Download as pdf or txt
Download as pdf or txt
You are on page 1of 90

GLOSARIO DE FRASEOLOXÍA E

TERMOS ADMINISTRATIVOS
Glosario de fraseoloxía e termos administrativos

A
É unha das dúas preposicións que excepcionalmente poden introducir un OD. Ten que
ver coa necesidade de non confundir estes cos suxeitos: en realidade os OD que levan
preposición son os máis afíns aos suxeitos (polo tanto, os máis doadamente
confundibles: case sempre se trata de complementos co trazo +humano, característica
dos suxeitos). Concretamente, levan preposición os seguintes OD:
¾ Os pronomes persoais: Búscano a el.
¾ Os nomes de parentesco: Atopei a teu avó.
¾ Os nomes propios (case sempre): Buscan a Darío Fernández.
¾ Co indefinido todo: Buscan a todos.
¾ Na correlación un outro: Un observa a outro.
¾ Nas comparativas: O público quere más aos futboliscas ca aos toureiros.
¾ Tamén pode aparecer en casos en que a alteración da orde normal contribúe á
confusión entre suxeito e OD:
*Os romanos derrotaron os cartaxineses:
Os romanos derrotaron aos cartaxineses.
Ós cartaxineses derrotaron os romanos.
Noutros casos o OD nunca debe levar preposición, por exemplo:
Atopei unha rapaza e non *Atopei a unha rapaza.
Fun visitar uns amigos e non *Fun visitar a uns amigos.
Contrataron moita xente e non *Contrataron a moita xente.
*A ciencia certa
Vid. Con certeza.
A continuación
Expresión galega que significa seguidamente.
*A destaxo
Vid. Ao axuste.
*A efectos de
Vid. Para os efectos de.
*A este fin
Vid. Con este fin.
*A fecha fixa
Vid. Con data fixa.
*A grandes rasgos
Vid. Con poucas palabras.
*Á larga
Vid. A longo prazo.
*A largo plazo
Vid. A longo prazo.
A longo prazo
Expresión galega que significa nun período amplo de tempo.
*A maior brevedade posible
Vid. Canto antes.
*A maneira de
Vid. A xeito de.
*A marxen
Vid. Á marxe.
*A modo
Este adverbio escríbese aglutinado, é dicir xunto: amodo.

Páxina 2
Glosario de fraseoloxía e termos administrativos

Á parte de
Expresión galega que significa sen ter en conta a. Sinónimos: aga, agás, excepto, fóra...
A partir de
Expresión galega que significa tomando como punto de partida aquilo que se di. Recorda
que non se pode empregar o infinitivo conxugado con esta locución prepositiva, polo que
é incorrecta a forma *a partires de.
*A partires de
Vid. A partir de.
*A penas
Este adverbio escríbese aglutinado, é dicir xunto: apenas.
A pesar de
Expresión galega que significa «en contra dalgunha cousa ou opinión». Recorda que non
se pode empregar o infinitivo conxugado con esta locución prepositiva, polo que é
incorrecta a forma *a pesares de. Sinónimos: pese a, malia...
*A pesares de
Vid. A pesar de.
*A postre
Vid. En definitiva.
A prol de
Expresión galega que significa «co fin de conseguir algo». Sinónimos: a favor de, de
cara a...
*A raíz de
Vid. Por mor de.
*A renglón seguido
Vid. A continuación.
A través deste escrito
Expresión galega que comunica a mesma información có castelán por la presente e que
debe empregarse no canto do castelanismo *Pola presente.
*A veces
Vid. Ás veces, por veces.
A xeito de
Expresión galega que significa «do mesmo xeito que».
*Abandoo
A forma galega correcta é abandono.
*Abandoar
A forma galega correcta é abandonar.
Aboamento
Acción ou resultado de aboar. Sinónimo: pagamento.
Aboar
1. Pagar unha cantidade de diñeiro: «Aboei 1000 euros polo permiso da obra».
Sinónimo: pagar...
2. Probar la certeza ou realidade de algo. «Este documento aboa a miña identidade».
Sinónimos: acreditar, garantir...
Debemos ter moito coidado xa que co significado de subscribir(se), especialmente a
unha publicación periódica hai que empregar abonar(se): «Está abonado a ese xornal
polo que o recibe todos os días». Sinónimo: subscribirse...
*Abogacía
En galego esta forma debe escribirse con avogacía.
*Abogado
Esta forma procede do latín ADVOCATUS polo que en galego o debemos grafar con -v-,

Páxina 3
Glosario de fraseoloxía e termos administrativos

avogado.
Abonar(se)
Subscribir(se) especialmente a unha publicación periódica: «Abonou a seu pai ao xornal
Novas de Allariz». Sinónimo: subscribir(se).
Debemos ter moito coidado xa que co significado de pagar unha cantidade de diñeiro
debemos usar aboar.
Abono
1. Acción ou resultado de subscribir(se): «Mañá remata o prazo para o abono do
teatro». Sinónimo: subscrición.
2. Conxunto de entradas ou billetes que se compran conxuntamente e que permiten o
uso dalgún servizo, instalación deportiva, ou a asistencia a unha serie de
espectáculos: «Foi retirar o abono para a Mostra de Teatro de Ribadavia».
3. Documento en que consta o dereito que adquire o que se abona a certa cousa: «A
dirección remitiulle o abono por dous anos á súa publicación».
Debemos ter moito coidado xa que co significado de acción ou resultado de aboar
debemos usar o termo aboamento.
Absterse
1. Privarse dalgunha cousa: «foi moi prudente e abstívose de probar o alcohol durante
todo o xantar». Sinónimo: prescindir.
2. Non votar nunhas eleccións: «Decidiron non absterse nas últimas eleccións».
3. Non intervir, un xuíz ou outro maxistrado, no estudo dunha cousa, para que sexa
outro tribunal quen a analice: «O xuíz abstívose nesta demanda xa que non coñecía
o caso polo miúdo».
Acarear
Denominación galega do concepto que o castelán nomea carear.
1. Pór unha persoa cara a cara para que fagan declaracións particulares sobre
determinados feitos, para poder tirar nova luz sobre estes: «Mañá a xuíza vai
acarear o acusado con varias testemuñas».
2. Confrontar unha cousa con outra. Sinónimo: cotexar, confrontar, comportar,
contrastar...
Acareo
Acto de pór unha persoa cara a cara para que fagan declaracións particulares sobre
determinados feitos, para poder tirar nova luz sobre estes: «Os dous acusados van ser
sometidos a un acareo hoxe pola tarde».
Aceno
Movemento que se fai coas mans, cos ollos, coa cabeza ou con algún obxecto para
indicar algo sen talar. Sinónimo: xesto, sinal...
*Acera
Vid. Beirarrúa
Achegar(se)
1. Poñer ou poñerse unha cousa ou unha persoa a menor distancia doutra:
«Achégame aquí ese documento que non lle chego». Sinónimo: acercar, arrimar...
2. Dar cartos ou outras cousas para axudar a xuntar ou formar algo: «Achegou cen
mil pesetas como pagamento da nosa débeda». Sinónimo: contribuír con.
3. Engadir algún outro material ou obxecto canda a parte principal dun documento:
«Deberá achegar unha fotocopia do DNI». Sinónimo: xuntar.
Acompañar
1. Estar ou ir con outro, facéndolle compañía: «Acompañeino ata a súa casa».
2. Ir unha cousa ligada ou asociada a outra: «As ilustracións acompañan o texto».
3. Asociar unha cousa con outra, facer que vaian xuntas: «Cando fala sempre
acompaña as súas palabras con xestos».
4. Facer ou executar o acompañamento musical: «Ela cantaba, eu acompañábaa ao

Páxina 4
Glosario de fraseoloxía e termos administrativos

piano».
Non é correcto empregalo en estruturas do tipo «acompañar unha cousa a outra»
(«*Acompañarán a factura a este envío») nas que o verbo pasa a significar «enviar
canda». Nestes casos debe ser substituído por achegar ou xuntar.
*Acotar
Vid. Acoutar.
Acoutar
Denominación galega da acción que o castelán nomea acotar. Converter en couto un
terreo ou lugar: «Acoutáronse moitas terras para a caza». Sinónimo: coutar.
Acredor/ra
Denominación galega do concepto que o castelán nomea acreedor/ra.
1. Que ten dereito a pedir o cumprimento dunha obriga, habitualmente o pagamento
dunha débeda: «Tivo unha reunión con varias empresas acredoras para negociar a
débeda». Tamén pode funcionar como substantivo: «Ten que atender as
reclamacións dos seus acredores».
2. Que é digno de algo, que o merece: «Fíxose acredor do recoñecemento de todos
nós polo seu traballo».
Fíxate que como procede do verbo crer é grafado cun só e.
*Acreedor/ra
Vid. Acredor/ra
Acusar
Atribuírlle a alguén un delito, culpa, vicio, etc.: «Acusárono de impedir a aprobación do
financiamento».
*Acuse de recibo
A forma galega correcta é xustificante de recepción.
*Adebedar
Vid. Deber e cargar.
*Ademáis
É palabra aguda que remata en ditongo decrecente, polo que non pode acentuarse:
ademais.
*Adeudar
Vid. Deber e cargar.
*Adiacente
Vid. Adxacente.
Adiar
1. Deixar unha cousa para máis tarde: «Adiouse a presentación do novo salón de
xuntas para mañá». Sinónimo: aprazar, atrasar.
2. Fixar unha data para facer algo: «Entre todos adiaron a data da saída dos novos
orzamentos municipais».
Adicar
É unha forma correcta agora e galego pero recoméndase mellor empregar dedicar.
Adicción
Esta forma mantén o grupo cc.
Adicto
Esta forma mantén o grupo cc.
Dedicado, moi inclinado, apegado; unido ou agregado a outro ou outros para entender
nalgún asunto ou desempeñar algún cargo ou ministerio; drogadicto.
Admitir
1. Deixar que alguén entre nun lugar ou nun grupo: «Admitiron a Xoán no equipo de
goberno». Sinónimo: aceptar.

Páxina 5
Glosario de fraseoloxía e termos administrativos

2. Deixar que algo se realice: «Non se pode admitir que iso volva ocorrer».
Sinónimo: aceptar, permitir.
3. Ter en conta ou aceptar un órgano administrativo ou xurídico unha demanda, unha
petición, etc.
Adquirir o dereito a percibir
Denominación galega da acción que o castelán nomea devengar.
Adscrición
Denominación galega do concepto que o castelán nomea adscripción. Debemos
recordar que todas as palabras procedentes de escritura nos seus termos latino, en
galego non se escriben con p: descrición, inscrición, adscrición...
*Adscripción
Vid. Adscrición.
Adxacente
Denominación galego do concepto que o castelán nomea adyacente, e que debe
empregarse no canto do castelanismo *Adiacente.
*Adxuntar
Este verbo non existe en galego. Para substituílo pódese utilizar xuntar, achegar,
anexar, engadir, etc.
Adxunto/ta
Que está ou que vai unido a outra cousa: «Prégolle que corrixa o documento adxunto».
Este adxectivo debe ter o mesmo xénero e o mesmo número do substantivo que
acompaña, por iso non son correctos empregos nos que se mantén invariable en
masculino singular como «*Adxunto envíolle unha carta que me gustaría que lera».
Afección
1. Alteración no funcionamento dun órgano a causa dunha enfermidade. Sinónimo:
doenza.
2. Gusto ou interese por unha cousa ou por unha actividade.
3. O conxunto formado polos seguidores dun equipo deportivo ou dun espectáculo.
*Afialápices
Vid. Afialapis
Afialapis
Denominación galega do concepto que o castelán nomea afilalápices, e que debe
empregarse no canto do castelanismo *afialápices ou *afilalapis.
*Aficción
Vid. Afección.
*Afilalapis
Vid. Afialapis.
*Afilalápiz
Vid. Afialapis.
Afondar
1. Facer unha cousa máis fonda: «Afondaron o abismo que separa aos dous grupos
políticos». Sinónimo: profundar.
2. Examinar algo, estudalo con detalle para coñecelo mellor: «Hai que afondar neste
tema antes de pasar a asuntos máis importantes». Sinónimo: profundar.
3. Ir parar ao fondo dun fluído: «O coche afondou no río en pouco tempo».
Sinónimo: afundir.
Alargar
Facer que unha cousa sexa máis largo (largo é a dimensión oposta á lonxitude e á altura
nun corpo de tres dimensións: «Un remolque de seis metros de longo, tres de largo e
dous de alto»). Sinónimo: anchear, ensanchar.
Debemos ter coidado co significado de facer que unha cousa sexa máis longa xa que

Páxina 6
Glosario de fraseoloxía e termos administrativos

neste caso debemos usar alongar.


*Albacea
Vid. Testamenteiro.
Albanel
Denominación galega do concepto que o castelán nomea albañil.
*Albañil
Vid. Albanel.
Albará
Denominación galega do concepto que o castelán nomea albarán.
*Albarán
É un castelanismo; a forma correcta en galego é albará.
*Alcantarilla
O concepto que en castelán se denomina alcantarilla en galego denomínase sumidoiro.
*Alcantarillado
O concepto que en castelán se denomina alcantarillado en galego denomínase rede de
sumidoiros.
Aldea
Pequena entidade de poboación, menor cá vila, situada na zona rural e con poucos
veciños.
Alemá
O xentilicio feminino agora é alemá e o masculino alemán.
*Alemana
Vid. Alemá
Alén
Ten o significado de máis alá, do outro lado: «Ata aquí chega a terra, alén esténdese o
océano».
Algún
En galego os indefinidos algún, algunha, algúns e algunhas son incorrectos cando,
por calco do castelán, van pospostos ao substantivo nas oracións negativas. Nunca se
deben utilizar despois da negación. Débense substituír nestes casos polas formas
negativas ningún, ningunha, ningúns e ningunhas:
*Non temos medo algún.. > Non temos medo ningún / non temos ningún medo…
Alleamento
Denominación galega do concepto que o castelán nomea enajenación, e que debe
empregarse no canto do castelanismo *enaxenación. Cesión que unha persoa fai dunha
propiedade, dereito ou de calquera tipo de ben:.«Os herdeiros non deron conseguido o
alleamento dun dereito de pasaxe».
Allear
Denominación galega da acción que o castelán nomea enajenar, e que debe empregarse
no canto do castelanismo *enaxenar. Transferir por doazón, legado, venda ou cesión
unha propiedade, un dereito, un ben, etc. a outra persoa: «Allear un ben inmoble».
*Alomenos
Esta forma é un castelanismo. A forma galega é cando menos ou polo menos.
Alongar
Facer que unha cousa sexa máis longa ou de maior duración: «Alongaron a reunión ata
que remataron».
*Alquilar
Vid. Alugar.
*Alquiler
Vid. Aluguamento.

Páxina 7
Glosario de fraseoloxía e termos administrativos

Alugar
Denominación galega do concepto que o castelán nomea alquilar. Ceder ou tomar unha
cousa por diñeiro durante un tempo determinado: «Alugoulles a casa a uns funcionarios
da Xunta por un ano». Sinónimo: arrendar.
Alugueiro/ra
Persoa que aluga algo e individuo que o aluga. Inquilino.
*Aluguer
Na última modificación do volga esta forma foi eliminada, sendo substituída por
aluguamento.
*Alumado público
Vid. Iluminación pública.
*Alumbrado público
Vid. Iluminación pública.
*Alumbrar
Vid. Alumar, alumear, iluminar.
*Alumeado público
Vid. Iluminación pública.
Amañar
Denominación galega do concepto que o castelán nomea arreglar.
Amaño
Denominación galega do concepto que o castelán nomea arreglo.
Amicto
Esta forma mantén o grupo ct.
Lenzo fino, cadrado e cunha cruz en medio, que o preste, o diácono e o subdiácono se
poñen sobre as costas e sobre os ombreiros para celebrar algúns oficios divinos.
Amoestar
Denominación galega do concepto que o castelán nomea amonestar. Facer unha
advertencia severa ou dirixirlle críticas a unha persoa para corrixila: «O profesor
amoestouno por falar durante o exame». Sinónimo: apercibir, recriminar, reprender.
*Amonestar
Vid. Amoestar.
-an/-á
Os substantivos e adxectivos que acaban en –án forman o feminino en –á, tanto que
procedan dun sufixo –ANU, como que teñan outra orixe etimolóxica. Hai que ter coidado
con estas formas xa que agora se fan deste xeito palabras que antes tiñan outra
terminación: alazán, alazá; aldeán, aldeá; ancián, anciá; artesán, artesá; barregán,
barregá; bosquimán, bosquimá; capitán, capitá; chan, chá; cidadán, cidadá; cirurxián,
cirurxiá; comarcán, comarcá; concidadán, concidadá; cortesán, cortesá; cotián, cotiá;
cristián, cristiá; curmán, curmá; ermitán, ermitá; escribán, escribá; gardián, gardiá; gran
e gra; insán, insá; irmán, irmá; livián, liviá; louzán, louzá; malsán, malsá; marrán,
marrá; musulmán, musulmá; nugallán, nugallá; pagán, pagá; rufián, rufiá; san, sa;
sancristán, sancristá; sultán, sultá; tecelán, tecelá; temperán, temperá; temporán,
temporá; truán, truá; van, va; verán; vilán, vilá…
Este é un dos sufixos produtivos con que conta o galego para a formación de xentilicios.
Seguen este modelo: os referidos ás entidades de poboación non galegas: afgán, afgá;
alemán, alemá; castelán, castelá; catalán, catalá e coimbrán, coimbrá; e, especialmente,
os referidos a entidades de poboación galegas: aresán, aresá; arousán, arousá; arzuán,
arzuá; bergantiñán, bergantiñá; caldelán, caldelá; carnotán, carnotá; compostelán,
compostelá; ferrolán, ferrolá; fisterrán, fisterrá; mariñán, mariñá; muradán, muradá;
muxián, muxiá; ourensán, ourensá; ponteareán, ponteareá; pontecaldelán, pontecaldelá;
redondelán, redondelá; ribeirán, ribeirá; salnesán, salnesá; ullán, ullá; vilagarcián,
vilagarciá.

Páxina 8
Glosario de fraseoloxía e termos administrativos

Tamén temos que recordar que, contra o dito antes, algúns xentilicios galegos poden
conservar a súa forma local –ao / –á: arnoiao, arnoiá; burelao, burelá; courelao,
courelá; caldelao, caldelá (do Castro Caldelas); dezao, dezá; lancarao, lancará; limiao,
limiá; mariñao, mariñá (da Mariña luguesa); masidao, masidá; meirao, meirá; melidao,
melidá; ribeirao, ribeirá (do Ribeiro) etc. Pola mesma razón, admitirase tamén a forma
feminina local –án en casos como unha carnotán, unha fisterrán, unha muradán, etc.
-an/-ana
A terminación –án / –ana aparece nunha serie de nomes, substantivos e adxectivos,
que xeralmente actúan como caracterizadores pexorativos: balandrán, balandrana;
baleigán, baleigana; barbuzán, barbuzana; barrigán, barrigana; barullán, barullana;
bocalán, bocalana; brután, brutana; buleirán, buleirana; burrán, burrana; burricán,
burricana; cabezán, cabezana; cachamoulán, cachamoulana; cachán, cachana; cacholán,
cacholana; cagán, cagana; canelán, canelana; cangallán, cangallana; carallán, carallana;
carcamán, carcamana; carneirán, carneirana; carroulán, carroulana; chalán, chalana;
charlatán, charlatana; cornelán, cornelana; farfallán, farfallana; folán, folana; folgazán,
folgazana; galbán, galbana; guedellán, guedellana; lacazán, lacazana; langrán, langrana;
larpán, larpana; leilán, leilana; lerchán, lerchana; lorán, lorana; lordán, lordana; loubán,
loubana; mentirán, mentirana; orellán, orellana; paduán, paduana; pailán, pailana;
palafustrán, palafustrana; papán, papana; parvallán, parvallana; paspán, paspana;
pastrán, pastrana; pelandrán, pelandrana; pertegán, pertegana; pillabán, pillabana;
porcallán, porcallana; ruán, ruana; tangueleirán, tangueleirana; testalán, testalana;
testán, testana; toleirán, toleirana; vergallán, vergallana; zalapastrán, zalapastrana;
zampallán, zampallana…
Ancho
1. Extenso en anchura, que ten bastante anchura: «Se a mesa non fose tan ancha
non poderiamos facelo». Sinónimo: largo.
2. Que ten moita extensión, que non se cingue e deixa moito espazo libre. «Gústalle
que a roupa lle quede ancha». Sinónimo: amplo, folgado, largo.
3. Cheo de vaidade. «Ía todo ancho, mirándonos de esguello».
4. Anchura. «O cuarto ten tres metros de ancho». Sinónimo: largo.
Debemos fixarnos que ancho é sinónimo de largo.
*Andamio
Esta forma é un castelanismo. A forma galega é estada. Estrutura provisional de
madeira ou metálica, que serve para andar por ela a certa altura en traballos de
construción, reparación ou pintura de edificios, paredes, barcos, etc.: «Os albaneis
puxeron unha estada para amañar a fachada da Catedral».
Andazo
Epidemia benigna.
Anel
1. Pequeno aro que se pon como adorno nos dedos das mans. Sinónimo: sortella.
2. Aro de metal ou doutra materia que se emprega para suxeitar algo. Sinónimo:
argola.
Anfictión
Esta forma mantén o grupo ct.
Cada un dos deputados da anfictionia.
Anfictionia
Esta forma mantén o grupo ct.
Confederación das antigas cidades gregas, para asuntos de interese xeral.
*Anilla
Vid. Anel.
*Anque
Esta forma é un castelanismo. A forma galega é aínda que.

Páxina 9
Glosario de fraseoloxía e termos administrativos

Antigalla
Cousa, noticia, relato, costume, etc., antigos ou, en xeral, aquilo que pasou de moda.
«Parei na feira e merquei unhas cantas antigallas».
Antigo/ga
Denominación galega do concepto que o castelán nomea antiguo.
*Antigualla
Vid. Antigalla.
*Antigüedade
Vid. Antigüidade.
Antigüidade
Denominación galega do concepto que o castelán nomea antigüedad.
*Antiguo/gua
Vid. Antigo/ga.
Antollo
Denominación galega do concepto que o castelán nomea antojo. Desexo de carácter
repentino e non fundamentado na razón, dunha cousa inesperada, innecesaria ou
extravagante: «Os avós cúmprenlle todos os antollos aos netos».
Debemos fixarnos que non é correcta a forma *antoxo.
*Antoxo
Vid. Antollo.
Anunciar
1. Dar noticia dalgunha cousa ou da celebración dalgún tipo de concurso: «Anunciou
que se van ofrecer cinco postos de traballo na próxima publicación».
2. Dar a coñecer algo por indicios de que vai ocorrer: «O timbre anuncia o remate das
clases ata o ano que vén».
Ao axuste
Forma de traballo na que se fixa un prezo pola realización dun determinado labor
independentemente do tempo que se empregue en realízalo.
*Ao detalle
Vid. Polo miúdo.
*Ao dorso
Vid. No dorso
*Ao marxe
Vid. Na marxe.
*Ao por maior
Vid. Por xunto.
*Ao por menor
Vid. Polo miúdo.
*Ao sumo
Vid. Como moito
*Aos efectos de
Vid. Para os efectos de.
Aparato
1. Aquilo que serve para manifestar o uso dunha persoa ou dun acto: «Recibiron o
reitor con moito aparato». Sinónimo: fasto, ostentación, pompa.
2. Obxecto constituído por varias pezas combinadas que realizan un traballo ou unha
función: «Debes mercar un novo aparato para dar aire». Sinónimo: aparello.
3. Conxunto de órganos dos seres vivos encargados de realizar unha función: «Ten
danado o aparato dixestivo». Sinónimo: aparello.
Aparellador/ra

Páxina 10
Glosario de fraseoloxía e termos administrativos

Denominación galega do concepto castelán aparejador/ra, e que debe empregarse no


canto do castelanismo *aparexador.
Aparello
1. Obxecto mecánico ou non, constituído por varias pezas combinadas para executar un
traballo ou realizar unha función: «Vai mercar un aparello novo de televisión»..
Sinónimo: aparato, instrumento.
2. Conxunto de órganos que nos animais e plantas concorren para a realización dunha
determinada función: «Ten moi danado o aparello respiratorio». Sinónimo: aparato.
3. Rede ou conxunto de redes unidas para pescar: «O patrón mandounos arriar o
aparello».
4. Arreos que se lles poñen aos cabalos e a outros animais para montalos ou botarlles
carga: «Púxolle os aparellos ao burro e marchou con moita présa».
5. Conxunto de cousas necesarias para a pesca. «Preparaba os aparellos para saír ao
mar».
6. Conxunto de instrumentos e utensilios necesarios para realizar un determinado
traballo: «Eses son os aparellos dun albanel». Sinónimo: ferramenta.
*Aparexador/ra
Vid. Aparellador/ra.
*Aparte de
Vid. Á parte de.
Apodíctico
Esta forma mantén o grupo ct.
Incondicionalmente certo, necesariamente válido.
*Aportación
Esta forma é un castelanismo; co seu significado en galego podemos usar achega ou
contribución.
Aportar
Chegar un barco a porto.
Co significado de dar cartos ou outras cousas para axudar a xuntar ou formar algo
debemos emprega achegar ou contribuír.
Co significado de engadir algún outro material ou obxecto xunto coa parte principal dun
documento usamos achegar ou xuntar.
Apostila
Denominación galega do concepto que o castelán nomea apostilla. Nota que aclara ou
completa un texto: «Fixo unhas apostilas moi axeitadas á súa famosa novela».
Sinónimo: postila.
*Apostilla
Vid. Apostila.
*Apremio
Esta forma é un castelanismo; a forma correcta en galego é constrinximento ou
prema. Polo tanto *vía de apremio debe ser substituída por vía de constrinximento.
Apuntamento
Denominación galega do concepto que o castelán nomea apunte.
1. Nota escrita breve sobre calquera cousa: «Tiña xa tomados algúns apuntamentos
para a súa próxima publicación».
2. Resumo ou notas que se toman sobre algo que se le, observa ou oe: «Non creo que
che deixe os apuntamentos de lingua».
*Apunte
Vid. Apuntamento.
Aquén
Ten o significado de máis acá, desta parte: «Vive do outro lado da aldea pero o negocio

Páxina 11
Glosario de fraseoloxía e termos administrativos

teno aquén».
*Arcén
Vid. Beiravía.
*Archivo
Vid. Arquivo.
-aría/-ería
Dáselle preferencia á solución tradicional –aría (a non ser en certos galicismos nos que
non é posible), aínda que se admite tamén a solución –ería:
Os substantivos formados con este sufixo referíanse orixinariamente a cousas e:
indicaban o lugar onde se fabricaban, onde se vendían ou onde había abundancia delas.
A forma –aría, maioritaria no galego medieval, era o resultado fonético regular da
correspondente latina terminación latina –ARÍA. Por iso debe dárselle preferencia a esta
solución: armaría, artillaría, bruxaría, camisaría, carnizaría, carpintaría, cervexaría,
cestaría, chancelaría, charlatanaría, chocolataría, enfermaría, enxeñaría, ferraría,
gandaría, infantaría, lavandaría, leprosaría, libraría, moblaría, panadaría, papelaría,
pedraría, peixaría, perfumaría, pradaría, refinaría, reloxaría, tesouraría, tinturaría,
zapataría...
Con esta solución conflúen tamén aqueloutros vocábulos derivados co sufixo –ía sobre
bases en –ario: comisaría, notaría, secretaría, testamentaría, etc., derivados a partir de
comisario, notario, secretario e testamentario, respectivamente.
A solución –ería, documentada tamén no galego medieval, fíxose case xeral no galego
moderno, polo que se admite así mesmo como normativa.
En calquera caso, téñase en conta que algúns galicismos modernos, como batería,
galería, galantería ou mercería presentan unicamente a terminación –ería.
*Armonía
Do latín HARMONIA temos no galego harmonía, conservando o h-.
*Armonioso
En galego esta forma debe escribirse con h-, daquela é harmonioso.
*Armonizar
En galego esta forma debe escribirse con h-, daquela é harmonizar.
Arquivo
Denominación galega do concepto que o castelán nomea archivo.
*Arregrar
Vid. Arranxar, amañar
*Arregro
Vid. Arranxo, amaño
Arranxar
Denominación galega do concepto que o castelán nomea arreglar.
Arranxo
Denominación galega do concepto que o castelán nomea arreglo.
*Asamblea
Vid. Asemblea
Asemade
A un mesmo tempo, á vez: «O profesor falaba e escribía no encerado asemade». Non é
correcto empregalo como sinónimo de «ademais», «así mesmo» ou «tamén» en
exemplos como: «*A asemblea aprobou a proposta por unanimidade; asemade decidiu
que se aplicase de contado».
Asemblea
Denominación galega do concepto que o castelán nomea asamblea. Reunión de persoas
que pertencen a un mesmo grupo ou asociación para tratar sobre asuntos determinados:

Páxina 12
Glosario de fraseoloxía e termos administrativos

«A asociación de veciños tivo unha asemblea onde acordaron esa postura».


Asentamento
1. Acción de asentar ou asentarse: «Procederon ao asentamento do pedestal da
estatua».
2. Feito de se estableceren os colonos en novas terras que se reparten: «Os reis
promoveron os asentamentos nas terras conquistadas ».
3. Lugar onde alguén se establece para vivir: «Atoparon restos dun asentamento
castrexo».
4. Sentido común dunha persoa: «É un home con moito asentamento». Sinónimo:
asento, siso, xuízo.
5. Calquera apuntamento feito nun libro de contabilidade ou de rexistro: Sinónimo:
anotación.
Asento
1. Calquera obxecto ou superficie que se pode utilizar para sentarse: «Este asento de
pedra é algo alto».
2. Lugar que unha persoa ocupa sentada: «Cada un ocupa o seu asento no autobús e
todo resolto». Sinónimo: praza.
3. Sitio onde se asenta algo: «Están preparando o asento para os alicerces do
edificio».
4. Parte de certas cousas por onde estas se asentan sobre unha superficie: «O asento
dunha columna».
5. Depósito de materiais sólidos que se forma no fondo dos recipientes que conteñen
certos líquidos: «Resacou o viño e, logo, limpou o asento que quedaba na cuba».
Sinónimo: borra, pouso.
6. Parada nalgunha actividade. «Non tiven un momento de asento en toda a mañá».
Sinónimo: acougo, repouso.
7. Sentido común. «É considerado un home con moito asento, por iso é tan
respectado». Sinónimo: asentamento, siso, xuízo.
Co significado de «*Calquera apuntamento feito nun libro de contabilidade ou de
rexistro» usamos asentamento.
Así mesmo
Expresión galega que significa tamén, igualmente.
*Asiento
Vid. Asento e asentamento.
*Asignatura
É un castelanismo. En galego debemos usar materia ou disciplina.
*Asimesmo
Vid. Así mesmo.
Asinamento
Acción ou resultado de asinar.
Asinar
Denominación galega do concepto que o castelán nomea firmar. En galego tamén é
correcta a variante firmar.
Aspecto
1. Conxunto de trazos externos que presenta unha cousa ou unha persoa.
2. Asunto que se está tratando ou que se ten en conta. Sinónimo: punto.
Ata
1. Indica termo ou fin ao que se chega no espacio, tempo, acción e cantidade: «Vou
ata a casa». Observacións: non sempre ata pode ser substituída por deica, xa que
esta última sempre precisa o punto de partida.
2. Incluso, mesmo: «É tan simple, que ata un neno o entendería».

Páxina 13
Glosario de fraseoloxía e termos administrativos

Atado
1. Conxunto de cousas atadas.
2. Conxunto de papeis que tratan dun mesmo asunto e que normalmente están
atados. Sinónimo: mazo.
Até
Vid. Ata.
*Aunar
Vid. Unificar.
Automóbil
Todos os derivados de móbil en galego deben ser escritos con b.
*Automóvil
Vid. Automóbil.
Avaliación
Denominación galega da acción que o castelán nomea evaluación. Determinación do
valor dunha cousa: «Fixo unha primeira avaliación dos danos ocasionados polo tornado».
Sinónimo: taxación, valoración.
Avaliar
Denominación galega da acción que o castelán nomea evaluar. Determinar ou
considerar o valor de algo: «Avaliaron as perdas en varios millóns de euros». Sinónimo:
cifrar, estimar, taxar, valorar.
*Avenencia
Vid. Avinza.
*Averiguar
Vid. Indagar e descubrir.
Avinza
1. Resultado do acto de conciliación que conclúe coa conformidade das dúas partes.
Sinónimo: acordo, convenio, pacto.
2. Pacto polo que se contratan os servizos dunha asociación ou dunha persoa a un
prezo fixado previamente. Sinónimo: acordo, convenio, pacto.
Axente
Persoa que actúa como intermediario en certas operacións de compra e venda.
Axuda de custo
Estipendio que se lle dá a un traballador pola realización dun servizo fóra do seu lugar de
residencia.
Axudante de avogado
Denominación galega do concepto que o castelán nomea pasante.
Axuntamento
Acto e efecto de axuntar ou axuntarse persoas ou cousas: «O presidente da comunidade
convocou os veciños para un axuntamento». Sinónimo: reunión.
Co significado de corporación constituída polo alcalde e polos concelleiros que ten ao seu
cargo a administración dun municipio usamos concello.
Co significado de territorio que está baixo a xurisdición desa corporación usamos
concello.
Co significado de edificio en que están as oficinas de goberno dun concello usamos Casa
do concello.
*Bacallao
Vid. Bacallau.
Bacallau
A forma correcta galega é con u final.
Bacharel

Páxina 14
Glosario de fraseoloxía e termos administrativos

Denominación galega do concepto que o castelán nomea bachiller.


Bacharelato
Denominación galega do concepto que o castelán nomea bachillerato.
*Bachiller
Vid. Bacharel.
*Bachillerato
Vid. Bacharelato.
Baleiro/ra
Denominación galega do concepto que o castelán nomea vacío.
Banco
Denominación galega do concepto que o castelán nomea banquillo.
*Banquillo
Vid. Banco, banco dos acusados.
*Banquiño
Vid. Banco, banco dos acusados.
Banzo
Paso dunha escaleira ou dunha escada: «Sobe as escaleiras de tres en tres banzos».
Sinónimo: chanzo.
Barrete
Denominación galega do concepto que o castelán nomea birrete.
*Basar
Vid. Basear.
Basear
Denominación galega da acción que o castelán nomea basar.
1. Facer que unha cousa teña a súa base e o seu fundamento noutra: «Sempre basea
as súas explicacións en exemplos prácticos». Sinónimo: alicerzarse.
2. Tomar unha cousa como base ou fundamento: «En que te baseas para argumentar
iso?». Sinónimo: cimentar(se), fundar(se).
*Bastardiña
A forma correcta é cursiva.
*Basura
A forma correcta é lixo.
Beca
Insignia que empregan algúns colectivos especiais como os maxistrados e os alumnos ou
residentes de certos colexios.
Co significado de axuda económica que unha persoa recibe para desenvolver unha
actividade habitualmente para estudar debe usarse bolsa.
Beirarrúa
Denominación galega do concepto que o castelán nomea acera.
Beiravía
Denominación galega do concepto que o castelán nomea arcén.
-bel/-ble
A solución moderna para as palabras cultas que teñen o sufixo latino –BILIS é –ble ou –
bel (pl. –bles ou –beis). Así temos: amábel, apetecíbel, bebíbel, estábel, indelébel,
indisolúbel, infalíbel, perdurábel, preferíbel, realizábel, solúbel, terríbel, variábel,
xeneralizábel, etc. Ou amable, apetecible, bebible, estable, indeleble, indisoluble,
infalible, perdurable, preferible, realizable, soluble, terrible, variable, xeneralizable, etc.;
Consecuentemente, débese escribir: estabelecer, estabelecemento, restabelecer e
restabelecemento no primeiro caso ou ben … establecer, establecemento, restablecer e
restablecemento, no segundo.

Páxina 15
Glosario de fraseoloxía e termos administrativos

Bens
Cantidade de diñeiro e de propiedades que ten unha persoa. Sinónimo: capital, facenda.
*Birrete
Vid. Barrete.
-ble/-bel
A solución moderna para as palabras cultas que teñen o sufixo latino –BILIS é –ble ou –
bel (pl. –bles ou –beis). Así temos: amable, apetecible, bebible, estable, indeleble,
indisoluble, infalible, perdurable, preferible, realizable, soluble, terrible, variable,
xeneralizable, etc.; ou amábel, apetecíbel, bebíbel, estábel, indelébel, indisolúbel,
infalíbel, perdurábel, preferíbel, realizábel, solúbel, terríbel, variábel, xeneralizábel, etc.
Consecuentemente, débese escribir: establecer, establecemento, restablecer e
restablecemento, no primeiro caso ou ben estabelecer, estabelecemento, restabelecer e
restabelecemento… no segundo.
*Bloc
Vid. Caderno.
Bolsa
Axuda económica que unha persoa recibe para desenvolver unha actividade,
habitualmente para estudar.
Bolsista
Denominación galega do concepto que o castelán nomea bursátil. Relativo á bolsa:
«Tras as vacacións continuaron coas súas operacións bolsistas». Persoa que exerce a súa
profesión na bolsa e que realiza actividades bolsistas: «Había un certo nerviosismo entre
os bolsistas do parqué».
Borrar(se)
1. Facer desaparecer algo escrito ou gravado.
2. Eliminar o nome dunha persoa dun rexistro ou dunha lista. Sinónimo: excluír(se).
Bosquexo
Denominación galega do concepto que o castelán nomea croquis. Debuxo feito só cos
trazos esenciais: «O condutor fixo un bosquexo do enderezo ao quería chegar». Por ext.,
proxecto, obra, etc., que consta só dos elementos esenciais: «Teño na mente un
bosquexo do que quero facer». Sinónimo: esbozo.
Bufarda
Denominación galega do concepto que o castelán nomea claraboya. Sinónimo:
lumieira.
*Bursátil
Vid. Bolsista.
Busca
Denominación galega do concepto que o castelán nomea búsqueda.
*Búsqueda
A forma galega correcta é busca.
*Buzón
A forma correcta é caixa do correo.
Cabeceira
1. Parte da primeira páxina dun xornal onde figuran o seu nome a data e outras
informacións.
2. Nome, enderezo ou título dunha persoa ou entidade que vai impreso na parte
superior do sobre ou papel que se emprega para a correspondencia.
Cadeirado
Conxunto de cadeiras que forman unha unidade, especialmente as dos coros das igrexas.
Caderno
Denominación galega do concepto que o castelán nomea libreta. Sinónimo: bloc.

Páxina 16
Glosario de fraseoloxía e termos administrativos

Cadro de persoal
Conxunto de persoas que traballan nunha empresa. Emprégase pola forma castelá
plantilla e non son correctas formas como *plantel.
Caixa do correo
Denominación galega do concepto que o castelán nomea buzón.
Calcapapeis
Denominación galega do concepto que o castelán nomea pisapapeles, e que debe
empregarse no canto do castelanismo *Pisapapeis.
*Calexón
Vid. Canella, canellón.
Calidade
1. Cada un dos trazos que caracterizan unha cousa ou unha persoa e que no caso
desta última tenden a ser positivos.
2. Propiedade ou maneira de ser dunha cousa pola que ten ou se lle outorga un
determinado valor.
Xunta os valores dos substantivos castelán cualidad e calidad.
*Calificar
Esta forma é un castelanismo, a forma galega correcta é cualificar.
*Calqueira
A forma galega correcta é calquera.
*Calquer
A forma galega correcta é calquera.
*Canciller
Vid. Chanceler.
Canella
1. Camiño estreito e fondo entre elevacións do terreo, paso entre montañas:
«Atravesou a serra por uns canellóns».
2. Rúa ou camiño moi estreito entre valos ou casas: «Metéronse por unha canella
escura que non tiña saída».
Canellón
1. Camiño estreito e fondo entre elevacións do terreo, paso entre montañas:
«Atravesou a serra por uns canellóns».
2. Rúa ou camiño moi estreito entre valos ou casas: «Metéronse por unha canella
escura que non tiña saída».
*Canónigo/ga
Vid. Cóengo/ga.
Cantería
1. Arte e técnica de labrar a pedra para empregala na construción.
2. Esa pedra unha vez labrada.
Canto antes
Expresión galega que significa no prazo máis breve posible. Coa maior brevidade, o
máis axiña posible.
*Canxear
Vid. Trocar.
Capacitación
Acción ou resultado de capacitar. Grao de formación que posúe unha persoa.
Capitá
Esta é a nova forma do feminino do masculino correspondente capitán.
*Capitana
Vid. Capitá.

Páxina 17
Glosario de fraseoloxía e termos administrativos

*Carátula
Vid. Cuberta.
*Carear
Vid. Acarear.
Cargar
1. Poñer cousas sobre unha persoa un animal ou un vehículo para transportalas.
2. Anotar unha cantidade de cartos no debe dunha conta bancaria.
*Carilla
Vid. Páxina.
Carta de recepción
Denominación galega do concepto que o castelán nomea recibí, e que debe empregarse
no canto do castelanismo *Recibín.
*Casa consistorial
Vid. Casa do concello.
Casa do concello
Edificio en que están as oficinas de goberno dun concello.
Casa
1. Edificio para habitar.
2. Cada un dos cadros que posúen os taboleiros de certos xogos. Non existe a forma
casiña a non ser que nos refiramos a unha casa pequena.
*Casco urbano
Vid. Núcleo urbano.
*Casco vello
Vid. Zona vella.
*Casilla
Vid. Casa, recadro ou compartimento.
*Casilleiro
Vid. Clasificador.
Caudal
Cantidade de auga dunha corrente ou dun manancial.
Debemos ter coidado xa que co significado de cantidade de diñeiro usamos en galego
bens.
*Cautelar
Vid. Preventivo/va.
Cella
Denominación galega do concepto que o castelán nomea ceja.
*Censal
Vid. Censual.
Censual
Denominación galega do concepto que o castelán nomea censal.
Cerramento
Denominación galega do concepto que o castelán nomea cierre e que debe empregarse
no canto do castelanismo *Cerre. Sinónimo: peche.
*Cerre
Vid. Cerramento.
Cesamento
Denominación galega do concepto que o castelán nomea cese.
Cesar
Deixar unha persoa un cargo por vontade propia: «O profesor cesou como director do

Páxina 18
Glosario de fraseoloxía e termos administrativos

centro».
Co significado de expulsar unha persoa dun cargo ou dun posto usamos destituír.
En galego só ten valor intransitivo.
*Cese
Vid. Cesamento.
*Cexa
Vid. Cella.
Chan, chá
1. Dise do terreo que non ten desniveis.
2. Sinxelo ou natural, se facemos referencia a concepto como o estilo, o carácter etc.
3. Superficie sobre a que se anda.
4. Parte exterior da codia terrestre. Sinónimo: solo.
Chanceler
Denominación galega do concepto que o castelán nomea canciller.
Chanzo
Paso dunha escaleira ou dunha escada: «Sobe as escaleiras de tres en tres banzos».
Sinónimo: banzo.
*Chapeo
Vid. Chapeu.
Chapeu
A forma correcta galega é con u final.
Peza de vestir para cubrir a cabeza, que consta de copa e abas no caso dos homes e
pode ter formas moi diversas no caso das mulleres. Sinónimo: sombreiro.
Cidade
Denominación galega do concepto que o castelán nomea ciudad, e que debe empregarse
no canto do castelanismo *cidade.
*Ciudade
Vid. Cidade.
Clasificador
Obxecto ou moble formado por varios espazos separados que permiten gardar cousas de
xeito ordenado.
Club
É a forma correcta en galego.
*Clube
Mantense o préstamo club sen adaptar. O plural de club é clubs.
Co fin de
Expresión galega que indica a finalidade con que se fai algo. Sinónimo: para, co obxecto
de, para os efectos de.
Cobiza
Desexo moi forte dunha cousa: «Cobiza de riquezas». Sinónimo: apetencia, afán,
ambición, anhelo, ansia, devezo.
Cóengo/ga
Denominación galega do concepto que o castelán nomea canónigo/ga.
*Cofeito
Vid. Suborno.
*Coiuntura
Vid. Conxuntura.
*Colindar
Vid. Estremar.

Páxina 19
Glosario de fraseoloxía e termos administrativos

Comenzar
Na actualidade esta forma tamén é correcta ao pé de comezar que é a recomendada no
seu uso.
Comigo
Denominación galega do concepto que o castelán nomea conmigo.
Forma que adopta o pronome de primeira persoa min cando vai precedido da preposición
con: «Vés comigo ao cine?».
*Comillas
Vid. Comiñas.
Comiñas
Denominación galega do concepto que o castelán nomea comillas. Signo ortográfico
formado por unha ou dúas comas elevadas sobre o nivel das letras, situadas ao principio
e ao final dunha porción de texto, que se emprega para delimitar unha parte dun texto
que foi tomada doutro ou dun discurso oral, para indicar que unha palabra ou frase ten
un significado distinto do normal, etc.
Como moito
Expresión galega que significa límite máximo a que chega ou se cre que pode chegar
unha cousa.
Comparecer
Estar unha persoa nun lugar especialmente nun xulgado ou nunha unidade administrativa
no día e na hora en que foi citado: «A testemuña non compareceu no xuízo». Sinónimo:
presentarse.
Compartimento
Cada un dos espazos separados que teñen algúns obxectos pensados para gardar
ordenadamente cousas ou persoas.
Comportar
Denominación galega da acción que o castelán nomea conllevar. Sinónimo: levar
consigo, supor, implicar.
Comunicado
Conxunto de información homoxénea que se lle transmite ao público por calquera
sistema.
Comunidade
1. Característica do que é ou se dá en común.
2. Grupo social ou político formado por membros que posúen uns intereses comúns.
3. Conxunto de membros dunha orde relixiosa que viven en común nun mesmo
convenio.
*Con arreglo a
Esta expresión é un castelanismo; en galego cómpre utilizar segundo.
Con base en
Expresión galega que significa tomando como fundamento. Sinónimo: baseándose en.
Con certeza
Expresión galega que significa sen dúbida ningunha, de certo, seguro.
*Con creces
Vid. De sobra.
Con data fixa
Expresión galega que significa un día determinado.
Con este fin
Expresión galega que significa para esta finalidade, con este obxecto, para isto.
Con poucas palabras
Expresión galega que significa sen entrar en detalles, a grandes trazos, sucintamente, en
xeral.

Páxina 20
Glosario de fraseoloxía e termos administrativos

*Concellal/la
Vid. Concelleiro/ra.
Concelleiro/ra
Denominación galega do cargo que o castelán nomea concejal/la, e que debe
empregarse no canto do castelanismo *Concellal/la.
Concellaría
Vid. Concellería.
Concellería
Denominación galega do cargo que o castelán nomea concejalía.
Concello
1. Corporación constituída polo alcalde e polos concelleiros que ten ao seu cargo a
administración dun municipio.
2. Territorio que está baixo a xurisdición desa corporación.
*Concexal/la
Vid. Concelleiro/ra.
Conciso/sa
Denominación galega do concepto que o castelán nomea escueto/ta. Tamén pode
empregarse sucinto/ta.
Concorrer
Denominación galega da acción que o castelán nomea concurrir.
*Concurrir
Vid. Concorrer.
*Condea
Vid. Condena.
*Condear
Vid. Condenar.
Condena
A forma correcta en galego é con n.
Condenar
A forma correcta en galego é con n.
*Conforme
En galego as expresións correctas son de acordo con, consonte ou segundo.
*Conlevar
Vid. Comportar.
*Conmigo
Vid. Comigo.
*Conquerir
Vid. Conseguir e conquistar.
Conquistar
Chegar a posuír certa cousa por medio do esforzo ou da guerra: «Os irmandiños
conquistaron a fortaleza da Rocha».
Conseguir
Chegar a ter ou a facer o que se pretende ou desexa: «Conseguiu o posto polo que tanto
pelexou». Sinónimo: acadar, lograr.
Considerar(se)
1. Examinar algo valorando os seus aspectos positivos e negativos: «Comprometeuse
a considerar a proposta dos estudantes antes de emitir un xuízo». Sinónimo: ter
en conta.
2. Atribuírlle a algo ou a alguén unha determinada calidade: «Considérase un dos

Páxina 21
Glosario de fraseoloxía e termos administrativos

mellores expertos na materia xudicial».


Constar
1. Saber algo con seguridade: «Cónstame que todo iso que dis é falso».
2. Estar algo formado por cousas que se indican: «Este libro só consta de dez
capítulos».
3. Estar algo escrito nun sitio determinado: «Esas ofensas non deberán constar na
acta da reunión».
*Construcción
Os grupos cultos ct e cc mantéñense nos vocábulos cando os preceden as vogais a, e, o,
pero suprímese a primeira consoante cando os preceden as vogais i e u. Daquela
debemos escribir construción.
*Contenedor
O recipiente onde se deposita o lixo denomínase en galego colector do lixo ou contedor.
Contedor
O recipiente onde se deposita o lixo denomínase en galego colector do lixo ou contedor.
Contía
Cantidade total que se debe pagar por algo. Sinónimo: importe.
Contribuír
Dar cartos ou outras cousas para axudar a xuntar ou formar algo: «Contribuíu con mil
euros ao pagamento da débeda». Sinónimo: achegar.
*Convalidación
Vid. Validación
*Convalidar
Vid. Validar
Convicción
Esta forma mantén o grupo cc.
Convicto
Esta forma mantén o grupo ct.
Dise do reo a quen legalmente se lle probou o seu delito, aínda que non o confesara.
Cónxugal
Denominación galega do concepto que o castelán nomea e conyugal. Relativo aos
cónxuxes e ao matrimonio. Sinónimo: matrimonial.
*Cónxuge
Vid. Cónxuxe
Conxuntura
Denominación galega do concepto que o castelán nomea e coyuntura e que debe
empregarse no canto dos castelanismos *Coiuntura e *coxuntura. Situación ou estado
de cousas que resulta da coincidencia máis ou menos casual de diferentes circunstancias
variables. «Estamos nunha conxuntura pouco favorable para superar a presente crise».
Sinónimo: ocasión.
*Cónxuxal
Vid. Conxugal.
Cónxuxe
Denominación galega do concepto que o castelán nomea cónyuge e que debe
empregarse no canto do castelanismo *Cónxuge.
Corredor/ra
1. Que corre.
2. Paso máis ou menos estreito e longo que comunica os distintos cuartos dunha casa.
Co significado de persoa que actúa como intermediario en certas operacións de compra e
venda debe empregarse axente

Páxina 22
Glosario de fraseoloxía e termos administrativos

Correspondente
1. Que corresponde.
2. Xornalista enviado por un medio de comunicación a outro núcleo de poboación ou
ao estranxeiro para que informe do que alí ocorre.
Debemos fixarnos que non existe a forma *corresponsal.
*Corresponsal
Vid. Correspondente.
*Correxir
Vid. Corrixir.
Corrixir
Denominación galega da acción que o castelán nomea corregir, e que debe empregarse
no canto do castelanismo *correxir.
*Costar
Vid. Custar.
Costas
Parte de atrás do corpo das persoas entre os ombros e a cintura e do lombo dos animais.
Co significado de gastos ocasionados por unha acción especialmente os producidos pola
administración de xustiza debe usarse custas.
*Coste
Vid. Custo.
Cota
1. Cantidade de diñeiro que paga cadaquén por un servizo común ou por pertencer a
unha asociación.
2. Parte dun todo que lle corresponde a cada un dun grupo.
*Coxuntura
Vid. Conxuntura.
Crebafolgas
Denominación galega do concepto que o castelán nomea esquirol. Tamén se pode
empregar en galego a forma esquirol.
Crédito
1. Operación pola que unha entidade ou unha persoa lle presta a outra unha cantidade
de diñeiro que se devolverá con xuros nun prazo fixado.
2. Cantidade de diñeiro que se presta.
Co significado de consideración ou confianza de que goza unha persoa polas súas boas
calidades debe usarse creto.
Creto
Consideración ou confianza de que goza unha persoa polas súas boas calidades.
*Croquis
Esta forma é un castelanismo; formas correctas galegas son bosquexo ou esbozo.
*Cuádruple
Vid. Cuádruplo.
Cuádruplo
A forma correcta galega é con o final.
*Cualidade
A forma correcta é calidade.
Cualificación
1. Acción ou resultado de cualificar.
2. Grao de formación que posúe unha persoa.
Cualificar

Páxina 23
Glosario de fraseoloxía e termos administrativos

1. Atribuírlle a alguén ou algo unha determinada calidade ou característica:


«Cualificou o exame de insuficiente».
2. Establecer o grao de perfección ou de calidade de algo segundo unha escala dada:
«Non cualificarán os exames ata o mes que vén».
*Cuantía
Esta forma é un castelanismo, a forma galega correcta é contía.
Cuberta
Portada introdutoria dun disco ou doutro tipo de documentos (informes, envíos por fax).
Cubrir
1. Pór ou estar unha cousa sobre outra de modo que a oculta ou a protexa: «O tapiz
cubría toda a parede».
2. Incluír información nos espazos baldeiros dun formulario: «Cubra esta folla cos
seus datos». Sinónimo: encher.
Cumprimentar
Recibir ou saudar con cortesía a alguén: «O reitor cumprimentou ao presidente do
Parlamento Galego».
Co significado de incluír información nos espazos baldeiros dun formulario debe usarse
cubrir.
Cuño
1. Instrumento con figuras ou debuxos gravados que se imprimen en moedas, sobres
de correspondencia e outras cousas.
2. Sinal ou marca feita con tinta ou en relevo, que deixa este instrumento.
3. Característica propia de algo ou de alguén que o distingue dos demais.
*Cuota
Esta forma é un castelanismo, a forma galega correcta é cota.
*Cupo
Esta forma é un castelanismo, a forma galega correcta é cota.
Currículo
Denominación galega do concepto que o castelán nomea currículum.
*Currículum
Esta forma é un castelanismo, a forma galega correcta é currículo.
*Cursillo
Vid. Curso.
*Cursiño
Vid. Curso.
Cursiva
Denominación galega para o tipo de letra que o castelán nomea bastardilla ou cursiva,
e que debe empregarse no canto do castelanismo *bastardiña.
Curso
Denominación galega do concepto que o castelán nomea cursillo, e que debe
empregarse no canto do castelanismo *cursiño.
Custar
Denominación galega da acción que o castelán nomea costar.
Custas
Gastos ocasionados por unha acción especialmente os producidos pola administración de
xustiza.
Custo
Denominación galega do concepto que o castelán nomea coste.
Dar a alta
Declarar un médico que un enfermo está curado.

Páxina 24
Glosario de fraseoloxía e termos administrativos

Dar a baixa
Declarar un médico que unha persoa posúe unha enfermidade que lle impide acudir ao
seu traballo.
*Daño
En galego debe dicirse dano.
Danos e perdas
Denominación galega do concepto que o castelán nomea daños y perjuicios, e que
debe empregarse no canto do castelanismo *danos e prexuízos.
*Danos e prexuízos
Vid. Danos e perdas.
Dar coñecemento
Denominación galega da acción que o castelán nomea poner en conocimiento, e que
debe empregarse no canto do castelanismo *poñer en coñecemento.
*Dar(se) de alta
Vid. Dar a alta.
Vid. Inscribir(se).
*Dar(se) de baixa
Vid. Dar a baixa.
Vid. Borrar(se).
Data
Denominación galega do concepto que o castelán nomea fecha.
Datación
Debemos fixarnos na maneira en que aparecen localizados e datados os documentos:
*En Santiago de Composela, a dezasete de novembro de dous mil dous.
Lembremos que as datas fóra do corpo do texto adoitan levar o día e o mes expresados
en cifras. Ademais, nin o lugar nin o día deben ir precedidos de preposición, polo que a
forma correcta de datación sería:
Santiago de Compostela, 17 de novembro de 2002.
Tamén na expresión: *Dado en Bóveda a vintenove de xullo, substituímos a preposición
a polo artigo que acompañaría a palabra día:
Dado en Bóveda o 29 de xullo
*De contado
Este adverbio escríbese aglutinado, é dicir xunto: decontado.
*De cotío
Este adverbio escríbese aglutinado, é dicir xunto: decotío.
De ningún xeito
Expresión galega que significa de ningunha maneira.
*De seguida
Este adverbio escríbese aglutinado, é dicir xunto: deseguida.
De sobra
Expresión galega que significa máis do que se agardaba, por demais.
*De vagar
Este adverbio escríbese aglutinado, é dicir xunto: devagar.
Debater
Denominación galega da acción que o castelán nomea debatir.
*Debatir
Vid. Debater.
Débeda
Denominación galega do concepto que o castelán nomea deuda.

Páxina 25
Glosario de fraseoloxía e termos administrativos

Deber
1. Ter unha obriga: «Debo explicarlle todo o que ocorreu».
2. Ter unha débeda: «A empresa débelles tres meses de salario».
Decatarse
Tomar conciencia de algo: «Non me decatei do que pasou ata ben entrada a tarde».
Sinónimo: darse conta.
Decidir
1. Dar unha solución definitiva: «O voto do presidente decidiu a cuestión». Sinónimo:
solucionar.
2. Tomar unha decisión.
Decisión
1. Elección que se fai entre varias posibilidades despois de pensalo un tempo:
«Tomamos a decisión equivocada nese proxecto».
2. Resolución que toma un xuíz ou o xurado dun premio: «A decisión do xurado é
inapelable».
Dedicar
Denominación galega do concepto que o castelán nomea dedicar, e que é preferible
empregar no canto da outra forma galega adicar.
Deíctico
Esta forma mantén o grupo ct.
Pertencente ou relativo á deixe.
*Deixación
Vid. Renuncia e desistimento.
*Delictivo/va
Vid. Delituoso/sa.
*Delicto
En galego debe dicirse delito.
Delituoso/sa
Denominación galega do concepto que o castelán nomea delictivo/va.
Que constitúe un delito: «Atribúenselle diversos actos delituosos».
*Demisión
Vid. Dimisión.
*Demitir
Vid. Dimitir.
Depositar
1. Poñer algo nun sitio: «Depositou o cartafol enriba da mesa».
2. Dirixir cara a unha persoa ou unha cousa un sentimento como esperanza, ilusión,
confianza etc.: «Depositaron no novo decano as súas expectativas de mellora».
3. Colocar cartos a crédito ou a depósito: «Depositou un millón na caixa de aforros».
Sinónimo: colocar.
Depósito
1. Lugar ou recipiente onde se deposita algo.
2. Acción ou resultado de depositar.
3. Cantidade de cartos que se coloca nun banco dunha vez.
Depreciar
Denominación galega da acción que o castelán nomea devaluar.
1. Facer diminuír o valor ou prezo dunha cousa: «O Goberno acordou depreciar a
moeda».
2. Perder prezo ou valor unha cousa no mercado: «A peseta depreciouse con respecto

Páxina 26
Glosario de fraseoloxía e termos administrativos

ao marco alemán».
Deputación
Denominación galega da institución que o castelán nomea diputación.
Deputado/da
Denominación galega do cargo que o castelán nomea diputado/da.
Derogar
Forma correcta en galego ao mesmo tempo que derrogar. De todos os xeitos é
recomendábel o emprego de derrogar no canto de derogar.
Deixar sen validez unha lei ou unha parte dela mediante outra lei, un decreto, unha
disposición, etc.: «Esixen que se derrogue a lei que, segundo eles, prexudica o seu
sector».
Derregar
1. Abrir sucos nunha terra de cultivo, en particular para botar o trigo, centeo, etc.: «El
derregaba a leira co arado e os outros sementaban». Sinónimo: sucar.
2. Trazar os lindes dun terreo mediante un suco: «Foron el e o veciño derregar o
monte». Sinónimo: estremar.
3. Abrir ou limpar os regos nun terreo para regar. «Anda na cortiña derregando a
terra para levarlles a auga aos pementos».
Derrogar
Denominación galega da acción que o castelán nomea derogar. En galego tamén se di
derogar pero é recomendábel o uso de derrogar no canto de derogar.
Deixar sen validez unha lei ou unha parte dela mediante outra lei, un decreto, unha
disposición, etc.: «Esixen que se derrogue a lei que, segundo eles, prexudica o seu
sector».
Desafiuzar
Denominación galega da acción que o castelán nomea desahuciar.
1. Obrigar a alguén a abandonar unha propiedade que tomou en arrendo, en
particular por orde do xuíz: «Os inquilinos que desafiuzaron néganse a desocupa-
las vivendas».
2. Declarar un médico a un enfermo que a súa enfermidade é incurable e que non vai
sobrevivir: «Xa o desafiuzaran e aquela melloría fíxolle concibir esperanzas».
Desagregar
Denominación galega da acción que o castelán nomea desglosar.
*Desahuciar
Vid. Desafiuzar.
*Desarrollar(se)
En galego debe dicirse desenvolver(se) ou desenrolarse, segundo os casos.
Descubrir
1. Sacar un obxecto que cubría algo: «Descubriron a maqueta do edificio».
2. Atopar algo que estaba oculto ou que era descoñecido: «A auditoría non descubriu
irregularidades nas contas».
Descrición
Denominación galega dos conceptos que o castelán nomea descripción. Debemos
fixarnos xa que todas as formas procedentes de escritura en galego perden o p.
*Descripción
Vid. Descrición.
Desenrolar(se)
O significado deste verbo en galego é só o de «desfacer ou desenvolver un rolo».
1. Borrar do rol: «Desenrolaron cinco mariñeiros».
2. Estirar algo que estaba dobrado ou encollido en forma de rolo: «Desenrolou as
cartolinas para mostrar as ilustracións».

Páxina 27
Glosario de fraseoloxía e termos administrativos

3. Deixar de estar enrolado ou envolto algo: «Desenrolouse o fío do carrete».


Sinónimo: desenroscar(se), desenvolver(se).
Co significado de facer que algo pase ou pasar algo dun estado a outro máis perfecto que
teña maior actividade ou adquira importancia, debemos usar desenvolver.
Desenvolver(se)
1. Quitarlle o envoltorio a unha cousa: «Desenvolver un regalo».
2. Facer que algo deixe de estar envolto ou enrolado, desfacer un rolo: «Desenvolve-
lo fío». Sinónimo: desenrolar, desenroscar.
3. Facer que algo pase dun estado a outro máis perfecto, teña maior actividade,
adquira maior importancia: «Están intentando desenvolver a industria do país».
4. Deixar algo de estar envolto ou enrolado, desfacerse un rolo: «Desenvolveuse o fío
do nobelo».
5. Obrar dunha maneira determinada nun asunto que pode ter dificultade:
«Desenvólvese ben como actor dramático». Sinónimo: defenderse, manexarse.
6. Ter lugar un suceso dun modo ou nun lugar determinado: «O proxecto
desenvólvese conforme o previsto». Sinónimo: transcorrer, localizarse, ocorrer,
situarse, suceder.
7. Pasar algo dun estado a outro máis perfecto, ter maior actividade, adquirir maior
importancia: «As nacións pobres tardan en desenvolverse». Observacións: ten
dous participios: desenvolvido e desenvolto.
Deseñador
Denominación galega do concepto que o castelán nomea diseñador.
Deseñar
Denominación galega do concepto que o castelán nomea diseñar.
Desfeito/ta
1. Que alguén desfixo, ou que se desfixo.
2. Moi triste ou moi canso.
Co significado de cousa que queda como resto ou desperdicio dun traballo debemos usar
refugallo.
*Desfroitar
Este verbo non existe en galego. Debemos empregar, preferibelmente, gozar ou
desfrutar, aínda que neste non é a recomendábel.
*Desfroite
Esta forma non existe en galego. Debemos empregar, preferibelmente, gozo ou
desfrute, aínda que esta non é a recomendábel.
Desfrutar
Este verbo agora é considerado como correcto pero é recomendábel o emprego de
gozar.
Desfrute
Esta forma agora é considerada como correcta pero é recomendábel o emprego de gozo.
*Desglosar
É un castelanismo; con ese significado temos en galego desagregar.
Desistimento
Acción ou resultado de retirarse dun preito unha das dúas partes en litixio.
Despacho de entradas
Denominación galega do concepto que o castelán nomea taquilla.
Despedimento
Acción de despedir ou botar a alguén dun traballo ou emprego. Sinónimo: despido.
*Desperfecto
Vid. Estrago.
Despido

Páxina 28
Glosario de fraseoloxía e termos administrativos

Acción de despedir ou botar a alguén dun traballo ou emprego. Sinónimo:


despedimento.
Destituír
Expulsar unha persoa dun cargo ou dun posto.
*Detentar
Vid. Deter.
Deter
1. Facer que deixe de moverse ou de avanzar algo ou alguén: «Detivo o coche de
súpeto». Sinónimo: parar.
2. Interromper o desenvolvemento ou o curso dunha acción: «A fábrica detivo a súa
produción por un exceso de oferta». Sinónimo: parar.
3. Coller unha persoa da que se presume que cometeu un delito: «Detivo o intruso na
sala de reunións». Sinónimo: apresar, prender.
4. Reter alguén sen ningún dereito algo que non lle pertence lexitimamente: «Detén o
cargo de secretario dende hai un ano».
5. Deixar algo ou alguén de moverse ou avanzar: «O tren detívose uns minutos na
estación». Sinónimo: parar.
6. Deixar de desenvolverse, non seguir o seu curso unha acción: «A riada detívose a
escasos metros da casa». Sinónimo: parar.
Deterioración
Denominación galega do concepto que o castelán nomea deterioro.
Acción e efecto de pór unha cousa en mal estado, alterar o bo estado ou a boa marcha
de algo ou botarse a perder ou pórse en mal estado algo: «As instalacións atópanse nun
estado de grave deterioración».
*Deterioro
Vid. Deterioración
*Deuda
Vid. Débeda.
*Devaluar
Vid. Depreciar.
Devandito
Cando dito (ditas, ditos, ditas) se emprega como un adxectivo con valor anafórico
(referido a algo ou a alguén que se citou antes ou que se dixo con anterioridade) ten que
ir precedido obrigatoriamente de artigo e debe ser substituído polas formas: o
devandito, o antedito ou este
*Segundo o convenio colectivo ditos empregados terán dereito a que se lles reserven
tres prazas para a promoción interna... > Segundo o convenio colectivo os devanditos
(os anteditos, estes) empregados terán dereito a que se lles reserven tres prazas
para a promoción interna...
*Devengar
Este verbo só existe en castelán; en galego cómpre utilizar fórmulas do estilo adquirir o
dereito a percibir, reportar.
*Devengo
Esta forma só existe en castelán; en galego cómpre utilizar a fórmula adquisición do
dereito a percibir.
Dexenerado
1. Que dexenerou, que perdeu as calidades primitivas: «Razas dexeneradas».
2. Que se comporta dun xeito anormal e socialmente condenado, contra as regras da
moral: «Un individuo dexenerado». Sinónimo: pervertido.
Debemos fixarnos que non existe a forma *dexerado.
*Día de autos

Páxina 29
Glosario de fraseoloxía e termos administrativos

Vid. Día dos feitos.


Día dos feitos
Denominación galega do concepto que o castelán nomea día de autos.
Dicción
Esta forma mantén o grupo cc.
*Diccionario
A forma correcta en galego escríbese cun só c, dicionario.
Dicionario
A forma correcta en galego escríbese cun só c.
Dicterio
Esta forma mantén o grupo ct.
Dito denigrativo que insulta e provoca.
Ditame
Denominación galega do concepto que o castelán nomea dictamen. A forma correcta en
galego escríbese cun só c e sen n final.
*Dictame
Vid. Ditame.
*Dictamen
Vid. Ditame.
Dieta
1. Conxunto de alimentos que unha persoa ou animal necesita consumir para manter
a vida e a saúde: «A dieta dunha persoa adulta é moi variada».
2. Réxime alimenticio seguido por un ou varios individuos: «Dieta vexetariana. A dieta
musulmá».
3. Regulación da inxestión de alimentos como medida hixiénica ou terapéutica:
«Necesita perder peso e segue unha dieta».
4. Privación temporal de calquera clase de alimentos, xeralmente con fins
terapéuticos: «Pór un enfermo a dieta».
Debemos fixarnos xa que esta forma só ten o significado de réxime alimenticio especial
caracterizado pola supresión total ou parcial de alimentos que se lle manda gardar a
certas persoas, co significado de estipendio que se lle dá a un traballador pola realización
dun servizo fóra do seu lugar de residencia debe usarse axuda de custo.
*Diferencia
Nesta palabra o galego conserva a solución patrimonial en –za: diferenza. Tamén en
indeferenza. Non obstante o verbo é diferenciar.
Diminución
Denominación galega do concepto que o castelán nomea disminución. A forma correcta
en galego escríbese sen o s.
Diminuír
Denominación galega do concepto que o castelán nomea disminuir. A forma correcta en
galego escríbese sen o s.
Dimitir
Deixar de ocupar certo cargo ou posto: «O ministro dimitiu». Sinónimo: cesar.
*Diptongar
Vid. Ditongar.
Ditongar
Denominación galega dos conceptos que o castelán nomea diptongar. A forma correcta
en galego escríbese sen o p.
*Diptongo
Vid. Ditongo. A forma correcta en galego escríbese sen o p.

Páxina 30
Glosario de fraseoloxía e termos administrativos

*Disminución
Vid. Diminución. A forma correcta en galego escríbese sen o s.
*Disminuír
Vid. Diminuír. A forma correcta en galego escríbese sen o s.
Dito
En galego esta forma é o participio do verbo dicir: «Iso xa foi dito naquela xuntanza» ou
a frase feita que encerra unha idea ou concepto tomados da experiencia: «Un dito
popular».
Nos outros contextos debemos usar devandito, mencionado, antedito.
Ditongo
Denominación galega dos conceptos que o castelán nomea diptongo. A forma correcta
en galego escríbese sen o p.
*Descripción
Vid. Descrición. A forma correcta en galego escríbese sen o p.
*Diputación
Vid. Deputación.
*Diputado/da
Vid. Deputado/da.
Dirección
1. Acción ou resultado de dirixir.
2. Lugar cara a onde vai ou apunta unha cousa ou unha persoa.
3. Conxunto de persoas que dirixe unha empresa ou un colectivo. Sinónimo:
directiva.
Co significado de datos que indican o lugar onde vive unha persoa ou está situada
algunha cousa debe usarse enderezo.
Directiva
Conxunto de persoas que dirixen unha empresa ou un colectivo. Sinónimo: dirección.
Co significado de norma ou regra que se debe seguir debe usarse directriz.
Directriz
1. Principio ou liña concreta que se segue no desenvolvemento, organización, etc.,
dunha cousa: «Nestes puntos resúmense as directrices da campaña contra o
consumo de tabaco».
2. Liña curva sobre a que se apoia a xeratriz: «A xeratriz ao xirar forma superficies
cónicas ou cilíndricas ao apoiarse na directriz».
Disciplina
1. Rama do coñecemento que se estuda ou se ensina no sistema educativo.
Sinónimo: materia.
2. Cada unha das partes de duración anual ou cuadrimestral en que se fragmenta o
estudo dunha materia nun centro docente ou nun plano de estudos.
*Diseñador
A forma correcta en galego é deseñador; *diseñador é un castelanismo.
*Diseñar
A forma correcta en galego é deseñar; *diseñar é un castelanismo.
*Diseño
A forma correcta en galego é deseño; *diseño é un castelanismo.
*Disfrutar
Este verbo é un castelanismo que non existe no galego. Debemos usar gozar ou
desfrutar, aínda que esta forma é a menos recomendábel.
*Disfrute
Este substantivo é un castelanismo que non existe no galego. Debemos usar gozo ou

Páxina 31
Glosario de fraseoloxía e termos administrativos

desfrute, aínda que esta forma é a menos recomendábel.


*Disminuír
Vid. Diminuír. A forma correcta en galego escríbese sen o s.
Do... que andamos
Expresión galega que significa no período de tempo actual: «O prazo remata o día 30 do
mes que andamos».
*Docena
A forma correcta en galego debe dicirse ducia.
*Doctorado
Vid. Doutoramento. A forma correcta en galego escríbese con u e sen c.
*Doctor
Vid. Doutor. A forma correcta en galego escríbese con u e sen c.
*Doctrina
Vid. Doutrina. A forma correcta en galego escríbese con u e sen c.
*Dos correntes
Vid. Do... que andamos.
*Dos corrientes
Vid. Do... que andamos.
*Doutorado
Vid. Doutoramento. A forma correcta en galego escríbese con u e sen c.
Doutoramento
Denominación galega do concepto que o castelán nomea doctorado, e que debe
empregarse no canto do castelanismo *doutorado.
1. Conxunto de estudios e tese con que se obtén o grao de doutor na universidade:
«Polas tardes asiste aos cursos de doutoramento».
2. Grao de doutor: «Ao pouco de obter o doutoramento conseguiu unha praza de
profesora na universidade».
Doutor
Denominación galega do concepto que o castelán nomea doctor.
1. Persoa que posúe o máis alto grao académico nunha determinada materia: «Doutor
en medicina, en dereito, en filoloxía».
2. Médico, aínda que non teña o grao de doutor en medicina: «O doutor receitoulle un
xarope para a tose».
Doutrina
Denominación galega do concepto que o castelán nomea doctrina.
1. Conxunto de ideas ou principios que pretenden dar unha explicación a un fenómeno
en relixión, filosofía ou política: «Debemos seguir só unha doutrina política».
2. Conxunto de principios da relixión cristiá expostos no catecismo: «Os cregos
explican a doutrina católica».
Drogadicción
Esta forma mantén o grupo cc.
Drogadicto
Esta forma mantén o grupo ct.
Dúbida
Denominación galega do concepto que o castelán nomea duda.
1. Falta de determinación do espírito á hora de tomar unha decisión ou de facer unha
escolla: «Estou na dúbida de ir ou non ir».
2. Feito ou circunstancia de non estar totalmente seguro sobre unha cuestión
determinada: «Non hai dúbida, el é o culpable».

Páxina 32
Glosario de fraseoloxía e termos administrativos

3. Cuestión puntual sobre a que non se ten unha certeza ou seguridade absoluta:
«Anotou as dúbidas para preguntarllas ao profeso».
Ducia
Conxunto de doce unidades: «Once máis un fan unha ducia». Denominación galega do
concepto que o castelán nomea docena.
Dúctil
Esta forma mantén o grupo ct.
Dise dos metais que admiten grandes deformacións mecánicas en frío sen chegar a
romperse.
Ductilidade
Esta forma mantén o grupo ct.
Calidade de dúctil.
Ducto
Esta forma mantén o grupo ct.
Conduto, canal, tubería.
*Duda
Vid. Dúbida.
*Edade
Vid. Idade.
Edicto
Esta forma mantén o grupo ct.
Mandato, decreto publicado con autoridade do príncipe ou do maxistrado.
Efectuar dilixencias
Denominación galega da acción que o castelán nomea practicar diligencias e que debe
empregarse no canto do castelanismo *Practicar dilixencias. Sinónimo: levar a cabo
dilixencias.
*Elexir
Vid. Elixir.
Elixir
Denominación galega da acción que o castelán nomea elegir e que debe empregarse no
canto do castelanismo *elexir.
1. Coller ou indicar unha persoa ou cousa que se prefire entre varias: «Elixín un libro
de cada autor». Sinónimo: escoller.
2. Nomear unha persoa para un cargo, por medio de votos: «Elixírono presidente da
asociación». OBS. Ten dous participios: elixido e electo.
Elo
1. Cada un dos aros que forman unha cadea: «Rompeu un elo da cadea».
2. Cada un dos elementos relacionados entre si que serven para dar orixe ou explicar
algo: «Faltan por descubrir varios elos na investigación».
Corresponde co castelán eslabón.
3. Como pronome só existe na frase feita: «Estar a elo».
*Elo non obstante
Vid. Malia iso.
Eludir
Evitar algo ou alguén desagradable ou que presenta problemas.
Emenda
Denominación galega do concepto que o castelán nomea enmienda e que debe
empregarse no canto do castelanismo *enmenda. A forma correcta en galego escríbese
sen n.

Páxina 33
Glosario de fraseoloxía e termos administrativos

1. Acción e efecto de suprimir erros, reparar: «A nova edición do libro inclúe algunhas
emendas». Sinónimo: corrección, rectificación.
2. Proposta de cambio total ou parcial no texto dunha lei: «Na votación rexeitáronse
tódalas emendas presentadas pola oposición».
Emendar
Denominación galega do concepto que o castelán nomea enmendar. A forma correcta
en galego escríbese sen n.
1. Suprimir faltas ou erros de algo ou un defecto físico ou moral de alguén: «Xa
emendei os erros do libro». Sinónimo: rectificar, reparar.
2. Modificar a súa actitude alguén que non se comporta con corrección ou que
cometeu unha falta: «Se prometes emendarte has recibir unha grata sorpresa».
Sinónimo: reformarse, corrixir(se).
Emitir
1. Producir algunha cousa algo que sae dela: «Esta lámpada emite pouca luz».
2. Realizar algún documento e poñelo en circulación ou enviarllo a quén corresponda:
«Emitiu un informe sobre os feitos da fin de semana». Sinónimo: enviar.
*Emplazamiento
Vid. Emprazamento. A forma correcta en galego escríbese con r pero fíxate no seu
significado.
*Emplazar
Vid. Emprazar. A forma correcta en galego escríbese con r pero fíxate no seu
significado.
Emprazamento
Acción ou resultado de lle comunicar a alguén a hora, data e lugar dunha reunión ou cita
para que acuda a ela.
Co significado de lugar onde está colocado algo ou alguén debe usarse situación.
Emprazar
1. Comunicarlle a alguén a hora, data e lugar dunha reunión ou cita para que acuda a
ela: «Emprázoo para que se presente neste Servizo o vindeiro día 21». Sinónimo:
citar, convocar.
2. Citar a un demandado para que compareza nun xuízo nunha data determinada:
«Emprazárono para o día seguinte».
Co significado de poñer unha persoa ou unha cousa nun lugar debe usarse situar.
Emprender
Empezar dar principio a unha actividade calquera: «Emprenderon a negociación do
convenio colectivo».
*En aras de
Vid. A prol de.
*En base a
Expresións galegas que significan tomando como fundamento poden ser con base en,
segundo, etc.
*En consideración a
Vid. Tendo en conta.
En definitiva
Expresión galega que significa despois de todo, por último, en resumo.
*En modo algún
Vid. De ningún xeito.
*En orde a
Vid. Co fin de.
*En seguida
Este adverbio escríbese aglutinado, é dicir xunto: enseguida.

Páxina 34
Glosario de fraseoloxía e termos administrativos

*En tempo e forma


Vid. No tempo e na forma que correspondan.
*Enaxenación
Vid. Alleamento.
*Enaxenar
A denominación galega da acción que o castelán nomea enajenar, e que debe
empregarse no canto do castelanismo *enaxenar é allear.
Encamiñar
Poñer ou poñerse algo ou alguén nun determinado camiño ou dirección: «Conseguiron
encamiñar o problema cara á solución».
*Encauzar
Vid. Encamiñar, encanar.
Encerado
Cadro, de diferentes materiais, que se usa normalmente nas escolas para escribir ou
debuxar: «No encerado escríbese con xiz».
*Encuesta
Vid. Enquisa.
Enderezo
Indicación precisa do lugar de residencia dunha persoa ou entidade: «A carta non chegou
porque o enderezo estaba equivocado».
*Enfermedade
Vid. Enfermidade.
Enfermidade
Denominación galega do concepto que o castelán nomea enfermedad, e que debe
empregarse no canto do castelanismo *enfermedade.
Mal funcionamento dos órganos dun ser vivo ou das funcións destes órganos: «Ten unha
enfermidade crónica». Sinónimo: doenza.
*Enmenda
Vid. Emenda. A forma correcta en galego escríbese sen n.
*Enmendar
Vid. Emendar. A forma correcta en galego escríbese sen n.
Enquisa
Denominación galega do concepto que o castelán nomea encuesta.
Pregunta ou conxunto de preguntas que se fan a un número determinado de persoas
para coñecer a opinión xeral sobre un asunto ou para ter datos sobre algún fenómeno:
«Ao saír do local fixéronme unha enquisa electoral». Sinónimo: inquérito.
*Enseñanza
Vid. Ensino e ensinanza.
Ensinanza
1. Acción ou efecto de ensinar: «Dedícase á ensinanza nun colexio público».
Sinónimo: ensino.
2. Lección dada polos feitos, pola experiencia: «Pódese sacar unha ensinanza deste
suceso». Sinónimo: ensino.
2. Acción dada polos feitos pola experiencia.
Ensino
1. Acción e efecto de ensinar: «Para o ensino desta técnica hai que contar con bos
medios». Sinónimo: ensinanza.
2. Profesión que consiste en ensinar: «Dedícase ao ensino». Sinónimo: ensinanza.
3. Conxunto de materias que se lles ensinan aos alumnos, así como os medios e
métodos usados para ensinalas. «Hai que mellorar a calidade do ensino».

Páxina 35
Glosario de fraseoloxía e termos administrativos

Sinónimo: ensinanza.
*Entablar
Vid. Emprender e promover.
*Enteirarse
Vid. Decatarse e informarse.
*Enterarse
Vid. Decatarse e informarse.
*Entonces
Esta forma foi eliminada, no seu canto debemos empregar entón ou daquela.
*Entorno
Esta forma é un castelanismo; a forma correcta en galego é contorno, medio ou
ambiente, contorna, redonda, volta, perfil, silueta, perímetro... dependendo dos
contextos.
*Entrechán
Vid. Entresollado.
Entresollado
Denominación galega do concepto que o castelán nomea entresuelo.
Piso de certos edificios que está entre o baixo e o primeiro: «O entresollado non é tan
amplo coma os outros pisos».
*Entresolo
Vid. Entresollado.
*Entresuelo
Vid. Entresollado.
Enxeñeiro/ra
Denominación galega do concepto que o castelán nomea ingeniero/ra e que debe
empregarse no canto do castelanismo *inxeñeiro/ra.
Enxeñaría
Vid. Enxeñería.
Enxeñería
Denominación galega do concepto que o castelán nomea ingeniería e que debe
empregarse no canto do castelanismo *inxeniería.
Conxunto de actividades que teñen por obxecto o aproveitamento racional dos recursos,
o deseño de proxectos técnicos e industriais, a coordinación dos diferentes equipos de
especialistas e o control da execución de tales proxectos, e que se divide en distintas
especialidades, que constitúen o dominio de tales actividades, como son as de
aeronáutica, agrónoma, industrial, de camiños, canais e portos, de minas, de montes,
naval, etc.: «A ponte de Rande é unha importante obra de enxeñería».
-ería/-aría
Dáselle preferencia á solución tradicional –aría (a non ser en certos galicismos nos que
non é posible), aínda que se admite tamén a solución –ería:
Os substantivos formados con este sufixo referíanse orixinariamente a cousas e:
indicaban o lugar onde se fabricaban, onde se vendían ou onde había abundancia delas.
A forma –aría, maioritaria no galego medieval, era o resultado fonético regular da
correspondente latina terminación latina –ARÍA. Por iso debe dárselle preferencia a esta
solución: armaría, artillaría, bruxaría, camisaría, carnizaría, carpintaría, cervexaría,
cestaría, chancelaría, charlatanaría, chocolataría, enfermaría, enxeñaría, ferraría,
gandaría, infantaría, lavandaría, leprosaría, libraría, moblaría, panadaría, papelaría,
pedraría, peixaría, perfumaría, pradaría, refinaría, reloxaría, tesouraría, tinturaría,
zapataría...
Con esta solución conflúen tamén aqueloutros vocábulos derivados co sufixo –ía sobre
bases en –ario: comisaría, notaría, secretaría, testamentaría, etc., derivados a partir de

Páxina 36
Glosario de fraseoloxía e termos administrativos

comisario, notario, secretario e testamentario, respectivamente.


A solución –ería, documentada tamén no galego medieval, fíxose case xeral no galego
moderno, polo que se admite así mesmo como normativa.
En calquera caso, téñase en conta que algúns galicismos modernos, como batería, galería,
galantería ou mercería presentan unicamente a terminación –ería.Escala
1. Sucesión de cousas situadas en niveis progresivos.
2. Indicación que serve para medir ou obter as proporcións de algo.
3. Lista dos traballadores dunha entidade clasificados segundo a súa antigüidade, a
súa categoría, etc.
*Escalafón
Vid. Escala.
*Escalón
Vid. Banzo, chanzo, paso.
*Escalonar
Vid. Graduar.
Escaseza
1. Pouca cantidade, ou cantidade ou número insuficiente de cousas ou persoas: «A
escaseza de medios económicos impediu a execución do proxecto». Sinónimo:
insuficiencia.
2. Cantidade insuficiente de medios de subsistencia: «Aqueles si eran tempos de
escaseza, non había nada de nada».
Escavación
A forma correcta en galego escríbese con s.
Escavadora
A forma correcta en galego escríbese con s.
Escavar
A forma correcta en galego escríbese con s.
Escribente
Denominación galega do concepto que o castelán nomea escribiente, e que debe
empregarse no canto do castelanismo *escribinte.
*Escribiente
Vid. Escribente.
*Escribinte
Vid. Escribente.
*Escueto/ta
Vid. Conciso/sa.
Esixir
Denominación galega da acción que o castelán nomea exigir. Agora tamén pode
escribirse con dous x: exixir.
Espacial
Aínda que as outras formas sexan con z, este adxectivo é con c.
*Espaciar
Vid. Espazar.
*Espacio
Esta forma mantén a terminación patrimonial galega –zo: espazo.
*Espacioso
Vid. Espazoso.
*Espazal
Aínda que as outras formas sexan con z, este adxectivo é con c: espacial.

Páxina 37
Glosario de fraseoloxía e termos administrativos

Espazar
A forma correcta en galego escríbese con z.
Espazo
A forma correcta en galego escríbese con z.
1. Medio ilimitado, con tres dimensións, onde se sitúan tódolos corpos, no cal estes
poden cambiar de posición: «Trazar unha liña no espazo».
2. Superficie limitada na que se pode situar algunha cousa: «Na folla non me queda
espazo para escribir».
3. Superficie de terreo que se caracteriza por uns trazos determinados: «Espazos
verdes son aqueles que teñen moitas árbores e plantas».
4. Extensión, máis alá da atmosfera terrestre, onde están os astros: «Queren lanzar
un foguete ao espazo».
5. O aire que nos rodea: «Un paxaro cruzou o espazo».
6. Distancia que separa dous puntos ou dous obxectos: «Deixa máis espazo entre liña
e liña».
7. Cantidade limitada de tempo: «No espazo de tres horas ninguén se moveu do seu
sitio».
Espazoso
A forma correcta en galego escríbese con z.
Espremer
A forma correcta en galego escríbese con s.
Esquecer
Denominación galega do concepto que o castelán nomea olvidar.
1. Deixar de ter na memoria algo: «Esquecín o recado que me deron para ti».
2. Deixar de sentir afecto por algo ou alguén: «Cambiou de vida e esqueceu o amor
da mocidade».
3. Non ter en conta unha cousa, procurar non recordar: «Perdoo pero non o esquezo».
4. Non vir a memoria (intransitivo): «Esquecéronlle as chaves».
5. Non ser obxecto do afecto de alguén(intransitivo): «Esquecéronlle os xoguetes».
6. Non ser tida en conta unha cousa (intransitivo): «Esquecéranlle os favores
recibidos.
7. Deixar de ter na memoria algo (pronominal): «Sempre me esquezo do paraugas».
8. Deixar de sentir afecto por algo ou alguén (pronominal): «Logo se esquecen de
seus pais!».
9. Non ter en conta unha cousa, procurar non recordar (pronominal): «Xa me
esquecín do que me fixo». Observacións: como pronominal, este verbo
emprégase seguido da preposición de.
*Esquencer
Vid. Esquecer.
Esquirol
Tamén se di crebafolgas.
Estadística
Tamén se di estatística.
Estanza
Estrofa formada por máis de seis versos hendecasílabos e heptasílabos que riman en
consonante ao arbitrio do poeta, e cunha estrutura que se repite ao longo do poema.
Estar en poder de
Ter alguén algunha cousa: «Esa carta está no meu poder».
Estatística
Denominación galega do concepto que o castelán nomea estadística. En galego tamén
se di estadística.
*Estén

Páxina 38
Glosario de fraseoloxía e termos administrativos

A terceira persoa de plural do presente de subxuntivo do verbo estar é estean.


Estender
Denominación galega da acción que o castelán nomea extender. Esta forma en galego
escríbese con s.
*Estensión
Vid. Extensión. Aínda que o verbo estender se escriba con s, esta forma en galego
escríbese con x.
Estimar
1. Sentir cariño por alguén: «Estima moito o seu secretario».
2. Ter una opinión sobre algo: «Estima que iso non se pode facer». Sinónimo: opinar.
Co significado de ter en conta ou aceptar un órgano administrativo ou xurídico unha
demanda unha petición, etc. debe usarse admitir.
*Esto/*eso/*aquelo
As únicas formas dos demostrativos neutros son isto, iso, aquilo.
*Estos/*esos
Etas son as formas do demostrativos en castelán. As formas dos demostrativos
masculinos plurais, en galego, son estes e eses.
Estrago
Mal ou deterioro de algo producido por calquera cousa. Sinónimo: dano.
Estranxeiro/ra
Denominación galega do concepto que o castelán nomea extanjero/ra e que debe
empregarse no canto do castelanismo *extranxeiro/ra.
Estremar
Denominación galega do concepto que o castelán nomea colindar. Sinónimo: limitar,
lindar.
*Estructura
Os grupos cultos ct e cc mantéñense nos vocábulos cando os preceden as vogais a, e, o,
pero suprímese a primeira consoante cando os preceden as vogais i e u. Debe dicirse
estrutura.
*Estrutura
Os grupos cultos ct e cc mantéñense nos vocábulos cando os preceden as vogais a, e, o,
pero suprímese a primeira consoante cando os preceden as vogais i e u.
Estudar
Esta é a forma correcta en galego.
Estudante
Esta é a forma correcta en galego.
Estudo
1. Esforzo intelectual que se aplica para coñecer e comprender algunha cousa: «Para
os seus achados precisou anos de estudo».
2. Consideración sistemática e detida dalgunha cousa: «Someter un asunto a estudo».
Sinónimo: análise, exame, observación.
3. Obra en que un autor trata e investiga un asunto concreto: «Fixeron un estudo
sobre os efectos da contaminación nas praias galegas».
4. Debuxo ou pintura que se realizan como exercicio ou como ensaio da obra
definitiva: «Antes de pintar o cadro realizou varios estudos das mans da figura
central».
5. Conxunto de materias que se aprenden, e actividades que se realizan durante a
formación nun centro de ensino: «Rematou os estudos e comezou a traballar».
*Estudiar
A forma correcta é estudar.
Estudio

Páxina 39
Glosario de fraseoloxía e termos administrativos

Esta forma só é correcta cos seguintes significados:


1. Local onde se traballa e estuda, en particular un pintor, escultor ou arquitecto: «No
baixo ten instalado un estudio».
2. Local onde se realizan gravacións e emisións de programas de radio ou televisión,
rodaxes de películas, gravacións sonoras, etc.: «Traballa nun estudio de dobraxe».
No resto de casos a forma correcta é estudo.
*Estudiante
A forma correcta é estudante.
*Estudioso
A forma correcta é estudoso.
Estudoso
Esta é a forma correcta en galego.
Evacuar
Baldeirar de xente un lugar debido a un perigo: «Evacuaron a aula 5».
Co significado de facer algo esixido nun trámite administrativo debe usarse emitir e
executar.
*Evaluación
Vid. Avaliación.
*Evaluar
Vid. Avaliar.
Evicción
Esta forma mantén o grupo cc.
Perda dun dereito por sentenza firme e en virtude de dereito anterior alleo.
*Examen
A forma correcta en galego é exame, perdendo o n final.
*Excavación
A forma correcta en galego escríbese con s: escavación.
*Excavadora
A forma correcta en galego escríbese con s: escavadora.
*Excavar
A forma correcta en galego escríbese con s: escavar.
Executar
Facer algunha cousa ideada ou proxectada: «Executaron os trámites burocráticos no
prazo previsto».
Exixir
Vid. Esixir.
*Expedente
Vid. Expediente.
Expediente
Denominación galega que debe empregarse no canto da forma hipercorrixida
*expedente.
*Expremer
A forma correcta en galego escríbese con s: espremer.
*Extender
A forma correcta en galego escríbese con s: estender.
Extensión
Denominación galega que debe empregarse no canto da forma hipercorrixida
*estensión.
*Extranxeiro

Páxina 40
Glosario de fraseoloxía e termos administrativos

Vid. Estranxeiro/ra.
Extremo/ma
1. Que alcanza o punto máximo ao que pode chegar.
2. Parte que inicia ou remata unha cousa.
Co significado de asunto que se está tratando ou que se ten en conta debe usarse
aspecto.
Fallar
1. Non haber ou non ter aquilo que se necesita, ou ter menos do necesario de certa
cousa: «Fállanlle os folgos, non pode seguir». Sinónimo: faltar.
2. Non obrar algo ou alguén conforme se esperaba nun momento dado, non ter o
resultado esperado: «Fallou no seu intento». Sinónimo: fracasar.
3. Non obter o resultado que se pide ou que se espera de algo: «Fallou varias
preguntas do test». Sinónimo: errar.
4. Nalgúns xogos de cartas botar un trunfo ao non ter o pau que se está a xogar:
«Fallou os ouros».
Co significado de resolución que toma un xuíz ou o xurado dun preito é un castelanismo
que non se debe empregar, no seu canto debe usarse decisión.
decidir.
Fallo
Cousa ou circunstancia que fai que algo ou alguén non sexa totalmente perfecto, non
obre nun momento dado como debe ou non teña o resultado esperado: «Unha teoría con
fallos de método». Sinónimo: defecto, erro, falla, falta.
Co significado de resolución que toma un xuíz ou o xurado dun preito é un castelanismo
que non se debe empregar, no seu canto debe usarse decisión.
*Falsedade
Vid. Falsidade.
Falsidade
Denominación galega do concepto que o castelán nomea falsedad e que debe
empregarse no canto do castelanismo *falsedade.
*Fecha
Vid. Data.
*Fehaciente
Vid. Fidedigno/na.
Ficción
Esta forma mantén o grupo cc.
Ficticio
Esta forma mantén o grupo ct.
Flictena
Esta forma mantén o grupo ct.
Pequeno tumor cutáneo, transparente, a modo de ampola, que contén humor acuoso e
non pus ou materia.
Fidedigno/na
Que é digno de fe, que merece creto: «As noticias procedían de fontes de información
fidedignas».
Financeiro/ra
Denominación galega do concepto que o castelán nomea financiero e que debe
empregarse no canto do castelanismo *financieiro.
*Financiación
Este substantivo fórmase en galego coa terminación propia -mento sobre o verbo
financiar: financiamento.

Páxina 41
Glosario de fraseoloxía e termos administrativos

Financiamento
Denominación galega do concepto que o castelán nomea financiación.
*Financieiro/ra
Vid. Financeiro/ra.
*Finca
Vid. Predio, leira, eido.
*Finiquito
Vid. Liquidación.
Firma
Tamén se di sinatura.
Firmar
Tamén se di asinar.
Folla de control
Documento en que se anotan feitos moi concretos que despois se comunican por medio
del.
Folla
1. Órgano vexetal de cor normalmente verde e forma plana que nace na extremidade
dos talos ou nos ramallos de árbores e plantas.
2. Lámina delgada de calquera material.
3. Anaco rectangular de papel.
Formular
1. Expoñer algo de maneira clara e precisa.
2. Dar a coñecer algo a través de palabras ou doutros medios.
Fotografar
Denominación galega que o castelán denomina fotografiar.
*Fotografiar
Vid. Fotografar.
Fraude
Delito que consiste en enganar a alguén para conseguir un beneficio xeralmente
económico. Debe recordarse que en galego é do xénero feminino: a fraude.
Fricción
Esta forma mantén o grupo cc.
Friccionar
Esta forma mantén o grupo cc.
Gabar
Dicir cousas boas dalgunha persoa ou cousa cando se fala dela: «Gabou o labor do
vicerreitor». Sinónimo: eloxiar, loar.
Galicia
Tamén é correcto Galiza.
Galiza
Tamén é correcto Galicia.
Gama
1. Sucesión gradual de cousas, como notas musicais ou cores, que van variando de
modo continuo: «Unha gama de azuis». Sinónimo: escala.
2. Variedade de cousas: «Unha gran gama de produtos cosméticos».
*Gamma
Debe usarse gama.
Ganancia

Páxina 42
Glosario de fraseoloxía e termos administrativos

1. Cousa que se gana, especialmente cartos: «O negocio dálle boas ganancias».


2. Cantidade de cartos que percibe unha persoa: «Pouca ganancia é o que lle dan por
fregar as escaleiras».
Ganancial
1. Pertencente ou relativo á ganancia.
2. Propio da ganancia.
Ganancioso
1. Que ocasiona ganancias.
2. Dito dunha persoa: que sae con ganancias dun trato, comercio ou outra cousa.
Ganador
1. Que gana ou ganou: «O concursante ganador nun torneo de xadrez». Sinónimo:
campión, vencedor.
2. Aquel que ten éxito, que adoita triunfar: «É un ganador». Sinónimo: triunfador.
Tamén se pode usar gañador.
Ganar
1. Obter algo con traballo e esforzo: «Ganou unhas pesetas con ese traballiño».
2. Percibir certo soldo por un traballo executado regularmente: «Canto ganas ao
mes?».
3. Obter certa cousa que se disputa nun concurso ou competición: «Ganou varios
premios de gastronomía». Sinónimo: conseguir.
4. Obter o triunfo nun xogo ou competición: «Ganou a carreira».
5. Mellorar con certa cousa ou en certa cousa: «A súa imaxe gana moito sen lentes».
6. Ser superior a alguén en certa cousa.
Tamén se pode usar gañar.
Gañador
Tamén se pode usar ganador.
*Gañancia
A forma correcta en galego é ganancia.
*Gañancial
A forma correcta en galego é ganancial.
*Gañancioso
A forma correcta en galego é ganancioso.
Gañar
Tamén se pode usar ganar.
Garantir
Denominación galega do concepto que o castelán nomea garantizar.
1. Asegurar unha casa comercial o bo estado ou funcionamento dun produto,
comprometéndose a amañalo en caso de avaría: «A fábrica garante o vehículo por
tres anos».
2. Dar por seguro, por totalmente certo que se vai cumprir algo estipulado ou que vai
ocorrer algo que se agarda: «Garantíronlle que non ían tomar represalias».
3. Velar pola seguridade de algo ou por que se cumpra: «Tropas internacionais
garanten o cumprimento do cesamento do fogo».
4. Ser unha cousa a causa que fai que outra sexa segura: «Unha alimentación
adecuada garante unha boa saúde».
*Garantizar
O verbo galego é garantir.
Gobernamental
Denominación galega do concepto que o castelán nomea gubernamental. Debemos
recordar que en galego partimos de goberno.

Páxina 43
Glosario de fraseoloxía e termos administrativos

Gobernativo/va
Denominación galega do concepto que o castelán nomea gubernativo/va. Debemos
recordar que en galego partimos de goberno.
*Grabar
Procede do francés graver polo que temos en galego o verbo gravar, con -v-, como na
súa orixe: gravar.
1. Representar algo nunha superficie de madeira, metal, etc., por medio de pequenos
cortes: «Fixo gravar o seu nome nunha medalla de ouro». Sinónimo: inscribir,
tallar.
2. Rexistrar sons, imaxes nun disco, fita, etc., para despois podelos reproducir:
«Andar a gravar un disco».
3. Fixar na mente un recordo, impresión, idea, etc.: «Aquilo quedoume gravado para
sempre, nunca me esquecerá».
4. Impoñer un gravame sobre algo ou cargar a alguén cun imposto: «Gravaron os
herdeiros deses terreos».
*Gracias
Tanto o substantivo *gracia coma a expresión de agradecemento *gracias son formas
incorrectas. As formas galegas son graza e grazas.
Grado
1. Facultade de decidirse a actuar ou non actuar, de decidir algo despois de
reflexionar. Observacións: utilízase case exclusivamente nas expresións: De (bo)
grado. Voluntariamente, con gusto: «Aceptou de bo grado a participación no
debate». / De mal grado. De mala gana, a desgusto: «Acabouno facendo, pero de
mal grado».
Co significado de lugar que ocupa unha cousa ou unha persoa nun conxunto ordenado de
xeito crecente ou decrecente debe usarse grao.
Co significado de unidade de medida que se emprega para certas magnitudes
(temperatura porcentaxe de alcohol ángulos...) debe usarse grao.
*Graduar
1. Darlle a algo o grao que se queira: «Gradúa a calefacción que vai moita calor».
Sinónimo: regular.
2. Medir os graos de algo: «Graduaron a inclinación do terreo».
3. Distribuír en tempos sucesivos unha acción ou unha serie de cousas: «Se non
graduamos o traballo o venres non damos feito».
Grampa
Denominación galega do concepto que o castelán nomea grapa.
Grampar
Denominación galega do concepto que o castelán nomea grapar.
Grao
1. Lugar que ocupa unha cousa ou unha persoa nun conxunto ordenado de xeito
crecente ou decrecente.
2. Unidade de medida que se emprega para certas magnitudes (temperatura
porcentaxe de alcohol ángulos...).
3. Cada unha das alturas dunha escaleira. Sinónimo: banzo, chanzo, paso.
*Grapa
Vid. Grampa.
*Grapar
Vid. Grampar.
Gravame
Denominación galega do concepto que o castelán nomea gravamen. En galego escríbese
sen n final.

Páxina 44
Glosario de fraseoloxía e termos administrativos

*Gravamen
Vid. Gravame.
Gravar
Denominación galega dos conceptos que o castelán nomea grabar e gravar. Procede do
francés graver polo que temos en galego o verbo gravar, con -v-, como na súa orixe:
gravar.
1. Representar algo nunha superficie de madeira, metal, etc., por medio de pequenos
cortes: «Fixo gravar o seu nome nunha medalla de ouro». Sinónimo: inscribir,
tallar.
2. Rexistrar sons, imaxes nun disco, fita, etc., para despois podelos reproducir:
«Andar a gravar un disco».
3. Fixar na mente un recordo, impresión, idea, etc.: «Aquilo quedoume gravado para
sempre, nunca me esquecerá».
4. Impoñer un gravame sobre algo ou cargar a alguén cun imposto: «Gravaron os
herdeiros deses terreos».
*Gravedade
Vid. Gravidade.
Gravidade
Denominación galega do concepto que o castelán nomea gravedad e que debe
empregarse no canto do castelanismo *gravedade.
Groso/sa
1. De moito grosor ou diámetro.
2. A parte máis grosa dunha cousa.
3. Tipo de letra de imprenta do mesmo tamaño cá redonda pero de trazo máis groso.
Sinónimo: negra.
Grúa
1. Ave de patas e pescozo longos, de cor gris sobre a que destaca unha mancha
encarnada na parte superior da cabeza, e que adoita manterse sobre un pé cando
está pousada.
2. Guindastre.
*Gubernamental
Vid. Gobernamental. Debemos recordar que en galego partimos de goberno.
*Gubernativo/va
Vid. Gobernativo/va. Debemos recordar que en galego partimos de goberno.
Guía de rúas
Publicación que recolle a lista das rúas dunha cidade.
*Haber lugar
Vid. Proceder.
*Habida conta
Vid. Tendo en conta.
*Hacia
A locución correcta en galego é cara a: «Vou cara á Coruña».
Harmonía
Denominación galega do concepto que o castelán nomea armonía ou harmonía. En
galego escríbese con h.
Harmónica
En galego escríbese con h.
Harmonicamente
En galego escríbese con h.
Harmónico

Páxina 45
Glosario de fraseoloxía e termos administrativos

En galego escríbese con h.


Harmonio
En galego escríbese con h.
Harmoniosamente
En galego escríbese con h.
Harmonioso
En galego escríbese con h.
Harmonista
En galego escríbese con h.
Harmonizábel
En galego escríbese con h.
Harmonizable
En galego escríbese con h.
Harmonización
En galego escríbese con h.
Harmonizador
En galego escríbese con h.
Harmonizar
En galego escríbese con h.
*Herdancia
Herdanza
Denominación galega do concepto que o castelán nomea herencia.
Todo aquilo que se herda: «A herdanza cultural de Roma»; «Tivo que recorrer a un
avogado para que lle deran a súa herdanza». Sinónimo: herdo, legado.
Herdar
Denominación galega da acción que o castelán nomea heredar.
*Heredar
Vid. Herdar.
Herdo
Vid. Herdanza.
*Herencia
Vid. Herdanza.
*Humán
A forma *humán é un hipergaleguismo; a forma correcta é humano.
Ictericia
Esta forma mantén o grupo ct.
Enfermidade producida pola acumulación de pigmentos biliares no sangue e cun sinal
exterior máis perceptible que é a cor amarela da pel e das conxuntivas.
ictérico
Esta forma mantén o grupo ct.
Pertencente á ictericia.
Ictiocola
Esta forma mantén o grupo ct.
Cola de peixe utilizada para o clarificado dos viños.
Ictiófago
Esta forma mantén o grupo ct.
Que se alimenta de peixes.

Páxina 46
Glosario de fraseoloxía e termos administrativos

Ictiografía
Esta forma mantén o grupo ct.
Parte da zooloxía que se ocupa da descrición dos peixes.
Ictiol
Esta forma mantén o grupo ct.
Aceite que se obtén da destilación dunha rocha bituminosa que contén numerosos peixes
fósiles, e se usa en dermatoloxía.
Ictiólogo
Esta forma mantén o grupo ct.
Persoa que profesa a ictioloxía.
Ictioloxía
Esta forma mantén o grupo ct.
Parte da zooloxía, que trata dos peixes.
Ictiolóxico
Esta forma mantén o grupo ct.
Pertenecente ou relativo á ictioloxía.
Ictiomancia
Esta forma mantén o grupo ct.
Adiviñación antiquísima que se practicaba por medio das entrañas dos peixes.
Ictiosauro
Esta forma mantén o grupo ct.
Réptil fósil, mariño, de tamaño xigantesco, co fociño prolongado e cos dentes separados;
ollos grandes rodeados dun círculo de placas óseas, pescozo moi curto e catro aletas
natatorias. Atópase principalmente no terreo xurásico.
Ictiose
Esta forma mantén o grupo ct.
Enfermidade cutánea que altera a capa córnea e dá lugar a unha intensa descamación;
denominación xenérica de diversas enfermidades das plantas que se caracterizan pola
escamación.
Ictus
Esta forma mantén o grupo ct.
Acento métrico; cadro morboso que se presenta dun xeito súbito e violento, como
producido por un golpe.
Idade
Denominación galega do concepto que o castelán nomea edad e que debe empregarse
no canto do castelanismo *edade.
*Iguala
Vid. Avinza.
Iluminación pública
Denominación galega do concepto que o castelán nomea alumbrado público.
*Impago
Vid. Non pagamento.
*Ímpetu
Vid. Ímpeto.
Ímpeto
A forma correcta en galego é con o final.
1. Capacidade física que alguén ou algo ten, ou que emprega sobre unha cousa para
modificar o seu estado: «Empuxouno con ímpeto e saíu despedido». Sinónimo:

Páxina 47
Glosario de fraseoloxía e termos administrativos

forza, violencia.
2. Capacidade moral que se ten ou se utiliza para actuar ou facer un traballo
determinado. «O ímpeto da mocidade». Sinónimo: pulo, enerxía.
Impoñer
1. Obrigar a algunha cousa: «Impuxo as condicións do pacto».
2. Causar impresión ou medo: «No claustro hai unha escultura que impón respecto».
Co significado de colocar cartos a crédito ou a depósito debemos usar depositar.
Importar
1. Ter importancia algunha cousa: «Isto impórtame moito».
2. Comprar mercadorías a un país estranxeiro: «Tivo que importar as máquinas».
3. Sumar unha cantidade final unha factura ou un cálculo calquera: «O prezo total de
todo isto importa unha cantidade que non podemos pagar».
Imposición
1. Acción ou resultado de impoñer.
2. Tamén ten a acepción da cantidade de cartos que se coloca nun banco dunha vez.
Sinónimo: depósito.
*Impronta
Vid. Marca.
*Incomparecencia
Vid. Non comparecencia.
Incorrer
Denominación galega do concepto que o castelán nomea incurrir.
1. Realizar algo que merece castigo, reprensión, crítica, etc.: «Incorreu en falta leve».
Sinónimo: incidir.
2. Atraer cara a si un sentimento ou unha consecuencia negativos: «O que non
cumpra as ordes incorrerá en castigo». Observacións: utilízase seguido da
preposición en.
*Incurrir
Vid. Incorrer.
Indagar
Facer as xestións necesarias para chegar a saber algunha cousa: «A comisión está
indagando pero non atopou nada».
Indicción
Esta forma mantén o grupo ct.
convocatoria ou chamamento para una xunta ou concorrencia sinodal ou conciliar.
*Indiferencia
Vid. Indiferenza.
Indiferenza
A forma galega correcta é con z.
1. Calidade de indiferente:«Indignábame a indiferenza da súa actitude cara a min».
2. Actitude indiferente: « Iso demostraba a súa indiferenza pola familia». Sinónimo:
desamor, desapego, apatía, desdén.
Pero os seus derivados son indiferenciable, indiferenciación, indiferenciado e
indiferenciada.
Informarse
Adquirir coñecementos de algo: «Xa me informei de quen rexeitou a proposta».
Ingresar
1. Entrar a formar parte dunha asociación ou dun grupo: «Ingresou na Asociación de
Antigos Alumnos».
2. Entrar como enfermo nun establecemento hospitalario.

Páxina 48
Glosario de fraseoloxía e termos administrativos

3. Colocar cartos nun banco a crédito ou a depósito. Sinónimo: depositar.


Ingreso
1. Acción ou resultado de ingresar.
2. Cantidade de cartos que se coloca nun banco dunha vez. Sinónimo: depósito.
3. Cantidade de cartos que percibe unha persoa. Sinónimo: retribución e ganancias.
Inhibir(se)
1. Non facer unha persoa o que desexa por vontade propia ou obrigado por alguén:
«A presenza do profesor inhibiuno de tal xeito que non foi quen de falar».
2. Non intervir un xuíz. no estudo dunha cousa para que sexa outro tribunal quen a
analice. Sinónimo: absterse.
Inmóbil
Como derivado de móbil debe ser escrito sempre con b.
*Inmóvil
Vid. Inmóbil.
Inscribir(se)
1. Gravar algo nun material duro.
2. Anotar o nome dunha persoa nun rexistro ou nunha lista cun fin determinado.
Inscrición
Denominación galega do concepto que o castelán nomea inscripción. Debemos recordar
que en galego estas formas non levan p.
*Inscripción
Vid. Inscrición. Debemos recordar que en galego estas formas non levan p.
Inserir
Denominación galega do concepto que o castelán nomea insertar.
1. Meter, facer que penetre unha cousa no corpo doutra: «Inserir o émbolo no tubo da
xiringa».
2. Facer que forme parte dun conxunto, unha cousa accesoria ou complementaria:
«Inseriron o anuncio na primeira páxina do xornal». Sinónimo: incluír, introducir.
3. Enxertar: «Inserir unha puga no patrón».
4. Estar encaixado algo por un dos seus extremos no corpo doutra cousa: «O fémur
insírese no óso da cadeira». Observacións: ten dous participios: inserido e inserto.
*Insertar
Vid. Inserir.
Instar
Apremar a alguén para que faga algunha cousa.
En galego o seu complemento directo ten que ser sempre unha persoa: «Instaron o
construtor para que se iniciaran os traballos no edificio», nunca unha cousa «*Instou o
inicio dos traballos no edificio».
*Interés
Vid. Interese, coa acepción de importancia ou valor que unha cousa suscita.
Vid. Xuro, coa acepción de cantidade de diñeiro que se percibe ou se dá a resultas dun
empréstito ou depósito de capital.
Interese
1. Importancia ou valor que unha cousa ten para alguén.
2. Desexo que unha persoa ten por ver saber ou coñecer algo. Sinónimo: empeño.
3. Cousa que convén ou que pode beneficiar a alguén.
Co significado de cantidade de diñeiro que dá un banco por un capital que se meteu nel
debe usarse xuro.
Co significado de cantidade de diñeiro que cobra un banco ou unha persoa por un capital
que emprestou debe usarse xuro.

Páxina 49
Glosario de fraseoloxía e termos administrativos

Interface
Denominación galega do concepto que o castelán nomea interfaz.
*Interfaz
Vid. Interface.
Interromper
Denominación galega da acción que o castelán nomea interrumpir.
1. Facer que cese algo por un momento ou definitivamente: «Por culpa daquel
incidente os dous países interromperon as súas relacións». Sinónimo: cortar,
suspender.
2. Impedir que alguén continúe o que estaba facendo ou dicindo: «Non me
interrompas cando falo». Sinónimo: cortar.
3. Cesar alguén na súa acción por un momento ou de maneira definitiva: «Sigue, por
favor, non te interrompas».
4. Cesar un acto ou acción momentánea ou definitivamente: «Interromperse a
comunicación». Sinónimo: cortarse.
*Interrumpir
Vid. Interromper.
*Intervinte
A forma galega é interveniente; *intervinte é un hipergaleguismo.
Inversión
Acción e efecto de inverter ou inverterse: «Ao facer a inversión das figuras aparecían
outras con significado diferente».
Co significado de acción ou resultado de investir debe usarse investimento.
Inverter
1. Darlle a volta a unha cousa, orde, disposición, sentido, etc.: «Invertía as cartas
para que non lles vise as marcas».
2. Tornarse unha cousa o contrario do que era: «Hai quen di que os valores sociais se
están invertendo». Observacións: part. reg. invertido, part. irreg. inverso.
*Invertir
Vid. Inverter e investir.
Investidura
Acción e efecto de investir, isto é, de darlle a alguén un cargo honorífico, dignidade ou
poder: «Esta tarde procederase á investidura do presidente do Goberno».
Investimento
Acción e efecto de investir, isto é, de empregar o capital en negocios para que aumente:
«Comprando esas accións, farás un grande investimento».
Co significado de acción ou resultado de investir a unha persoa debe usarse investidura.
Investir
1. Empregar o capital en negocios para que aumente: «Vai investir uns cantos
millóns».
2. Empregar certo tempo, esforzo, etc. en.: «En que invistes o teu ocio?». Sinónimo:
ocupar.
3. Conferirlle a unha persoa un cargo honorífico ou unha dignidade, poñela en
posesión dun poder ou no exercicio de determinadas funcións: «O vello profesor foi
investido doutor honoris causa pola Universidade de Santiago de Compostela».
Invicto
Esta forma mantén o grupo ct.
Nunca vencido; sempre victorioso.
*Inxenieiro/ra
Vid. Enxeñeiro/ra.

Páxina 50
Glosario de fraseoloxía e termos administrativos

*Inxeniería
Vid. Enxeñería, enxeñaría.
Iota
Nome da letra que se representa j, e que o galego só emprega en palabras tomadas
directamente doutros idiomas.
*IVA
A sigla para o Imposto sobre o valor engadido ten que ser IVE. Cómpre lembrar que as
siglas, os símbolos e os acrónimos non levan puntos; só os levan as abreviaturas.
*Jota
Vid. Xota (baile) e iota (letra).
*Kilo
Vid. Quilo.
*Kilolitro
Vid. Quilolitro.
*Kilómetro
Vid. Quilómetro.
Labor
Traballo ou actividade que fai unha persoa. Hai que lembrar que en galego é do xénero
masculino
Lapis
Denominación galega do concepto que o castelán nomea lápiz.
Instrumento para escribir, debuxar ou pintar, formado por unha fina barra de grafito ou
doutro material, recuberta por unha envoltura de madeira: «Unha caixa de lapis de
cores».
*Lápiz
Vid. Lapis.
Largo/ga
1. Que ten moita largura.
2. A menor das dúas dimensións dunha superficie. Sinónimo: largura.
Co significado de a maior das dúas dimensións dunha superficie debemos usar longo.
*Legaxo
Vid. Atado.
*Levantar a sesión
Vid. Rematar a sesión.
Levantar acta
Tamén se di redactar a acta.
*Libreta
Vid. Caderno.
*Licencia
Esta forma mantén a terminación patrimonial galega –za: licenza.
Licenza
1. Declaración oficial pola que alguén expresa o seu consentimento para que se poida
realizar algo determinado e previamente establecido: «O Concello deulle a licenza
para comezar as obras». Sinónimo: autorización, permiso.
2. Documento expedido pola autoridade administrativa competente, que acredita que
alguén pode realizar por un período determinado de tempo unha actividade suxeita
a regulamentación: «Retiráronlle a licenza de exportación».
3. Liberdade que se lle dá a alguén ou que un toma para facer certa cousa: «Seus pais
déronlle licenza para ir de excursión». Sinónimo: autorización, permiso.
4. Abuso de liberdade con que alguén actúa e que pode prexudicar a outros ou atentar

Páxina 51
Glosario de fraseoloxía e termos administrativos

contra a moral: « Permitiuse a licenza de entrar no meu cuarto e ler unha carta que
estaba escribindo».
5. Período de tempo durante o que un militar pode deixar as súas actividades como
tal: «O soldado está con licenza». Sinónimo: permiso.
Pero debemos ter coidado xa que os derivados son licenciado, licenciada,
licenciamento, licenciar, licenciatura, licenciosamente, licencioso e licenciosa.
Lictor
Esta forma mantén o grupo ct.
Entre os romanos, ministro de xustiza que precedía coas fasces aos cónsules e a outros
maxistrados.
Liquidación
Denominación galega do concepto que o castelán nomea finiquito.
Lista
1. Serie de palabras nomes ou signos escritos un a continuación do outro.
2. Publicación que recolle unha serie de palabra nomes ou signos escritos un a
continuación do outro.
Listado
Esta forma só é correcta co significado de calquera cousa que ten listas: «Un xersei
listado».
Coa acepción de serie de palabras, nomes ou signos escritos un detrás doutros debemos
empregar lista.
*Listín
Vid. Lista.
Lixo
Denominación galega do concepto que o castelán nomea basura.
*Llano/na
Vid. Chan, chá.
Lle
O complemento indirecto é xeralmente unha frase encabezada pola preposición a:
«Dei(lle) a meu pai unha aperta».
En galego é regra de estilo que, a pesar de ir expreso o complemento indirecto por medio
dunha frase encabezada pola devandita preposición, se reitere pleonasticamente a través
do pronome átono (lle/lles). En castelán a tendencia é a de non usar pelonasticamente o
pronome: «As actuacións dos inspectores concretaranse en ditames que elevarán ao
delegado provincial… As actuacións dos inspectores concretaranse en ditames que lle
elevaran ao delegado provincial ( non *Que elevarán ao delegado)».
Logo de + substantivo
Expresión galega que significa despois de. Debe empregarse no canto do castelán
previo + substantivo.
Longo/ga
1. Que ten moita lonxitude.
2. A maior das dúas dimensións dunha superficie. Sinónimo: longura, lonxitude.
Lousa
1. Pedra negra que fende en follas planas lisas e delgadas. Sinónimo: xisto.
2. Peza desa pedra que se emprega na construción.
3. Peza lisa plana e delgada de calquera pedra. Sinónimo: laxe, lastra.
Malia iso
Expresión galega que significa a pesar diso.
Mancomunar
1. Unir persoas, cousas ou intereses para a común realización dun fin:
«Mancomunaron os seus esforzos para conseguir unha subvención».

Páxina 52
Glosario de fraseoloxía e termos administrativos

2. 2. Unirse persoas, cousas ou intereses para a común realización dun fin:


«Mancomunáronse en contra do presidente e lograron a súa dimisión».
Mancomunidade
Agrupación de distintas persoas ou entidades unidas polos mesmos intereses para a
común realización dun fin.
Mandado/da
1. Persoa que fai algo porque llo mandaron e non por iniciativa propia
2. Cousa que se manda ou se obriga a facer a unha persoa.
Mandamento
Regra dada por Deus ou pola Igrexa. Sinónimo: precepto.
Co significado de causa que se manda ou se obriga a facer a unha persoa debemos usar
mandado.
Mantemento
Denominación galega do concepto que o castelán nomea mantenimiento e que debe
empregarse no canto do castelanismo *mantenemento.
*Mantenemento
Vid. Mantemento.
Marca
1. Sinal físico que ten ou que deixa algunha cousa.
2. Influencia moral que unha persoa ou un feito ten sobre outra. Sinónimo: pecado.
Marco
1. Pedra ou poste que se chanta no chan para sinalar o límite dunha propiedade ou a
dirección e a distancia nos camiños.
2. Peza de madeira ou doutro material coa que se rodean os bordos dun espello, o oco
dunha porta ou dunha ventá etc.
3. Ambiente ou medio físico en que algo ten lugar.
*Marquesina
Vid. Marquesiña.
Marquesiña
Denominación galega do concepto que o castelán nomea marquesina.
Marxe
Denominación galega do concepto que o castelán nomea margen, e que debe
empregarse no canto do castelanismo *maxen. En galego é do xénero feminino.
*Marxen
Vid. Marxe.
*Máster
Vid. Mestrado.
*Mataselos
Vid. Cuño.
Materia
1. Substancia ou material de que está teito algo.
2. Rama do coñecemento que se estuda ou se ensina no sistema educativo.
Sinónimo: disciplina.
*Mazá de casas
Vid. Rueiro.
Mecanografar
Denominación galega do concepto que o castelán nomea mecanografiar.
*Mecanografiar
Vid. Mecanografar.

Páxina 53
Glosario de fraseoloxía e termos administrativos

Mecenado
Denominación galega do concepto que o castelán nomea mecenazgo.
Actividade do mecenas: «Os Medici exerceron o mecenado na Italia do Renacemento».
*Mecenazgo
Vid. Mecenado.
Medio/dia
1. Punto que está entre dous ou máis á mesma distancia de todos eles. Sinónimo:
metade.
2. Espazo físico e circunstancias en que se desenvolve un ser vivo e que condicionan a
súa existencia. Sinónimo: contorno, ambiente.
3. Calquera cousa que serve para un fin determinado.
4. Resultado de dividir un resultado total entre o número de elementos que deron
lugar a ese resultado. Sinónimo: termo medio.
*Membrete
Vid. Cabeceira.
Memorando
Denominación galega do concepto que o castelán nomea memorandum.
*Memorándum
Vid. Memorando.
Memoria de licenciatura
Denominación galega do concepto que o castelán nomea tesina, e que debe empregarse
no canto do castelanismo *tesiña.
*Mesmo (con valor anafórico)
Mesmo (o mesmo, a mesma, os mesmos, as mesmas) é un adxectivo que adoito se usa
cun valor do que carece: o de pronome anafórico (aquel que se refire a algo que xa se
mencionou anteriormente). En galego o adxectivo mesmo posúe os seguintes valores:
De identidade (igual): Mercou un coche do mesmo modelo có teu; Este escrito é o
mesmo que fixeches ti.
Sinónimo de xusto, exactamente: Atopeino alí mesmo, detrás da butaca; Colocouno
aquí mesmo.
Sinónimo de incluso: Mesmo me confesou que xa non vivía cos pais; Presentouse a
tódalas prazas, mesmo ás de fóra de Galicia.
Sinónimo de propio: Estas foron as súas mesmas palabras.
Mestrado
Curso de especialización para licenciados que ten un número de horas máis elevado ca
un posgrao. Aínda que algúns dicionarios aceptan a forma inglesa «máster», a USC opta
pola denominación galega á hora de lle pór título aos cursos deste tipo que organiza.
Metade
Denominación galega do concepto que o castelán nomea mitad e que debe empregarse
no canto do castelanismo *mitade.
Micción
Esta forma mantén o grupo cc.
acción de mexar.
Miradoiro
Lugar alto desde o que se ve un espazo amplo: «No lago de Castiñeiras hai un miradoiro
dende o que se ve toda a ría de Pontevedra».
*Mirador
Vid. Miradoiro.
*Mitade
Vid. Metade.

Páxina 54
Glosario de fraseoloxía e termos administrativos

Móbil
Denominación galega do concepto que o castelán nomea móvil. Por razóns etimolóxicas
esta forma con todas as súas derivadas deben empregarse con b: automóbil, inmóbil...
*Mocedade
Vid. Mocidade.
Mocidade
Denominación galega do concepto que o castelán nomea juventud e que debe
empregarse no canto do castelanismo mocedade. Sinónimo: xuventude.
*Moitedume
Vid. Multitude.
*Mojón
Vid. Marco.
*Monoptongar
Vid. Monotongar. Estas formas en galego escríbense sempre sen p.
Monotongar
Denominación galega dos conceptos que o castelán nomea monoptongar. Estas formas
en galego escríbense sempre sen p.
*Monoptongo
Vid. Monotongo. Estas formas en galego escríbense sempre sen p.
Monotongo
Denominación galega dos conceptos que o castelán nomea monoptongo. Estas formas
en galego escríbense sempre sen p.
Montante
Peza vertical que serve de soporte. Sinónimo: esteo.
Co significado de cantidade total que se debe pagar por algo debe usarse contía.
Montar
1. Subir nun vehículo ou nun medio de locomoción: «Nunca montara en avión».
2. Xuntar adecuadamente as pezas que compoñen algo: «Non deu montado o reloxo».
Co significado de alcanzar algo un prez determinado debe usarse importar.
Mostraxe
Denominación galega do concepto que o castelán nomea muestreo e que debe
empregarse no canto do castelanismo *mostreo.
Acción e efecto de recoller un certo número de mostras seguindo uns determinados
criterios, para determinar a calidade ou condicións medias dun todo: «Van realizar
mostraxes en distintos puntos do río». Sinónimo: sondaxe.
*Mostrear
Vid. Tomar mostras.
*Mostreo
Vid. Mostraxe.
*Móvil
Vid. Móbil. Por razóns etimolóxicas esta forma con todas as súas derivadas deben
empregarse con b: automóbil, inmóbil...
*Moxón
Vid. Marco.
Mozo/za
1. Que xa non é un neno pero que aínda non chegou á idade adulta. Sinónimo:
novo/va.
2. Persoa que xa non é un neno pero que aínda non chegou á idade adulta.
Sinónimo: adolescente, rapaz/za.
3. Persoa que mantén relacións amorosas con outra con respecto a ela. Sinónimo:

Páxina 55
Glosario de fraseoloxía e termos administrativos

novo/va.
*Muchedumbre
Vid. Multitude.
Multitude
Denominación galega do concepto que o castelán nomea muchedumbre, e que debe
empregarse no canto do castelanismo *moitedume.
Na marxe
Expresión galega que significa separado do núcleo central nun escrito ou nunha
intervención.
*Nacencia
Vid. Nacenza.
Nacenza
A forma correcta galega é con z.
*Negrita
Vid. Grosa.
*Negriña
Vid. Grosa.
*Nembargantes
Vid. Porén, no entanto.
Nictalope
Esta forma mantén o grupo ct.
dise da persoa ou do animal que ve mellor de noite ca de día.
Nictalopía
Esta forma mantén o grupo ct.
Que ten a duración dun só día.
No dorso
Expresión galega que significa pola outra cara dunha folla.
*No seu caso
Vid. Se é o caso, de ser o caso.
*No seu defecto
Vid. Se non.
No tempo e na forma que correspondan
Expresión galega que comunica a mesma información có castelán en tiempo y forma, e
que debe empregarse no canto do castelanismo *en tempo e forma.
*Nombrar
Vid. Nomear.
*Nombramento
Vid. Nomeamento.
Nomeamento
Denominación galega da acción que o castelán nomea nombramiento.
Acción e efecto de nomear: «O nomeamento do novo director foi unha sorpresa».
Sinónimo: designación, elección.
Nomear
Denominación galega da acción que o castelán nomea nombrar.
1. Dicir o nome dunha persoa ou cousa: «Nomeouno alí diante de todos». Sinónimo:
citar, mencionar.
2. Sinalar a alguén para un cargo ou oficio: «Nomeárono secretario». Sinónimo:
designar.
Non-pagamento

Páxina 56
Glosario de fraseoloxía e termos administrativos

Denominación galega do concepto que o castelán nomea impago. Sinónimo: falta de


pagamento.
Non-comparecencia
Denominación galega do concepto que o castelán nomea incomparecencia.
*Novicio
Vid. Novizo.
Novizo
A forma correcta galega é con z.
Persoa que tomou recentemente o hábito relixioso e está pasando un tempo de proba
nun convento: «Está de novizo no convento».
Núcleo urbano
Denominación galega do concepto que o castelán nomea casco urbano. Sinónimo:
centro urbano.
Ó axuste
Forma de traballo na que se fixa un prezo pola realización dun determinado labor
independentemente do tempo que se empregue en realízalo. Sinónimo: ao axuste.
*Ó detalle
Vid. Polo miúdo.
*Ó dorso
Vid. No dorso.
*Ó marxe
Vid. Na marxe.
*Ó menos
Vid. Polo menos.
*Ó por maior
Vid. Por xunto.
*Ó por menor
Vid. Polo miúdo.
*Ó sumo
Vid. Como moito.
*Obligación
Este é un calco do castelán; o correcto en galego é obriga.
Obrar
1. Realizar unha acción: «Obrou tal e como eu esperaba». Sinónimo: actuar.
2. Realizar obras: «Están obrando na facultade».
Co significado de estar algo escrito nun sitio determinado debe usarse constar.
Co significado de ter alguén algunha cousa fundamentalmente documentos debe usarse
estar en poder de.
Obriga
Denominación galega que o castelán nomea obligación.
1. Feito de estar alguén obrigado a facer algo: «Teño a obriga de axudarlle todos os
días un pouco». Sinónimo: deber, obrigación.
2. Aquilo que alguén está obrigado a facer: «É a súa obriga ir buscar o xornal todos os
días». Sinónimo: obrigación.
3. Favor: «Débelles moita obriga aos seus pais». Sinónimo: obrigación.
Obriga de pagamento
Denominación galega do concepto que o castelán nomea pagaré, e que debe
empregarse no canto do castelanismo *pagarei.
Obrigación

Páxina 57
Glosario de fraseoloxía e termos administrativos

Vid. obriga.
Obxectar
Denominación galega da acción que o castelán nomea objetar, e que debe empregarse
no canto do castelanismo *obxetar. En galego obxecto e todos os seus derivados
escríbense con c.
Obxecto
Denominación galega do concepto que o castelán nomea objeto, e que debe empregarse
no canto do castelanismo *obxeto. En galego obxecto e todos os seus derivados
escríbense con c.
*Obxetar
Vid. Obxectar. En galego obxecto e todos os seus derivados escríbense con c.
*Obxeto
Vid. Obxecto. En galego obxecto e todos os seus derivados escríbense con c.
*Octaviña
Vid. Folla.
Ocupar(se)
1. Encher un espazo: «O novo edificio ocupará todo o terreo».
2. Estar ou poñerse nun sitio ás veces pola torza: «Os manifestantes ocuparon a sala
de prensa».
3. Estar nun cargo ou nun posto: «Desde hai unha semana ocupa o posto de
xerente».
4 Encargarse de algo: «O novo auxiliar ocuparase das tarefas administrativas».
Sinónimo: atender.
Oír
1. Percibir polo sentido do oído un son: «Desde aquí óese o canto dun xílgaro».
Sinónimo: escoitar, sentir.
2. Prestarlle atención, facerlle caso a alguén: «Óeme, teño que che dicir algo».
Sinónimo: atender, escoitar.
3. Tomar en consideración, acoller favorablemente unha petición, un consello, etc.:
«Oíu as miñas súplicas e axudoume». Sinónimo: atender.
*Olvidar
Vid. Esquecer.
-on/-oa
Forman o feminino en –oa unha serie de adxectivos e substantivos en que –ón non pode
analizarse como sufixo: anfitrión, anfitrioa; bretón, bretoa; campión, campioa; ladrón,
ladroa (que tamén ten un feminino ladra); león, leoa; patrón, patroa; saxón, saxoa;
teutón, teutoa.
-on/-ona
Rematan en –ón / –ona as palabras en que esta terminación é: un sufixo aumentativo:
mullerona, casona; ou cando é un deverbal pexorativo: abusón, abusona; acusón,
acusona; faltón, faltona; lambón, lambona; preguntón, preguntona, etc.
Orde
Denominación galega do concepto que o castelán nomea orden. En galego é do xénero
feminino e este substantivo non leva n final.
*Ordeación
Vid. Ordenación.
*Ordeamento
Vid. Ordenamento.
*Ordeanza
Vid. Ordenanza.
*Ordear

Páxina 58
Glosario de fraseoloxía e termos administrativos

Vid. Ordenar.
*Orden
Vid. Orde.
Ordenación
Fíxate en que esta forma se escribe con n.
1. Acción e resultado de ordenar ou de dispoñer cousas segundo un criterio
determinado: «Imos seguir unha ordenación cronolóxica». Sinónimo: disposición,
orde, organización.
2. Acción e efecto de ordenar ou ordenarse sacerdote, e cerimonia en que se celebra.
«O papa presidiu a ordenación».
3. Conxunto de normas que rexen os modelos a seguir nunha determinada materia.
«Está a procurar unha nova ordenación urbanística».
Ordenamento
Fíxate en que esta forma se escribe con n.
1. Acción e efecto de ordenar.
2. Conxunto de normas referentes a cada un dos sectores do dereito.
3. Lei, pragmática ou ordenanza que dá o superior para que se observe unha conduta.
Odenanza
1. Conxunto de normas polas que se rexe unha comunidade, unha tropa: «No pleno
de hoxe vanse revisar as ordenanzas municipais ». Observacións: úsase sobre
todo en plural.
2. Soldado ao servizo dun oficial: «Mandoulle ao ordenanza levar o correo».
3. Empregado de certas oficinas encargado dos recados: «Ordenanza de xulgado».
Ordenar
Fíxate en que esta forma se escribe con n.
1. Poñer en orde: «Antes de saíres, tes que ordenar a túa roupa». Sinónimo:
arranxar, aviar, colocar, dispoñer, dispor, organizar.
2. Impoñerlle a alguén a obriga de facer algo: «Ordenáronlle que abandonase a sala».
Sinónimo: mandar.
3. Conferirlle a alguén o sacramento da orde: «O bispo ordenou onte tres
sacerdotes».
4. Decidir: «Viuse sen patacas e ordenou de facer unha ensalada».
5. Recibir o sacramento da orde: «Ordenouse sacerdote».
6. Distribuírse dunha determinada maneira: «As follas desta planta ordénanse por
pares». Sinónimo: organizarse.
Orzamento
1. Cálculo anticipado do custo dunha obra ou dun servizo: «Quero pintar a casa, pero
antes vou pedir un orzamento». Sinónimo: presuposto.
2. Cantidade que se destina para certo gasto: «O centro ten un orzamento para libros
de dous millóns de pesetas». Sinónimo: presuposto.
*Ós efectos de
Vid. Para os efectos de.
Ostentar
1. Mostrar ou deixar ver con claridade algo abstracto: «Xa de novo ostentaba moito
xenio para a pintura».
2. Facer alarde de calquera cousa mostrándoa ou realizándoa con moita grandeza e
aparato: «Ostentaba a súa riqueza en todo o que facía».
Co significado de estar nun cargo ou nun posto que se considera de moito mérito debe
usarse ocupar.
*Otorgar
Vid. Outorgar.

Páxina 59
Glosario de fraseoloxía e termos administrativos

Outorgar
Denominación galega da acción que o castelán nomea otorgar.
1. Dar, conceder ou permitir algo: «Outorgar honores de orde superior». Sinónimo:
dispensar.
2. Dispoñer algo nunha escritura pública, testamento, etc.: «Outorgou que a casa fose
para o fillo máis novo».
Ouvir
Tamén é correcto oír.
*Pabellón
Vid. Pavillón.
Padroado
Denominación galega do concepto que o castelán nomea patronato.
Pagadoría
Denominación galega do concepto que o castelán nomea pagaduría. Debemos recordar
que partimos de pagador, polo que se mantén a consoante o.
*Pagaduría
Vid. Pagadoría.
Pagamento
1. Participio irregular do verbo pagar.
2. Que se paga: «Días pagos».
3. Pagamento: «Este é o pago que lle dades a vosa nai!».
4. Cantidade que se recibe a cambio dun traballo, servizo, etc.: «Vou cobrar a paga de
xuño». Sinónimo: salario, soldo.
*Pagarei
Vid. Obriga de pagamento.
Pago
Acción ou resultado de pagar. Sinónimo: aboamento, pagamento.
Para os efectos de
Expresión galega que indica a finalidade con que se fai algo. Sinónimo: para, co fin de,
co obxecto de.
Parágrafo
Denominación galega do concepto que o castelán nomea párrafo.
1. Sección ou pequena división dun discurso, capítulo, lei, etc., xeralmente numerada,
que forma unha unidade por tratar un punto particular: «No parágrafo oito do
artigo falan do que che interesa». Sinónimo: alínea.
2. Cada unha das partes comprendidas entre dous puntos e á parte nun texto en
prosa. «Ese escritor tende a facer parágrafos moi longos». Sinónimo: alínea.
Parella
Denominación galega do concepto que o castelán nomea pareja.
*Parexa
Vid. Parella.
*Párrafo
Vid. Parágrafo.
Parte
1. Cada un dos elementos ou conxuntos que constitúen un todo, se os consideramos
por separado.
2. (f.) Sitio ou zona.
3. Cada unha das persoas ou grupos que participan nun mesmo asunto.
4. Conxunto de información homoxéneo que se transmite ao público por calquera
sistema. Sinónimo: comunicado.

Páxina 60
Glosario de fraseoloxía e termos administrativos

Co significado de documento en que se anotan feitos moi concretos que despois se


comunican por medio del debe usarse folla de control
*Pasante
Vid. Axudante de avogado.
*Pasillo
Vid. Corredor.
Pasiva reflexa
Ao falarmos dun feito determinado podémolo facer dende dous enfoques distintos:
-destacando o suxeito que realiza a acción
-destacando o obxecto que a recibe
Vexamos estes exemplos:
a) O conselleiro inaugurou oficialmente o novo complexo hospitalario.
b) O novo complexo hospitalario foi inaugurado oficialmente polo conselleiro.
A primeira das oracións está en voz activa, a segunda en voz pasiva.
Supoñamos agora a mesma noticia enunciada como segue:
c) Inauguraron oficialmente o novo complexo hospitalario.
d) Inaugurouse oficialmente o novo complexo hospitalario.
A primeira oración é activa: nela domina a perspectiva do axente, aínda que este non é
coñecido.
A segunda denomínase pasiva reflexa: equivale a o novo complexo hospitalario foi
inaugurado; tampouco coñecémo-lo axente (o conselleiro das oracións a e b), que non se
concreta na oración.
A pasiva total (b) é pouco frecuente na lingua falada e resulta por veces excesivamente
formal. Con todo, ten certo uso nos documentos administrativos debido a que neles
interesa a acción e non a persoa concreta que a realice. A pasiva reflexa (d) é máis
utilizada e resulta especialmente frecuente na linguaxe administrativa. Vémo-los tres
casos:
a) O secretario redactará a acta ao remate da sesión (voz activa).
b) A acta será redactada polo secretario ao remate da sesión (voz pasiva).
c) Redactouse a acta ao remate da sesión (pasiva reflexa).
Na linguaxe administrativa é frecuente atoparnos oracións en voz pasiva cun se
impersoal (pasiva reflexa) e o suxeito expreso. Por exemplo:
*Inaugurouse oficialmente polo conselleiro o novo complexo hospitalario.
*Redactarase a acta polo secretario ao remate da sesión.
*O premio declarouse deserto polo xurado.
Cómpre subliñar que a partícula impersoal se vai unida a verbos en terceira persoa en
enunciados nos que o axente queda indeterminado porque nos interesa presentalo como
un elemento coñecido e concreto. Segundo isto, se o que pretendemos é facer unha
oración impersoal debemos evita-lo suxeito axente para non construír unha
oración incorrecta ao empregarmos un se impersoal e indicar, asemade, quen
realiza a acción verbal.
Para evitarmos esta construtión abonda con emprega-la correspondente oración en voz
activa ou en voz pasiva. Se utilizámo-la pasiva reflexa, como vimos antes, o axente non
pode ir expreso na frase.
Así as oracións anteriores poden quedar do seguinte xeito:
O conselleiro inaugurou oficialmente o novo complexo hospitalario.
O novo complexo hospitalario foi inaugurado oficialmente polo conselleiro.
Inaugurouse oficialmente o novo complexo hospitalario.
O secretario redactará a acta ao remate da sesión.
A acta será redactada polo secretario ao remate da sesión.
Redactarase a acta ao remate da sesión.

Páxina 61
Glosario de fraseoloxía e termos administrativos

O xurado declarou o premio deserto.


O premio foi declarado deserto polo xurado.
O premio declarouse deserto.
O correcto é constuír esta oración en voz activa ou en voz pasiva con complemento
axente:
Os orzamentos foron aprobados polos veciños reunidos en xuntanza.
*Patronato
Vid. Padroado.
*Pao
Vid. Pau.
Pau
A forma correcta é con u final.
Pavillón
Denominación galega do concepto que o castelán nomea pabellón.
Páxina
Denominación galega do concepto que o castelán nomea página ou carilla.
*Peatón
Vid. Peón.
*Pegatina
Esta forma é un castelanismo; con este significado temos en galego adhesivo.
*Peldaño
Vid. Grao, bancho, chanzo, paso.
Peñor
Cousa que se entrega como garantía do pagamento dun préstamo ou como sinal de algo:
«Deixou o reloxo en peñor». Sinónimo: sinal.
Peón
Denominación galega do concepto que o castelán nomea peatón.
1. Persoa que realiza traballos non especializados, que non requiren moita habilidade:
«Dous peóns facían e carrexaban a masa».
2. Persoa que circula andando, por oposición á que vai nun vehículo: «Na estrada, os
peóns deben circular pola man esquerda». Sinónimo: viandante.
3. Cada unha das pezas do xogo das damas, ou das oito pezas brancas e negras de
menor valor, no xogo do xadrez: «Abriu o xogo movendo o peón do rei».
4. Persoa ás ordes doutra, ou disposta a obedecerlle: «El moveu os seus peóns e ás
dúas horas tiña o pedido».
Percorrer
Andar en toda a súa extensión ou en todos os sentidos un camiño, lugar, escala, etc.:
«Percorreu o país de norte a sur». Sinónimo: correr.
Perda
Denominación galega do concepto que o castelán nome pérdida.
Feito de perder e cousa ou cantidade perdida: «A perda da súa riqueza produciulle a
loucura».
*Pérdida
Vid. Perda.
*Perseverancia
Vid. Perseveranza.
Perseveranza
A forma correcta galega é con z.
Calidade do que persevera: «Traballa cunha perseveranza digna de admiración».
Sinónimo: constancia, firmeza, persistencia, tenacidade.

Páxina 62
Glosario de fraseoloxía e termos administrativos

*Persoarse
Vid. Comparecer.
*Personarse
Vid. Comparecer.
*Perxuicio
O correcto é prexuízo.
*Perxuízo
O correcto é prexuízo.
Peza
1. Cada unha das partes ou elementos dun conxunto, considerado como un todo.
2. Cada unha das cousas que é igual a outras ou forma parte dun todo.
3. Calquera dos diversos obxectos que forman o vestido dunha persoa.
4. Composición ou obra musical ou teatral.
Pictografía
Esta forma mantén o grupo ct.
Escritura ideográfica que consiste en debuxar os obxectos que se han de explicar con
palabras.
Pictórico
Esta forma mantén o grupo ct.
*Pisapapeis
Vid. Calcapapeis.
*Pizarra
Vid. Lousa, encerado.
Plan
Idea que se ten de algo que se pensa facer e de cómo facelo: «O noso plan para esta fin
de semana é facer unha excursión».
Plano
1. Representación gráfica da estrutura dun edificio, cidade, rede de estradas, etc.: «O
arquitecto revisa os planos do edificio». Sinónimo: proxecto.
2. Sen curvas, sen ondulacións, sen desniveis: «Busca un terreo plano para facer a
casa».
3. Superficie plana: «Iso cres que representa un plano horizontal».
4. Posición, punto de vista desde o cal se pode considerar algo: «As dúas propostas
están no mesmo plano».
5. Cada unha das superficies planas imaxinarias, perpendiculares á dirección da vista,
que dan idea de profundidade e do afastamento dos obxectos (en fotos, deseños,
imaxes de cine, etc.): «No último plano do cadro hai detalles magníficos».
*Planteamento
Esta forma é un castelanismo; formas galegas correctas son formulación, bosquexo,
proposición, idea, ordenamento, organización, planificación, presentación,
programa, proposta, etc.
*Plantexamento
Esta forma é un castelanismo; formas galegas correctas son formulación, bosquexo,
proposición, idea, ordenamento, organización, planificación, presentación,
programa, proposta, etc.
*Plantear
Este verbo é un castelanismo; formas correctas galegas co seu significado poden ser
formular, propor, considerar, deseñar, desenvolver, elaborar, enfocar,
establecer, estudar, idear, organizar, pedir, planificar, presupor, perfilar,
programar, suxerir, trazar, etc.

Páxina 63
Glosario de fraseoloxía e termos administrativos

*Plantexar
Este verbo é un castelanismo; formas correctas galegas co seu significado poden ser
formular, propor, considerar, deseñar, desenvolver, elaborar, enfocar,
establecer, estudar, idear, organizar, pedir, planificar, presupor, perfilar,
programar, suxerir, trazar, etc.
*Plantilla
Débese evitar este castelanismo e utilizar a forma galega cadro de persoal co
significado de conxunto de traballadores dunha empresa e soleta co significado de peza
coa que se cobre a parte de dentro dun zapato e pauta ou guía cando fai referencia á
peza que empreñamos para escribir recto…
*Plantel
Vid. Cadro de persoal.
*Pleito
Vid. Preito.
*Pliego
Vid. Prego.
*Plus
Vid. Sobresoldo.
Pobo
1. Conxunto de persoas que viven nun determinado lugar ou que teñen en común a
lingua, a cultura, a historia ou as tradicións.
2. Conxunto de persoas das clases traballadoras.
Co significado de entidade de poboación de pequeno ou mediano tamaño debe usarse
aldea e vila.
Poboación
1. Acción e resultado de poboar.
2. Conxunto de persoas que habita ou ocupa un lugar.
3. Lugar poboado.
Pola contra
Expresión galega que significa en contra do que se acaba de dicir. Sinónimos:
contrariamente, en cambio, en troque.
*Pola presente
Vid. A través deste escrito.
Polo menos
Expresión galega que significa como mínimo.
Polo miúdo
1. Expresión galega que significa vender ou mercar en pequenas cantidades.
2. Expresión galega que significa con todos os detalles. Sinónimos: detalladamente.
Ponderar
Examinar unha cousa de xeito imparcial: «Ponderou a viabilidade desa medida».
Co significado de gabar moito algo cando se fala del debemos usar gabar.
*Ponencia
Vid. Relatorio.
*Ponente
Vid. Relator/ra.
*Poñer en coñecemento
Vid. Dar coñecemento.
*Por añadidura
Vid. Por riba.
*Por contra

Páxina 64
Glosario de fraseoloxía e termos administrativos

Vid. Pola contra.


Por mor de
Expresión galega que significa por cousa ou motivo de. Sinónimos: debido a.
Por riba
1. Nun lugar máis elevado ca un que se toma como referencia.
2. Superficialmente
3. Maior cantidade ca unha que se toma como referencia.
4. Ademais.
Por veces
1. Expresión galega que significa en ocasións. Sinónimos: ás veces.
2. Expresión galega que significa en espazos de tempo sucesivos.
Por xunto
Expresión galega que significa vender ou mercar en grandes cantidades.
Porca
Vid. Rosca.
Porén
Substitúe esta palabra a formas como *nembargantes ou *sen embargo.
Portela
Abertura pequena que hai nunha parede a través da cal se atenden os clientes nalgúns
establecementos (despachos de billetes, bancos. etc.). Sinónimos: portelo.
*Posicionar(se)
Vid. Situar(se) e tomar postura.
Poxa
Denominación galega do concepto que o castelán nomea subasta. Sinónimos:
subhasta.
*Practicar dilixencias
Vid. Efectuar dilixencias.
*Pranta
Esta forma é un hiperenxebrismo; forma galega correcta é planta. Noutros contextos
podemos usar piso, andar…
*Pranteamento
Esta forma é un castelanismo; formas galegas correctas son formulación, bosquexo,
proposición, idea, ordenamento, organización, planificación, presentación,
programa, proposta, etc.
*Prantexamento
Esta forma é un castelanismo; formas galegas correctas son formulación, bosquexo,
proposición, idea, ordenamento, organización, planificación, presentación,
programa, proposta, etc.
*Prantear
Este verbo é un castelanismo; formas correctas galegas co seu significado poden ser
formular, propor, considerar, deseñar, desenvolver, elaborar, enfocar,
establecer, estudar, idear, organizar, pedir, planificar, presupor, perfilar,
programar, suxerir, trazar, etc.
*Prantexar
Este verbo é un castelanismo; formas correctas galegas co seu significado poden ser
formular, propor, considerar, deseñar, desenvolver, elaborar, enfocar,
establecer, estudar, idear, organizar, pedir, planificar, presupor, perfilar,
programar, suxerir, trazar, etc.
Predio
Denominación alega do concepto que o castelán nomea finca. Sinónimos: terreo.

Páxina 65
Glosario de fraseoloxía e termos administrativos

Prego
Denominación galega do concepto que o castelán nomea pliego.
Preito
Denominación galega do concepto que o castelán nomea pleito.
*Premura
Vid. Escaseza, urxencia.
*Prenda
Vid. Peñor e peza.
Prescrición
Denominación galega do concepto que o castelán nomea prescripción. En galego as
formas vinculadas á escritura perden o p.
*Prescripción
Vid. Prescrición. En galego as formas vinculadas á escritura perden o p.
*Presencia
Nesta palabra o galego conserva a solución patrimonial en –za: presenza. Non obstante
é presencial, presenciar, etc.
Presente

Tamén ha de evitarse a supresión de certos substantivos, que se dan por consabidos en


determinados contextos, deste xeito a partícula presente debe ir sempre acompañado dun
substantivo. O adxectivo sbstantivado presente non pode aparecer utilizado con valor
anafóricoA súa supresión é un erro importante.
*Pola presente expóñense os motivos que... > Pola presente circular expóñense os
motivos que...
Presenza
A forma correcta galega é con z.
1. Feito ou circunstancia de estar presente: «A súa presenza tranquilizounos».
2. Aspecto exterior dunha persoa: «Ten boa presenza». Sinónimo: aparencia.
Presuposto
1. Cousa que se presupón.
2. Cálculo anticipado do custo dunha obra ou dun servizo: «Quero pintar a casa, pero
antes vou pedir un presuposto». Sinónimo: orzamento.
3. Cantidade que se destina para certo gasto: «O centro ten un presuposto para libros
de dous millóns de pesetas». Sinónimo: orzamento.
Preventivo/va
Denominación galega do concepto que o castelán nomea cautelar. Sinónimo:
precautorio/ta.
*Previo/via + substantivo
Vid. Logo de + substantivo.
En galego previo/via ten unicamente o significado de anterior, non o de despois de que
se lle outorga nun exemplo como: «Previo informe técnico do xefe do servizo...», que
debería corrixirse nun «Logo do informe técnico do xefe de servizos».
*Prexuício
Vid. Prexuízo.
Prexuízo
Denominación galega dos conceptos que o castelán nomea prejuicio e perjuicio, e que
debe empregarse no canto do castelanismo perxuízo.
1. Opinión concibida con anterioridade á experiencia: «Estaba influenciado por vellos
prexuízos».
2. Perda dun ben ou vantaxe que tiña algo ou alguén: «A xeada causou prexuízos na
colleita». Sinónimo: dano.

Páxina 66
Glosario de fraseoloxía e termos administrativos

Prezo xusto
Denominación galega do concepto que o castelán nomea justi precio, e que debe
empregarse no cando do castelanismo xustiprezo.
Pro rata
Denominación galega do concepto que o castelán nomea prorrata.
Proceder
1. Ter unha orixe unha cousa ou unha persoa: «O novo profesor procede de
Estremadura». Sinónimo: provir, vir.
2. Comportarse ou actuar dun xeito determinado: «Non procedeu ben marchando da
reunión». Sinónimo: actuar.
3. Ser unha cousa apropiada ou conveniente: «Non procede unha resposta tan
violenta». Sinónimo: convir, ser o caso, ser pertinente.
Procesal
Vid. Procesual.
Procesual
Denominación galega do concepto que o castelán nomea procesal.
Do proceso ou relativo ao proceso: «Custas procesuais». Tamén se di procesal.
*Producción
Os grupos cultos ct e cc mantéñense nos vocábulos cando os preceden as vogais a, e, o,
pero suprímese a primeira consoante cando os preceden as vogais i e u: produción.
*Producto
Os grupos cultos ct e cc mantéñense nos vocábulos cando os preceden as vogais a, e, o,
pero suprímese a primeira consoante cando os preceden as vogais i e u: produto.
Producir efecto
Denominación galega do concepto que o castelán nomea surtir efecto.
*Profundizar
Castelanismo, co significado de facer unha cousa máis fonda ou examinar algo, estudalo
con detalle para coñecelo mellor exprésase en galego coas formas afondar ou
profundar.
*Proiecto
Vid. Proxecto.
*Promedio
Vid. Media.
Promover
1. Axuda a que se faga algunha cousa: «Promoveu a celebración do concerto».
2. Facer que alguén consiga unha categoría máis alta no seu traballo: «Promoveron a
Xoán a xefe de servizo».
3. Preparar e dar comezo a algunha actividade, especialmente as relacionadas co
ámbito xudicial (demandas, recursos...): «Van promover un recurso contra esta
sentencia».
*Prorrata
Vid. Pro rata.
*Prorratear
Vid. Ratear.
*Proveer
Vid. Prover.
Prover
Denominación galega do concepto que o castelán nomea proveer.
1. Facer que alguén dispoña de algo que precisa: «Prover un exército de armas».
Sinónimo: equipar. Observacións: úsase seguido da preposición de.

Páxina 67
Glosario de fraseoloxía e termos administrativos

2. Facer provisión do necesario: «Na súa tenda províase toda a comarca». Sinónimo:
abastecer(se), aprovisionar(se), fornecer(se).
Proxecto
Denominación galega do concepto que o castelán nomea proyecto e que debe
empregarse no canto do castelanismo proiecto.
Puberdade
A forma correcta galega é con d.
*Pubertade
Vid. Puberdade.
Quen
Esta forma é invariable en canto ao xénero.
Quenda
Denominación galega do concepto que o castelán nomea turno ou tanda. Sinónimo:
rolda, vez.
*Quenes
Vid. Quen.
*Quens
Vid. Quen.
Querela
Denominación galega do concepto que o castelán nomea querella.
1. Acusación que alguén presenta contra outra persoa perante a xustiza: «Presentou
unha querela contra o periodista por danar a súa imaxe».
2. Enfrontamento entre persoas que non están de acordo nalgunha cuestión: «Nesa
familia sempre hai querelas». Sinónimo: disputa, liorta, litixio, pendencia, porfía.
*Querella
Vid. Querela.
*Querencia
Vid. Querenza.
Querenza
A forma correcta galega é con z.
Quilo-
Denominación galega do concepto que o castelán nomea kilo-.
Quilolitro
Denominación galega do concepto que o castelán nomea kilolitro.
Quilómetro
Denominación galega do concepto que o castelán nomea kilómetro.
*Rasgo
Vid. Risco e trazo.
Ratear
Denominación galega do concepto que o castelán nomea prorratear.
*Reanudar
Vid. Reemprender.
*Recabar
Non existe esta forma en galego. Debe usarse acadar, conseguir, demandar, pedir,
solicitar, etc.
Recadador
Denominación galega do concepto que o castelán nomea recaudador.
Recadar
1. Xuntar diñeiro: «A Universidade recadou coas matriculas máis cartos dos que

Páxina 68
Glosario de fraseoloxía e termos administrativos

agardaba».
2. Xuntar cousas que estaban separadas ou en desorde: «Recadou as follas que
estaban estrados pola herba».
Recadro
Cada unha das divisións en pequenos cadros que se trazan nun papel ou noutra
superficie. Sinónimo: cuadrícula.
Recarga
Denominación galega do concepto que o castelán nomea racargo.
Cantidade adicional de diñeiro que se aumenta a unha carga, cota, imposto, etc.: «Ten
unha recarga de cincuenta pesetas».
*Recargo
Vid. Recarga.
*Recaudador
Vid. Recadador.
*Recaudar
Vid. Recadar.
Recensión
Denominación galega do concepto que o castelán nomea reseña.
Recensionar
Denominación galega da acción que o castelán nomea reseñar.
*Rechazar
Vid. Rexeitar.
*Recibí
Esta forma é un castelanismo, en galego temos carta de recepción.
*Recibín
Esta forma é un castelanismo, en galego temos carta de recepción.
Recompilar
Denominación galega do concepto que o castelán nomea recopilar. En galego tamén é
correcto, aínda que non recomendábel, recopilar.
Recopilar
Vid. Recompilar.
Recorrer
1. Buscar alguén ou algo para que os axude nalgunha cousa: «Tivo que recorrer á
axuda dun compañeiro para poder saír de alí».
2. Presentar un recurso contra unha decisión xudicial ou administrativa: «Recorreu
contra a resolución que o excluía do procedemento selectivo».
Co significado de ir ao longo dun espazo ou pasar por varios lugares debe usarse
percorrer
Ao ser un verbo intransitivo, non son correctos exemplos do tipo «Recorra a resolución»,
«A resolución foi recorrida» ou «A resolución recorrida».
Rectificar
1. Cambiar unha opinión ou un documento que estaba mal: «Rectificou o erro do
informe previo». Sinónimo: reparar.
2. Mellorar unha persoa o seu xeito de se comportar: «Ela rectificou cando viu ao que
se enfrontaba».
*Rectorado
Vid. Reitorado.
*Rector
Vid. Reitor.
*Rectoría

Páxina 69
Glosario de fraseoloxía e termos administrativos

Vid. Reitoría.
*Recurrir
Vid. Recorrer.
Redactar a acta
Denominación galega do concepto que o castelán emprega levantar acta. Lembra que
esta forma en galego tamén é correcta.
Rede de sumidoiros
Denominación galega do concepto que o castelán emprega alcantarillado.
*Reemprazar
Vid. Substituír.
*Reemprazo
Vid. Substitución.
Reemprender
Denominación galega do concepto que o castelán nomea reanudar. Sinónimo:
proseguir, recomezar.
Reencher
Encher de novo algo que antes foi baleirado: «Na cociña están reenchendo un polo».
Referendar
Denominación galega da acción que o castelán nomea refrendar.
1. Asinar un documento legal redactado ou xa aprobado por outro, para que siga o
seu curso ou para que sexa executado: «O ministro referendou o decreto».
2. Asegurar a validez de algo: «O pobo referendou nas urnas o texto constitucional».
Referendo
Denominación galega do concepto que o castelán nomea referéndum.
Votación directa dos cidadáns dun país para dar a súa opinión sobre unha cuestión
importante: «Celebrouse un referendo sobre a integración do estado nunha alianza
militar».
*Referéndum
Vid. Referendo.
Reflectir
1. Facer unha cousa de superficie lisa que unha onda de son, un raio de luz, de calor,
etc. cambie de dirección ao bater contra ela: «A Lúa reflicte a luz do Sol».
2. Devolver unha superficie lisa a imaxe de algo colocado diante dela: «A tona da
lagoa reflectía os amieiros.
3. Deixar ver, revelar, pór de manifesto: «A súa actitude reflicte o aprecio que nos
ten».
4. Cambiar de dirección unha onda de son, un raio de luz, de calor, etc. ao bater
contra unha superficie lisa: «O ruído reflíctese nas paredes e produce o eco».
5. Reproducirse unha imaxe nunha superficie lisa: «A súa figura reflectíase no
espello».
6. Deixarse ver, manifestarse: «A sorpresa reflectiuse no seu rostro».
*Reflexar
Este verbo é un castelanismo; o verbo correcto galego é reflectir.
*Refrendar
Vid. Referendar.
*Refrendo
Vid. Referendo.
Refugallo
1. Aquilo que sobra dunha cousa ou que non se aproveita: «Bótalle os refugallos do
peixe ao gato». Sinónimo: bazofia, desperdicio, reboutallo, residuo, restos, sobras.

Páxina 70
Glosario de fraseoloxía e termos administrativos

2. Froito que non se recolle ao realizar a colleita por non estar maduro: «Cos
refugallos desta viña enchíase un cesto». Sinónimo: refugo.
Refugar
Denominación galega do concepto que o castelán nomea rehusar. Sinónimo: rexeitar.
*Regla
Vid. Regra.
*Reglamento
Vid. Regulamento.
Regra
Denominación galega do concepto que o castelán nomea regla.
1. Instrumento en forma de listón longo e estreito que se utiliza para trazar liñas
rectas: «Debuxei unha casa empregando a regra».
2. Fórmula que expresa o que se debe ou non se debe facer e como se debe facer:
«Non sabe as regras do xogo».
3. Conxunto de preceptos que rexen a vida dunha comunidade relixiosa: «A regra do
convento é moi ríxida».
4. Función orgánica da muller e das femias de certos mamíferos, que consiste na
expulsión, unha vez cada mes, dunha pequena cantidade de sangue pola vaxina:
«Adiantóuselle a regra». Sinónimo: menstruación.
Regulamento
Denominación galega do concepto que o castelán nomea reglamento.
Conxunto de regras que regulan unha determinada actividade, ou o funcionamento dun
organismo: «O árbitro ten que aplicar o regulamento».
*Rehusar
Vid. Refugar.
Reitorado
Denominación galega do concepto que o castelán nomea rectorado.
Reitor
Denominación galega do concepto que o castelán nomea rector.
Reitoría
Denominación galega do concepto que o castelán nomea rectoría.
Reivindicar
Pedir ou esixir unha cousa á que se cre ter dereito: «Reivindicaban a liberdade para os
detidos». Sinónimo: reclamar.
Co significado de reclamar para si a autoría dalgunha acción debe usarse
responsabilizarse.
Relator/ra
Denominación galega do concepto que o castelán nomea ponente.
Relatorio
Denominación galega do concepto que o castelán nomea ponencia.
*Rellenar
Vid. Cubrir, reencher.
Rematar a sesión
Denominación galega do concepto que o castelán nomea levantar la sesión e que debe
empregarse no canto do castelanismo levantar a sesión.
Renda
Denominación galega do concepto que o castelán nomea renta.
Render
1. Producir unha persoa ou unha cousa un rendemento ou unha utilidade: «Esa
empresa réndelle moitos beneficios económicos».

Páxina 71
Glosario de fraseoloxía e termos administrativos

2. Durar algo un determinado tempo: «Non me rendeu nada a sesión do Claustro».


3. Dar ou ofrecer unha homenaxe un honor ou algo semellante: «Rendéronlles unha
homenaxe a tres profesores perseguidos polo franquismo».
4. Deixar sen ánimo ou sen forzas: «A viaxe por Santiago rendeume».
Rendible
Denominación galega do concepto que o castelán nomea rentable.
Que produce máis beneficios ca gastos ou perdas negocio, empresa, etc.: «Un negocio
pouco rendible». Sinónimo: produtivo.
Rendibilidade
Denominación galega do concepto que o castelán nomea rentabilidad.
Calidade de rendible, ou capacidade de render: «A rendibilidade dun negocio».
*Renta
Vid. Renda.
*Rentable
Vid. Rendible.
*Rentabilidade
Vid. Rendibilidade.
*Rentar
Vid. Render.
Renuncia
Acción ou resultado de renunciar a algo especialmente a dereitos adquiridos ou a bens.
*Replantear
Vid. Trazar a planta.
*Requerimento
Vid. Requirimento.
*Requerir
Vid. Requirir.
Requirimento
Denominación galega da acción que o castelán nomea requerimento.
1. Acción e efecto de requirir: «O ministro compareceu a requirimento dos deputados
do grupo mixto».
2. Petición mediante a que unha autoridade solicita algo de alguén: «Requirimento
xudicial».
Requirir
Denominación galega da acción que o castelán nomea requerir.
1. Facer algo ou alguén que sexa necesaria unha determinada cousa: «Este traballo
require moita preparación». Sinónimo: esixir, necesitar, pedir, precisar, querer.
2. Pedir como autoridade, amparándose na legalidade establecida: «O xuíz require a
presenza da testemuña». Sinónimo: solicitar.
*Reseña
Vid. Recensión.
*Reseñar
Vid. Recensionar.
Resgardo
Denominación galega do concepto que o castelán nomea resguardo.
Documento, papel, etc., ou anaco que se separa doutro, en que se demostra que se
enviou algo, se realizou certo trámite, se efectuou un pagamento, unha entrega, etc.:
«Fun renovar o carné de identidade e déronme un resgardo».
*Resguardo

Páxina 72
Glosario de fraseoloxía e termos administrativos

Denominación galega do concepto que o castelán nomea resgardo.


Respecto
Denominación galega do concepto que o castelán nomea respeto. En galego emprégase
sempre con c.
1. Actitude ou sentimento que fai que sexa tratada con consideración unha persoa ou
cousa: «Xa non hai respecto polos maiores!».
2. Feito ou circunstancia de obedecer unha norma, regra, lei, etc.: «O respecto do
código é necesario para evitar o caos da circulación».
3. Sentimento de inquietude que se experimenta ante algo perigoso: «Tenlle moito
respecto a saltar en paracaídas».
Respectar
Denominación galega do concepto que o castelán nomea respetar. En galego emprégase
sempre con c.
1. Demostrar respecto por alguén ou algo: «Débense respectar os pais».
2. Ter obediencia a unha norma, regra, lei, etc.: «Debemos respectar a lei.
Sinónimo: cumprir, obedecer.
*Respeto
Vid. Respecto.
*Respetar
Vid. Respectar.
Responsabilizarse
1. Facer(se) unha persoa responsable de algo: «Responsabilizaron a Abel da derrota
nas eleccións».
2. Reclamar para si a autoría dalgunha acción: «Un grupo descoñecido
responsabilizouse dos estragos cometidos no local».
*Resume
Vid. Resumo.
Resumo
Denominación galega do concepto que o castelán nomea resumen, e que debe
empregarse no canto do castelanismo *resume.
Escrito ou discurso breve en que están contidos os puntos esenciais dun máis extenso:
«Fixo un resumo do argumento da novela». Sinónimo: compendio, extracto.
Retribución
1. Acción ou resultado de retribuír.
2. Cantidade de cartos que percibe unha persoa como pagamento por algo que fixo.
Reverter
Denominación galega do concepto que o castelán nomea revertir.
1. Saír unha cousa, en especial un líquido fóra dos límites do recipiente en que está
contida: «Botaches moito viño e agora reverte fóra da copa». Sinónimo: rebordar.
2. Resultar de certa cousa o efecto ou consecuencia que se expresa: «Isto reverterá
en beneficio dos herdeiros».
*Revertir
Vid. Reverter.
*Revocar
Vid. Revogar.
Revogar
Denominación galega do concepto que o castelán nomea revocar.
Deixar sen efecto ou anular unha sentencia, orde, resolución, concesión, etc.: «Revogar
unha decisión, un decreto».
Rexeitar

Páxina 73
Glosario de fraseoloxía e termos administrativos

Denominación galega do concepto que o castelán nomea rechazar.


1. Facer retroceder algo ou alguén que se aproxima opondo resistencia: «A chapa de
metal rexeitou o proxectil». Sinónimo: repeler.
2. Afastar de si, ou afastarse de alguén que se achega: «Rexeitouno, cun empuxón,
cando lle foi pedir desculpas».
3. Non aceptar unha cousa ou persoa: «A familia rexeitoulle o noivo porque era doutra
relixión». Sinónimo: desbotar, refugar, refusar.
Rexer
Denominación galega do concepto que o castelán nomea regir, e que debe empregarse
no canto do castelanismo *rexir.
1. Ter baixo a súa dirección ou autoridade: «O presidente rexe o país». Sinónimo:
gobernar.
2. Determinar cómo ten que ser certa cousa: «As leis que rexen o comercio
internacional». Sinónimo: regular.
3. Esixir un elemento, outro: «Son verbos que rexen preposición».
4. Ter validez, estar vixente unha norma, unha lei, etc.: «Esta disposición legal xa non
rexe.
5. Ter unha persoa todas as facultades mentais: «Este vello xa non rexe». Sinónimo:
guiar, regular.
6. Estar baixo a dirección ou baixo a autoridade dunha norma, lei, etc.: «O país
réxese por unha constitución». Sinónimo: guiarse, regularse.
*Rexir
Vid. Rexer.
Ricto
Esta forma mantén o grupo ct.
Contracción dos labios que deixa ao descuberto os dentes e dálle á boca o aspecto da
risa; aspecto fixo ou transitorio do rostro ao que se lle atribúe a manifestación dun
determinado estado de ánimo.
*Riesgo
Vid. Risco.
Riscar
1. Facer riscos: «Riscou a mesa cun bolígrafo».
2. Facer riscos sobre algo para borralo ou indicar que non vale: «Riscou o borrador da
carta e comezou a redactar outra». Sinónimo: esborranchar.
Risco
1. Situación que pon en perigo a unha persoa ou cousa. Sinónimo: ameaza.
2. Liña que se fai ao escribir ou debuxar. Sinónimo: trazo.
Rogos e preguntas
Denominación galega do concepto que o castelán nomea ruegos y preguntas.
Sinónimo: rolda aberta de intervencións.
Romaría
Denominación galega do concepto que o castelán nomea romería. Tamén se di romaxe.
1. Peregrinación: «Un grupo de cristiáns fixo unha romaría a Roma». Observacións:
con este significado non é frecuente na lingua actual.
2. Festa popular en que a xente acode a un santuario por motivos relixiosos e, ao
mesmo tempo, divírtese: «A romaría de san Bieito de Lérez».
3. Afluencia continuada de xente a un lugar: «Había tanta xente que aquilo era unha
romaría».
Romaxe
Denominación galega do concepto que o castelán nomea romería. Tamén se di
romaría.

Páxina 74
Glosario de fraseoloxía e termos administrativos

1. Peregrinación: «Un grupo de cristiáns fixo unha romaría a Roma». Observacións:


con este significado non é frecuente na lingua actual.
2. Festa popular en que a xente acode a un santuario por motivos relixiosos e, ao
mesmo tempo, divírtese: «A romaría de san Bieito de Lérez».
3. Afluencia continuada de xente a un lugar: «Había tanta xente que aquilo era unha
romaría».
*Romeo
Vid. Romeu.
*Romería
Vid. Romaría, romaxe.
Romeu
A forma correcta en galego é con u final.
Rosca
Denominación galega do concepto que o castelán nomea tuerca.
1. Pan ou doce redondo, non moi alto e cun burato no medio: «Merquei unha ducia de
roscas na festa».
2. Fenda en espiral que ten un parafuso, unha porca ou unha peza similar: «Se se
desgastan as roscas do parafuso, logo non pode apertarse».
*Ruegos y preguntas
Vid. Rogos e preguntas.
Rueiro
1. Grupo de casas que forman un conxunto separado das outras do lugar ou da vila:
«Gaña a carreira o primeiro que dea a volta ao rueiro».
2. Praza ou terreo común no centro da aldea: «No rueiro faise a festa da patroa».
3. Terreo ao redor da casa labrega no que están o hórreo, os alpendres, a horta, etc.:
«Cada casa ten o seu rueiro, máis grande ou máis pequeno». Sinónimo: quinteiro.
Co significado de publicación que recolle a lista das rúas dunha cidade debe usarse guía
de rúas
*Ruela
Vid. Canella, denominación galega do concepto que o castelán nomea callejón, e que
debe empregarse no canto do castelanismo calexón.
*Salado
Vid. Salgado.
*Salar
Vid. Salgar.
*Sanar
Vid. Sandar.
Salgado
Denominación galega que o castelán denomina salado.
1. Impregnado de sal, con sal, ou que sabe a el por ter de máis: «Esta sopa non hai
quen a trague: está salgada».
2. Conservado en sal carne, peixe: «Ao caldo vaille moi ben a carne salgada».
Salgar
Denominación galega que o castelán denomina salar.
Botarlle sal a un alimento para aderezalo ou conservalo: «Debemos salgar sardiñas para
o inverno». Sinónimo: salpresar.
Sandar
Denominación galega que o castelán denomina sanar.
1. Facerlle recobrar a saúde a: «O cambio de clima conseguiu sandalo». Sinónimo:
curar.

Páxina 75
Glosario de fraseoloxía e termos administrativos

2. Recobrar a saúde: «Para sandar precisa moito repouso». Sinónimo: curar.


Se é o caso
Expresión galega que significa se ten que ver co que se está a dicir. Sinónimo: de ser o
caso, chegado o caso.
Se non
Expresión galega que significa en caso negativo.

Igrexa principal dentro do territorio eclesiástico gobernado por un bispo. Sinónimo:
catedral.
Co significado de lugar onde ten o seu domicilio unha empresa ou unha organización
debe usarse sede.
*Secta
Vid. Seita.
Sectario
Esta forma mantén o grupo ct e non vocaliza en it como seita.
sectarismo
Esta forma mantén o grupo ct e non vocaliza en it como seita.
Sede
Lugar onde ten o seu domicilio unha empresa ou unha organización.
Seita
1. Grupo de persoas que no seo dunha relixión seguen unha doutrina particular:
«Pertence a una seita herética».
2. Doutrina ou sistema que se afasta da crenza ou da opinión xeral: «A seita tiña cada
vez máis seguidores».
3. Comunidade de persoas, de carácter místico ou esotérico e polo xeral pechada,
reunida arredor dun líder: «Unha seita satánica».
*Según
Vid. Segundo.
Segundo
Expresión galega que significa de acordo con. Sinónimo: conforme.
*Semán
Vid. Semana.
Semana
Período de sete días seguidos especialmente se van do luns ao domingo.
*Sen embargo
Vid. Porén, no entanto.
*Sentencia
Nesta palabra o galego conserva a solución patrimonial en –za: sentenza. Non obstante
é sentenciar.
Sentenciar
1. Pronunciar unha autoridade unha sentencia contra alguén: «O xuíz sentenciounos a
trinta anos de cadea». Sinónimo: condenar.
2. Expresar o seu parecer, emitir un xuízo como conclusión a un debate, conversa,
etc.: «Ímolo deixar, porque vexo que non atende a razóns, sentenciou, canso xa de
discutir».
Sentenza
A forma correcta galega é con z.
1. Decisión dun xuíz ou dun tribunal sobre un caso concreto: «A sentenza foi
exemplar».
2. Dito ou frase que expresa un consello ou xuízo da sabedoría popular: «As vellas

Páxina 76
Glosario de fraseoloxía e termos administrativos

sentenzas son útiles para a vida». Sinónimo: adaxio.


*Sentenzar
Vid. Sentenciar.
*Seña
Vid. Aceno, enderezo.
*Septiembre
Vid. Setembro.
*Séptimo
Vid. Sétimo. En galego escríbese sen p.
*Servicio
Esta forma mantén a terminación patrimonial galega –zo: servizo.
Servizo
1. Acción e efecto de servir: «Neste local o servizo é rápido».
2. Traballo ou actividade de utilidade pública e organismo que asegura a súa
realización: «Está de servizo no hospital esta fin de semana».
3. Conxunto de obxectos utilizados para servir a mesa: «Hai que pór un servizo máis,
que chegou un novo convidado».
4. Cuarto dunha casa ou local onde está o inodoro: «Por favor, onde está o servizo?».
Sinónimo: latrina, retrete, váter.
5. Conxunto de criados que traballan nunha casa: «O servizo está de vacacións».
Sinónimo: servidume.
6. Paso de pé ou de carro polo que se accede a unha leira: «O prado ten o servizo
pola cima».
7. Saque en tenis, voleibol, etc.: «Errou o servizo».
Setembro
Denominación galega que o castelán denomina septiembre.
Noveno mes do ano, que ten 30 días: «En setembro comeza o outono».
Sétimo
Denominación galega que o castelán denomina séptimo. En galego escríbese sen p.
1. Que nunha serie ocupa o lugar número sete: «Vive na sétima planta».
2. Cada unha das sete partes iguais en que se divide un todo: «Como somos sete a
repartir, tocamos a un sétimo cada un».
*Silla
A forma *silla é un castelanismo; nós temos de noso cadeira.
*Sillería
Vid. Cadeirado, cantería.
Simposio
Denominación galega do concepto que o castelán nomea simpósium.
*Simpósium
Vid. Simposio.
Sinatura
1. Nome escrito pola propia persoa, xeralmente acompañado de rúbrica en
documentos ou cartas para se comprometer ou facerse responsable do que neles se
di.
2. Acción ou resultado de asinar. Sinónimo: asinamento, firma.
Situación
1. Lugar onde está colocado algo ou alguén.
2. Estado en que se atopa algo ou alguén.
Situar(se)

Páxina 77
Glosario de fraseoloxía e termos administrativos

Poñer unha cousa ou poñerse nun determinado lugar ou situación: «Situouse na última
fila do salón de graos». Sinónimo: colocar, localizar.
Soar
Terreo onde se construíu o se pode construír: «Comprou un soar para facer unha casa».
Sinónimo: terreo edificable.
*Soborno
Vid. Suborno.
Sobreplanta
1. Peza que cobre o interior da planta dun calzado.
2. Peza que se usa como orixinal para debuxar, cortar ou facer outra igual. Sinónimo:
modelo.
Sobresaínte
1. Que sobresae: «Foi un biólogo sobresaínte nunha época de mediocridade
científica». Sinónimo: saliente, sobresaliente.
2. Cualificación máxima nun exame: «Estudou canto puido para levar sobresaínte».
Sinónimo: sobresaliente.
Sobresaliente
3. Que sobresae: «Foi un biólogo sobresaliente nunha época de mediocridade
científica». Sinónimo: sobresaínte.
4. Cualificación máxima nun exame: «Estudou canto puido para levar sobresaliente».
Sinónimo: sobresaínte.
*Sobreseer
Vid. Sobreser.
Sobreser
Denominación galega da acción que o castelán emprega sobreseer.
Dar por terminado ou paralizar unha autoridade xudicial un proceso cando se dan certos
supostos que impiden continualo: «O xuíz sobreseu o caso por falta de probas».
Sobresoldo
Cantidade de diñeiro que alguén recibe como premio do seu traballo ademais do soldo
normal.
Solar
É un adxectivo que se refire á luz do sol: «Os raios solares».
Cos outros significados podemos usar soar ou terreo edificable.
Solicitar
Pedir algo con respecto ou por medio dos procedementos oficiais propios para cada caso:
«Solicitou que se lle enviase toda a documentación que se refería ao seu caso».
*Solidaridade
Vid. Solidariedade.
Solidariedade
Denominación galega do concepto que o castelán nomea solidaridad, e que debe
empregarse no canto do castelanismo *solidaridade.
Axuda ou apoio que, por un sentimento de obriga moral, se lle presta a quen o necesita.
«Pídese a solidariedade coas vítimas do sinistro».
Solo
1. Parte superficial da codia da Terra: «As características do solo axudaron a
conservar os restos do enterramento».
2. Terreo edificable: «O encarecemento do solo ocasionado pola especulación».
3. Extensión territorial dun país, rexión, etc.: «Defender o solo patrio». Sinónimo:
territorio.
4. Conxunto de pedras planas que forman o chan do forno: «Varreu o solo con
ramallos de loureiro». Sinónimo: estrado, sollo.

Páxina 78
Glosario de fraseoloxía e termos administrativos

5. Fragmento musical interpretado por un só instrumento ou por unha soa voz:


«Estaba interpretando un solo de violín».
Sondaxe
Denominación galega do concepto que o castelán nomea sondeo.
1. Acción e efecto de sondar: «Están a facer sondaxes para atopar petróleo».
Sinónimo: mostraxe.
2. Exploración metódica dun medio (mar, aire, solo, etc.) mediante aparellos e
procesos técnicos especiais: «A nova sondaxe submarina indica que aí non hai
nada».
*Sondeo
Vid. Sondaxe.
*Soslaiar
Vid. Eludir.
*Sótano
Vid. Soto.
Soto
Denominación galega do concepto que o castelán nomea sótano.
Parte dun edificio situado por debaixo do nivel exterior do chan, entre os alicerces: «No
soto desa casa hai unha taberna típica».
*Subasta
A forma propia galega é poxa ou subhasta.
1. Venda pública de cousas, que consiste en adxudicalas a quen máis ofrece por elas:
«Poxa de obras de arte».
2. Acción de poxar ou ofrecer nunha poxa unha cantidade superior á ofrecida
anteriormente por outro: «Observa ben a mercancía antes de facer a poxa».
3. Cantidade que se ofrece: «A poxa máis alta non superou a de días anteriores».
*Subastar
A forma propia galega é poxar ou subhastar.
1. Vender algo nunha poxa: «Poxou a casa con mobles incluídos».
2. Ofrecer nunha poxa unha cantidade superior á ofrecida anteriormente por outro:
«Ao final só poxaban os máis ricos».
Subliñar
Denominación galega da acción que o castelán nomea subrayar, e que debe empregarse
no canto do castelanismo subraiar.
1. Facer unha liña horizontal por debaixo dunha cousa escrita para chamar a atención
sobre ela: «Subliñade os parágrafos principais do texto».
2. Chamar a atención sobre algo que se di mediante a entoación, a repetición, etc.:
«Non deixou de subliñar a importancia do seu labor como director». Sinónimo:
destacar, salientar.
Tamén se di suliñar.
Subministración
Denominación galega do concepto que o castelán nomea suministrar.
Acción e efecto de lle dar ou vender a alguén algo que necesita ou facer que estea á súa
disposición.
Subministrar
Denominación galega do concepto que o castelán nomea suministrar.
Darlle ou venderlle a alguén algo que necesita ou facer que estea á súa disposición.
«Subministroulle todo tipo de información». Sinónimo: proporcionar.
Subornar
Conseguir que a cambio de diñeiro ou regalos unha persoa]deixe de cumprir co seu
deber e actúe conforme se lle manda: «Subornaron os gardas para entrar na fortaleza».

Páxina 79
Glosario de fraseoloxía e termos administrativos

Sinónimo: comprar, untar (pop.).


Suborno
Acción pola que se lle dá a unha persoa calquera ou a un representante da
Administración diñeiro ou outra cousa para que faga algo que non é xusto ou legal.
O galego non ten dúas palabras distintas para denominar o suborno dun cidadán
calquera ou o dun funcionario, algo que si posúe o castelán («soborno» e «cohecho»). Se
queremos indicar o segundo dos conceptos recorreremos ao sintagma «suborno dun
funcionario» e non á forma do castelán ou a copias agalegadas do tipo *cofeito.
*Subraiar
Vid. Subliñar.
*Subsanar
Este verbo é un castelanismo; con este significado temos en galego rectificar e/ou
amañar.
*Subsandar
Vid. Emendar, corrixir...
Subscribir
Denominación galega do concepto que o castelán nomea suscribir.
1. Estar conforme co que se di nun escrito, a opinión dada por outro: «Asinou o
documento subscribindo o que nel se contiña».
2. Apoiar unha iniciativa asinando un documento, contribuíndo cunha cantidade, etc.:
«Aumenta o número dos que subscriben a campaña».
3. Asinar o contrato polo que se adquire o dereito a recibir unha publicación periódica,
a asistir a un acto, espectáculo, etc. «Subscribiuse a un diario de Santiago».
Sinónimo: abonar(se).
Substantivo + a + infinitivo
Por influencia do castelán tamén é frecuente o emprego da construción galicista (que
pasa do francés ao castelán, e deste ao galego) substantivo + a + infinitivo coa idea de
finalidade e que convén substituír por outra estrutura máis de noso: *Cantidades a
pagar; *Cantidades a deducir; *Problemas a tratar.
Nestes casos é preferible o emprego de fórmulas como: Cantidades que se deben;
Cantidades deducibles; Problemas que hai que tratar.
Substituír
1. Pór en lugar de: «Substituíron a peza avariada por unha nova». Sinónimo:
cambiar, trocar.
2. Pórse en lugar de, facer as veces de: «O dianteiro substituíu ao porteiro no final do
partido».
*Substraer
Vid. Subtraer.
Subtraer
Denominación galega da acción que o castelán nomea sustraer. Esta forma en galego
escríbese sen s.
1. Quitarlle algo ao seu dono ou do lugar en que está sen violencia: «Non se decatou
de que lle subtraeran a carteira».
2. Tirar dunha cantidade outra máis pequena ou dun grupo de cousas unha parte
delas: «A esa cifra teslle que subtraer dez». Sinónimo: restar.
3. Evitar unha cousa que resulta ou pode resultar molesta ou prexudicial: «Non puido
subtraerse ás preguntas da prensa».
Succión
Esta forma mantén o grupo cc.
Acción de chupar.
Succionar

Páxina 80
Glosario de fraseoloxía e termos administrativos

Esta forma mantén o grupo cc.


Chupar, extraer algún zume ou cousa análoga cos beizos.
*Suelo
Vid. Chan e solo.
Suliñar
Vid. Subliñar.
Sumidoiro
Denominación galega do concepto que o castelán nomea alcantarilla.
Conduto, xeralmente subterráneo, polo que se evacúan as augas da chuvia e as
procedentes de residuos das vivendas, da industria, etc.: «Deberían prohibir que os
sumidoiros das fábricas vertesen nos ríos ou no mar».
*Suministrar
Vid. Subministrar.
*Suministro
Vid. Subministración.
*Surtir efecto
Vid. Producir efecto.
*Suscribir
Vid. Subscribir.
*Sustituir
En galego este verbo mantén o grupo culto -bs- + consoante: substituír.
Suxeitar
Denominación galega da acción que o castelán nomea sujetar, e que debe empregarse
no canto do castelanismo *suxetar.
1. Coller algo ou a alguén e mantelo así para que non se mova, non caia, non fuxa,
etc.: «Suxéitao, que non escape». Sinónimo: agarrar, amarrar, atar, prender.
2. Collerse a algo ou alguén coas mans, para non caer: « Non vaias caer, suxéitate
ben». Sinónimo: agarrarse.
3. Cumprir o que nunha lei, orde, etc. se esixe: «Suxeitarse ás normas».
*Suxerencia
A forma correcta é suxestión. O que en castelán se denomina buzón de sugerencias,
debe denominarse en galego caixa de suxestións.
Suxestión
1. Acción de provocar no ánimo de alguén certa idea ou de lle dicir a alguén certa
cousa que pode facer, que lle pode ser de utilidade, etc. para que a teña en conta:
«Foi unha suxestión oportuna».
2. Cousa suxerida: «A miña suxestión foi aceptada». Sinónimo: proposición,
proposta.
3. Fenómeno que leva a un individuo a asumir unha idea, a experimentar sentimentos
ou a actuar de determinada maneira con independencia da vontade ou da
consciencia: «O poder da suxestión».
*Suxetar
Vid. Suxeitar.
*Tabla
Vid. Táboa.
*Tableiro
Vid. Taboleiro.
*Tablón
Vid. Táboa e taboleiro.

Páxina 81
Glosario de fraseoloxía e termos administrativos

Táboa
1. Anaco longo, plano e pouco graxo de madeira ou doutro material ríxido.
2. Lista de nomes, números ou outros datos que se emprega en certos deportes.
Taboleiro
1. Superficie plana de madeira, de cortiza ou doutros materiais que se emprega con
fin diversos.
2. Superficie cadrada, con debuxos ou sinais na que se xogan algúns xogos de mesa.
Tachar
Vid. Acusar, riscar.
*Tal vez
Este adverbio escríbese aglutinado, é dicir xunto: talvez.
*Tanda
Vid. Quenda.
*Tantear
Esta forma é un castelanismo, a forma galega correcta é tentear.
*Tanteo
Esta forma é un castelanismo, a forma galega correcta é tenteo.
*Taquilla
Esta forma é un castelanismo. Debemos usar a forma galega despacho de entradas,
de billetes e/ou billeteira.
*Tasa
Vid. Taxa.
*Tasar
Vid. Taxar.
Taxa
Denominación galega do concepto que o castelán nomea tasa.
1. Cantidade de diñeiro que debe paga-lo cidadán ao Estado ou a outros entes
públicos por determinados servicios e que, en ocasións, ten carácter de imposto ou
tributo: «Está a pagar a taxa municipal pola recollida do lixo».
2. Límite no consumo ou gasto de algo: «Come e bebe sen taxa».
Taxar
Denominación galega da acción que o castelán nomea tasar.
1. Fixar o prezo dun produto ou dun servizo: «Unhas xoias taxadas en varios millóns
de pesetas». Sinónimo: cifrar, avaliar, valorar.
2. Limitar ou regular o consumo ou o gasto dunha cousa: «Hai que taxarlle a bebida,
que lle fai moito mal».
Telefonar
Denominación galega da acción que o castelán nomea telefonear.
*Telefonear
Vid. Telefonar.
Tendo en conta
Expresión galega que significa atendendo de modo especial a un aspecto determinado.
Sinónimo: tendo presente.
Tenencia
Cargo que ocupa un tenente.
Co significado de acción ou resultado de ter unha cousa debe usarse tenza
Tentar
1. Intentar que unha persoa faga algo malo: «Parece que o tentou o demo».
Sinónimo: inducir.

Páxina 1
Glosario de fraseoloxía e termos administrativos

2. Facer esforzos por conseguir algo: «Tentou chegar a tempo pero non puido».
Sinónimo: intentar.
3. Tocar algo coas mans para recoñecelo ou buscar algunha cousa: «Tentaba a parede
para atopar a luz xa que todo estaba escuro». Sinónimo: palpar.
4. Intentar adiviñar os resultados dunha acción, ou a reacción dunha persoa antes de
que ocorra «Estamos tentando as reaccións do presidente para ver por onde
respira».
Tenza
Acción ou resultado de ter unha cousa.
Término
Esta forma é correcta pero recoméndase o uso de termo.
Termo
1. Momento en que termina algo: «O traballo está chegando ó seu termo».
Sinónimo: conclusión, fin, final, remate.
2. Espazo de tempo que se concede para a realización dunha cousa: «Témolo que
facer no termo dun mes». Sinónimo: prazo.
3. Territorio que está baixo unha xurisdición, especialmente a dun concello: «Termo
municipa».
4. Cada un dos elementos dun todo, entre os que hai relación: «Os termos dunha
fracción».
5. Palabra pertencente ó vocabulario especializado dunha arte, ciencia, etc.: «Un
termo de lingüística».
6. Con adxectivos do tipo primeiro, segundo, etc., lugar que ocupa unha cousa nunha
enumeración: «Trataremos este asunto en primeiro termo».
7. As palabras ou condicións nas que algo se establece: «Os termos do contrato
satisfixeron as dúas partes».
8. Palabras con que se expresa algo ou maneira como se expresa: «Dixo o que tiña
que dicir en termos benévolos».
Terreo edificable
Denominación galega do concepto que o castelán nomea solar. Tamén pode usarse
soar.
Tese
Denominación galega do concepto que o castelán nomea tesis.
*Tercio
Vid. Terzo.
*Terzo
A forma correcta galega é con z.
1. Cada unha das tres partes iguais en que se divide un todo: «Un terzo do soldo gástao na
vivenda».
2. Tipo de arrendamento de terras segundo o cal, nalgúns lugares, unha parte da colleita lle
correspondía ao arrendatario e dúas ao dono, e, noutros, de catro partes, tres eran para quen
as traballaba e unha para o dono: «Arrendar ao terzo».
3. Viga paralela ao cumio: «Botar os terzos».
4. Rexemento da infantería española dos séculos XVI e XVII: «Os terzos de Flandres».
5. Tonel para o viño cunha capacidade entre douscentos e trescentos litros: «Este ano fixemos
catro terzas de branco».
6. Tonel pequeno para conservar: «Unha terza de arenques».
Pero terciario ou terciaria.
*Tesiña
Vid. Memoria de licenciatura.
*Tesis

Páxina 2
Glosario de fraseoloxía e termos administrativos

Vid. Tese.
*Tesoreiro
Vid. Tesoureiro.
*Tesoro
Denominación galega do concepto que o castelán nomea tesoro.
Tesoureiro
Denominación galega do concepto que o castelán nomea tesorero.
Tesouro
Vid. Tesouro.
Testemuña
1. Persoa que viu ou escoitou algunha cousa concreta.
2. Persoa á que nun xuízo se lle fan unha serie de preguntas tendo en conta a súa
relación co que alí se xulga.
3. Persoa que debe estar presente nalgúns actos para que sexan válidos.
Testemuño
1. Aquilo que di unha testemuña.
2. Aquilo que serve para demostrar algo.
*Testigo
A persoa que testifica é unha testemuña.
*Testimonio
A declaración desa testemuña é un testemuño.
*Tiza
A forma correcta en galego é xiz.
*Toda vez que
Vid. Xa que.
Tomar mostras
Denominación galega do concepto que o castelán nomea muestrear, e que debe
empregarse no canto do castelanismo mostrear.
Tomar postura
Apoiar unha determinada actitude con respecto a un asunto ou a unha ideoloxía: «O
reitor tomou postura a favor dos estudantes».
*Torca
Vid. Rosca, porca.
*Tornillo
A forma galega é parafuso.
*Tragaluz
Vid. Bufarda.
*Traiecto
Vid. Traxecto.
Tramitar
Facer os trámites precisos para algo, especialmente para enviar un escrito ao seu
destinatario.
Transcorrer
Denominación galega do concepto que o castelán nomea transcurrir.
Seguir o seu curso o tempo ou algo que ten lugar no tempo: «Transcorren os días e nós
perdemos a esperanza». Sinónimo: correr, pasar, pasar, decorrer.
*Transcurrir
Vid. Transcorrer.
Transmitir

Páxina 3
Glosario de fraseoloxía e termos administrativos

Facer chegar unha mensaxe ou unha noticia ao seu destinatario.


Traxecto
Denominación galega do concepto que o castelán nomea trayecto e que debe
empregarse no canto do castelanismo *traiecto.
Trazar a planta
Denominación galega da acción que o castelán nomea replantear.
Trazo
1. Liña que se fai ao escribir ou debuxar. Sinónimo: risco.
2. Elemento ou calidade propios dunha persoa ou dunha cousa.
3. Liña da cara dunha persoa.
*Tribu
Vid. Tribo.
Tribu
A forma correcta galega é con u final.
Grupo de familias que viven baixo a autoridade do mesmo xefe, todas elas procedentes
de antepasados comúns: «Pertencea unha das doce tribos de Israel». Sinónimo: clan.
*Triple
Vid. Triplo.
Triplo
A forma correcta galega é con o final.
1. Que equivale a tres veces outro, que está constituído por tres partes ou elementos
semellantes ou que contén tres veces unha cousa: «Existe unha tripla solución a
este problema».
2. Cantidade tres veces maior ca outra con respecto a esta: «Nove é o triplo de tres».
Trocar
Denominación galega do concepto que o castelán nomea canjear, e que debe
empregarse no canto do castelanismo *canxear. Sinónimo: cambiar.
*Troquel
Vid. Cuño.
*Tuerca
Vid. Rosca, porca.
*Turno
Vid. Quenda.
*Ubicación
A forma *ubicación non existe en galego; para o seu significado pode utilizarse
instalación, localización ou situación. O verbo é localizar e/ou situar.
*Ubicar
A forma *ubicar non existe en galego; para o seu significado pode utilizarse localizar
e/ou situar.
Ultimato
Denominación galega do concepto que o castelán nomea ultimátum.
1. Resolución terminante ou serie de condicións definitivas para un acordo, que un
estado lle impón e lle comunica a outro por escrito, e que poden causar a guerra ou
a ruptura de negociacións se non se aceptan: «Decidiron mandarlle un ultimato
para que cambiase de actitude».
2. Proposta ou resolución precisa, terminante e irrevogable: «Aquelas palabras
semellaban un ultimato».
*Ultimátum
Vid. Ultimato.
Unificar

Páxina 4
Glosario de fraseoloxía e termos administrativos

Denominación galega da acción que o castelán nomea aunar.


1. Facer que dúas ou máis cousas distintas, ou que estaban separadas formen un
conxunto: «Unificar os esforzos é o que se debe facer e non loitar por separado».
2. Eliminar as diferenzas existentes entre dúas ou máis cousas, facer igual ou
semellante. «Para a edición dese libro hai que unificar a ortografía dun texto».
Sinónimo: igualar, uniformar.
3. Pasar de ser dous ou máis a ser un só. «Unificáronse os dous estados».
Unir
1. Poñer ou poñerse xuntas varias cousas ou persoas: «Uniu os expedientes cunhas
grampas».
2. Facer que dúas ou máis persoas estean de acordo ou sexan amigas: «Conseguimos
unir dúas posturas tan diverxentes».
3. Pór de acordo a persoas ou organismos para que traballen por un interese común:
«Os concellos da beiramar uníronse para defender os seus intereses». Sinónimo:
agrupar, xuntar.
*Urbán
A forma *urbán é un hipergaleguismo; a forma correcta é urbano.
Urxencia
1. Presa ou necesidade de facer algo.
2. Asunto que hai que amañar con moita présa, especialmente relacionado cons
enfermidades.
Urxir
1. Ser unha cousa o que se precisa facer canto antes: «Úrxeme rematar este
traballo».
2. Ser unha cousa o que precisa ser feita canto antes: «Úrxeme que veñas á casa».
3. Ser unha cousa o que outra cousa precisa que se lle faga canto antes: «Ao tellado
úrxelle unha reparación».
4. Non permitir ningunha demora: «O tempo urxe».
5. Tornar necesario, como única solución, precisar con urxencia: «O seu estado crítico
urxía unha intervención rápida».
6. Levar a: «A miseria urxiunos a abandonar os fillos».
Este verbo non se pode empregar con valor transitivo como se fai en exemplos do tipo
«*Urximos ao reitorado para que tome a decisión con rapidez».
*Vaciar
A forma correcta é baleirar.
*Vacío/a
A forma correcta é baleiro.
Validación
Denominación galega da acción que o castelán nomea convalidacón.
Acto e efecto de declarar válido ou darlle o carácter de válido a algo.
Validar
Denominación galega da acción que o castelán nomea convalidar.
Declarar válido, dar carácter de válido a algo: «Validou o documento coa súa sinatura e
cuño».
*Vantaxa
A forma correcta en galego é vantaxe.
Vantaxe
Denominación galega do concepto que o castelán nomea ventaja, e que debe
empregarse no canto do castelanismo *ventaxa.
Condición ou situación favorable dunha persoa ou cousa respecto doutras: «Vivir na
cidade ten vantaxes e inconvenientes que ti debes valorar».

Páxina 5
Glosario de fraseoloxía e termos administrativos

Venda
Denominación galega do concepto que o castelán nomea venta.
1. Acción ou efecto de vender: «A familia non está conforme coa venda das
propiedades da avoa».
2. Actividade de vender: «Dedícase á venda ambulante».
3. Peza de tea, xeralmente de gasa, que se emprega para cubrir feridas: «Cubríronlle
a ferida cunha venda».
Ventá
1. Oco aberto na parede dun edificio ou dun vehículo para que entre a luz e aire.
Sinónimo: fiestra, xanela.
2. Marco de madeira ou metal, xeralmente con vidros, que se coloca nun destes ocos.
Sinónimo: fiestra, xanela.
3. Abertura rectangular que teñen algúns sobres, que se tapa cun material
transparente e que permite ver o enderezo do destinatario. Sinónimo: fiestra,
xanela.
Co significado de abertura pequena que hai nunha parede, a través da cal se atenden os
clientes nalgúns establecementos (despachos de billetes, bancos, etc.) debe usarse
portela.
*Venta
A forma correcta é venda.
*Ventana
Vid. Ventá.
*Ventanilla
*Ventanilla é un castelanismo, polo que debemos usar a forma propia portelo; por
exemplo: portelo único.
*Ventaxa
Vid. Vantaxe.
Veredicto
Esta forma mantén o grupo ct.
Resolución pronunciada por un xurado.
*Vía de apremio
Vid. Vía executiva.
Vía executiva
Denominación galega do concepto que o castelán nomea vía de apremio. En galego
debemos usar vía executiva ou vía de constrinximento.
Vila
Entidade de poboación máis pequena cá cidade e máis grande cá aldea, que en Galicia
adoita ter un núcleo urbano e ser o centro económico e administrativo dun concello ou
dunha comarca: «Os domingos meu avó vai á vila ver o partido de fútbol».
*Villa
Vid. Vila.
Vindicta
Esta forma mantén o grupo ct.
Vinganza, satisfacción do agravio ou dano recibidos.
*Vinteún, *vintedous, *vintetrés, *vintecatro, etc.
Estas formas deben ser escritas separadas: vinte e un, vinte e dous, vinte e tres,
vinte e catro, etc.
*Visto bo
Vid. Visto e prace.
Visto e prace

Páxina 6
Glosario de fraseoloxía e termos administrativos

Denominación galega do concepto que o castelán nomea visto bueno, e que debe
empregarse no canto do castelanismo *Visto bo.
*Vocal
Este substantivo co significado de «son básico dunha lingua provocado pola vibración das
cordas vocais», ou ben «membro da xunta dunha asociación ou institución con dereito a
intervir» debe ser grafado con -g-: vogal.
Usamos vocal (con -c-) co significado de da voz, vocalista (p. ex. cordas vocais).
Xa que
Expresión galega que introduce a cousa que provoca unha consecuencia determinada.
Sinónimo: posto que; tendo en conta; dado que.
Xeral
1. Que se refire ao conxunto de individuos, de casos, de detalles, etc., e non a cada
un en particular: «Dáme a túa opinión xeral sobre o asunto».
2. Que afecta á maioría ou á totalidade dunha colectividade. «Este é un asunto de
interese xeral». Sinónimo: común..
3. Que abarca o conxunto dunha organización, dun servizo, etc.: «A Esa dirección
xeral creo que depende da Consellería de Presidencia».
Xeralizar
Vid. Xeneralizar.
Xeneral
Xefe militar de máis alto grao no exército de terra ou do aire: «Ascendeu de coronel a
xeneral».
Xeneralizar
Denominación galega da acción que o castelán nomea generalizar.
1. Facer xeral unha cousa, estendela á maioría: «O Goberno vai xeneralizar os
servizos médicos gratuítos».
2. Aplicarlle a un conxunto amplo algo que é propio dun número limitado de casos:
«Ao dicires que as mulleres falan moito, estás xeneralizando».
3. Facerse común ou xeral unha cousa, estenderse á maioría: «Xeneralizouse entre a
poboación a tendencia a deixar o tabaco».
*Xenerar
A forma galega é xerar.
Xeral
1. Que se refire a un conxunto de individuos, de casos, de detalles, etc.
2. Pouco preciso ou concreto.
*Xeralizar
O verbo galego é xeneralizar.
Xerar
Denominación galega da acción que o castelán nomea general e que debe empregarse
no canto do castelanismo *xenerar.
Xerundio
Nos documentos administrativos é frecuente o uso incorrecto do xerundio que cómpre
evitar. Trátase do xerundio de posterioridade (aquel que indica unha acción posterior
á do verbo principal). A acción verbal indicada polo xerundio non pode ser nunca
posterior no tempo á do verbo principal.
*Sométese a información pública a solicitude da empresa... quedando aberto a partir de
mañá o prazo.
*Para que así conste redáctase este certificado por duplicado, asinando as parte
interesadas.
Pódese substituír esta forma non persoal do verbo por unha construción do tipo e/que +
presente de indicativo.

Páxina 7
Glosario de fraseoloxía e termos administrativos

Sométese a información pública a solicitude da empresa... e queda aberto a partir de


mañá o prazo.
Para que así conste redáctase este certificado por duplicado, que é asinado polas parte
interesadas.
*Xiz
Denominación galega que o castelán nomea tiza.
Arxila branca rica en calcio que, entre outros usos, se emprega preparada en barriñas
para escribir en certas superficies: «Nos encerados escríbese con xiz».
Xota
1. Danza popular de ritmo vivo, propia de Aragón, Navarra e Valencia, que ten moitas
variantes: «Bailaron unhas xotas na praza da vila».
2. Composición musical ó son da cal se baila a xota: «Unha xota aragonesa».
Co significado do nome da letra que se representa j, e que o galega só emprega en
palabras tomadas directamente doutros idiomas debemos empregar iota.
*Xove
Esta forma é un castelanismo, en galego débese usar mozo/a, novo/a, rapaz/a, etc.
*Xoven
Esta forma é un castelanismo, en galego débese usar mozo/a, novo/a, rapaz/a, etc.
A forma correcta galega é con u final.
*Xubileo
Vid. Xubileu.
Xubileu
A forma correcta en galego é con u final.
1. Ano consagrado a Deus e ao descanso, e que se debía celebrar cada cincuenta anos
entre os xudeus: «Durante o xubileu non se segaba nin se sementaba».
2. Indulxencia solemne e xeral concedida polo papa en certas ocasións coa condición
de cumprir certos requisitos: «Este ano santo imos gañar o xubileu a Santiago».
Xuíz
Denominación galega do concepto que o castelán nomea juez:, e que debe empregarse
no canto do castelanismo *xuez.
1. Funcionario encargado de administrar xustiza e aplica-las leis: «O xuíz declarou
inocente ó acusado».
2. Persoa que decide nunha cuestión que presenta dúas ou máis alternativas: «Non
quero ser o xuíz desta discusión».
3. Árbitro de certas competicións deportivas, ou axudante deste: O xuíz disparou a
pistola para lles dar o sinal de saída aos corredores».
Xulgado
Denominación galega da acción que o castelán nomea juzgado.
1. Órgano xudicial que se compón só dun xuíz, asistido por persoal auxiliar:
«Presentou a denuncia no xulgado número 3.
2. Local onde está ese órgano: «No primeiro andar do edificio, atópanse os xulgados».
Xulgar
Denominación galega da acción que o castelán nomea juzgar, e que debe empregarse
no canto do castelanismo *xuzgar.
1. Someter á decisión dun tribunal, e pronunciar este sentenza: «Os acusados aínda
non foron xulgados». Sinónimo: axuizar.
2. Tirar como conclusión sobre un asunto aquilo que se expresa: «O secretario xulgou
que debía negarse a aceptar o cargo que lle ofrecían». Sinónimo: coidar,
considerar, crer, estimar.
3. Chegar a ter unha idea determinada sobre algo ou alguén: «Xulgaches dun xeito
erróneo as súas palabras».

Páxina 8
Glosario de fraseoloxía e termos administrativos

Xuntar
1. Pór dúas ou máis cousas moi cerca unhas das outras.
2. Engadir algún outro material ou obxecto canda a parte principal dun documento:
«Deberá xuntar unha fotocopia da credencial». Sinónimo: achegar.
Xuro
1. Diñeiro que produce un capital: «Cada ano o banco págame os xuros que me
corresponden polos cartos que teño ingresados». Sinónimo: rédito, renda.
2. Diñeiro que ten que recibir que presta un capital daquel a quen llo presta: «Non
quero solicitar un préstamo nese banco porque piden uns xuros moi altos».
Observacións: úsase frecuentemente en plural.
Xustificante de recepción
Denominación galega do concepto que o castelán nomea acuse de recibo.
*Xustiprezo
Vid. Prezo xusto.
*Xuzgado
Vid. Xulgado.
*Xuzgar
Vid. Xulgar.
*Zoa
Vid. Zona.
Zona
1. Parte dunha superficie calquera delimitada e caracterizada por algunha
circunstancia concreta: «Esta zona da costa é perigosa».
2. Cada unha das cinco grandes partes en que se divide a esfera terrestre, delimitadas
polo ecuador, os trópicos e os círculos polares: «O ananás é propio das zonas
tropicais».
Zona vella
Denominación galega do concepto que o castelán nomea casco viejo, e que debe
empregarse no canto do castelanismo *casco vello.

Páxina 9

You might also like