Programación Da Biblioteca 19-20

You might also like

Download as docx, pdf, or txt
Download as docx, pdf, or txt
You are on page 1of 11

PROXECTO DE BIBLIOTECA ESCOLAR CURSO 2019-2010

"BIBLIOTECA VIVA"
DENTRO DO PLAN DE MELLORA DE BIBLIOTECAS ESCOLARES 'PLAMBE'

IES "AGRA DE RAÍCES" DE CEE


TABOA DE CONTIDOS
1. OBXECTIVOS XERAIS ....................................................................................................... 3
2. ACTUACIÓNS CONCRETAS POR TRIMESTRES .................................................................... 4
2.1. XESTIÓN TÉCNICA E ORGANIZACIÓN ......................................................................... 4
2.2. DINAMIZACIÓN E PROMOCIÓN DOS RECURSOS DA BIBLIOTECA, Á SÚA
INTEGRACIÓN NO TRATAMENTO DO CURRÍCULO E Á SÚA CONTRIBUCIÓN AO
DESENVOLVEMENTO DAS COMPETENCIAS BÁSICAS DO ALUMNADO................................... 5
2.2.1. DINAMIZACIÓN E PROMOCIÓN DOS RECURSOS DA BIBLIOTECA .............................. 5
2.2.2. INTEGRACIÓN NO TRATAMENTO DO CURRÍCULO .................................................... 6
2.2.3. CONTRIBUCIÓN AO DESENVOLVEMENTO DAS COMPETENCIAS
BÁSICAS/CLAVE DO ANUNCIADO ...................................................................................... 7
2.3. FORMACIÓN DE USUARIOS E EDUCACIÓN PARA O ACCESO Á EDUCACIÓN .................. 7
2.3.1. FORMACIÓN DE USUARIOS ..................................................................................... 7
2.3.2. EDUCACIÓN PARA O ACCESO Á INFORMACIÓN ........................................................ 8
2.4. ACTUACIÓNS EN RELACIÓN CO FOMENTO DA LECTURA E A ESCRITURA E CO
DESENVOLVEMENTO DO PROXECTO LECTOR DE CENTRO ..................................................... 8
2.4.1. FOMENTO DA LECTURA ........................................................................................... 8
2.5. DESENVOLVEMENTO DO PROXECTO LECTOR ................................................................. 9
2.6. OUTRAS ACTUACIÓNS ................................................................................................. 10
3. HORARIO DE APERTURA DA BIBLIOTECA E RECURSOS HUMANOS ................................... 10
4. CRITERIOS E PROCEDEMENTOS DE AVALIACIÓN ............................................................ 10
PROXECTO "BIBLIOTECA VIVA" - IES "AGRA DE RAÍCES" DE CEE - 2019-2020

1. OBXECTIVOS XERAIS

 Seguir no noso obxectivo de converter a nosa biblioteca nun centro de recursos


activo, vivo, acolledor e atractivo, dinamizador da lectura e a escritura, vía de
acceso á información en todos os seus tipos e formatos.

 Seguir fomentando no alumnado o hábito da lectura como algo divertido e


proveitoso como medio de acceso á cultura en todas as súas facetas.

 Dar apoio aos membros da comunidade escolar á hora de acadar os distintos


obxectivos do proxecto educativo de centro, moi especialmente as competencias
básicas (Comunicación lingüística, Aprender a aprender, Dixital, Cultural e
artística..), no marco do Proxecto Lector do centro.

 Facilitar a todos os membros da comunidade escolar o acceso á información, no seu


papel de compensador de desigualdades sociais, mediante a posta en marcha de
varias iniciativas.

 Continuar no uso do libro electrónico, iniciado no curso anterior a partir da


participación do Proxecto E-LBE2, seguir dando publicidade o uso e o manexo da
plataforma.

 Servir de medio de acceso á información tanto bibliográfica como audiovisual ou


doutros tipos, formando previamente aos usuarios de xeito que teñan a
competencia suficiente para seleccionar e interpretar dun xeito crítico a información
que reciben. Outro aspecto da formación é o de ensinar a atopala: os usuarios e
usuarias teñen que ser quen de localizar a información onde esta se atopa, deben
poder moverse con independencia e coñecemento entre os andeis das bibliotecas e
polos millóns de páxinas web que existen.

 Facilitar o acceso aos distintos recursos de todo tipo, de xeito que os membros da
comunidade escolar teñan contacto con ideas, experiencias e opinións diferentes.

 Facer fincapé na sensibilización dos membros da comunidade escolar no eido social


e cultural mediante a colaboración en actividades organizadas con motivo das
distintas efemérides anuais, actuando como centro de recursos, como catalizador
cultural.

PÁXINA 3
PROXECTO "BIBLIOTECA VIVA" - IES "AGRA DE RAÍCES" DE CEE - 2019-2020

 Fomentar a lectura e promover os recursos e servizos da biblioteca escolar dentro e


fóra do conxunto da comunidade escolar.

 Incrementar a colaboración con outras institucións culturais locais, moi


particularmente co IES "Fernando Blanco" de Cee e a súa biblioteca escolar.

 Continuar coa renovación do mobiliario da biblioteca.

 Activar e empregar lector de código de barras para axilizar o préstamo

 Intentaremos elaborar un proxecto interdisciplinar vinculando al mayor número de


departamentos posibles.

2. ACTUACIÓNS CONCRETAS POR TRIMESTRES

2.1. XESTIÓN TÉCNICA E ORGANIZACIÓN

 Continuar co fichado e etiquetado dos novos fondos da biblioteca.


TEMPORALIZACIÓN: TODO O CURSO.

 Finalizar coa reorganización e ordenación de varias seccións de fondos de préstamo


procedendo á correcta sinalización dos mesmos. TEMPORALIZACIÓN: PRIMEIRO
TRIMESTRE.

 Rematar có traballo comezado no curso anterior có cambio de sitio o grupo de


seccións que se sitúan no centro da biblioteca xa que neste espazo creouse o
curruncho creativo onde se levan a cabo distintos talleres nos recreos (construción
de pequenos robots, xadrez,etc…) TEMPORALIZACIÓN: PRIMEIRO TRIMESTRE.

 Continuar coa revisión dos fondos localizados na biblioteca e o expurgo que se


considere necesario, coa colaboración dos distintos departamentos didácticos.
TEMPORALIZACIÓN: SEGUNDO E TERCEIRO TRIMESTRE.

 Seguir coa política de compras que persiga a compensación dos fondos


bibliográficos existentes (conseguir unha porcentaxe axeitada de libros de ficción e
de non ficción, así como de xornais, revistas e materiais non bibliográficos), a
atención das necesidades dos distintos departamentos (con especial atención aos
itinerarios lectores) e máis a actualización dos fondos. TEMPORALIZACIÓN: TODO
O CURSO.

PÁXINA 4
PROXECTO "BIBLIOTECA VIVA" - IES "AGRA DE RAÍCES" DE CEE - 2019-2020

 Seguir mantendo o día a dotación de fondos cinematográficos: mercar novas


películas e baixar da rede curtas e documentais de libre distribución, seguindo uns
criterios baseados na calidade e na utilidade dos materiais. TEMPORALIZACIÓN:
TODO O CURSO.

 Renovar os usuarios da biblioteca, continuando coa instauración do código que


os/as alumnos/as poidan conservar ata que finalicen a súa estancia no centro sen
ter que cambiar de código de usuario tódolos anos TEMPORALIZACIÓN: PRIMEIRO
TRIMESTRE

 Seguir o fichado dos fondos de todo tipo situados nos departamentos, aulas
especiais e outras estancias do centro. TEMPORALIZACIÓN: TERCEIRO
TRIMESTRE.

2.2. DINAMIZACIÓN E PROMOCIÓN DOS RECURSOS DA BIBLIOTECA, Á SÚA


INTEGRACIÓN NO TRATAMENTO DO CURRÍCULO E Á SÚA CONTRIBUCIÓN AO
DESENVOLVEMENTO DAS COMPETENCIAS BÁSICAS DO ALUMNADO

Como centro de difusión da cultura no instituto, a biblioteca pode e debe emprender


labores de dinamización, pero non debe esquecerse do seu papel como documentarista que
asesore a departamentos, equipos e á propia Vicedirección na selección ou cesión dos fondos e
materiais máis axeitados para cada iniciativa de dinamización, tendo como fin último a mellora
das competencias básicas do alumnado:

2.2.1. DINAMIZACIÓN E PROMOCIÓN DOS RECURSOS DA BIBLIOTECA

 Preparar e montar, en distintas localizacións ("curruncho da biblioteca" situado no


corredor de entrada ao centro, corredor da biblioteca, etc.) de pequenas
exposicións, con libros, revistas, películas, carteis ou outros materiais, con motivo
das distintas celebracións e efemérides que se producen durante o curso: Día do
Teatro, Día dos Dereitos Humanos, Día das Letras Galegas... ou en torno a un
persoeiro da cultura. TEMPORALIZACIÓN: TODO O CURSO.

 Continuar coas actuacións de promoción dos nosos fondos levadas a cabo durante
este curso (publicación das guías de uso da biblioteca e de planos da mesma,
confección e divulgación de guías de lectura temáticas ou estacionais, anuncio e
exposición de novidades...).TEMPORALIZACIÓN: TODO O CURSO.

PÁXINA 5
PROXECTO "BIBLIOTECA VIVA" - IES "AGRA DE RAÍCES" DE CEE - 2019-2020

 Publicar algunha guía de lectura que divulgue os novos fondos entre o alumnado.
TEMPORALIZACIÓN: TODO O CURSO.

 Seguir incrementando o uso dos recursos propios en rede (páxina web do instituto,
blog da biblioteca e do club de lectura, perfil de Facebook) para o fin principal de
promoción dos nosos fondos e actividades. TEMPORALIZACIÓN: TODO O CURSO.

 Colaborar con outros departamentos, equipos ou cargos nas iniciativas de


dinamización cultural: a biblioteca pode prestar fondos propios, xestionar a compra
de fondos específicos que poidan facer falta, organizar a busca de información
tanto nos fondos propios como en internet ou noutras fontes etc.
TEMPORALIZACIÓN: TODO O CURSO.

 Recepción na biblioteca do alumnado dos centros adscritos (CEIP "Eugenio López"


de Cee e CEIP "Santa Eulalia" de Dumbría) na visita de iniciación que se realiza
máis ou menos a finais do curso, pouco antes da súa incorporación ao centro.
TEMPORIZACIÓN: TERCEIRO TRIMESTRE.

 Segunda fase da elaboración do proxecto de investigación de centro sobres os


cambios que tiveron lugar na vila de Cee e arredores na pesca e na agricultura.
Centrándonos neste caso nos cambios da paisaxe da nosa contorna e as
consecuencias dos mesmos. Este e un proxecto moi ambicioso que pode durar máis
dun curso. Levarase a cabo implicando o alumnado de 1º ESO e 2 º ESO . De
momento contamos coa colaboración do departamento de lingua Castelá, Bioloxía e
Xeoloxía, o departamento de normalización lingüística.. Esperamos que ao longo do
curso se vaian sumando máis departamentos .TEMPORALIZACIÓN: TODO O CURSO

2.2.2. INTEGRACIÓN NO TRATAMENTO DO CURRÍCULO

 Manter e aumentar, en colaboración con distintos departamentos, os itinerarios


lectores detallados coas referencias (bibliográficas ou non) propostas polos distintos
departamentos didácticos: libros de lectura obrigatoria, libros de consulta, materiais
en outros soportes, materiais de apoio existentes na rede...TEMPORIZACIÓN:
SEGUNDO TRIMESTRE.

PÁXINA 6
PROXECTO "BIBLIOTECA VIVA" - IES "AGRA DE RAÍCES" DE CEE - 2019-2020

 Colaborar cos distintos departamentos didácticos, sempre que sexa necesario, no


labor de documentación de cantos temas se traten nos currículos.
TEMPORALIZACIÓN: TODO O CURSO.

2.2.3. CONTRIBUCIÓN AO DESENVOLVEMENTO DAS COMPETENCIAS


BÁSICAS/CLAVE DO ANUNCIADO

 Todas as actuacións que desenvolve esta biblioteca (incluídos os labores dos


Grupos de Traballo que cada ano pon en marcha) teñen como obxectivo último o
desenvolvemento das competencias básicas/clave do alumnado, moi
particularmente a lingüística. O club de lectura, os concursos de escritura ou os
labores de formación sos bos exemplos. TEMPORALIZACIÓN: TODO O CURSO.

2.3. FORMACIÓN DE USUARIOS E EDUCACIÓN PARA O ACCESO Á EDUCACIÓN

Durante este curso temos previsto:

2.3.1. FORMACIÓN DE USUARIOS

 Formar ao alumnado novo sobre as normas de utilización e organización dos fondos


no espazo físico, na procura de que os usuarios acaden un coñecemento básico
sobre a CDU e a ordenación dos fondos en calquera biblioteca do mundo. Para iso
faremos para os grupos de 1º ESO unha o dúas sesións na biblioteca apoiada por
materiais audiovisuais, iniciativa que tamén se poderá extrapolar aos novo
alumnado de 1º de Bacharelato. TEMPORALIZACIÓN: PRIMEIRO TRIMESTRE.

 Continuar co labor de formación continua dos usuarios durante todo o horario en


que a biblioteca está atendida, incluídos os períodos de lecer: os membros do
equipo de apoio levarán a cabo un continuo labor in situ de formación dos usuarios
da biblioteca, impulsarán o uso autónomo da mesma, apoiando ao usuarios na
busca de fondos e valorando que eles mesmos repoñan (con sumo coidado) nos
andeis os fondos que devolvan, tamén aconsellando aos usuarios de internet na súa
busca de información, etc. TEMPORALIZACIÓN: TODO O CURSO.

 Informar e facer participes os novos alumnos da figura dos alumnos e alumnas


colaboradores da Biblioteca. Formar a estes alumnos colaboradores e buscar a súa

PÁXINA 7
PROXECTO "BIBLIOTECA VIVA" - IES "AGRA DE RAÍCES" DE CEE - 2019-2020

participación nas actividades que se promovan dende a biblioteca.


TEMPORALIZACIÓN: TODO O CURSO.

2.3.2. EDUCACIÓN PARA O ACCESO Á INFORMACIÓN

 Manter, e actualizar na medida do posíbel o directorio de recursos web por temas


que confeccionamos durante o curso pasado e ao que se pode acceder dende a
páxina web oficial do noso centro. O ideal sería ofrecer enlaces para todos os niveis
e áreas. TEMPORALIZACIÓN: TODO O CURSO.

2.4. ACTUACIÓNS EN RELACIÓN CO FOMENTO DA LECTURA E A


ESCRITURA E CO DESENVOLVEMENTO DO PROXECTO LECTOR
DE CENTRO

Conseguir un hábito lector é un dos fins máis importantes da biblioteca dun centro
educativo e do Proxecto Lector do mesmo, pois a lectura e unha fonte enorme de gozo e máis
un medio marabilloso para facilitar o acceso dos nosos alumnos e alumnas á cultura. As
iniciativas que buscan o contacto do alumnado (e das súas familias) cos libros deben gardar un
lugar destacado entre as iniciativas da súa programación. Os compromisos que un instituto
asume con respecto as medidas que favorecen a lectura, a escritura e as habilidades
informativas recóllense no Proxecto Lector.

2.4.1. FOMENTO DA LECTURA

 Elaborar novas guías de lectura que divulgue as novidades entre o alumnado.


TEMPORALIZACIÓN: TODO O CURSO.

 Manter a caixa de suxestións para que os alumnos sigan a aportar a súa opinión
de cara a novas adquisicións pois tratase de fomentar o pracer da lectura, e nada
mellor que partindo dos seus intereses. O curso pasado os libros máis emprestados
foron aqueles que se compraron por demanda dos alumnos. TEMPORALIZACIÓN:
TODO O CURSO

PÁXINA 8
PROXECTO "BIBLIOTECA VIVA" - IES "AGRA DE RAÍCES" DE CEE - 2019-2020

 Continuar cos períodos diarios de lectura individual e silenciosa do alumnado de 1º,


2º e 3º de ESO (e o profesorado presente) durante un cuarto de hora cada día
(que nós chamamos internamente "Hora de Ler"). Para isto a biblioteca segue a
manter e coordinar a organización das bibliotecas de aula, encargándose da súa
organización o principio do curso e tamén da compra de novos materiais.
TEMPORALIZACIÓN: TODO O CURSO

 Seguir co club de lectura "Libros coma area!" que puxemos en marcha xa fai cinco
cursos, acolléndonos, se fose posible, á convocatoria de axudas por parte da Xunta
de Galicia. TEMPORIZACIÓN: TODO O CURSO.

 Continuar a nosa colaboración cos departamentos que participan no plan lector coa
compra de lecturas elixidas por eses departamentos. biblioteca de aulas da cal os
alumnos elixiran a súa lectura obrigatoria por trimestre. Estas peticións
continuaranse a recoller ao largo de todo o curso.

 Continuar a nosa colaboración coa Vicedirección e cos Departamentos Didácticos ou


Equipos que o requiran na subministración de fondos e materiais para todo tipo de
celebracións e actividades didácticas ordinarias ou complementarias.
TEMPORIZACIÓN: TODO O CURSO.

 Organizar, un curso máis e en colaboración co Equipo de Dinamización Lingüística e


os departamentos que así o desexen en datas próximas ao Samaín, o "Concurso de
relatos de terror",. TEMPORALIZACIÓN: PRIMEIRO TRIMESTRE.

2.5. DESENVOLVEMENTO DO PROXECTO LECTOR

 Despois da confección e aprobación do noso Proxecto Lector, traballaremos no


establecemento dun Plan Anual de Lectura que se axuste aos obxectivos e
compromisos adoptados neste novo documento e inclúa todas as actuacións
programadas relacionadas coa lectura e a escritura do alumnado. Moitas das nosas
actuacións responden a compromisos adquiridos no Proxecto lector, como por
exemplo a confección dos itinerarios lectores, a posta en marcha do club de lectura,
os labores de formación, a posta en marcha da "Hora de Ler", etc., etc.
TEMPORALIZACIÓN: TODO O CURSO.

PÁXINA 9
PROXECTO "BIBLIOTECA VIVA" - IES "AGRA DE RAÍCES" DE CEE - 2019-2020

2.6. OUTRAS ACTUACIÓNS

 Posibilidade de proxeccións de películas con motivo da celebración de distintas


conmemoracións. TEMPORALIZACIÓN: PRIMEIRO E SEGUNDO TRIMESTRES.

 Posibilidade de realizar unha colaboración efectiva e proveitosa cos IES e CEIP da


zona así como con outras bibliotecas, dirixida a compartir experiencias, materiais e
actuacións, de xeito que o noso traballo resulte máis rendible; de feito xa estamos
comezando a establecer contacto con varios centros educativos da Costa da Morte.
TEMPORALIZACIÓN: TODO O CURSO.

3. HORARIO DE APERTURA DA BIBLIOTECA E RECURSOS


HUMANOS

A biblioteca conta este curso 2019-2010 cun profesor dinamizador (Miguel Blanco) que
dispón de 4 horas de traballo; e dúas profesoras colaboradoras (Ana Porteiro e Montse Vila)
que dispoñen de 2 horas de traballo cada unha; ademáis, cóntase con máis profesorado coa
formación suficiente para levar a cabo o préstamo nos tempos de lecer, labor que será apoiada
polos alumnos voluntarios. Porén, tendo en conta o magnitude do noso proxecto, as propostas
que se pretenden levar a cabo faranse na medida do posíbel.

4. CRITERIOS E PROCEDEMENTOS DE AVALIACIÓN

Avaliar os logros das iniciativas que se acometen non sempre é sinxelo porque non todo é
medíbel, pero hai algúns elementos que poden facilitar este labor e, tendo en conta que o noso
proxecto se chama "Biblioteca Viva", o nivel de uso da biblioteca será un bo índice:

O índice de participación do profesorado nas actividades de dinamización.

O índice de utilización da biblioteca por parte do alumnado e do profesorado (os


préstamos, por exemplo, son perfectamente medíbeis, e coñecemos os rexistros dos catro
últimos cursos).

O número de novas adquisicións de materiais e fondos, en especial os destinados á


compensación dos fondos existentes, tendo en conta os localizados no local da biblioteca e os
que teñen outra localización.

PÁXINA 10
PROXECTO "BIBLIOTECA VIVA" - IES "AGRA DE RAÍCES" DE CEE - 2019-2020

O índice de aceptación (por parte do alumnado e do profesorado) do labor da biblioteca


segundo unhas enquisas que pasaremos a final de curso. Poderemos comparar os resultados
que alí aparezan cos dos cursos anteriores.

A memoria de fin de curso reflectirá os logros e fracasos, os obxectivos acadados e os non


acadados, e iso é un procedemento de avaliación bastante válido.

23 de Setembro do 2019

Miguel Blanco Pérez (Dinamizador da Biblioteca).

PÁXINA 11

You might also like