Download as odt, pdf, or txt
Download as odt, pdf, or txt
You are on page 1of 2

CANTIGA DE AMOR

1.CARACTERÍSTICAS
- Sentimiento amoroso posto en boca dun home.
- Influencia da Canço provenzal. Provenzalismos.
- Motivo do "Amor Cortés" (relación entre os namorados é como entre o Señor e o servo). Amor
visto como servizo (o home está sometido á muller). Amor= dor (as relacións son imposibles).
- Diferenzas coa Canço provenzal:
- Beleza da dama é percebida a través dos sentidos. Non hai descrición
senón referencias xerais.
- Localización indeterminada. Na canço hai un referente paisaxístico.
- Coita de amor é o recurso tópico (morrer= amor). Na canço pode haber
correspondencia amorosa.

2.CONTIDO
- Voz masculina.
- Palabra clave "SENHOR" (Muller).
- Protagonistas son a dama e o namorado.

3.TEMAS
- A) Encomio á dama. Introducción da cantiga (beleza moral ou física). O concepto
"Senhor" fai referencia á muller e tamén á clase social a que o trobador se
somete.
-B) Amor do poeta. O poeta ofrécese submisa e incondicionalmente á dama quen
reacciona negativamente. O trobador pode insistir e disculparse polo inoportunidade
que lle causa á senhor.
-C) Reserva da dama. Vai desde a discreción da senhor cara ao poeta ata o
rexeitamento, indiferenza ou
prohibición da senhor para que o poeta a vexa. A reaccion do poeta vai desde a loa
esperanzada ata o desexo de morte. Concepto
de "Mesura" (equilibrio) na relación entre ambos.
Este campo artéllase arredor da "Coita de amor".
- D) Coita de amor. Hai diferentes graos. (pranto, tolemia ou morte do poeta por amor
ante o rexeitamento da Senhor).

*Graos de aproximación á dama do AMOR CORTÉS:


*Fenhedor (suspirante). Suspira pola dona.
*Precador (suplicante). Diríxese á dama pregándolle polo seu amor.
Entendedor (aceptador). Correspondido co amor da dama.
Drudo (amante). Amante físico

4. FORMA
A) Cantigas de Refrán (1 ou máis versos ao final)
B) Cantigas de Mestría (sen refrán). Máis elaboradas tecnicamente.

5. RECURSOS ESTILÍSTICOS

Cobras capcaudadas: o último verso dunha cobra presenta a mesma rima que o 1º
verso da seguinte.
Cobras Capfinidas: a palabra que aparece no último verso dunha cobra volve
aparecer no 1º verso da seguinte.
Cobras Capdenals: repítese ao inicio dos versos de cobras sucesivas a mesma
palabra.
Ata-fiinda: encadeamento da última oracion dunha cobra que continúa no 1º verso
da seguinte.
Fiinda: 3-4 versos cos que se remata a cantiga.
Dobre: repetición de palabras en lugares fixos: parti/parti.
Mordobre: repeticion de lexemas de palabras en posicion final de verso:
desamar/desamou

You might also like