Download as pdf or txt
Download as pdf or txt
You are on page 1of 3

Resumo: “Sistemas de ecuacións lineais”

 Ecuacións Lineais: Unha ecuación lineal con n incógnitas, é unha expresión da forma:
𝑎1 𝑥1 + 𝑎2 𝑥2 + ⋯ . +𝑎𝑛 𝑥𝑛 = 𝑏
Solución: conxunto de valores que, ao substituílos no lugar das incógnitas converten a ecuación nunha igualdade numérica verdadeira.

 Sistemas de Ecuacións Lineais. Expresión matricial


Un sistema lineal de m ecuacións con n incógnitas é un conxunto formado por m ecuacións lineais con n incógnitas e escríbese da
seguinte forma:
Sistema Expresión Matricial
𝑎11 𝑥1 + 𝑎12 𝑥2 + ⋯ + 𝑎1𝑛 𝑥𝑛 = 𝑏1 𝑎11 12 … 𝑎1𝑛
𝑎 𝑥1 𝑏1
𝑎21 𝑥1 + 𝑎22 𝑥2 + ⋯ + 𝑎2𝑛 𝑥𝑛 = 𝑏2 𝑎21 𝑎22 … 𝑎2𝑛 𝑥2 𝑏2
{ ⇔ ( … ) ∙ (…) = ( ) ⇔ 𝐴 ∙ 𝑋 = 𝐵
…. …
𝑎𝑚1 𝑥1 + 𝑎𝑚2 𝑥2 + ⋯ + 𝑎𝑚𝑛 𝑥𝑛 = 𝑏𝑚 𝑎𝑚1 𝑎𝑚2 … 𝑎𝑚𝑛 𝑥𝑛 𝑏𝑚

Solución: valores das incógnitas que converten a todas as ecuacións do sistema en identidades numéricas verdadeiras.
Discutir un sistema é determinar o número de solución.
Resolver un sistema é atopar a súa solución ou solucións.

𝑎11 𝑎12 … 𝑎1𝑛 𝑏1


𝑎 𝑎 … 𝑎2𝑛 𝑏2
Matriz ampliada 𝐴̅ = ( 21 22 )

𝑎𝑚1 𝑎𝑚2 … 𝑎𝑚𝑛 𝑏𝑚

o Sistemas Equivalentes: Dous sistemas son equivalentes se tendo o mesmo número de incógnitas(o número de ecuacións
pode ser distinto), teñen a mesma solución. As seguintes tranformacións son axeitadas:
 Cambiar a orde das ecuacións.
 Multiplicar ou dividir os dous membros dunha ecuación por un número distinto de cero.
 Substituír unha ecuación pola súa suma con outras ecuacións multiplicadas por números distintos de cero.
 Suprimir unha das ecuacións do sistema que sexa combinación lineal doutras ecuacións do sistema.
o Clasificacións dos Sistemas Lineais:
Segundo os seus termos independentes:
 Homoxéneos: cando os termos independentes 𝑏𝑖 son todos nulos.
 Non homoxéneos: se algún dos termos independentes 𝑏𝑖 son distintos de cero.
Segundo as súas solucións os sistemas poden ser:
 Incompatibles, se non teñen solución.
 Compatibles, se teñen solución. Segundo o seu número de solucións os clasificaremos en:
 Determinados, unicamente unha solución.
 Indeterminados, infinitas solucións.

 Método de Gauss
Transforma a matriz do sistema nunha matriz graduada cos cambios axeitados. Unha vez obtida a matriz graduada asociada ao sistema
podemos encontrarnos coas seguintes situacións:
a) Se algunha das filas que quedan está formada por todo ceros excepto o termo independente, última columna da matriz, que é distinto
de cero, o sistema é incompatible e non ten solución.
b) Se non sucede o anterior o sistema é compatible, ten solución:
 Se o número de filas, non nulas, coinciden co número de incógnitas o sistema ten solución única. Sistema compatible
determinado.
 Se o número de filas, non nulas, é menor que o número de incógnitas o sistema ten infinitas solucións, que obteremos coa
axuda dos parámetros. Sistema compatible indeterminado.

 Método da matriz inversa


Sexa o sistema de n ecuacións con n incógnitas: 𝐴 ∙ 𝑋 = 𝐵.Se a matriz A ten determinante distinto de cero entón ten inversa: 𝑋 = 𝐴−1 ∙ 𝐵

 Sistemas lineais Homoxéneos


𝑎11 𝑥1 + 𝑎12 𝑥2 + ⋯ + 𝑎1𝑛 𝑥𝑛 =0
𝑎21 𝑥1 + 𝑎22 𝑥2 + ⋯ + 𝑎2𝑛 𝑥𝑛 =0
Un sistema lineal é homoxéneo se todos os termos independentes son cero: … + … + … + … =0
𝑎𝑚1 𝑥1 + 𝑎𝑚2 𝑥2 + ⋯ + 𝑎𝑚𝑛 𝑥𝑛 =0
{
Estes sistemas teñen a particularidade de que todos son compatibles, pois polo menos teñen como solución 𝑥1 = 0, 𝑥2 = 0, … , 𝑥𝑛 = 0,
chamada solución impropia ou trivial.
Ao discutir un sistema lineal homoxéneo de tres incógnitas polo método de Gauss pódense presentar os seguintes casos:
a) Se o número de ecuacións non triviais(é dicir, unha vez eliminadas as ecuacións da forma 0=0) é igual ao número de incógnitas a
solución é única: Sistema compatible determinado.
b) Se o número de ecuacións é menor que o número de incógnitas o sistema ten infinitas solucións: Sistema compatible indeterminado.

 Sistemas con parámetros


Se nun sistema algúns dos coeficientes das incógnitas ou termos independentes exprésanse mediante letras ou variables atopámonos
ante un sistema paramétrico. Como os parámetros poden tomar calquera valor real, atopámonos en realidade ante o estudo de infinitos
sistemas, un por cada valor do parámetro.
Discutir un sistema de ecuacións dependendo dun ou máis parámetros é identificar para que valores dos parámetros o sistema é
compatible, distinguindo os casos en que é determinado ou indeterminado. Neste caso trátase de estudar a compatibilidade ou non de
cada un dos sistemas que se obteñen ao substituír o parámetro por cada valor numérico.

 Problemas que se resolven formulando sistemas de ecuacións lineais


Para resolver un problema débense seguir os seguintes pasos:
 Lectura compresiva do problema e elección das incógnitas.
 Formulación: Traducir o enunciado a ecuacións.
 Resolución: Resolver o sistema.
 Discusión: Comprobar que a solución obtida cumpre as condicións do enunciado.

 Sistemas matriciais
Aos sistemas nos que as variables son matrices se lle chaman sistemas de ecuacións matriciais. Estes sistemas os resolveremos polos
mesmos métodos que os sistemas con coeficientes e variables reais.

You might also like