Verbos Lingua

You might also like

Download as pdf or txt
Download as pdf or txt
You are on page 1of 14

UNIDADE 7

O verbo As formas amodotemporais As perífrases verbais

1. O verbo
Semanticamente, o verbo é unha clase de palabras que indica acción, procesos ou estados:
- Foron á manifestación onte (acción)
- O neno medrou moito (proceso)
- Xoán está moi ledo (estado)
Desde o punto de vista sintáctico, o verbo é o núcleo da frase verbal e funciona na cláusula
como predicado. Podemos diferenciar dous tipos de verbos:
- Transitivos: se precisan dun complementodirecto para a súa significación plena:
A nena estuda a lección.
- Intransitivos: se non precisan de complementos para significar:
O gato miaña.
Desde o punto de vista morfolóxico, é unha palabra variable que está formada por:
Tema= Raíz+VT
Morfemas flexivos (Morfema modo tempo/ morfema número persoa)

TEMA MORFEMAS FLEXIVOS


Raíz/lexema VT MMT MNP
part i re des
cant a ba Mos `

A VT clasifica os verbos en tres conxugacións:

VT a (acadar) 1ª conxugación
VT e (temer) 2ª conxugación
VT i (vivir) 3ª conxugación

O MMT indica o modo (indicativo, subxuntivo…) e o tempo


O MNP sinala a persoa gramatical suxeito da acción (1ª a 6ª persoas)

Aqueles verbos que ao longo da conxugación manteñen inalterado o lexema e seguen o patrón da súa
conxugación son regulares; aqueloutros que modifican, ora o lexema ora o modelo da conxugación, son
irregulares.

1
Os verbos regulares

2
Son verbos regulares aqueles que conservan a raíz e engaden as mesmas desinencias
correspondentes á súa conxugación.

I Conxugación II Conxugación III Conxugación


andar varrer partir
INDICATIVO
PRESENTE
ando varro parto
andas varres partes
anda varre parte
andamos varremos partimos
andades varredes partides
andan varren parten
COPRETÉRITO
andaba varría partía
andabas varrías partías
andaba varría partía
andabamos varriamos partiamos
andabades varriades partiades
andaban varrían partían
PRETÉRITO
andei varrín partín
andaches varriches partiches
andou varreu partiu
andamos varremos partimos
andastes varrestes partistes
andaron varreron partiron
ANTEPRETÉRITO
andara varrera partira
andaras varreras partiras
andara varrera partira
andaramos varreramos partiramos
andarades varrerades partirades
andaran varreran partiran
FUTURO
Andarei Varrerei Partirei
Andarás Varrerás Partirás
Andará Varrerá Partirá
Andaremos Barreremos Partiremos
andaredes Varreredes Partiredes
andaredes varrerán Partirán
andarán
POSPRETÉRITO
andaría varrería partiría
andarías varrerías partirías
andaría varrería partiría
andariamos varreriamos partiriamos
andariades varreriades partiriades
andarían varrerían partirían
SUBXUNTIVO
PRESENTE
ande varra parta
andes varras partas
ande varra parta
andemos varramos partamos
andedes varrades partades
anden varran partan

3
PRETÉRITO
andase varrese partise
andases varreses partises
andase varrese partise
andásemos varrésemos partísemos
andásedes varrésedes partísedes
andasen varresen partisen
FUTURO
andar varrer partir
andares varreres partires
andar varrer partir
andarmos varrermos partirmos
andardes varrerdes partirdes
andaren varreren partiren
IMPERATIVO
anda varre parte
andade varrede partide

Verbos con alternancia vocálica


Estes verbos considéranse regulares, pero presentan modificación na vogal. Temos catro modelos:

Alternancia e/ℇ; o/ ↄ Alternancia i/e/ Alternancia e/i Alternancia u/ ↄ



Beber, comer, querer, esquecer … Servir, sentir, Advertir, pedir, Durmir, cubrir, fuxir,
consentir, preferir … lucir, subir, sufrir, lucir …
seguir, ferir,
mentir …
como (o) bebo (e) minto advirto durmo
comes (ↄ) bebes (ℇ) mentes (ℇ) advirtes dormes (ↄ)
come (ↄ) bebe (ℇ) mente (ℇ) advirte dorme (ↄ)
comemos (o) bebemos (e) mentimos (e) advertimos durmimos
comedes (o) bebedes (e) mentides (e) advertides durmides
comen (ↄ) beben (ℇ) menten (ℇ) advirten dormen (ↄ)

Valores dos tempos e modos


INDICATIVO (real)
presente pretérito copretérito antepretérito futuro pospretérito
(pretérito (pretérito (condicional)
imperfecto) pluscuamperfecto)
Coincidencia co Tempo pasado/ Tempo pasado/ Pasado con Acción posterior Posterioridade
momento de acción acción respecto a unha ao momento de con respecto ao
fala rematada duradeira acción xa pasada fala pasado
Estamos na Nacestes hai Eu estudaba Cando chegaches Estaremos en Dixo que sería
clase varios anos nese colexio eles xa marcharan segundo o ano rica
vindeiro
SUBXUNTIVO (irreal ou hipotético)
presente pretérito futuro
Acción presente ou futura irreal ou Acción pasada irreal ou incerta Posterior ao momento de fala con
incerta valor hipotético
Poida que vaiamos a Vigo Se tivese cartos compraría ese Se viñerdes algún día poderiamos
libro vernos
NOTA: o futuro de subxuntivo ten moi pouco uso na lingua moderna, deixando á parte certas linguaxes como a
xudicial.

4
Valores especiais
PRESENTE INDICATIVO FUTURO INDICATIVO
Presente habitual: feito habitual: Futuro de mandato: reforza a idea de mandato
Á mañá toma o seu café Esta tarde non sairás
Presente intemporal: feitos inmutables Futuro de probabilidade: establece unha hipótese
Lugo está en Galicia Valerá 40 euros
Presente histórico: feitos pasados Futuro histórico: futuro con respecto a un pasado
Rosalía publica Cantares Gallegos en 1863 Colón chegou a América e as poboacións autóctonas
sufrirán moito
ENLACE CONXUGACIÓN VERBOS IRREGULARES
https://gl.wikipedia.org/wiki/Normativa_oficial_do_galego_-_Verbo

2.As formas amodotemporais


As formas nominais ou non persoais son o infinitivo, o xerundio e o participio, que carecen
de desinencias de tempo e modo, e de número e persoa.

Infinitivo: and-ar, varr-er, part- - Andar sentoulle ben (SUX) O infinitivo pode funcionar
ir como un substantivo:

Xerundio: and-ando, varr- - Camiñaba alancando (CCM) O xerundio pode funcionar


endo, part-indo como un adverbio:

Participio: and-ado, varr-ido, - O neno durmido parecía un O participio pode funcionar


part-ido anxiño (MOD). como un adxectivo:

O participio dos verbos galegos presenta dúas posibilidades: poden ser regulares e
irregulares. En galego existen verbos que constrúen o participio só coa forma regular, outros
unicamente coa irregular, e outro grupo de verbos poden formar o participio a través de participios
tanto regulares como irregulares.
1) Verbos que teñen un participio regular formado co morfema -do, que son a maioría:

2) Verbos que posúen un participio irregular:


Abrir Aberto/a
Dicir Dito/a
Escribir Escrito/a
Facer Feito/a
Poñer Posto/a
Morrer Morto/a
Ver Visto/a

3) Verbos que teñen dous participios, un regular e outro irregular:

verbo Participio regular Participio


irregular
Cansar cansado/a canso/a
calmar calmado/a calmo/a
coller collido/a colleito/a
comer comido/a comesto/a
envolver envolvido/a envolto/a;
envolveito/a

5
enxugado/a
enxugar nacido/a enxoito/a
nacer pagado/a nado/a
pagar quentado/a pago/a
quentar recollido/a quente
recoller resolvido/a recolleito/a
resolver torcido/a resolto/a
torcer torto/a

Nos verbos con dous participios, utilízase a forma regular con valor verbal, isto é, nas
perífrases (incluída a pasiva), e o participio irregular con valor adxectivo, nos demais casos.
- Hoxe estou moi cansa (valor adxectivo).
- O queixo apareceu comesto(valor adxectivo) polos ratos.
- Non dou quentado (valor verbal) os pés con tanta viruxe que vai.
- O público foi calmado (valor verbal) pola presentadora.

O infinitivo persoal, conxugado ou flexionado


En galego o infinitivo pode levar desinencias de número e persoa como calquera outro
tempo verbal, para indicar a súa concordancia co suxeito: o infinitivo conxugado.
Andar Beber Vivir
1ª andar beber vivir
2ª andares beberes vivires
3ª andar beber vivir
4ª andarmos bebermos vivirmos
5ª andardes beberdes vivirdes
6ª andaren beberen viviren

É obrigatorio empregar o infinitivo conxugado:


- Cando o suxeito do infinitivo, sendo distinto do verbo principal, non está expreso e desexas
marcalo.
Convén irmos entrando no avión.
- Cando o infinitivo leva un suxeito expreso distinto do verbo principal.
O avogado demostrou teren razón os acusados.

Non podemos conxugar o infinitivo:


- Cando o infinitivo e o verbo principal teñen o mesmo suxeito.
Queremos ir con eles á viaxe de fin de curso.
- Cando o infinitivo é parte dunha perífrase.
Ten que traer a pantalla nova do ordenador.
- Nas frases feitas, refráns, sentenzas etc. que expresan verdades intemporais
Querer é poder.

3. As perífrases verbais

6
As perífrases son unha agrupación de varias formas verbais constituídas por un verbo
conxugado e unha forma finita (infinitivo, xerundio ou participio), unidos ás veces por un elemento
de enlace (unha preposición ou a conxunción que).
O significado que presenta este complexo verbal é unitario e non se pode sinalar
independentemente por ningunha das formas verbais que a compoñen nin por outra forma
verbal de uso habitual. Tamén son unha unidade formal que funciona como núcleo da frase verbal.
- Creo que non darei feito o traballo (perífrase)
- Quero mercarche algo bonito (non é perífrase)
- Teño que revisar os meus apuntamentos (perífrase)
- Creo que irei contigo ao cine (non é perífrase)
- Deu en chover toda a mañá (perífrase)

Para recoñecer as perífrases,


1. O verbo auxiliar debe perder o seu significado, polo menos parcialmente: tes que madrugar máis
(o verbo ter perdeu o seu significado de posesión).
2. Se se pregunta polo contido da forma persoal, débese manter a forma da perífrase (Tes que
madrugar máis/ Cando tesque madrugar?, e non *Cando tes?
Nas perífrases, o verbo conxugado ofrece a información gramatical e a forma finita o significado
léxico.
VALORES DAS PERÍFRASES
Perífrases aspectuais
Incoativas: indican o - Comezar/Romper/Botar(se) a + infinitivo.. Rompeu a andar aos oito
comezo da acción Poñerse/pórse a + infinitivo. meses
Dar en + infinitivo. Púxose a chorar de súpeto
Empezar a + infinitivo. Deu en chover ás nove
Empezou a ler o artigo

Perfectivas: informan de Acabar de + infinitivo. Acabaron de xantar ás seis


que a acción está Deixar de + infinitivo. O vento deixou de soprar a
terminada Dar + participio.. media tarde.
Ir + participio.. Non demos feito os
Levar + participio.. deberes
Ter + participio. Xa vai acabado o verán
Leva feitos seis exercicios
Teño ido moitas veces ao cine
con el.

Imperfectivas: indican Andar a + infinitivo. Andan a apañar castañas


que unha acción aínda non Estar a + infinitivo. Estou a sacar o carné de
terminou, que está a Andar + xerundio. conducir.
desenvolverse Estar + xerundio. Andaban dicindo que eran
Levar + xerundio.. ricos
Seguir a + infinitivo. Están estudando moito.
Seguir + xerundio. Levan falando unha eternidade
Ser a + infinitivo. Seguen a bañarse na
Ir + xerundio. piscina
Vir + xerundio. Segue estudando en Lugo.
Naquela festa todos eran a
bailar
Vaian recollendo que xa é a
hora.

7
Veñen buscando o mesmo
ca nós

Terminativas: acción no Chegar a + infinitivo.. Non creo que chegues a


remate do seu proceso Vir (a) + infinitivo. aprobar nunca
Acabar por + infinitivo. Ao final todo me veu dar a
razón
Acabarei por enfadarme se
segues así

Reiterativas: acción que se Ter + participio (pasada e reiterada). Moito teño bailado nesta sala
repite

Perífrases temporais
Futuridade xeral ou inminencia Ir + infinitivo. Vou falar con eles agora
(futura). Indican que a acción se Haber (de) + infinitivo..
desenvolverá no futuro Ha (de) vir o luns mesmo.
Estar a/para + infinitivo..
Querer + infinitivo.. As miñas amigas están para
chegar
Mirando o ceo parece que quere
chover
Inminencia (no pasado). No Haber (de) + infinitivo. Onte tropecei no xardín e
pretérito perfecto do indicativo houben de caer.
indica que algo estivo a piques
de suceder pero finalmente non
sucedeu:

Perífrases modais
Obrigación. Expresan obriga Haber (de) + infinitivo. Primeiro has (de) d i c i r a
Hai que + infinitivo. verdade
Ter que/de + infinitivo.. Hai que chegar cedo
Deber + infinitivo. Tivemos que repetir o exame
Mañá debemos madrugar.

Hipótese. Acción sobre a cal non Deber de + infinitivo. Debe de t e r v i n t e a n o s


se ten seguridade. Poder + infinitivo. Pode ter razón no que di

Outros valores
Pasiva
– Ser + participio. O discurso foi pronunciado polo candidato

8
PRÁCTICA

1. Nas seguintes formas verbais, separa a raíz das desinencias e indica a persoa, o número e
o tempo de cada unha delas
raíz VT MMT MNP ANÁLISE
Rematou
Andei
Coñeceremos
Peiteabas
Volvedes
Desaconsellabamos
Digades
Amaba
Collín
Estarei

2. Corrixe os erros:
• Ese coche consume moita gasolina.
• Dicen que non soupo comportarse.
• Sinten que non hubese festa este ano.
• Fuxen cos cartos porque ninguén os persigue.
• Iso valerá unhas cinco mil pesetas e podrás pagalo ben.
• Non din entendido nada nin puden escoitalo ben.
• Andiven todo o día en busca túa.

3. Completa as frases seguintes escribindo o verbo no tempo que se che indica:


1) Pedíanme sempre que (cantar: pretérito de subxuntivo) aquela canción que lles
gustaba tanto.
2) Chegamos tarde e ela xa (actuar: antepretérito de indicativo) .
3) Vós xa (rematar: pretérito de indicativo) o traballo?
4) Se tivese tempo abondo (ler: pospretérito de indicativo) máis pero éme
imposible.
5) Quen (escribir: pretérito de indicativo) esta novela tan bonita?
6) En que colexio (estudar: copretérito de indicativo) cando erades nenos?
7) Avísame cando (chegar: presente de subxuntivo) o carteiro.
8) Os meus amigos (conducir: pretérito de indicativo) toda a noite.
9) Eu (crer: futuro de indicativo) o que dis cando o vexa.
10) Onte eu (andar: pretérito de indicativo) toda a tarde comprando os agasallos para o
teu aniversario.
11) A mesa estaría ben aquí se (caber: pretérito de subxuntivo) .
12) Ti xa lle (dar: pretérito de indicativo) as grazas?

9
13) Todo aquel día nós (estar: antepretérito de indicativo) moi preocupados.
14) Penso que é urxente que eles (ir: presente de subxuntivo) ao médico.
15) Intenteino pero non (poder: pretérito de indicativo) facer máis nada.
16) Eu non (poñer: pospretérito de indicativo) aquí eses mobles.
17) Cando cheguen (querer: futuro de indicativo) cear.
18) Se nós o (saber: pretérito de subxuntivo) xa cho diriamos.
19) Vós sempre (saír: presente de indicativo) tarde da casa.
20) Toma este xarope cando (ser: presente de subxuntivo) necesario.
21) Aquela muller (ter: antepretérito de indicativo) dous fillos.
22) A chuvia era tan forte que eu non (ver: copretérito de indicativo) a estrada.
23) Cando nós (vir: presente de subxuntivo) faremos unha festa.

4. Indicar, nas seguintes formas verbais

Persoa, tempo, modo Segmentación

Marcharei
Temo
Marchasen
Cantabas
Cantariamos
Produzan
Conduciu
Falaren
Comestes
Rexeitara
Falades
Comerdes

5. Indicar o valor dos tempos verbais nas seguintes frases

1. Faredes o que vos digan.


2. Nese ano Priciliano é decapitado en Tréveris.
3. Terás uns vinte anos
4. O horizonte é infinito.
5. Serán as dez e cuarto.
6. Saio da oficina ás tres.
7. No entroido comen filloas e torradas.
8. No século VIII os árabes invaden a Península.

10
9. No colexio cómese ás doce.
10. Rosalía publica Cantares Gallegos en 1863 en tanto que Follas Novas non aparecerá ata 1880.

6. Poñer estas frases en presente

1. As túas declaracións non contribuíron a aclarar o crime.


2. Permanecín todo o ano atento ás evolucións da bolsa.
3. Este ano distribuín eu os regalos entre os cativos.
4. Non coñecín os teus amigos alemáns.
5. Reproducín algúns cadros dese pintor tan nomeado.
6. Moito temestes a miña reacción.
7. Esta semana concluíron as obras do garaxe.
8. Conducín con moito tino por mor da neve.
9. Todas as noites metestes as ovellas na corte.
10. Os paxaros coméronme case todo o millo da veiga.
11. Ese lobo non trabou a ninguén.
12. Segundo as premisas, deduciu a conclusión.
13. Cando o collín coa man, escaldoume.

7. Poñer as frases seguintes en presente

1. A avoa sentiu moito as túas desgrazas.


2. A literatura galega rexurdiu no século XIX.
3. Eses pillabáns mentíronche descaradamente.
4. Buliches moito facendo os exercicios.
5. Feriron as perdices, mais non as colleron.
6. Axiña subiches as escadas ata o 3º andar.
7. Os cans fuxiron co rabo entre as pernas.
8. Agora servíchesme con moito agarimo.
9. Acudiron alí como as moscas ao mel.
10. Advertíronme das dificultades do proxecto.
11. Durmín moi a gusto escoitando caer a choiva.
12. Xa sei que tusiches para demostrar o teu desgusto.
13. Seguiches a cantar as mesmas cantigas.
14. Encubriron moi ben os feitos.
15. Mediu mal as distancias.
16. Os veciños non consentiron tales cousas.
17. A Amantia luciu un precioso pano bordado.
18. Nada conseguiron con eses argumentos.
19. Moito lle fundiu no traballo.
20. Perseguiches os mesmos obxectivos ca min.

8.- Cambiar as frases para a persoa indicada

1. Non damos rematado a tarefa a tempo. (el...)


2. Traedes todo o pedido? (eu...)
3. Destes moito que falar aquel verán. (eu...)
4. Demos en chorar como nunca se vira. (el...)

9. Completa coa forma de participio correspondente:

11
- Cando remates deixa todo ----------------------------- (recoller)
- Non darei -------------- (recoller) o cuarto a tempo.
- O galano viña --------------------- (envolver) en papel de prata.
- O galano foi --------------------- (envolver) pola dependenta da tenda)
- O mar ------------------ (calmar) parecía un espello
- Enfadouse moito e non se dá -------------------- (calmar)
- Tomás, ---------------- (nacer) no ano 1979, é o meu fillo máis vello.
- A rapaza non deu -------------------- (nacer) a tempo para que coñecese a súa bisavoa.

10. Utilizar o infinitivo persoal sempre que sexa posible

1. Despois de chegar, puxémonos a conversar un anaco.


2. Por non estudar nada, vas levar un suspenso.
3. Ao morrer nácese outra vez.
4. Para chegar a esa conclusión cumpriría ver novas probas, e que nos puxésemos a traballar en
serio.
5. De chegar a algo, non será polos esforzos que ti mesmo fas.
6. Ao decidir o futuro da empresa cometemos graves erros de apreciación comercial; ben nos
debiamos decatar de que a realidade era outra, e pór os alicerces dunha sociedade competitiva
nas novas tecnoloxías da información.
7. Sen realizar algunhas melloras na explotación nunca tiraredes grande rendibilidade; con facer a
estabulación libre e uns silos máis amplos, xa poderiades producir a bo prezo na S.A.T. Os
Parentes.
8. Decidimos facer unha longa viaxe aos Estados Unidos para ver o sitio onde caeron as Torres
Xemelgas no 2001 e apreciar as belezas da cidade; en caso de acharnos a gusto, prolongariamos
a estadía.
9. Entre saír nós e chegar ti non pasou unha hora.
10. Perderon unha boa cantidade de diñeiro ao rexeitar o premio por diferenzas coa Xunta.
11. Gustaríanos moito poder participar nesa competición atlética, facilmente puidésemos chegar á
final.
12. Por non estar na casa non che puidemos entregar os telegramas.
13. Xa ía sendo tempo de acabar a obra, aínda que, certamente, se che presentaron moitos
problemas.
14. Tras exporlle a cuestión, decidimos actuar, dese o seu consentimento ou non.
15. Non vos lembrades que a pouco de entrar comezou a orquestra a tocar e xa vos puxestes a
bailar?
16. Con motivo de saír as listas de aprobados demos unha pequena festa.
17. Ao demostrarlles eu e mais ela que a solución non era esa, puxéronse furiosos, mais non tiveron
outro remedio que darche a razón.
18. De encontrar petróleo nas túas terras, converteraste nunha das máis ricas da aldea.
19. Non lle contes o segredo ata marchar.
20. Despois de reincorporarnos ao traballo teremos que revisar o feito polos substitutos.

11. Transformar as frases utilizando o infinitivo persoal


Por exemplo, cando saímos, chovía: ao saírmos chovía; se o soubeses, contaríalo: de o saberes,
contaríalo

1. Despois de que marchases, púxose a recitar.

12
2. Así que llelo contamos, desfacíanse en gargalladas.
3. Cando o sacaron do coche en chamas, xa era demasiado tarde.
4. Cómpre que andedes máis lixeiros para que cheguedes con tempo.
5. Nesta piscina fai falta que saibades nadar.
6. Non é necesario que vos mergulledes ata o fondo.
7. Non estaría mal que colleses o primeiro tren para Ourense.
8. Se foses un bo fillo, faríasme moitos presentes.
9. Se os indios fosen sempre os bos, esas películas veríanse menos en USA.
10. Como non vendamos os electrodomésticos, non teremos nin para comer.

12. Sinalar as perífrases verbais e indicar o seu valor

1. Vou deixar o coche no aparcadoiro, que onte houbéronmo roubar; xa tiña a fechadura un pouco
forzada. Cando acabe de pagar a casa, hei de mercar unha praza de garaxe porque quero durmir
tranquilo e non ter que andar con preocupacións.

2. Este mes andan a recoller os pexegos. Segundo a televisión, está para mudar o tempo e hai que darse
présa.

3. Debe vivir aquí un gaiteiro. Sempre está ensaiando e deberías chamarlle a atención para que non
volva a tocar a esas horas da noite.

4. A miña curmá anda para ter un neno. Non ficaba embarazada desde que se puxo a traballar na tenda,
e agora volverá pedir a baixa.

5. Puido morrer no accidente e desde entón deu en beber como unha esponxa. Como non deixe de
visitar tanto os bares vai acabar con cirrose.

6. Cando rompa a ferver a auga, bótalle as nabizas, que xa han estar medio cocidas noutra pota;
báixaslle o lume e, cando remate de ferver, tornas a botarlle máis auga.

7. Boteime a correr detrás del, xa o estaba collendo cando escorreguei e houben caer.

8. Breixo segue sendo un lacazán; leva facendo que traballa moito tempo, porque di que non dá
atopado un oficio á súa medida.

9. Ti vai andando diante, que eu xa che levo camiñado moito e estou desfeito.

10. Andas dicindo por aí moitas falsidades. Estás a xogar con pólvora e vaste queimar. Xa sei que non
dás controlado, mais iso non é desculpa.

11. En negocios peores me vin eu metido e sempre saín ben librado. Teño feito algún cambio con el e
sempre fiquei satisfeito.

12. Anda levado do demo porque ten que facer a declaración da renda e este ano vai pagar o dobre do
pasado.

13. Han ser uns vinte. A Uxía tamén quería vir mais non pode porque aínda non acabou de arranxar a
horta.

13
14. Xa vai dito case todo o que tiña preparado. Así que non me vou pór a comezar novos capítulos.

15. Principiou a chover e non deixou de caer auga ata á noite. Debían ser as sete e aínda estaba a
decembrar.

14

You might also like