Download as pdf or txt
Download as pdf or txt
You are on page 1of 1

ACADEMIA RAQUEL

CURSO 19-29

1- Demostrativos E Posesivos

1.1. Localiza nos enunciados que veñen a continuación as formas demostrativas con valor especial; di o
valor e busca un significado sinónimo (0,4)

- Mañá non hai clase, daquela poderemos saír coa bici

- Daquela non había tanta seguridade nas competicións

- Estabamos traballando, e niso soou a sirena da ambulancia

- Só algúns elixidos teñen o aquel da experiencia reflectido na faciana

1.2. Indica os valores especiais do posesivo nos seguintes enunciados (0,6ptos)

- Penso que a señora debe ter os seus trinta e cinco anos

- Os meus hoxe non están na casa, e os teus?

- Tódalas mañás, antes de acender o ordenador, teño que tomar o meu café para poñerme a traballar

- O meu é isto que estou facendo agora

- Éche listo de seu

- Levan cadansúa chaqueta

2- Indica no seguinte texto os indefinidos e relativos. Identifica tamén os pronomes átonos persoais e
xustifica a súa posición (1 punto)

Onde me dixeches que estaba? Non sei que lle pasa a ese rapaz. Parece que anda outra vez a facer das
súas. Tantas ensinanzas non lle serviron para nada. Demasiadas broncas quizais. Cadaquén que pense o
que queira pero eu non estou disposto a vivir desta forma que me corroe por dentro

3- Forma a familia léxica persoa, cidade, leite e arcebispal (4 palabras mínimo). Indica se estas familias son
regulares ou irregulares e di o por que da túa resposta (0,5 puntos)

4- Divide en constituíntes as seguintes palabras: recollidos, vacaloura, paraugueiro, nenazas, cívico


arcebispal (0,5 puntos)

You might also like