Download as pdf or txt
Download as pdf or txt
You are on page 1of 8

1

FEBREIRO SECCIÓN
DE 2008

BAIONA : GONDOMAR : NIGRÁN


PUBLICACIÓN MENSUAL - 1€ Nº 14 - ABRIL 2009

Baiona Nigrán Gondomar


Os centros educativos abrirán fóra do horario Benestar Social de Nigrán informa das prazas de Gondomar participou na campaña
lectivo para realizar actividades Turismo Termal ‘Hora da Terra’
Páxina3 Páxina 5 Páxina 6

Gondomar BAIONA
Páxina 3
Seis xogadores de
Gondomar participan
no IV Torneo
Intercontinental de
Bolos
A fase final do torneo está previs-
ta do día 10 ao 12 de abril. O campio-
nato intercontinental conta co apoio
da Fundación Deporte Galego da
Xunta, o Consello Superior de Depor-
tes e as federacións española e galega
de bolos.

Páxina 6

Nigrán

Nigrán acollerá do 9 ao
12 de abril a III Edición
de Expomoda
A Terceira Edición de Expomoda
concentrará a oferta e a demanda de
máis de 50 tendas exclusivas. As ten-
das atoparán en Expomoda o ámbito
propicio para exhibir as súas ofertas e
os seus remanentes de stock doutras
tempadas e/ou coleccións. Proporcio-
nará numerosas vantaxes tanto a expo-
sitores como a visitantes, a posibilida-
de de liquidar excedentes.
Páxina 6

Entrevista: Gondomar
Juani Alonso, Asociación de Axuda ao Mundo Necesitado de Baiona
Valverde Alonso
‘Regalamos libros a cambio de recibe o VI
alimentos’ Premio Nano
Os veciños de Baiona poderán
colaborar coa Asociación Axuda ao
Mundo Necesitado e levarse un dos
Cambeiro por
libros procedentes do fondo
municipal. Isto será posible a través
dunha feira solidaria que se enmarca
‘Cruceiro de
dentro da campaña “Cámbioche un
libro por…” e que ten como fin paliar San Campio’
as necesidades de familias con
Páxina 7
escasos recursos económicos.
Páxina 4
ABRIL
2 OPINIÓN DE2009

Editorial

Tempos de resaca

D
i o refrán galego que pasado o andar con florituras cando de quitarlle goberno puideran facer chegar ós
día pasada a romaría, pero neste a cadeira se trate. Así foi. O PP utilizou electores nacionalistas e non naciona-
caso o día si pasou pero a roma- toda a artillería pesada sen escrúpu- listas o que de verdade se estaba fa-
ría continúa. los; tivo de man a medios que lle am- cendo que, queiran ou non, foi sufi-
Continúa porque os dous partidos plificaron a súa voz; e con esa voz a ciente como para entender que por
que o pasado día 1-M foron apeados do seu favor conseguiron , seguindo a te- ese camiño Galicia sería outra en pou-
Poder continúan o seu calvario cara a oría gobleliana, presentar o bipartito co tempo. Non o fixeron así. Por nova-
un día de gloria que non saben ben co- como unha paréntese política na so- tos deixáronse querer e foron vítimas
mo vai ser. ciedade galega que había que pechar do abrazo do oso. Cando reaccionaron
Os socialistas foron sorprendidos xa. xa era demasiado tarde; precisamente
pola súa inxenuidade. Pensaron que Os nacionalistas cometeron outros cando non deberan acosar o lobo na
era suficiente facer cousas, aínda que pecados. Pensar que os medios ían po- tobeira ocórreselles desafialo. O re-
os cidadáns, os votantes do 1-M non se ñerse de xeonllos con tal que lles unta- sultado está á vista.
decatasen ben de que fixeran, ou o ran as bisagras. Craso erro! A prensa Esperemos que tanto socialistas
que resulta máis patético, se decata- españolista galega, que controla o 90% como nacionalistas teñan aprendido a
sen pola oposición que, evidentemen- da audiencia, está acostumada a mu- lección e a partires desta nova xeira
te, ía presentar, de feito así presen- xir os gobernos sucesivos; así o ven fa- que estes días comeza fagan as cousas
tou, todo o feito polo goberno como un cendo dende que o mundo é mundo e pensando nunha maioría dos cidadáns;
auténtico despilfarro. En política non dende que Galicia conta cun goberno esquezan que as árbores que naceron
se debe ser agresivo, malintenciona- autónomo? Non foron quen de poten- para ambientar os xardíns do señores
do, pero tampouco se pode ser tan in- ciar, que non tutelar, outros medios al- non se prestan para dar sombra ós ne-
xenuo e pensar que o adversario se vai ternativos que en tres anos e medio de cesitados do mundo.

Linces e dereitos
Manuel Miragaia Doldán

O
s proxectos gubernamentais de querer impoñer unha determinada, co- rra, Malta, Irlanda e Polonia, xa contan
reforma da lei do aborto encon- mo se veu facendo, sobre todo o ámbito con leis a prazos de aborto, entre as 12 e
traron, como era de esperar, unha civil. Por suposto que a muller madura 16 semanas, que só serían ampliadas no
reacción adversa por parte da Conferen- que non quixese exercer o dereito de caso de aborto euxenésico.
cia Episcopal Española e doutros secto- abortar estaría no seu dereito de non fa- Necesítase rematar coas ambigüida-
res integristas católicos. Os bispos espa- celo, como tamén da mesma forma non des e coas limitacións da lei do aborto de
ñois quéixanse, con bastante demago- obrigar ás demais a renunciar a el. 1985, que afectan negativamente aos
xia, de que se coida máis a algunhas es- O voceiro da Conferencia, o bispo au- profesionais da medicina e ás mulleres.
pecies da fauna en perigo de extinción, xiliar de Madrid, Martínez Camino, afir- Aos médicos que practiquen o aborto
como pode ser o lince, que aos non na- mou que o embrión é unha persoa con to- hailles que garantir unha maior seguri-
dos, e reclaman para os embrións huma- dos os dereitos. Porén, antes de que al- dade xurídica. E posibilitar dunha vez o
nos a mesma protección. guén defendese esta postura radical- dereito do aborto en hospitais públicos.
Neste tema, como noutros de tipo mente antiabortista tería que apoiarse A ver se o goberno socialista, que agás na
biomédico, enfróntanse dúas perspecti- en sólidos fundamentos científicos cuestión do matrimonio homosexual, foi
vas contrapostas: a laica ou humanista, que demostrasen de maneira fidedigna, en todo moi timorato coa Igrexa Católi-
a das mulleres que reclaman o dereito a parafraseando ao filósofo Javier Sáda- ca, deixa de anuncios e promesas sobre
poderen dispor voluntariamente do seu ba, que a árbore está contida na semen- este tema co obxectivo de observar as
corpo e a decidiren sobre o nacemento te. reaccións da sociedade, e o leva adiante
ou non dun fillo; e a relixiosa tradiciona- Malia a radical oposición eclesiástica por medio dunha lei que o regule con ra-
lista da xerarquía católica e dos seus se- que houbo no seu momento, a lei do cionalidade, no canto de deixalo na si-
guidores, que consideran a interrupción aborto vixente, cos seus tres supostos de tuación actual, na que xa se practican
da gravidez nas primeiras semanas como perigo para a vida da nai, malformación miles de abortos en clínica privadas.
un crime ou “holocausto silencioso”, en do naipelo e violación, supuxo un avance Paga a pena conservarmos o lince,
palabras do bispo Reig. A Igrexa Católica notábel, e foi ben asumida pola maioría evitarmos no posíbel ter que recurrir ao
non renuncia a exercer a súa antiga po- da poboación. Agora, coa evolución da aborto e coidarmos á infancia, porén,
testade sobre toda a sociedade a través sociedade, cómpre darmos un paso máis debemos ante todo garantir ás
da política, malia que na democracia, na mesma dirección, para salvaguardar- mulleres o seu dereito a abortar, co que
máis que nunca, se necesita respectar as mos a dignidade e a seguridade da mu- poden eludir unha situación tan traumá-
distintas perspectivas éticas e ideolóxi- ller. Conseguirmos achegarnos á maioría tica como a dunha gravidez non desexa-
cas existentes entre os cidadáns. E non dos estados europeus que, menos Ando- da.

Director: Guillermo Rodríguez Fdez. Edita: A Peneira Condado S.A. Enderezo: Sarmiento Rivera, 17- Tel e Fax: 986 66 09 86 // 36.860 PONTEAREAS (Galiza)
Publicidade: Fran, Modesto e Departamento propio - Montaxe e deseño: Obradoiro A Peneira Impresión: Tameiga Publicacións /Mos - Tlf: 986 48 74 80 - Depósito Legal: OR/57/84
ABRIL
DE2009 BAIONA 3

O concello solicita reforzo á Garda Civil despois do aumento de baixas médicas Mocidade organiza
en abril un
obradoiro de
Baiona queda sen policía local Breakdance
REDACCIÓN/ BAIONA

pola noite A Concellería de Moci-


dade do Concello de Baio-
na, que dirixe María Igle-
sias Fernández, organiza
A.F./ BAIONA en colaboración coa Con-
Hai uns días saltou a voz de cellería de Deportes e Ac-
alarma: Baiona quedaba sen po- tividades Marítimas, a
licía local polas noites. En de- cargo de María Jesús Mar-
claracións a varios medios de tíns Pasos, un obradoiro
comunicación o alcalde, Jesús de iniciación ao Break pa-
Vázquez Almuíña, aseguraba ra os mozos do municipio.
que o incremento no número de O Breakdance (tamén
baixas médicas obrigábao a to- coñecido por B-boying), é
mar esa medida drástica. As ci- un estilo de baile urbano
fras son bastante elocuentes: oi- que forma parte do move-
to dos trece policías locais de mento da cultura Hip Hop
Baiona solicitaron a baixa na fin xurdido nas comunidades
de semana. Aínda que estas ve- afroamericanas nalgúns
ñen asinadas por facultativos e barrios de Nova York a co-
son totalmente legais Vázquez mezos dos anos 1970, sen-
Almuíña comentou aos mesmos do o estilo de baile máis
medios que días antes os funcio- coñecido dentro do Hip
narios de seguridade solicitaran Hop.
Estas clases gratuítas

A s cifras son
bastante
elocuentes: oito dos
terán lugar todos os sába-
dos do mes de abril, no pa-
villón municipal de De-
portes de Baiona, en hora-
trece policias locais de rio de 12 a 13:30 horas.
Un dos carteis indicativos para acceder ás dependencias da Policia Local de Baiona. Os mozos e mozas que
Baiona solicitaron a FOTO: R. PRADA. queiran participar nesta
baixa na fin de semana. interesante actividade po-
ros ao mes cando na actualidade cos servizos da Garda Civil para guridade deste municipio polas derán inscribirse na Ofici-
están a cobrar entre 1.650 e suplir os ocos deixados pola Po- noites non corre ningún perigo. na Municipal de Informa-
1.700 euros mensuais. licía Local. Tamén en declara- Asimesmo anunciou unha in- ción Xuvenil, ben persoal-
un aumento de soldo. Non só iso cións a varios medios de comu- vestigación para descubrir a que mente, ou por teléfono
senón que aireou que a petición Apoio da Garda Civil nicación Vázquez Almuíña afir- se debe este alto número de bai- chamando ao 986 38 59
de aumento rondaba os 700 eu- O alcalde de Baiona conta mou que grazas a este corpo a se- xas médicas en tan pouco tempo. 25.

Os centros educativos abrirán fóra do Lorenzo Pousa presenta o seu


horario lectivo para realizar actividades libro sobre alimentación
REDACCIÓN/ BAIONA REDACCIÓN/ BAIONA
Coa intención de desenvolver
actividades que proporcionen un-
ha formación integral ao alumna-
O s días que estén abertos os centros de ensino
realizarán actividades moi variadas para o que xa
se programaron varias aulas.
O médico de Baiona, Loren-
zo Pousa Estévez, presentou hai
uns días na Librería Garabatos
A obra, que en
galego leva o título
de “Alimentación Sá”,
do e fomenten a conciliación da un traballo sobre nutrición e bo-
vida laboral, persoal e familiar a as prácticas alimentarias. Esta ofrece unha ampla
concellería de Educación, do ria e 1º da ESO que presenten ca- terreña e Belesar. Neste caso os obra aparece simultáneamente información sobre a
Concello de Baiona dirixida por rencia de motivación, baixo ren- obxectivos son: potenciar a apren- en catro edicións: galego, espa-
Rosa Ana Marcote, decidiu abrir demento escolar, baixas expecta- dizaxe e o rendemento escolar do ñol, inglés e portugués; e estará
necesidade de comer, en
os centros de ensino fóra do hora- tivas académicas, ausencia de há- alumnado; fomentar o alento polo distribuída por diferentes paí- qué consiste a nutrición,
rio lectivo. bitos de traballo e para aqueles estudo, propondo formas de tra- ses de Europa e América nos de qué partes se
que non pode recibir o apoio e re- ballo eficaces; aumentar a adqui- seus respectivos idiomas. As
Actividades variadas forzo que precisa no seo da súa fa- sición de hábitos de organizacion cubertas en tapa dura e as ilus-
compón un alimento...
Os días que estén abertos os milia. e constancia, así como mellorar a tracións a base de gráficas e fo-
centros de ensino realizarán acti- Outras dúas van destinadas ao integración social no grupo e no tografías a cor completan, nesta partes se compón un alimento,
vidades moi variadas para o que alumnado do 3º ciclo de educa- centro. O programa divídese en obra, o bon facer deste reputado que son as graxas, proteínas, hi-
xa se programaron varias aulas. ción primaria e primeiro da ESO dúas fases a desenvolver, esta pri- profesional da medicina. dratos, vitaminas e minerais, a
Delas, dúas estarán dedicadas ao que presenta dificultades relacio- meira durante os meses de abril e A obra, que en galego leva o dieta equilibrada, o exercicio fí-
acompañamento e reforzo educa- nadas coa ausencia de hábitos de maio e a segunda, pendente de ul- título de “Alimentación Sá”, sico. Na presentación participa-
tivo nos colexios de Fontes e Sa- traballo. Estas preséntanse baixo timar, comprendería os meses de ofrece unha ampla información ron, ademais do autor, os edito-
barís. Neles ocasión os receptores o título "aprender a aprender" e verán e as actividades terían un sobre a necesidade de comer, en res, Carlos del Pulgar e Antón
serán escolares de 5º. 6º de prima- impártense nos colexios de Cova- carácter máis lúdico. qué consiste a nutrición, de qué Mascato.
ABRIL
4 BAIONA DE2009

Juani Alonso, Asociación de Axuda ao Mundo


Necesitado de Baiona

‘Regalamos libros a
cambio de alimentos’
Os veciños de Baiona poderán colaborar coa Asociación Axuda ao
Mundo Necesitado e levarse un dos libros procedentes do fondo
municipal. Isto será posible a través dunha feira solidario que se
enmarca dentro da campaña “Cámbioche un libro por…” e que ten
como fin paliar as necesidades de familias con escasos recursos
económicos. Para participar no intercambio o único requisito que se
esixe é que os alimentos que se acheguen estean dentro dos
denominados non perecedoiros.A ONG leva moitos anos traballando na
zona, contando na actualidade cun pequeno local nos baixos da praza de
abastos. A súa presidenta coméntanos como é o seu traballo solidario.

ANTÓN F. ESCUREDO/ BAIONA ONG?


-Como naceu esta ONG? -Neste momento somos 5 aquí
-Comezou a funcionar cando a todos os mércores e detrás están os
guerra de Bosnia. Decatámonos voluntarios que teñen coche e aos sitados aumentaban pero que ali-
de que había moitas necesidades e que lle pedimos que participe can- mentos tíñamos poucos. Mesmo
neste lugar a xente é moi solidaria. do alguén enfermo, ou que non o que recibíamos da UE, os exce-
Había xente que tiña roupa en casa pode vir, levarlle a comida a ca- dentes, tiñan que ter chegado entre
e falamos co párroco, co concello, sa.En Reis, cando facemos a cam- xaneiro e febreiro e seguimos sen
daquela estaba de alcalde Manolo paña, levámoslle a cea a dúas fa- eles. Estamos vivindo grazas á
Vilar, e tivo confianza no que lle milias con nenos. xentes anónimas que doan ali-
dixemos e nos prestou un baixo. -Cal é o ámbito de actuación mentos.
Fixemos a primeira campaña des- da ONG? -En que consiste a campaña
tino a Bosnia o 24 de xaneiro de -Baiona, arredores e cando de un libro por alimentos?
1994. Chamámoslle "Calor e cari- nos piden dende Vigo, dende Gon- -Regalamos libros a cambio
ño" porque nos dixeran que preci- domar, dende todas partes. Ata de alimentos. Consiste en ache-
saban roupa de abrigo. Mandóu- que non se encamiñe esta xente garse á Biblioteca de Baiona e alí
selle moitas mantas, botas de go- cara as asistentas sociais de cada Anxo que foi o que tivo a iniciati-
ma, calcetíns de lá, alimentos, cal- parroquia, ou cara ós párrocos va ten alí uns libros e a xente pode
zado. aqui ninguén marcha sen a súa coller un a cambio dos alimentos
-Desde entón que outras bolsa de comida. que eles queiran. Nós sempre pe-
campañas realizaron? -Nos últimos tempos nótase dimos que non sexan perecedeiros
-Ao longo de todo este tempo algún incremento de xente nece- pero se o son entón serán os pri-
traballamos nesta vila e arredores, sitada? meiros que repartiríamos. Arriba: grupo de voluntarios da Asociación de Axuda ao Mundo Necesitado de
envíos a Bosnia, Sahara, Perú, Cu- -Moitísima máis dende o ano -A campaña durará todo o Baiona. Abaixo: a súa presidenta Juani Alonso.
ba e África. ACuba bastante posto pasado. Acrise que hai é moi gran- mes de abril?
que tiñan barcos que viñan a Vigo. de e saben onde teñen que vir para -Ogallá se extenda. Se a inicia- mén á que ven de tránsito. Teño non contributivas, inmigrantes
Agora xa non os teñen polo que ti- recoller o que podemos darlle. tiva ten moito éxito dixeron que a que dicir que o propio párroco en- que teñen que pagar casa. Agora
vemos que deixar de mandar xa Non é moita cousa pero ben...Va- extenderían a maio tamén. gade un polo ás familias, sobreto- se lle está rematando o paro a moi-
que nos valía cada contedor 3.000 leiranse os estantes de comida. -Axente que queira traer ali- do con nenos. Aquí temos unha es- tísima xente. Se atopan traballo se
euros e nós non traballamos con Grazas á idea que tiveron os da Bi- mentos aquí tamén pode facelo? treita colaboración coa asistenta lle corta a xuda que se volve a reto-
diñeiro. Pídenos cousas pero non blioteca que sabían da labor que -Pode. Os mércores de 9:30 social, non lle damos a calquera. mar se volven a quedar sen traba-
podemos pagar o flete. estamos facendo unha vez me pre- horas a 12 horas. Non só axuda- Escollemos a xente que teña ne- llo. Tentamos facelo o mellor po-
-Canta xente colabora nesta guntaron e lles dixen que os nece- mos ás familias de aqui senón ta- nos, persoas maiores con pagas sible.
ABRIL
DE2009 NIGRÁN 5

PP e UCN rexeitan as iniciativas de inversión

PSOE e BNG aproban no Pleno a recuperación do


río Muiños e a construción do Auditorio Municipal
REDACCIÓN/ NIGRÁN si en querer para calquera actua-
O Pleno Ordinario do mes de ción do goberno de Nigrán”.
marzo celebrado o día 25 apro- As obras consisten en pri-
bou cos votos a favor do PSOE e meiro lugar na recuperación
o BNG e os votos en contra de Ambiental das marxes do río
PP e UCN a asignación de recur- Muíños entre o Parque Empresa-
sos procedentes do desenvolve- rial e Praia América e contan cun
mento urbanístico do SAU 9 orzamento de 535.585,73 €.
(Porto do Molle) a o investimen- Constinuarán a actuación levada
to de tres actuacións que, segun- a cabo o mes pasado e prevee o
do palabras do alcalde Efrén control das canalizacións de au-
Juanes, “son de gran importan- gas superficiais, recuperación
cia para Nigrán”. completa dos marxes do río e a
súa estabilización.
Inversión En segundo lugar o concello
En cifras serían investirá 1.671.972,34€ na
4.595.883,20 euros en concepto construción do edificio cultural
do 50% do 10% do aproveita- e administrativo destinado a am-
mento municipal estipulado no pliación do edificio do concello
convenio subscrito entre o con- e a construción de Auditorio
sorcio da Zona Franca de Vigo e Municipal que únese a subven-
o Concello. Deste importe total, ción de 900.000€ de concesión
segundo fontes municipais, por parte da Xunta de Galicia.
3.595.883,20 euros faranse A terceira das inversións é a
efectivos no prazo dun mes den- Urbanización completa da Rúa
de a data de formalización do San Roque de Camos cunha in-
documento e cando fose ratifica- Río Muíños versión total de 1.096.357,60 €.
do polos órganos plenarios sina- Trátase dunha aposta clara e
lados. contundente de este goberno por
fundamentais para o futuro de ción rexeita obras como a do no- de inundabilidade ou a urbaniza- rematar definitivamente este
Actuacións prioritarias este municipio”, sinala Efrén vo Concello e o Auditorio, a re- ción da Rúa San Roque de Ca- vial interior de Nigrán que foi
“Para o goberno municipal Juanes, alcalde de Nigrán. O re- cuperación completa do río Mu- mos. “A oposición non pensa totalmente abandonado durante
hai certas actuacións que son xidor non entende como a oposi- íños e a minimización dos riscos nos veciños”, apunta Juanes, “e os anteriores gobernos.

a imaxe breves
Benestar Social de Nigrán
informa das prazas de
Turismo Termal
A Concellería de Benes-
tar Social e Igualdade do
Concello de Nigrán, xestio-
nada por Xosé Lois Gutiérrez
Soto, informa publicamente
acerca do Programa de Turis-
mo Social para o ano 2009 pa-
ra pensionistas que organiza a
Vicepresidencia. As modali-
Chega o bo tempo e as dades de programa ás que se
vacacións de Semana Santa. pode optar son dúas: Termal
É previsible que a costa do Val (en lugares como Baños de
Miñor conte cunha importante Molgás, Caldelas de Tui, Car-
afluenza de visitantes e os balliño, Cuntis, Lugo entre
municipios xa se preparan. É o outros) e cunha duración de
caso de Baiona e Nigrán onde 12 días e de intercambio (Por-
están a poñer a punto as praias. tugal e O Carballiño) cunha
Na fotografía podemos ver a duración de 8 días.As solici-
maquinaria funcionando a tudes para participar neste
escasos metros do Parador de programa deberán dirixirse
Baiona. ao Departamento de Servizos
Sociais do Concello de Ni-
grán antes do día 13 de abril.
ABRIL
6 NIGRÁN/GONDOMAR DE2009

Viaxarán a Bos Aires e Montevideo


Convocado o II Premio de
Seis xogadores de Gondomar
Poesía Victoriano Taibo participan no IV Torneo
REDACCIÓN/ GONDOMAR Intercontinental de Bolos
O Instituto de Estudos Miño-
ranos e a Entidade Local de Mor-
gadáns convocan o II Premio de REDACCIÓN/ GONDOMAR
Poesía Victoriano Taibo - Enti-
dade Local de Morgadáns ao que
poderá concorrer calquera per-
É de todos coñecido a im-
portante tradición do xogo dos
Bolos na comarca. Na actuali-
A sede do
campionato será o
Centro Val Miñor da
soa que envíe, antes do 25 de xu- dade unhas 500 persoas do Val
llo próximo, ao enderezo: Aula Miñor están hoxe federadas. Ao capital uruguaia. A fase
de Cultura Ponte de Rosas, avda. outro lado do Atlántico tamén final do torneo está
da feira, 10, baixo, Apartado 30, se trasladou este interese e den-
36380, Gondomar, un libro de de hai anos funcionan varios prevista do día 10 ao
poemas inéditos e escritos en ga- equipos que periodicamente 12 de abril.
lego cunha extensión mínima de compiten entre si. Para a IV
300 versos. Edición do Torneo Interconti-
nental está prevista a participa- Selección galega
ción dos clubs de bolos Xun- Como noutros deportes o

O premio está dotado


con 3.000 €, unha
escultura creada por
queira, Mañufe e San Cibrán
de Gondomar. A sede do cam-
pionato será o Centro Val Mi-
xogo dos Bolos conta tamén
cunha selección do país. Nesta
competición participará a Se-
Fino Lorenzo para este ñor da capital uruguaia. lección Galega de Bolos que
A fase final do torneo está estará formada por Alberto Ro-
certame e a publicación prevista do día 10 ao 12 de dríguez Rodríguez, José Igle-
da obra premiada, e será abril. O campionato interconti- sias González, Pedro Lago
nental conta co apoio da Funda- Martínez e Roberto Paz Misa.
entregado nun acto
ción Deporte Galego da Xunta, Terá que competir coa selec-
cultural o Consello Superior de Depor- ción española na que xogan
Victoriano Taibo tes e as federacións española e Inocencio Valverde González e
galega de bolos. José Rodríguez Domínguez.
O premio está dotado con
3.000 €, unha escultura creada
por Fino Lorenzo para este certa- grande éxito de participación e (Compostela, 1885-Vigo, 1966 )
me e a publicación da obra pre-
miada, e será entregado nun acto
de calidade. Entre un total de 45
participantes, 9 mereceron ser fi-
membro das Irmandades da Fala,
colaborador habitual da publica-
Gondomar participou na
cultural que se celebrará no edi-
ficio das Escolas de Guillufe
nalistas e, finalmente, Carlos
Negro foi o gañador co poemario
ción “O Tío Marcos da Portela” e
membro da Real Academia Ga-
campaña ‘Hora da Terra’ xunto
(Morgadáns) na 2ª semana de Cultivos Transxénicos que foi lega. Taibo exerceu a súa profe-
novembro. Pódense consultar as moi ben acollido pola crítica. sión de mestre en Ortigueira, con máis de 1.600 cidades de
bases no documento adxunto. Cambre, Xinzo da Limia, Mor-

Éxito na primeira edición


Victoriano Taibo
Este premio quere lembrar a
gadáns (co interludio de catro
anos en Villalar de los Comune-
todo o mundo
A primeira edición tivo un memoria de Victoriano Taibo ros) e finalmente a Vigo. REDACCIÓN/ GONDOMAR

Nigrán acollerá do 9 ao 12 de abril a


Máis de 1.600 cidades de 80
países de todo o mundo compro-
metéronse a apagar as súas luces
D esde a concelleria
de Medio
Ambiente fíxose un
o pasado sábado, 28 de marzo. chamamneto días antes
III Edición de Expomoda En Galiza foi entre as 20,30 e
21,30 da noite. A campaña, a ter-
ceira das chamadas "Hora da Te-
para que a poboación
participara
REDACCIÓN/ NIGRÁN grán). Neste evento o público en Expomoda o ámbito propi- rra" é continuación da do 2007
DMS Comunicación e o poderá adquirir primeiras mar- cio para exhibir as súas ofertas e que foi seguida por 2,2, millóns
Concello de Nigrán presentaron cas internacionais a prezos in- os seus remanentes de stock de fogares e empresas, e a de Medio Ambiente estas iniciati-
aos medios de comunicación da críbles. doutras tempadas e/ou colec- 2008 na que participaron 50 mi- vas non son tanto de aforro de
comarca a III Edición, o primei- cións. Proporcionará numero- llóns de persoas. enerxía como de posibilitar unha
ro evento de toda Galiza dedi- Éxito das primeiras edicións sas vantaxes tanto a expositores reflexión para persoas e empre-
cado exclusivamente ao textil. O éxito das primeiras edi- como a visitantes, a posibilida- Chamamento municipal sas sobre os hábitos de consumo
Na presentación participa- cións de Expomoda, o primeiro de de liquidar eses excedentes Desde a concelleria de Me- de enerxía, e sobre o que pode-
ron Efrén Juanes Rodríguez, al- outlet de liquidación de stocks de campañas anteriores, atopar dio Ambiente de Gondomar que mos facer cada un de nos para
calde de Nigrán; Estela Pérez dirixido unicamente ao comer- toda a oferta en máis de 1.500 dirixe o nacionalista Antón Gar- contribuir á conservación da Te-
Pérez, concelleira de turismo e cio de téxtil e complementos, m2 e a boa e bonita localización cía Fernández fíxose un chama- rra. “Cada luz que se apague re-
educación; e Daniela Vivanco, abre importantes expectativas dun lugar como Panxon (Ni- mento días antes para que a po- presente un voto que se poida
directora de Expomoda e repre- de cara á organización desta ter- grán). boación participara. “Co anceio presentar diante dos líderes dos
sentante de DMS Comunica- ceira edición. A última edición celebrada de que estas iniciativas deixen cento noventa e dous países que
ción. A Terceira Edición de Expo- en Vigo tivo máis de 15.000 de ser patrimonio exclusivo das se reunirán en Copenhague en
Expomoda terá lugar os días moda concentrará a oferta e a persoas que xeraron un volume grandes cidades, o goberno mu- decembro deste ano para discutir
9, 10, 11 e 12 de abril no Pavi- demanda de máis de 50 tendas de operacións de 350.000 eu- nicipal de Gondomar súmase a o que se deberá facer para conti-
llón do CPI de Panxón (Ni- exclusivas. As tendas atoparán ros. esta campaña”, sinalou García nuar cos compromisos de Kyo-
Fernández. Para o rexidor de to”, asegurou García Fernández.
ABRIL
DE2009 GONDOMAR 7

Valverde Alonso recibe o VI Premio Nano


Cambeiro por ‘Cruceiro de San Campio’
A.F.E./ GONDOMAR ron publicados, e seguen a ser Proval. Neto tamén do mestre A obra escultórica será entre-
O Premio de Xornalismo
Nano Cambeiro instituído po-
lo Instituto de Estudos Miño-
publicados, baixo o rotulo de
“Cruceiro de San Campio” na
web www.valminor.info, diri-
T rátase dun conxunto
de relatos
costumistas, de
de obras Ángel Valverde Sai-
nes, da Cabreira, ao que lle de-
bemos o legado de casas tan
gada ao premiado nun acto
público a realizar nos meses
vindeiros.
ranos (IEM) para lembrar ao xida por Pedro Telmo Rodrí- singulares como a casa onde Nas edicións anteriores o
xornalista e ao amigo foi nesta guez Castro, que merecera, no lembranzas de xentes está a farmacia da Ramallosa. premio recaeu en Xosé Luís
sexta edición para Antonio seu momento, o mesmo reco- do Val Miñor que o Méndez Ferrín, Francisco Fer-
Valverde Alonso. Foron múlti- ñecemento do premio Nano Premio nández del Riego, David Rei-
ples os argumentos que leva- Cambeiro.
autor coñeceu directa O premio, sen dotación nero González, na web
ron á Xunta de Goberno do ou indirectamente e que económica, consiste nunha www.valminor.info, dirixida
IEM a tomar esta decisión por Familia gondomareña foron publicados, e peza de bronce obra do escul- por Pedro Telmo Rodríguez
unanimidade, entre outras, o Antonio Valverde Alonso tor e membro do Instituto de Castro, e na web www. Salve-
caracter de lembranza, de me- naceu en Vigo, 1935, no seo
seguen a ser publicados, Estudos Miñoranos Fernando mosmonteferro.org, realizada
moria das xentes e das paisa- dunha familia gondomareña, baixo o rotulo de Casás, que se funde para en- polos irmáns Xosé e Anxo Rei-
xes dun Val Miñor. pasou a súa infancia a cabalo “Cruceiro de San tregar en cada convocatoria. gosa Solleiro.
entre a cidade da oliveira e o
Relatos costumistas Val Miñor, para logo asentar a Campio” na web
Trátase dun conxunto de súa vida profesional en Madrid www.valminor.info.
relatos costumistas, de lem- pero sen perder de vista o seu
branzas de xentes do Val Mi- querido Val Miñor. Neto de
ñor que o autor coñeceu direc- Manuel Alonso Pérez, o que Gondomar e un dos artífices
ta ou indirectamente e que fo- fóra secretario do concello de administrativos das Escolas

Antonio Valverde, gañador do Premio Nano Cambeiro

‘Non me gustaría que se esqueceran


nunca os personaxes que viviron
aquí’
A.FERNANDEZ moito pero sempre foi por cues- no Taibo, persoa que coñecín e
-Que sentíu ao recibir este tións de traballo. Agora si come- co que compartía faladoiro en
premio? cei a escribir. De feito estou cun- Vigo. Outros están totalmente
-Ben, sentinme moi alagado has lembranzas do meu pai que esquecidos e son xente moi me-
porque non contaba con que os
contos que eu fixen acadaran
nunca un premio, nin menos un
como o Cambeiro. Funos pendu-
rando na páxina de Valminor.in-
H ai algúns que si son coñecidos, como Vitoriano
Taibo, persoa que coñecín e co que compartía
faladoiro en Vigo. Outros están totalmente esquecidos e
fo e atopeime con que os do IEM
fixáronse neles e déronme o pre-
son xente moi merecente de ser recordados.
mio.
-Falando dos seus relatos
breves cóntenos de onde saca a son un pouco as memorias da recente de ser recordados. Por
idea para construilos? miña vida. Pero aínda estou po- exemplo temos ao dominico o seu nome. Entre as súas obras aínda algúns deles apuntáronme
-Son personaxes auténticos los doce anos e teño moito por Manuel María Martínez que é de figura un pasodobre a Gondo- anécdotas dos personaxes.
que viviron aqui na bisbarra, que contar. Baiona un completo descoñeci- mar. Estivo becado polo conce- -Coa súa publicación en
eu coñezo. Todo o que conto son -Ten entón máis persona- do nese municipio. Foi un perso- llo de Vigo para estudar no Con- papel chegará a outro tipo de
lembranzas. Eu teño boa memo- xes en carteira? eiro importantísimo xa que foi o servatorio de Madrid e alí aca- xente…
ria. Dende sempre tiven a idea -Si, hai algúns que xa están máis erudito sobre o tamén do- dou a praza de profesor de vio- -O libro sempre vai ter im-
de plasmalos para que non se perfilados e recollidos cos ca- minico Bartolomé das Casas. lín. Despois creou a orquestra portancia. Moita xente que vive
perderan. Moitas veces falas de- racteres máis importantes. Escribiu moitísimo sobre el e Ibérica con 50 mestres de instru- nesta bisbarra e é maior non se
les…Acordas. Agora que teño -É importante para voste- participou en coloquios en todo mentos de corda. Tivo unhas crí- move ben con internet. A xuven-
tempo púxenme a escribilos. de recuperar a memoria local? o mundo. Fálase moito da Arri- ticas moi positivas, quedaban tude si pero busca outras cousas.
Agora teño 25 pero hai moitos -É o que máis me gusta a bada pero non o vinculan nin sa- pasmados co seu traballo. Eu son moi amante dos libros.
máis. min. Non me gustaría que se es- ben quen é. Outro personaxe ta- -A que se debe este esquece- Grazas a internet puiden publi-
-Cal é a pretensión destes queceran nunca os personaxes mén pouco coñecido é Germán mento? car, léronme e recibín este pre-
relatos? que viviron aqui. Hai algúns que Lago, grande músico que conta -Non se esquece de todo. Te- mio. A dificultade ás veces está
-Sempre me gustou escribir si son coñecidos, como Vitoria- con varias formacións que levan ño falado con xente de aqui e en poder publicar.
A Peneira
na Rede
valminhor@apeneira.com
www.apeneira.com
Director: Guillermo Rodríguez Fdez.. Edita: EDICIÓNS A PENEIRA CONDADO S.A.
Enderezo: Sarmiento Rivera, 17- Tel e Fax: 986 66 09 86 // 36 860 PONTEAREAS (Galiza) Coordinadora: María Díaz
Publicidade: Departamento propio - Montaxe e deseño: Obradoiro A Peneira - Impresión: Tameiga Publicacións /Mos - Tlf: 986 48 74 80 - Depósito Legal: OR/57/84
Este Xornal faise con papel reciclado

Os compañeiros de infortunio
Carlos Méixome
de Telmo Freitas

H
ai algún tempo escribimos grina e Jesús. do, máis novo, tiña 22 anos, era la-
nesta Chan de Val Verde so- O alférez médico de comple- brego e estaba tamén solteiro. Am-
bre Telmo Freitas Lima, can- mento do Rexemento de infantería bos eran naturais e veciños do Sou-
teiro natural de Paredes de Coura, Mérida 36 foi designado polo Co- to de San Pedro da Ramallosa.
no Portugal veciño, e residente en mandante Militar de Vigo para asis- Resumimos de xeito telegráfi-
Panxón, encartado na causa tir ao cumprimento da sentencia e co os informes do sempre presente
918/36 xunto con Manuel Miranda recoñecer os cadáveres. O xuíz en- Cabo Pena sobre algúns dos encar-
González, Delfín Coscas Soliño, Jo- cargado do rexistro e o secretario tados. De José Millán Alonso di que
sé Millán Alonso, Manuel Narciso Pi- asinan a acta na que se recolle co- é de mala conducta e anteceden-
no, Argentino Valverde Lago, Ma- mo causa da morte “profunda he- tes e que xa estaba vixiado pola
nuel Rial e Ángel Leal. Daquela xa morragia interna” e segundo “co- forza pública e que o seu ideal era
informabamos de que estaban to- municación recibida” foron sote- “comunista de acción”. De delfín
dos eles acusados de formar parte rrados no cemiterio de Pereiró, así Coscas Soliño, informa o Pena que
dun grupo de individuos armados como que a inscrición practicase era de mala conduta e anteceden-
que practicaron rexistros en casas por carta-orde do Comandante Mi- tes e de filiación socialista. De Ar-
de persoas de orde, segundo o ins- litar que instrúe a causa que non é gentino Valverde Lago, di que era
trutor, apoderándose de armas que outro que o Comandante de Infan- socialista e de conduta e antece-
nelas acharon e que despois repar- tería retirado, Benito Otero Brage. dentes regulares. O mesmo afirma
tiron no local do Sindicato de San Os outros encartados na causa de Manuel Narciso Pino, aínda que
Pedro da Ramallosa aos afiliados do tiveron máis fortuna: aclara que non era perigoso. Men-
mesmo e a outros suxeitos, dándo- •Manuel Narciso Pino de 27 tres, dos irmáns Leal, di que obser-
lles a orde de resistirse ao exército anos, solteiro, albanel, natural de varon boa conduta ata que toma-
cando este chegase e de que o 24 Mallón e veciño da Cabreira, San ron parte no movemento subversi-
de xullo atacaron, no Alto de Ma- Pedro da Ramallosa; fillo de Ramo- vo contra o exército, aínda que po-
llón, un automóbil no que viaxaba, na e Antonio, foi condenado a re- de considerarse que actuaron co-
con outros, o Comandante Militar clusión perpetua. accionados. Finalmente de Grego-
de Baiona, disparándolle varios ti- •Argentino Valverde Lago de 22 rio Manuel Miranda González di
ros e botándolle bombas de man, Das actas de defunción incor- •Delfín Coscas Soliño, tiña ta- anos, solteiro, fillo de Carmen e que era de regular conduta e que
fuxindo cando o Comandante repe- poradas á causa militar dedúcese mén 22 anos, era natural de San Pe- Francisco, natural e veciño do ba- tomou parte activa no movemento
leu a agresión. que foron asasinados ás 11 da mañá dro da Ramallosa e residía no ba- rrio da Igrexa en San Pedro da Ra- contra o exército, aínda que non é
Dos encartados, catro foron do 29 de decembro de 1936. rrio da Cabreira. Estaba solteiro, mallosa e de profesión labrego foi dirixente pero si voluntario para
condenados a morte, executados o •Gregorio Manuel Miranda de profesión labrego e fillo de José condenado a 15 anos de reclusión. executar os feitos.
29 de decembro de 1936 e soterra- González, de 22 anos, natural do e Pura. Noutra ocasión volveremos so-
do no cemiterio de Pereiró. Imos Porriño, fillo de Gregorio e de Ra- •José Millán Alonso. Era natu- Para os dous fillos de Dolores, bre esta causa polo interese das
hoxe deitar algunha información mona, domiciliado en San Pedro da ral de Tui e residía en Nigrán. Este Manuel e Ángel, a causa foi sobresi- declaracións dalgunhas das teste-
sobre os tres compañeiros de infor- Ramallosa, de profesión mariñeiro canteiro de profesión estaba casa- da. O primeiro tiña 25 anos, estaba muñas, persoeiros de relevo na vi-
tunio de Telmo Freitas. e solteiro. do e tiña 27 anos e era fillo de Pere- solteiro e era mariñeiro. O segun- da social daquel momento.

You might also like