Download as docx, pdf, or txt
Download as docx, pdf, or txt
You are on page 1of 3

Conto de meigas

Esta é unha historia antiga. No seu tempo tivo moita sona e foi situada en

moitos lugares. Sucedeu, iso si, nalgunha aldea entre camiños. Unha noite de

inverno, pediu pousada nunha das casas un médico que volvía de atender sen éxito ó

fillo dun home rico. Pagou unha cea e alí durmiu.

Aínda non era día cando se ergueu para proseguir o seu camiño mais, antes de

deixar a casa, chegaron uns veciños, un matrimonio novo, traendo consigo un neniño

de berce. Escoitaran, seica, que parara alí o médico e aproveitaban para que lles vise

ó neno. Este estaba a morrer, pois levaba semanas enfermo e moi fraco, coma, parece

ser, adoitaban morrer tódolos neonatos da zona. A parte do fraco e branco que

estaba, o médico nada lle atopaba á criatura cando reparou nun pequeno e rosado

burato que o neno tiña no calcañar do pé esquerdo. O médico escoitara historias e

naceu nel unha sospeita.

Decidiu botar na aldea o resto do día e, cando ía caer xa a noite, pediu ós seus

anfitrións que lle indicasen onde vivía a persoa máis gorda do lugar, pois tiña fame e

quería cear nunha casa onde houbese boa comida. Alí foi o médico, mais, cando lle

abriron a porta a quen viu foron dous homes, un novo e un vello, fracos e consumidos

de todo, con ollos afundidos.

Pediu pousada e preguntou se podería comer ben alí. Respondéronlle que si,

que, malia o fracos e febles que se vían, non lles faltaba o alimento e as súas

mulleres, que eran nai e filla, eran boas cociñeiras e, de feito, elas estaban moi sas e

1
ben mantidas. Efectivamente, de contado recibírono dúas mulleres, unha nova e outra

vella, gordas e fortes con ollos grandes. Cearon os cinco xuntos case en completo

silencio: elas comían pouco e con desgana mentres que os seus homes encheron a

fartar.

Cando as mulleres marcharon, o médico explicoulles ós homes cal era a súa

profesión e ofreceuse a miralos, o cal aceptaron de bo grado, pois malia que eles

nunca pasaban fame, algo tiñan que os debilitaba, deixándoos nos ósos. Non tardou

en atoparlles a ambos cadanseu burato seco e negro, detrás do brazo esquerdo,

furándoos entre as costelas. O médico díxolles así:

─ Meus bos señores, as mulleres cas que casaron e cas que viven, nai e filla,

sonlles meigas. Polas noites fannos durmir con algunha herba ou algún meigallo e

daquela sángranos. É por iso que vostedes están tan fracos e elas tan gordas.

Ademais, tamén son as responsables das mortes dos nenos da aldea, pois é o sangue

destes pequenos o que mais lles gusta.

Os pobres homes non podían crer o que o médico lles dicía, así que este

convenceunos:

─ Para estardes seguros, deixade que elas vos escoiten falar de que a xustiza anda

na procura de bruxas e de que chegaron ó lugar uns soldados ca orde de queimar

todas as que atopen. Elas mesmas serán as que se delaten.

Antes de retirarse para durmir, fixeron como lles indicou o médico e, ó pouco de

botarse na cama, viron ás dúas mulleres erguerse e saír da casa para a esconderse

2
na palleira. Así quedaron descubertas e os seus homes apuraron a prenderlle lume ó

agocho das meigas, queimándoas e desfacéndose delas.

Sería posible que o médico estivese errado, claro, pero ó día seguinte, buscando

entre os restos da palleira, atoparon as dúas caveiras das meigas, intactas, grandes e

brancas a pesar das lapas do lume.

You might also like