A Sereiña Miranda PDF

You might also like

Download as pdf or txt
Download as pdf or txt
You are on page 1of 12

1

a sereiña miranda
Lenda de ares

Javier Vilasánchez Martínez


EDITHARES
2
3

A sereiña Miranda
Para Julián, o meu neto
Ares é mar, e, en Ares, o mar, é Ares. A pouco que
se mire nos sitios onde é posible decubrir o chan,
fóra do asfalto ou cementado, veredes que a area, o
xabre, era o solo de toda a vida .Logo, o pavimento
de pedra ou do chapapote foron gañando terreo.
Nas casas, de andar de terra ata non hai moito, se
cubria a superficie con area da ribeira, branquiña,
para darle un aspecto de limpo, contrastando co
pardo ou a negreza do engadido para facelo máis
firme. E se entraba nelas coma tripando sobre
azucre.
Aos de Ares sempre nos
chamaron “xabrentos”, e
este é un alcume que
levamos con fachenda
gabándonos do nosa
convivencia co mar.
Tamén tedes que saber que
nos xabres se sementaban
unas patacas moi
4

gorentosas e apreciadas polos que nos precederon,


e que ademáis permitían o traballo a xentes de idade
polo lixeiro da terra.
Ares é mar, digo, e no mar viven moluscos, peixes,
tabeiróns, algas…e persoas. Si, si, persoas, como vos
digo. E esas persoas que viven no mar, son, ademais
dos mariñeiros de curtas ou longas singraduras, as
sereas. Pero non vaiades a pensar que as sereas
viven en todo o mundo. Elas escollen para vivir os
lugares onde a maxia e a lenda están moi presentes
para que a súa presenza poida ser comprendida,
aceptada, e incorporada á vida dos seus habitantes.
De non ser así, permanecen ocultas aos ollos dos
humanos. Tamén hai sereas nos rios. A esas
chamamoslles ninfas. Pero esa é outra historia.
O caso da sereiña de Ares, da serea das Mirandas é
un caso aparte e unha historia moi fermosa, que vos
paso a contar.
As sereas, según contan, son fillas do río Aqueloo e
dunha das musas, Melpómene ou Calíope ou
Terpsícore. Do seu pai herdaron a afeizón polas
augas e da súa nai, a da musíca. E non sempre
amosaron a forma en que as descubrimos hoxe nin
viviron sempre no mar, como pode parecer.
5

As novas mais vellas que temos delas, faciannas vivir


na costa, en grupos de dous ou tres, apostadas entre
as penas e agardando o paso das embarcacións para
atraelas á ruina cos seus cantos. Este é o caso das de
Ulises, aquel heroe grego que voltaba á súa patria,
Itaca, despois de loitar na guerra de Troia. Os
mariñeiros tentaban de non facer caso delas senon
que as esquivaban e evitaban todo o que podían. O
seu reclamo non era a súa beleza senon o seu
misterioso canto.
O atoparse con elas non era pois nada desexable
porque un podía ser arrastrado polo seu feitizo. Maís
ben o tremor desmedido era xustamente sentido
porque vislumbraban un terrible final para as súas
vidas.
6

As primeiras adoitaban ter ás pero a súa imaxe foi


mudando, e tomando diferente forma: de metade
paxaros e metade muller pasaron a de metade
muller e metade peixe, tal é como hoxe nolas
presentan.
A nosa serea chamábase, ou se chama, Miranda. Sí,
ese era o seu nome, e era unha destas sereiñas,
metade peixe e metade muller, que afincou en Ares,
nos baixos duns illotes costeiros, moi perigosos para
a navegacións, como testemuñou hai pouco o
naufraxio do buque quimiqueiro Blue Star.
Miranda era unha boa serea que quería axudar aos
mariñeiros no canto de buscarles a súa perdizón,e,
cansa da vida terrible e noxenta que levaban as súas
compañeiras aló no fondo do Mar Mediterráneo,
decidiu buscar un lugar fermoso onde vivir, disfrutar
da paisaxe mariña e, sobre todo, botar unha man a
os mariñeiros que loitaban contra alguna treboada
fera cando navegaban.
Comenzou a percorrer todos os mares do mundo, e
cando pasaba pola Costa da Morte camiño do Norte,
descubriu unha entrada na terra de grandes
7

proporcións, batida polo mar, e con illotes polas


bandas. Estaba na porta do Golfo Artabro. Quedou
prendada da beleza de todo canto via: terras, mar,
ceo, esteiros…Buscou un lugar abrigado do nordés,
os ventos dominantes na zona, e abeirouse ao cantil
onde uns baixos mariños eran traidores para o paso
dos barcos, sobre todo cando o vento viña do Sur.
Alí, na superficie do
mar agromaban dous
farallóns, un máis
grande e outro máis
pequeño e picudo.
Deles se dicia que foran
barcas de pelegrins que
viñendo a entrar na ría
de Ferrol, os ventos de poñente botaronnos cara
adentro do golfo ártabro,e foron a pique, pero o
señor Santiago gardoulles as vidas deixando nos
farallóns a obra morta da barca convertida en pedra,
e virada, e o mastro, que a erosión deixou na máis
picuda que vemos hoxe.
Pois ben, Miranda beneficiouse daquelas augas ricas
en peixe que lle servía de alimento e alí morou anos
e anos, vendo pasar a vida e axudando a todo
8

humano que loitara co mar, ainda que sen amosarse


a cantos por alí pasaban. Gozaba da soidade das
ribeiras e se peiteaba no espello das pozas cada
mañá, despois de sentir o vento nas súas meixelas
cando apousaba nas penas coa súa maxestuosa cola
no seu tempo de lecer polas ribeiras.
Ao pouco de chegar, decatouse de que o sol non lucía
moito ao longo do ano e as noites facíanse longas,
coma as permanencias dos mariñeiros no mar. Por
iso acordou dos deuses gregos, e pediulles que
inspirase aos homes poderosos para facer un luceiro
que guiase aos pescadores e navegantes pola noite,
e acordasde a presenza do sol durante o día, e foi así
como naceu o que hoxe coñecemos como a Torre de
Hércules, o maxestuoso faro da entrada Sur do Golfo
Ártabro.
A súa presenza comezou a ser menos misteriosa
cando algún dos mariñeiros que por alí sucaban a ría
nai das outras catro, decataronse da mingua dos
perigos e da súa misteriosa axuda. Cando pasaban
preto das penas, bromeaban entre eles dicindo, -
Mira, a serea. E de tanto “mira”, comezaron a
chamarlle Miranda, ao famoso personaxe, que
ninquen vira pero da que sentira a súa influenza
9

benefactora. A partires
de aí, as penas
comezaron a coñecerse
como as pena da
Miranda, ou cando se
fala en plural, As
Mirandas, que hoxe dan
nome tamén ao CPI de
Ares, antes coñecido como Conde de Fenosa.
Certo día en que un cabaleiro paseaba pola beira dos
cantís, coas primeiras luces da alba, descubriu a
Miranda pola ribeira no seu paseo mañanceiro e
observouna desde a distancia, pousaba nunha pena
e mirándose no espello do mar, peiteándose cun
peite de escamas. O cabaleiro era un cabaleiro
aresán chamado Juan de la Barrera, que tiña tamén
unha traíña de pesca.
Sabedor xa de certo da existencia da serea e da
fermosura de Miranda, alistou a traíña e saiu na
procusa de tan misterioso e sedutor personaxe.
Despois da virada de Punta Zamborela, levantouse
vento do Sur, e a embarcación comezou a sufrir por
riba das ondas, ata que despois de moitas
10

dificultades, emborcou nos farallóns e a treboada


facía presaxiar o máis terrible dos finais da súa vida.
De súpeto, do fondo do mar, apareceu Miranda, que
o levou a vivir con ela ao seu reino. O que nun
principio fora unha acción salvadora máis, co andar
do tempo ficou en namoramento.
Ao procer aresán deronno por desparecido nunha
noite de treboada no mar, pero el pediulle a Miranda
voltar á terra na súa compaña.
Despois de moito rogar, acadou o seu
consentimento, e misteriosamente, ao abandonar as
ribeiras, caellonlle as escamas aparecendo no seu
sitio unas pernas que fixeron que atopara sitio entre
os humanos.
Temeroso de preguntas, don Juan de la Barrera foi a
vivir a Mugardos, poñendo o seu escudo na fachada
principal da súa casa, e cunha fermosa serea nunha
das cuartelas do seu escudo. Os seus descendentes
levaron o apelido De la Barrera Mariño, en memoria
da procedencia de Miranda. E esa é a orixe da estirpe
dos Mariño, que se perpetúa na nosa terra.
11

Agora disque o Concello vai inmortalizar a lenda da


serea cun fermoso monumento a este personaxe na
beira do mar.
As sereas non tiñan boa fama pero desque se fixeron
lenda, acadaron un lugar no corazón dos humanos
no que habitan,e, desbotando as súas malas acción
do pasado, contribuen á ledicia e a bondade na súa
vida.
Javier Vilasánchez Martínez. Xaneiro 2020
12

A SEREIÑA MIRANDA
EDITHARES 2020

You might also like