Download as pdf or txt
Download as pdf or txt
You are on page 1of 3

MANUALIDADE CON MATERIAL DE

REFUGALLO.
“MAGALLANES SUCANDO OS MARES”

EN UN LATERAL OU DEBAIXO, ESCRIBIDE UN POEMA


RELACIONADO CO NOSO PROXECTO DE MAGALLANES.

SUXESTIÓNS DE MATERIAL NECESARIO

-Modelo de figura humana (achegamos modelo)

-Folios ou cartulinas.

-Retazos de telas, de encaixes,… de distintas variedades e texturas


que teñades na casa.

-Restos de madeixas de la de cores variadas.

-Botóns e outros adornos de roupa usada, que xa non se utilicen.

-Restos de plastilina.

-Lápices o ceras de cores.


-Tesoiras.

-Pegamento de barra.

EXPLICACIÓN

PASO 1
Traballaremos co modelo de figura humana por duplicado.
Recortaremos un dos modelos de figura que servirá de plantilla para
debuxar a roupa que se desexa deseñar.

PASO 2
Debuxar a cara e os detalles desexados sobre o segundo modelo,
coloreándoo e recortándoo.

PASO 3
Unha vez coloreado e recortado este segundo modelo, pegalo
sobre a base na que se vai realizar o traballo.

PASO 4
Para debuxar a roupa con facilidade colocar o modelo 1 cara abaixo
sobre a tela, dándolle a volta a esta, é decir, pola parte do revés;
deste modo pódese debuxar con facilidade o contorno da figura e
realizar o esbozo da prenda de vestir.

PASO 5
A continuación retírase a plantilla e termínase de perfilar o esbozo.

PASO 6
Unha vez que teñamos o debuxo rematado sobre a tela (ou outro
material), recórtase con coidado.

PASO 7
Poñer pegamento de barra sobre a tela pola parte traseira da
mesma e pegar sobre o modelo 2 que se coloreou.

PASO 8
Engadir detalles ou adornos segundo o gusto persoal e a
imaxinación de cada un.

PASO 9

Pegar fío de la para simular o cabelo (ou outro material)


PASO 10
Terminar engadindo motivos de cores, xa sexa con debuxos, con la,
tea ou botóns, para crear ao fondo un barco.

MODELO 1

MODELO 2

You might also like