TEMA 3.proceso de Identificación..

You might also like

Download as pdf or txt
Download as pdf or txt
You are on page 1of 5

TEMA 3: O PROCESO DE IDENTIFICACIÓN E VALORACIÓN DAS NECESIDADES EDUCATIVAS ESPECIAIS DOS

ALUMMNOS E ALUMNAS E A SÚA RELACIÓN CO CURRICULUM. DECISIÓNS DE ESCOLARIZACIÓN. AVALIACIÓN DO


PROCESO EDUCATIVO E CRITERIOS DE PROMOCIÓN PARA ESTOS ALUMNOS

Boas o meu nome é ..... e vou pasar a relatar o tema 3 segundo o esquema seguinte:

- Introdución
- O proceso de identificación e valoración das necesidades educativas especiais dos alumnos/as e a súa relación co
currículo
- Decisións de escolarización
- A avaliación do proceso educativo
- Criterios de promoción destes alumnos
- Conclusións e valoracións finais
- Referencias bibliográficas

Gustaríame comezar a miña exposición cunha frase de GEORGE EVANS que di: “Todos os nenos poden aprender, só que non á
mesma vez, nin da mesma maneira”. Penso que isto resume o noso traballo como PT, xa que os nosos alumnos precisan que
adaptemos as súas respostas educativas ás súas características para obter o máximo desenvolvemento das súas capacidades.
Actualmente, vivimos nunha sociedade moi diversa, e como tal, así se reflexa nos nosos centros educativos. A atención á
diversidade recollido no Decreto 229/2011, polo que se regula a atención á diversidade do alumnado dos centros docentes, é o
conxunto de medidas e accións deseñadas coa finalidade de adecuar as respostas educativas ás diferentes características,
potencialidades, ritmos e estilos de aprendizaxe, motivacións e intereses e situacións sociais e culturais do alumnado. Así, é un
concepto que engloba a toda a comunidade educativa e que se concreta en medidas tanto organizativas como curriculares por
parte do centro, prestando especial atención no alumnado con Necesidades Específicas de Apoio Educativo (NEAE), definido no
mesmo decreto como aquel que require de maneira temporal ou permanente axudas ou previsións educativas diferentes ás
ordinarias, por presentar necesidades educativas especiais, por dificultades específicas de aprendizaxe, por altas capacidades
intelectuais, por incorporación tardía ao sistema educativo ou por condicións persoais ou de historia escolar. A Lei Orgánica
8/2013 para a mellora da calidade educativa, engade a este conxunto o alumnado con TDAH. Este concepto de NEAE foi
introducido na Lei Orgánica 2/2006 de Educación; con anterioridade empregábase NEE, usado por primeira vez no Informe
Warnock de 1978 e posteriormente recollido no Libro Branco da Reforma Educativa de 1989.

Dito isto, citarei brevemente os puntos que tratarei na miña exposición. Comezarei facendo referencia ó proceso de identificación
e valoracións das NEE dos alumnos/as e a súa relación co currículo. Continuarei coas decisións de escolarización, logo pasarei á
avaliación do proceso educativo e criterios de promoción. Finalizarei a miña exposición cunhas reflexións persoais e valoracións,
ademais de referencias bibliográficas.

1. O proceso de identificación e valoración das NEE dos alumnos/as e a súa relación co currículo
A Atención Temperá, regulada no D. 69/1998, modificado parcialmente polo D. 183/2013, polo que se crea a Rede Galega
de Atención Temperá, é un conxunto de intervencións dirixidas á poboación infantil de 0 a 6 anos, á súa familia e entorno, e
ten por obxectivo dar resposta o antes posible ás necesidades que presentan os nenos/as con trastornos no desenvolvemento ou
en risco de padecelos, para facilitar o desenvolvemento da súa autonomía persoal e a inclusión social.

Ademais desta atención debemos facer unha avaliación inicial, que segundo o D.229/2911 constitúe un factor preventivo por
excelencia na atención á diversidade, en xeral, e na atención ao ANEAE en particular. Xa na Resolución 15/89 se recollía como
importante o papel do profesor-titor como primeiro detector das necesidades.

De igual importancia é a avaliación continua e final, onde se avalía o proceso educativo de cada alumno/a, destacando os
resultados acadados en función dos obxectivos propostos a partir da avaliación inicial. Esta avaliación debe ser o máis
individualizada posible, partindo sempre dos obxectivos concretos dese alumno/a, para analizar os seus avances
individualmente.

Os servizos de Orientación, onde nos incluímos como mestres de PT, son os encargados de asesorar á comunidade educativa nos
procesos de identificación das necesidades educativas do alumnado, na súa valoración, nas medidas educativas que cómpre
adoptar e na súa avaliación.

Ao proceso de identificación e valoración das NEE dos alumnos/as coñecémolo como APS, e está regulada tanto na O. do 31 de
outubro de 1996 pola que se regula a APS dos ANEE e se establece o procedemento e os criterios para a realización do ditame
de escolarización, coma no D.229/2011 definíndoa como: un proceso sistematizado de recollida, análise e valoración da
información relevante do alumno/a, do seu contexto escolar e familiar e doutros elementos que poidan intervir no seu proceso
de E-A. Terá por finalidade identificar as necesidades educativas que poida presentar o alumnado e poder fundamentar as
correspondentes propostas e decisións. É competencia da Xefatura do DO, pero conta coa colaboración, se é necesario, dos EOE.
Sempre se debe facer unha APS previa a un ditame de escolarización, como se recolle na O. do 27 de decembro de 2002 pola
que se establecen as condicións e criterios para a escolarización do ANEE e no D. 229/2011.

1
Os elementos que forman parte da APS son:
Desenvolvemento xeral: Desenvolvemento biolóxico, intelectual, psicomotor,socio-afectivo, habilidades
comunicativas, Escolarización anterior.
NCC: determinar os coñecementos do alumno en relación co currículo de referencia, respondendo a: Que
sabe o alumno? É preciso valorar todas as áreas do currículo así como o nivel de adquisición das
competencias clave, destacadas na O. ECD 65/2015, pola que se describen as relacións entre as
competencias, os contidos e os criterios de avaliación. As devanditas competencias son: competencia en
comunicación lingüística, competencia matemáticas e competencias básicas en ciencias e tecnoloxías,
VALORACIÓN DO
competencia dixital, aprender a aprender, competencias sociais e cívicas, sentido de iniciativa e espírito
ALUMNO
emprendedor e conciencia e expresións culturais.
Usaremos de guía os Decretos de cada etapa: EI: D. 330/09. EP: D. 105/14. ESO: D. 86/15
Estilo de aprendizaxe e motivación para aprender: responden a Como aprende o alumno/a?
Analizaremos: ubicación do alumno/a na aula, tipos de agrupamento que prefire (autónomo, parellas,
pequeno ou gran grupo…), ritmo de aprendizaxe, etc.
VALORACIÓN DA Valoración do contexto escolar: estilo de ensinanza do mestre, organización da aula, coordinación
CONTORNA DO entre centro e familias….
ALUMNO/A Valoración do contexto socio-familiar: grao de autonomía na casa, medio de comunicación que usa na
casa, estilo educativo dos pais, expectativas, recursos da vivenda, ...

Unha vez recadados e estudados os datos do alumno/a, recóllense nun Informe Psicopedagóxico, segundo se establece no D.
229/2011. Aquí debe figurar:

- A situación evolutiva e educativa do alumno/a,


- Concreción das súas NEE,
- Orientacións curriculares, 7
- Proposta de escolarización,
- Determinación das axudas necesarias,
- Proceso para a revisión
- e/ou actualización do informe e outras orientacións que se consideren oportunas.

Este informe axuntase ó expediente escolar do alumno, terá carácter confidencial e custodiase no DO. Ademais, seguindo este
Decreto, os pais deben estar informados dos resultados destas avaliacións e das medidas que o centro propón, ademais de ter
dereito á unha copia.

2. Decisións de escolarización para o ANEAE


Comezaremos polo Ditame de escolarización recollido no D. 229/2011, é un informe persoal dun alumno/a elaborado
polos Servizos de Orientación, que se realiza no caso de que se consideren necesarios recursos extraordinarios de atención
educativa ou ben unha modalidade de escolarización distinta, nas seguintes situacións:
▪ Alumnado de nova incorporación ao sistema educativo.
▪ Alumnado que comeza un novo tipo de ensinanzas.
▪ Alumnado para o cal se propón un cambio na súa modalidade de escolarización.
▪ Outras situacións de carácter excepcional que a Administración Educativa considere.

Este Ditame segundo a O. do 31 de Outubro de 1996 e o D. 229/2011, debe incluír, cando menos, os seguintes puntos:
▪ Conclusións da APS
▪ Orientacións sobre a proposta curricular axeitada e, de ser o caso, sobre os recursos materiais e persoais
necesarios
▪ Propostas de escolarización
▪ Opinión dos pais, nais, titores legais respecto da proposta.

A súa elaboración corresponde á Xefatura do DO do centro no que está escolarizado o alumno/a ou para o/a cal se solicita a
escolarización por primeira vez, quen poderá contar, de ser preciso, coa colaboración do EOE.
No caso de que o alumno/a cambie de centro escolar, pero dentro do mesmo tipo de ensinanzas, revisarase o último ditame de
escolarización e non será preciso elaborar un novo ditame, exceptuando que as circunstancias o requiran ou que o citado
traslado supoña un cambio na modalidade de escolarización. Esta elaboración ou revisión, corresponde a Xefatura do DO do
centro que recibe a solicitude de escolarización, que solicitará ao centro de procedencia, a través das respectivas direccións, a
información escrita que corresponda.
No caso de ser preciso modificar a modalidade de escolarización dun alumno/a ou cando as circunstancias especiais así o
aconsellen, ademais do Ditame de escolarización emitido polo centro correspondente, a Xefatura Territorial pode solicitar ao EOE
elaborar un ditame complementario ao emitido polo DO.

2
Así, os documentos precisos para a escolarización dun ANEAE son:

Ditame de escolarización
D
I Informe de Inspección Educativa.

R Resolución de Xefatura Territorial

Os pasos a seguir para a escolarización inicial dun ANEAE, segundo o recollido na O. do 31 de Outubro de 1996 e no D.
229/2011:

- Unha vez que os pais, nais, titores presentan a solicitude de admisión do alumno/a nun centro, ou no caso de que o alumno xa
estea escolarizado e considérese que necesita dunha APS, a dirección do centro, poñerá en coñecemento do DO a necesidade de
realizar dita avaliación.
- DO, unha vez realizada a APS pertinente coa colaboración das familias e, se é o caso, do profesorado, procederá a cubrir o ditame
de escolarización.
- Informará á familia dos resultados da APS, dos servizos educativos da zona e da proposta de escolarización, e incluirá na
documentación a opinión sobre a proposta firmada polos pais/nais ou titores.
- o DO traslada o ditame á IE, que eleva dito ditame, xunto co seu informe, ao xefe territorial, quen se encargará de notificaralle a
decisión tomada ao director do centro, que informará á familia e ao DO.

Debemos mencionar neste apartado as Modalidades de Escolarización para estes alumnos/as, guiándonos pola O. do 27 de
Decembro de 2002, que establece que, como norma xeral, o ANEE será escolarizado nos centros ordinarios. E seguindo as
condicións establecidas no D. 254/2012 e na O. do 12 de Marzo de 2013, modificada pola O. do 25 de Xaneiro de 2017,
referente á admisión, así reservase ata o final do prazo de matrícula un mínimo do 10% e un máximo do 15% dos postos
escolares por unidades para estes alumnos/as. Só se poderá recorrer a escolarización completa ou combinada en centros ou
unidades de EE naqueles casos nos que sexa imprescindible o emprego de recursos extraordinarios de difícil accesibilidade.
Completando esta idea, o D. 229/2011 establece que sempre se priorizará a escolarización do ANEAE nos centros ordinarios,
fronte ás unidades ou CEE.

Nós, como mestres de PT, somos un recurso humano fundamental nos centros educativos, de cara a atención do ANEAE, así
a Consellería, debe optimizar estes recursos, dotando aos centros de profesionais especializados, segundo o número de unidades
de cada centro e as necesidades detectadas. A proposta de organización da atención ao alumnado por parte do profesorado de
PT (ou AL) será realizado pola Xefatura do DO segundo os criterios recollidos na PXAD e coa participación do profesorado titor do
alumno/a e do propio PT/AL, se é o caso.

Citado isto, pasarei a falar das diferentes modalidades de escolarización, recollidas na O. do 27 de Decembro de 2002, e
no D. 229/2011:
a. ESCOLARIZACIÓN EN CENTROS ORDINARIOS: constitúen o referente básico para os efectos de escolarización. Na EI o
ANEAE escolarízase en centros ordinarios, e tan só en unidades ou CEE en casos moi excepcionais e debidamente
xustificados. Cando un alumno/a se incorpora á 2ºciclo de EI, o mestre-titor realiza unha avaliación inicial, onde recolle
datos validados na O. do 25 de Xuño de 2009 e a detección das NEE. Neste caso, o DO presentará, por medio da
dirección do centro, unha proposta con medidas de reforzo ou atención específica das necesidades detectadas.

Ademais determinados centros ordinarios poderán ser habilitados, como centros de escolarización preferente (pe.: CEIP
Salado Torres de A Coruña) coa finalidade de proporcionar atención educativa ao ANEAE, que polas súas características,
precisen recursos humanos e materiais específicos de difícil xeneralización en centros ordinarios. O procedemento para
escolarización realízase conforme ao establecido para os CEE (D. 229/2011).

A Consellería tamén pode autorizar ou crear unidades de EE, cando se entenda como o recurso máis axeitado para
atender as NEE do alumnado, facilitando así a participación e a posibilidade de compartir actividades e espazos do
centro ordinario, favorecendo a inclusión. Esta escolarización pode ser combinada ou a tempo completo, así a súa
organización está suxeita ás mesmas condicións que os CEE.

A escolarización dun alumno/a a tempo completo nunha unidade de EE poderá prolongarse un 3º ano en EP e un 4º en
ESO, respectando o límite dos 15 anos na EP e de 21 anos na ESO.

O número máximo de alumnos que poderán escolarizarse simultaneamente nunha aula específica dun centro ordinario é
de 5, excepcionalmente a Administración poderá autorizar un número distinto (O. 27 Decembro 2002).

b. ESCOLARIZACIÓN EN CEE (pe.: CEE Príncipe Felipe Pontevedra) segundo o D. 229/2011, son aqueles onde se
escolarizan exclusivamente ANEE que requira modificación significativas na maioría das áreas do currículo e que precisa
da utilización de recursos moi específicos ou excepcionais, necesidades que non poden ser atendidas, e recursos que
non se poden facilitar dentro das medidas de atención á diversidade dos centros ordinarios.

No caso da escolarización a tempo completo, poderá prolongarse un 3º ano en EP e un 4º en ESO, sempre respectando
o límite dos 21 anos.

Dentro dos centros e das unidades de EE, as ensinanzas abordarán unha educación básica que terá unha duración
mínima de 10 anos e centrarase no desenvolvemento de obxectivos e competencias básicas no grao en que as

3
características persoais do alumno/a o permitan. E unha formación profesional adaptada, encamiñada á adquisición de
competencias profesionais e habilidades da vida diaria que lle permitan desenvolverse coa maior autonomía posible.

Estes centros contarán cun PE específico regulado pola R. do 25 de abril de 1996, ademais, segundo a O. do 27
Decembro 2002, poden constituírse como centro de recursos específicos poñendo a disposición dos centros ordinarios
os materiais e recursos específicos dos que dispoñen e exercendo labores de asesoramento e atención ambulatoria se
son precisas. Esta resolución tamén indica que os CEE de máis de 12 unidades poden contar cun DO específico regulado
pola Resolución do 22 de Decembro de 2004, formado por: Xefe do DO, un profesor-titor por cada 8 unidades, un
mestre sen función titorial e un AL.

c. ESCOLARIZACIÓN COMBINADA ENTRE O CENTRO ORDINARIO E O CEE/aula EE. O alumno/a pertencerá a efectos
académicos e administrativos, ao centro educativo que se determine na resolución da Xefatura Territorial. O
profesorado de ambos centros debe coordinarse para a planificación, atención e avaliación destes alumnos/as. Para
efectos de escolarización, as unidades de EE nos centros ordinarios terán a consideración de CEE.

Cando un alumno/a é escolarizado nunha modalidade diferente á ordinaria, é obrigatoria unha revisión periódica por
parte do Xefe do DO, sendo de maneira trimestral en EI e anual, como mínimo, no resto das ensinanzas. Se nunha
destas revisións se conclúe que se precisa un cambio de modalidade de escolarización, haberá que solicitalo a Xefatura
Territorial que será quen resolva.

Gustaríame destacar que a O. do 27 de Decembro de 2002, establece ademais criterios e condicións para modalidades
especiais de escolarización, como a atención educativa hospitalaria ou domiciliaria. Ademais, o D. 229/2011 recolle outras
modalidades de atención educativa como: atención ao alumnado afectado por medidas de violencia de xénero e/ou acoso
escolar, alumnado pertencente a familias itinerantes, atención educativa a chicas embarazadas…. Partindo destes datos, dende a
Estratexia Galega de Convivencia Escolar 2015-2020, elabórase o Protocolo de Atención Domiciliaria que ten como
obxectivo proporcionar respostas axeitadas ao alumando que non poida asistir con regularidade ao centro docente, durante un
período prolongado, debido a enfermidade ou lesión. Con carácter xeral, o profesorado, nestes casos, depende dos centros
públicos específicos de educación de adultos, dos IES autorizados para ensinanza de adultos ou do centro público que designe a
Xefatura Territorial. Non obstante, a O. do 27 de Decembro de 2002 indica que con carácter temporal, poderase proporcionar
esa atención a través dun mestre do centro docente ao que pertence o alumno/a, preferentemente o seu titor/a, sempre que o
faga de carácter voluntario e non implique un aumento da carga lectiva dos profesores do centro.

3. Avaliación do proceso educativo


A LOMCE determina que a avaliación do sistema educativo ten a finalidade de mellorar a calidade e a equidade da educación, así
recolle os ámbitos a avaliar: a actividade do profesorado, a función directiva, o proceso de aprendizaxe e o resultado do mesmo
e o proceso educativo, que será o que analicemos neste punto. Cabe destacar que en Galicia a avaliación está regulada pola O.
do 25 de Xuño de 2009 para EI, a O. do 9 de Xuño do 2016 para EP e a O. do 21 e Decembro de 2007 para ESO. En
canto aos ANEAE, é importante facer mención da O. do 6 de Outubro de 1995, onde se fai referencia ás AC e a súa avaliación.

No marco dunha escola inclusiva e aberta á comunidade educativa, os pais, nais, titores legais deberán estar informados dos
procedementos para a detección temperá das NEE e dos resultados desa identificación e valoración, así como se fose o caso, da
aplicación das actuacións e medidas de atención á diversidade que se consideren oportunas como recolle o D. 229/2011. Entre
as medidas que se poden poñer en marcha no procesos avaliativo destacamos a modificación das condicións de realización das
probas para o alumnado con necesidades.

Actualmente, segundo o establecido na LOMCE e no D. 105/2014, os centros docentes deben realizar unha avaliación
individualizada ao rematar 3º de EP (Resolución do 12 de abril do 2019) a todos os alumnos, onde comprobarán o grao de
dominio das destrezas en relación coa adquisición de competencias en comunicación lingüística e da competencia matemática.
De ser desfavorable esta avaliación, o equipo docente deberá adoptar as medidas ordinarias e extraordinarias máis axustadas.
Ademais, ao rematar 6ºEP realizarase unha avaliación final (Resolución do 15 de abril do 2019) de todo o alumnado, onde se
comprobará o grao de adquisición das competencias en comunicación lingüística, competencia matemática e as competencias
básicas en ciencias e tecnoloxía, así como o logro dos obxectivos da etapa. Dita avaliación ten carácter informativo e orientador.
Así o RD 1058/2015 regula as características xerais destas probas finais.

En canto a ESO, o D. 86/2015 e na Resolución do 16 de abril do 2019 establece que ao finalizar 4º os alumnos/as
realizarán unha avaliación individualizada pola opción de ensinanzas académicas ou aplicadas, onde se comprobará o logro dos
obxectivos da etapa e o grao de adquisición das competencias correspondentes en relación coas materias.

O referente de toda avaliación serán os criterios de avaliación e a súa concreción nos estándares de aprendizaxe, recollidos
nos respectivos Decretos do currículo para EI D. 330/09, para EP D. 105/14 e para ESO D. 86/15.

Xa no caso dos alumnos/as que teñen AC, o D. 105/14 e o D. 86/15 sinalan que os criterios de avaliación establecidos na
súa adaptación curricular serán os referentes básicos para a súa avaliación e promoción.

4. Criterios de promoción do ANEAE


A O. do 25 de Xuño de 2009 establece que na EI, con carácter xeral, os alumnos/as poderán incorporarse ao 2º ciclo no
ano natural no que cumpran os 3 anos de idade, podendo permanecer escolarizados ata ao ano no que cumpran os 6.
Esta idea complétase na O. do 27 de Decembro de 2002 que fala da Escolarización e no D. 229/11, así establécese que a
escolarización en EI poderá, excepcionalmente, aumentarse ou reducirse nun ano con respecto ao establecido con carácter xeral,
en función das NEE ou das altas capacidades, respectivamente. En ningún caso se poderá permanecer en EI máis alá do ano
natural en que cumpra os 7 nin comezar EP antes do ano natural no que cumpra os 5.

4
Se na EI se opta pola permanencia do neno/a 1 ano máis no 1º ciclo, a súa incorporación ao 2º ciclo realízase no 1º curso
dese ciclo, aínda que non se axuste ás condicións de idade requiridas con carácter xeral.

Xa na EP, o alumnado poderá cursar, de maneira xeral, entre os 6 e os 12 anos, e poderá permanecer un ano máis na etapa,
a nivel xeral. A maiores disto, os/as ANEAE poderán permanecer 1 ano máis nesta etapa, e incluso outro segundo ano (sempre e
cando non flexibilizase na EI) tal e como se recolle na O. do 27 de Decembro 2002. En ningún caso poderá permanecer en EP
máis alá do ano natural en que cumpran os 15 anos nin pasar a secundaria antes do ano natural en que cumpran 10 anos.

Finalmente, a escolarización na ESO comprenderá con carácter xeral entre os 12 e 16 anos, e os alumnos promocionan de
curso no caso de superar todas as materias cursadas ou ter avaliación negativa en 2 delas como máximo; repetiran curso cando
a avaliación negativa sexa en 3 ou máis materias, ou con 2 se son simultaneamente Lingua Galega e Literatura e Matemáticas
ou Lingua Castelá e a súa Literatura e Matemáticas. O/A alumno/a que non promocione permanecerá 1 ano máis nese curso,
podendo aplicarse esta medida só unha vez por curso, con carácter xeral, e 2 veces máximo dentro da mesma etapa. Terá
dereito a permanecer no réxime ordinario cursando ESO ata os 19 anos, cumpridos no ano no que finaliza o curso.
Excepcionalmente, poderá repetir unha segunda vez 4ºESO aquel alumno/a que non repetise en cursos anteriores.

Isto é o que se establece con carácter xeral, pero o ANEAE poden prolongar 1 ano máis a súa escolarización nesta etapa. En
ningún caso se poderá permanecer na ESO máis alá do ano natural en que se cumpran os 19, excepto en unidades ou CEE que
se poderá prolongar ata os 21.

Para poder solicitar a flexibilización destes alumnos/as a O. do 27 de Decembro expón que a dirección do centro
presentará a solicitude na correspondente Xefatura Territorial acompañada da seguinte documentación:

- Informe que xustifique a medida, elaborado polo DO do centro ou ao que estea adscrito, ou no seu defecto, polo profesor-titor.
- Conformidade expresa dos pais, nais, titores, ou se é maior de idade a súa propia
- Fotocopia compulsada do historial académico, se procede, ou certificado académico.
- Proposta de adaptación do currículo (O. do 6 de Outubro 1995).

Esta solicitude envíase, xunto co informe da Inspección Educativa, á Xefatura Territorial para a autorización ou denegación da
flexibilización. Tanto por iniciativa de IE como de Xefatura Territorial pódese requirir ao EOE a elaboración dun informe
complementario.

5. Unha vez comentados todos os puntos do tema, pasarei a facer a miña valoración e conclusións
Para iso retomo a frase de GEORGE EVANS coa que empezaba a miña exposición: “Todos os nenos poden aprender, só que non
á mesma vez, nin da mesma maneira”. Penso que esta frase resume cal é a nosa labor como PT nos centros educativos, xa que
debemos coñecer en profundidade as características do noso alumnado para adecuar as respostas educativas oportunas. Retomo
así tamén o concepto de atención á diversidade, xa que como mestres debemos facer todo tipo de avaliacións, canto máis
temperás mellor, para identificar e tratar as necesidades. Debemos potenciar ademais as competencias clave, partindo dos
conceptos de inclusión e normalización recollidos na LOMCE, así o fin da educación debe ser que todas as persoas alcancen o
máximo desenvolvemento persoal e social, polo que debemos facilitarlle unha educación adaptada ás súas singularidades, onde
se lles garanta a igualdade efectiva de oportunidades e se lle ofrezan os recursos necesarios, tanto ao alumnado, como aos
centros que os escolariza. Sen esquecernos do papel importante que ten a familia na educación como primeiro axente
socializador por excelencia. Dende o centro débense establecer canles de comunicación e colaboración coas familias para guiar e
establecer traballos conxuntos de cara o proceso de E-A dos nenos/as.

6. Referencias bibliográficas
- Aranda Redruello, R. (2002). Educación Especial. Madrid: Prentice Hall
- Bellver, V. (2006). Instrumentos para a Avaliación Psicopedagóxica e psicolóxica no marco escolar. Valencia:
Promolibro
- Salvador, F. (2005). Bases psicopedagóxicas da Educación Especial. Málaga: Aljibe
- Sánchez Cano, M. (2005). A Avaliación Psicopedagóxica. Barcelona: Graó.

“En California existe o Valle da Morte, que carece de vexetación porque nunca chove. Sen embargo, nunha ocasión unha
precipitación orixinou que esta florecera. Isto mismo sucede co talento, algun non está na superficie senon que no fondo, non
está morto senon que dormido e hai que esperar a que se den as circunstancias adecuadas no entorno para que brote”, Ken
Robinson , El elemento, 2011.

You might also like