Download as pdf or txt
Download as pdf or txt
You are on page 1of 21

CEIP PONTE DOS BROZOS – Arteixo

Curso 2013 - 2014


0 Apalpador

O Apalpador, tamén coñecido como


Pandingueiro na comarca de Trives ou
Apalpabarrigas noutras zonas de Galicia, é un
home xigante que vive nas montañas, ten unha
gran barba vermella, usa boina, viste unha
casaca esfarrapada e chea de remendos, leva
zocas mais cando chega á casa pon as
zapatillas. Gústalle fumar en pipa.

Xeografía

A figura do Apalpador está ben recollida nas zonas do Courel, Loúzara,


Cebreiro e Terra de Trives.
Algúns investigadores din que habería que seguir indagando por zonas
de Quiroga, os Ancares e o Bierzo para coñecer a extensión desta figura do
Nadal galego.

Equipo de Dinamización da Lingua Galega - Nadal 2013


CEIP Ponte dos Brozos - Arteixo
Lenda

O Apalpador é un carboeiro xigante de barba vermella coma o lume, que


vive nas devesas e bosques do leste de Galicia. Traballa facendo carbón, e
aliméntase con bagas silvestres, castañas, noces... e dos animais que el
mesmo caza.

O Apalpador baixa das espesas devesas na noitiña do 31 de


decembro, a noite do Ano Vello. O Apalpador palpa as barrigas ás meniñas e
meniños e se se ve que as barriguiñas están cheas e a neniña/o non pasou
fame, dille:

- Así cheo ou delgado así esteas todo o ano.

Senón a ten fica calado. Despois, deixa unha presiña de castañas para
que non pase fame durante todo o ano e uns agasallos dos que el mesmo
fixo.

Equipo de Dinamización da Lingua Galega - Nadal 2013


CEIP Ponte dos Brozos - Arteixo
Cantiga

Pola excitación da chegada do Apalpador e dos agasallos, os meniños e


meniñas non poden durmir e rebolen. Para lles faceren sosegar, os vellos
cántanlles as cantigas.

Vaite logo, meu meniño (miña meniña)


marcha agora para a camiña
Que vai vir o Apalpador
a apalparche a barriguiña

Xa chegou o día grande


día do noso Señor.
Xa chegou o día grande
e virá o Apalpador.

Mañá é dia de cachela,


que haberá gran nevarada
e há vir o Apalpador
cunha mega de castañas.

Por aquela cemba


xa ven relumbrando
o señor Apalpador
para darvos o aguinaldo.

Malvela: http://www.youtube.com/watch?v=j23sS21ziZc

Equipo de Dinamización da Lingua Galega - Nadal 2013


CEIP Ponte dos Brozos - Arteixo
Recuperación da figura do Apalpador

En 2001. José André López Gonçales escribiu unhas palabras sobre o


Nadal galego na revista Vaga-lume. No artigo, fala de que nalgunhas
comarcas da alta montaña do leste de Galicia, mantíñase ata datas moi
recentes a tradición do Apalpador , un xigante con oficio de carboeiro , que,
no Nadal, baixaba ás aldeas e vixiaba que os meniños vivisen con fartura e
en lembranza da súa visita deixáballes unha presa de castañas e agasallos.
No ano 2006, o mesmo historiador pública un traballo sobre a figura do
Apalpador no Portal Galego da lingua.

http://www.pglingua.org/images/stories/pdfs/2008/20061231_o_apalpador_jose_andre_lopez.pdf

A partir do ano 2007, unha serie de asociacións culturais, entre as que


destacamos a Gentalha do Pichel de Compostela, deciden recuperar este
personaxe da nosa tradición antes de que se perda.

Equipo de Dinamización da Lingua Galega - Nadal 2013


CEIP Ponte dos Brozos - Arteixo
Outras figuras semellantes

Olentzero, Olentzaro ou Olantzaro é


unha figura da tradición vasca de Nadal.
É un carboeiro mitolóxico que trae
agasallos o día de Nadal aos nenos e
nenas.

O Angulero, Asturias, é un pescador


especializado na captura de anguías que entrega
agasallos ás nenas e nenos na véspera de Nadal.

O Esteru, Cantabria, é un leñador


bonachón que o Día de Reis leva agasallos
e ledicia ás nenas/os para de Cantabria.
Esteru e o seu fiel axudante, Burru,
dedícanse todo o ano a cortar madeira,
excepto en Nadal, cando dedican os seus
esforzos a facer xoguetes para dar aos
nenos.

Equipo de Dinamización da Lingua Galega - Nadal 2013


CEIP Ponte dos Brozos - Arteixo
1. Comprensión lectora.

1. Como se chama a personaxe que trae castañas e agasallos aos


nenos e nenas de Galiza?

o Olentzero
o Apalpador
o Esteru
2. Que outros nomes recibe o Apalpador?

o Angulero e Pandingueiro
o Apalpabarrigas e Angulero
o Pandingueiro e Apalpabarrigas

3. Quen é o Apalpador?

o É un home pequeniño cunha gran barba branca.


o É un home moi alto cunha gran melena laranxa.
o É un home xigante que leva barba vermella.

4. Como viste o Apalpador?

o Traxe amarelo e boina.


o Casaca esfarrapada e chea de remendos, zocas e boina.
o Chapeu e pantalón de cor negra.

Equipo de Dinamización da Lingua Galega - Nadal 2013


CEIP Ponte dos Brozos - Arteixo
5. Que noite baixa a visitar ás meniñas e meniños?

o A noite de Ano Vello.


o O 25 de decembro.
o O Día de Reis

6. Que lles palpa aos meniños e meniñas?

o A fronte.
o A barriga.
o As meixelas.

7. O Apalpador déixalles...

o Unha presa de noces e agasallos.


o Nada.
o Castañas e agasallos.

8. Como están os nenos e nenas a noite que esperan a visita do


Apalpador?

o Rebulindo.
o Cheos de medo.
o Moi quedos.

9. Cal é o oficio do Apalpador ?

o Carboeiro.
o Leñador.
o Pescador

10. A figura do Apalpador esta presente en toda Galicia?

o Non.
o Tradicionalmente nas zonas do Leste de Galicia.
o Si.
Equipo de Dinamización da Lingua Galega - Nadal 2013
CEIP Ponte dos Brozos - Arteixo
2. Coñecemos novas palabras.

 Busca no dicionario o significado das seguintes palabras:


Devesa – ficar - apalpar – cachela - cemba - mega

3. Xogamos coas palabras.

 Atopa nesta sopa de letras as seguintes palabras relacionadas co


APALPADOR

APALPADOR – APALPABARRIGAS - CASTAÑA- ESTERU – DEVESA –


OLENTZERO – CARBOEIRO – AGASALLO – AGUINALDO - BARRIGA

Equipo de Dinamización da Lingua Galega - Nadal 2013


CEIP Ponte dos Brozos - Arteixo
 Fai este encrucillado relacionado co Apalpador.

1. Parte do corpo que apalpa aos nenos e nenas.


2. Personaxe tradicional do Nadal en Asturias.
3. Profesión do Apalpador.
4. Froito que deixa aos nenos e nenas.
5. Nome que recibe na Terra de Trives.
6. Peza de vestir parecida a unha chaqueta que leva o noso personaxe.
7. Personaxe que visita aos nenos e nenas galegos na noite de Ano Vello.
8. Serra do leste de Lugo onde vive o Apalpador.

Equipo de Dinamización da Lingua Galega - Nadal 2013


CEIP Ponte dos Brozos - Arteixo
4. Paseando por Galicia.

 Sitúa no mapa de Galicia as comarcas onde o Apalpador lles trae


os agasallos aos nenos e nenas.

Equipo de Dinamización da Lingua Galega - Nadal 2013


CEIP Ponte dos Brozos - Arteixo
5. Investigamos

 En Galicia, ademais da lenda do Apalpador, hai outra tradición sobre O Cepo de


Nadal, Busca información sobre que é o Cepo ou Tizón de Nadal.

 No texto falamos de outras tres figuras que traen agasallos aos nenos e
nenas do note de España, pero existe algún máis?

 Aquí vos deixo outra cántiga que fala da chegada do Apalpador, e xa van dúas,
pero será quen de atopar algunha máis?

Aí o vén o apalpador

pra facerche a revisión

se medraches ou minguaches

en talla e en musculación

Aí vén o apalpador

non é mestre nin doutor

é un vello das montañas,

onde crían as castañas

pra che dar a boa mantenza

da señora natureza.

Vén do Courel...que ben !

Vén dos Ancares...que grande !

Vén do Souto máis retorto

onde aínda moucha o moucho.

Maruxa de Baio
(alcume de Sofía de Labañou)

Recollido pola Coordinadora Galega dos Equipos de Dinamización Lingüística.

Equipo de Dinamización da Lingua Galega - Nadal 2013


CEIP Ponte dos Brozos - Arteixo
6. Xogamos co Apalpador.

 Rodea a figura do Apalpador que se repite.

Equipo de Dinamización da Lingua Galega - Nadal 2013


CEIP Ponte dos Brozos - Arteixo
 Risca a figura que esta mirando en sentido contrario ás outras.

Equipo de Dinamización da Lingua Galega - Nadal 2013


CEIP Ponte dos Brozos - Arteixo
 Constrúe o teu monicreque do Apalpador.

Equipo de Dinamización da Lingua Galega - Nadal 2013


CEIP Ponte dos Brozos - Arteixo
Equipo de Dinamización da Lingua Galega - Nadal 2013
CEIP Ponte dos Brozos - Arteixo
7. Coloreamos

Equipo de Dinamización da Lingua Galega - Nadal 2013


CEIP Ponte dos Brozos - Arteixo
8. Lecturas

O Apalpador
Vive nas devesas do Courel desde fai tanto tempo que
ninguén sabe cantos anos ten. Pasa o día recollendo
madeira, como cando era carboeiro, e no outono aproveita
a viaxe e tamén vai ás castañas.

O Apalpador e a castaña máxica


Este ano O Apalpador traerá agasallos a todos os
galegos, como todos os anos, mais tamén traerá
outra cousa... Unha castaña máxica que ten unhas
curiosas propiedades.

O conto do Apalpador
Inés vive na montaña. Achégase o Nadal e hai pouca
comida na casa e coa axuda do seu cadeliño busca algo no
bosque, mentres o fan son observados por uns seres
pequeniños aos que lles gusta gastar bromas e vixiar como
se portan os nenos e nenas.

Antón e O Apalpador
Antón fai unha viaxe alucinante ao corazón do
Caurel, onde vivirá unha gran aventura e coñecerá
unha personaxe mítico do Nadal galego. O Apalpador.

Equipo de Dinamización da Lingua Galega - Nadal 2013


CEIP Ponte dos Brozos - Arteixo
Apalpador vs. Papá Noel

Nos misteriosos bosques do Courel están acontecendo


cousas moi estrañas. Cando o elfo explorador Dintandalius
decide indagar que sucede, atópase ca axuda dunha rapaza
chamada Noa. Ambos emprenden unha fantástica viaxe na
procura do gardián do bosque, un xigante coñecido como O
Apalpador.

As aventuras do Apalpador. O tesouro dos


mouros.
A valente Noa, o elfo Din-Don e mais o seu
amigo carboeiro o Apalpador emprenden unha
nova aventura nas fragas do Courel, desta vez na
procura do mítico tesouro dos mouros, que está
agochado nalgures

A noite do Apalpador
Poesía do Apalpador

En formato dixital
- Antón e o apalpador
http://issuu.com/cepaltamira/docs/conto_en_pdf

Equipo de Dinamización da Lingua Galega - Nadal 2013


CEIP Ponte dos Brozos - Arteixo
9. Vídeos e cancións sobre o Apalpador.

Vídeo documental

Entrevista sobre a figura mitolóxica galega do Apalpador na TVG


http://www.youtube.com/watch?v=_DGr9U4-gFU

e há de vir o apalpador. (documental feito por a Gentalha do


Pichel.veciños falando dos seus recordos e cantando)
http://www.youtube.com/watch?v=hZMpYnt7AXk

fina e o apalpador ( muller do caurel lembrando a figura do


apalpador)
http://www.youtube.com/watch?v=HVuy3gUT_04

Historia e contos

Historia dO apalpador feita polos nenos do ceip nosa señora de


xuvencos
https://www.youtube.com/watch?v=D7U4P1gPSTA

o conto do apalpador
https://www.youtube.com/watch?v=CV-jvl0Wfq4

CIFREGHO CONHECE AO APALPADOR


https://www.youtube.com/watch?v=2-E1gNuiExA

Cancións

O apalpador
https://www.youtube.com/watch?v=Ny8cb-eZxjo

KARAOKE - CANTIGA DO APALPADOR


https://www.youtube.com/watch?v=eS2szqW-jVs
http://www.youtube.com/watch?v=RqqFwWaaacM#t=23 (Só a música)

Equipo de Dinamización da Lingua Galega - Nadal 2013


CEIP Ponte dos Brozos - Arteixo
10. Para saber máis.

 Galicia Encantada

http://www.galiciaencantada.com/dentro.asp?c=0&id=1171

 Web do Apalpador

http://www.apalpador.com/

 O Apalpador, personagem mítico do Natal galego a resgate pdf

http://www.pglingua.org/images/stories/pdfs/2008/20061231_o_apalpador_jose_andre_lopez.
pdf

11. Recursos na rede

http://bibliotecasantamarina.blogspot.com.es/2012/11/lim-noite-do-apalpador.html

https://www.dropbox.com/s/pt9izrwsweyzark/O%20APALPADOR.pdf (UD)

http://www.slideshare.net/cucacambados/apalpador-
7878360?ref=http://cuentoscancionespicto.blogspot.com.es/2011/05/o-apalpador.html

12. Bibliografía
- Galicia Encantada

- O Apalpador, personagem mítico do Natal galego a resgate.- José André


Lôpez Gonçâlez

- O Apalpador e o toro de Natal; ou «Papá Nöel» e a árvore de luzes1.- Carlos


Calvo Varela

- www.apalpador.com

- UD da Asociación Artabria

Equipo de Dinamización da Lingua Galega - Nadal 2013


CEIP Ponte dos Brozos - Arteixo

You might also like