Download as pdf or txt
Download as pdf or txt
You are on page 1of 2

Le previamente as notas sobre a colocación do pronome e realiza o

seguinte exercicio. Ten en conta que ao engadir o pronome o verbo pode


mudar.

NOS CASOS DE INFINITIVOS E PERÍFRASES VERBAIS HAI


VARIAS POSIBILIDADES DE COLOCACIÓN DO PRONOME

MARCO EN AZUL A PALABRA QUE FAI ANTECEDER O


PRONOME

Os candidatos presentaranse provistos do DNI. (SE)

Despois de redactala a presidenta asinaraa. (A + A) / Despois de a redactar a presidenta


asinaraa.

O informe xa consta no expediente. Hoxe presentaréillelo ás entidades colaboradoras.


(LLES + O) LLES + O = LLELO / LLE + O = LLO

En canto ás propostas de resolución, as persoas encargadas da súa tramitación deberanas


asinar e remitilas ao órgano correspondente que deba emitir a resolución. (AS + AS) /
deberán asinalas e remitilas / deberanas asinar e remitir

Ou lle mandas un correo electrónico ou vos reunides. (LLE + VOS) COA


PARTÍCULA “OU” O NORMAL É QUE O PRONOME ANTECEDA O VERBO
DADO QUE SE EMPREGA UNHA ENTOACIÓN PARTICULAR PERO
DEPENDE DE CADA CASO

Non se admitirán as solicitudes que non estean asinadas. (SE)

Non se requiría o DNI pero presentouno igual. (SE + O) PRESENTOU + O =


PRESENTOUNO

Non lle concederon a subvención porque se esgotou o crédito. (LLE + SE)

Se se simplifica a tramitación dos expedientes estes resolveranse en menos tempo. (SE


+ SE)

Será preciso que os inspectores e inspectoras lle envíen un informe do traballo realizado
ao persoal que supervise os seus labores. (LLE)

O conselleiro coidou que se precisaba facer unha redistribución de efectivos. (SE)

Aínda que non se inclúa na proposta de resolución, haberá que indicar na notificación os
prazos para interpor recurso. (SE)

Quizais nas vindeiras convocatorias se realizará a tramitación de forma telemática. (SE)

Ninguén se poderá presentar ás probas se non cumpre os requisitos. (SE)


Orde pola que se establecen as bases reguladoras das axudas para a mellora da
eficiencia e sustentabilidade das explotacións agrarias. (SE)

Quen se presente á entrevista persoal deberá cubrir previamente un cuestionario. (SE)

Cando se redacte un escrito terase en conta a quen vai dirixido. (SE + SE)

Canto tempo nos tiveron esperando para facer a entrevista persoal! (NOS)
EXCLAMATIVA

Xa se realizou unha xornada informativa sobre o teletraballo. (SE)

Tamén se van pór en marcha proxectos para apoiar as pemes galegas. (SE)

Sempre que se presenta un proxecto cómpre xustificar a súa viabilidade económica.


(SE)

You might also like