Download as docx, pdf, or txt
Download as docx, pdf, or txt
You are on page 1of 2

TAREFA 4

Antes de exponer os datos recollidos da actividade de observación debo mencionar que o patio do IES
Basanta Silva de Vilalba está formado por distintos espazos. Existe un patio cuberto, dúas pistas para xogar
e zona de patio ao aire libre. Tamén existen un edificio onde se imparten as clases de Bacharelato onde
está a biblioteca e no corredor da planta baixa de este edificio tamén están os rapaces e rapazas na hora
de lecer. Tamén existe unha cafetería onde hai mesas para sentarse.

Mencionar que os datos recollidos pertencen a rapaces e rapazas da ESO, xa que os rapaces e rapazas de
BACH teñen permiso do centro (previo permiso dos pais) para sair na hora de lecer e fano a inmensa
maioria.

Eu sóamente tiven en conta os rapaces e rapazas que están fora, e dicir, aqueles que ocupan o patio
cuberto, o patio ao aire libre e as pistas de xogo.

Estes son os datos recollidos na actividade de observación:

Posición central/periférica no espazo

 Cantos nenos/rapaces ocupan o centro do patio? Cal é a súa proporción con respecto ao total de
nenos/rapaces no patio?
56 nenos/rapeces dun total de 122 (Un 45,9% aprox.)

 Cantas nenas/rapazas ocupan o centro do patio? Cal é a súa proporción con respecto ao total de
nenas/rapazas no patio?
25 nenas/rapazas dun total de 86 (Un 29,1% aprox.)

 Cantos nenos/rapaces ocupan espazos periféricos do patio? Cal é a súa proporción con respecto
ao total de nenos/rapaces no patio?
66 nenos/rapaces dun total de 122 (Un 54,1% aprox.)

 Cantas nenas/rapazas ocupan espazos periféricos do patio? Cal é a súa proporción con respecto
ao total de nenas/rapazas no patio?
61 nenas/rapazas dun total de 86 (Un 70,1%aprox.)

Actitudes

 Cantos nenos/rapaces realizan actividades de xogos que implican movemento? Cal é a súa
proporción respecto ao total de nenos/rapaces no patio?
35 de 122 nenos/rapaces (Un 28,7% aprox)

 Cantas nenas/rapazas realizan actividades e xogos que implican movemento? Cal é a súa
proporción respecto ao total de nenos/rapaces no patop?
5 de 86 nenas/rapazas (un 5,8% aprox.)

 Cantos nenos/rapaces realizan actividades e xogos que non implican movemento (xogos
“pasivos”) Cal é a súa proporción con respecto ao total de nenos/rapaces no patio?
87 de 122 nenos/rapaces (un 71,3% aprox.)

 Cantas nenas/rapazas realizan actividades e xogos que non implican movemento (xogos “pasivos”)
Cal é a súa proporción con respecto ao total de nenas/rapazas no patio?
81 de 86 nenas/rapazas (un 94,2% aprox.)

Interrelaciós
 Cantos nenos/rapaces xogan con outros nenos/rapaces? Cal é a súa proporción con respecto ao
total de nenos/rapaces no patio?
31 de 122 nenos/rapaces xogan só con outros nenos/rapaces (un 25,4% aprox.)

 Cantas nenas/rapazas xogan con outras nenas/rapazas? Cal é a súa proporción respecto ao total
de nenas/rapazas no patio?
0 de 86 nenas/rapazas xogan só con outras nenas/rapazas (un 0%)

 Cantos nenos/rapaces e nenas/rapazas xogan xuntos? Cal é a súa proporción respecto ao total de
alumnado no patio?
9 de 208 nenos/rapaces e nenas/rapazas xogan xuntos (un 4,3% aprox.)

 Cantos nenos/rapaces falan con outros nenos/rapaces? Cal é a súa proporción con respecto ao
total de nenos/rapaces no patio?
28 de 122 nenos/rapaces falan só con nenos/rapaces no patio (un 23% aprox.)

 Cantas nenas/rapazas falan con outras nenas/rapazas? Cal é a súa proporción con respecto ao
total de nenas/rapazas no patio?
47 de 86 nenas/rapazas falan só con nenas/rapazas (un 54,7% aprox.)

 Cantos nenos/rapaces e nenas /rapazas falan entre sí? Cal é a proporción con respecto ao total de
alumnado no patio?
93 de 208 nenos/rapaces falan con nenas/rapazas (un 44,7% aprox.)

En conclusión, podemos dicir que en canto a xogos que implican movemento temos que a maioría dos
nenos/rapaces que xogan no patio fano entre eles, sin interactuar con rapazas (principalmente xogan ao
fútbol), e unha pequeña minoría xogan interactuando nenos/rapaces con nenas/rapazas) (soen xogan ao
pilla-pilla ou xogos similares)

Daqueles nenos/rapaces que están polo patio a pasear ou falar entre eles (xogos “pasivos), case a metade
relacionase só con nenos/rapaces e o resto interactua con nenos/rapaces e nenas/rapazas. De xeito
similar ocorre coas nenas/rapazas.

Ademáis, moitos alumnos/as xogan “pasivamente” e unha minoría realiza actividades que implican
movemento.

Parece que podemos sacar como observación principal desta actividade que canto máis alto e o curso da
ESO ao que os alumnos/as pertencen (3º e 4º) mais xogan “pasivamente”, mentres que son os alumnos e
alumnas de 1º e 2º ESO aqueles que realizan actividades con movemento.

You might also like