Download as pdf or txt
Download as pdf or txt
You are on page 1of 3

RECEITAS DE COCIÑA PARA O NADAL.

Atención á sobremesa que a familia de Julián nos propón para cando esteamos aburridos....e
teñamos fame, claro!!
É tan sinxelo de facer que pensamos que ata nós mesmos o poderiamos intentar. Cando
provedes avisade e se iso... traede un cachiño!!!!

Grazas por esta sobremesa tan fresca que despois dos enchentes que nos soemos pegar nestas
datas, algo lixeiro seguro que nos senta ás mil marabillas.

FLAN CON MERMELADA


ingredientes:

- marmelada
– leite
– flan en sobre

Cóllese o leite e ponse nunha tarteira. Cando estea quente, vótaselle o flan. Cando estea todo
ben misturado bótase a mistura nun molde.
Ponse o resultado na neveira ata que se poña ben frío (arredor de cinco horas) e só despois se
lle bota a marmelada do sabor que se queira. Isto farase cunha culler e con moito tino. Ao final
ponse o resultado de novo na neveira a que arrefríe de novo e xa está listo para ser engulido.
Que raros e raras somos ás veces que comezamos pola sobremesa para pasar agora ó prato
principal.
Este vén da man da nai de David (aínda que non vale de todo porque realmente quen a prepara
na casa é o pai...). Segundo o propio David, do que sabemos que ten moi bo criterio culinario, este
polo está exquisito e alucinadamente bo. Así que preparádevos para chuparvos os dedos con esta
delicia.

POLO Á PEPITORIA
ingredientes:
– polo
– fariña
– allo
– perexil
– sal
– unha cebola
– un porro
– un tomate
– un sobre de améndoas picadas
– piñóns
– un vaso de viño branco
– tres ovos cocidos
– caldo limpo
– aceite de oliva.

Picamos o polo e adobámolo co sal, o perexil e o allo machucado. Pasámolo pola fariña e
dourámolo nunha cazola. Retirámolo e reservámolo.
No mesmo aceite botamos a cebola, o tomate e o porro ben picado. Cando estea ben
repochado, engadímoslle o polo, as améndoas e os piñóns, o caldo, o viño branco e o ovo picado.
Deixamos que se remate de facer todo xunto... e para a mesa!!
Como vamos ao revés e xa que comezamos coa sobremesa e logo propuxemos o prato
principal, seguimos coa orde descolocada e explicámosvos agora como se prepara o entrante.
Co frío destes días, seguro que non lle dicides que non a unha sopa ben quente, a que non?
Pois non vos dicimos nada, se ademais a facemos de marisco (e de mariscos sabemos un lote
os de Marín e arredores...)

A receita tróuxoa Carlos que a viu anotada pola súa casa e que nos recomenda porque segundo
o seu pai.... está de morte.

Adiante pois (aínda que con esta, igual precisamos dun chisco de axuda. Avisamos!!)

SOPA DE MARISCO.
ingredientes:

– 150 gramos de pan


– catro culleradas de cebola picada
– unha cullerada de perexil picado
– un dente de allo
– dous ovos cocidos
– unha cullerada de paprica
– pimenta
– auga de cocer marisco
– algo de marisco esnaquizado
– aceite

Esta sopa faise cando cocemos algún marisco, sexa do tipo que sexa. Cólase a auga e
resérvase para facer a sopa. Déixanse tamén unhas patacas ou o que se queira, para poder
esnaquizalo tamén e engadirllo ao caldo.

O pan córtase en cadradiños e dourase no aceite. Logo apártase.


No aceite sobrante poñemos a estofar a cebola moi picada. Cando estea branda, engadímoslle
o perexil e o dente de allo. Sazónase coa pimenta e agrégaselle a paprica. Toda esta mistura
botámola na auga de cocer os mariscos e deixase que dea un fervor.
Nunha sopeira póñense os cachiños de pan frito, os ovos duros picados e o marisco
esnaquizado. Bótase todo encima do caldo fervendo e deixase repousar uns minutos antes de levalo
á mesa.

You might also like