Download as pdf or txt
Download as pdf or txt
You are on page 1of 2

Colexio Plurilingüe Compañía de María, A Coruña Área de Matemáticas - 5º E.P.

SÍNTESE DA PROGRAMACIÓN DIDÁCTICA 2019-20

CONTIDOS

· 1ºTrimestre

 Os números naturais e operacións con números naturais (suma, resta, multiplicación e


división). Números romanos. Operacións combinadas.
 Números decimais. Operacións con números decimais. Cartos.
 Medida: lonxitude.
 Rectas e ángulos.
 Cálculo mental.

· 2º Trimestre

 Fraccións. Operacións con fraccións. Porcentaxes.


 Medida: masa e capacidade.
 Polígonos. Elementos. Clasificación. Simetrías, translacións, xiros.
 Coordenadas no plano. Movementos no plano e semellanzas.
 Cálculo mental.

· 3º Trimestre

 Medidas de superficie. Áreas e perímetros.


 Representación de datos. Estatística e probabilidade.
 Tempo.
 A circunferencia e o círculo. Corpos de revolución.
 Introdución á divisibilidade e potencias.
 Cálculo Mental.

CONTIDOS MÍNIMOS

PROCESOS, MÉTODOS E ACTITUDES EN MATEMÁTICAS


- Iníciase na formulación de preguntas e na busca de respostas apropiadas, no estudo dos
conceptos e na resolución de problemas.
- Iníciase na reflexión sobre problemas resoltos e procesos desenvoltos, valorando as ideas
claves, aprendendo para situación semellantes.

NÚMEROS
- Realiza sumas e restas de fraccións co mesmo denominador. Calcula o produto dunha fracción
por un número.
- Realiza operacións con números decimais.
Colexio Plurilingüe Compañía de María, A Coruña Área de Matemáticas - 5º E.P.

- Emprega algoritmos estándar de suma, resta, multiplicación e división con distintos tipos de
números, en comprobación de resultados, resolución de problemas e en situación cotiás.
- Identifica múltiplos e divisores empregando as táboas de multiplicar.
- Descompón números decimais atendendo ao valor de posición das súas cifras.
- Elabora estratexias de cálculo mental.
- Reflexiona sobre o procedemento aplicado á resolución de problemas: revisa as operacións,
unidades dos resultados, comproba e interpreta solucións mo contexto e busca outras formas de
resolvelo.

MEDIDA
- Suma e resta medidas de lonxitude, capacidade, masa e superficie en forma simple dando o
resultado na unidade determinada.
- Compara e ordena medidas dunha mesma magnitude.
- Identifica o ángulo como medida dun xiro ou abertura.
- Mide ángulos usando instrumentos convencionais.

XEOMETRÍA
- Calcula a área e o perímetro de rectángulo e cadrado

ESTATÍSTICA E PROBABILIDADE
- Realiza e interpreta gráficos moi sinxelos: diagramas de barras e poligonais, con datos obtidos
de situacións moi próximas.

PROCEDEMENTOS, INSTRUMENTOS E CRITERIOS DE AVALIACIÓN

Ao comezo do curso levaremos a cabo unha proba de avaliación inicial co obxectivo de


detectar o nivel do que parten os alumnos/as e as dificultades que poidan ter respecto das
competencias e obxectivos para poñer en marcha os apoios necesarios.

A forma de avaliar aos alumnos será continua e empregaremos os seguintes instrumentos:


caderno de clase do alumno, actividades de avaliación, probas de cálculo mental, traballos en
grupo, resolución de exercicios e problemas, actividades interactivas e observación na aula.
Ademais darémoslle especial importancia ao traballo persoal e á actitude, comportamento,
interese e esforzo de cada un dos alumnos/as.

Un 70% da cualificación corresponderá as probas individuais orais e escritas, realización


de exercicios, traballos en grupo, caderno,… Nestas probas darémoslle especial importancia a
autonomía no traballo e o tempo empregado na realización do mesmo, A fluidez no cálculo mental
que terá un peso do 10%. Tamén teremos en conta a actitude, o comportamento, o traballo
persoal, o esforzo diario e o interese pola materia; un 20% da nota corresponderá a este apartado.

Tendo en conta que a avaliación é continua, esixiranse sempre os contidos dados


anteriormente. Isto permite que o noso alumnado teña asimiladas as habilidades matemáticas
propias do seu curso e que poida promocionar aínda que non supere algunhas probas.

A área será cualificada como sigue: IN (1, 2, 3, 4), SU (5), BE (6), NT (7,8) e SB (9,10).

You might also like