Download as pdf or txt
Download as pdf or txt
You are on page 1of 7

Manuel Lugrís Freire

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Manuel Lugrís Freire, nado en Sada o 11 de febreiro


de 1863[1] e finado na Coruña o 15 de febreiro de Manuel Lugrís Freire
1940, foi un poeta, ensaísta e dramaturgo galeguista,
un dos principais animadores da política e da cultura
galegas de principios do século XX.[2] Fundou o
primeiro periódico americano redactado en lingua
galega. Foi director ou cofundador da Escola Rexional
de Declamación, da Real Academia Galega, do
sindicato Solidaridad Gallega, das Irmandades da Fala
e do Partido Galeguista e membro do Seminario de
Estudos Galegos. Foi pai do pintor Urbano Lugrís
González. En 2006 dedicóuselle o Día das Letras
Galegas.

Índice
Traxectoria
Obra
Ensaio Retrato en Vida Gallega, 1934
Narrativa
Nacemento 11 de febreiro de 1863
Teatro
Sada, A Coruña
Poesía
Falecemento 15 de febreiro de 1940 (77 anos)
Galería de imaxes
A Coruña
Notas
Soterrado Cemiterio de Santo Amaro da
Véxase tamén
Coruña
Bibliografía
Outros artigos Nacionalidade España

Ligazóns externas Ocupación escritor, político e autor


Cónxuxe Concepción Orta Iglesias(1896-1898)
Pura González Varela(1902- )
Traxectoria Fillos 6 (Socorro; Pilar; Urbano…)

Foi fillo de Manuel Lugrís e Socorro Freire. O pai de Xéneros Poesía, novela, teatro
Manuel tiña un almacén de sal no porto, pero
perdeuno por problemas administrativos, polo que
axiña chegaron as dificultades económicas. Así, ao
rematar os estudos primarios, Manuel viuse obrigado a
estudar para escribán no concello de Oleiros, ata onde
[ editar datos en Wikidata ]
ía andando dende a súa casa en Soñeiro. É daquela
cando escribe "Nociones generales de mitología".[3]
Emigrou a Cuba aos vinte anos (1883), chamado polo seu irmán maior Plácido, entre as guerras. Alí traballou
como contable na firma Otamendi Amiel, formou parte do Centro Galego dende 1884 e foi o director (e
fundador) do primeiro xornal americano editado integramente en lingua galega, A Gaita Gallega (1885-1889),
tras colaborar con El Eco de Galicia de Waldo Álvarez Insua, no que a súa primeira colaboración fora un
poema intitulado "Nostalxia". A declaración de principios aparece no seu artigo "O noso pensamento". N´A
Gaita Gallega colaborou durante as primeiras seis entregas pero, pelexado con Ramón Armada Teixeiro,
deixouna. Foi un dos fundadores de La Tierra Gallega. Foi tamén vogal da xunta directiva do Centro Gallego
de La Habana. En Cuba publicou Soidades (poesías prologadas por Manuel Curros Enríquez), a novela curta
O penedo do crime e A costureira da aldea, obra de teatro costumista que tamén se representou. Escribiu
tamén a obriña De Galicia a Lavapiés, en resposta a unha obra que pretendía ridiculizar os galegos.

Volveu a Galiza en 1896 acompañado da cubana de ascendencia española Concepción Orta Iglesias,
instalouse na Coruña e continuou o seu labor literario, mentres que seguía empregándose como contábel.
Ingresou na Sociedad Anónima Aguas de La Coruña, da que foi socio accionista e primeiro empregado.
Relacionouse cos rexionalistas coruñeses, tomando parte en todas as actividades galeguistas do momento,
como a Cova Céltica, xunto con Murguía, Pondal e outros. En 1897 entrou na directiva da Liga Gallega da
Cruña, presidida por Salvador Golpe, como secretario.

En 1898 naceu a súa filla Socorro e morreu a súa muller, o que lle
causou unha forte depresión. En 1901 publicou Noitebras, libro de
poemas na que mestura pesimismo persoal e composicións de
intención social e mítica. Ao ano seguinte casou con Purificación
González Varela, irmá do pintor e escritor rexionalista Urbano
González, coa que tería cinco fillos.

Pulou pola creación da Escola Rexional de Declamación (1903), que


fundou con Galo Salinas e foi presidente dela. Tivo como especial
preocupación a de fornecer de textos á nova entidade, teimando retirar
Lugrís e Concepción Orta.
a literatura galega do costumismo predominante. Todos os seus textos
teñen unha carga reivindicativa forte. A Escola presentouse cunha
peza de Galo Salinas e, durante o ano que durou, a totalidade das
montaxes foron sobre obras do propio Lugrís Freire: A Ponte (1903), Minia (1904) e Mareiras (1904). Lugrís
Freire foi o primeiro autor teatral galego en utilizar a prosa. É tamén o máximo representante do teatro social
ou de tese.

En 1904 participou na fundación da Asociación da Prensa de Coruña e en 1906 da Real Academia Galega.
Lugrís Freire foi o primeiro en utilizar o galego nun mitin: foi o 6 de outubro de 1907 en Betanzos, nun acto
do sindicato Solidaridad Gallega, do que tamén fora fundador, publicándose o discurso o día 19 de outubro
dese mes no xornal A Nosa Terra[4]. Participou noutros moitos actos públicos na comarca da Coruña e tivo un
destacado papel dentro da masonería galega. En 1908 pasou a ser membro do Consello Redactor d´A Nosa
Terra, publicación na que aparecerían desde o primeiro número (4 de agosto) unha serie de contos populares
baixo o título xenérico de A carón do lar.

Abandonado o teatro, retomou a poesía e escribiu tamén numerosos relatos curtos, que reuniu en 1909 en
Contos de Asieumedre.

En 1916 participou na creación da Irmandade da Fala da Coruña. En 1919, como suplemento do periódico El
Noroeste, publicou Versos de loita, pero o seu mellor libro poético foi Ardencias (1927), que está dedicado á
xuventude galega.
En 1922 publicou unha Gramática do idioma galego,[6]
seguidora da Gramática de Saco y Arce, pero a primeira
nesta lingua, e ao ano seguinte ingresou como socio
correspondente no Seminario de Estudos Galegos cun
discurso sobre Pondal. O 5 de maio de 1924 foi nomeado
fillo predilecto de Sada.

En 1930 participou na elaboración do programa do


Partido Autonomista Republicano Agrario para a Irmandade da Fala en Pontedeume, 1919.[5]
campaña electoral e na constitución da Federación
Republicana Gallega. Neste ano tamén se lle dedicou
unha rúa na súa vila natal. En maio do ano seguinte, participou na redacción do Anteproyeito de Estatuto da
Galiza promovido polo Seminario de Estudos Galegos e en decembro na redacción dos estatutos do Partido
Galeguista. En 1932, xunto con Alexandre Bóveda, redactou o anteproxecto definitivo do Estatuto, por
encarga da Asemblea de Municipios de Galicia.

O 28 de abril de 1934 foi nomeado presidente da Real


Academia Galega, mais renunciou o 20 de agosto do ano
seguinte por problemas de saúde. Pouco antes participara
como orador no acto de inauguración do monumento a
Manuel Curros Enríquez na Coruña, xunto do presidente
da República Española, Niceto Alcalá-Zamora. Tamén
foi nomeado socio de mérito do Instituto Histórico do
Minho, de Viana do Castelo.

O seu labor xornalístico foi tamén extenso. Asinou cons


pseudónimos de Asieumedre, L.U. Gris, K. Ñoto e Ingreso de Pedrayo na RAG, 1929. Con Lugrís;
Roque das Mariñas. Eladio Rodríguez; Estrada Catoyra; Carré; Risco…

Lugrís Freire morreu na Coruña ao ano de finalizar a


Guerra civil española, no medio da persecución da actividade galeguista e o drama de ver dous fillos en
bandos distintos da guerra, debido ás circunstancias: Secundino no Quinto Rexemento en Madrid e Urbano
Lugrís, que logo destacaría como pintor, recrutado polo bando nacional. Está enterrado no Cemiterio de Santo
Amaro da Coruña.

O Día das Letras Galegas de 2006 estivo dedicado a Manuel Lugrís Freire.

Obra

Ensaio
Nociones generales de mitología, 1880.[3]
Gramática do idioma galego, 1922 e 1931.[6]
As Mariñas de Sada: homenaxe a Sociedade Sada y sus Contornos, 1928

Narrativa
Contos de Asieumedre, 1908 (8 contos) , 1909 (28 contos)
A carón do lar, contos, 1970, Edicións Castrelos.
Teatro
A costureira d´aldea, 1884, La Habana.[9]
A ponte: drama en dous actos en prosa, 1903.
Mareiras: drama en tres actos en prosa, 1904.
Minia: drama n-un acto en prosa, 1904.
Imprenta y fotograbado de Ferrer.
Esclavitú: drama en dous actos en prosa, 1906,
Editado por Carré. Impreso por Ferrer.
O pazo: comedia en dous actos, en prosa,
1916.
Foto de grupo, en Lugo, o 19 de xuño de 1932.[7]
Estadeíña: comedia en dúas xornadas en
prosa, 1919.

Poesía
Soidades: versos en gallego, 1894.[10]
Noitegras: poesías, 1901.
Versos de loita, 1919.
Ardencias, 1927.

Galería de imaxes Recepción de Castelao na RAG en 1934.[8]

Manuel Lugrís Freire.

Manuel Lugrís Freire.


Gramática do idioma
galego, 2ª ed., A Cruña,
Imprenta Moret, 1931.

Purificación González
Varela, segunda muller de
Lugrís.

Sepultura de Lugrís no
Cemiterio de Santo
Amaro.

Notas
1. En Xabier Campos Villar: A obra narrativa en galego de Manuel Lugrís Freire, px. 9, figura
coma data de nacemento o día 12, mais trátase dun erro, xa que nese día foi bautizado, tendo
nacido o anterior, coma figura nos libros parroquiais
2. Dicionario biográfico de Galicia.
3. Lugrís Rodríguez, Manuel "Biografía de Manuel Lugrís Freire". Boletín RAG n.º 367. p. 60 (htt
p://academia.gal/imaxin-boletins-web/paxinas.do;jsessionid=E875B309FD03EEA03253696EF
4C0ADC5?id=3446&d-447263-p=2)
4. Primeiro discurso político en galego (http://academia.gal/novas/-/asset_publisher/E4jf/content/p
rimeiro-discurso-politico-en-galego) 5/10/2012. RAG.
5. Xosé A. Fraga Vázquez (6/1/2016). "O galego, tamén idioma da ciencia". Praza Pública.
6. Facsímile da Gramática do idioma galego (http://consellodacultura.gal/publicacion.php?id=12
0) Consello da Cultura Galega.
7. Nesta fotografía aparecen, entre outros: Ramón Villar Ponte, Fernández del Riego, Antón Villar
Ponte, Plácido Castro, Otero Pedrayo, Ramón Rodríguez Somoza, Manuel Beiras, Manuel
Lugrís, Castelao, Suárez Picallo, Carlos Maside e Alexandre Bóveda.[1] (http://academia.gal/novas/
-/asset_publisher/E4jf/content/primeiro-discurso-politico-en-galego)

8. De pé, de esquerda a dereita: Sebastián González, Eladio Rodríguez González, Enrique


Peinador, Gonzalo López Abente, Purificación González Varela (muller de Lugrís), Celia
Brañas, Otero Pedrayo, David Fernández Diéguez, Ángel del Castillo e Fernando Cortés
Bugía. Sentados: Fernando Martínez Morás, Castelao, Lugrís, Antón Villar Ponte e Félix
Estrada Catoyra.
9. A costureira d'aldea (https://www.academia.edu/31008883/A_costureira_daldea_de_Manuel_L
ugr%C3%ADs_Freire_2006_?source=swp_share)
10. Lugrís Freire, Manuel (1894). Soidades. Prólogo de M. Curros Enríquez. Habana: [s.n.]. En
Galiciana. Biblioteca de Galicia

Véxase tamén

Bibliografía
pp. 261–262.
Boletín da Real Academia Galega n.º 367 (ht
tp://academia.gal/documents/10157/30509/B "Lugrís Freire, Manuel". Diciopedia do
século 21 2. Do Cumio, Galaxia e do Castro.
RAG_367.pdf) 2006: Inclúe:
2006. p. 1259. ISBN 978-84-8288-942-9.
Luís Alonso Girgado e María Vilariño "Lugrís Freire, Manuel". Enciclopedia
Suárez: "Manuel Lugrís Freire (1863- Galega Universal 11. Ir Indo. 1999-2002.
1940), xornalista". p. 292. ISBN 84-7680-288-9.
Ernesto González Seoane: "A gramática
de Lugrís na tradición lingüística galega". CAMPOS VILLAR, XABIER (2011). Dicionario
Xabier Campos Villar: "Aproximación á Manuel Lugrís Freire. TresCtres.
narrativa de Lugrís Freire". ISBN 9788493489007.
Manuel Lugrís Rodríguez: "Biografía de CAMPOS VILLAR, XABIER (2006). Lugrís Freire.
Manuel Lugrís Freire". Unha biografía. Galaxia.
Iolanda Ogando: "Palabra, construción e ISBN 9788482889016.
transmisión. O teatro de Manuel Lugrís
Freire" CAMPOS VILLAR, XABIER (2000). A obra narrativa
Laura Tato Fontaíña: "Manuel Lugrís en galego de Manuel Lugrís Freire (http://des
Freire no teatro galego". cargas.cervantesvirtual.com/servlet/SirveObr
as/12159172006988202976402/028776.pd
"Lugrís Freire, Manuel". Diccionario f?incr=1) CRPIH. ISBN 84-453-2935-9.
enciclopédico galego universal 39. LVdG. CARBALLO, R. (1975) [1963]. Historia da
2003-2004. p. 57. ISBN 84-7680-429-6. literatura galega contemporánea. Galaxia.
"Lugrís Freire, Manuel". Dicionario biográfico pp. 478–483. ISBN 84-7154-227-7.
de Galicia 2. Ir Indo Edicións. 2010-2011.
Couceiro Freijomil, A. (1952). "LUGRÍS ISBN 978-8497824316.
FREIRE, Manuel". Diccionario bio- PILLADO MAYOR, FRANCISCO (2006). Na outra
bibliográfico de escritores (en castelán) II. banda da ponte. Deputación da Coruña.
Santiago de Compostela: Bibliófilos ISBN 84-9812-028-4.
Gallegos. p. 346. RABUNHAL, HENRIQUE (2006). Manuel Lugrís
DOBARRO, XOSÉ MARÍA et al. (2005). "Lugrís Freire (http://www.culturagalega.org/lg3/novi
Freire". Gran Enciclopedia Galega (DVD). El dade.php?Cod_prdccn=817). Edicións A
Progreso. ISBN 84-87804-88-8. Nosa Terra. ISBN 84-8341-016-8.
FERNÁNDEZ COSTAS, XOSÉ MANUEL (2006). VILAVEDRA, D., ed. (1995). Diccionario da
Manuel Lugrís Freire. A fe na causa. Baía Literatura Galega I. Galaxia. pp. 355–356.
Edicións. ISBN 978-84-96526-36-5. ISBN 84-8288-019-5.
NICOLÁS, RAMÓN (2006). Manuel Lugrís Freire.
Vida e obra, Edicións Xerais de Galicia.

Outros artigos
Cova Céltica
Mitin das arengas
Urbano Lugrís González (fillo)

Ligazóns externas
"Figuras homenaxeadas" (http://academia.gal/figuras-hom Wikimedia Commons ten
enaxeadas/-/journal_content/56_INSTANCE_8klA/10157/1 máis contidos multimedia
4207) Real Academia Galega. na categoría: Manuel
Lugrís Freire
"Letras Galegas 2006" (http://www.usc.es/estaticos/bibliote
ca/Letras_Galegas_2006/index.htm) Universidade de Santiago de Compostela.
Biblioteca Virtual Galega (http://bvg.udc.es/LetrasGalegas2006/LetrasGalegas.html)
"Letras Galegas 2006" (http://www.culturagalega.org/especiais/letrasgalegas2006/) Consello
da Cultura Galega
"Lugrís Freire, Manuel" (http://literaturagalega.as-pg.gal/autoras-es/lugris-freire-manuel) na
páxina da AS-PG.
Predecesor: Sucesor:
presidente da RAG Manuel Casás Fernández
Eladio Rodríguez
1934-1935 (dende 1942)
González

Traído desde "https://gl.wikipedia.org/w/index.php?title=Manuel_Lugrís_Freire&oldid=5573385"

A última edición desta páxina foi o 30 de agosto de 2020 ás 20:29.

Todo o texto está dispoñible baixo a licenza Creative Commons recoñecemento compartir igual 3.0; pódense aplicar
termos adicionais. Consulte os termos de uso para obter máis información.
Wikipedia® é unha marca rexistrada da Wikimedia Foundation, Inc., unha organización sen fins lucrativos.

You might also like