.1 Un transxénico posúe ADN estraño no seu 2.6.6 A fermentación láctica produce grandes
xenoma cantidades de lactosa
2.6.2 Os ácidos nucleicos e algunhas coenzimas están 2.6.7 As cadeas de ADN son paralelas e
formados por nucleótidos complementarias
2.6.3 As cisternas do aparato de Golgi poden presentar 2.6.8 A SIDA é o nome que recibe o virus da
ribosomas adheridos inmunodeficiencia en humanos
2.6.4 O estroma do cloroplasto contén as enzimas que 2.6.9 A plasmólise prodúcese cando unha célula se
interveñen no transporte electrónico atopa nun medio hipertónico
2.6.5 As partículas F das cristas mitocondriais son 2.6.10 O código xenético é un código de tripletes de
complexos de ATP-sintetasas aminoácidos
PAU Código: 21

SETEMBRO 2015

BIOLOXÍA

OPCIÓN A
FIGURA 1

OPCIÓN B
FIGURA 2
CONVOCATORIA DE XUÑO

OPCIÓN A
1. Cuestións (Valoración: 8 puntos, 2 puntos por cuestión).
1 En relación ás seguintes macromoléculas: polipéptido, ácido ribonucleico e amidón. Sinale en cada caso os
compoñentes moleculares que as forman. Indique, explique e represente o tipo de enlace que se establece entre os
citados compoñentes. Tipos dos ácidos ribonucleicos e función dos mesmos.

Compoñentes: aminoácidos, ribonucleótidos, monosacáridos (0.1x3= 0.3p)


Indique enlace: enlace peptídico, enlace fosfodiester, enlace O-glicosídico (0.1x3= 0.3p)
Explique o tipo de enlace (0.2x3= 0.6p)
Enlace peptídico: Fórmase pola unión do C do grupo carboxilo dun aminoácido co N do grupo amino doutro
aminoácido.
Enlace fosfodiéster: Establécese entre o grupo fosfato situado no carbono 5´ dun nucleótido e o grupo hidroxilo do
carbono 3’ do seguinte nucleótido.
Enlace O-glicosídico: Fórmase pola unión entre dous grupos OH de los C de dous monosacáricos.

Represente o tipo de enlace (0.1x3= 0.3p)

Tipos de ARN: ARNm, ARNt y ARNr (0.2 + 0,3= 0.5p)


Función dos diferentes ARNs
A función do ARN mensaxeiro é transportar a información xenética do ADN (transcrición) aos ribosomas.
O ARN de transferencia é o encargado de levar os aminoácidos aos ribosomas durante o proceso de tradución.
O ARN ribosómico é un dos compoñentes dos ribosomas.

2 En relación ao esquema representado na Figura 1. De que proceso se trata? En que orgánulo se desenvolve? En
que tipo de células? Considera que se trata dun proceso anabólico ou catabólico? Razoe a resposta. Indique o
nome das dúas partes do proceso (A e B) indicando a localización subcelular onde se realizan e explicándoos
brevemente.

Proceso: Fotosíntese (0.1p)


Orgánulo: Cloroplasto (0.1p)
Célula: Célula vexetal (0.1p)

Tipo de proceso: É un proceso anabólico onde se produce síntese de materia orgánica a expensas da materia
inorgánica, con consumo de ATP e NADPH (0.3p)

Parte A: fase luminosa (0.1p)


Parte B: fase redutora ou de fixación do CO2 (0.1p)
(admítse fase escura e ciclo de Calvin-Benson)

Localización subcelular: Tilacoides (0.1p)


Localización subcelular: Estroma (0.1p)

Explicación ( 0,5 + 0,5= 1p)


A- Coa excitación da clorofila nos centros de reacción dos fotosistemas, xérase unha cadea de transporte
electrónico que conleva a síntese de ATP (fotofosforilación) e de poder redutor (NADPH) acompañado da
liberación de O2 (fotólise)
B- Fixación do CO2 no estroma (Ciclo de Calvin-Benson). O CO2 únese a unha molécula de ribulosa 1,5
difosfato e xéranse monosacáridos.

3 A cor do pelo vermello é recesiva fronte á cor do pelo castaño e a cor dos ollos azuis é tamén recesiva respecto á
cor dos ollos marróns. Un home de pelo castaño e ollos marróns e unha muller de pelo castaño e ollos azuis
tiveron dous fillos: un de pelo castaño e ollos azuis e outro de pelo vermello e ollos marróns. Indica o xenotipo dos
pais e dos fillos.

Nomenclatura dos xenes. Se a nomenclatura non é correcta, a pregunta non se puntuará


Pelo castaño dominante C; pelo vermello recesivo c
Ollos marróns dominante M; ollos azuis recesivo m

Xenotipo dos pais:


Pai Pelo castaño e ollos marróns CcMm (0.5p)
Nai Pelo castaño e ollos azuis Ccmm (0.5p)
Fillo 1 Pelo castaño e ollos azuis CCmm / Ccmm (0.5p)
Fillo 2 Pelo vermello ollos marróns ccMm (0.5p)

4 Que son os linfocitos? Enumere e explique os diferentes tipos de linfocitos que existen, indicando onde se
producen, onde maduran e en que tipo de resposta participan. Describa as características dunha reacción
inflamatoria.

Linfocitos: células inmunocompetentes que se atopan no sangue e na linfa (0.5p)


Tipos: Poden ser de dous tipos: linfocitos B e linfocitos T.
Os linfocitos B prodúcense e maduran na médula ósea. Son responsables da formación de anticorpos (inmunidade
humoral).
Os linfocitos T prodúcense na médula ósea e maduran no timo. Son responsables da inmunidade celular
(1.0p)

É unha resposta inespecífica fronte a unha infección ou un axente estrano. Está mediado por fagocitos que liberan
mediadores que provocan os signos característicos da inflamación (0.5p)

1.5 Terminoloxía Agrupa de tres en tres, mediante unha frase, os termos relacionados (Valoración: 1 punto,
0,2 por frase correcta).
Na glicólise, a glicosa degrádase a ácido pirúvico
A penicilina é un antibiótico producido por un fungo
A citotinese é a división do citoplasma das células
A insulina é unha proteína con función hormonal
A mitocondria contén ADN e ARN

1.6 Test Indica (no teu caderno de exame) se as seguintes afirmacións son verdadeiras ou falsas. As respostas
erróneas puntúan negativamente (Valoración: 1 punto, 0,1pX10).
1F, 2V, 3V, 4V, 5V, 6V, 7V, 8F, 9F e 10V

Opción B
2. Cuestións (Valoración: 8 puntos, 2 puntos por cuestión).
1 Describa brevemente os seguintes termos: ácido graxo saturado, molécula anfipática, colesterol, fosfolípido.

Acido graxo saturado: Os ácidos graxos saturados son cadeas hidrocarbonadas que presentan unicamente enlaces
sinxelos e con un grupo carboxilo terminal (0,5p)

Molécula anfipática: Molécula onde se pode diferenciar dúas rexions: unha zona hidrófoba (apolar) e unha zona
hidrófila (polar) (0,5p)

Colesterol: Lípido do grupo dos esteroides que se atopa nas membranas celulares animais. (0,5p)

Fosfolípidos: Son ésteres de ácidos graxos con glicerina ou esfingosina e ácido fosfórico (0,5p)

2 No interior celular pódense atopar os seguintes orgánulos: núcleo, ribosomas, aparato de Golgi, retículo
endoplásmico liso, lisosomas, cloroplastos e mitocondrias. Indique a función principal de cada un dos orgánulos
citados. Cales deles se corresponderían cos orgánulos presentes na Figura 2.

Núcleo: contén a información xenética. (0,2p)


Ribosomas: síntese de proteínas (tradución do ARNm) (0,2p)
Aparato de Golgi: procesado de proteínas e lípidos (0,2p)
Retículo endoplásmico liso: síntese de lípidos, detoxificación (0,2p)
Lisosomas: dixestión celular de macromoléculas. (0,2p)
Cloroplastos: fotosíntese (0,2p)
Mitocondria: ciclo de Krebs, fosforilación oxidativa, β-oxidación de ácidos graxos (0,2p)

Cloroplasto e mitocondria (0,3px2)

3 Explique o concepto de recombinación xenética. En que tipo de células se produce e en que etapa da división
celular ten lugar? Cal é a súa importancia biolóxica?

Recombinación xenética: Intercambio de fragmentos cromosómicos entre cromosomas homólogos durante a


meiose (0,7p)

Tipo de células: Células xerminais (0.3p)

Etapa: Profase I da meiose (0.3p)

Importancia biolóxica: Produce novas combinacións alélicas e polo tanto, aumenta a variabilidade xenética
(0.7p)

4 Que é un microorganismo? Cite un exemplo de relación beneficiosa e outro de relación prexudicial entre
microorganismos e a especie humana. Que é a biotecnoloxía? Expoña un exemplo da aplicación biotecnolóxica

Microorganismo: ser vivo ou sistema biolóxico que so pode visulaizarse cun microscopio (0.4p)

Relación beneficiosa: relacions simbióticas, produción de alimentos, medicamentos e vacinas; papel nos ciclos da
materia e cadeas tróficas (0.4p)

Relación prexudicial: infeccións bacterianas, víricas e fúnxicas; deterioro e putrefacción dos alimentos
(0.4p)
Biotecnoloxía: aplicación de procedementos científicos e técnicos á transformación de certas materias por axentes
biolóxicos para producir bens e servizos. (0.4p)

Exemplo de aplicación biotecnolóxica: obtención de hormonas, produción de vacinas, fermentación industrial,


alimentos transxénicos (calquera aplicación correcte é válida) (0.4p)

2.5 Terminoloxía Agrupa de tres en tres, mediante unha frase, os termos relacionados (Valoración: 1 punto,
0,2 por frase correcta).
Un bacteriófago é un virus que infecta bacterias
No RER ten lugar síntese de proteínas
Durante a profase producese a condensación dos cromosomas
Os fosfolípidos e o colesterol son moléculas anfipáticas
Un organismo transxénico contén no seu xenoma ADN doutro ser vivo

2.6 Test Indica (no teu caderno de exame) se as seguintes afirmacións son verdadeiras ou falsas. As respostas
erróneas puntúan negativamente (Valoración: 1 punto, 0,1pX10).
1V, 2F, 3F, 4F, 5V, 6F, 7V, 8V, 9V e 10V

CONVOCATORIA DE SETEMBRO

OPCIÓN 1
1. Cuestiones (Valoración: 8 puntos, 2 puntos por cuestión).
1 Cal é a natureza química das enzimas? Represente gráficamente e explique a relación entre a velocidade dunha
reacción enzimática e a concentración de substrato Que é o centro activo da enzima? Que é un inhibidor
enzimático?

Natureza proteica. Poden conter un componente non proteico. (0,2p)

Representación gráfica e explicación (0,8p)

Ao incrementar a concentración de substrato, a velocidade da reacción tamén


aumenta, ata chegar a un límite que se corresponde coa velocidade máxima
(saturación do enzima). Valorarase a explicación de todos os termos que
aparecen na gráfica.

Centro áctivo: É o lugar da enzima onde se une o substrato e se leva a cabo a catálise (0,5p)

Inhibidores enzimáticos: Sustancias que interactúan con el enzima reduciendo o anulando su capacidad
biocatalítica. (0,5p)

2 Identifique o tipo de célula representada na Figura 1. Indique o nome e función das estruturas numeradas do 1
ao 7.

Célula eucariota vexetal (0,25p)

1. Aparello de Golgi: glucoxilación de lípidos e proteínas, maduración de proteínas.


2. Cloroplasto: fotosíntese
3. Mitocondria: respiración celular
4. Vacuola: Almacenamento, responsable da turxencia celular
5. Cromatina: Información xenética
6. Nucleolo: Síntese de ARNr e formación dos precursores ribosomais
7. Parede celular: Rixidez
Calquera función correcta é válida

Identificación das estructuras 0,1p; funcions 0.15p

3 Explique en que consiste a herdanza intermedia e a codominancia. Poña un exemplo de cada tipo de herdanza e
realice os cruzamientos indicando os genotipos e fenotipos das liñas parentales e a F1

A herdanza intermedia cando un alelo domina incompletamente sobre outro, de forma que o heterocigoto expresa
un fenotipo intermedio
Ej, prantas de Don Diego de noite. Hainas de flores vermellas (RR) e de flores brancas (BB). Cando se cruzan unha
planta de flores de cor vermella (RR) cunha planta de flores de cor branca (BB), xéranse heterocigotos con flores
rosas (RB). Non existe dominancia completa de ningún dos 2 alelos. (1p)

No caso da codominancia, dous alelos son codominantes cando ao estar xuntos nun par alélico exprésanse os dous
e o fenotipo resultante presenta as características de ambos os alelos.
Ex. os grupos sanguíneos ABO. Está controlado por 3 xenes: IA que determina a presenza do antixeno A en os
eritrocitos; IB que determina a presenza do antígeno B nos eritrocitos e I0 que non expresa ningún antíxeno nos
eritrocitos. IA e IB son codominantes entre si e Io é recesivo con respecto aos outros 2. Cando o xen IA e o xen IB
están ambos presentes, o individuo amosa o fenotipo cos antíxenos A e B simultaneamente (1p)

4 Que é un microorganismo? Realice unha clasificación dos principais grupos de microorganismos, pondo un
exemplo de cada un deles. Expoña dúas características importantes de cada grupo.

Son organismos que so poden ser vistos ao microscopio (0.4p)

Características (0.4x4)

Bacterias. Ausencia de núcleo, parede celular bacteriana, nutrición autótrofa ou heterótrofa. Bacilo de Koch , E.
coli.
Algas unicelulares.. Cloroplastos, parede celular, nutrición autótrofa. Chlorella, Diatomeas.
Protozoos., Nutrición heterótrofa, sen parede. Plasmodium.
Fungos unicelulares. Nutrición heterótrofa. Parede celular. Penicillium, Sacharomyces

1.5 Terminoloxía Agrupa de tres en tres, mediante unha frase, os termos relacionados (Valoración: 1 punto,
0,2 por frase correcta).

Os xabóns son sales dos ácidos grasos


Os telómeros son as rexións terminais dos cromosomas
A inmunodeficiencia favorece a aparición de infeccións no organismo
Na telofase rexenérase a envoltura nuclear en torno ao material xenético
O peroxisoma conten catalasa que presenta actividade oxidasa.

1.6 Test Indica (no teu caderno de exame) se as seguintes afirmacións son verdadeiras ou falsas. As respostas
erróneas puntúan negativamente (Valoración: 1 punto, 0,1pX10).

1F, 2V, 3F, 4F, 5V, 6V, 7V, 8V, 9F, 10V.

Opción B

2. Cuestiones (Valoración: 8 puntos, 2 puntos por cuestión).


1 Identifique o tipo de molécula que aparece na Figura 2. Sinale cales son as súas unidades estruturais, indique e
describa o tipo de ligazón que as mantén unidas. En que compartimentos dunha célula eucariota localízase a
macromolécula representada na figura e que función desenvolve?

Molécula de ADN (0.2p)

Desoxrribonucleótidos. Enlace fosfodiester . Establécese entre o grupo fosfato situado no carbono 5´ dun
nucleótido e o grupo hidroxilo do carbono 3’ do seguinte nucleótido. (1.0p)

Compartimentos: Núcleo da célula, mitocondrias e cloroplastos


Función: O ADN contén unha secuencia codificada de información xenética, o cal constitúe o xenoma. Esta
información transcribirase nunha molécula de ARNm . (0.8p)
2 Enumere e resuma os principios da teoría celular moderna. Indique catro diferencias entre unha célula
eucariota e unha procariota.

Principios da teoría celular (1p)


1. Todos os organismos vivos están formados por células
2. Toda célula procede doutra célula
3. A célula é a unidade estrutural dos seres vivos
4. A célula é a unidade vital que cumpre as tres funcions que caracterizan ao ser vivo

Diferenzas entre célula procariota e célula eucariota (1p)

PROCARIOTAS EUCARIOTAS
Máis sinxelas Máis complexas
Sin núcleo Con núcleo
Ausencia de compartimentos internos diferenciados por Existencia de compartimentos internos diferenciados
membranas mediante membranas
Presencia de cápsula Ausencia de cápsula

3 Indique que é unha mutación. Por que nalgúns casos a aparición dunha mutación puntual pode ser causa dunha
enfermidade grave e outras veces non se expresa? Que diferenza hai entre unha mutación a nivel molecular e a
nivel cromosómico?Que papel ten a mutación no proceso da evolución das especies? Razoe a resposta.

As mutacións son cambios producidos no material hereditario. (0.2p)

Porque debido a que o código xenético é dexenerado, a mutación pode xenerar tripletes sinónimos (0,4p)

A mutación a nivel molecular, tamén chamada puntual, afecta á secuencia de nucleótidos, mentres que a mutación a
nivel cromosómico afecta a estrutura dos cromosomas. (0,4p)

As mutacións son fundamentais no proceso de evolución xa que para que exista evolución, é necesario que exista
un proceso que permita que o ADN cambie. Respecto da súa achega á evolución, a pesar de ser normalmente
negativas para o individuo, comportan un aspecto positivo para a especie, xa que achegan variabilidade á
poboación. Iso permite que, se se produce un cambio no ambiente e as novas condicións son adversas para os
individuos normais, a existencia de individuos mutantes fai que poida haber algúns que soporten esas condicións, e
que a través deles, a especie non se extinga. É o denominado selección natural. (1p)

4 En relación coa SIDA nas células eucariotas, que tipo de virus provócao e a que grupo pertence. Faga unha
representación esquemática do ciclo vital deste virus. Como afecta o sistema inmune? Como se transmite a
enfermidade?

E provocada polo VIH ou virus dá inmunodeficiencia humana, un retrovirus (0,2p)

Válida calquera representación onde se indíquen as seguintes fases: 1. Fusión do virus coa membrana da célula
receptora. 2. Liberación do ARN vírico. 3. Acción da transcriptasa inversa formando ADN a partir do ARN vírico.
4. Síntese de novas cadeas de ADN vírico. 5. Integración das dobres cadeas de ADN vírico no ADN do receptor.
Estado de inactividade do ADN vírico como provirus. 6. Expresión do ADN vírico formándose ARNm viral. 7.
Formación dás proteínas do virus. 8. Ensamblaxe de novos virus 9. Liberación de novas partículas víricas.
(1 p).

A infección do virus xera unha diminución da capacidade de defensa das células do sistema inmune debido a que
infecta fundamentalmente aos linfocitos T4. Aínda que inicialmente a enfermidade é asintomática (seropositivo),
co tempo o sistema inmune debiíítase tanto que serán xeneralizadas as infeccións microbianas e desenvolveranse
certos tipos de tumores. É a fase sintomática (inmunodepresión) (0,4p).
A enfermidade transmítese a través do sangue, mediante relacións sexuais, (secrecións vaxinais e esperma),
contaxio materno-filial (0,4p)

2.5 Terminoloxía Agrupa de tres en tres, mediante unha frase, os termos relacionados (Valoración: 1 punto,
0,2 por frase correcta).

Cando un ácido graso reacciona cunha base forte, fórmase un xabón


A interfase é o conxunto de fases que transcorren entre dúas mitosis consecutivas
O centrómero é un estretitamento que divide o cromosoma en dous brazos
Os antibióticos son exclusivos para o tratamento de enfermidades producidas por bacterias.
Unha inmunoglobulina é unha proteína que produce o sistema inmunitario en resposta á presenza dunha antígeno

2.6 Test Indica (no teu caderno de exame) se as seguintes afirmacións son verdadeiras ou falsas. As respostas
erróneas puntúan negativamente (Valoración: 1 punto, 0,1pX10).

1V, 2V, 3F, 4F, 5V, 6F, 7F, 8F, 9V, 10F .
PAU Código: 21

XUÑO 2016

BIOLOXÍA
Estrutura da proba: a proba componse de dúas opcións: A e B. Só se poderá contestar unha das dúas opcións, desenvolvendo
integramente o seu contido. Puntuación: a cualificación máxima total será de 10 puntos, estando indicada en cada cuestión a súa
puntuación parcial. Tempo: 1 hora e 30 minutos

OPCIÓN A
1. Cuestións (Valoración: 8 puntos, 2 puntos por cuestión).
1 Indique as formas en que se poden atopar os sales minerais nos seres vivos. Poña un exemplo indicando a súa
función. Explique brevemente o significado dos seguintes termos: osmose, turxencia e plasmólise celular.
2 Na fotosíntese: Indica o papel da auga, luz e CO2 Explica o papel dos fotosistemas e sinala a súa localización no
orgánulo correspondente. Que produtos orixinados na fase luminosa son utilizados no ciclo de Calvin e con que fin?
3 A ausencia de moas na especie humana débese a un xene dominante autosómico. Unha parella ambos sen moas,
teñen unha filla con moas. Indica os xenotipos de todos os membros desta familia. Cal é a proporción de heterocigotos?
Que probabilidade hai de que teñan outro descendente con moas?
4 Identifique a molécula que aparece na Figura 1.Cal é a súa natureza química? Que tipo de células as producen? Cal
é a súa función?. Indique as diferentes partes da devandita molécula.
5 Terminoloxía Agrupa de tres en tres, mediante unha frase, os termos relacionados (Valoración: 1 punto, 0,2
por frase correcta).
profase, microorganismo, alelos, enlaces, cromosomas, saturados, xene, ARN, ácidos graxos, envoltura, ADN, cadea,
microscopio, transcrición, tamaño.
6 Test Indica (no teu caderno de exame) se as seguintes afirmacións son verdadeiras ou falsas. As respostas
erróneas puntúan negativamente (Valoración: 1 punto, 0,1pX10).
6.1 As cromátidas son cada unha das partes 6.6 A insulina é unha proteína con función hormonal.
simétricas dun cromosoma metafásico. 6.7 A fase escura da fotosíntese realízase no estroma
6.2 A replicación do ADN é conservativa. dos cloroplastos.
6.3 O colesterol transpórtase no sangue en 6.8 Na meiose, a dotación cromosómica das células
lipoproteínas. fillas é idéntica ás das células nai.
6.4 Os virus son parasitos intracelulares obrigados. 6.9 O antibiótico penicilina é producido por unha
6.5 A β - oxidación é o proceso da síntese de ácidos bacteria.
graxos. 6.10 A fermentación láctica prodúcese no músculo.

OPCIÓN B
1. Cuestións (Valoración: 8 puntos, 2 puntos por cuestión).
1 Explique brevemente a que se refiren estes termos: ácido graxo, triacilgliérido e fosfolípido. Explique por que os
fosfolípidos son moléculas anfipáticas. Cite unha función biolóxica dos carotenoides e outra dos esteroides.
2 Indique as características do transporte activo e o transporte pasivo a través da membrana plasmática. En que se
diferencian a difusión simple e a difusión facilitada? E a endocitose e a fagocitose?
3 Explique brevemente como se produce o fluxo de información xenética nun organismo. Diga en que consiste cada un
dos procesos biolóxicos implicados neste fluxo, indicando en qué parte da célula eucariótica se producen os devanditos
procesos.
4 Identifique a qué grupo pertencen as imaxes que aparecen na Figura 2 e indique dúas características importantes de
cada grupo. Cite 2 casos de enfermidades provocadas por cada grupo. Existe algunha relación entre un deles e a orixe
de cloroplastos e mitocondrias? Razoe a resposta.
5 Terminoloxía Agrupa de tres en tres, mediante unha frase, os termos relacionados (Valoración: 1 punto, 0,2
por frase correcta).
meiose, metafase, ácidos graxos, ARNm, quimiosíntese, xerminais, cromosomas, enlaces, núcleo, tradución, orgánica,
haploides, insaturado, aminoácidos, inorgánicas.
6 Test Indica (no teu caderno de exame) se as seguintes afirmacións son verdadeiras ou falsas. As respostas
erróneas puntúan negativamente (Valoración: 1 punto, 0,1pX10).
2.6.1 O centrómero é a rexión do cromosoma que 2.6.6 A parede das bacterias está formada por
mantén unidas as cromátidas irmás. celulosa.
2.6.2 Os prións son microorganismos formados por 2.6.7 No microscopio, o condensador amplifica a
proteínas e ARN. imaxe.
2.6.3 A tradución do ARNm ten lugar no núcleo. 2.6.8 Os aminoácidos únense mediante enlaces
2.6.4 Os tripletes de bases do ARNm chámanse peptídicos para formar proteínas.
codóns. 2.6.9 A fase escura da fotosíntese ten lugar nas
2.6.5 O centro activo é o lugar do substrato onde se membranas tilacoidais.
une o enzima. 2.6.10 Un composto anfipático é o que actúa como
ácido e como base.
PAU Código: 21

XUÑO 2016

BIOLOXÍA

OPCIÓN A

FIGURA 1

OPCIÓN B

FIGURA 2
PAU Código: 21

SETEMBRO 2016

BIOLOXÍA
Estrutura da proba: a proba componse de dúas opcións: A e B. Só se poderá contestar a unha das dúas opcións, desenvolvendo
integramente o seu contido. Puntuación: a cualificación máxima total será de 10 puntos, estando indicada en cada cuestión a súa
puntuación parcial. Tempo: 1 hora e 30 minutos
OPCIÓN A
1. Cuestións (Valoración: 8 puntos, 2 puntos por cuestión).
1 Estableza a diferenza entre un ácido graxo saturado e insaturado. Explique a reacción de saponificación. Describa a
estrutura molecular dun fosfolípido, nomeando o tipo de enlace que se establece entre os seus compoñentes. Explique
a propiedade que permite aos fosfolípidos formar bicapas en medios acuosos.
2 Debuxe as estruturas dun cloroplasto e dunha mitocondria, sinalando 5 compoñentes en cada un deles. Describa
brevemente cál é a función que desempeñan estes orgánulos no metabolismo celular. Poden atoparse ambos os dous
orgánulos nunha mesma célula ou son incompatibles? Razoe a resposta.
3 Explique que se entende por código xenético. Que significan os termos codón e anticodón? Que son os codóns sen
sentido ou de terminación? Describa as características do código xenético
4 Identifique a que grupo pertence a imaxe que aparece na Figura 1. Realice un esquema pra indicar a súa estrutura
sinalando os seus compoñentes e explíqueos brevemente. Cite dous casos de enfermidades provocadas por este
grupo.
1.5 Terminoloxía. Agrupa de tres en tres, mediante unha frase, os termos relacionados (Valoración: 1 punto, 0,2
por frase correcta).
Carotenoides, mutación, anticorpos, enlaces, fotosistema, lípidos, descendencia, pigmentos, célula, linfocitos B, ADN,
isoprenoides, humoral, helicasas, proteínas
1.6 Test. Indica (no teu caderno de exame) se as seguintes afirmacións son verdadeiras ou falsas. As respostas
erróneas puntúan negativamente (Valoración: 1 punto, 0,1pX10).
1.6.1 Os linfocitos T interveñen na inmunidade celular 1.6.6 A vacinación é un exemplo de inmunidade activa
1.6.2 A membrana plasmática é asimétrica 1.6.7 A síntese de ARNr ten lugar no citosol
1.6.3 A cuberta proteica dun virus chámase parede 1.6.8 As células procariotas non conteñen ribosomas
1.6.4 No estroma do cloroplasto prodúcese a síntese 1.6.9 Na fotosíntese cáptase CO2 e libérase O2
de sacarosa 1.6.10 Un composto anfipático é o que actuará como
1.6.5 A técnica de PCR permite a amplificación do ácido e como base
ADN

OPCIÓN B
1. Cuestións (Valoración: 8 puntos, 2 puntos por cuestión).
1 Indique a natureza química, a función e onde se atopan en maior abundancia as seguintes moléculas: frutosa, quitina,
amidón, colesterol e ADN.
2 Sinale as diferenzas en estrutura, composición e función entre a membrana celular e a parede celular.
3 As células da Figura 2 están realizando un proceso celular. As imaxes non seguen a orde secuencial do proceso.
De que proceso se trata? Estableza a orde das imaxes e indique o nome das distintas fases que identifique,
explicándoas brevemente. Que significado biolóxico ten o proceso no seu conxunto?
4 Que se coñece como resposta humoral e como resposta celular? Que células do sistema inmunitario interveñen en
cada unha delas? En que consisten as respostas primaria e secundaria?
5 Terminoloxía. Agrupa de tres en tres, mediante unha frase, os termos relacionados (Valoración: 1 punto, 0,2
por frase correcta).
Parede, centro, cadea, polímero, fragmentos de Okazaki, molécula, substrato, ARN, anticorpo, celulosa, ribonucleótidos,
linfocitos B, ADN, enzima, vexetal
6 Test. Indica (no teu caderno de exame) se as seguintes afirmacións son verdadeiras ou falsas. As respostas
erróneas puntúan negativamente (Valoración: 1 punto, 0,1pX10).
2.6.1 Durante a fotorrespiración a rubisco capta O2 2.6.6 A síntese de proteínas ten lugar no RE liso
2.6.2 A inmunidade celular depende da activación dos 2.6.7 A orixe das dúas unidades ribosomais é o nucléolo
linfocitos T 2.6.8 As topoisomerasas unen os fragmentos de ADN
2.6.3 Os gametos interveñen na reprodución asexual adxacentes
2.6.4 O NADH e o ATP son produtos de reaccións de 2.6.9 O transporte activo é usado principalmente polos
oxidorredución ións
2.6.5 Unha reacción anabólica é unha reacción de 2.6.10 Un lévedo é un organismo pluricelular
síntese
PAU Código: 21

SETEMBRO 2016

BIOLOXÍA

OPCIÓN A
FIGURA 1

OPCIÓN B
FIGURA 2
CONVOCATORIA DE XUÑO
OPCIÓN A
1. Cuestións. (Valoración: 8 puntos, 2 puntos por cuestión).
1. Indique as formas nas que se poden atopar os sales minerais nos seres vivos (A). Poña un exemplo indicando a súa
función (B). Explique brevemente o significado dos seguintes conceptos: osmose, turxencia e plasmólise celular (C)
(A) As substancias minerais pódense atopar nos seres vivos de tres formas: precipitadas, disoltas ou asociadas a
substancias orgánicas (0,1x3=0,3 p).
(B) Exemplo: calquera ión que poida formar sales minerais no organismo. Funcións: formar estruturas esqueléticas,
estabilizar dispersións coloidais, manter un grao de salinidade no medio interno, constituír solucións amortecedoras,
accións específicas: (ex. Fe para hemoglobina) (0,2 p).
(C) A osmose prodúcese cando se poñen en contacto dúas disolucións de diferentes concentracións separadas por
unha membrana semipermeable, a auga fluirá dende a disolución máis diluída á máis concentrada (0,5 p).
A turxencia prodúcese como consecuencia da entrada de auga debido a que a célula se atopa nun medio hipotónico,
con poucos solutos (0,5 p).
A plasmólise prodúcese se o medio que rodea á célula é hipertónico, con moitos solutos. Sae auga, o que provoca que
a célula se “engurre” (0,5 p).
2. Na fotosíntese: Indica o papel da auga, luz e CO (A) Explica o papel dos fotosistemas e sinala a súa localización no
2

orgánulo correspondente (B). Que produtos orixinados na fase luminosa son utilizados no ciclo de Calvin e con que fin?
(C)
(A) Auga: mediante a fotólise proporciona protóns, electróns e osíxeno molecular que é liberado á atmosfera.
Luz: proporcionar a enerxía necesaria para a excitación dos pigmentos fotosintéticos.
CO : combinarse coa Ribulosa 1,5 bifosfato pola acción da Rubisco, para obter hidratos de carbono (0,2x3 = 0,6 p).
2

(B) Son a sede de fase luminosa da fotosíntese. Trátase dun complexo proteico pigmentado, constituído por un
complexo antena, responsable da captación da luz e un centro de reacción onde se atopan moléculas de clorofila
especiais. O centro de reacción ao ser excitado pola luz, liberará os electróns iniciándose a cadea de transporte
electrónico. Tamén nos fotosistemas (no fotosistema II) se produce a fotólise da auga coa liberación de electróns,
protóns e osíxeno (0,8 p). Atópanse localizados nas membranas tilacoidais dos cloroplastos (0,2 p).
(C) O ATP e o NADPH utilízanse ambos no ciclo de Calvin co fin de poder fixar CO para a obtención de hidratos de
2 2

carbono pola acción da Rubisco (0,4 p).


3. A ausencia de moas na especie humana débese a un xene dominante autosómico. Unha parella, ambos sen moas,
teñen unha filla con moas. Indica os xenotipos de todos os membros desta familia (A). Cal é a proporción de
heterocigóticos? (B) Que probabilidade hai de que teñan outro descendente con moas? (C)
NON SE DARÁ POR VÁLIDO O USO DE NOMENCLATURA NON AXEITADA
Os alelos do xene serían M = sen moas e m = con moas, sendo M dominante (0,5 p).
(A) Pai e nai: Mm ; Filla: mm (0,5 p).
(B) A proporción de heterocigotos é do 50% (0,5 p).
(C) A probabilidade doutro descendente con moas sería do 25% xa que se trata dun suceso independente (0,5 p).
4. Identifique a molécula que aparece na Figura 1 (A) .Cal é a súa natureza química? (B) Que tipo de células as
producen? (C) Cal é a súa función?(D). Indique as diferentes partes da devandita molécula (E).
(A) Un anticorpo (0,2 p).
(B) Son glicoproteínas globulares (0,2 p).
(C) Polos linfocitos B (0,2 p).
(D) Unirse a un antíxeno dando lugar á formación dun complexo antíxeno-anticorpo (0,4 p).
(E) Nun anticorpo distinguimos 4 cadeas polipeptídicas unidas por pontes disulfuro, dúas cadeas pesadas e dúas
cadeas lixeiras, con rexións variables que lle confiren especificidade e rexións constantes características de cada
anticorpo. Cada anticorpo presenta varias rexións de unión para antíxenos (1 p).
1.5. Terminoloxía. Agrupa de tres en tres, mediante unha frase, os termos relacionados. (Valoración: 1 punto,
0,2 por frase correcta).
Durante a profase ten lugar a condensación dos cromosomas e desaparece a envoltura nuclear.
Un microorganismo é un ser vivo de pequeno tamaño que só pode ser observado ao microscopio.
Un xene é un fragmento de ADN que pode ter varios alelos.
Mediante a transcrición sintetízase unha cadena de ARN complementaria.
Os ácidos graxos saturados non conteñen dobres enlaces.
1.6. Test. Indica (no teu caderno de exame) se as seguintes afirmacións son verdadeiras ou falsas. As respostas
erróneas puntúan negativamente. (Valoración: 1 punto, 0,1x10).
1V, 2F, 3V, 4V, 5F, 6V, 7V, 8F, 9F, 10V

OPCIÓN B
2. Cuestións. (Valoración: 8 puntos, 2 puntos por cuestión).
1. Explique brevemente a que se refiren estes termos: ácido graxo, triacilglicérido e fosfolípido (A). Explique por que os
fosfolípidos son moléculas anfipáticas (B). Cite unha función biolóxica dos carotenoides e outra dos esteroides (C).
(A) Ácido graxo: molécula constituída por unha cadea hidrocarbonada longa, de tipo alifático, cun grupo carboxilo nun
dos extremos. Triacilglicérido: éster de glicerina e ácidos graxos. Fosfolípido: éster de glicerina con dous ácidos graxos
e un ácido fosfórico unido a un alcohol (0,4x3 = 1,2 p).
(B) Porque presentan unha parte hidrófila (polar) e outra hidrófoba (apolar) (0,4 p).
(C) Carotenoides: forman parte dos pigmentos, vitaminas, etc. Esteroides: compoñentes das membranas, precursores
das hormonas, etc. (Calquera función é válida) (0,2x2 = 0,4 p).
2. Indique as características do transporte activo e o transporte pasivo a través da membrana plasmática (A). En que se
diferencian a difusión simple e a difusión facilitada? (B) E a endocitose e a fagocitose? (C)
(A) O transporte activo realízase en contra de gradiente e implica o consumo de enerxía. Participan proteínas
transportadoras axuntadas a unha fonte de enerxía procedente xeralmente da hidrólise do ATP. Este tipo de transporte
úsano principalmente os ións. O transporte pasivo é un proceso de difusión a favor de gradiente e non require gasto de
enerxía (0,4x2 = 0,8 p).
(B) En que na difusión simple as moléculas difunden libremente a través da bicapa lipídica sendo utilizada por gases e
outras moléculas pequenas, mentres que na facilitada participa algunha proteína transmembrana e é utilizada por
moléculas polares (0,4x2 = 0,8 p).
(C) Endocitose: proceso mediante o cal se introducen na célula moléculas de gran tamaño. Fagocitose é un tipo de
endocitose, só que neste caso trátase da captura de partículas sólidas (0,2x2 = 0,4 p).
3. Explique brevemente como se produce o fluxo de información xenética nun organismo (A). Diga en que consiste cada
un dos procesos biolóxicos implicados neste fluxo, indicando en que parte da célula eucariótica se producen os
devanditos procesos.
(A) Considerarase como válido un esquema como o seguinte ou calquera explicación correcta (0,4 p).

(B) Replicación: consiste na formación de dúas copias idénticas a partir dunha molécula de ADN para asegurar, tras a
división celular, que as células fillas posúan a mesma información xenética. Ten lugar na interfase do ciclo celular,
durante a fase de síntese ou fase S. Prodúcese no núcleo. (0,4 p).
Transcrición: proceso no que se sintetiza unha molécula de ARN complementaria a unha das cadeas de ADN (0,4 p).
Retrotranscrición: síntese de ADN a partir dunha molécula de ARN por medio dunha retrotranscriptasa (0,4 p).
Tradución: síntese dunha cadea polipeptídica a partir da molécula de ARNm. Prodúcese nos ribosomas (0,4 p).
4. Identifique a que grupo pertencen as imaxes que aparecen na Figura 2 (A) e indique dúas características importantes
de cada grupo (B). Cite 2 casos de enfermidades provocadas por cada grupo (C). Existe algunha relación entre un deles
e a orixe de cloroplastos e mitocondrias? Razoe a resposta (D).
(A) Trátanse dun fungo e dun virus (0,1x2 = 0,2 p).
(B) Fungo: organismo celular eucariota, con nutrición heterótrofa, con parede celular (só dúas características); Virus:
estrutura acelular máis sinxela, parasito intracelular obrigado, só se pode ver ao microscopio electrónico (0,3x2 = 0,6 p).
(C) Fungo: Dermatomicose, candidiase; Virus: gripe, VIH, hepatite (calquera exemplo é válido) (0,2x2 = 0,4 p).
(D) Non, porque a orixe dos cloroplastos e as mitocondrias está relacionado coas bacterias pola teoría endosimbionte
(0,2+0,6 p).
2.5. Terminoloxía. Agrupa de tres en tres, mediante unha frase, os termos relacionados. (Valoración: 1 punto,
0,2 por frase correcta).
meiose, metafase, ácidos graxos, ARNm, quimiosíntese, xerminais, cromosomas, enlaces, núcleo, tradución, orgánica,
haploides, insaturados, aminoácidos, inorgánicas
Os ácidos graxos insaturados presentan un ou máis dobres enlaces.
Na metafase desaparece o núcleo e prodúcese a ordenación dos cromosomas.
A partir do RNAm e mediante o proceso da tradución, sintetízase unha cadea de aminoácidos.
A quimiosíntese é a síntese de materia orgánica a partir de substancias inorgánicas.
Por meiose as células xerminais forman células haploides.
2.6. Test. Indica (no teu caderno de exame) se as seguintes afirmacións son verdadeiras ou falsas. As respostas
erróneas puntúan negativamente. (Valoración: 1 punto, 0,1x10).
1V, 2F, 3F, 4V, 5F, 6F, 7F, 8V, 9F, 10F

CONVOCATORIA DE SETEMBRO
OPCIÓN A
1. Cuestións (Valoración: 8 puntos, 2 puntos por cuestión).
1. Estableza a diferenza entre un ácido graxo saturado e insaturado. Explique a reacción de saponificación.
Describa a estrutura molecular dun fosfolípido, nomeando o tipo de enlace que se establece entre os seus
compoñentes. Explique a propiedade que permite aos fosfolípidos formar bicapas en medios acuosos.
A diferenza está na presenza ou non de dobres enlaces na súa cadea. Os ácidos graxos saturados non presentan
dobres enlaces mentres que os ácidos graxos insaturados presentan un ou máis dobres enlaces. (0.5p)
Saponificación. Propiedade típica dos ácidos graxos na que reaccionan con álcalis ou bases (NaOH ou KOH) e dan
lugar a un sal de ácido graxo chamado xabón. Tratamento das graxas con álcalis (NaOH o KOH) que produce glicerol e
os sales sódicos o potásicos dos ácidos graxos, coñecidos como xabóns. (0.5p)
Fosfolípido: Lípido complexo formado por unha molécula de glicerina unida por dous dos seus grupos alcohol a dous
restos de ácidos graxos por enlace éster, e polo terceiro grupo alcohol a un grupo fosfato que se une por un enlace
éster a un amino-alcohol ou radical polar. Caracterízanse por posuír unha parte polar, hidrófila e unha parte apolar,
hidrófoba. (0.5p)
Os fosfolípidos son capaces de formar unha bicapa en presenza de auga debido ao seu carácter anfipático. En
presenza de auga, dispóñense de xeito que a parte polar queda mergullada na auga mentres que as partes apolares
enfróntanse entre elas. (0.5p)
2. Debuxe as estruturas dun cloroplasto e dunha mitocondria, sinalando 5 compoñentes en cada un deles.
Describa brevemente cal é a función que desempeñan estes orgánulos no metabolismo celular. Poden atoparse
ambos os dous orgánulos nunha mesma célula ou son incompatibles? Razoe a resposta.
Darase por válido calquera debuxo onde se inclúan 5 compoñentes estruturais. (0.2p)
Cloroplasto: Membrana externa, espazo intermembranal, membrana interna, estroma, membrana tilcoidal (lumen do
tilacoide, granas e lamelas), ribosomas e ADN.
Compoñentes estruturais da mitocondria: membrana externa, espazo intermembrana, membrana interna, matriz
mitocondrial, cristas mitocondriais, ribosomas libres, material xenético (ADN). (0.6p)
Cloroplasto: No estroma do cloropasto ten lugar o ciclo de Calvin ou fase escura da fotosíntese. Nas membranas
tilacoidais ten lugar a fase luminosa da fotosíntese. Mitocondria: O ciclo de Krebs na matriz mitocondrial, a fosforilación
oxidativa (cadea respiratoria e síntese de ATP) na crista mitocondrial, a β-oxidación de ácidos graxos (catabolismo de
lípidos) na matriz mitocondrial. (1p)
Si. Nas células vexetais podemos atopar os cloroplastos e as mitocondrias, que non son incompatibles xa que realizan
funcións complementarias. (0.2p)
3. Explique que se entende por código xenético. Que significan os termos codón e anticodón? Que son os
codóns sen sentido ou de terminación? Describa as características do código xenético.
Código xenético. Sistema que establece unha relación de correspondencia entre os tripletes do ARN mensaxeiro e os
aminoácidos que codifican. (0.4p)
Codón. Grupo de tres nucleótidos consecutivos (triplete) do ARN mensaxeiro que codifica un aminoácido.
Anticodón. Rexión do ARN transferente que contén un triplete que se une especificamente a un codón complementario
do ARN mensaxeiro. (0.4p)
Codóns sen sentido ou de terminación. Tripletes do ARNm que non corresponden a ningún aminoácido e finalizan a
síntese de proteínas. (0.2p)
Características: universal, dexenerado, non presenta imperfección e carece de solapamento (é preciso explicalas
brevemente). (1p)
4. Identifique a que grupo pertence a imaxe que aparece na Figura 1. Realice un esquema para indicar a súa
estrutura sinalando os seus compoñentes e explíqueos brevemente. Cite dous casos de enfermidades
provocadas por este grupo.
Trátase dun virus. (0.3p)
Darase por válido calquera debuxo ou esquema onde se inclúan 3 compoñentes estruturais: Ácido nucleico vírico (ARN
ou ADN), cápsida e envoltura. (0.5p)

Na estrutura dun virus distinguimos dúas partes: o ácido nucleico e a cápsida. Algúns, ademais, presentan envoltura.
Ácido nucleico: contén a información xenética do virus. Pode ser ADN ou ARN. Cápsida: cuberta de natureza proteica
que rodea o ácido nucleico, que se organiza en subunidades denominadas capsómeros. Envoltura: algúns virus
presentan unha cuberta membranosa externa formada por unha bicapa lipídica. (1 p)
Exemplos de enfermidades: gripe, SIDA, herpes, etc. (0.2p)
1.5 Terminoloxía. Agrupa de tres en tres, mediante unha frase, os termos relacionados (Valoración: 1 punto, 0,2
por frase correcta).
- Os carotenoides son isoprenoides do grupo de lípidos insaponificables.
- Nun fotosistema atópanse reunidos os pigmentos fotosintéticos e proteínas.
- Na resposta inmune humoral, os linfocitos B liberan anticorpos.
- As encimas helicasas rompen os enlaces que unen as febras do ADN.
- Unha mutación nunha célula reprodutora transmítese á descendencia.
1.6. Test. Indica (no teu caderno de exame) se as seguintes afirmacións son verdadeiras ou falsas. As respostas
erróneas puntúan negativamente (Valoración: 1 punto, 0.1px10).
1V, 2V, 3F, 4F, 5V, 6V, 7F, 8F, 9V, 10 F

OPCIÓN B
1. Cuestións (Valoración: 8 puntos, 2 puntos por cuestión).
1. Indique a natureza química, a función e onde se atopan en maior abundancia as seguintes moléculas: frutosa,
quitina, amidón, colesterol e ADN.
Frutosa. Monosacárido do grupo dos glícidos. Función enerxética. Nas células vexetais. (0.4p)
Quitina. Polisacárido do grupo dos glícidos. Función estrutural (paredes de fungos e exoesqueletos de artrópodos).
(0.4p)
Amidón. Polisacárido do grupo dos glícidos. Función de reserva nas células vexetais. (0.4p)
Colesterol. Lípido do grupo dos esteroides. A súa función é contribuír á rixidez/fluidez das membranas e é precursor de
ácidos biliares, hormonas esteroideas e da vitamina D. Atópase nas membranas celulares animais. (0.4p)
ADN. Polinucleótido do grupo dos ácidos nucleicos. Contén unha secuencia codificada de información xenética, o cal
constitúe o xenoma. No núcleo das células, cloroplastos e mitocondrias. (0.4p)
2. Sinale as diferenzas en estrutura, composición e función entre a membrana celular e a parede celular.
Válido calquera esquema ben representado ou explicación da membrana plasmática segundo o modelo do mosaico
fluído, na que se indique como compoñentes: bicapa lipídica, (fosfolípidos, colesterol), proteínas de membrana:
(intrínsecas, extrínsecas e transmembrana), glicocálix, (glicoproteínas, glicolípidos) e cunha orientación correcta. (0.5p)
Válido calquera esquema ben representado ou explicación da parede celular na que se indiquen como compoñentes:
lámina media, parede primaria (celulosa) e parede secundaria (lignina). (0.5p)
Función da membrana plasmática: manter o medio interno celular separado do medio externo. Regular o paso de
substancias. Manter o potencial de membrana. Participar no recoñecemento celular. Responder a estímulos. (0.5p)
A parede celular é a cuberta externa da célula vexetal, que actúa como exoesqueleto protexendo e dando forma á célula
pero permitindo o seu crecemento. (0.5p)
3. As células da Figura 2 están realizando un proceso celular. As imaxes non seguen a orde secuencial do
mesmo. De que proceso se trata? Estableza a orde das imaxes e indique o nome das distintas fases que
identifique, explicándoas brevemente. Que significado biolóxico ten o proceso no seu conxunto?
Mitose . (0.1p)
Orde: C-B-A-E-D (0.1p)
Profase. (C e B). Condensación de cromosomas, formación do fuso acromático, desaparición do nucleolo e da
membrana nuclear.
Metafase. (A) Os cromosomas alcanzan o máximo grao de condensación e oriéntanse na placa ecuatorial do fuso
conectados polos microtúbulos.
Anafase. (E) As cromátidas emigran cara aos polos da célula.
Telofase. (D) Descondensación do material xenético e rexeneración do núcleo e da envoltura nuclear.
(0.4x4p)
O significado biolóxico da mitose é repartir de maneira equitativa o material xenético entre as dúas células fillas. (0.2p)
4. Que se coñece como resposta humoral e como resposta celular? Que células do sistema inmunitario
interveñen en cada unha delas? En que consisten as respostas primaria e secundaria?
Na inmunidade humoral a resposta é propiciada polos anticorpos, que son sintetizados polos linfocitos B e liberados ao
torrente sanguíneo. A inmunidade celular depende principalmente da activación de linfocitos T. Unha vez activados, os
linfocitos T son capaces de destruír células estrañas e de liberar citoquinas e outras substancias que atraen e activan
outras células inmunes. (0.6x2= 1.2p)
Células do sistema inmunitario que interveñen: na resposta humoral os linfocitos B ou células plasmáticas, encargadas
da produción de anticorpos. Na inmunidade celular os linfocitos T. (0.2p)
Resposta inmune primaria: é a que se produce ante o primeiro contacto cun determinado antíxeno. Resposta inmune
secundaria: cando o sistema inmunolóxico detecta por segunda vez a presenza do mesmo antíxeno, provoca unha
resposta máis rápida e máis intensa. (0.6p)
5. Terminoloxía. Agrupa de tres en tres, mediante unha frase, os termos relacionados (Valoración: 1 punto, 0.2
por frase correcta).
- A parede vexetal está composta maioritariamente por celulosa.
- O centro activo da encima é o lugar de unión do substrato.
- O anticorpo é unha molécula proteica elaborada polos linfocitos B.
- O ARN é un polímero de ribonucleótidos.
- Os fragmentos de Okazaki constitúen a cadea retardada do ADN.
6. Test. Indica (no teu caderno de exame) se as seguintes afirmacións son verdadeiras ou falsas. As respostas
erróneas puntúan negativamente (Valoración: 1 punto, 0.1pX10).
1V, 2V, 3F, 4F, 5V, 6F, 7V, 8F, 9V, 10F
Proba de Avaliación do Bacharelato
para o Acceso á Universidade Código: 21
XUÑO 2017
BIOLOXÍA
Estrutura da proba: a proba componse de dúas opcións: A e B. Só se poderá contestar unha das dúas opcións,
desenvolvendo integramente o seu contido. Puntuación: a cualificación máxima total será de 10 puntos, estando indicada
en cada cuestión a súa puntuación parcial. Tempo: 1 hora e 30 minutos

OPCIÓN A

1. Cuestións (Valoración: 8 puntos, 2 puntos por cuestión).


1 Identifica os monómeros e distingue os enlaces químicos que permiten a síntese das macromoléculas: glícidos, lípidos,
prótidos e ácidos nucleicos.
2 Explique o significado de anabolismo e catabolismo. Describa brevemente os seguintes procesos e indique se son
anabólicos ou catabólicos: glicólise, gliconeoxénese, ciclo de Calvin e ciclo de Krebs.
3 En relación coa teoría cromosómica da herdanza, explique os seguintes conceptos: cromatina, cromátida, centrómero e
cromosomas homólogos.
4 Explique en que consiste a fermentación. Cite dous tipos de fermentación de interese na produción de alimentos e
indique o organismo responsable. Explique o concepto de inmunidade activa e poña un exemplo de inmunidade artificial e
natural.
5 Terminoloxía Agrupa de tres en tres, mediante unha frase, os termos relacionados (Valoración: 1 punto, 0,2 por
frase correcta).
fungo, prións, codón, fotosíntese, célula, normais, penicilina, gradiente, virus, triplete, proteína, antibiótico, viva,
aminoácido, protóns.
6 Test Indica (no teu caderno de exame) se as seguintes afirmacións son verdadeiras ou falsas. As respostas
erróneas puntúan negativamente (Valoración: 1 punto, 0,1pX10).

A.6.1 As mutacións son negativas para o individuo, pero A.6.6 As reaccións anabólicas son reaccións de síntese.
vantaxosas para a especie.
A.6.2 Un dictiosoma é un grupo de sacos do complexo de Golgi. A.6.7 Na herdanza intermedia os dous alelos mostran os seus
efectos fenotípicos.
A.6.3 Un retrovirus é un virus de ARN monocatenal que utiliza a A.6.8 O cariotipo é o conxunto de alelos dun individuo.
transcriptasa inversa pra sintetizar ADN.
A.6.4 Cilios e flaxelos presentan a mesma lonxitude. A.6.9 O H2O actúa como axente redutor do P680
A.6.5 As algas son organismos eucariotas con nutrición autótrofa. A.6.10 A cápsida é a cuberta dun virus.

OPCIÓN B

1. Cuestións (Valoración: 8 puntos, 2 puntos por cuestión).


1. A que tipo de biomoléculas pertencen os polisacáridos? Por que unidades estruturais están formados? Indique,
explique e represente o tipo de enlace que se establece entre ditas unidades. Cite tres polisacáridos de interese biolóxico
e comente brevemente a súa función.
2 Relaciónanse a continuación 10 procesos metabólicos. Indique, para cada un deles, o orgánulo onde se realiza e, polo
menos, un dos produtos que se obtén: 1.- fase luminosa da fotosíntese, 2.- β-oxidación; 3.- fermentación alcohólica; 4.-
fosforilación oxidativa; 5.- glicólise; 6.- replicación; 7.- ciclo de Calvin; 8.- ciclo de Krebs; 9.- tradución; 10.-
gliconeoxénese.
3 Describa brevemente os seguintes conceptos: mutación, recombinación e segregación cromosómica. Explique a
importancia destes procesos na evolución.
4 Cite 4 diferenzas funcionais o estruturais entre os virus e as bacterias. Explique qué é un antibiótico e qué tipo de
microorganismo o produce.
5 Terminoloxía Agrupa de tres en tres, mediante unha frase, os termos relacionados (Valoración: 1 punto, 0,2 por
frase correcta).
ciclo, biotecnoloxía, innata, molécula, transcrición, inmunidade, antíxeno, Krebs, síntese, mitocondria, técnicas,
organismo, ARNm, individuo, seres vivos.
6 Test Indica (no teu caderno de exame) se as seguintes afirmacións son verdadeiras ou falsas. As respostas
erróneas puntúan negativamente (Valoración: 1 punto, 0,1pX10).

B.6.1. Unha reacción alérxica é unha resposta adecuada do B.6.6 Os enzimas de restrición cortan a cadea do ADN por
sistema inmunitario. secuencias específicas de nucleósidos.
B.6.2 A cápsida é unha estrutura típica das células eucariotas. B.6.7 Durante a telofase ten lugar a descondensación dos
B.6.3 Os virus son células procariotas. cromosomas.
B.6.4 Os ribosomas son exclusivos das células animais. B.6.8 Na fase de fixación o virus fíxase á superficie da célula a
B.6.5 As helicasas rompen os enlaces de hidróxeno entre as 2 invadir.
cadeas de ADN. B.6.9 Na fotosíntese consómese glicosa e obtense O2
B.6.10 A replicación do ADN é semiconservativa.
Proba de Avaliación do Bacharelato
para o Acceso á Universidade Código: 21
SETEMBRO 2017
BIOLOXÍA
Estrutura da proba: a proba componse de dúas opcións: A e B. Só se poderá contestar unha das dúas opcións,
desenvolvendo integramente o seu contido. Puntuación: a cualificación máxima total será de 10 puntos, estando
indicada en cada cuestión a súa puntuación parcial. Tempo: 1 hora e 30 minutos

OPCIÓN A
1. Cuestións (Valoración: 8 puntos, 2 puntos por cuestión).
1 Indique as diferenzas entre nucleósido e nucleótido. Describa o enlace que une dous nucleótidos. Indique que
diferenzas existen entre os nucleótidos que forman o ADN e o ARN. Explique en que consiste a complementariedade de
bases e dous feitos que xustifiquen a súa importancia biolóxica.
2 Indique a localización intracelular da glicólise. Con que molécula empeza e con cal remata? Que rutas metabólicas
pode seguir o produto final da glicólise? Indique cales son os compostos iniciais e os produtos finais de cada unha
destas rutas.
3 O daltonismo consiste na incapacidade de distinguir determinadas cores, especialmente o vermello e o verde,
tratándose dun carácter recesivo ligado ao cromosoma X. Se unha muller non daltónica, cuxo padre era daltónico, ten
fillos cun home non daltónico, indique: os xenotipos dos proxenitores e as proporcións xenotípicas e fenotípicas que
cabe esperar na súa descendencia.
4 Describa un exemplo dun proceso industrial no que se utilicen lévedos e indique como se denomina o proceso
metabólico e o balance global do proceso que ten lugar. Explique o concepto de antíxeno e anticorpo. Indique o tipo de
células sanguíneas que se encargan da produción de anticorpos.
5 Terminoloxía Agrupa de tres en tres, mediante unha frase, os termos relacionados (Valoración: 1 punto, 0,2
por frase correcta).
división, ARN, lítico, cadea, interferón, lise, citoplasma, enzimas, retrovirus, célula, proteína, ADN, citocinese, xenético,
antiviral.
6 Test Indica (no teu caderno de exame) se as seguintes afirmacións son verdadeiras ou falsas. As respostas
erróneas puntúan negativamente (Valoración: 1 punto, 0,1pX10).

A.6.1 O transporte activo a través da membrana plasmática A.6.6 As mutacións son negativas tanto para o individuo coma
realízase a favor de gradiente para a especie
A.6.2 Os virus son parasitos extracelulares obrigados A.6.7 A finalidade da meiose é formar células haploides
A.6.3 A parede celular vexetal está formada por amidón e celulosa A.6.8 Os virus están formados por proteínas, ARN e ADN
A.6.4 Os prións son microorganismos A.6.9 As bacterias quimiosintéticas son organismos procariotas
A.6.5 Nos procesos de oxidación gañanse electróns A.6.10 A replicación do ADN é semiconservativa

OPCIÓN B
1. Cuestións (Valoración: 8 puntos, 2 puntos por cuestión).
1 Explique o significado dos seguintes termos: enlace O-glicosídico, enlace éster, enlace peptídico e enlace
O-nucleosídico. Poña un exemplo de macromolécula que conteña dito enlace, identificando o tipo de monómero.
2 Explique a diferenza entre respiración mitocondrial e fermentación. Identifique o proceso metabólico que corresponde
á seguinte reacción global, e indique a súa localización a nivel celular
Glicosa + 2 ADP + 2 Pi 2 etanol + 2 CO2 + 2 ATP
3 Indicar as diferenzas entre cromatina e cromosomas. Explicar o cariotipo empregando os termos: haploide, diploide,
cromosomas sexuais e homólogos.
4 Expoña 4 características que permitan definir cada un dos seguintes tipos de microorganismos: algas, fungos,
bacterias e protozoos. En relación á resposta inmunitaria, explique estes conceptos: macrófago, soro, vacina e antíxeno.
5 Terminoloxía Agrupa de tres en tres, mediante unha frase, os termos relacionados (Valoración: 1 punto, 0,2
por frase correcta).
meiose, enfermidades, retrovirus, ser vivo, bacterias, redución, microtúbulos, microorganismo, antibióticos, fuso,
cromosómica, ARN, microscopio, material, mitótico
6 Test As Indica (no teu caderno de exame) se as seguintes afirmacións son verdadeiras ou falsas. As
respostas erróneas puntúan negativamente (Valoración: 1 punto, 0,1pX10).

B.6.1 As reaccións anabólicas son reaccións de síntese B.6.6 A secuencia promotora dun xene localízase ó final do mesmo
B.6.2 A duplicación do ADN ten lugar na interfase do ciclo B.6.7 O interferón é unha proteína antibacteriana
celular
B.6.3 Todas as células eucariotas conteñen cloroplastos e B.6.8 Durante o ciclo lítico prodúcese a lise celular
mitocondrias
B.6.4 O retículo endoplasmático rugoso e o aparato de Golgi B.6.9 Os retrovirus conteñen ADN como material xenético
participan na secreción de proteínas
B.6.5 El anticodón é un triplete de bases que forma parte do B.6.10 Os protozoos son organismos unicelulares eucariotas
ARN transferente
ABAU
CONVOCATORIA DE XUÑO
Ano 2017
CRITERIOS DE AVALIACIÓN
BIOLOXÍA
(Cód. 21)
 
 
OPCIÓN A
1. Cuestións (valoración: 8 puntos, 2 puntos por cuestión).
1. Identifica os monómeros e distingue os enlaces químicos que permiten a síntese das
macromoléculas: glícidos, lípidos, prótidos e ácidos nucleicos.
 
Macromolécula Monómero Enlace  
Glícidos Monosacáridos O-glicosídico Fórmase pola unión entre dous grupos OH dos
C de dous monosacáricos.
Lípidos(*) Ácidos graxos Éster Un ácido graxo únese a un alcohol mediante un
enlace covalente, formando un éster e liberando
unha molécula de auga.
Prótidos Aminoácidos Peptídico Fórmase pola unión do C do grupo carboxilo
dun aminoácido co N do grupo amino doutro
aminoácido.
Ácidos nucleicos Nucleótidos Fosfodiéster Establécese entre o grupo fosfato situado no
carbono 5’ dun nucleótido e o grupo hidroxilo do
carbono 3’ do seguinte nucleótido.
  0,1X4=0,4 0,15X4=0,6 0,25X4=1
(*) Serán válidos os monómeros de calquera tipo de lípidos.
 
 
2. Explique o significado de anabolismo e catabolismo. Describa brevemente os seguintes
procesos e indique si son anabólicos ou catabólicos: glicólise, gluconeoxénese, ciclo de Calvin e
ciclo de Krebs.
 
Anabolismo Produción de moléculas orgánicas complexas a partir doutras máis sinxelas, orgánicas ou
inorgánicas, para o que requiren enerxía e poder redutor.
Catabolismo Degradación oxidativa de moléculas orgánicas para obtención da enerxía necesaria para
as funcións celulares.
0.2X2= 0.4
 
Procesos Ana/Cat Lugar   Substrato   Produto
Glicólise Catabólico Citosol   Glicosa   Piruvato, ATP e
NADH
Gliconeoxénese Anabólico Citosol Piruvato Glicosa  
Ciclo de Calvin Anabólico Estroma do CO2 e Ribulosa 1,5 Triosas fosfato
cloroplasto bifosfato
Ciclo de Krebs Catabólico Matriz mitocondrial Acetil Coenzima A CO2, GTP, NADH e
FADH2
  0,1X4=0,4   0,1X4=0,4   0,1X4=0,4   0,1X4=0,4
3. En relación coa teoría cromosómica da herdanza, explique os seguintes conceptos: cromatina,
cromátida, centrómero e cromosomas homólogos.
 
Cromatina Estado do material xenético presente no núcleo interfásico das células eucariotas é que
está constituída por ADN e proteínas.
Cromátida Cada unha das partes simétricas do cromosoma metafásico que están constituídas por
dúas moléculas de ADN idénticas.
Centrómero Rexión do cromosoma de posición variable que mantén unidas as cromátidas irmáns do
cromosoma, e é a rexión pola que se xunta o cromosoma ao fuso acromático.
Cromosomas Cada un dos cromosomas que conteñen a información xenética para os mesmos
homólogos caracteres procedentes do pai e a nai.
0,5X4=2
 
4. Explique en que consiste a fermentación. Cite dous tipos de fermentación de interese na
produción de alimentos e indique o organismo responsable. Explique o concepto de inmunidade
activa e poña un exemplo de inmunidade artificial e natural.
 
Fermentación É un proceso de degradación anaerobia da glicosa, cuxa finalidade é a obtención
de enerxía en forma de ATP e a rexeneración do NAD+. Hai que destacar os
dous tipos de fermentación: láctica e alcohólica. Na fermentación láctica, a
glicosa degrádase de forma anaerobia a ácido láctico. A fermentación etanólica é
a degradación anaerobia da glicosa a etanol.
0,8
Tipos de Elaboración da cervexa, elaboración do viño,
fermentación na do queixo, do kefir.
produción de
alimentos
   
Organismo Lévedo (Saccharomyces)
responsable Bacterias (Lactobacillus) e fungos.
0,3x2=0,6
 
Inmunidade activa É o propio organismo o que fabrica os anticorpos ante a presenza do antíxeno,
ben porque padeceu a enfermidade ou ben porque foi sometido a un proceso de
vacinación.
0,4
Exemplos Administración de vacinas (inmunidade artificial).
Recepción polo feto dos anticorpos maternos a través da placenta ou a lactación
(inmunidade natural).
0,1x2=0,2
 
1.5. Terminoloxía. Agrupa de tres en tres, mediante unha frase, os termos relacionados (valoración: 1
punto, 0,2 por frase correcta).
 
 
Durante a fotosíntese xerase un gradiente de protóns.
 
Un codón é un triplete de bases que codifica para un aminoácido.  
Un virus só pode reproducirse nunha célula viva.  
Os prións orixínanse a partir de proteínas normais.  
 
A penicilina é un antibiótico producido por un fungo.  
0,2x5=1
1.6. Test. Indica (no teu caderno de exame) se as seguintes afirmacións son verdadeiras ou falsas. As
respostas erróneas puntúan negativamente (valoración: 1 punto, 0,1pX10).
 
 
1F, 2V, 3V, 4F, 5V, 6V, 7F, 8F, 9V, 10 V  
0,1x10=1
 
 
OPCIÓN B
1. Cuestións (valoración: 8 puntos, 2 puntos por cuestión).
1. A que tipo de biomoléculas pertencen os polisacáridos? Por que unidades estruturais están
formados? Indique, explique e represente o tipo de enlace que se establece entre ditas unidades. Cite
tres polisacáridos de interese biolóxico e comente brevemente a súa función.
 
Tipo de biomoléculas Glícidos
Unidades estruturais Monosacáridos
Tipo de enlace O-glicosídico
0,2x3=0,6
Explique o tipo de enlace Este tipo de enlace fórmase entre un OH dun dos C
dun monosacárido e o grupo hidroxilo dun C do
outro monosacárido liberándose unha molécula de
auga.
Representación Debe incluír como mínimo os grupos implicados no
enlace.
0,4x2=0,8
Exemplos e función Son o amidón (reserva), a celulosa (estrutural,
parede vexetal) e o glicóxeno (reserva).
0,2x3=0,6
 
 
2. Relaciónanse a continuación 10 procesos metabólicos. Indique, para cada un deles, o orgánulo
onde se realiza e, polo menos, un dos produtos que se obtén: 1.- fase luminosa da fotosíntese, 2.- β-
oxidación; 3.- fermentación alcohólica; 4.- fosforilación oxidativa; 5.- glicólise; 6.- replicación; 7.- ciclo
de Calvin; 8.- ciclo de Krebs; 9.- tradución; 10.- gluconeoxénese.
 
Procesos metabólicos Orgánulo   Produtos  
1.- Fase luminosa da fotosíntese Membranas tilacoidais   ATP, NADPH2, O2  
2.- β-oxidación Matriz mitocondrial Acetil CoA, NADH, FADH2
3.- Fermentación alcohólica Citosol Etanol, CO2  
4.- Fosforilación oxidativa Cristas mitocondriais ATP, H2O  
5.- Glicólise Citosol Piruvato, ATP e NADH  
6.- Replicación Núcleo Cadeas de ADN  
7.- Ciclo de Calvin Estroma do cloroplasto Triosas fosfato  
8.- Ciclo de Krebs Matriz mitocondrial   CO 2 , GTP, NADH e FADH 2
9.- Tradución Ribosomas Cadeas polipeptídicas  
10.- Gliconeoxénese Citosol   Glicosa  
    0,1X10= 1   0,1X10= 1
3. Describa brevemente os seguintes conceptos: mutación, recombinación e segregación
cromosómica. Explique a importancia destes procesos na evolución.
 
Mutación Cambios producidos no material hereditario. Pode
ser de diferentes tipos destacando a mutación no
nivel molecular (que afecta á secuencia de
nucleótidos) e no nivel cromosómico (afecta á
estrutura dos cromosomas).
Recombinación Intercambio de fragmentos cromosómicos entre
cromosomas homólogos durante a meiose.
Segregación cromosómica Separación dos cromosomas homólogos durante a
meiose.
Importancia na evolución A súa importancia estriba en que producen novas
combinacións alélicas e, polo tanto, aumenta a
variabilidade xenética.

0,5X4= 2
 
 
4. Cite 4diferenzas funcionais ou estruturais entre os virus e as bacterias. Explique que é un
antibiótico e que tipo de microorganismo o produce.
Virus Bacterias
Estruturais Presenza de cápside. Ausencia de núcleo
Parede bacteriana
Funcionais Parasitos intracelulares obrigados. Nutrición autótrofa ou heterótrofa
0,4X2= 0,8 0,4X2= 0,8
 
Antibiótico Composto químico antemicrobiano.
0,2
Microorganismo Fungos e bacterias.
0,2
 
5. Terminoloxía. Agrupe de tres en tres, mediante unha frase, os termos relacionados (valoración: 1
punto, 0,2 por frase correcta).
 
 
Un antíxeno é calquera molécula non recoñecida como estraña por un organismo
 
A inmunidade innata é propia do individuo  
A biotecnoloxía permite obter produtos a partir de seres vivos polo uso de técnicas científicas  
O ciclo de Krebs ten lugar na mitocondria  
 
A transcrición é a síntese de ARNm  
0,2x5=1
 
 
 
6. Test. Indica (no teu caderno de exame) se as seguintes afirmacións son verdadeiras ou falsas. As
respostas erróneas puntúan negativamente (valoración: 1 punto, 0,1pX10).
 
 
1F, 2F, 3F, 4F, 5V, 6F, 7V, 8V, 9F, 10V  
0,1x10= 1
ABAU
CONVOCATORIA DE SETEMBRO
Ano 2017
CRITERIOS DE AVALIACIÓN
BIOLOXÍA
(Cód. 21)

OPCIÓN A 
1. Cuestións (valoración: 8 puntos; 2 puntos por cuestión). 
1.  Indique  as  diferenzas  entre  nucleósido  e  nucleótido.  Describa  o  enlace  que  une  dous 
nucleótidos.  Indique  que  diferenzas  existen  entre  os  nucleótidos  que  forman  o  ADN  e  o  ARN. 
Explique  en  que  consiste  a  complementaridade  de  bases  e  dos  feitos  que  xustifiquen  a  súa 
importancia biolóxica. 
 
Nucleósido: molécula que resulta da unión dunha base nitroxenada e unha molécula de pentosa 
mediante un enlace N‐glicosídico. 
Nucleótido:  nucleósido  unido  a  unha  molécula  de  ácido  fosfórico  mediante  un  enlace  éster 
fosfórico. (0,5 p.) 
Tipo de enlace: o ácido fosfórico dun nucleótido únese polo C 3’ á pentosa do nucleótido anterior, 
polo que cada grupo fosfórico está diesterificado. Isto é, un ácido fosfórico forma un enlace éster 
coa pentosa anterior e outro coa pentosa seguinte. (0,5 p.) 
Diferenzas entre os nucleótidos que forman o ADN e o ARN: a) molécula da pentosa: desoxirribosa 
no  caso  dos  desoxirribonucleótidos  que  se  atopan  na  molécula  de  ADN  ou  ribosa  presente  nos 
ribonucleótidos  e  que  está  presente  na  molécula  de  ARN;  b)  base  nitroxenada,  púricas  e 
pirimidínicas.  As  púricas  (adenina,  guanina,  citosina  e  timina)  atópanse  no  ADN.  As  pirimidínicas 
(adenina, guanina, citosina e uracilo) presentes na molécula de ARN. (0,5 p.) 
A  complementariedade  de  bases  significa  que,  sempre  que  nunha  cadea  haxa  unha  adenina,  na 
outra haberá unha timina; o mesmo ocorre entre a citosina e a guanina. 
A  complementariedade  confírelle  estabilidade  á  molécula  de  ADN  e  facilita  os  procesos  de 
replicación e transcrición. (0,5 p.) 
 
2.  Indique  a  localización  intracelular  da  glicólise.  Con  que  molécula  empeza  e  con  cal  remata? 
Que rutas metabólicas pode seguir o produto final da glicólise? Indique cales son os compostos 
iniciais e os produtos finais de cada unha destas rutas. 
Localización intracelular da glicólise: citosol. (0,4 p.) 
Con que molécula comeza e con cal remata: comeza cunha molécula de glicosa e remata con dúas 
moléculas de piruvato. (0,4 p.) 
Que  rutas  metabólicas  pode  seguir  o  produto  final  da  glicólise:  pode  seguir  ben  a  respiración 
mitocondrial ou a ruta fermentativa. (0,4 p.) 
Indique cales son os compostos iniciais e os produtos finais de cada unha destas rutas: 
Respiración mitocondrial: composto inicial o piruvato; composto final CO2 e Acetil CoA. (0,4 p.) 
Fermentación: composto inicial o piruvato; composto final etanol ou ácido láctico. (0,4 p.) 
 
3.  O  daltonismo  consiste  na  incapacidade  de  distinguir  determinadas  cores,  especialmente  o 
vermello  e  o  verde,  tratándose  dun  carácter  recesivo  ligado  ao  cromosoma  X.  Se  unha  muller 
non daltónica, cuxo pai era daltónico, ten fillos cun home non daltónico, indique: os xenotipos 
dos  proxenitores  e  as  proporcións  xenotípicas  e  fenotípicas  que  cabe  esperar  na  súa 
descendencia. 
(NON  SE  VALORARÁN  AQUELES  PROBLEMAS  QUE  NON  PRESENTEN  UNHA  NOMENCLATURA 
AXEITADA) 
XD, X : visión normal 
Xd: daltonismo 
Os xenotipos dos proxenitores: muller non daltónica, con pai daltónico: XDXd 
             home non daltónico: XDY          (1 p.) 
Proporcións xenotípicas na súa descendencia: 
  XD  Xd 
XD  XD XD  XD Xd 
D
Y  X  Y  Xd Y 
¼ de cada xenotipo (0,5 p.) 
 
Proporcións fenotípicas na súa descendencia: (0,5 p.) 
3/4 non daltónicos: 2/4 mulleres e 1/4 homes 
1/4 homes daltónicos 
 
4.  Describa  un  exemplo  dun  proceso  industrial  no  que  se  utilicen  lévedos  e  indique  como  se 
denomina  o  proceso  metabólico  e  o  balance  global  do  proceso  que  ten  lugar.  Explique  o 
concepto  de  antíxeno  e  anticorpo.  Indique  o  tipo  de  células  sanguíneas  que  se  encargan  da 
produción de anticorpos. 
Exemplo de proceso industrial no que se utilicen lévedos: elaboración da cervexa. (0,5 p.) 
Denominación do proceso metabólico: fermentación alcohólica. (0,5 p.) 
Balance global do proceso: Glicosa + 2 ADP + 2 Pi                  etanol + 2 CO2 + 2 ATP   (0,5 p.) 
 
Concepto de antíxeno: calquera molécula non recoñecida como propia por un organismo capaz de 
xerar unha resposta inmune. 
Concepto de anticorpo: é unha glicoproteína globular, producida polos linfocitos en resposta a un 
antíxeno, e cuxa función é unirse a dito antíxeno dando lugar á formación dun complexo antíxeno‐
anticorpo. 
Células sanguíneas que se encargan da produción de anticorpos: linfocitos B. (0,5 p.) 
 
 
5.  Terminoloxía.  Agrupa  de  tres  en  tres,  mediante  unha  frase,  os  termos  relacionados 
(valoración: 1 punto; 0,2 por frase correcta). 
 
Durante o ciclo lítico prodúcese a lisis da célula. 
Chámase citocinese á división do citoplasma da célula. 
O interferón é unha proteína de carácter antiviral. 
Os retrovirus conteñen ARN como material xenético. 
As enzimas de restrición rompen a cadea do ADN. 
 
 
6 Test 
1F, 2F, 3F, 4F, 5F, 6F, 7V, 8V, 9V, 10V 
 
 
 
 
 
OPCIÓN B 
1. Cuestións (valoración: 8 puntos; 2 puntos por cuestión). 
1.  Explique  o  significado  dos  seguintes  termos:  enlace  O‐glicosídico,  enlace  éster,  enlace 
peptídico e enlace O‐nucleosídico. Poña un exemplo de macromolécula que conteña dito enlace, 
identificando o tipo de monómero. 
Enlace  O‐glicosídico:  fórmase  pola  unión  entre  dous  grupos  OH  dos  C  de  dous  monosacáridos, 
liberándose una molécula de auga. 
Enlace éster: é o que se establece entre un grupo alcohol e un grupo ácido (carboxílico).  
Enlace  peptídico:  fórmase  pola  unión  do  C  do  grupo  carboxilo  dun  aminoácido  co  N  do  grupo 
amino doutro aminoácido. (1 p.) 
 
Macromolécula e monómero: (1p) 
Enlace O‐glicosídico  Amidón  Glicosa 
Enlace éster  Glicerina  Ácidos graxos e alcohol 
Enlace peptídico  Coláxeno  Aminoácidos 
 
2.  Explique  a  diferencia  entre  respiración  mitocondrial  e  fermentación.  Identifique  o  proceso 
metabólico  que  corresponde  á  seguinte  reacción  global,  e  indique  a  súa  localización  a  nivel 
celular. 
  Glicosa + 2 ADP + 2 Pi    2 etanol + 2 CO2 + 2 ATP 
 
Respiración mitocondrial: proceso de degradación aerobia da glicosa no que o piruvato obtido na 
glicólise  se  oxida  completamente  a  CO2  e  H2O.  Consta  de  dúas  etapas:  ciclo  de  Krebs  e  cadea 
respiratoria. 
Fermentación:  proceso  de  degradación  anaerobia  da  glicosa  cuxa  finalidade  é  a  obtención  da 
enerxía en forma de ATP e a rexeneración do NAD+. (1,5 p.) 
 
Identifique  o  proceso  metabólico:  ruta  fermentativa  alcohólica  a  partir  do  piruvato  obtido  da 
degradación da glicosa. 
Localización a nivel celular: citosol. (0,5 p.) 
 
3.  Indicar  as  diferenzas  entre  cromatina  e  cromosomas.  Explicar  o  cariotipo  empregando  os 
termos: haploide, diploide, cromosomas sexuais e homólogos. 
Cromatina: estado no que se atopa o material xenético durante a interfase celular. 
Cromosomas: representa o nivel maior de compactación da cromatina durante a división celular. 
(1 p.) 
 
A maioría dos organismos son diploides, posúen dous xogos de cromosomas que forman parellas 
de  homólogos,  cromosomas  que  conteñen  información  xenética  para  os  mesmos  caracteres.  Os 
gametos  dos  seres  diploides  só  conteñen  un  xogo  de  cromosomas,  son  células  haploides.  O 
conxunto  de  todos  os  cromosomas  dunha  célula,  tanto  os  autosomas  como  os  cromosomas 
sexuais, constitúen o seu cariotipo. (1 p.) 
 
 
 
 
 
4. Expoña 4 características que permitan definir cada un dos seguintes tipos de microorganismos: 
algas, fungos, bacterias e protozoos. En relación á resposta inmunitaria, explique estes conceptos: 
macrófago, soro, vacina e antíxeno. 
 
Algas  Cloroplastos  Parede celular Nutrición autótrofa  Eucariotas
Fungos  Unicelulares  Parede celular Nutrición heterótrofa  Eucariotas
Bacterias  Unicelulares  Parede bacteriana Nutrición  autótrofa  ou  Procariotas
heterótrofa 
Protozoos  Unicelulares  Mobilidade Nutrición heterótrofa  Eucariotas
(1 p.) 
Macrófago: células do sistema inmune con capacidade fagocítica e presentadora de antíxenos. 
Soro: preparado que contén anticorpos e confire inmunidade pasiva. 
Vacina:  preparado  antixénico  que  produce  unha  resposta  inmune  xeradora  de  anticorpos.  As 
vacinas producen unha activación de linfocitos B e T con memoria que confire inmunidade activa. 
Antíxeno: calquera molécula non recoñecida como propia por un organismo capaz de xerar unha 
resposta inmune. (1 p.) 
 
5  Terminoloxía.  Agrupa  de  tres  en  tres,  mediante  unha  frase,  os  termos  relacionados 
(valoración: 1 punto; 0,2 por frase correcta). 
Durante a meiose prodúcese a redución da dotación cromosómica. 
O fuso mitótico está constituído por microtúbulos. 
Un microorganismo é un ser vivo que só pode ser observado por un microscopio. 
Os antibióticos son exclusivos para as enfermidades producidas por bacterias. 
Os retrovirus conteñen ARN como material xenético. 
 
6. Test 
1V, 2V, 3F, 4V, 5V, 6F, 7F, 8V, 9F, 10V 
 
Proba de Avaliación do Bacharelato
para o Acceso áUniversidade Código: 21
XUÑO 2018
BIOLOXÍA
Estrutura da proba: a proba componse de dúas opcións: A e B. Só se poderá contestar unha das dúas opcións, desenvolvendo
integramente o seu contido. Puntuación: a cualificación máxima total será de 10 puntos, estando indicada en cada cuestión a súa
puntuación parcial. Tempo: 1 hora e 30 minutos

OPCIÓN A
1. Cuestións (Valoración: 8 puntos, 2 puntos por cuestión).
1 A que tipo de biomoléculas pertencen os ácidos ribonucleicos? Por que unidades estruturais están formados? Indique,
explique e represente o tipo de enlace que se establece entre ditas unidades. Cite un exemplo e indique a función de
dita biomolécula.
2 Realice un esquema dun cromosoma metafásico, sinalando os seus elementos estruturais. Explíqueos brevemente.
Que é o cariotipo?
3 Explique a diferenza entre os seguintes pares de conceptos: xene-alelo, homocigoto-heterozigoto, herencia
dominante-herencia intermedia, xene autosómico-xene ligado ao sexo
4 Indique cantos tipos de fermentación pode haber, explíqueos brevemente e poña un exemplo de cada un deles. En
relación á resposta inmunitaria, sinale a diferenza entre resposta humoral e celular;vacinación e seroterapia
5 Terminoloxía. Agrupa de tres en tres, mediante unha frase, os termos relacionados (Valoración: 1 punto, 0,2
por frase correcta).
bacteria, fungos, lisoxénico, enfermidade, lisosomas, helicasas, latente, ADN, orgánulos, virus, eucariotas, tuberculose,
nutrición, enlaces, membrana.
6 Test. Indica (no teu caderno de exame) se as seguintes afirmacións son verdadeiras ou falsas. As respostas
erróneas puntúan negativamente (Valoración: 1 punto, 0,1pX10).
A.6.6 Unha mutación nunha célula somática transmítese á
A.6.1 Durante a fotosíntese xérase un gradiente de protóns descendencia
A.6.2 O daltonismo é unha alteración xenética ligada ao cromosoma A.6.7 Un plásmido é unha molécula de ADN bacteriano
Y extracromosómico
A.6.3 O ciclo de Krebs ten lugar na mitocondria A.6.8 O interferón é unha proteína antiviral
A.6.4 O bacteriofago é un virus que infecta bacterias A.6.9 O virus VIH infecta os glóbulos vermellos
A.6.5 As mitocondrias conteñen ribosomas, ADN e ARN A.6.10 O ARNt é portador de aminoácidos

OPCIÓN B
1. Cuestións (Valoración: 8 puntos, 2 puntos por cuestión).
1 A que tipo de biomolécula pertencen os oligosacáridos? Por que unidades estruturais están formados? Indique,
explique e represente o tipo de enlace que se establece entre ditas unidades. Cite un exemplo e indique a función de
dita biomolécula.
2 Explique brevemente o proceso da fosforilación oxidativa e indique a) con que composto empeza e con cal remata, b)
onde ten lugar, c) que se xera e d) para que serve.
3 Nunha especie animal, o alelo do pelo gris é dominante sobre o do pelo branco e o alelo do pelo rizado sobre o do
pelo liso. Crúzase un individuo de pelo gris e rizado, cuxo pai é de pelo branco e a nai é de pelo rizado, con outro de
pelo branco e liso. Represente nunha táboa os cruces necesarios. Poden ter fillos de pelo gris e liso? No caso
afirmativo, en que porcentaxe? Poden ter fillos de pelo rizado? En caso afirmativo, en que porcentaxe? Razoe as
respostas.
4 Que é un virus? Realice un esquema e explique a súa estrutura sinalando os seus compoñentes. En relación á
resposta inmunitaria, sinale a diferenza entre inmunidade conxénita (innata) e adquirida (adaptativa); antíxeno e
anticorpo.
5 Terminoloxía. Agrupa de tres en tres, mediante unha frase, os termos relacionados (Valoración: 1 punto, 0,2
por frase correcta).
láctica, lítico, transxénico, ribosomas, bacterias, lise, produción, células, procariotas, ADN, orgánulos, xenoma,
membrana, nutrición, fermentación.
6 Test. Indica (no teu caderno de exame) se as seguintes afirmacións son verdadeiras ou falsas. As respostas
erróneas puntúan negativamente (Valoración: 1 punto, 0,1pX10).

B.6.1 O ARNm é portador de información codificada B.6.6 A tradución do ARNM ten lugar no núcleo
B.6.2 Os fungos son organismos procariotas B.6.7 A fosforilación é a síntese de ATP
B.6.3 Os virus só poden multiplicarse nunha célula viva B.6.8 O antibiótico penicilina é producido por unha bacteria
B.6.4 As células vexetais non presentan centriolos B.6.9 O ADN de procariotas no posúe intróns
B.6.5 Durante a fotosíntese xérase un gradiente de protóns B.6.10 A fermentación é a degradación da glicosa en condicións
anaerobias
Proba de Avaliación do Bacharelato
para o Acceso á Universidade Código: 21
SETEMBRO 2018
BIOLOXÍA
Estrutura da proba: a proba componse de dúas opcións: A e B. Só se poderá contestar a unha das dúas opcións, desenvolvendo
integramente o seu contido. Puntuación: a cualificación máxima total será de 10 puntos, estando indicada en cada cuestión a súa
puntuación parcial. Tempo: 1 hora e 30 minutos

OPCIÓN A
1. Cuestións (Valoración: 8 puntos, 2 puntos por cuestión).
1 Indique cal é o monómero da seguinte macromolécula. Represente e explique o tipo de enlace que permite a
formación da mesma: ácido desoxirribonucleico. Indique a súa localización e función nas células eucariotas.
2 Desenvolva brevemente o proceso da glicólise e indique a) con que composto empeza e con cal remata?, b) onde
ten lugar?, c) que se xera? e d) para que serve?
3 Realice un esquema sobre o fluxo da información xenética. Diga en que consiste cada un dos procesos biolóxicos
implicados neste fluxo. Explique que é o código xenético e cales son as súas características.
4 Comente os seguintes termos: organismo transxénico, biotecnoloxía, fermentación. En relación á resposta
inmunitaria explique estes conceptos: resposta inmune secundaria e inmunoglobulinas.
5Terminoloxía Agrupa de tres en tres, mediante unha frase, os termos relacionados (Valoración: 1 punto, 0,2
por frase correcta).
tradución, replicación, virus, síntese, linfocitos T, algas, polipéptido, ADN, VIH, organismos, anticorpos, glóbulos,
linfocitos B, cadea, eucariotas
6Test Indica (no teu caderno de examen) se as seguintes afirmacións son verdadeiras ou falsas. As respostas
erróneas puntúan negativamente (Valoración: 1 punto, 0,1pX10).
A.6.1 Nos seres aerobios o aceptor final de electróns é o osíxeno A.6.6 O anticodón ten a secuencia complementaria ó
codón
A.6.2 Os bacteriófagos son as bacterias que infectan virus A.6.7 As células eucariotas vexetais carecen de
mitocondrias
A.6.3 Os cilios e os flaxelos diferéncianse basicamente na lonxitude A.6.8 As mitocondrias conteñen ADN e ARN
A.6.4 A síntese de glicosa a partir do ácido pirúvico chámase A.6.9 Os plásmidos son porcións circulares de ADN que
gliconeoxénese non forma parte do cromosoma bacteriano
A.6.5 A fase luminosa da fotosíntese ten lugar no estroma do A.6.10 As vacinas proporcionan inmunidade artifical
cloroplasto pasiva

OPCIÓN B
1. Cuestions (Valoración: 8 puntos, 2 puntos por cuestión).
1 A que tipo de biomoléculas pertencen os polisacáridos? Por que unidades estruturais están formados? Explique e
represente o tipo de enlace que s e establece entre ditas unidades. Poña un exemplo e indique a función de
dita biomolécula.
2 Explique brevemente as diferentes fases da mitose.
3 Indique cales son os enzimas implicadas no proceso da replicación do ADN explicando brevemente a súa función.
4 Explique que é unha bacteria e cite tres diferenzas entre as bacterias e os virus. En relación á resposta inmunitaria,
explique estes conceptos: resposta humoral-resposta celular

5Terminoloxía Agrupa de tres en tres, mediante unha frase, os termos relacionados (Valoración: 1 punto, 0,2
por frase correcta).
cromatina, fungos, ARNt, mitocondrias, aerobio, ADN, proteínas, histonas, eucariotas, proceso, organismos, aminoácidos,
fotosintéticos, células, Krebs
6Test Indica (no teu caderno de examen) se as seguintes afirmacións son verdadeiras ou falsas. As respostas
erróneas puntúan negativamente (Valoración: 1 punto, 0,1pX10)
B.6.1 A transxénese é a introdución de ADN estraño nun B.6.6 Os antibióticos non serven para combater as enfermidades
xenoma causadas por virus
B.6.2 Os cromosomas están formados por ARN e proteínas B.6.7 SIDA é o nome que recibe o virus da inmunodeficiencia en
humanos
B.6.3 As cadeas de ADN son paralelas e complementarias B.6.8 A maduración dos linfocitos T ten lugar no timo
B.6.4 O etanol da cervexa procede da glicosa da uva B.6.9 A alerxia é unha reacción de hipersensibilidade fronte a un
anticorpo
B.6.5 Os virus son formas celulares causantes de enfermidades B.6.10 As inmunoglobulinas son proteínas globulares
ABAU 
CONVOCATORIA DE XUÑO
Ano 2018

CRITERIOS DE AVALIACIÓN

BIOLOXÍA
(Cód. 21) 

OPCIÓN A
1. Cuestións (valoración: 8 puntos, 2 puntos por cuestión).
1. A que tipo de biomoléculas pertencen os ácidos ribonucleicos? Por que unidades estruturais están
formados? Indique, explique e represente o tipo de enlace que se establece entre ditas unidades. Cite un
exemplo e indique a función de dita biomolécula.
 

Tipo de Ácidos nucleicos (0,2 p.)


biomoléculas
Unidades Ribonucleótidos (0,5 p.)
estruturais
Tipo de enlace Enlace fosfodiéster que se establece entre o grupo OH do fosfato dun (0,5 p.)
nucleótido e o OH do carbono 3’ da pentosa de dous nucleótidos
consecutivos.
Representación Válido calquera esquema ben representado. (0,5 p.)
Exemplo e función ARN mensaxeiro: transferencia de información. (0,3 p.)
  ARN de transferencia: transporte de aminoácidos na síntese de proteínas.
  ARN ribosómico: soporte da síntese de proteínas.
 
2. Realice un esquema dun cromosoma metafásico, sinalando os seus elementos estruturais. Explíqueos
 
brevemente. Que é o cariotipo?
Esquema Válido calquera esquema ben representado (0,4 p.)
  Débense sinalar polo menos: centrómero, cromátida e telómero.
Centrómero Rexión do cromosoma de posición variable que mantén unidas as cromátidas (0,4 p.)
irmáns do cromosoma, e é a rexión pola que se xunta o cromosoma ao fuso
acromático.
Cromátida Cada unha das partes simétricas do cromosoma metafásico que están (0,4 p.)
constituídas por dúas moléculas de ADN idénticas.
Telómero Extremos dos brazos dos cromosomas. (0,4 p.)

Cariotipo Conxunto dos cromosomas dun individuo/especie. (0,4 p.)

 
 
3. Explique a diferenza entre os seguintes pares de conceptos: xene-alelo, homozigoto-heterozigoto, herdanza
dominante-herdanza intermedia, xene autosómico-xene ligado ao sexo.
Xene-alelo O xene é a unidade de transcrición; alelo, cada unha das (0,5 p.)
variantes dun mesmo xene.
Homozigoto-heterozigoto Un homozigoto é un individuo que presenta dous alelos (0,5 p.)
iguais para un carácter; un heterozigoto é un individuo
que presenta os dous alelos diferentes.
Herdanza dominante-herdanza Na herdanza dominante o fenotipo que se manifesta é (0,5 p.)
intermedia sempre o do alelo dominante, tanto en homocigose como
en heterocigose; na herdanza intermedia, o alelo
dominante non anula a información dos recesivos, e os
híbridos teñen un fenotipo intermedio.
Xene autosómico-xene ligado ao sexo Un xene autosómico é o xene localizado nos autosomas (0,5 p.)
(cromosomas non sexuais) mentres que un xene ligado
ao sexo é un xene localizado nos cromosomas sexuais.
4. Indique cantos tipos de fermentación pode haber, explíqueos brevemente e poña un exemplo de cada un
deles. En relación á resposta inmunitaria, sinale a diferenza entre resposta humoral e celular; vacinación e
seroterapia.
 

Tipos de Láctica e alcohólica. (0,2 p.)


fermentación
Fermentación A fermentación é un proceso de degradación anaerobia da glicosa, cuxa (0,6 p.)
finalidade é a obtención de enerxía en forma de ATP e a rexeneración do
NAD+. Na fermentación láctica, a glicosa degrádase de forma anaerobia a
ácido láctico. A fermentación alcohólica é a degradación anaerobia da
glicosa a etanol.

Exemplos Elaboración da cervexa, elaboración do viño, do iogur, do queixo, do kefir. (0,2 p.)

Inmunidade  
Resposta humoral Resposta mediada por anticorpos, que son sintetizados polos linfocitos B e (0,3 p.)
liberados ao torrente sanguíneo, participando tamén outras moléculas non
específicas como o interferón, complemento, etc.
Resposta celular Resposta que depende principalmente da participación de linfocitos T, os (0,3 p.)
cales unha vez activados son capaces de destruír células estrañas e de liberar
citoquinas e outras substancias que atraen e activan outras células inmunes.
Vacinación Inoculación de antíxenos atenuados que desencadean actividade de linfocitos (0,2 p.)
B e aparición de células de memoria.
Seroterapia Introdución de anticorpos de orixe externa. (0,2 p.)
   
 
5. Terminoloxía. Agrupa de tres en tres, mediante unha frase, os termos relacionados (valoración: 1
punto, 0,2 por frase correcta).
Os lisosomas son orgánulos de membrana simple.
As helicasas rompen os enlaces de H na cadea de ADN.
No ciclo lisoxénico os virus permanecen en estado latente.
Os fungos son organismos eucariotas con nutrición heterótrofa.
A tuberculose é unha enfermidade producida por unha bacteria.
 
6. Test. Indica (no teu caderno de exame) se as seguintes afirmacións son verdadeiras ou falsas. As
respostas erróneas puntúan negativamente (valoración: 1 punto, 0,1 p. x 10).

1V, 2F, 3V, 4V, 5V, 6F, 7V, 8V, 9F, 10V.

OPCIÓN B
 
1. Cuestións (valoración: 8 puntos, 2 puntos por cuestión).
 
1. A que tipo de biomolécula pertencen os oligosacáridos? Por que unidades estruturais están formados?
Indique, explique e represente o tipo de enlace que se establece entre ditas unidades. Cite un exemplo e
 
indique a función de dita biomolécula.
Tipo de Glícidos (0,2 p.)
biomoléculas
Unidades estruturais Monosacáridos (0,5 p.)

Tipo de enlace O-glicosídico, fórmase entre un OH dun C dun dos monosacáridos e o grupo (0,5 p.)
hidroxilo dun C do outro monosacárido, liberándose unha molécula de auga.
Representación Válido calquera esquema ben representado. (0,5 p.)
Exemplo e función Sacarosa, enerxética. (0,3 p.)
 
2. Explique brevemente o proceso da fosforilación oxidativa e indique a) con que composto empeza e con
cal remata; b) onde ten lugar; c) que se xera; e d) para que serve.
 

Explicación Fluxo de electróns conducidos a través das proteínas que constitúen a cadea (0,8 p.)
de transporte electrónico ata o osíxeno, ao tempo que existe un gradiente
de protóns cuxa enerxía é utilizada para a síntese de ATP.
Composto inicial ADP, Pi (0,4 p.)
Composto final ATP (0,4 p.)
Lugar Mitocondria (0,2 p.)
Produto ATP
Utilidade Enerxía (0,2 p.)
   
 
3. Nunha especie animal, o alelo do pelo gris é dominante sobre o do pelo branco e o alelo do pelo rizado
sobre o do pelo liso. Crúzase un individuo de pelo gris e rizado, cuxo pai é de pelo branco e a nai é de pelo
rizado, con outro de pelo branco e liso. Represente nunha táboa os cruces necesarios. Poden ter fillos de pelo
gris e liso? No caso afirmativo, en que porcentaxe? Poden ter fillos de pelo rizado? En caso afirmativo, en que
porcentaxe? Razoe as respostas.
Nomenclatura inadecuada: 0 puntos.
Xenotipos dos pais do individuo con pelo gris e rizado:
pai de pelo branco: gg--
nai de pelo rizado: --RR /--Rr
Xenotipos dos individuos:
individuo pelo gris e rizado: GgRR/ GgRr
individuo pelo branco e liso: ggrr (0,5 p.)
 
Cruzamentos (0,5 p.)  
 
Opción 1: GgRR X ggrr
Poden ter fillos de pelo gris e liso
  Opción 1: GgRR X ggrr: non, 0%
  gr   Poden ter fillos de pelo rizado
Opción 1: GgRR X ggrr: si, 100%
GR GgRr 50% gris e rizado
 
gR ggRr 50% branco e rizado Poden ter fillos de pelo gris e liso
Opción 2: GgRr X ggrr: si, 25%
  Poden ter fillos de pelo rizado
Opción 2: GgRr X ggrr (0,5 p.) Opción 2: GgRr X ggrr: si, 50%
 
  gr   (0,5 p.)
GR GgRr 25% gris e rizado
Gr Ggrr 25% gris e liso
gR ggRr 25% branco e rizado
gr ggrr 25% branco e liso
4. Que é un virus? Realice un esquema e explique a súa estrutura sinalando os seus compoñentes. En relación á
resposta inmunitaria, sinale a diferenza entre inmunidade conxénita (innata) e adquirida (adaptativa); antíxeno e
anticorpo.
Explicación virus Forma acelular que só pode multiplicarse no interior doutros organismos, 0,3 p.
sendo parasitos intracelulares obrigados.
Esquema Válido calquera esquema ben representado. 0,3 p.
Estrutura Na estrutura dun virus distinguimos dúas partes: o ácido nucleico e a cápside. 0,4 p.
Algúns, ademais, presentan envoltura.
Ácido nucleico: contén a información xenética do virus. Pode ser ADN ou
ARN.
Cápside: cuberta de natureza proteica que rodea o ácido nucleico,
organízase en subunidades denominadas capsómeros.
Envoltura: algúns virus presentan unha cuberta membranosa externa formada
por unha bicapa lipídica.

   
 
 
Inmunidade conxénita (innata) Aquela que posúe un individuo pola súa propia natureza. 0,2 p.
Inmunidade adquirida Inmunidade desenvolvida ao longo da vida. 0,2 p.
(adaptativa)
Antíxeno Calquera molécula non recoñecida como propia por un organismo 0,3 p.
capaz de xerar una resposta inmune.
Anticorpo É unha glicoproteína globular, producida polos linfocitos en 0,3 p.
resposta a un antíxeno, e cuxa función é unirse a dito antíxeno
dando lugar á formación dun complexo antíxeno-anticorpo.
   
 
 
5. Terminoloxía. Agrupa de tres en tres, mediante unha frase, os termos relacionados (valoración: 1 punto,
0,2 por frase correcta).
Os ribosomas son orgánulos sen membrana.
Un organismo transxénico contén ADN estraño no seu xenoma.
As bacterias son organismos procariotas con nutrición autótrofa/heterótrofa.
No ciclo lítico prodúcese a lise das células.
A produción de iogur é un exemplo de fermentación láctica.
 
6. Test. Indica (no teu caderno de exame) se as seguintes afirmacións son verdadeiras ou falsas. As
respostas erróneas puntúan negativamente (valoración: 1 punto, 0,1 p. X 10).
 
1V, 2F, 3V, 4V, 5V, 6F, 7V, 8F, 9V, 10V.
Proba de Avaliación do Bacharelato
para o Acceso á Universidade
CONVOCATORIA DE SETEMBRO
Curso 2017.2018
CRITERIOS DE AVALIACIÓN
BIOLOXÍA
(Cód. 21)

OPCIÓN A
1. Cuestións (Valoración: 8 puntos, 2 puntos por cuestión).
1. Indique cal é o monómero da seguinte macromolécula. Represente e explique o tipo de
enlace que permite a formación da mesma: ácido desoxirribonucleico. Indique a súa
localización e función nas células eucariotas.
Monómero Dexosirribonucleótidos (0,3p)
Representación (0,6p)
Explicación Enlace fosfodiéster. Establécese entre o grupo fosfato situado no (0,4p)
carbono 5’ dun nucleótido e o grupo hidroxilo do carbono 3’ do
seguinte nucleótido.
Localización e Núcleo da célula, mitocondrias e cloroplastos. (0,3p)
función O ADN contén unha secuencia codificada de información xenética,
a cal constitúe o xenoma. Esta información transcribirase nunha (0,4p)
molécula de ARNm.

2. Desenvolva brevemente o proceso da glicólise e indique a) con que composto empeza e con
cal remata, b) onde ten lugar, c) que se xera e d) para que serve.
Composto Glicosa (0,3p)
inicial
Composto final Piruvato (0,3p)
Lugar Citosol da célula (0,3p)
Producto 2 moléculas de piruvato, 2 ATP e 2 NADH (0,6p)
Utilidade Proporciona enerxía e poder redutor para o funcionamento celular (0,5p)

3. Realice un esquema sobre o fluxo da información xenética. Diga en que consiste cada un dos
procesos biolóxicos implicados neste fluxo. Explique que é o código xenético e cales son as
súas características.
Esquema Válido calquera esquema que inclúa as fases citadas máis abaixo. (0,2p)
Replicación Consiste na formación de dúas copias idénticas a partir dunha (0,3p)
molécula de ADN para asegurar, tras a división celular, que as
células fillas posúan a mesma información xenética.
Transcrición Proceso no que se sintetiza unha molécula de ARN (0,3p)
complementaria a unha das cadeas de ADN.
Retrotranscripción Síntese de ADN a partir dunha molécula de ARN por medio (0,3p)
dunha retrotranscriptasa.
Traducción Síntese dunha cadea polipeptídica a partir da molécula de ARNm. (0,3p)
Prodúcese nos ribosomas.
Explicación É a correspondencia entre os tripletes de nucleótidos de ARNm e (0,3p)
os aminoácidos que forman as proteínas.
Características Universal, dexenerado, sen solapamentos, non é ambiguo. (0,3p)

4. Comente os seguintes termos: organismo transxénico, biotecnoloxía, fermentación.


En relación á resposta inmunitaria explique estos conceptos: resposta inmune secundaria e
inmunoglobulinas.
Organismo Aquel que contén material xenético doutro organismo. (0,4p)
transxénico
Biotecnoloxía Aplicación de procedementos científicos e técnicos á (0,4p)
transformación de certas materias por axentes biolóxicos para
producir bens e servicios.
Fermentación Proceso de degradación anaerobia da glicosa, cuxa finalidade é a (0,4p)
obtención de enerxía en forma de ATP e a rexeneración do NAD+.
Hai que destacar dous tipos de fermentación: láctica e etanólica
(alcohólica).

Resposta inmune Cando o sistema inmunolóxico detecta por segunda vez a presenza (0,4p)
secundaria do mesmo antíxeno, provocando unha resposta máis rápida e máis
intensa.
Inmunoglobulinas Ou anticorpos, proteínas producidas por un linfocito B ou célula (0,4p)
plasmática en resposta a presenza dun antíxeno.

2. Terminoloxía. Agrupa de tres en tres, mediante unha frase, os termos relacionados.


(Valoración: 1 punto, 0,2 por frase correcta).
Na traducción prodúcese a síntese dun polipéptido
Durante a replicación do ADN fórmase unha cadea nova
Os linfocitos T activan a producción de anticorpos polos linfocitos B
As algas son organismos eucariotas
O virus VIH infecta aos glóbulos brancos

3.Test. Indica (no téu caderno de exame) se as seguintes afirmacións son verdadeiras ou
falsas. As respostas erróneas puntúan negativamente (Valoración: 1 punto, 0,1pX10).

1V, 2F, 3V, 4V, 5F, 6V, 7F, 8V, 9V, 10F
OPCIÓN B
1. Cuestións (Valoración: 8 puntos, 2 puntos por cuestión).
1. A que tipo de biomoléculas pertencen os polisacáridos? Por que unidades estruturais están
formados? Explique e represente o tipo de enlace que s e establece entre ditas unidades. Poña un
exemplo e indique a función de dita biomolécula.

Tipo de Glícidos (0,3p)


biomolécula
Unidades Monosacáridos (0,3p)
estruturais
Explicación O tipo de enlace é O-glicosídico. Este tipo de enlace fórmase entre (0,6p)
un OH dun C dun monosacárido e o grupo hidroxilo dun C doutro
monosacárido liberándose unha molécula de auga.
Representación (0,5p)
Exemplo e Amidón, función de reserva. (0,3p)
función
Glicóxeno, función de reserva.
Celulosa, función estructural.
2.Explique brevemente as diferentes fases da mitose.
Profase Condensación dos cromosomas, formación do fuso acromático, (0,5p)
desaparición do nucleolo e da membrana nuclear.
Metafase Os cromosomas alcanzan o máximo grao de condensación e (0,5p)
oriéntanse na placa ecuatorial do fuso conectados polos
microtúbulos.
Anafase As cromátidas emigran cara aos polos da célula. (0,5p)
Telofase Descondensación do material xenético e rexeneración do núcleo e da (0,5p)
envoltura nuclear.

3. Indique cales son as enzimas implicadas no proceso de replicación do ADN explicando brevemente a
súa función.

ADN Enzimas encargadas de incorporar desoxirribonucleótidos á cadea de (0,5p)


polimerasa ADN que se está a sintetizar, utilizando unha das febras de ADN
como molde. Este proceso prodúcese sempre en sentido 5’ 3’.
Helicasa Rompen os enlaces de H entre as dúas cadeas de ADN e sepáranas (0,5p)
permitindo que poidan ser utilizadas como moldes para a síntese de
cadeas complementarias.
Ligasa Unen fragmentos de ADN adxacentes mediante enlaces fosfodiéster. (0,5p)
No proceso da replicación son as encargadas de unir os fragmentos
de Okazaki.
Topoisomerasa Eliminan as tensións xeradas na dobre hélice polo desenrolamento (0,5p)
producido pola helicasa.
4. Explique que é unha bacteria e cite tres diferencias entre as bacterias e os virus. En relación á
resposta inmunitaria, explique estos conceptos: resposta humoral-resposta celular.

Bacteria Microorganismo caracterizado pola presenza de ADN circular no (0,8p)


citoplasma, membrana plasmática, parede bacteriana, ribosomas e
citoplasma.
Diferencias Bacterias Virus (0,6p)
1 Célula procariota Forma acelular
2 Parede bacteriana Presenza de cápside
3 Nutrición autótrofa ou Parásitos intracelulares
heterótrofa obrigados
Válidas outras diferenzas correctas
Conceptos
inmunidade
Resposta Resposta propiciada polos anticorpos, que son sintetizados polos (0,3p)
humoral linfocitos B (ou células plasmáticas) e liberados ao torrente
sanguíneo. Tamén participan outras moléculas non específicas como
o interferón, complemento, etc..
Resposta Depende da activación dos linfocitos T. Unha vez activados, os (0,3p)
celular linfocitos T son capaces de destruir células estranas e de liberar
citoquininas e outras sustancias que atraen e activan outras células
inmunes.

2. Terminoloxía. Agrupa de tres en tres, mediante unha frase, os termos relacionados


(Valoración: 1 punto, 0,2 por frase correcta).
A cromatina é unha molécula de ADN ligada a histonas
O ciclo de Krebs forma parte dun proceso aerobio
As mitocondrias atópanse en todas as células eucariotas
O ARNt transporta aminoácidos para a síntese de proteínas
Os fungos son organismos non fotosintéticos

3. Test. Indica (no teu caderno de exame) se as seguintes afirmacións son verdadeiras ou falsas. As
respostas erróneas puntúan negativamente (Valoración: 1 punto, 0,1pX10).

1V, 2F, 3F, 4F, 5F, 6V, 7F, 8V, 9F, 10V

You might also like