Professional Documents
Culture Documents
Comunicado Oficial
Comunicado Oficial
Comunicado Oficial
Logo da reunión por videoconferencia do presidente da Real Federación Española de Fútbol, Luis Rubiales,
con todos os presidentes das federacións territoriais, a Real Federación Galega de Fútbol respalda os acordos
adoptados de maneira unánime, respaldo manifestado polo presidente Rafael Louzán no transcurso da
reunión, a cal se celebrou con posterioridade á celebrada por UEFA coa Federación Española.
Esos acordos afectan a tres aspectos principais que por orden de importancia son os seguintes:
1 Saúde
2 Economía
3 Competición
Acordos que, ademais, quedan reflexados nunha circular que publica hoxe a RFEF.
1. Louzán coincide co presidente da Federación Española en que a prioridade agora mesmo é a saúde
de todos os cidadáns e traballar da man das distintas autoridades colaborando na prevención, na
concienciación e no freno da propagación do virus Covid-19. Todos os presidentes descartan realizar
medidas propias á marxe da labor que están realizando os servizos sanitarios en todo o estado
español.
2. No tocante á economía quedou claro que todas as axudas comprometidas pola RFEF e a RFGF aos
clubs e ás federacións territoriais para esta tempada están aseguradas, si ben podería haber retrasos
nos pagos si a crise sanitaria se extende moito no tempo. Os programas Impulso 23, Cantera ou
Universo Mujer teñen aseguradas as contías económicas, polo que os clubs recibirán a integridade
do comprometido para este tempada.
3. E no referente á competición, si ben agora mesmo non é a prioridade, sí é certo que as federacións
están traballando para dar seguridade aos clubs e deportistas.
A Real Federación Galega de Fútbol, ao igual que as demáis federacións, avoga por rematar a
competición desta tempada. Si a situación permite facelo antes do 30 de xuño sería o escenario ideal,
pero si esa situación é imposible, a RFGF ten claro que a competición debe disputarse na súa
totalidade aínda que teña que ser máis aló do 30 de xuño, polo que habería que prorrogar a
tempada competitiva, as licencias, e a cobertura de accidente deportivo (Mutualidade) por causas
de forza maior. Evidentemente todo vai a depender da evolución da crise sanitaria na que estamos
inmersos.
A prolongación da competición 19-20 debería en todo caso ser aprobada pola Secretaría Xeral para
o Deporte e pola Asemblea da RFGF. Ademais, esa posibilidade tamén podería afectar á seguinte
tempada, a cal podería ver adaptado o seu sistema competicional en función da data na que se poida
rematar a presente campaña.
O que ten claro a RFGF, en consonancia coas federacións española e as demais territoriais, é que
“temos que manter a competición limpa e íntegra para iso é necesario que sexa unha competición
en condicións de igualdade. Por elo, non podemos cambiar as regras de xogo a metade de tempada,
a pesar da excepcionalidade que estamos a vivir”, sinala Louzán.
Todas as outras opcións: (cancelación das ligas, validar as clasificacións da primeira volta ou validar
as clasificacións a día de suspensión debido á crise sanitaria) vulneran a limpeza da competición e o
criterio de igualdade da mesma.
Páxina 2 de 2