Download as pdf or txt
Download as pdf or txt
You are on page 1of 1

ECONOMÍA E SOCIEDADE NA GALICIA DOS AUSTRIAS

No intento de potenciar a organización política do vello reino, Galiza dívidese en sete


provincias (para así reepartir os impostos e recrutar soldados) e en 1500 créanse as
Xuntas do reino. Nos S. XVI e XVII, a economía galega era fundamentalmente agrícola e
ligada ás posibilidades produtivas da terra. Ata 1560-80 mantívose un sistema de
produción baseado no cultivo de cereais e o barbeito, traballado con útiles rudimentarios
e coa ausencia de fertilizantes e innovacións salientables. Estas condicións explican que
sexa dificil xerar ezcedentes unha vez pagados os tributos e as rendas forais. A partir
desas datas, o desequilibrio entre poboación e recursos favoreceu a aparición de crises
de subsistencia, estas dificultades estimularon a transformación do sistema de cultivo e a
chegada de cambios. Estendeuse o cultivo do millo, que alterou o sistema de rotacións
diminuíndo o barbeito. Estes cambios permitiron un forte crecemento da produción e da
poboación, situación que se contrapoñía co panorama no resto de España. Con todo, a
precaria situación económica do campesiñado lévao a realizar tarefas complementarias
ás agrarias que teñen lugar nas súas casas (domestic system) como a producción de
tecidos de liño. Na Galiza costeira, a escasa produción agrícola vese aliviada polo
traballo no mar, de aí a importancia da pesca na Galiza litoral. Ao lado dos principais
portos exportadores de peixe, moitas outras poboacións teñen tamén no mar o seu
modo de vida. Estes portos comerciaban con cidades costeiras españolas exportando
viños, sardiñas, polbo… e importando cereais, aceite ou sal. No seculo XVI, Pontevedra
convértese no principal porto, mentres que no XVII Muros pasa a ser o gran centro
exportador dee sardiña. En todo caso, a pesca tampouco permite superar o nivel de
subsistencia para a meirande parte dos mariñeiros, debido a problemas semellantes aos
da agricultura e ó pequeno tamaño das cidades galegas.

Na sociedade, mantense o carácter estamental (desigual ante a lei e xerarquizada), na


que atopamos: os estamentos privilexiados (nobreza e clero) que son señores territoriais
e xurisdicionais que viven fundamentalmente do cobro das rendas das súas terras; logo
atópanse os labregos, que cultivan a terra baixo diferentes formas de cesión (sendo a
principal o foro); e por último tamén destaca o absentismo da alta nobreza galega, que dá
como resultado a aparición como grupo relevante a fidalguía. A fidalguía era un grado
nobiliario menor que se introduce no sistema como intermediario entre o señor e o
campesiño. Tomaron en foro numerosas parcelas pertencentes a bispos, mosteiros e
grandes nobres que despois subforaban ou arrendaban aos campesiños, incrementando
a renda. Esta práctica permitiulles aumentar o nivel de riqueza, que se manifestou
principalmente na contrucción de pazos. En moitas zonas, os fidalgos constituían a
oligarquía rural ou urbana que controlaba o poder municipal e xudicial. Ademais desta
división social xerada polo sistema foral, existían outros grupos sociais non privilexiados:
mariñeiros, artesáns urbanos e comerciantes.

You might also like