KANT CríticaXuízo Escolma1

You might also like

Download as pdf or txt
Download as pdf or txt
You are on page 1of 8

KANT; Crítica do xuízo / escolma de textos 1 estética

1ª PARTE. DESCRICIÓNS

→ K. distingue →2 clases de xuízos estéticos: a) o que discirne o belo e b) o que discirne o sublime.

→ O belo e o sublime:
Teñen caracteres comúns, p.ex.:
→desinterese verbo de toda acción [xs 4, 5 7] ou…
→afectan ao espírito á marxe de calquera coñecemento → [txs 1, 10, 14, 17, 21, 24]
Así pois algúnss caracteres analizados a propósito do belo están presentes tamén na análise do sublime

Teñen tamén diferenzas . Esta oposición discernida primeiro como un feito [txs 25 a 27], explicarase por
análises ulteriores [txs 36, 46, 47].

I – O BELO
→ Analízase: non as características do obxecto belo [txs 10, 11, 14], nin as regras que permitirían producilo
[txs 22,23], senón o acto de consciencia que xulga o belo: que quere expresar quen diante dun
espectáculo di “esto é belo”? qQué pasos sigue? que supón e que rexeita?

→ A cuestión: non é “Que é o belo?”, senón “Que é o xuízo sobre o belo?”

Pódese esclarecer esta función pola comparación con outras:

1. Función do coñecemento → xuízo teórico; →conceptos dos


obxectos→un xuízo sobre… o verdadeiro.
2. Facultade de desexar → cumprir fins; rexida por:
a) Tendencias da natureza sensible
(necesidades) →procura de… o agradable
b) A vontade racional →,xuízo moral
sobre o ben
c) A procura dos medios para realizar
un fin dado… o útil
3. Facultade de sentir a) por sensibilidade : o agradable
pracer/despracer− b) pola for ma a definir: o belo

 Todas estas nocións teñen entre elas semellanzas e diferenzas que os textos seguintes van analizar. Estas
análises poñen de manifesto: a) que o xuí zo estético [XE] ten caracteres cuxa reunión pode parecer
estraña, b) nestes paradoxos reside a súa orixinalidade. → como son posibles xuízos estéticos?

A ) UN PRACER DESINTERESADO
 Un obxecto belo prace. O xuí zo de gusto [XG] expresa este pracer que experimentamos coa
representación do obxecto. O XG é distinto do xuízo cognoscitivo [tx 1]
 O XE non se deriva de ningunha propiedade do obxecto, senón do feito de que proporciona pracer −ou
despracer− ao suxeito [txs 1, 2]

 O belo e o agradable teñen un punto común que os contrapón ao ben −que ha de ser sempre pensado
pola razón− e ao verdadeiro [txs 1, 4; cf. logo 23 e 46]

 O sentimento do belo é contemplativo [txs 5, 7]. Non comporta ningún impulso á acción, non satisfai
directamente [tx 1] ningunha inclinación [txs 3, 7].

rafael martínez castro


1
KANT; Crítica do xuízo / escolma de textos 1 estética

 O belo non se propón como fin dunha acción. O belo satisfai o único estado de espírito no que nos
atopamos [txs 1, 6]. Non inspira ningún desexo; diante del estamos desinteresados.

 Porén a palabra mes ma de “interese” é equí voca. Dise da vontade que se orienta ao ben moral que
“é desinteresada”, e no entanto enon é contemplativa. Un xuízo moral −«hai que…»− non está fundado
sobre un interese de inclinación, mais crea un interese para o suxeito moral [tx 4]. Cómpre pois, a este
respecto, distinguir o belo do ben [txs 4, 5]

 Vese ao mesmo tempo o perigo de que o gusto estético substitúa á consciencia moral [final do tx 5]

1 O XG NON É UN COÑECEMENTO.
§1. O XG é estético. [B3-B5]1

2 SENSACIÓN E SENTIMENTO.
§3. A satisfacción no agradable está ligada co interese. [B7; B9 Primeiras liñas ¶1 e ¶2-3]
O exemplo precedente amosa que o agradable é tamén un sentimento −como o belo−. Necesario aclarar a
distinción `para evitar certas confusións usuais e as súas consecuencias.

3 CONFUSIÓNS RELATIVAS AO AGRADABLE.


§3. A satisfacción no agradable está ligada co interese. [B7; B8 ¶1]

4 O AGRADABLE E O BO.
O agradable e o bo suscitan os dous un interese. O agradable interesa ás nosas inclinacións. O bo interesa á
nosa vontade de ser libre e razoable. Un e outro opóñense ao carácter contemplativo e indiferente do XE.
§3. A satisfacción no agradable está ligada co interese. [B9-B10 ¶4]
§4. A satisfacción no bo está enlazada co interese. [B10;B13-B14 ¶1 ¶5]

5 O BELO DA O PRACER DUNHA LIBRE CONTEMPLACIÓN.


§5. O belo da o pracer dunha libre contemplación. [B14-B16 ]

6 O BELO NON É O ÚTIL


§2. A satisfacción que xenera o XG é totalmente desinteresada. [B5-B6 ]

7 O BELO, INDEPENDENTE DE TODO ENCANTO.


§13. O XG puro é independente do estímulo e da emoción. [B37-B38 ¶1]23
§14. Elucidación mediante exemplos. [B41-B43 ¶6-8]4

1
É empírico o que ten o seu fundamento na experiencia. A sensación é o elemento empírico do noso coñecemento e,
consonte á etimoloxía, é estética [é a materia da percepción, o que é propiamente empírico e só poxde ser coñecido a
posteriori; termo ás veces empregado por sentimento; v. tx 2]
2
O interese cuxo obxecto (obxectivo-fin a lid a d e ; cf. infra) é definido primeiramente pola razón, é un interese polo ben
(Cf. supra txs. 4, 5). A satisfacción está aí subordinada ao fin racionalmente definido. Pero o interese das inclinacións está
fundada sobre o pracer es se define por el. É en ca n to sensible. Ambos os dous son diferentes do belo. Hai porén entre o
belo e o ben relación que serán indicadas máis tarde (txs. 59, 65). O agradable e o bo designan ambos os dous un pracer
inmediato. Pero a inmediatez do agradable é a da sensación que satisfai unha necesidade (cf. tx 6). É un xuízo estético
sensible, pero non desinteresado. Non é un XE puro (cf. tx 12).
3
Este carácter do xuízo sobre o belo será estudiada despois (txs 8 a 12)
4
O que é xo g o d e sen sa c ió n s n o temp o sen figra no espazo é obxecto do sentido interno.
rafael martínez castro
2
KANT; Crítica do xuízo / escolma de textos 1 estética
B ) UN UNIVERSAL SEN CONCEPTO

8 GUSTOS E CORES.
§7. Comparación do belo co agradable e o bo por medio do trazo característico mencionado máis arriba.
[B18-B20 ¶1-2]

9 A FALSA UNIVERSALIDADE DO AGRADABLE.


§7. Comparación do belo co agradable e o bo por medio do trazo característico mencionado máis arriba. [B20
¶3]

10 NON SE PODE ARGUMENTAR SOBRE O GUSTO.


O último texto podería levar a concluír que o xuízo concerninte ao belo é obxectivo, que recoñece unha
propiedade do obxecto smellante ás outras propiedades que se demostran cando se forma un concepto deste
obxecto, e daquela o XE pode ser demostrado gracias a un concepto exacto do obxceto. Porén é mentira.
Pódense dar exmplos de beleza (cf. txs 13 e 19), non se pode dar definición.
§33. Segunda peculiaridade do XG.. [B140-B142 ¶1-4]

11 NON HAI REGRA PARA XULGAR DO BELO.


A aplicación dunha regra a un caso particular supón en efecto que se lle aplica ao obxecto singular un concepto
xeral, que se subsume este obxecto baixo ese concepto. Posto que non hai concepto de belo non hai tampouco
unha regra para xulgalo.
§8. A universalidade da satisfacción só se representa nun xuízo do gusto en tanto que suxeitiva. [B25 ¶6]5

12 ESTA COUSA ASOMBROSA….


O xuízo sobre o belo revela pois á análise esta cousa asombrosa: unha universalidade non conceptual, senón
estética, non obxectiva, senón suxeitiva.
§8. A universalidade da satisfacción só se representa nun xuízo do gusto en tanto que suxeitiva. [B21-B23 ¶1-
3]

13 OS MODELOS E A IMITACIÓN.
§32. Primeira peculiaridade do xuízo de gusto. [B138-B139 ¶5]

5
[Nota de K.] Ab bé B a t t e u x, profesor do Collège de France e membro de a Académie Française, autor dos P rin c ip es
d e L it té ra tu r e (1774). − Les si ng , autor, ademais das súas pezas de teatro, dunha H a mb u rg i sch e D ra ma tu rg ie
(1768)
rafael martínez castro
3
KANT; Crítica do xuízo / escolma de textos 1 estética
C ) UNHA FINALIDADE SEN FIN
 Cando un obxecto nos satisfai, parece que estivera de acordo coas nosas facultades; tal como está de
acordo o alimento co noso espírito no pracer dos sentidos, así está tamén de acordo un obxecto fabricado
−perfecto− co concepto que nós nos formamos del6.

 O belo proporciónanos unha satisfacción semellante; constitúe no entanto un terceiro caso ben diferente
dos outros: vimos (txs 4 e 5) que non satisfai un apetito sensible, non afecta ao noso equilibrio biolóxico
como faría un alimento. Mais tampouco nos satisfai pola súa conformidade cunha regra conceptual
(txs 10 e 11).

 Non se pode definir a propósito do obxecto belo ningún fin determinado: é o que debe ser, pero non se
sabe o que debe ser. O paradoxo aquí está en continuidade cos paradoxos precedentes: hai
f inalidade porque hai satisfacción universalmente válida, non hai fin porque non hai
nin interese sensible, nin interese racional.

 Esta finalidade só poderá ser explicada situando o XE tanto en relación coas outras función do espírito,
coma en relación coa natureza. [v. parte II]. Pódense porén dar xa as explicacións seguintes: o que prace
no obxecto belo é a representación −non as súas cualidades sensibles (cf tx 16), nin a súa utilidade−; o
xuízo sobre o belo expresa o estado de consciencia do suxeito −non un coñecemento do obxecto, tx 14−.

 Pódese daquela dicir que a finalidade do belo reside no equilibrio das función do espírito, tal cal o
provoca a representación do obxecto belo (cf tx 14).

 Dirase tamén que o belo consiste na simple forma da finalidade −finalidade formal: tx 15−. É o que
algúns teñen querido explicar pola percepción confusa dunha perfección. Mais a ausencia do concepto non
e un concepto confuso. O XE ten a súa claridade propia que non é conceptual; e un concepto confuso
non se converte porén en estético −tx 17−.

 Os txs 18 a 23 seguen algunhas consecuencias destas análises no que atinxe ás relación entre belo e útil,
entre o contido representativo dunha obra de arte e a súa beleza, entre a arte e a natureza, os problemas do
belo ideal, do xenio, etc.

14 O PRACER ESTÁ LIGADO A UNHA FINALIDADE SUXEITIVA.


“Introdución” VII. [B XLII, B XLIII-B XLIV ¶1 ¶2-3]

15 O XG NON TEN MÁIS FUNDAMENTO QUE A FORMA DA FINALIDADE DUN OBXECTO. [K]
§11. O xuízo de gusto só ten como fundamento a forma da finalidade dun obxecto (ou do tipo de representación
do mesmo). [B34-B35]

16 UNHA COR OU UN SON ILLADOS, PODEN SER BELOS?.


§14. Elucidación mediante exemplos. [B39-B40 ¶3]

17 O XG É TOTALMENTE INDEPENDENTE DO CONCEPTO DE PERFECCIÓN. [K]


§15. O xuízo de gusto é totalmente independente do concepto de perfección. [B44-B45 ¶1-3, B46-B48 ¶4]

18 BELEZA LIBRE E BELEZA ADHERENTE.


§15. O xuízo de gusto por medio do cal se declara belo un obxecto baixo a condición dun obxecto detreminado
non é puro. [B48-B52]7

19 A REGULARIDADE E A FANTASÍA.

6
Cf tx 22
7
Cf tx 21
rafael martínez castro
4
KANT; Crítica do xuízo / escolma de textos 1 estética
KU, parte1ª, secc.I, Nota general sobre el primer apartado de la analítica. [B70-B73]

20 DO IDEAL DE BELEZA.
§17. Do ideal de beleza. [B53-B55 ¶1-2]

21 O NATURAL NA ARTE.
§45. A arte bela é unha arte na medida en que parece ser ao mesmo tempo natureza. [B179-B180]

22 O XENIO É INDISPENSABLE NAS BELAS ARTES


Atopamos o paradoxo do belo a propósito da creación artística: hai que producir unha obra que praza
universalmente pola forma en que ela excita o xogo das facultades, e cunha satisfacción que se impón
necesariamente a todos, pero non hai maneira de dar cunha definición conceptual dunha tal obra, nin regra para
producila.

Cómpre pois que a obra sexa o produto dunha es ponateneidade cega (cf. tx 20), mais que no entanto
nela se recoñeza unha finalidade exemplar. Esta f inalidade pola cal a natureza, a través do
home, produce obras exempares é o xeni o, fracultade propia das belas artes e que se opón á
habilidade requerida para as artes mecánicas e á razón productora da ciencia (v. tx 53)

§46. A arte bela é arte do xenio. [B181-B183]


§47. Elucidación e confirmación da explicación do xenio ofrecida máis arriba. [B185-B186 ¶2]

23 A ORIXINALIDADE NA ARTE E A INVENCIÓN CIENTÍFICA.


§47. Elucidación e confirmación da explicación do xenio ofrecida máis arriba. [B183-B185 ¶1]

rafael martínez castro


5
KANT; Crítica do xuízo / escolma de textos 1 estética
II – O SUBLIME
 Hai unha parte dos caracteres do belo que se encontran tamén no sublime (tx 24). A análise das diferenzas
é porén aquí máis interesante.

 Vinteseis anos antes da KU Kant reunirá xa exemplos e notas nas Observacións sobre o sentim ento
do belo e do sublim e, do que se extraen os textos 25 e 26. Mais, tal e como se ve facilmente e segundo
as súas propias verbas, Kant daquela proxectaba sobre esta cuestión «m áis o ollo dun observador do
que aquel do filósofo». Máis aínda, carecendo do fío condutor que máis tarde lle aportará a filosofía, a
observación mesma resulta ás veces vacilante [tâtonnante].

 Emporiso dende ese momento vemos bosquexarse ideas de certa seriedade ligadas ao sublime e
ausentes do belo, do seu vínculo coas emocións, mesmo penosas, e cos sentimenmtos morais, sen que
estes trazos conduzan a unha verdadeira definición.

 Co texto 27 tornamos á KU. A principal diferencia entre o belo e o subli me é relativa á


finalidade.

O belo convén ás nosas facultades e prace por iso.


O sublime pode ser esmagador, horrible e informe, e é nesto mes mo no que consiste a súa
finalidade verbo das nosas facultades (txs 27 e 28).
→ Polo cal hai que concluír que o sublime non é un carácter dos obxectos, senón un sentimento
no que o espírito humano reflexiona sobre o seu propio destino (txs 28, 29 e 35).

 Certo que este sentimento é espertado en nós por certos espectáculos que cómpre definir.

 Descubrimos entón dúas clases de sublime:

Nunha a percepción da natureza enfróntase coa facultade de coñecer −razón teórica−8:


é o sublime m atem ático en que a grandeza dos espectáculos recordalle á razón que é
capaz de superar toda medida dos sentidos (txs 29 a 32)

Noutra a natureza maniféstase como potencia que nos fai medir a insignificancia das
nosas forzas materiais e así recorda á alma o seu destino suprasensible −descuberto pola
razón práctica− (tx 33).

 Velaí o verdadeiro sentimento relixioso (tx 34).

 Percíbese por aí algo que será explicado máis tarde9: o vínculo entre o sentimento do subli me o
sentimento propiamente moral (txs 24 a 38), ao tempo que as desviacións que poden nacer
das confusións posibles entre os di versos sentimentos elevados (txs 35 e 36)

8
Sobre as relacións das facultades → txs 50 e ss.
9
Txs 57-58
rafael martínez castro
6
KANT; Crítica do xuízo / escolma de textos 1 estética
24 CARACTERES COMÚNS AO BELO E AO SUBLIME.
§23. Tránsito da capacidade de xulgamento do belo á do sublime. [B74 ¶1]

25 EXEMPLOS DE BELO E DE SUBLIME.


Observaciones acerca del sentimiento de lo bello y lo sublime Cap. primero.- «Sobre los
diferentes obj etos del sentimiento de lo s ubl ime y de lo bello». A4-A5
Este delicado sentimiento que ahora vamos a considerar es principalmente de dos clases: el sentimiento
de lo sublime y el de lo bello. La emoción es en ambos agradable, pero de muy diferente modo. La
vista de una montaña cuyas nevadas cimas se alzan sobre las nubes, la descripción de una tempestad
furiosa o la pintura del infierno por Milton, producen agrado, pero unido a terror; en cambio, la
contemplación de campiñas floridas, valles con arroyos serpenteantes, cubiertos de rebaños pastando; la
descripción del Elíseo o la pintura del cinturón del Venus en Homero, proporcionan también una
sensación agradable, pero alegre y sonriente. Para que aquella impresión ocurra en nosotros con fuerza
apropiada, debemos tener un sentimiento de lo sublime; para disfrutar bien la segunda, es preciso el
sentimiento de lo bello. Altas encinas y sombrías soledades en el bosque sagrado, son sublimes;
platabandas de flores, setos bajos y árboles recortados en figuras, son bellos. La noche es sublime, el
día es bello. En la calma de la noche estival, cuando la luz temblorosa de las estrellas atraviesa las
sombras pardas y la luna solitaria se halla en el horizonte, las naturalezas que posean un sentimiento de
lo sublime serán poco a poco arrastradas a sensaciones de amistad, de desprecio del mundo y de
eternidad. El brillante día infunde una activa diligencia y un sentimiento de alegría. Lo sublime,
conmueve; lo bello, encanta.
HTTPS://WWW.UGR.ES/~ENCINAS/DOCENCIA/KANT_SUBLIME.PDF P.3

26 VARIEDADES DO SUBLIME.
Observaciones acerca del sentimiento de lo bello y lo sublime Cap. primero.- «Sobre los
diferentes obj etos del sentimiento de lo s ubl ime y de lo bello». A5;
Lo sublime presenta a su vez diferentes caracteres. A veces le acompaña cierto terror o también
melancolía, en algunos casos meramente un asombro tranquilo, y en otros un sentimiento de belleza
extendida sobre una disposición general sublime. A lo primero denomino lo sublime terrorífico, a lo
segundo lo noble, y a lo último lo magnífico. Una soledad profunda es sublime, pero de naturaleza
terrorífica
Observaciones acerca del sentimiento de lo bello y lo sublime, Cap. 1 A5
HTTPS://WWW.UGR.ES/~ENCINAS/DOCENCIA/KANT_SUBLIME.PDF P.3
Observaciones acerca del sentimiento de lo bello y lo sublime Cap. segundo.- «Acerca de las
propiedades en general de lo subli me y de lo bello en el hombre». A16; A18
Nunca se encuentran en la naturaleza humana cualidades loables sin que al mismo tiempo las
degeneraciones de las mismas no terminen por infinitas gradaciones en la imperfección más extrema.
La cualidad de lo sublime terrible, cuando se hace completamente monstruoso, cae en lo extravagante .
Cosas fuera de lo natural, por cuanto en ellas se pretende lo sublime, aunque poco o nada se consiga,
son las monstruosidades. Quien guste de lo extravagante o crea en él, es un fantástico […]
El arrostrar audazmente los peligros por nuestros derechos, por los de la patria o por los de nuestros
amigos, es sublime. Las cruzadas, la antigua caballería, eran extravagantes; los duelos, resto desdichado
de ella, originado de un equivocado concepto del honor, son monstruosos.
HTTPS://WWW.UGR.ES/~ENCINAS/DOCENCIA/KANT_SUBLIME.PDF PP. 5-6

27 COMPARACIÓN ENTRE O BELO E O SUBLIME.


§23. Tránsito da capacidade de xulgamento do belo á do sublime. [B75-76 ¶¶2-3]

28 O SUBLIME NON ESTÁ NA NATUREZA, SENÓN NO ESPÍRITO.


§23. Tránsito da capacidade de xulgamento do belo á do sublime. [B76-78 ¶¶4-5]

29 DEFINICIÓN DO SUBLIME.10

10
Trátase do sublime ma te má tico (grandeza/tamaño inmóbil), verase porén fácilmente que unha parte do que aquí se di
se aplica tamén ao sublime d i n á mico (grandeza(tamaño en movemento percibida como potencia, cf tx 33)
rafael martínez castro
7
KANT; Crítica do xuízo / escolma de textos 1 estética
§25. Definición nominal do sublime. [B80 ¶1; B84-85 ¶¶6-7]

30 DOUS EXEMPLOS.11
§26. Da estimación das magnitudes das cousas naturais esixible para a idea do sublime. [B87-88 ¶4]

31 O SUBLIME DISTINGUIDO DO MONSTRUOSO E DE COLOSAL.


§26. Da estimación das magnitudes das cousas naturais esixible para a idea do sublime. [B89-91 ¶5]

32 O SUBLIME MATEMÁTICO NON É COÑECIDO POR UNHA MEDIDA.


Xa no uso ordinario dicir que unha cousa é grande non significa que a teñamos medida, senón apreciada dunha
ollada polo efecto que produce nas nosas facultades. A maior razón, o sublime, absolutamente grande −a pesar
da palabra matemático empregada aquí− non alude a un tamaño que teñamos medido, senón a un tamaño
intuitivamente estimado.

§25. Definición nominal do sublime. [B81 ¶3]


§26. Da estimación das magnitudes das cousas naturais esixible para a idea do sublime. [B85-86 ¶1; B86-87
¶2; B90-91 ¶8; B95-96 ¶14]

33 A NATUREZA COMO POTENCIA E O SUBLIME DINÁMICO.


§28. Da natureza como un poder. [B102-104 ¶¶1-5; B104-106 ¶¶6-7; B109 ¶10]

34 A CONDICIÓN DE QUE O SENTIMENTO RELIXIOSO É SUBLIME?12


§28. Da natureza como un poder. [B107-109 ¶9]

35 O SENTIMENTO DO SUBLIME SUPÓN UNHA CULTURA DA MORALIDADE.


§29. Da modalidade do xuízo sobre o sublime da natureza. [B110-112 ¶¶1-3]

36 SUBLIME E MORALIDADE.
Observación xeral sobre a exposición dos xuízos estéticos reflexionantes. [B120-121 ¶14]

37 O VERDADEIRO E O FALSO SUBLIME. O ENTUSIASMO.


Observación xeral sobre a exposición dos xuízos estéticos reflexionantes. [B121-124 ¶¶15-17]

38 AUSTERIDADE DO VERDADEIRO SUBLIME.


Observación xeral sobre a exposición dos xuízos estéticos reflexionantes. [B124-126 ¶¶18-19]

11
Verase −en referencia ao tx 31− que nestes dous exemplos o sublime non é puro
12
V. t. tx 37
rafael martínez castro
8

You might also like