Download as pdf or txt
Download as pdf or txt
You are on page 1of 6

1.

O dereito do traballo: o contrato e a representación dos traballadores

Tarefa 1.1. Análise da Carta Magna.


Deberase localizar no texto constitucional or artigos que teñan relación co Dereito Laboral e, por
tanto, fan da Constitución unha fonte do Dereito do Traballo.

Artigo 7.
Os sindicatos de traballadores e as asociacións empresariais contribúen á defensa e promoción
dos intereses económicos e sociais que lles son propios. A súa creación e o exercicio da súa
actividade son libres dentro do respecto á Constitución e á lei. A súa estrutura interna e
funcionamento deberán ser democráticos.
Artigo 14
Os españois son iguais ante a lei, sen que poida prevalecer discriminación ningunha por razón de
nacemento, raza, sexo, relixión, opinión ou calquera outra condición ou circunstancia persoal ou
social.
Artigo 28
1. Todos teñen dereito a sindicarse libremente. A lei poderá pórlles limitacións ou excepcións ao
exercicio deste dereito ás forzas ou institutos armados ou aos demais corpos sometidos a
disciplina militar, e regulará as peculiaridades do seu exercicio para os funcionarios públicos. A
liberdade sindical abrangue o dereito a fundar sindicatos e a se afiliar ao da súa elección, así
como o dereito dos sindicatos a formaren confederacións e a fundaren organizacións sindicais
internacionais ou a se afiliaren a elas. Ninguén poderá ser obrigado a se afiliar a un sindicato.
2. Recoñécese o dereito á folga dos traballadores para a defensa dos seus intereses. A lei que
regule o exercicio deste dereito establecerá as garantías precisas para que se asegure o
mantemento dos servizos esenciais da comunidade.
Artigo 35
1. Tódolos españois teñen o deber de traballar e o dereito ao traballo, á libre elección de
profesión ou oficio, á promoción a través do traballo e a unha remuneración suficiente para
satisfaceren as súas necesidades e as da súa familia, sen que en ningún caso se poida facer
discriminación por razón de sexo. A lei regulará un estatuto dos traballadores.
Artigo 37
1. A lei garantirá o dereito á negociación colectiva laboral entre os representantes dos
traballadores e empresarios, así como a forza vinculante dos convenios.
2. Recoñécese o dereito dos traballadores e empresarios a adoptaren medidas de conflito
colectivo. A lei que regule o exercicio deste dereito, sen prexuízo das limitacións que poida
establecer, incluirá as garantías precisas para que se asegure o funcionamento dos servizos
esenciais da comunidade.
Artigo 40
1. Os poderes públicos promoverán as condicións favorables para o progreso social e económico,
e para unha distribución da renda rexional e persoal máis equitativa, no marco dunha política de
estabilidade económica. De maneira especial, realizarán unha política orientada ao pleno
emprego.
2. Ademais, os poderes públicos fomentarán unha política que garanta a formación e a
readaptación profesionais, mirarán pola seguridade e a hixiene no traballo, e garantirán o
descanso necesario, mediante a limitación da xornada laboral, as vacacións periódicas retribuídas
e a promoción de centros adecuados.
Artigo 41
Os poderes públicos manterán un réxime público de Seguridade Social para todos os cidadáns,
que garanta a asistencia e as prestacións sociais suficientes ante situacións de necesidade,
nomeadamente en caso de desemprego. A asistencia e prestacións complementarias serán libres

Tarefa 1.2. Exposición da Xerarquía Normativa.


Tras a explicación sobre a Xerarquía Normativa, coa orde das normas internacionais e españolas,
cuns exemplos para comprobar a asimilación, a tarefa do alumnado consistirá en ordear unha serie
de normas propostas polo/pola profesor/a.

1. Directiva da UE sobre axentes canceríxenos.


2. Constitución española do 1978.
3. Convenio nª155 da OIT sobre seguridade e saúde no traballo.
4. Lei orgánica do poder xudicial.
5. Lei orgánica de liberdade sindical.
6. Real decreto lei sobre relacións de traballo.
7. Real decreto lexislativo que aproba o texto refundido da lei xeral da Seguridade
Social.
8. Real decreto 486/1997, no que se establecen as condicións mínimas de seguridade e
saúde nos lugares de traballo.
9. Real decreto que aproba o regulamento sobre servizos de prevención.
10. Real decreto sobre o Servizo de Mediación, Conciliación e Arbitraxe.
11. Lei 31/95, do 8 de novembro, de prevención de riscos laborais.
12. Lei de infraccións e sancións de orde social.
13.Orde ministerial sobre normas de cotización a Seguridade Social do 2008.
14. Convenio colectivo nacional de oficinas e despachos de 2007.
15. Convenio colectivo de Industrias Mecánicas del Noroeste, SA (IMENOSA),
publicado no BOP do 10 de xuño de 2008.

Tarefa 1.3. Relacións laborais, especiais ou excluídas

Subministraránselles aos/ás alunos/as uns exemplos de relacións que deberán clasificar en relacións
laborais, especiais e excluídas, segundo o recollido nos artigos correspondentes do Estatuto dos
Traballadores. Estes exemplos serán variados e relacionados cos novos contornos de traballo, para
asimilar o contido.
Dado este suposto, cumprirá identificar o tipo de relación que une a empresa con cada un dos
seguintes casos.

A empresa MUSA, dedicada á instalación de lonas para cubrir piscinas, que conta cos/coas
seguintes traballadores/as:
 1. O sobriño da dona, que realizou estudios de ciclo superior de Administración de
Finanzas, é o encargado de levar a contabilidade da empresa.
Relación laboral, remunerada, dependente,por conta allea, etc.
 2. A produción realízana sete traballadores/as de idades entre os 20 e os 50 anos, e un
traballador de 16 anos que realiza as prácticas de FP Básica.
Relación laboral, remunerada, dependente, por conta allea, etc. O das prácticas está
excluído.

 3. A empresa realiza a distribución dos seus produtos a través dun transportista, que
achega unha furgoneta e que en ocasións é substituído pola súa filla.
Relación laboral excluída. Non é dependente nin persoal.
 4. A empresa conta cun director, que posúe accións da empresa e que só recibe
beneficios sen salario.
Relación laboral especial.

 5. As medicións das piscinas para elaborar as cubricións e os pechamentos realízaas o


home da dona, que non está rexistrado como autónomo porque di que se encarga
ocasionalmente, só cando hai que medir.
Relación laboral excluído. Parente ata segundo grao por afinidade. Non remunerada.
 6. Dous traballadores dedícanse á representación da empresa, ao mesmo tempo que
aproveitan para levar a representación doutra que escava e constrúe piscinas
prefabricadas. O seu salario baséase exclusivamente en comisións por vendas e,
ademais, non están suxeitos a horario fixo nin asomen o risco da súa xestión.
Relación laboral especial.

 7. A limpeza dos locais da empresa realízana dous limpadores dunha empresa durante
tres horas, catro días á semana.
Relación laboral excluída. Non están contratados pola empresa directamente, senón por
outra.
Tarefa 2. O contrato de traballo.

Tarefa 2.1. Formalización dun modelo de contrato en prácticas.


Deberase localizar no texto constitucional os artigos que teñan relación co Dereito laboral e que, por
tanto, fan da Constitución unha fonte do Dereito do traballo.

Artigo 7.
Os sindicatos de traballadores e as asociacións empresariais contribúen á defensa e promoción
dos intereses económicos e sociais que lles son propios. A súa creación e o exercicio da súa
actividade son libres dentro do respecto á Constitución e á lei. A súa estrutura interna e
funcionamento deberán ser democráticos.
Artigo 14
Os españois son iguais ante a lei, sen que poida prevalecer discriminación ningunha por razón de
nacemento, raza, sexo, relixión, opinión ou calquera outra condición ou circunstancia persoal ou
social.
Artigo 28
1. Todos teñen dereito a sindicarse libremente. A lei poderá pórlles limitacións ou excepcións ao
exercicio deste dereito ás forzas ou institutos armados ou aos demais corpos sometidos a
disciplina militar, e regulará as peculiaridades do seu exercicio para os funcionarios públicos. A
liberdade sindical abrangue o dereito a fundar sindicatos e a se afiliar ao da súa elección, así
como o dereito dos sindicatos a formaren confederacións e a fundaren organizacións sindicais
internacionais ou a se afiliaren a elas. Ninguén poderá ser obrigado a se afiliar a un sindicato.
2. Recoñécese o dereito á folga dos traballadores para a defensa dos seus intereses. A lei que
regule o exercicio deste dereito establecerá as garantías precisas para que se asegure o
mantemento dos servizos esenciais da comunidade.
Artigo 35
1. Tódolos españois teñen o deber de traballar e o dereito ao traballo, á libre elección de
profesión ou oficio, á promoción a través do traballo e a unha remuneración suficiente para
satisfaceren as súas necesidades e as da súa familia, sen que en ningún caso se poida facer
discriminación por razón de sexo. A lei regulará un estatuto dos traballadores.
Artigo 37
1. A lei garantirá o dereito á negociación colectiva laboral entre os representantes dos
traballadores e empresarios, así como a forza vinculante dos convenios.
2. Recoñécese o dereito dos traballadores e empresarios a adoptaren medidas de conflito
colectivo. A lei que regule o exercicio deste dereito, sen prexuízo das limitacións que poida
establecer, incluirá as garantías precisas para que se asegure o funcionamento dos servizos
esenciais da comunidade.
Artigo 40
1. Os poderes públicos promoverán as condicións favorables para o progreso social e económico,
e para unha distribución da renda rexional e persoal máis equitativa, no marco dunha política de
estabilidade económica. De maneira especial, realizarán unha política orientada ao pleno
emprego.
2. Ademais, os poderes públicos fomentarán unha política que garanta a formación e a
readaptación profesionais, mirarán pola seguridade e a hixiene no traballo, e garantirán o
descanso necesario, mediante a limitación da xornada laboral, as vacacións periódicas retribuídas
e a promoción de centros adecuados.
Artigo 41
Os poderes públicos manterán un réxime público de Seguridade Social para todos os cidadáns,
que garanta a asistencia e as prestacións sociais suficientes ante situacións de necesidade,
nomeadamente en caso de desemprego. A asistencia e prestacións complementarias serán libres

Tarefa 2.2. Cubrir os modelos de contrato en cada suposto.

2.2.1. A primeira parte da tarefa consistirá en asignarlle a cada candidato/a un posto co contrato
correspondente:

2 persoas para realizar tarefas de limpeza.


Pepa Ferreiro, non ten estudos. Ten 30 anos e leva un ano desempregada.
Vicente Antelo, non ten estudos. Ten 50 anos e está desempregado.
Contratos indefinidos.
2 persoas para se ocupar da cociña (cociñeiro/a e axudante).
Pedro Freixo, fixo un ciclo formativo de hostalería hai dous anos.
Contrato en prácticas (non poderá ser inferior a 6 meses nin superior a 2 anos).
Carme Martelo, non ten estudos. Ten 46 anos e está desempregada.
Contrato indefinido.

1 camareiro/a para seis horas ao dia.


Xavier Rodríguez, ten 17 anos e non ten estudos.
Contrato para a formación a tempo parcial (non poderá ser inferior a 1 ano nin superior a 3 anos).

1 monitor/a para desenvolver as actividades deportivas.


Xosé Luís García, licenciado polo INEF. Obtivo a titulación hai un ano.
Contrato en prácticas (non poderá ser inferior a 6 meses nin superior a 2 anos).

1 monitor/a para a realización de excursiónns.


Lidia García, non ten estudos pero coñece á perfección as rutas e os lugares da zona.
Contrato eventual ou fixo discontinuo.

1 persoa para se encargar da recepción.


María Xosé Pérez, discapacitada. Fala inglés e francés.
Contrato indefinido para persoas con discapacidade.

2.2.2. Cubrir as modalidades correspondentes de contratos, segundo os seguintes datos e supostos.

Os contratos están cubertos nos documentos adxuntos tal e como se indica a continuación:
Contrato Filipe: Contrato Obra ou servizo Filipe, coas páxinas 1, 2, 3, 5 e 23 cubertas.
Contrato Guillerme: Contrato Interinidade, coas páxinas 1, 2, 3, 6 e 22 cubertas.
Contrato Antía: Contrato Indefinido, coas páxinas 1, 2, 3, 4 e 23 cubertas.
Contrato Filipe: Conversión a Indefinido, coas páxinas 1, 2, 3, 22 e 23 cubertas.

3. Representación dos/das traballadores/as

Tarefa 3.1. Caso práctico de eleccións.

En total son 6 colexios:

– 2 para os técnicos e administrativos.


– 4 para os especialistas e non cualificados.

Sindicato A: 4 + 6 = 10 membros no comité.


Sindicato B: 3 + 7 = 10 membros no comité.
Sindicato C: 1 + 2 = 3 membros no comité.
Sindicato D: 0 membros no comité.
Tarefa 3.2. Visualización de RR.HH e debate.

1. Segundo o número de representantes dos traballadores, cal é o tramo de traballadores?

2. Qué competencias teñen os membros do comité de empres? Cales se exercen no filme?

3. Cal é o sindicato que representa ós traballadores? Ten equivalencia en España?

4. Que pasa durante a reunión cos representantes dos traballadores?

5. Que descobre Franck?

6. Cal é a situación económica da empresa?

O vídeo non está dispoñible

You might also like