Download as pdf or txt
Download as pdf or txt
You are on page 1of 2

LGL 2º BAC Variedades xeográficas

As variedades xeográficas. Delimitación xeográfica do galego. A delimitación xeográfica do galego


non coincide coas fronteiras administrativas de Galiza. Tamén hai zonas galego-falantes en Asturias, León e
Zamora.
Variedades xeográficas. Chamamos variedades xeográficas ou diatópicas (os mal chamados dialectos) ás
diferenzas que presenta a lingua en función da zona xeográfica concreta onde se fale. Os distintos trazos
lingüísticos que nos permiten delimitar esas variedades son fundamentalmente fonéticos e morfolóxicos e a
liña imaxinaria que sinala nun territorio o límite dun trazo recibe o nome de isoglosa.
Trazos fonéticos:
 A gheada: pronuncia do g coma unha aspirada en calquera posición (en vez de velar /g/)(amigo: amigho).

 O seseo: inexistencia do son /Θ/, sendo pronunciado como /s/ (pronuncia alveolar e non interdental).
Pode ser explosivo: en posición inicial de sílaba (cociña: cosiña). Ou implosivo: só en posición final (luz: lus).

 Ditongo -oi. A evolución dos grupos fónicos latinos (-ult-,- uct-, -oct-, -ori-) deron en galego distintas
solución: -oi- e –ui- son as maioritarias (multum, tructam,noctem, corium > moito, troita,noite, coiro e
muito, truita,nuite e cuiro); no galego oriental e exterior tamén atopamos as variantes muto, mutio, truta,
trutia.

 Perda ou conservación do grupo cua/gua en palabras como catro/cuatro, gardar/guardar.

Trazos morfoxintácticos
 Coa perda do -n- intervocálico, danse varias posibilidades nos plurais dos nomes que en singular rematan
en -n (can: cas, cais, caes; ladrón: ladrós, ladrois, ladroes). As isoglosas deste trazo marcan os límites dos
tres bloques xeográficos. Tamén os plurais en –l : animales, animais e animás.

 A evolución das terminacións latinas -anum, -anam, presenta dúas solucións maioritarias (-án para
masculino e feminino: o irmán, a irmán) (-ao para masculino e -á para feminino: irmao, irmá).

 Paradigmas dos demostrativos: diferenza xenérica con -e, -a, -o (este, esta, esto). Diferenza xenérica co
masculino hipercaracterizado con i- (iste, esta, esto). Diferenza xenérica coa forma neutra
hipercaracterizada con i- (este, esta, isto), recollida na lingua estándar.

 Pronome suxeito de terceira persoa de singular el ou il.

 Pronome suxeito de segunda persoa de singular ti ou tu.

 Pronome átono de 3ª de CI : lle/lles e polo tanto llo/llelo

 Variacións da terminación verbal –des:-is, -s, -ndes ( de andades, andabades: andais, adábais (galego
oriental e Baixo Miño), andás, andabás (no occidente coruñés), andandes, andabandes (sur ourensán e
sudoeste pontevedrés).

 Variantes no pretérito de indicativo en 3º e 2º persoa de singular: de colliches: colleches e colleste(s).


Tamén colliu (no occidente coruñés) frente a colleu.

 Cheísmo: che para CD e CI no occidente da Coruña: vinche na festa; deiche o libro.

 Teísmo: pronome te para CD e CI no Baixo Miño, en falas do leste de Ourense e nas Portelas de Zamora:
vinte na festa, deite o libro.

Formas do léxico: É específico, como a distribución dos verbos mirar e cheirar. Mirar no centro e sur de
Pontevedra úsase como ver e como mirar. Cheirar desde Fisterra á Guarda e noutras áreas do sur de Galicia,
non ten significación positiva ou negativa, é neutro e ese significado dáselle con adverbios: cheira ben ou
cheira mal. Noutras zonas, cheirar ten o significado negativo de ulir mal. Bloques e áreas dialectais: están
delimitados por isoglosas que corresponden á formación do plural dos nomes rematados en -n: pantalós,
pantalóns, pantalois. Os tres grandes bloques están á súa vez divididos en áreas, subáreas e
microsubáreas.

Bloque occidental: abrangue occidente da Coruña e Pontevedra. De carácter innovador en fonética. Trazos
comúns: seso implosivo, gheada, plural -ns , o irmán/a irmán, suxeito ti.
 Área fisterrá: seseo explosivo, cheísmo. Na zona do Xallas hai ditongo -ui no canto de -oi e vogal temática
-i en 3º persoa de pretérito (colliu). Na zona do Tambre-Barbanza, emprégase –oi e vogal temática -e-
(colleu).

 Área bergantiñá: seseo explosivo, cheísmo. Presenta -oi e vogal temática -i-.

 Área pontevedresa: ausencia de cheísmo. Subárea Ulla-Umia: ditongo -oi, paradigma de deícticos: este,
esta, esto, vogal temática -e- en terceira persoa do pretérito. Microsubárea Verdugo-Miño: ditongo -ui, -oi,
deícticos: este, esta, isto, distinción de vogal temática na terceira persoa do pretérito (colleu / partiu).

Bloque central: corresponde a boa parte das provincias de Lugo e Ourense e a franxa interior de Pontevedra
e Coruña. Trazos comúns: non seseo, gheada na zona occidental, ditongo –oi-, plural –s (xamós), o irmao/a
irmá, suxeito tu.
 Área mindoniense: pronomes nosoutros e vosoutros no canto de nós e vós, vogal temática -e-(colleu,
parteu), desprazamento acentual (cantábamos no canto de cantabamos).

 Área lucu-auriense: deícticos iste, esta, esto, pronome il, uso das dúas vogais temáticas (colleu, partiu).

Bloque oriental: leste de Lugo e Ourense e zonas galegofalantes de Asturias, León e Zamora. É o máis
conservador en fonética dos tres. Terminación -ín en lugar de –iño, conservación de CUA/GUA (cuatro),
plural en –is (cais, xamois), formas con –ax en vez de –aix (caxa por caixa).
 Área asturiana: mantén -l- intervocálico (animales), posesivos meu, tou, sou, mía, túa, súa. Terminación
-íus, -ías (veciús, vecías), artigos el, a, l' (l'herba). Oposición singular/plural no pronome lle / lles, llo / llelo.

 Área acaresa: gheada, vogais nasalizadas (cadêa, ûa), palatalización do a tónico (irmä), cheísmo e
demostrativos estos, esos, aquelos.

 Área zamorana: confusión en ditongos -oi- e -ou- (noite, noute, dous, dois) e ausencia de ditongo en
muto, truta (moito, troita), terminación -iño fronte a -ín, pronome persoal lle-le para singular e plural e
teísmo.

You might also like