Enunciado Tarefa 10

You might also like

Download as pdf or txt
Download as pdf or txt
You are on page 1of 6

PLAN DE TELEFORMACIÓN 2018

Microsoft Office Excel 2010


TIPO DE TAREFA DURACIÓN MÓDULOS

Exercicio práctico 40 minutos Módulos 9 e 10

Contidos de referencia

Para a realización desta tarefa deberás consultar os contidos interactivos dos módulos 9 e 10.
Tamén serán de utilidade os contidos adicionais proporcionados nos devanditos módulos.

Obxectivos da aprendizaxe a avaliar

Capacitar ao alumno / a para:


 Configurar a saída a impresión dos datos dunha folla de Excel, permitindo establecer
formatos determinados para cabeceiras, pés de páxina, … e todo aquilo que pode
involucrar a correcta e eficiente presentación dos datos.

 Manipular os comentarios de Excel


 Importar datos dende outras aplicacións ou formatos a Excel
 Empregar as diferentes formas de visualizar a folla de cálculo Excel, co gallo de ser
máis áxil á hora de traballar en función dos obxectivos da folla.

Criterios de avaliación
 A puntuación máxima da tarefa será de 10 puntos, repartidos do seguinte xeito:
 A puntuación mínima para superar a tarefa será de 5 puntos.
PLAN DE TELEFORMACIÓN 2018

Enunciado da tarefa

Descarga o arquivo “Tarefa10.xlsx” indicado na descrición da propia tarefa. Deberás levar a


cabo as operacións nas dúas follas que se marcan nos seguintes puntos:

A) Folla Datos
 Define a orientación de impresión como horizontal (apaisado)
 Define as marxes do modo seguinte: superior e inferior 2,5cm; esquerdo e dereito 2cm
 Centra a páxina horizontalmente.
 Cabeceira de páxina: deixa un espazo de 1,4 cm entre o límite superior da páxina e
o encabezado. Na sección dereita do encabezado inserta o texto “Tarefa 10. O teu
nome e apelidos”, con formato Arial, cursiva negriña de 10 pt.
 Pé de páxina: deixa un espazo de 1,4 cm entre o límite inferior da páxina e o pé de
páxina. Na sección esquerda do pé inserta o texto “Microsoft Office Excel 2010”,
con formato Arial, cursiva negriña de 10 pt. Na sección central poñer o texto
“Resultados”, co mesmo formato, e na sección dereita engadir, co mesmo formato que
nos anteriores o texto “Páxina x de y” de maneira que x se sustitúa polo número de
páxina actual e y polo número de páxinas totais do documento.
 Axusta o documento establecendo como área de impresión o rango A1:J55 e de
maneira que o rango establecido se imprima en dúas páxinas e que en ambas se
repitan .na parte superior as filas 1 a 5 tal e como se amosa na mostra ao final deste
documento.
 Fai que a folla se visualice no modo “Deseño de páxina” e con un zoom personalizado
de 55%
PLAN DE TELEFORMACIÓN 2018

B) Folla Importación
 Importar, a partires da cela A1 os datos do arquivo datos.csv, Ten en conta que os
seus valores están delimitados polo símbolo | (O que se encontra na mesma tecla que o
1 eo ! e que se escribe pulsando <alt gr> + 1).
 Inxire un comentario na cela E6 no que farás saber as túas impresións sobre esta
práctica.
 Fai que se amosen todos os comentarios.
 Fixa a fila superior mediante unha conxelación de paneis, para que cando aumente
o número de rexistros e nos despracemos pola folla poidamos ter sempre visible a
cabeceira dos datos.

Unha vez realizadas todas as operacións garda o ficheiro resultante co nome Tarefa10_Nome
e apelidos.xlsx.

Garda a folla Datos en formato PDF co nome “Tarefa10_ TeuNomeApelidos.pdf”.

Non esquezas subir á plataforma de teledocencia os ous arquivos (PDF e XLSX) antes da
data límite de entrega establecida para a tarefa. Recorda que nesta ocasión debes subir
dous arquivos á plataforma:
- O ficheiro excel que incluirá as dúas follas:
1. Folla “Datos” configurada para a impresión
2. Folla “Importación” cos datos importados
- O ficheiro PDF creado a partir da folla datos configurada.
PLAN DE TELEFORMACIÓN 2018

Mostra do resultado final da páxina 1 da folla Datos


PLAN DE TELEFORMACIÓN 2018

Mostra do resultado final da páxina 2 da folla Datos


PLAN DE TELEFORMACIÓN 2018

Mostra do resultado final da folla Importación

You might also like