Download as pdf or txt
Download as pdf or txt
You are on page 1of 14

20/2/2019 4b.

Software Defined Radio (SDR)

4b. Software Defined


Radio (SDR)
Volver ao curso

Contidos:

Que é unha SDR - Diagrama de bloques

SDR básico: espectro e demodulacións analóxicas

Transmisión TCP

O seguinte nivel: GNU Radio

Preparación do software

Algúns proxectos de SDR Galicia

Comentarios sobre GNU Radio Companion

Tarefa “4b” para entregar

Bibliografía e agradecementos

Que é unha SDR - Diagrama de


bloques
http://danielrios.me/apuntes/radiocompracticas2018/04b/index.html 1/14
20/2/2019 4b. Software Defined Radio (SDR)

Unha SDR (Software Defined Radio) é unha placa programable


especializada na transmisión e recepción de sinais. Podémolo describir
rápido e mal como “o Arduino das radiocomunicacións”.

Imaxe: Alba.boj

Ten dúas áreas diferenciadas:

Na recepción:

1. Comeza coa antena + amplificador de baixo ruido (LNA),


que serven para recuperar o sinal electromagnético,
convertelo en electricidade (sinal de radiofrecuencia, RF), e
aumentar a súa potencia para que sexa distinguible pola
electrónica posterior.

Despois desta etapa se fai filtrado pasa banda para


quedar só cos sinais desexados.

2. O sinal captado se pasa por un downconverter (mezclador +


oscilador local), que diminúe a frecuencia do sinal modulado
que estás a recibir (pasamos RF → IF). Esa frecuencia
intermedia é apta para que o conversor analóxico-dixital
(muestreo1 e cuantificación2) dixitalice o sinal e así sexa
entendible pola microelectrónica da SDR (procesador de

http://danielrios.me/apuntes/radiocompracticas2018/04b/index.html 2/14
20/2/2019 4b. Software Defined Radio (SDR)

banda base + FPGA). Neste paso convertemos IF → banda


base dixitalizada.

3. O procesador de banda base e a FPGA comunícanse coa


túa PC a través do porto USB/PCIe e da capa software. Este
software pode ser desde un receptor de radio FM comercial,
ata un receptor de satélite meteorolóxico.

Na transmisión (só certas SDR):

1. O usuario programa unha aplicación SDR ou utiliza unha


“precociñada”. Podemos invertir o proceso anterior (pasar un
audio .mp3 e modulalo en FM) ou outra aplicación máis
complexa (transmitir en VHF, modular TDT…).

2. A capa software da orde á CPU+FPGA de xerar o sinal


banda base. O convertedor dixital a analóxico crea o sinal
analóxico. Despois se pasa por un upconverter (mezclador +
oscilador local) para elevar a frecuencia dese sinal ata a RF
especificada polo usuario.

3. A etapa de potencia aumenta o nivel de sinal e o envía á


antena, que convirte ese sinal en ondas electromagnéticas.

Raspberry Pi con RTL-SDR. LimeSDR Mini con accesorios (prolongador USB, antenas de
varias frecuencias, carga 50Ω)

Un SDR pode ter unha ou dúas tomas de antena (se permite transmisión
case seguro terá dúas tomas). Nestre caso, recoméndase conectar unha
carga terminadora de 50Ω cando non esteas usando a transmisión. Por
suposto, se permite executar aplicacións que utilicen transmisión e
recepción simultánea TDM, como por exemplo as femtoceldas repetidoras
de telefonía móbil.
http://danielrios.me/apuntes/radiocompracticas2018/04b/index.html 3/14
20/2/2019 4b. Software Defined Radio (SDR)

LimeSDR mini con antena telescópica e carga terminadora na Tx. Repara en que o
prolongador debe soportar USB 3.0

Algúns factores determinantes no prezo dunha SDR son a sensibilidade


(na recepción) e a potencia de saída (na transmisión). Por suposto,
pódese trampear o sinal usando amplificadores de potencia ou LNAs
conectados na propia liña coaxial, pero iso son parches que non suprimen
outros problemas como poden ser a xeración de interferencias na propia
CPU/FPGA.

Dentro das SDR económicas, as máis populares son as RTL-SDR, que


son vendidas como sintonizadores TDT USB, pero que no seu interior
levan o chip RTL2832U, que permite recepción de todo tipo de sinais de
500 kHz a 1,75 GHz.

SDR básico: espectro e


demodulacións analóxicas
Se tes unha placa SDR, prepáraa e conéctalle unha antena telescópica,
imos escoitar radio FM. Se non a tes, simplemente bota unha ollada a
este apartado para tomar conciencia do básico.

A aplicación típica para demodular audio é SDR# (só para Windows)


(pronunciado “SDR Sharp”) ou CubicSDR (Linux, macOS). Estas capturas

http://danielrios.me/apuntes/radiocompracticas2018/04b/index.html 4/14
20/2/2019 4b. Software Defined Radio (SDR)

foron tomadas con CubicSDR, se precisas información sobre SDR#,


segue este link.

Conecta a SDR coa antena ó porto USB do teu ordenador. Abre o


software e selecciona o dispositivo correcto:

Unha vez recoñeza a SDR,

1. Escolle a modulación FMS (FM Stereo). Arriba á esquerda.

2. Selecciona a frecuencia (center frequency) e ancho de


banda (bandwith). A FM comercial ten un ancho de banda
de 200 kHz. Eu escollín sintonizar a frecuencia de 91.0 MHz.

3. A escoitar!

http://danielrios.me/apuntes/radiocompracticas2018/04b/index.html 5/14
20/2/2019 4b. Software Defined Radio (SDR)

En CubicSDR aparecen os seguintes diagramas:

Espectro e diagrama waterfall (catarata, deixa vermellas as


zonas de máis frecuencia e avanza deixando un historial).
As gráficas están duplicadas para traballar con dous SPAN
(niveis de zoom diferentes).

Oscilograma (resposta temporal) de cada canle.

Transmisión TCP

http://danielrios.me/apuntes/radiocompracticas2018/04b/index.html 6/14
20/2/2019 4b. Software Defined Radio (SDR)

Raspberry Pi con RTL-SDR

Podes separar fisicamente a placa SDR do ordenador que a controla.


Só precisas conectar a SDR a unha Raspberry Pi que estea na mesma
rede que o equipo cliente. O proceso consiste en instalarlle o sistema
operativo Raspbian seguindo os pasos do seguinte titorial:

Montaje de un servidor rtl_tcp con una Raspberry Pi

Unha vez teñas a Raspberry funcionando, configura unha IP estática


válida na túa rede, e habilita SSH. A partir de ahí xa podes deixar o
equipo sen monitor, teclado nin rato e conectarte desde calquera outro
ordenador usando protocolo SSH:

http://danielrios.me/apuntes/radiocompracticas2018/04b/index.html 7/14
20/2/2019 4b. Software Defined Radio (SDR)

Deberás executar os dous comandos da imaxe cada vez que inicies a


Raspberry (coa dirección IP correcta):

$ sudo rmmod dvb_usb_rtl28xxu rtl2832(desactiva o driver


orixinal da RTL-SDR, que servía para usala como receptor
TDT)

$ rtl_tcp -a 192.168.99.25 Activa a transmisión TCP desde


a IP actual (debe ser a que teña a raspberry, compróbaa en
ifconfig).

No equipo cliente, neste caso na aplicación CubicSDR, elixe File → SDR


Devices → Remote → preme “Add” e elixe “SoapyRemote” e mete a
rtl_tcp=IP:porto (no exempo “rtl_tcp=192.168.99.25”)

http://danielrios.me/apuntes/radiocompracticas2018/04b/index.html 8/14
20/2/2019 4b. Software Defined Radio (SDR)

E listo! Imaxina as posibilidades… poderías deixar a SDR na casa e


conectarte desde calquera lugar mediante VPN. Ata hai apps móbiles:

O seguinte nivel: GNU Radio

http://danielrios.me/apuntes/radiocompracticas2018/04b/index.html 9/14
20/2/2019 4b. Software Defined Radio (SDR)

GNU Radio é un ferramenta de desenvolvemento software que permite


desenvolver circuitos de proceso de sinais mediante bloques para a súa
entrada e/ou saída via SDR.

Ten parecido con Matlab Simulink. Que iso non te asuste, usaremos
exemplos xa feitos.

Preparación do software
Para utilizar GNU Radio, o mellor é traballar en sistema operativo Linux. A
xente da asociación SDR Galicia recomenda a distribución Ubuntu Mate
versión 18.04 LTS.

Propoño dúas opcións:

Instalación propia. Descargar Ubunutu Mate 16.04 (64 bits)


nesta ligazón, e instalalo no voso disco duro. O particionado
e instalación de Linux é só para usuarios intermedios-
avanzados. Vantaxe: exprime toda a potencia do teu
ordenador.

Descargar esta máquina virtual que vos teño preparada


para executar en VMware Workstation Player (gratuito para
Windows, en macOS usar demo de VMware Fusion).
Problema: require PC potente xa que a virtualización
diminúe o rendemento. Usuario: daniel. Contrasinal: 12341234

Se escolles a primeira opción, cando remate a instalación deberás entrar


en Ubuntu por primeira vez e abrir unha terminal Bash en Menú →
“Ferramentas de Sistema” → “Terminal de MATE”. Ou ben directamente
pulsando CTRL + ALT + T .

http://danielrios.me/apuntes/radiocompracticas2018/04b/index.html 10/14
20/2/2019 4b. Software Defined Radio (SDR)

A continuación segue os pasos das “Instrucións de instalación das


ferramentas para o desenvolvemento SDR na plataforma GNU Radio” da
asociación SDRGalicia de Vigo. Se tes calquera dificultade, deberás
desistir e pasar á alternativa da máquina virtual, xa que de momento non
sei Linux como para dar soporte.

Outros pasos adicionais para a instalación propia: Librerías Python


necesarias para trazado de gráficas:

$ sudo apt install python-numpy python-scipy

$ sudo apt install python-qt4

Clonar o git da Industriosa cos materiais do Obradoiro SDR, que contén


interesantes prácticas:

git clone https://github.com/aindustriosa/obradoiro-sdr

Ambas instalacións incorporan drivers para as seguintes placas USB:

RTL-SDR. Desde 10€ en Amazon, eBay, dx.com… Se


decides adquirir unha, busca unha versión con conector de
50Ω (SMA ou RP-SMA)

http://danielrios.me/apuntes/radiocompracticas2018/04b/index.html 11/14
20/2/2019 4b. Software Defined Radio (SDR)

LimeSDR (299)eLimeSDRmini(159 ).

HackRF (299$).

Algúns proxectos de SDR Galicia


Bótalles unha ollada ós flowgraphs que teñen no seu Github (incluidos na
máquina virtual):

1. Receptor e transmisor FM. Ollo, realmente non se pode


transmitir sen unha licenza comercial de radio.

2. Receptor ADS-B. Automatic dependent surveillance—


broadcast (ADS–B) é unha tecnoloxía de balizas de
navegación aérea. Todos os avións emiten a súa posición
sen ningunha restricción, e se pode captar con facilidade.

3. Transmisor DVB-T

Comentarios sobre GNU Radio Companion

Ás veces se nomea a interfaz gráfica de GNU Radio como “GRC”, que


significa “GNU Radio Companion”.

CTRL + F serve para buscar bloque. Debes ter dispoñibles os da túa SDR.

O “RESAMPLER” nos exercicios de FM se coloca para axustar o número


de mostras a 48 kHz, que é a frecuencia máxima soportada polos chips
de audio dos ordenadores.

Tarefa “4b” para entregar


Busca en Internet un proxecto de SDR que che interese e fai un
comentario sobre el.

http://danielrios.me/apuntes/radiocompracticas2018/04b/index.html 12/14
20/2/2019 4b. Software Defined Radio (SDR)

Entrega en formato PDF na páxina da tarefa. Dúbidas no foro de


consultas. Non esquezas facer o cuestionario deste tema.

Bibliografía e agradecementos

Obradoiro “Introdución á SDR”. Descargar materiais.


Agradecementos especiais á xente de SDR Galicia por ter
organizado este obradoiro de SDR na Industriosa. Sen a
vosa axuda seguiría pelexando co Terminal de Ubuntu.
Bótalle unha ollada ó seu Github.

An introduction to software-defined radio with LimeSDR.


Curso de Danny Webster (Lime Microsystems), BCS Open
Source Specialist Group e Open Source Hardware User
Group. Descargar presentacións e proxectos aquí.

Wiki de MyriadRF para titoriais e información sobre


LimeSDR.

Blog de MyriadRF para estar ó día de proxectos


interesantes. Interesante ver a guía LimeSDR made simple.

The Hobbyists Guide to RTL-SDR. Really Cheap Software


Defined Radio. Carl Laufer.

Creado para G1801013 – “Radiocomunicacións prácticas” por Daniel Ríos


Suárez

http://danielrios.me/apuntes/radiocompracticas2018/04b/index.html 13/14
20/2/2019 4b. Software Defined Radio (SDR)

Licenciado baixo a Licenza Creative Commons


Recoñecemento Compartir igual 4.0

Este curso virtual elaborouse para ser impartido no plan anual de formación do profesorado de FP da Consellería de Cultura,
Educación e Ordenación Universitaria, Xunta de Galicia

Quedan fora desta licenza os textos, imaxes, recursos... que manteñen a súa propia licenza, sinalada en cada caso.

Úsanse imaxes e recursos de producción propia, que se publican no Dominio público ou con licenza CC BY-SA, outras de
dominio público, con licenza creative commons, GNU... tomados prefentemente de bancos de recursos educativos abertos.
Tamén se empregan ---acolléndose ao "Dereito de cita" --- imaxes, e recursos diversos de diferentes páxinas web, e se enlaza a
súa licenza ao pé dos propios recursos ou na páxina coa atribución da propiedade intelectual dos ODE empregados, dereitos
reservados que manteñen integramente. Se detecta algunha imaxe, recurso... con dereitos reservados, agradecemos nos
informe para retirala.

———

1. A frecuencia de muestreo é un parámetro crítico xa que provoca a maior parte da carga


de traballo do PC e da SDR. Debe cumprir o criterio de Nyquist (fs≥2 BW). Isto é, debe
ser polo menos o dobre do ancho de banda recibido. Tamén deberás ter en conta as
restriccións do bus que esteas a empregar. Non é o mesmo unha SDR USB 2.0 (60
MB/s) que unha 3.0 (625 MB/s). ↩

2. A LimeSDR cuantifica mostras de tamaño de 12 bits. ↩

http://danielrios.me/apuntes/radiocompracticas2018/04b/index.html 14/14

You might also like