Download as odt, pdf, or txt
Download as odt, pdf, or txt
You are on page 1of 2

1.

Comente os documentos atendendo ás seguintes cuestións:


a) Identifique o documento e complete os recadros de cada imaxe cas formas de modelado
observadas, indicando o dominio ao que pretence cada unha.
b) Características do rochedo predominante e do tipo de modelado.
c) Exemplos das formas de modelado correspondentes a cada área litolóxica. Explica.

a) Identifique o documento e complete os recadros de cada imaxe cas formas de modelado


observadas, indicando o dominio ao que pretence cada unha.
Bloques diagrama que mostran un esquema idealizado das formas de modelado dos diferentes
dominios litolóxicos.

Modelado granítico

b)Características do rochedo predominante e do tipo de modelado.


As rochas silíceas agrupan algunhas rochas ígneas, como o granito e algunhas rochas metamórficas
(formadas en condicións extremas de temperatura e presión), como lousas, esquistos e gneis. Son
rocas moi antigas, de idade precámbrica (as menos) ou paleozoica; por iso, son duras, ríxidas,
resistentes á erosión e, ante as presións tectónicas, poden chegar a fracturarse. Contrasta esta
resistencia a erosión física cunha gran vulnarabilidade ante a meteorización química.
Das rocas silíceas, o granito é a máis abundante.
As formas de modelado dominantes son as que resultan da alteración pola acción da auga, o xeo e o
desxeo, que actúa a través das diaclasas, lineas de debilidade do granito polas que se inicia a
erosión. A auga se filtra a través destas fisuras, que se van alargando ata chegar a provocar o
desprendemento de bloques individualizados (gelifracción).

c) Exemplos das formas de modelado correspondentes a cada área litolóxica. Explica.


As formas resultantes son variadas:
Se a auga actúa sobre as diaclasas máis superficiais, de disposición horizontal, prodúcese unha
“descamación”, que dá lugar a unha paisaxe de formas redondeadas e suaves: os domos.
Se a auga fíltrase a través da rede ortogonal de diaclasas, pódese modelar un tor, outeiro na que
se aprecia a estrutura composta polos bloques diaclasados. Cando a erosión chega a individualizar
algún destes bloques, fórmanse bolos. Se un bloque queda en equilibrio inestable, chamámolo pedra
cabaleira. E cando os bolos amontóanse nas vertentes, falamos de berrocales ou pedrizas.
Nas zonas frias de alta montaña a acción do xeo crea unha paisaxe de cristas nos cumes e canchais
(acumulación de fragmentos de roca) ao pé das montañas.
Uvala y
Dolina

Modelado cárstico

b)Características do rochedo predominante e do tipo de modelado.

As calizas son rochas sedimentadas durante o Mesozoico e comezos do Terciario. A caliza é unha
rocha dura e permeable que, como resultado da súa disolución en contacto coa auga, dá lugar ao
modelado cárstico (o anhídrido carbónico contido na auga orixina ácido carbónico que disolve as
rochas carbonatadas como a caliza) formado lapiaces, simas, dolinas, estalactitas e estalagmitas...
Seu nome provén das montañas de Karst en Iugoslavia.

c) Exemplos das formas de modelado correspondentes a cada área litolóxica. Explica.


Canón, garganta ou fouce, val estreito de flancos verticais e profundos labrado por un río.
Lapiaz ou lenar: superficie formada por surcos ou acanaladuras, creada pola auga de arroiada.
Simas: embudes, aberturas estreitas, que comunican a superficie con galerías subterráneas.As simas
poden dar lugar a covas con estalactitas e estalagmitas.
Dolinas ou torcas: depresións pechadas, formadas en superficie, de silueta ovalada e contornos
sinuosos. Varias dolinas forman unha uvala.
Poljé: val pechado de fondo plano, percorrido por un regato que se perde por un sumidoiro ou pónor
(punto de absorción). As terras do poljé son ricas, ideais para o cultivo.

You might also like