Download as pdf or txt
Download as pdf or txt
You are on page 1of 25

Coordenadas: 42.5, -8.

Galicia
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Galicia[3] ( pronunciación ) ou Galiza[4] ( pronunciación ) é unha


nación[5] recoñecida internacionalmente en 1933[6][7] e establecida Galicia
xurídica e administrativamente dende 1978 como comunidade
autónoma segundo a Constitución española co rango de
Galiza
nacionalidade histórica determinado no seu Estatuto de autonomía,
dentro do Reino de España e a Comunidade Europea. O seu territorio
está situado no extremo noroeste da Península Ibérica e linda, ao
leste, coas comunidades autónomas de Asturias e Castela e León, ao
oeste co océano Atlántico, ao norte co mar Cantábrico e ao sur coa
República de Portugal.

Ten como lingua propia o galego, de orixe común co portugués Bandeira Escudo
(ambas as dúas proveñen da lingua medieval coñecida como galego-
portugués), e comparte oficialidade co castelán, que é oficial en toda
España.

Santiago de Compostela é a capital, cun estatuto especial[8] dentro da


provincia da Coruña. Galicia posúe 2.701.743 habitantes (2018)[9],
cunha distribución poboacional que aglomera a meirande parte na
franxa entre Ferrol e Vigo. En Galicia, os núcleos urbanos con rango
de cidade son sete, que segundo criterios poboacionais son os
seguintes: Vigo, A Coruña, Ourense, Lugo, Santiago de Compostela,
Pontevedra e Ferrol. Ten unha superficie de 29 574,4 km².
Himno: Os Pinos
O concello máis poboado é o de Vigo con 292 817 habitantes e o
menos poboado o de Negueira de Muñiz con 215 habitantes no 2016. Estado España
O concello máis extenso é o da Fonsagrada cunha superficie de
438,4 km² e o máis pequeno o de Mondariz-Balneario con 2,3 km². A Capital Santiago de Compostela
Coruña é o concello con maior densidade de poboación con 6449,32 • Poboación 96 405 hab. (2018)
hab./km² e Vilariño de Conso é o que ten menor densidade de Lingua oficial Galego e castelán
poboación con 2,92 hab./km² no 2016.
Forma de goberno Comunidade Autónoma
Presidente Alberto Núñez Feijóo (PPdeG)

Índice Estatuto 6 de abril de 1981


Superficie Posto 7º
Etimoloxía
• Total 29 574,4 km²
Símbolos de Galicia
Bandeira de Galicia Fronteiras con Portugal 296[1] km

Escudo de Galicia Costas 1562 km

Himno galego Poboación Posto 5º


Historia • Total 2 718 525 (2016[2]) hab.
Prehistoria • Densidade 92,94 hab./km²
Idade de Bronce
Xentilicio galego/a
Etapa castrexa
Fuso horario UTC+1
Idade Antiga
• Horario de verán UTC+2
A romanización
Dominio de Internet .gal
Idade Media
Código ISO ES-GA
Idade Moderna
Idade Contemporánea Sitio web oficial (http://www.xunta.gal/)
Século XIX
Século XX
Franquismo
En democracia
Demografía
Concellos máis poboados
Evolución demográfica
Divisións administrativas
Economía Galicia en Europa.
Enerxía
Xeografía
Relevo
Hidrografía
Climatoloxía
Natureza
Flora
Fauna
Lingua
Transportes e mobilidade
Aeroportos
Portos
Estradas
Ferrocarril
Alta velocidade
Cultura
Literatura
Música
Festas populares
Gastronomía
Relixión
Deportes
Goberno e política
Os poderes da comunidade
Resultados electorais
Partidos políticos
Seguridade
Medios de comunicación
Televisión
Radio
Xornais
Notas
Véxase tamén
Bibliografía
Outros artigos
Ligazóns externas

Etimoloxía
Véxase tamén: Historia do topónimo Galiza e Galicia.
Os nomes "Galiza" e "Galicia" derivan da palabra latina Gallaecia (ou Callaecia), que
significaba literalmente «terra dos galaicos». Callaecia[10] 'a terra dos Callaeci', de
*kallā- «madeira»[11] co sufixo complexo local -āik-. Máis tarde tornouse Gallicia,
actual Galicia ou Galiza. Os galaicos (en latín: Gallaeci, en grego: Καλλαϊκοί) foron o
pobo máis numeroso do noroeste da Península Ibérica xa antes da súa integración ao
Imperio Romano no século I a. C., aínda que algúns autores consideran que en orixe o
termo "galaico" era empregado para denominar unha pequena tribo ao norte do río
Douro; sexa como for, este nome acabou por denominar todo un grupo étnico de lingua
celta e culturalmente homoxéneo, situado entre o mar Cantábrico e o río Douro.[12]
Europa segundo Estrabón coa
localización das Casitérides. A primeira referencia histórica dos galaicos, remóntase ao ano 136 a. C., cando o
xeneral romano Décimo Xunio Bruto Galaico regresa a Roma —despois da súa
vitoriosa campaña bélica contra dous pobos previamente descoñecidos, lusitanos e
galaicos— recibindo do propio Senado romano o título de Gallaecus ou "galaico" en honor á dura expedición militar contra
estes.[13] Tras estes primeiros contactos, o mundo grecolatino vai denominar o seu país como Gallaecia, tal e como fixeron
Estrabón, Plinio e Apiano, entre outros. Será este nome Gallaecia a que irá evolucionando durante máis de trece séculos, e que
acabará por adoptar as formas "Galiza" e "Galicia".

Máis controvertido é, non obstante, o significado orixinario do termo Gallaicus (galaico) e consecuentemente de Gallaecia. O
primeiro autor que teorizou sobre isto foi Isidoro de Sevilla, quen no século VII explicaba que o nome "galaico" aludía á pel
branca como o leite que tiñan os seus habitantes, de xeito similar aos habitantes da Galia[14]. Serán moitos autores posteriores
os que tenten buscar o significado deste nome, tales como Afonso X o Sabio, Ramón Barros Sivelo ou Murguía, mais hoxe
tende a relacionarse con étimos das linguas celtas, e indoeuropeas en xeral, de maneira que o significado exacto da palabra é, a
día de hoxe, descoñecido.

Símbolos de Galicia

Bandeira de Galicia

Artigo principal: Bandeira de Galicia.

Aínda que durante séculos, a antiga bandeira galega foi de fondo azul con cruces
douradas, e un gran copón no centro ao xeito do escudo, a actual bandeira galega foi
creada a finais do século XIX polos galeguistas históricos do Rexurdimento, como
insignia nacional,[15] ondeando dende polo menos o ano 1891. Ten fondo branco e
presenta unha franxa azul dende o ángulo superior esquerdo ata o inferior dereito.

Escudo de Galicia
Bandeira do antigo Reino de Galicia.
Artigo principal: Escudo de Galicia.

O cáliz, figura heráldica que representa a Galicia, foi documentado por vez primeira no escudo dos reis de Galicia (roys de
Galyce) do Armorial Segar de Inglaterra no ano 1282. Ten experimentado diferentes cambios ao longo do tempo, o actual
escudo de Galicia é descrito no artigo número 3 da Lei de símbolos de Galicia:

O escudo de Galicia trae, en campo de azur, un cáliz de ouro sumado dunha hostia de prata, e acompañado de sete cruces
recortadas do mesmo metal, tres a cada lado e unha no centro do xefe. O timbre, coroa real, cerrada, que é un círculo de
ouro, engastado de pedras preciosas, composto de oito floróns de follas de acanto, visibles cinco, interpoladas de pérolas,
e das súas follas saen cadansúas diademas sumadas de perlas, que converxen nun mundo de azur, co semimeridiano e o
ecuador de ouro, sumado de cruz de ouro. A coroa, forrada de goles ou vermello[16].

Himno galego

Artigo principal: Os Pinos.

O himno galego (Os Pinos) é o símbolo acústico máis solemne de Galicia como comunidade política. O texto son as dúas
primeiras partes do poema Queixumes dos pinos de Eduardo Pondal, e a música é da autoría de Pascual Veiga. Foi estreado na
Habana, Cuba, o 20 de decembro de 1907.
Historia
Artigo principal: Historia de Galicia.

Prehistoria
Artigo principal: Prehistoria en Galicia.

As primeiras probas líticas de presenza humana en Galicia


remóntanse a hai uns 300.000 anos, no Paleolítico inferior, Eduardo Pondal,
durante o Plistoceno medio. Apareceron restos destes autor do poema
poboadores por todo o litoral, dende Ribadeo ata A Guarda. que fornece a letra
Estes restos son instrumentos líticos, que nos amosan unha d′Os Pinos.
industria acheuliana a base de bifaces, fendedores, triedros...
feitos sobre unha base de cuarzo ou cuarcita. Coñécense dúas
culturas, o Paleolítico inferior arcaico (ou "cultura dos cantos tallados") e o Paleolítico
inferior clásico ou acheuliano. A técnica é máis simple na primeira delas. As industrias
Dolmen de Corveira, construído
entre o IV e III milenios a. C., é unha
son simples e o número de tipos reducido.
típica anta de corredor que forma
parte do conxunto Sotorraño- A primeira claramente identificada, caracterízase pola súa capacidade construtora e
Parxubeira-Portocoiro, Eirón, arquitectónica, xunto co seu sentido relixioso, fundamentado no culto ós mortos como
Mazaricos. mediadores entre o home e os deuses. Este sentido relixioso abrangue a súa importancia
ata a actualidade. Estaban constituídos en clans. Desa época dan testemuña
milleiros[Cómpre referencia] de mámoas e medorras espalladas por todo o territorio.

Idade de Bronce
É nestes tempos cando se acada o desenvolvemento metalúrxico, impulsado pola riqueza mineira. Parece que debido ós
cambios climáticos, varios pobos da meseta trasladáronse a Galicia, incrementando a poboación e os conflitos entre pobos. É a
época de produción de diversos utensilios e xoias de ouro ou de bronce, que mesmo foron levadas máis aló dos Pireneos.

Etapa castrexa

Artigo principal: Cultura castrexa.

Floreceu na segunda metade da Idade de Ferro, resultado da fusión da cultura da Idade


de Bronce e outras contribucións posteriores, coexistindo en parte coa época romana.
Os celtas trouxeron novas variedades de gando, o cabalo domesticado e probablemente
o centeo.

O primeiro pobo celta que invade Galicia é o dos saefes, no século XI a. C. Someterá os
oestrimnios, pero este influirá no primeiro sobre todo no eido da relixión, da
organización política e das relacións marítimas con Bretaña. O seu carácter
eminentemente guerreiro fixo que Estrabón dixese deles que eran os máis difíciles de
Castro de Santa Trega. vencer de toda Lusitania. Cómpre dicir que a provincia romana da Gallaecia propia dos
galaicos aínda non estaba constituída política e administrativamente.

Os castros son recintos fortificados de forma circular, provistos dun ou varios muros
concéntricos, precedidos xeralmente do seu correspondente foxo e situados, os máis
deles, no cume de outeiros e montañas. Entre os castros de tipo costeiro destacan o de
Fazouro, Santa Trega, Baroña e O Neixón. No interior poden mencionarse os de
Castromao e Viladonga. Común a todos eles é o feito de que o ser humano se adapta ó
terreo e non ó contrario.

En canto ós templos, a única construción atopada é a de Elviña. O de Meirás conserva


unha necrópole. Noutros castros existían pequenas construcións en forma de caixa onde
se gardaban as cinzas (cultura sorotáptica, dos campos de enterramento de furnas ou Vivenda castrexa reconstruída.
Urnenfelder como se coñecen pola súa denominación en alemán). Existen tamén outras parcialmente soterradas, cun depósito
para a auga, nas que os vestixios de lume indican que debían servir para incinera-los cadáveres.

Dende finais do Megalítico aparecen inscricións sobre as rochas graníticas a ceo aberto das que se descoñece aínda a verdadeira
orixe e significado (son moi coñecidas as de Campo Lameiro).

Idade Antiga

A romanización

Artigo principal: Gallaecia.

Os romanos someteron a Galicia para aproveita-los seus recursos mineiros. Co tempo


converteríana en provincia do imperio e recoñecerían a súa personalidade chamándoa
Gallaecia. Con eles, os castros perderon o seu vello valor defensivo. Trouxeron novas
técnicas, novas vías de comunicación, novas formas de organiza-la propiedade e unha
lingua nova, pero foron tolerantes coa cultura existente.

O cristianismo chegaría a Galicia cos romanos. Lograría o que non acadou o latín e
impúxose ó arianismo dos suevos e ó paganismo prerromano. Os suevos, que
mantiveron Galicia como reino independente cento setenta anos, foron progresivamente
mediatizados polos visigodos. Foi na súa época na que se impuxeron definitivamente a
lingua latina e o cristianismo, evolucionando o primeiro cara ao galego e mesturándose
o segundo cos costumes pagáns.

Torre de Hércules na Coruña. O islam chegaría ó sur de Galicia e só o norte se


mantería como bastión da Reconquista ata que,
logo de recupera-lo sur, este se independizara co
nome de Portugal.

As actividades económicas dos castrexos baséanse na agricultura e gandería pastoril.

Idade Media Muralla romana de Lugo.

Artigo principal: Reino de Galicia.

A aparición do sepulcro do Apóstolo 'Sant Iago' no século IX conferiulle a Galicia unha


importancia clave dento do fortalecemento dos reinos cristiáns, erixíndose Santiago de
Compostela como centro relixioso e destino de peregrinos que fortaleceron as ligazóns
con Europa. O Camiño de Santiago converteuse nun eixo cultural polo que se
espallaron, entre outros, a arte románica ou a lírica dos trobadores, facendo dela tamén
un contrapeso cultural fronte ó centralismo.

Idade Moderna
Artigo principal: Galicia na Idade Moderna.

A partir da escriturización normativa en castelán comezada por Afonso X, o galego


como lingua comezou unha decadencia acelerada dentro do proceso de uniformación de
España, pasando polos chamados Séculos Escuros, nos que a supervivencia lingüística
Catedral de Santiago de
foi só oral. No século XVIII comezouse a tomar conciencia da situación de división
Compostela.
lingüístico-social entre o pobo galegofalante e os poderosos, castelanfalantes. Neste
século, Galicia era un dos territorios máis poboados de Castela, e ata 1750
experimentou un rápido crecemento demográfico.[17]

Idade Contemporánea
Século XIX

Artigo principal: Galicia na Idade Contemporánea.

En 1833 Galicia perde a súa representatividade como unidade administrativa e desaparece a Xunta do Reino de Galicia. É aquí
onde nacen as actuais catro provincias galegas que estruturan o territorio baixo administración do goberno central. Atopamos
neste século o primeiro xurdimento dun movemento político que vai defender Galicia por causa desta perda de poder.

O pronunciamento de Solís vai levantar en armas a unha parte do exército para defende-la unidade de Galicia contra a perda da
desa administración anterior. Finalmente foron masacrados na batalla de Compostela e o 23 de abril de 1846 fusilados os
sobreviventes, coñecidos a partir de aí coma os Mártires pola Liberdade ou Mártires de Carral.

O Rexurdimento supón unha tentativa culturalista de defensa da galeguidade posterior a esa tentativa política o afianzamento da
conciencia de diferenciación cultural parella a un ideal político de autopertenza. Isto supón a recuperación da lingua galega
como vehículo de expresión culto. Desta época son Rosalía de Castro, Manuel Curros Enríquez, Murguía, Manuel Leiras
Pulpeiro ou Eduardo Pondal, entre outros.

Século XX
Logo do provincialismo, federalismo e rexionalismo do século anterior, xorde a etapa da Solidaridad Gallega, de 1907 á
primeira guerra mundial, co obxectivo de conseguir unha fronte electoral unida para eliminar o caciquismo e acadar unha
representación galega (o que se saldou cun fracaso).

Unha primeira etapa, ata Primo de Rivera, é a marcada polas Irmandades da Fala, cunha preocupación fundamental pola
defensa da lingua. Ao estendérense, vai callando de novo a idea política do galeguismo. Así, Vicente Risco e Otero Pedrayo
traballaron no aspecto cultural e tiveron contraparte no aspecto político en Porteira e Lois Peña Novo. O relevo constitúeo a
chamada xeración Nós, en torno á revista do mesmo nome, acompañada de 1920 á Segunda República por unha preocupación
pola creación dun galeguismo controlado e instrumental dende o poder político central.

Na Segunda República hai dúas tendencias fundamentais: a correspondente á Organización Republicana Gallega Autónoma
(ORGA) e a contraparte no Partido Galleguista (PG). O PG xorde da unión de varias tendencias representadas nas figuras de
Vicente Risco, R. Otero Pedrayo, Ramón Cabanillas, Ramón Suárez Picallo, Castelao... En 1936 o PG, para lograr o estatuto
para Galicia, aliouse coa Fronte Popular e a resultas desa alianza sufriu unha escisión. Porén, logrouse o Estatuto e Castelao
presentouno nas Cortes pouco antes da guerra civil española.

Franquismo
Durante o franquismo, cualificado por Celso Emilio Ferreiro de "longa noite de pedra", sucedéronse diferentes etapas
represivas coas ideas galeguistas, a partir da loita armada de moitos galeguistas en contra de Francisco Franco.

Na posguerra créase en Buenos Aires o Consello de Galiza, comandado por Castelao e Suárez Picallo. No ano 1944 sae do
prelo Sempre en Galiza, guía ideolóxica do galeguismo. Pouco a pouco vaise optando polo mantemento dunha acción cultural,
como manifesta a creación da editorial Galaxia.

No ano 1964 fúndanse a Unión do Pobo Galego (UPG, que Méndez Ferrín, un dos seus fundadores definiu como o partido
nacionalista de esquerda revolucionaria) e o Partido Socialista Galego (PSG, con X. M. Beiras e Salvador García-Bodaño).

En democracia
1975: Constitución da Xunta Democrática de Galicia.
1976: Constitución da Táboa Democrática de Galicia.
1977: Constitución da Asemblea de Parlamentarios de Galicia.
1978: Xunta Preautonómica presidida por Antonio Rosón Pérez.
1979: Xunta Preautonómica presidida por Xosé Quiroga Suárez.
1980: Referendo do Estatuto de autonomía. Aprobado facendo referencia á Nacionalidade Histórica.
1981: Primeiras eleccións autonómicas.
1982: Presidente da Xunta de Galicia: Xerardo Fernández Albor.
1987: Presidente da Xunta de Galicia: Fernando González Laxe.
1989: Presidente da Xunta de Galicia: Manuel Fraga Iribarne.
2005: Presidente da Xunta de Galicia: Emilio Pérez Touriño.
2009: Presidente da Xunta de Galicia: Alberto Núñez Feijóo.

Demografía
Artigo principal: Demografía de Galicia.

Cunha poboación estimada (2016) de 2 718 525 habitantes,[18] Galicia é a quinta


comunidade autónoma de España segundo poboación. A súa densidade de poboación, de
92,94 hab./km², é lixeiramente superior á media española e semellante á europea.

A poboación de Galicia concéntrase na súa maioría nas zonas costeiras, sendo as áreas das
Rías Baixas e o Golfo Ártabro (áreas metropolitanas da Coruña e Ferrol) as de maior
Manuel Fraga, Presidente da
densidade de poboación. O concello de Vigo, con 294.997 habitantes (2014), constitúe o Xunta dende 1989 ata 2005
máis poboado de Galicia, seguido dos da Coruña, 244.810 habitantes (2014), e Ourense,
106.905 habitantes (2014). Xunto con estas tres cidades, Galicia conta con outras catro
localidades consideradas cidades: Lugo, Santiago de Compostela (capital administrativa de
Galicia), Pontevedra e Ferrol.

Así mesmo, o país conta con outros cinco concellos con máis de 30.000 habitantes, dez concellos
de entre 20.000 e 30.000 habitantes, e trinta e cinco de entre 10.000 e 20.000.

Segundo o censo de 2014, o nivel de fertilidade das galegas era de 1,07 fillos por muller fronte ao
1,32 estatal e menor á cifra de 2,1 fillos por muller necesarios para que se produza a substitución
xeracional da poboación.[19] Entre as galegas, as ourensás e as luguesas son as que menos fillos
teñen, con 0,99 e 1,04, sendo as primeiras, das que menos fillos teñen en España só por baixo das
asturianas.[20] En 2013 rexistráronse en Galicia un total de 19.727 nacementos, o que supón 1.362
menos ca en 2012, segundo o IGE.[21] De feito, nos últimos anos Galicia vive unha diminución
paulatina do número absoluto de nacementos dende o ano 2008, no que houbo 23.175
nacementos,[21] tras un breve período de recuperación entre os anos 2002 e 2008.

Pirámide de poboación galega no ano 2014

Vigo é a cidade máis


poboada de Galicia.
O saldo vexetativo, é dicir, a diferenza entre o número de persoas nadas e as falecidas, é negativo
en Galicia dende finais dos anos oitenta.[22] No 2013 houbo un total de 30.433 falecementos polo
que a diferenza entre defuncións e nacementos é de 10.706 persoas.[21]

No tocante á esperanza de vida, os galegos tiñan en 2013 unha esperanza de vida ao nacer de 82,59 anos (79,48 anos para os
homes e 85,59 anos para as mulleres).[23] Dende 1981, ano en que a esperanza de vida dos galegos era de 75,4 anos, esta
medrou en 7 anos, grazas á mellora da calidade de vida.[24] O avellentamento da poboación tamén se pon de manifesto no
incremento de anciáns de idade avanzada que rexistra gradualmente a comunidade cada exercicio. Galicia contaba en 1996 con
226 persoas con máis de cen anos. Dezaoito anos despois, a cifra medrou un 466,8% ao superaren o século 1.281 galegos no
ano 2014.[25]

No ano 2014 residían en Galicia 98.245 estranxeiros, o que supón o 3,57% da poboación total. As nacionalidades
predominantes son a portuguesa (19,03% do total de estranxeiros), a romanesa (9,36%) e a brasileira (8,34%).[26]
Densidade de Concellos máis Densidade de Concellos que Mapa dos concellos
poboación por densamente poboación por gañaron ou de Galicia coa
provincias. poboados de parroquias. mantiveron a súa poboación de 2010.
Galicia. poboación en 2009.

Concellos máis poboados


Listaxe Municipio Provincia Pob. Listaxe Municipio Provincia Pob.

1 Vigo Pontevedra 294.997 11 Carballo A Coruña 31.288

2 A Coruña A Coruña 244.810 12 Arteixo A Coruña 30.857

3 Ourense Ourense 106.905 13 Ames A Coruña 29.975 Vigo

4 Lugo Lugo 98.560 14 Redondela Pontevedra 29.909

5 Santiago de Compostela A Coruña 95.800 15 Culleredo A Coruña 29.434

6 Pontevedra Pontevedra 82.946 16 Ribeira A Coruña 27.565 A Coruña

7 Ferrol A Coruña 70.389 17 Cangas Pontevedra 26.567


Ourense
8 Narón A Coruña 39.574 18 Marín Pontevedra 25.329

9 Vilagarcía de Arousa Pontevedra 37.712 19 Cambre A Coruña 24.029

10 Oleiros A Coruña 34.563 20 Ponteareas Pontevedra 23.115


Lugo
Padrón municipal do ano 2014[27]

Evolución demográfica
A historia demográfica de Galicia foi a dunha continua perda de peso respecto ao resto do estado, froito da emigración cara a
Iberoamérica, Centroeuropa ou outros territorios do Estado. Así, en 1857 a densidade de poboación en Galicia era a meirande
de todas as rexións que conforman o estado, representando a cota galega o 11,49% da poboación española. Así e todo, no 2014,
Galicia pasou a representar unicamente o 5,88% da poboación estatal.
Evolución demográfica de Galicia e porcentaxe con respecto ao total estatal[28]
Ano 1857 1877 1887 1900 1910 1920 1930 1940
Poboación 1.776.879 1.848.027 1.894.558 1.980.515 2.063.589 2.124.244 2.230.281 2.495.860
Porcentaxe 11,49% 11,11% 10,79% 10,64% 10,32% 9,93% 9,42% 9,59%
Ano 1950 1960 1970 1981 1991 2001 2011 2014
Poboación 2.604.200 2.602.962 2.583.674 2.753.836 2.720.445 2.732.926 2.795.422 2.748.695
Porcentaxe 9,26% 8,51% 7,61% 7,30% 6,90% 6,65% 5,92% 5,88%

Divisións administrativas
Artigos principais: Provincia, Comarcas de Galicia, Concellos de Galicia e Partidos xudiciais de Galicia.

Durante a Idade Moderna e até a División territorial de España en 1833


Galicia estivo dividida en 7 provincias: A Coruña, Betanzos, Lugo,
Mondoñedo, Ourense, Santiago e Tui. Administrativamente a Galicia
actual estrutúrase en 4 provincias (A Coruña, Lugo, Ourense e Pontevedra),
53 comarcas, 313[29] concellos e 3 792 parroquias. O territorio do concello
estrutúrase en parroquias e estas á súa vez en aldeas ou lugares.

Demograficamente, Galicia caracterízase pola súa alta taxa de dispersión


Santiago de Compostela
demográfica, o que, xunto a un elevado número de poboacións, fai que un
50 % das entidades de poboación de España se atopen en Galicia, ocupando
só o 5,8% da superficie total. Así, calcúlase que en Galicia existen un
millón de topónimos e microtopónimos.[30]

Economía
Artigo principal: Economía de Galicia.
Santiago de Compostela é a capital de Galicia.
Galicia é unha terra de contrastes
económicos. Mentres a costa oeste,
sede dos maiores centros de poboación, e tamén das industrias manufactureiras e de
derivados da pesca, é próspera e incrementa a súa poboación, a zona rural das
provincias de Ourense e Lugo basea a maior parte da súa economía na agricultura
tradicional, asentada no minifundio, ou pequenas explotacións agrícolas e/ou gandeiras.
O crecemento do turismo, aproveitamento forestal sostible e agricultura orgánica e
natural, así como explotacións gandeiras de certo tamaño están aumentando as
posibilidades da economía galega.
Tenda ZARA en Hong Kong. ZARA,
do grupo INDITEX, é o primeiro
Aséntanse en Galicia poucas grandes industrias. Cabe contar entre elas coa planta de
grupo europeo e segundo mundial
de confección e roupa. Ten a súa aluminio que a multinacional Alcoa ten en San Cibrao (Cervo), a industria
sede central en Arteixo, A Coruña. manufactureira de automóbiles da tamén multinacional Citroën en Vigo, a mina e as
centrais térmica e de ciclo combinado de Endesa das Pontes de García Rodríguez, a
refinería da Coruña ou os estaleiros de Ferrol e Vigo, con desigual sorte e en proceso de
reconversión case continua na súa maioría dende os anos 80. Nos anos 90 unha industria galega comezou a desenvolverse
internacionalmente, o grupo téxtil Inditex (Zara, Pull and Bear etc.), con sede en Arteixo.

As industrias manufactureiras de produtos agrícolas están en pleno retroceso, caendo en mans foráneas as industrias de
derivados lácteos e outras sufrindo unha reestruturación, como lle pasou á antiga industria estatal FRIGSA (Frigoríficos
Industriales de Galicia) que acabou sendo desmantelada, tratando de ocupar o seu lugar unha serie de empresas moito máis
pequenas.

Galicia tamén conta con dúas importantes entidades financeiras filiais de entidades foráneas: Abanca, que é filial do grupo
Banesco, e o Banco Pastor, que é propiedade do Banco Popular. Abanca é a marca comercial do banco que se creou no ano
2014 trala fusión por absorción do Banco Etcheverría por parte de NCG Banco, sendo este último á súa vez resultado da fusión
de dúas caixas de aforros; Caixa Galicia e Caixanova. O Banco Pastor pola súa banda é
unha marca para Galicia do Banco Popular, que o adquiriu no ano 2011. Até entón o
Pastor era o segundo banco máis antigo de España despois do Banco Etcheverría.

A pesca, na que tradicionalmente Galicia é unha potencia, vén minguando o número de


capturas dende hai anos tanto polo esgotamento das pesquerías tradicionais como polas
condicións políticas de acceso a estas. Estanse comezando a desenvolver os cultivos
mariños, algúns deles seguindo a liña tradicional das mexilloeiras (que aínda hoxe
representan a maioría do valor de especies cultivadas) ou as cetarias.

A agricultura e a gandería pasaron nunha xeración de ser practicamente de subsistencia


a ser de comercialización, e seguen a sufrir cambios debido ao impacto da
incorporación na UE e ás condicións de entrada. O número de explotacións agrarias está
caendo rapidamente, así como se está a concentrar a cota leiteira, por citar dous
indicadores.
O 85% dos turistas que visitan
O turismo, de desenvolvemento máis tardío ca noutras zonas da Península, representa Galicia visitan Santiago de
hoxe en día unha importante fonte de ingresos, coa peculiaridade de que se concentra na Compostela, un dos principais
costa (principalmente nas Rías Baixas) e Santiago. reclamos turísticos galegos[31].

Segundo o IGE, durante o ano 2014 Galicia recibiu 4.089.870 turistas en aloxamentos
turísticos, un 8% máis que no ano 2013, e un 4,5% menos que o último ano santo
xacobeo do 2010.[32] O turismo supón o 12 por cento do Produto Interior Bruto (PIB)
galego e emprega a un 12 ou 13 por cento dos traballadores.

Enerxía
A xeración neta en 2014 alcanzou os 31.287 GWh dos cales 10.069 obtivéronse das
centrais termoeléctricas do carbón, 10.245 de fonte hidráulica, 8.314 da enerxía eólica,
e 19 de solar fotovoltaica.[33] Esta cantidade supuxo o 11,72 % do total de España.[33] Sanxenxo é un dos destinos
Ese mesmo ano a demanda na comunidade galega ascendeu a 19.451 Gwh.[33] turísticos máis coñecidos da
comunidade.
As principais fontes de xeración son os combustibles sólidos procesados transformados
principalmente nas centrais térmicas de Meirama e As Pontes. Esta última é a maior
central térmica de España cunha potencia de 1.468 Mw distribuída en catro grupos
xeradores.[34]

A porcentaxe de produción de enerxía renovable (hidráulica, solar e térmica renovable)


en Galicia no ano 2014 foi aproximadamente do 60 %.[33] Dentro deste grupo, as
enerxías renovables están nunha etapa de gran crecemento, destacando a enerxía eólica
que supuxo en 2005 o 83,1 % do total da potencia instalada de enerxías renovables, e
que no ano 2014 colocaba á comunidade no terceiro posto nacional con 3.362 MW de
potencia instalados[33] Nos próximos anos espérase unha expansión da enerxía térmica Aeroxeradores en Carnota.
solar[35] así como da enerxía undimotriz.

Xeografía
Artigo principal: Xeografía de Galicia.

Véxase tamén: Rías de Galicia, Montes de Galicia e Illas de Galicia.

O territorio de Galicia está comprendido entre 43º 48' N (Estaca de Bares) e 41º 49' N (Portela do Home, na fronteira con
Portugal) en latitude. En lonxitude, entre 6º 44' O (límite entre Ourense e Zamora) e 9º 18' O (cabo Touriñán).

Relevo
Na xeografía galega destaca o contraste entre o relevo costeiro e o de interior, máis elevado có primeiro. Tamén contrasta a
morfoloxía entre as chairas elevadas setentrionais e as serras e depresións meridionais.
O aspecto orográfico que presenta Galicia
no seu interior é de montañas baixas e
romas, con multitude de ríos, estruturados
como tributarios do río Miño no interior, e
nas cuncas atlántica e cantábrica, ríos máis
curtos (en particular os que van ó mar
Cantábrico). As pendentes suaves ás veces
ceden o paso a ladeiras escabrosas, como
Praia de Carnota. Cos seus 7 km de ocorre nos canóns do Sil. Noutras zonas
lonxitude constitúe o maior areal do país.
aparecen amplos vales, aínda que son
minoritarios.
Imaxe de Galicia tomada por un
A costa galega conta con 1.498 km dos que máis de 800 son cantís e 300 son de praias. satélite da NASA.
A costa do país caracterízase pola presenza das rías, indentacións na costa nas que o
mar anegou vales fluviais por descenso do nivel terrestre (ascenso relativo do nivel
mariño). As rías están tradicionalmente divididas en Rías Altas (Ribadeo, Foz,
Viveiro, Barqueiro, Ortigueira, Cedeira, Ferrol, Ares, Betanzos, A Coruña, Corme
e Laxe e Camariñas) e Rías Baixas de maior tamaño, atópanse ao sur de Fisterra
como punto máis occidental de Galicia (Corcubión, Muros e Noia, Arousa,
Pontevedra e Vigo). Entre as Rías Altas faise decote unha división entre as
denominadas propiamente Rías Altas (ó leste de Estaca de Bares) e as Rías Medias.

As rías destacan pola súa importante achega á pesca de Galicia, contribuíndo a que
a costa galega sexa unha das zonas pesqueiras máis importantes do mundo.
Vista xeral da Ría de Ferrol.
A erosión do océano Atlántico na
costa galega tamén contribuíu á
presenza de multitude de cabos entre os que destacan Estaca de Bares (punto máis
ó norte de Galicia e a separación entre océano Atlántico e mar Cantábrico), cabo
Ortegal, cabo Prior, punta Santo Adrao, cabo Vilán, cabo Touriñán (punto máis
occidental de Galicia), cabo Fisterra, considerado polos romanos como o fin do
mundo coñecido e o cabo Silleiro que pecha polo sur a ría de Vigo.

Ó longo da costa galega atópanse pechando as rías un gran número de arquipélagos


Cabo Ortegal.
que destacan tanto polos seus fondos mariños como polas súas colonias de aves
mariñas. Os principais grupos de illas son os arquipélagos de Cíes, Ons, Sálvora así
como as illas de Cortegada (xunto cos tres arquipélagos anteriores forman o Parque nacional das Illas Atlánticas), Arousa,
Sisargas e Malveiras.

O aspecto orográfico que presenta Galicia no seu interior é de montañas baixas e


romas. As pendentes suaves ás veces ceden o paso a ladeiras escabrosas, como
acontece nos canóns do río Sil. Noutras zonas aparecen amplos vales, aínda que
son minoritarios.

Galicia é percorrida de norte a sueste por dúas fallas tectónicas, partindo as


características do chan galego por ditos lugares. Así, atopámonos na zona do
Porriño con canteiras de granito, rocha moi abundante en boa parte de Galicia, pero
ausente no extremo nordeste.

As principais cadeas montañosas do país son as serra do Xistral (norte de Lugo), As nubes que entran por Galicia baten cos
Os Ancares (fronteira con León e Asturias), O Courel (fronteira con León), O Eixo Ancares ó penetraren no interior da
(fronteira entre Ourense e Zamora; a 2.124 m atópase Pena Trevinca, o teito de Península Ibérica.
Galicia), Macizo Central ourensán (corazón da provincia de Ourense), O Faro
(fronteira entre Lugo e Pontevedra), Cova da Serpe (fronteira Lugo e A Coruña),
Montemaior (provincia da Coruña), Montes do Testeiro (entre Pontevedra e Ourense), A Peneda, e as do Xurés e O Larouco
(fronteira entre Ourense e Portugal).

Os principais cumios de Galicia son Pena Trevinca (2.127 m), Pena Survia (2.095 m), Alto do Torno (1.942 m), Maluro
(1.925 m), Monte Cuíña (1.987 m) e Cabeza de Manzaneda (1.778 m).[36]
Hidrografía
Artigo principal: Ríos de Galicia.

Galicia cualifícase moitas veces como a terra dos mil ríos pola cantidade de cursos
fluviais que mantén. En xeral, e debido á súa pequenez, salvo o Miño na súa
desembocadura ou nos moitos encoros, non son navegables (excepción feita para
pequenas barcas no tramo final sen pendente dalgúns, que propicia a celebración de
festas semiacuáticas como as chamadas "zaleas").

Os ríos galegos pertencen a dúas vertentes: a Cantábrica e a Atlántica. Na vertente


Desembocadura do Miño na Guarda. cantábrica son ríos moi curtos, onde destaca o río Navia, que nace nos Ancares e
desemboca na localidade asturiana de Navia, e o río Eo, que desemboca no límite
con Asturias. Algo máis longos son na atlántica, coas excepcións novamente de
Miño e Sil que teñen unha lonxitude de varios centos de quilómetros, 310 e 225 km respectivamente, sendo o Miño o noveno
de España en lonxitude. Na vertente atlántica cabe destacar ademais, de norte a sur, os ríos Eume, Tambre, Ulla, Lérez e Limia,
que desemboca en territorio portugués.

Existen moitos encoros para a produción de enerxía eléctrica, debido ó caudal,


pendente e angostura, o que produce tamén o fenómeno dos 'canóns', como os
afamados canóns do Sil (moitos deles aproveitados para encoros).

Climatoloxía
Artigo principal: Clima de Galicia.

En xeral, Galicia ten un clima suave de influencia oceánica, moi chuvioso. Aínda
así, a irregular orografía ten como consecuencia a existencia de múltiples
O río Lérez, na súa desembocadura en
microclimas, con fortes variacións en áreas con pouco máis de 200 km².
Pontevedra.

A grandes trazos, pódense distinguir as seguintes zonas:

As Rías Altas e interior da Coruña, cun clima oceánico húmido. Rexistra o maior índice de precipitacións de
Galicia, así como o menor número de días soleados e o maior número de días con precipitacións.
A Mariña de Lugo, cun clima oceánico suave con temperaturas baixas todo o ano.
O Interior, cun clima oceánico case continental.
As Rías Baixas, cun clima oceánico suave.
O curso fronteirizo do río Miño, cun clima moi próximo ao mediterráneo suave.

A Ribeira Sacra, cun clima continental moi cálido propiciado polo val do
río Miño e os diversos montes que rodean a cidade de Ourense. No
verán danse seguido rexistros con temperaturas entre as máximas de
toda a Península, que chegan a superar os 40 °C.
O territorio galego ten unha temperatura media anual ponderada de 13,3 °C.[37]
Durante o inverno a temperatura media acada os 8,5 °C,[37] na primavera chega aos
15 °C,[37] no verán os 19 °C e durante o outono os 11 °C.[37] É, polo tanto, no
primeiro terzo do ano (meses de xaneiro a marzo) cando se dan os valores máis
baixos de temperatura para a maior parte de Galicia. É na zona atlántica de Galicia
–provincias da Coruña e Pontevedra onde se rexistran as temperaturas medias Río Sil ao seu paso pola Ribeira Sacra,
anuais máis elevadas, superando lixeiramente os 14 °C e sendo de 1 a 2 °C máis onde forma os famosos Canóns do Sil.
altas cás de Lugo e Ourense, respectivamente. Os valores medios normalizados van
dende mínimos por debaixo dos 6 °C nas montañas das serras orientais e
sudorientais (Os Ancares e O Eixo), ata máximos superiores aos 15 °C nas áreas costeiras a baixa altitude, especialmente nas
Rías Baixas. A distribución espacial das temperaturas presenta unha variación costa-interior, relacionada coa presenza do
océano Atlántico —quen ten un efecto de regulador térmico nas zonas costeiras e incluso en zonas máis interiores—, e outra
norte-sur, en relación co balance anual entre as compoñentes climáticas temperada e subtropical. En conxunto, marcan un
efecto diagonal NW-SE de diminución da temperatura é dicir, poderíase trazar unha liña dende Tui ata Ribadeo que
diferenciaría dúas zonas principais climáticas en Galicia, unha con temperaturas máis suaves (a costa) e outra con temperaturas
máis continentais (o interior).
Natureza

Flora
Galicia ten unha gran porcentaxe de monte (un 68,96%)[38] con máis de 600
millóns de árbores cubrindo a súa superficie, valorada en 28.000 millóns de
euros,[39] onde se desenvolven importantes especies forestais en estado natural,
aínda que nas últimas décadas as características boscosas están cambiando debido á
importación do eucalipto, quedando un número de fragas reducido, en particular no
centro-norte da provincia de Lugo.

Dentro do aproveitamento da terra fóronse introducindo diversos cultivos, pero


As fragas do Eume constitúen un reduto
respecto á cantidade de terra dedicada compiten cos pastos debido á presión do
do bosque atlántico galego que outrora aproveitamento económico do gando.
cubriu case toda Galicia.
Galicia é unha forte potencia de riqueza forestal para o Estado Español. A pesar
dos incendios forestais que queiman moitas hectáreas tódolos anos, a madeira
producida en Galicia é unha importante fonte de ingresos, así como a pasta de celulosa procedente de madeiras brandas. A
rexión é unha zona de transición entre tres climas e os seus biótopos:[Cómpre referencia]

atlántico, con bosques de carballos, bidueiros, amieiros etc.;


mediterráneo, principalmente nos vales interiores dos grandes ríos, con elementos significativos coma estevas,
sobreiras, erbedos etc.;
continental bastante suavizado, con elementos puntuais coma teixos, acivros, algúns abetos (alóctonos),
piñeiros vermellos etc.;
Debido á bonanza do clima, danse tamén facilmente especies subtropicais e mesmo tropicais: palmeiras, orquídeas etc. En
Galicia houbo tres revolucións botánicas ou forestais, que se deron en tres épocas diferentes e con resultados ben distintos:

chegada do castiñeiro (Castanea sativa) cos romanos, rapidamente aclimatado e agora xa considerado coma
autóctono;
chegada das repoboacións de piñeiro bravo (Pinus pinaster), co tempo chamado mesmo piñeiro do país ou
piñeiro galego, dende o descubrimento de América, sobre todo para a construción de barcos;
chegada das repoboacións de eucalipto (especialmente Eucalyptus globulus), dende o franquismo, aínda
contemplado coma especie alóctona, principalmente para fornecer de materia prima a ENCE, a papeleira de
Pontevedra.

Fauna
Artigo principal: Fauna de Galicia.

Existen en Galicia 262 especies de vertebrados inventariados, dos que 12 son peixes de
augas doces, 15 anfibios, 24 réptiles, 152 aves e 59 mamíferos.[40]

Os animais que se ven topicamente como máis característicos de Galicia son


domésticos, e corresponden ás explotacións gandeiras. Porén, os bosques e montes
galegos albergan unha variedade de pequenos mamíferos (lebres, coellos) e outros non
tan pequenos (como xabarís ou corzos) que son aproveitados nas tempadas de caza. Gaivotas patiamarelas nas Illas Cíes.

Dentro das aves, cabe citar os varios sitios de paso ou invernada, zonas ZEPA etc.,
como a da ría de Ribadeo.

Cabe mencionar o cabalo de pura raza galega e a galiña autóctona de Mos, que se atopa en perigo de extinción, aínda que o
número de exemplares aumentou considerablemente en 7 anos.[41]

Lingua
Artigos principais: Lingua galega e Historia da lingua galega.
O galego, idioma romance derivado do latín que se falaba na antiga Gallaecia
romana, é a lingua propia de Galicia e constitúe a máxima expresión cultural
do pobo galego. Dende o punto de vista filoxenético é de orixe común ao
portugués (co que mantén un 85% de intelixibilidade)[42] e similar a outros
romances ibéricos tales coma o asturiano ou o castelán.

A lingua galega desenvolveu tradición literaria temperá canda outros romances


coma o occitano. Esta prematura tradición acredita o seu prestixio. Atravesou
posteriormente períodos de decadencia literaria e sociolingüística debido ao
status político de Galicia ao longo da súa historia. Falantes de galego como primeira lingua
segundo os censos do Instituto Galego de
Actualmente, a lingua galega posúe un estándar elaborado pola Real Academia Estatística do ano 2001.
Galega en base á súa tradición literaria. O galego contemporáneo, como lingua
oficial, posúe unha variante culta que é empregada tanto nos medios de
comunicación de Galicia coma no ensino primario, secundario e universitario.

A lingua galega é falada por máis de 3 millóns de persoas arredor do mundo. En relación ó número de falantes, o galego ocupa
o posto 146 na lista mundial, na que están incluídos máis de 6.700 idiomas.[43]

O castelán comezou a se introducir na Baixa Idade Media sobre todo ao accederen casteláns a postos na Igrexa e na política
galega, e acabou por converterse na lingua da clase dirixente e de facto na única lingua oficial e ao longo do século XX tamén
na lingua falada por unha parte dos habitantes das cidades galegas. Despois de varios séculos de imposición política da lingua
castelá, o galego acadou nos últimos decenios tamén o status de lingua oficial na comunidade autónoma galega, e ámbolos dous
son aprendidos nos centros de ensino. Existe un forte movemento social que busca a plena normalización da lingua de Galicia.

Hai que notar que tanto o galego coma o portugués son derivados do antigo galego, chamado habitualmente galego-portugués.
As dúas linguas comezaron a se afastaren progresivamente coa separación política de Portugal e Galicia.

Transportes e mobilidade

Aeroportos
En Galicia hai tres aeroportos situados no eixo atlántico, que dan servizo ás cidades
máis importantes de Galicia.

O aeroporto de Santiago de Compostela ou aeroporto da Lavacolla, cun tráfico de


2.724.750 pasaxeiros[44] no 2018 é o máis importante de Galicia e o segundo do norte
peninsular, tan só por detrás do de Bilbao. Conecta con varias cidades de España e
Europa, entre elas Istambul, Frankfurt, Xenebra, París e Roma.[45]

O aeroporto da Coruña ou aeroporto de Alvedro, con 1.225.763 pasaxeiros[44] en 2018,


ten voos directos a varias cidades de España, así como a Lisboa, París e Londres.[46] Torre de control do aeroporto de
Santiago de Compostela.
Finalmente, o aeroporto de Vigo ou aeroporto de Peinador, con 1.129.689 pasaxeiros[44]
no mesmo ano, ten tamén voos directos a varias cidades de España e a Londres e
París.[47] Cabe destacar que os tres aeroportos teñen voos directos a Madrid, Barcelona, Valencia, Bilbao, Sevilla, Gran
Canaria, Tenerife, Palma, París e Londres.

Portos
Entre os portos galegos cabe destacar o porto de Vigo, que é o maior porto de pesca da península ibérica e un dos maiores do
mundo.[48][49] O seu tráfico total en 2014 foi de 4.087.402 toneladas.[50] Outros portos a destacar son os de Ferrol-San Cibrao e
A Coruña, cuns tráficos totais de 13.091.673 e 11.956.980 toneladas respectivamente,[50] así como os de Marín e Vilagarcía de
Arousa, con 1.923.971 e 989.082 toneladas respectivamente.[50]

En Galicia hai ademais outros 122 portos[51] xestionados polo ente público Portos de Galicia.

Estradas
A rede de estradas de Galicia está formada
por varias autoestradas e autovías que unen
as principais cidades, e unha rede nacional
e secundaria que chega ó resto de
concellos.

Cabe destacar as autovías de acceso a


Galicia:

Porto de Vigo coas Illas Cíes ó a A-6 que une A Coruña e Lugo con
fondo. Madrid entrando polo Cebreiro, Autoestrada AP-9 cara a Vigo.
a A-52 que une Vigo, Ourense e
Benavente entrando pola Gudiña,
a A-8, que entra por Ribadeo e une a costa cantábrica coa A-6 en Baamonde,
a AP-9, autoestrada que vertebra a fachada occidental galega, unindo as cidades de Ferrol, A Coruña,
Santiago de Compostela, Pontevedra e Vigo coa fronteira portuguesa en Tui, e
a A-75, que une a A-52 á altura de Verín coa fronteira portuguesa.
a A-55, que une Tui e Pontevedra e chega ata a fronteira con Portugal, onde se transforma na A3(Autoestrada
Porto-Valença).
Está en proxecto a A-76, que entrando por Valdeorras, seguirá un percorrido similar ao da actual N-120 unindo Ponferrada e
Ourense.

No interior de Galicia atopamos a AP-53/AG-53 (Autoestrada Central Galega) entre Santiago e Ourense. Están actualmente en
construción as autovías A-54 entre Santiago e Lugo, e A-56 entre Lugo e Ourense. Hai ademais da AG-53 outras autoestradas e
autovías con titularidade da Xunta de Galicia, que dan servizo a algunhas capitais comarcais, como:

a AG-55, que une A Coruña e Carballo,


a AG-64, que une Ferrol, As Pontes e Vilalba coa A-8[Cómpre referencia],
a AG-31, que une Ourense con Celanova,
a AG-11, que une Ribeira con Padrón e a AP-9,
a AG-41, que une Sanxenxo coa AP-9,
a AG-56, que une Brión con Santiago de Compostela, e
a AG-57, que une Baiona coa AP-9.

Ferrocarril
O ferrocarril inaugurouse en Galicia o 15 de setembro de 1873 coa posta en servizo do
treito entre O Carril (Vilagarcía) e Cornes (Santiago). En 1875 inaugurouse a segunda
liña, que unía A Coruña e Lugo, e non foi até 1883 cando Galicia quedou conectada co
resto da España peninsular a través do Barco de Valdeorras.[52]

A rede de ferrocarril en Galicia ronda os 1.100 km. Hai varias liñas de largo ibérico
(1.668 mm) que corresponden a Adif e Renfe Operadora e que unen tódalas cidades
galegas. Hai outra liña de largo inferior (1.000 mm) correspondente a FEVE, co
percorrido Ferrol-Ribadeo-Oviedo. De todas estas liñas a única electrificada é a que
entra por Ponferrada cara a Monforte, Ourense e Vigo.[53]

Liñas de ferrocarril. Alta velocidade


No século XXI comezaron a construirse novas liñas de ferrocarril en Galicia para poder
acadar velocidades máis altas. As principais obras foron a construción da liña de alta
velocidade Madrid-Galicia, aínda sen rematar, e o eixe atlántico.

O 10 de decembro de 2011 inaugurouse a liña de alta velocidade entre Ourense e A Coruña, aínda que en ancho ibérico para
facilitar a circulación dos trens ata a inauguración do treito entre Zamora e Ourense, que conectará Galicia co resto da rede de
alta velocidade. En 2015 quedou inaugurado o treito do eixe atlántico entre Santiago e Vigo, tamén en ancho ibérico de xeito
provisional.
Cultura
Artigo principal: Cultura de Galicia.

Galicia conta cunha rica historia na que diferentes pobos, xunto coa poboación nativa, deixaron a súa impronta na cultura.

Literatura
Artigo principal: Literatura galega.

Como acontece coa maior parte das linguas romances, as primeiras manifestacións
literarias en galego (algunhas veces denominado actualmente galego-portugués) datan
da Idade Media. Logo desta etapa medieval (na que resulta especialmente relevante a
produción poética), tivo lugar un longo período de algo máis de tres séculos de seca
literaria, denominados séculos escuros, no que se produciu un case total abandono da
lingua galega como lingua literaria. Co Rexurdimento, fundamentalmente na segunda
metade do século XIX, a literatura en galego volve a cultivarse xurdindo nomes
fundamentais como Rosalía de Castro.

Xa no século XX, antes da guerra civil teñen especial importancia grupos de


intelectuais como a Xeración Nós e as Irmandades da Fala, nos que se atopan
escritores como Vicente Risco, Ramón Cabanillas e Castelao. Pódense observar, logo,
dous períodos máis que coincidirían, aproximadamente, un co franquismo e o outro co
período de tempo que chega ata a actualidade, dende o instauración da democracia en
España. Autores de sona da literatura galega contemporánea son Xosé Luís Méndez
Ferrín, Manuel Rivas ou Suso de Toro.

Música Os Cantares gallegos de Rosalía


marcan o comezo do Rexurdimento.
Artigo principal: Música tradicional
galega.

Galicia é un país cunha ampla e fonda tradición musical. A súa riqueza musical
reside na variedade de ritmos musicais así como de instrumentos.

Os instrumentos empregados na música galega viran fundamentalmente ao redor


dos de vento e percusión. De entre todos eles, destaca a gaita como o máis
estendido e coñecido, aínda que ultimamente estase prestando especial atención á
recuperación daqueles instrumentos que foron caendo no esquecemento,
Gaiteiros nunha romaría
principalmente os diferentes tipos de frautas galegas e a zanfona. En canto aos de
percusión, hai unha gran variedade, podendo citarse o tamboril, o bombo e a
pandeireta, entre outros. Algunhas das agrupacións tradicionais galegas teñen máis de cen anos de historia como o Real Coro
Toxos e Froles de Ferrol ou o coro Cántigas da Terra da Coruña.

En canto a ritmos musicais destacan as muiñeiras, danzas folclóricas tradicionais que teñen orixe nos muíños onde se moían o
trigo e o millo; e alalás. O grupo galego de música tradicional máis coñecido tanto no país como fóra é Milladoiro,[54] mestura
da música tradicional con ritmos e sons doutras culturas.

Festas populares
Véxase tamén: Festas de interese turístico de Galicia.

As seguintes son algunhas das festas de Galicia declaradas de interese turístico internacional ou nacional:[55]

Festas do Apóstolo Santiago: son as festas en honra ao patrón de Galicia e celébranse durante medio mes en
Santiago de Compostela. Nelas celébranse actos relixiosos e o 24 de xullo lánzanse fogos artificiais dende a
catedral. Foron declaradas de Interese Turístico Internacional no 2001.
Festa de San Froilán: son as festas dedicadas ao patrón da cidade de Lugo, entre o 4 e o 12 de outubro. Estas
festas de Interese Turístico Nacional reúnen todos os anos multitude de visitantes, chegando na súa edición de
2015 a reunir a 570.000 persoas.[56] Son famosas sobre todo polas tradicionais casetas onde se desgusta o
polbo á feira.
Festa do marisco: vén celebrándose cada outubro dende 1963 no Grove. Na década de 1980 foi declarada de
Interese Turístico Nacional. A degustación de marisco fresco a prezos populares é, sen dúbida, o maior
atractivo desta cita.

Rapa das bestas de Sabucedo: celébrase o primeiro fin de semana de


xullo en Sabucedo (A Estrada), é un acontecemento de tradición
ancestral, declarado de Interese Turístico Nacional en 1963 e
Internacional no 2007. É a rapa máis famosa de Galicia, consiste en
baixar do monte cabalos salvaxes e levalos a un recinto pechado
denominado "fachendoso", onde se lles corta as crinas e márcase aos
poldros. Unha diferenza respecto das demais rapas de Galicia, é que
na de Sabucedo os "aloitadores", encargados de inmobilizar aos
animais para poder cortarlles as crinas e marcalos, non utilizan
ningunha axuda. Aloitadores tentando suxeitar a unha
Festival de Ortigueira: celébrase na localidade de Ortigueira durante besta na rapa das bestas de Sabucedo.
catro días. Primeiro celebrouse dende 1978 a 1987, e actualmente
celébrase dende 1995. O festival baséase na cultura celta, música folk
e encontro con distintos pobos, o cal fai deste festival algo importante para o coñecemento doutras culturas ou
pobos vidos de moitas partes de España e do mundo, cada mes de xullo nas datas sinaladas reúnense un
número de persoas próximo ás 100.000 por edición. Está considerado Festa de Interese Turístico Internacional
dende o ano 2005.
Romaría Viquinga de Catoira: é unha festa profana que se celebra na localidade de Catoira o primeiro domingo
de agosto. Celébrase dende 1960 e rememora feitos históricos en defensa de Galicia dos ataques de piratas
normandos e sarracenos que buscaban o tesouro da Igrexa compostelá. En 2002 foi declarada Festa de
Interese Turístico Internacional.
Festa do Corpus Christi de Ponteareas: vénse celebrando dende 1857 en Ponteareas. No fin de semana
seguinte a Corpus Christi celébrase a festa máis representativa, as alfombras florais. Está considerada Festa
de interese turístico dende 1968, de interese turístico nacional dende 1980 e internacional dende 2009.
Fogueiras de san Xoán na Coruña: festa ancestral ligada ao solsticio de verán, celebrada en toda Galicia na
noite do 23 ao 24 de xuño e que no caso da cidade da Coruña está declarada de interese turístico internacional
dende o ano 2015. Son tradicionais as sardiñadas e as grandes fogueiras polos barrios e as praias da cidade.

Entroido: é unha festa de carácter tradicional que se celebra antes da


Coresma, entre os meses de febreiro e marzo en toda Galiza con
características particulares, disfraces e esmorgas moi diferenciadas entre
diversas poboacións. Están declaradas festas de interese nacional tanto o
entroido de Xinzo de Limia coma o de Verín.
Semana Santa: festa relixiosa celebrada cada ano entre o Domingo de
Ramos e o Domingo de Resurrección, na que se recordan episodios da
paixón, morte e resurrección de Xesús de Nazaret a través de diversos
actos e procesións. En Galicia están declaradas Festas de Interese Cigarróns de Verín.
Turístico Internacional a Semana Santa de Viveiro dende o ano 2013, e a
Semana Santa de Ferrol dende o 2014.

Gastronomía
Artigo principal: Gastronomía de Galicia.

A gastronomía galega destaca pola súa variedade e pola calidade dos seus produtos,
demostrada en moitos casos polos 30 produtos galegos con Denominación de Orixe
Protexida.[57] A miúdo os produtos galegos son protagonistas de gran cantidade de
feiras e festas patronais e gastronómicas referencia ineludible para o turista que visita
Galicia.

A cociña galega tanto nas zonas do interior como nas costeiras sempre foi moi sinxela,
debido á escaseza de recursos dos que dispor. O porco formaba a base da alimentación
nas terras do interior. Na zona costeira tamén se consumía este tipo de carne, pero a
Polbo á feira. base da alimentación constituíaa o peixe.
Os pratos máis tradicionais da cociña galega corresponden, entre outros, o caldo galego,
o polbo á feira, o cocido, a caldeirada, o churrasco, as mariscadas, os callos e a
empanada. Entre as sobremesas tradicionais atópanse a torta de Santiago ou a de
Mondoñedo, as orellas (típicas do Entroido) ou as filloas. Algúns produtos típicos da
gastronomía galega son o grelo, a pataca, a castaña, o pemento, o mel, o lacón, os
embutidos, o queixo, o pan e os distintos tipos de mariscos.

Entre as bebidas destacan a queimada, as augardentes e derivados (bebidas


espirituosas), e os distintos tipos de viño dos que cabe destacar as cinco denominacións
de orixe existentes en Galicia: Ribeiro, Rías Baixas, Monterrei, Valdeorras e Ribeira Queimada.

Sacra.

Relixión
Segundo o Barómetro Autonómico publicado polo CIS (Centro de Investigacións
Sociolóxicas) entre setembro e outubro do 2012, a afiliación relixiosa en Galicia é:[58]

De todos os que se definen como crentes,


Afiliación relixiosa Porcentaxes tanto no catolicismo como noutras
Católicos 82,2% relixións, o 51% case nunca asisten a
Outras relixións 0,5% oficios relixiosos máis alá de cerimonias
Agnósticos (non crentes) 9,1% de tipo social como vodas, cabodanos,
Ateos 7,5% enterros, bautizos etc., o 18,7% asiste
varias veces ao ano a oficios relixiosos, o
15,1% asiste algunha vez ao mes, o 13,5% asiste todos os domingos e festivos e un
1,5% afirma que vai varias veces por semana. Réplica do Crismón de Quiroga do
século V, considerado unha das
representacións máis antigas do
Deportes cristianismo en Galicia.
Polo que respecta aos deportes de masas, existen equipos importantes de fútbol
masculino, coma o Celta de Vigo e o Deportivo da Coruña, actualmente os únicos
representantes do país na Primeira división, e Club Deportivo Lugo na Segunda división. O
equipo coruñés gañou 1 liga, 2 copas do Rei e 3 Supercopas; e contou nas súas filas co
único futbolista español galardoado co balón de ouro, Luis Suárez. Mentres que os
vigueses son o club galego con máis tempadas na máxima categoría. Os equipos galegos
da Segunda B son o Coruxo FC, o CCD Cerceda e os históricos Pontevedra CF e Racing
de Ferrol. Outro histórico que chegou a xogar en Primeira é a SD Compostela. A nivel
individual saíu da canteira galega o único Balón de Ouro do Estado Español, Luis Suárez. Xogadores do Deportivo da
Galicia acolleu varios partidos do Mundial de Fútbol de 1982 nos estadios de Riazor e Coruña antes dun partido da
Balaídos. Copa da UEFA en 2008.

En baloncesto destacan equipos como o CAB Obradoiro, único representante galego na


Liga ACB, ou o CB Breogán, o Club Ourense Baloncesto e o Básquet Coruña, na segunda categoría do baloncesto español, a
Liga LEB, así como o desaparecido OAR Ferrol, un dos fundadores da Asociación de Clubs de Baloncesto (ACB). A nivel
individual destacan nomes como Fernando Romay (medallista nos Xogos Olímpicos de 1984 e ex-xogador, entre outros, do
Real Madrid, club co que gañou numerosos títulos a nivel estatal e internacional), ou Fran Vázquez, seleccionado polos
Orlando Magic da NBA no posto 11 da primeira rolda do draft de 2005, amais de ser o máximo taponador histórico da
Euroliga.[59]

En balonmán destacan a SD Teucro e BM Cangas na máxima categoría do balonmán español, a Liga ASOBAL, e o Octavio
Pilotes Posada na segunda categoría; en hóckey a patíns destacan o H.C. Liceo (o equipo máis laureado de Galicia), e o
desaparecido CP Cerceda, así como o A.A. Dominicos (único equipo galego xunto co Liceo en gañar un título estatal e que
actualmente compite na Primeira División); e os equipos de fútbol sala, Santiago Futsal e O'Parrulo Ferrol, na Primeira
División, e o Prone Lugo, Burela FS e Noia, na Segunda División.

Existen tamén varias seleccións galegas, entre as que destacan a selección galega de fútbol, a de baloncesto ou a de rugby.
O Campionato de Galicia de Rally disputase en rallys de asfalto dende 1979. No Circuíto de Autocross de Arteixo celébranse
cada ano polo menos dúas probas pertencentes ó Campionato de Galicia de Autocross. A Subida a Chantada puntúa para o
Campionato de Galego de Montaña e en varias edicións tamén o fixo para o Campionato de España e o Campionato de Europa.

Galicia é coñecida tamén pola súa tradición de deportes acuáticos, tanto no mar como nos ríos, como remo, navegación
deportiva, piragüismo ou surf, deportes nos que é unha asidua gañadora de metais nos Xogos Olímpicos, na actualidade o
máximo exemplo son David Cal, Támara Echegoyen, Sofía Toro, Carlos Pérez Rial, Antón Paz Blanco e Fernando Echavarri.
No eido acuático o deporte galego por excelencia son as traiñeiras, contando Galicia con representantes na Liga San Miguel de
traiñeiras. Nos últimos anos Galicia tamén ven de se converter en toda unha potencia en tríatlon da man de Xavier Gómez Noia,
medallista olímpico en 2012, e Iván Raña, os dous campións do mundo, e sendo Noia un dos mellores atletas da historia na
especialidade.

No ano 2006 o ciclista de Mos Óscar Pereiro gaña o Tour de Francia trala descualificación do norteamericano Floyd Landis,
quen lle arrebatara o primeiro posto na penúltima xornada. Tamén no alpinismo hai galegos destacados, como a viguesa Chus
Lago, terceira muller en acadar o cumio do Everest sen axuda de osíxeno, e que conta tamén co título Leopardo das neves.

Goberno e política
A consideración de Galicia como nación e unha procura
constante dun maior grao de autogoberno son defendidas
por un número significativo de cidadáns.[Cómpre referencia]
As tendencias nacionalistas, e mesmo as non-nacionalistas,
en Galicia son, na súa meirande parte, de tipo federalista,
isto é, a formación dunha federación co resto dos actuais
territorios españois ou peninsulares. Ademais, tamén O Pazo de Raxoi, sede oficial da presidencia da Xunta de Galicia.
existen grupos independentistas.

Os poderes da comunidade
O Estatuto de autonomía de Galicia establece que os poderes da comunidade exércense
pola vía do Parlamento, a Xunta e a Presidencia:[60]

O Parlamento de Galicia é o representante máximo de Galicia, e sobre o cal


recae a potestade lexislativa. O Parlamento está integrado por 75 deputados
elixidos por sufraxio universal pola vía da representación proporcional por un
período de catro anos, e no que está garantida por lei a posibilidade do voto
aos galegos que residen no estranxeiro.
A Xunta de Galicia é o órgano colexiado sobre o cal recae a potestade
executiva e administrativa do goberno. Está integrada polo presidente, o
vicepresidente, e outros nove conselleiros. A comunidade exerce as súas
funcións administrativas pola vía da Xunta e dos seus entes e órganos
dependentes. A Xunta tamén coordina as actividades das Deputacións
Provinciais.
O Presidente da Xunta de Galicia dirixe e coordina as accións da Xunta e
ostenta a representación da comunidade autónoma e a ordinaria do Estado Alberto Núñez Feijóo, presidente
español en Galicia. É membro do Parlamento e é electo polos deputados e da Xunta.
nomeado polo rei de España.

Resultados electorais
Artigo principal: Lista de Presidentes de Galicia.

Número de deputados no Parlamento de Galicia, en 2016:

Partido Popular de Galicia (PPdeG): 41 deputados


En Marea (En Marea): 14 deputados
Partido dos Socialistas de Galicia (PSdeG): 14 deputados
Bloque Nacionalista Galego (BNG): 6 deputados
Número de votos das forzas políticas con representación parlamentaria nas eleccións ao Parlamento de Galicia do 25 de
setembro de 2016:

Partido Popular de Galicia (PPdeG): 676.676


En Marea (En Marea): 271.418
Partido dos Socialistas de Galicia (PSdeG): 254.552
Bloque Nacionalista Galego (BNG): 118.982
Número de votos das principais forzas políticas sen representación parlamentaria:

Cidadáns-Partido da Cidadanía (C's): 48.103


Partido Animalista Contra o Maltrato Animal (PACMA): 14.785
Democracia Ourensana (DO): 7.679
Compromiso por Galicia (CxG): 4.030

Partidos políticos
Partido Popular de Galicia (PPdeG).
Partido dos Socialistas de Galicia (PSdeG-PSOE).
Bloque Nacionalista Galego (BNG).
Alternativa Galega de Esquerda (AGE).
Partido Galeguista (PG).
Frente Popular Galega (FPG).
Esquerda Unida (EU).
Terra Galega (TEGA).
EQUO Galicia
Nós-Unidade Popular (Nós-UP).
Unión Progreso y Democracia (UPyD).
Partido da Terra (PT).
Compromiso por Galicia (CxG)
Marea Atlántica (MAREA)
Compostela Aberta (CA)
Ferrol en Común (FeC)

Seguridade
A Policía Autonómica Galega depende organicamente da Dirección Xeral de Policía
(Ministerio do Interior) e funcionalmente da Dirección Xeral de Emerxencias e Interior
da Xunta de Galicia, segundo as previsións do artigo 25.27 do Estatuto de autonomía de
Galicia.

Cando foi creada o 19 de xuño de 1991, dispoñía de 157 axentes, destinados na capital
de Galicia. En 1993 son 264 e ábrense as catro sedes provinciais e en 1997 a sede de
Vigo. No ano 2000 son 407. No 2004, os plans da Xunta eran que o número de axentes
chegase aos 1.500 en tres anos, a metade dos cales ocuparíanse de funcións de
vixilancia do tráfico.[61] Mais no 2007 eran 420 os membros da unidade. A finais do Vehículo da Policía Autonómica.

ano 2013, o corpo dispuña de 462 membros.[62]

Por outra banda, os plans para a policía autonómica galega do goberno da Xunta, pretenden que asuma as mesmas
competencias que outras policías autonómicas, sobre todo no referente a actividades de policía xudicial e de seguridade cidadá.
Ademais, "a Xunta de Galicia garantirá o coñecemento da realidade sociopolítica, xurídica e cultural, e o coñecemento e uso da
lingua galega de todos os funcionarios que se incorporen á policía autonómica".[63]

Medios de comunicación

Televisión
A Televisión de Galicia (TVG) é a cadea pública autonómica de televisión, que emite dende o 24 de
xullo de 1985 e forma parte da Corporación de Radio-Televisión de Galicia (CRTVG). Televisión
de Galicia emite en todo o territorio galego e ademais conta con dúas canles internacionais, Galicia
Televisión Europa e Galicia Televisión América, que emiten en toda a Unión Europea e en América
grazas ao satélite Hispasat. A segunda canle tvG2 emite dende o 2 de febreiro de 2009.

O Centro Territorial de Galicia da TVE comezou a emitir programación propia en 1974. Por
primeira vez a televisión contaba con programación regular en lingua galega.
A Galega realiza un
Tamén existiu unha televisión privada de ámbito galego, con programación en galego e castelán importante papel
VTelevisión que deixou de emitir o 1 de xaneiro do 2018. Durante uns anos existiu tamén Popular normalizador da lingua.
TV de Galicia.

A primeira experiencia de televisión local en Galicia data de 1984 en Narón. A mediados dos anos noventa xeneralízanse e en
2006 existían 36 emisoras locais no país. Coa chegada da TDT establecéronse demarcacións supramunicipais para as
televisións locais, outorgando o goberno galego as concesións para a televisión local no ano 2006.

Radio
A Radio Galega (RG) é a radio pública de Galicia. Forma parte da CRTVG do mesmo xeito que a Televisión de Galicia. Radio
Galega comezou a emitir en fase de probas o 24 de febreiro de 1985, e iniciou a súa programación regular o 29 de marzo do
mesmo ano. Conta con dúas cadeas que emiten de forma convencional, sendo Radio Galega, que emite programación xeralista,
e Radio Galega Música, que emite música. Hai tamén un bo número de emisoras locais asociadas na EMUGA.

Xornais
O xornal galego con maior difusión é La Voz de Galicia, que conta con 13 edicións locais[64] e unha a nivel estatal. Outros
xornais relevantes son El Correo Gallego, El Progreso, Faro de Vigo e o ourensán La Región. Entre outros xornais de menor
difusión cómpre destacar o Atlántico Diario, da área metropolitana de Vigo, o xornal deportivo DxT Campeón, os xornais El
Ideal Gallego e La Opinión de A Coruña da Coruña, o Heraldo de Vivero, o Diario de Ferrol e o Diario de Pontevedra. Entre
os xornais electrónicos destacan Galicia Confidencial, Praza Pública, Novas do Eixo Atlántico, Sermos Galiza e Galicia Hoxe,
que na súa extinta edición en papel fora o primeiro que se publicou unicamente en galego.

Notas
1. Instituto Xeográfico Nacional (ed.). "Datos xeográficos e toponimia" (en castelán). Arquivado dende o orixinal o
24 de setembro de 2015. Consultado o 08 de agosto de 2015.
2. IGE (ed.). "Cifras oficiais da poboación a 1 de xaneiro de 2016" (en galego).
3. Galicia constitúe o único topónimo oficial: "A Academia contesta á Xunta que o único topónimo oficial é Galicia"
(http://www.lavozdegalicia.es/galicia/2008/06/08/0003_6886803.htm) Arquivado (https://web.archive.org/web/20
160304131106/http://www.lavozdegalicia.es/galicia/2008/06/08/0003_6886803.htm) 04/03/2016, en Wayback
Machine., La Voz de Galicia, 8 de xuño de 2008. Segundo as Normas Ortográficas e Morfolóxicas do Idioma
Galego: "Teñen terminación -cia, entre outros, acacia, ... etc. Entre estas palabras está Galicia, voz lexítima
galega, denominación oficial do país e maioritaria na expresión oral e escrita moderna. Galiza é tamén unha
forma lexitimamente galega, amplamente documentada na época medieval, que foi recuperada no galego
contemporáneo. NOMIG 20º edición ISBN 84-87987-51-6 Páxina 56.
4. O termo Galiza, segundo as Normas Ortográficas e Morfolóxicas do Idioma Galego da Real Academia Galega
do ano 2003, acéptase para referírmonos á Comunidade Autónoma de Galicia (mantendo esta última como
forma recomendada), xa que a pesar do estabelecido nas NOMIG, que xunto co VOLG son os únicos textos
con carácter normativo para a lingua galega (Ver lei de normalización lingüística), sobre o carácter equivalente
dos termos Galicia e Galiza, o Estatuto de Autonomía, di, no seu Artigo 1. 1. Galicia, nacionalidade histórica,
constitúese en Comunidade Autónoma...polo que este é o nome oficial da comunidade autónoma.
5. Segundo o Dicionario da Real Academia Galega: "nación s.f. Comunidade humana, instalada nun territorio
definido, que pode estar ou non politicamente organizada como estado, e que se caracteriza por ter unhas
tradicións históricas e culturais comúns, os mesmos intereses económicos e unha unidade lingüística ou
relixiosa. A nación de Breogán. Sociedade de nacións. CF. país, pobo, terra."
No dicionario Digalego (https://digalego.xunta.gal/gl/termo/44615/nacion), Ir Indo. "Nación (lat. natione). s.f.
Comunidade de individuos aos que uns vínculos determinados, basicamente culturais, económicos e unha
historia común, lles dan unha fisionomía propia, diferenciada, e unha vontade de organización e proxección
autónoma que os leva a querer dotarse de institucións propias, ata que se constitúa o estado."
6. RÍOS, X. (2010). Galicia e a sociedade das nacións. Editorial Galaxia S.A.
7. P. R. Castro (19 de novembro de 2006). "As deliberación do IX Congreso de Nacionalidades Europeas".
Consultado o 26 de febreiro de 2014.
8. Establecida pola Lei 1/1982, do 24 de xuño, e desenvolta na Lei 4/2002 (http://www.xunta.es/dog/Publicados/20
02/20020724/AnuncioEAA2_gl.html), do 25 de xuño.
9. "IGE - Instituto Galego de Estatística". www.ige.eu. Consultado o 2019-12-13.
10. Curchin (2008) p. 111.
11. cf. Matasovic (2009) s.v. *kallī-.
12. Los celtas: la Europa del hierro y la Península Ibérica. Pedro Damián Cano Borrego. p118 (http://books.google.c
om/books?id=tbha9yv5kJ0C&pg=PA17&dq=Los+celtas:+la+Europa+del+hierro+y+la+Pen%C3%ADnsula+Ib%C
3%A9ric&hl=en&ei=TcAlTMLTNpWTjAeykvx2&sa=X&oi=book_result&ct=result&resnum=1&ved=0CCgQ6AEwA
A#v=onepage&q&f=false)
13. Blázquez, José María (1993-01-01). Nuevos estudios sobre la romanización (en castelán). Ediciones Istmo.
ISBN 9788479020835.
14. De preconiis Hispanie. Joannes Aegidius. Universidad de Madrid. 1955. p229 (http://books.google.com/books?id
=FBZpAAAAMAAJ&q=%22quod+generat+homines+lacteos%22&dq=%22quod+generat+homines+lacteos%22
&hl=en&ei=wsElTLTpCtaSjAeC7rWHAQ&sa=X&oi=book_result&ct=result&resnum=1&ved=0CCcQ6AEwAA)
15. Os Símbolos de Galicia (http://consellodacultura.org/wp-content/blogs.dir/2/2007/12/simbolos_de_galicia.pdf)
pp88-89
16. Lei 5/1984, do 29 de maio, de Símbolos de Galicia. (http://www.parlamentodegalicia.com/sitios/web/BibliotecaLe
isdeGalicia/Lei5_1984.pdf)
17. Fernández Bulete, Virgilio (2010). Ciencias socias: Historia. SM Xerme. ISBN 978-84-9854-281-3.
18. Principais datos de Galicia (http://www.ige.eu/igebdt/esq.jsp?pagina=002005&ruta=datos-basicos/datos_basico
s.jsp).
19. Indicador conxuntural de fecundidade por Comunidades Autónomas (http://www.ine.es/jaxiT3/Tabla.htm?t=144
1) Páxina web do INE. Consultado o 8 de agosto de 2015 (en castelán).
20. Indicador conxuntural de fecundidade por Provincias (http://www.ine.es/jaxiT3/Tabla.htm?t=1478) Páxina web
do INE. Consultado o 8 de agosto de 2015 (en castelán).
21. Nacementos (http://www.ige.eu/web/mostrar_actividade_estatistica.jsp?idioma=gl&codigo=0201002001) Páxina
web do IGE. Consultado o 8 de agosto de 2015.
22. Nacementos por cada mil defuncións (http://www.ine.es/jaxiT3/Tabla.htm?t=1728) Páxina web do INE.
Consultado o 8 de agosto de 2015.
23. Indicadores de mortalidade (http://www.ige.eu/igebdt/selector.jsp?COD=732&paxina=002001&c=0201004)
Páxina web do IGE. Consultado o 9 de agosto de 2015.
24. A esperanza de vida incrementouse en Galicia en cinco anos dende 1981 (http://www.lavozdegalicia.es/galicia/2
007/10/30/0003_6273910.htm?idioma=galego).
25. Estatística do Padrón Continuo (http://www.ine.es/jaxi/menu.do?type=pcaxis&path=%2Ft20%2Fe245&file=ineba
se&L=0) Páxina web do INE. Consultado o 9 de agosto de 2015 (en castelán).
26. Poboación estranxeira segundo idade, sexo e país de nacionalidade (http://www.ige.eu/igebdt/selector.jsp?COD
=598&paxina=001&c=0201001002) Páxina web do IGE. Consultado o 9 de agosto de 2015.
27. Cifras oficiais de poboación resultantes da revisión do Padrón municipal a 1 de xaneiro (http://www.ine.es/dynt3/
inebase/es/index.html?padre=517&dh=1) Páxina web do INE. Consultado o 10 de agosto de 2015 (en castelán)
28. Fonte: Poboación de feito segundo o Instituto Nacional de Estadística. Datos dispoñibles en INE. Censo de
1857 (http://www.ine.es/revistas/cifraine/cifine3.pdf), Poboación de España por provincias dende 1787 a 1900 (h
ttps://commons.wikimedia.org/wiki/File:Evoluci%C3%B3n_Poblaci%C3%B3n_Provincias_Espa%C3%B1a_1787
_-_1900.pdf), Series de población de hecho en España desde 1900 a 1991 (http://www.ine.es/dynt3/inebase/es/
index.htm?padre=580&dh=1) e Series de población de España desde 1996 (http://www.ine.es/dynt3/inebase/es/
index.html?padre=517&dh=1). (en castelán)
29. Galicia se queda con 313 concellos tras aprobar la fusión de Cerdedo-Cotobade (http://www.lavozdegalicia.es/n
oticia/galicia/2016/09/22/xunta-autoriza-decreto-fusion-definitiva-cerdedo-cotobade/0003147454417491190782
4.htm)
30. "Microtoponimia" (http://www.xornal.com/article.php?sid=20050905120430)[Ligazón morta], artigo de Manuel
Bragado en Xornal.com, 5 de setembro de 2005.
31. Galicia recibiu un 8% máis de turistas durante o 2007 (http://www.lavozdegalicia.es/galicia/2008/01/02/0003119
9277292134844326.htm?idioma=galego).
32. Viaxeiros, noites e estadía media por país de residencia e tipo de aloxamento (http://www.ige.eu/igebdt/selector.
jsp?COD=4785&paxina=001&c=0305002) IGE, consultado o 21/09/2015.
33. Informe del Sistema Eléctrico Español 2014 (http://www.ree.es/sites/default/files/downloadable/inf_sis_elec_ree
_2014_v2.pdf) Rede Eléctrica Española, consultado o 21/09/2015.
34. Información general de la Central Térmica de As Pontes (http://www.endesaeduca.com/Endesa_educa/recursos
-interactivos/instalaciones-electricas/informacion-as-pontes) http://www.endesaeduca.com, consultado o
21/09/2015 (en castelán)
35. "Copia arquivada". Arquivado dende o orixinal o 03 de setembro de 2006. Consultado o 27 de decembro de
2010.
36. La Voz de Galicia, 10.08.2008.
37. Variación temporal e espacial da temperatura (http://www.meteogalicia.es/galego/informacion/documentos/Varia
bilidade_Natural_Clima.pdf)[Ligazón morta]
38. María L. Loureiro García e Melina Barrio Martínez; Valoración medioambiental, cultural y paisajística de los
espacios rurales gallegos: una perspectiva económica. Centro de Investigación Económica y Financiera,
Fundación Caixa Galicia (2009). ISBN 978-84-96982-35-2.
39. Pérez, Paula. "El desorden de los bosques". Faro de Vigo. Consultado o 25-04-09.
40. Enciclopedia Galega Universal.
41. Europa Press, ed. (2008-06-21). "Rural- La 'galiña de Mos' aumenta su censo de 100 a 5.500 ejemplares en
siete años, aunque sigue en peligro de extinción" (en castelán). Consultado o 2016-10-23.
42. Ethnologue (http://www.ethnologue.com/show_language.asp?code=glg).
43. Galicia 08. Xunta de Galicia, Consellaría de Cultura e Deporte (http://www.vieiros.com/enlaces/novas/doc/02191
25001196101193-dossier-editado-pola-consellaria-de-cultura-pdf-840-kb.pdf).
44. Informe estatístico anual (http://www.aena.es/csee/ccurl/792/416/Informe2018_provisionales.pdf)
45. Aeroporto de Santiago (http://www.aena.es/csee/Satellite/Aeropuerto-Santiago/gl/Page/1048690016783/)
Arquivado (https://web.archive.org/web/20151004052120/http://www.aena.es/csee/Satellite/Aeropuerto-Santiag
o/gl/Page/1048690016783/) 04 de outubro de 2015 en Wayback Machine. www.aena.es, consultado o
03/10/2015.
46. Web do Aeroporto de Alvedro (http://www.vuelamasalto.com/) Consultado o 03/10/2015 (en castelán).
47. Blog del Aeropuerto de Vigo (https://aeropuertodevigo.wordpress.com/) Consultado o 03/10/2015 (en castelán).
48. "Estadística mensual - PESCA FRESCA (Toneladas)". Puertos del Estado (en castelán). Consultado o 10 de
decembro de 2015.
49. "Vigo se consolida como el principal puerto de la península en tráfico de pesca fresca". Puertos y Navieras (en
castelán). 13 de febreiro de 2015.
50. Tráfico portuario 2014 (http://www.puertos.es/Documents/Notas%20de%20Prensa/Tr%C3%A1fico%20Portuari
o%202014%20%281%29.pdf) www.puertos.es, consultado o 03/10/2015 (en castelán).
51. Páxina web de Portos de Galicia (http://www.portosdegalicia.es/) Consultado o 03/10/2015.
52. Viaxe real en ferrocarril a Monforte de Lemos e Hendaia en 1883 (http://www.vialibre-ffe.com/noticias.asp?cs=hi
st&not=1226)
53. "Electrificación Monforte-Vigo" (PDF). Arquivado dende o orixinal (PDF) o 09 de maio de 2009. Consultado o 27
de decembro de 2010.
54. Milladoiro: a dignificación da música tradicional (http://www.terraetempo.gal/artigo.php?artigo=3118&seccion=5)
Terra e Tempo, 20/06/2013.
55. Listaxe de Festas de Interese Turístico ano 2015 (http://www.turgalicia.es/canle-institucional/normativa/outros-d
ocumentos?content=normativa_0049.html&langId=gl_ES) Turgalicia, 21/05/2015.
56. Cheo histórico dos concertos do San Froilán 2015, que deixou uns 11,5 millóns de euros en Lugo e ata un 97%
de ocupación hoteleira (http://lugo.gal/gl/novas/cheo-historico-dos-concertos-do-san-froilan-2015-que-deixou-un
s-115-millons-de-euros-en-lugo-e) Páxina web do Concello de Lugo, 14/10/2015.
57. "Ministerio de Agricultura, Pesca e Medio Ambiente DOP Galicia". Arquivado dende o orixinal o 06 de marzo de
2010. Consultado o 31 de decembro de 2008.
58. BARÓMETRO AUTONÓMICO (III). GALICIA (http://www.cis.es/cis/opencm/GA/1_encuestas/estudios/ver.jsp?&
cuestionario=16118&estudio=13564) Centro de Investigaciones Sociológicas, 13/09/2012 (en castelán).
59. Euroleague.net (ed.). "Statistics" (en inglés). Consultado o 30 de decembro de 2014.
60. Xunta de Galicia, ed. (2009-01-10). "Estatuto de Autonomía. Título Preliminar". Consultado o 2016-10-23.
61. Lorenzo, Serafín (17 de maio de 2004). "La nueva policía autonómica asumirá el control y la vigilancia del
tráfico". La Voz de Galicia (en castelán). Arquivado dende o orixinal o 01 de xullo de 2013. Consultado o 30 de
marzo de 2013.
62. Memoria UPA 2013 (http://cpapx.xunta.es/c/document_library/get_file?folderId=282039&name=DLFE-21522.pd
f) Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza. Consultado o 30/10/2015.
63. Aprobouse onte o Proxecto de lei para a creación da Policía autonómica de Galicia (http://www.avogacia.org/w
3/article.php3?id_article=603).
64. Edicións (http://galego.lavozdegalicia.es/localidades/) La Voz de Galicia. Consultado o 30/10/2015.

Véxase tamén
Bibliografía Wikimedia Commons ten
Galicia (https://web.archive.org/web/20110930013701/http://www.egu.es/eg máis contidos multimedia
na categoría: Galicia
u/Html/index.php?op=ver&id=62970), Enciclopedia Galega Universal.
A Galipedia ten un
portal sobre: Galicia
Outros artigos
Estatuto de autonomía de Galicia de 1981.
Galería de imaxes de Galicia.

Ligazóns externas
Xunta de Galicia (http://www.xunta.gal/)
Instituto Galego de Estatística (https://web.archive.org/web/20160109235423/http://ige.eu/)
Wikimedia Atlas de Galicia.

Traído desde "https://gl.wikipedia.org/w/index.php?title=Galicia&oldid=5367852"

A última edición desta páxina foi o 28 de xaneiro de 2020 ás 00:59.

Todo o texto está dispoñible baixo a licenza Creative Commons recoñecemento compartir igual 3.0; pódense aplicar termos adicionais.
Consulte os termos de uso para obter máis información.
Wikipedia® é unha marca rexistrada da Wikimedia Foundation, Inc., unha organización sen fins lucrativos.

You might also like