Download as pdf or txt
Download as pdf or txt
You are on page 1of 2

EROSKI PARAÍSO

(por Adriana Romero)


“Eroski Paraíso” é unha comedia producida por Chévere, cuxos
actores principais son Patricia de Lorenzo, Miguel de Lira e Cristina
Iglesias.

Alejandra é unha rapaza galega que viviu en Canarias con seus


pais e logo, cando estes se divorciaron, en Barcelona con súa nai,
pese a que seguía pasando tempadas nas illas previamente
mencionadas con seu pai. Seu avó, que na actualidade está enfermo,
era fotógrafo e enviáballe fotografías, que ela describía nun caderno.
Prestoulle moita atención a unha foto en concreto, a de seus pais a
noite que se coñeceron. Decidiu facer esta película, xa que, quería
demostrarse a si mesma que unha persoa que nunca parou quieta,
pode sentirse dalgún lugar. Quería reconstruír como se coñeceran os
seus pais no Paraíso, unha sala de festas que ocupara vinte e cinco
anos antes o lugar no que agora estaba o Eroski.

A nai, que comezara a traballar no Eroski, fala castelán, pese a


que a súa filla lle pide que o faga en galego. Ela non quería que os
seus pais actuaran na súa película, pretendía simplemente que foran
eles mesmos e contaran a súa historia. A nai contou, entre outras
moitas historias, que se non tivese que coidar de seu pai, non estaría
nese pobo, no cal a xente se preocupaba máis da vida dos demais
que da propia. Tamén se emocionou ao contar a historia de seu
irmán, que por un problema de drogas, tivo que ir a un centro de
menores, de onde saíu empeorado e na actualidade xa non sabía
nada del.

O pai, que acababa de chegar de Canarias, falaba galego e


Alex, directora, realizadora e personaxe da película, recollía palabras
e expresións da zona, que lle escoitaba ao seu pai, para que non se
perderan. O pai explica como estaba todo antes, en contraste a como
estaba agora (onde estaban as taquillas, agora as caixas; onde
estaba o palco, agora a carnicería; etc). Antonio explica que, se
mirabas o interior do Paraíso, podías saber a xeografía da comarca,
xa que, a xente colocábase por pobos. Conta tamén que en Muros
había moitos arcos, polo que lle acaía mellor o nome de Arcos; porén
en Arcos había moitos muros, polo que deberían trocar o nome. Outra
das anécdotas do pai de Alex está relacionada co descoñecemento do
inglés, pois, como non sabían o nome das cancións, cambiábanllos ao
galego, por exemplo a “I want to break free” convertíano en
“Aghuantame aquí”.

Sentan a facer os bocadillos de calamares que comían antes,


para representar a noite do encontro entre Antonio e Eva, os pais de
Alex. A partir de aí, co cheiro dos calamares, os dous comezan a
lembrar e a contar a noite en que se coñeceron. El estaba bébedo e
estáballe berrando o porteiro da sala de festas, que o quería botar.
Ela aguantoulle o “cubata” e díxolle ao porteiro que era o seu mozo.
El púxolle unha man enriba e foi aí cando o avó lles sacou a foto (xa
que ela nunca bebía e pareceulle raro vela co vaso). Antes de que ela
marchase, cambiou a música e comezaron a bailar. Finalmente,
botáronos de alí, foron ao cemiterio a buscar intimidade e de aí saíu a
súa filla.

A historia comeza coa foto deles coñecéndose, e remata con


eles mirando os estantes baleiros e a súa filla preguntándolles con
que os encherían. Eva vía estantes vellos. Antonio un edificio sen
acabar, que lle recordou ao que os seus pais fixeran para os fillos, na
Picota, e que seguía alí sen acabar. Pensaba que deberían acabalo, se
non para os da familia, para que outra xente viva nel.

You might also like