Download as doc, pdf, or txt
Download as doc, pdf, or txt
You are on page 1of 9

ETAPAS DUN EMBARAZO

CARLOS MARTÍNEZ
FUENTES
6ªB 0
ÍNDICE

OS PROCESOS DA REPRODUCIÓN HUMANA.............................................................2

1. A FECUNDACIÓN.......................................................................................................... 3

2. DESENVOLVEMENTO DO EMBRIÓN....................................................................4

a. PRIMEIRO TRIMESTRE.........................................................................................5

b. SEGUNDO TRIMESTRE.......................................................................................... 6

c. TERCEIRO TRIMESTRE......................................................................................... 7

3. O PARTO........................................................................................................................... 8

1
OS PROCESOS DA
REPRODUCIÓN HUMANA

A función de reprodución é unha característica de todos os seres


vivos. Todos os seres vivos producen outros seres semellantes a eles.

A reprodución dos seres humanos é de tipo sexual. Para crear un


novo ser son necesarias unha célula reproductora femenina, un
óvulo, e outra masculina, un espermatozoide. Estas atópanse nos
aparatos reproductores femenino e masculino.

Na reprodución humana como na da maioría dos mamíferos


distínguense tres etapas:

A fecundación, o desenvolvemento do embrión, e o parto.

1. A FECUNDACIÓN
2
A fecundación é a unión dun óvulo e dun espermatozoide e adoita
producirse na trompa de Falopio pola que descende o óvulo.

A fecundación da orixen a un cigoto, que é a célula que forma un


novo ser. O cigoto divídise e orixina dúas células. Estas dúas células
tamén se dividen e dan orixen a catro. Este proceso de división
celular continúa ata que o cigoto se transforme en embrión.

2. DESENVOLVEMENTO DO EMBRIÓN

3
O desenvolvemento do embrión é o periodo entre a fecundación e o
parto. Dura uns 9 meses e dívidise en tres fases.

a. PRIMEIRO TRIMESTRE

4
O embrión, formado pola división celular do cigoto, chega ao útero e
se fixa a súa parede, implántase.

Unha vez implantado, o embrión comezará o seu desenvolvemento


protexido no saco amniótico, unha bolsa chea de líquido amniótico.

Ademais, fórmase a placenta, un órgano que se fixa aos vasos da


parede do útero e que se une ao embrión mediante o cordón
umbilical. A través dese cordón, pasan do sangue da nai, os
alimentos e o osíxeno que necesita o embrión para medrar. O
embrión vai medrando e seus órganos vánse formando.

b. SEGUNDO TRIMESTRE

5
A partir dos tres meses, todos os órganos do embrión están formados
e pasa a chamarse feto.

O feto comeza a endurecer os osos do seu esqueleto e


perfecciónanse.

Os seus movementos son cada vez mais fortes e a nai comeza a


notalos. O feto comeza a realizar algúns xestos, como engurrar a
fronte ou chuparse o dedo.

Ao final do trimestre o feto xa está moi desenvolto, pode medir 30


cm e chegar a pesar 1 quilo.

c. TERCEIRO TRIMESTRE

O desenvolvemento continúa durante o terceiro trimestre o feto


abrirá os ollos, aumentará máis de peso e se preparará para o parto.

6
Os seus órganos rematan de madurar e prepárase para a vida no
exterior. Ao final, o feto cambia de postura e encaixa a súa cabeza
contra a pelve da sua nai: xa está listo para o parto.

3. O PARTO

Unha das sinais do inicio do parto é a ruptura da bolsa que contén o


líquido amniótico, que sae pola vaxina. Chámase romper augas.

7
O parto comeza coa fase de dilatación. O colo do útero empeza a
abrirse pouco a pouco para que o bebé poida pasar. Ao mesmo
tempo, o útero contráese para empuxar ao bebé hacia a vaxina.
Estos movementos involuntarios chámanse contraccións.

Despois, empeza a fase de expulsión, na que o bebé sae ao exterior.


O útero se contrae e a nai empuxa con forza cos músculos do
abdomen.

Unha vez fora, os pulmóns do bebé empezan a funcionar. Córtase o


cordón umbilical porque xa non é necesario.

O parto finaliza cando se expulsa a placenta.

You might also like