Download as pdf or txt
Download as pdf or txt
You are on page 1of 99

Tema 1: Da Prehistoria a Hispania

Romana
Da Prehistoria aos pobos preromanos
Proceso de hominización
1. A prehistoria da península ibérica

1.1. O Paleolítico Ibérico

Economía predadora

Vivían da caza, prea, o carroñeo, a recolección de froitos e moluscos, e a pesca


Eran depredadores e nómades e fan utensilios de pedra tallada (técnica
de lascas)

Organización social elemental

Clan. Pequenos grupos que habitaban covas e dominaban o lume


Paleolítico Inferior (1.200.000-100.000 a.C.)

Homo antecessor
Xacemento de Atapuerca (Burgos)
Homo heidelbergensis

Ferramentas moi bastas: Pedras traballadas toscamente

Paleolítico Medio (100.000 -35.000 a.C.)

Homo neandertalensis Cova Negra (Xàtiva), Banyoles (Girona)…

Coñeceu o lume e practicou ritos funerarios

Paleolítico Superior (40.000-5.000 a.C.)

Homo sapiens sapiens

Emprego de novos materiais coma ósos, hastas, cunchas mariñas…e elabora instrumentos máis especializados
Cabana Niza 400.000 Cabana Niza 200.000

Cabana Pincevent 14.000


Raedeiras, anzós e arpóns
1.2. As sociedades neolíticas (5.000-2.500 a.C)
O Neolítico é unha etapa da Prehistoria que comeza cara o 8000 a.C. no Próximo Oriente, pero na península
parte máis tarde, dende o 5000 a.C..

Durante este período o ser humano é quen de producir os seus alimentos polo que pasamos dunha
economía cazadora-recolectora a outra de tipo agrogandeira grazas á selección de plantas e animais para
domesticalos, o que permite a sedentarización das comunidades humanas en poboados fixos abandonando o
nomadismo paleolítico.

Esta transformación da economía implicou un avance técnico importante:


• Pasamos da pedra tallada do paleolítico á pedra puída.
• Agricultura do trigo, cebada e leguminosas.
• Domesticación de gando caprino, bovino e porcino.
• Creación ferramentas e utensilios agrícolas: aixadas, muíños de man,recipientes para almacenar o
excedente dando pé á aparición da cerámica cardial (com cunchas de berberecho, o cardium edule)
• Xurdiu a actividade téxtil para elaborar os primeiros tecidos.
• Desenvolvemento de ritos funerarios: Megalitismo (finais do Neolítico)
Neolítico Inicial (5.000-3.500 a.C.), cos asentamentos realizados en covas na costa mediterránea.
- Cerámica cardial
Neolítico Pleno (3.500-2.500 a.C.), coa aparición de verdadeiros poboados: Cultura de Almería e Cultura
dos sepulcros de foxa (Cataluña)
Megalitismo
(finais do Neolítico até
Idade do Bronce)
Megalitismo

Mediterráneo
(Idade do
Bronce)
Megalitismo

Atlántico
Dolmen de Dombate
(Cabana de Bergantiños)
Dolmen
de
Axeitos
(Ribeira)
Anta Abuíme
(O Saviñao)
Lapa de Gargantás-Moraña
Pena Longa-Sober
Círculo Pequeno Mourela-As Pontes
Círculo Mourela-As Pontes
A Roda-Barreiros (Henge)
Prao das Chantas-Valadouro
1.3. As culturas dos metais(5.000-2.500 a.C)
Idade do Cobre ou Calcolítico
Proliferaron os monumentos megalíticos e apareceron os poboados amurallados, sendo importantes a
Cultura de Los Millares (Almería) e do vaso campaniforme

Idade do Bronce
Armas e orfebrería, destacando as cultuyras de El Argar (Almería) e dos Campos de Urnas (Val do Ebro e
Levante) e a megalítica das Baleares)

Idade do Ferro

Chegada dos primeiros pobos colonizadores (gregos, fenicios e cartaxineses)


Poboado da Idade do ferro
Petróglifos
Tapada do Monte, Anllo-Sober
Os Cótaros, Figueiroá-Sober
O Xestal-Sober
Mogor.Marín
Laxe dos Carballos-Campo Lameiro
Podomorfos-O Rosal
1.4. A arte rupestre
Arte rupestre cantábrica (Paleolítico Superior)
Motivación máxica ou religiosa e Predominio de figuras de animais
Altamira-Cantabria
El Castillo-Cantabria
Tito Bustillo-Asturies
Lekeitio-Euskadi
Eirós-Galicia
Arte rupestre levantina (Transición ao Neolítico)

-Dende Cataluña até Murcia


-Figuras humanas estilizadas
Valltorta Alboc-Castelló
Valltorta Alboc-Castelló
Cova da Araña-Valencia
Cantos de la Visera, Yeda, Murcia
2. Os pobos prerromanos indíxenas
Os pobos prerromanos peninsulares desenvolvéronse [dende o final da Idade do Bronce arredor do 1.200 a.C, até a
Idade do Ferro (século X/IX a.C.-218 a.C.) co comezo da ocupación romana], sobre un forte substrato indíxena do
Bronce final, onde se producen movementos de pobos célticos indoeuropeos cara a Península Ibérica e que tamén recibiron
influencias mediterráneas dos fenicios, gregos e cartaxinenses, que fundan encraves comerciais na costa (colonias).

2.1. Iberos, celtas e celtiberos.


Celtas Celtiberos Iberos
- Organizados en tribos con - Mesturaban elementos de ambas as -Conxunto de pobos sen unidade política
xerarquía económica e militar culturas -Sociedade tribal con xerarquía económica
- Linguas indoeuropeas - En zonas chas, agricultura cerealeira e militar.
- Sen escritura - Nas montañas, gandaría. -Dedicábanse á agricultura, gandaría e
- Destacada metalurxia e - Avanzada tecnoloxía comercio (moedas).
ourivaría armamentística. -Cidade-Estado, con predominio da
- Asentábanse en castros Rextraordinarios guerreiros Monarquía e nalgúns casos, unha oligarquía
- Dedicábanse á agricultura, -Relixión de gran eclecticismo (influencia
gandaría e marisqueo grega e púnica…)
-Relixión politeísta e animista -Coñecían a escritura
-Arte xeométrica -Arte figurativa con predominio de
funcionalidade relixiosa ou funeraria
2.1. Os primeiros colonizadores mediterráneos
Os primeiros pobos colonizadores procedían do Mediterráneo oriental, motivados polas razóns
xeoestratéxicas, potencialidade económica (metais, aceite, esparto,sal…). Todos estableceron relacións de
tipo colonial

Fenicios (s. IX a.C)

Gregos (s.VIII a.C)

Cartaxineses (s.VI a.C)


Colonizacións Gregas e Fenicias
Posesións Cartaxinesas 270 a.C.
2.3. Tartesos.
Cultura xa desaparecidas cando iniciaron a conquista os romanos.
2.4. Vascóns.
Os vascóns (ou tamén en latín gens
vasconum - pobo dos vascóns) foron
un pobo da Idade Antiga cuxo
territorio abranguía en tempos dos
romanos dende o alto val do río Ebro
e a vertente peninsular dos Pireneos
occidentais, a rexión que se
corresponde na época contemporánea
coa práctica totalidade de Navarra e
áreas do noroeste de Aragón e nordés
de A Rioxa.
Limitaba, por tanto, ao oeste cos
várdulos, ao sur cos berones, ao
sureste cos sedetanos, e ao leste cos
ilergetes, chegando a abarcar unha
pequeña parte do territorio várdulo
(entre Irún e Oyarzun), parte do
celtibérico (zona de Calahorra), todo o
suessetano (Cinco Villas) e todo o
xacetano (Canal de Berdun).
A Cultura Castrexa
A Cultura Galaica ou Castrexa podería definirse coma o conxunto de coñecementos materiais e ideolóxicos e de comportamentos que
caracterizan á sociedade humana que habita nos castros, como poboados ou asentamentos xeralmente ben defendidos que definen esta Cultura.
Sabemos dela a través das informacións que nos dan a arqueoloxía, a epigrafía, as fontes escritas ou textuais e tamén, dalgún xeito, a etnografía.

Desenvolveuse durante a Idade do Ferro sobre un forte substrato indíxena da etapa final da Idade do Bronce, coa conxunción dos trazos
propios do Noroeste precastrexo coas influencias culturais centroeuropeas (de raíz céltica nalgúns aspectos como a lingua), atlánticas e tamén
mediterráneas.

Coincidiría todo isto cun período cismático subatlántico, caracterizado por un aumento da temperatura e da humidade que provocaría a
expansión das zonas boscosas e húmidas, abrigando en certo modo ós primeiros castrexos a estenderse e asentarse en poboados situados nas
zonas altas e ben protexidas: os castros.

A primeira ocupación dos castros habería que buscala, pois, no final da Idade do Bronce, entre os séculos VII e VI a.C.

A súa área de extensión e de influencia chega aos ríos Navia e Túa polo Leste e ó Douro polo Sur, e dentro dela pódense localizar nun mapa
algúns castros de época prerromana e romana escavados total ou parcialmente desde hai décadas ou en tempos máis recentes.

Cronoloxicamente, a Cultura Castrexa propiamente dita vai desde o século VI ou V antes de Cristo ata o cambio de Era ou ata mediados do
século I d.C. aproximadamente.

A Cultura dos Castros perdura e segue a evoluir despois da integración da Gallaecia dentro no Imperio Romano, converténdose na chamada
Cultura Galaico-romana.
CUESTIÓNS TEÓRICAS

1.O Neolítico: características e cambios con respecto á época Paleolítica


(cambios económicos, sociais e culturais).

2.Os pobos prerromanos da Península Ibérica (pobos do sur e do levante,


meseteños e do occidente peninsular)

VOCABULARIO

ECONOMÍA PREDADORA:

MEGALITISMO:

CASTRO:
1. O NEOLÍTICO: CARACTERÍSTICAS E CAMBIOS CON RESPECTO Á ÉPOCA PALEOLÍTICA (cambios
económicos, sociais e culturais)

• Definición de Neolítico e Paleolítico


• Cronoloxía Neolítico inicios do VI milenio a.C
• Procedencia influencias de Oriente Próximo
• Contrastar os cambios com respecto ao Paleolítico
- Económicos: introdución da economía produtora fronte a economía predadora*
-Sociais: fronte ao nomadismo do Paleolítico, o sedentarismo e especialización das tarefas e, como consecuencia, a
estratificación social.
-Técnicos: ferramentas coa nova técnica do pulido, fronte as do Paleolítico. Ademais créanse novas ferramentas e
utensilios.
-Culturais: a necesidade de contar con boas colleitas orixina o nacemento do culto ás forzas da natureza e con iso as
primeiras formas de relixión. O sedentarismo fai que os mortos permanezan xunto aos vivos, aparecendo outra forma de
carácter relixioso, o culto aos defuntos.
A rapina e a guerra tamén teñen a súa orixe nesta época polo desexo de arrebatar aos veciños os seus bens.
-Artisticos
-Relixiosos
-Megalitismo
2. OS POBOS PRERROMANOS NA PENÍNSULA IBÉRICA (pobos do sur e do levante, meseteños e do occidente
peninsular)
- Concepto de pobos prerromanos, non sería correcto incluír pobos e culturas xa desaparecidas ao iniciaren a conquista os
romanos, caso de Tartessos.
-Cronoloxía dos pobos prerromanos peninsulares desenvolvéronse
- Influencias mediterráneas).
• Pobos do levante e do sur (IBEROS):
• Pobos da Meseta (CELTIBEROS)
• Pobos do norte e do occidente (CELTAS): Cultura castrexa- Outros pobos: Vascóns
ECONOMÍA PREDADORA:
A economía predadora é un tipo de actividade económica típica do paleolítico que utiliza o que a natureza crea.
Sustentábanse da caza e a recolleita de froitos silvestres, raíces, larvas, ovos e crustáceos. As mulleres dedicáronse á
recolección e os homes á caza de diversos animais como mamuts, cabalos, cervos, bisontes, touros. As ferramentas
que empregaban estaban relacionados coas tarefas de subsistencia e eran cada vez máis pequenos e preparados.
Estaban feitos principalmente de pedra ( silex), de madeira ou óso.
MEGALITISMO:
O megalitismo (mega=“grande” e lithos =“pedra”), é un fenómeno construtivo caracterizado por construír con
grandes pedras (aínda que tamén se empregan laxas e pequenas pedras), monumentos arquitectónicos xa sexa con
finalidade funeraria, de culto ou ritual. Este hábito pervive cronoloxicamente durante o Neolítico e a idade do
Bronce, aproximadamente dende o V milenio a.C. (época das súas máis temperás manifestacións) ata o II milenio a.
C., aínda que con perduracións e reutilizacións que chegan case ata o I milenio. Na Península atopamos o dolmen,
menhir, cromlech e o sepulcro de corredor com falsa cúpula ou tholos. Nas Illas Baleares os talaiots, navetas e
taulas.
CASTRO:
Poboado fortificado (murallas, parapetos, terrapléns, foxos) prerromano no que se asentaron poboacións indíxenas
na Meseta norte e no noroeste peninsular, onde da nome á cultura castrexa. Son moi numerosos os conservados na
actual Galicia, caracterizados pola súa planta redondeada e un urbanismo irregular no que as construcións,
especialmente as vivendas, teñen tamén formas redondeadas. Os castros poden ocupar cumios de outeiros, ladeiras
de montañas, penínsulas ou estar situados en zonas chairas. Os máis antigos datan da Idade do Bronce, aínda que
alcanzaron o máximo desenvolvemento na Idade do Ferro e algúns deles perduraron ata a Idade Media.

You might also like