Teoría Cadriláteros 2º

You might also like

Download as pps, pdf, or txt
Download as pps, pdf, or txt
You are on page 1of 7

2º bacharelato – debuxo técnico

xeometría métrica aplicada


construcción razoada das formas poligonais
propiedades dos cadriláteros
CADRILÁTEROS
- Son as figuras planas limitadas por catro rectas que se cortan dúas a dúas.
- Son os polígonos de catro lados, catro vértices, catro ángulos e dúas diagonais.
- A suma dos seus ángulos interiores é 360º. Tamén se poden chamar tetrágonos ou
tetrángulos e poden ser cóncavos ou convexos.
-Poden ser:
- PARALELOGRAMOS se teñen dous pares de lados paralelos.
- TRAPECIOS se teñen un par de lados paralelos.
- TRAPEZOIDES se non teñen lados paralelos.
cadriláteros
- En relación coa circunferencia poden ser:
- inscriptibles ou non inscriptibles, segundo todos os seus
vértices estean ou non sobre unha circunferencia, e
- circunscriptibles ou non circunscriptibles, se todos os seus lados sexan
ou non tanxentes a unha circunferencia.
- Os cadriláteros inscriptibles teñen os seus ángulos opostos suplementarios. - Todo
cadrilátero que ten dous ángulos opostos suplementarios é inscriptible.
- Nos cadriláteros circunscriptibles as sumas das lonxitudes dos seus lados opostos
son iguais.
cadriláteros

PARALELOGRAMOS
cadriláteros paralelogramos
Paralelogramos
- As diagonais de todo paralelogramo córtanse no punto medio, que é o centro de simetría da
figura.
- O cadrado, rectángulo e rombo son simétricos respecto ás súas diagonais.
- A paralela media é o segmento de recta que une os puntos medios de dous lados opostos, é
paralela ós outros dous lados e igual a eles en lonxitude.
- O punto de intersección das paralelas medias coincide co punto medio das diagonais.
- As paralelas medias do cadrado e rectángulo son coincidentes coas mediatrices dos seus lados e
son á súa vez eixes de simetría das figuras.
- O rombo e o romboide sempre teñen dous ángulos águdos e dous obtusos opostos ás diagonais
maior e menor respectivamente.
cadriláteros-non paralelogramos

NON PARALELOGRAMOS
trapecios
Trapecios
- Os lados paralelos reciben o nome de bases do trapecio, base maior e base menor,
respectivamente segundo a súa lonxitude.
- Defínese a paralela media como o segmento de recta que une os puntos medios dos lados non
paralelos. Este segmento é paralelo ás bases do trapecio e de lonxitude igual á semisuma das
lonxitudes das bases. Entre paralelas medias, diagonais e paralelas aos lados se establecen no
trapecio varias relacións de medidas que axudan á súa resolución.
- Os trapecios isósceles son simétricos respecto ó eixe coincidente coa mediatriz das bases do
trapecio.

paralela media
eixe
de simetría

rela ción entre tra pecio e romboide


b a - b /2 b /2

a -b /2

a +b/2 a -b a /2
a

You might also like