Download as odt, pdf, or txt
Download as odt, pdf, or txt
You are on page 1of 2

OS ECOSISTEMAS

Un ecosistema é un conxunto de seres vivos que habitan nun lugar, onde se relacionan
entre eles, e o medio físico en que viven.
Ejemplo: un deserto é un ecosistema formado pola area, as rochas, o aire, todos os
seres vivos que viven nel, e as relacións que establecen entre todos eles e o medio en
que viven.
A ecosfera é o conxunto formado por todos os ecosistemas da Terra.

Elementos dun ecosistema:

➢ Medio físico formado polos compoñentes non vivos dun ecosistema.


- Medios terrestres: temperatura, humidade, tipo de terreo e relevo.
- Medios acuáticos: cantidade de sales disoltos, a luz, as correntes, a temperatura e
o tipo de fondo.

➢ Seres vivos son os animais, as plantas e todos os demais seres vivos, como
algas, fungos e bacterias.

Biosfera é o conxunto de todos os seres vivos que viven na Terra.

Os seres vivos do ecosistema


– Especie.- Conxunto de organismos con características semellantes, que poden
reproducirse entre eles e ter unha descendencia capaz de reproducirse tamén.
Ex: especie canina; lobo, perro, zorro, chacal...
– Poboación.- Todos os individuos dunha especie que habitan nun ecosistema.
– Comunidade.- Conxunto de todas as poboacións.

Fauna.- Conxunto de animais.


Flora.- Conxunto de plantas.
A RELACIÓN ENTRE OS SERES VIVOS E O MEDIO FÍSICO
Hábitat.- Condicións ambientais que existen no lugar do ecosistema en que habita
unha especie.
Os seres vivos están adaptados ao medio en que habitan, por exemplo, no deserto
poden vivir poucas plantas e poucos animais, só os que están adaptados as altas
temperaturas e a subsistir en terreos pouco fértiles e case sen auga, como os cactos
e as serpes do deserto.
Os seres vivos transforman o medio, por exemplo, moitos animais, como as miñocas e
as toupas, escavan galerías na terra e con esta acción contribúen a aireala e
transformala. Tamén hai animais que constrúen grandes estruturas, coma os pólipos de
coral que crean grandes arrecifes, o maior deles é a gran barreira de coral australiana
(2.600 km).

As relacións de alimentación
Tipos de seres vivos segundo a alimentación:

➔ Produtores: seres vivos que fabrican o seu propio alimento: plantas e algas.
➔ Consumidores: os animais non poden fabricar o seu propio alimento, conségueno
dos seres vivos que se alimentan. Hai vario tipos:
- Consumidores primarios son os hervíboros: os saltóns e os coellos
aliméntanse de plantas.
- Consumidores secundarios son os animais carnívoros que se alimentan
doutros animais: lobos, arañas....
➔ Preeiros: son animais que se alimentan dos cadáveres doutros animais: voitres..
➔ Descompoñedores: microorganismos e fungos que se alimentan de restos
doutros seres vivos, como a follaxe.

As cadeas alimentarias
Son esquemas donde se representan as relacións de alimentación entre os seres vivos
dun ecosistema.

As redes alimentarias
Son unha representación das distintas cadeas alimentarias que se establecen nun
ecosistema.

You might also like