Solucións Actividades Tema 3

You might also like

Download as pdf or txt
Download as pdf or txt
You are on page 1of 10

1

3º ESO

ACTIVIDADES TEMA 3: A DIVERSIDADE DA MATERIA

SOLUCIÓNS
1.- a) Sospéitase que un líquido incoloro pode ser auga ou glicerina, como saberías
cal dos dous é?
b) E se dubidases entre auga e alcol etílico (etanol), como distinguilos?
R:
a) Determinando a súa densidade, xa que a densidade é unha propiedade
característica, distinta para cada substancia. A auga e a glicerina teñen densidades
distintas.
b) O mesmo, xa que teñen densidades distintas.

2.- Clasifica en (M)estura, (D)isolución, e Substancia pura (SP) os seguintes


materiais:
R:
azucre (SP) gasolina (D) refresco (D) auga destilada (SP) auga de mar (D)
tinta (M) xelo (SP) vidro (D) anel de ouro (D) auga da billa (D)
aire (D) viño (D) café(D) leite (M) vinagre (D)

3.- Poñemos unhas tabletas de chocolate nun recipiente e quentamos suavemente


ata que funden. O chocolate empeza a fundir a 28ºC e non está totalmente fundido
ata os 50ºC e a temperatura vai continuamente subindo mentras o chocolate funde.
a) Ten o chocolate unha temperatura de fusión determinada? b) É o chocolate
unha substancia pura? c) Podemos asegurar que o chocolate doutra marca vai
empezar a fundir tamén a 28ºC e rematar a 50ºC? d) A publicidade dalgúns
bombóns destaca que “funden na boca”. Que significado ten esta expresión?
R:
a) Non, xa que se a tivese, mentras ten lugar o cambio de estado a temperatura non
cambiaría.
b) Non é unha substancia, é unha mestura, por iso non ten unha temperatura de
fusión definida. Se fose unha substancia pura sí a tería.
c) O chocolate doutra marca terá unha mestura diferente, unha composición
diferente, polo que a temperatura á que empeza e remata de fundir será diferente,
porque depende da composición da mestura.
d) Que a súa temperatura de fusión é baixa e “derretense” na boca.

4.- Observa a composición dunha auga


mineral natural indicada na súa etiqueta e
responde:
a) A auga mineral é unha substancia pura?
b) Anota as distintas substancias que
bebemos nun vaso de auga mineral.
c) Por que non saben igual todas as augas
minerais?
d) Que é o residuo seco?
2
3º ESO

R:
a) Non, é unha disolución, xa que contén outras sustáncias disoltas e ten unha
composición variable.
b) Bicarbonatos, sulfatos e cloruros.
c) Porque teñen unha composición diferente.
d) É o que queda despois de evaporar toda a auga a 180ºC. Son os sales que
estaban disoltos e que non se evaporan.

5.- O granito é unha rocha dura e de grande resistencia que se utiliza moito como
material de construción.
a) É unha substancia pura ou unha mestura? b) Cales son os seus compoñentes?
c) Poden distinguirse a simple vista? Como?
R:
a) É unha mestura, xa que é heteroxénea, distinguimos a simple vista os seus
componentes.
b) Sílice ou seixo, feldespatos e mica.
c) Sí, xa que teñen distintas propiedades físicas, distintas propiedades ópticas, que
permiten distinguilas a simple vista. Por exemplo: As micas brilan.

6.- a) Cales dos seguintes materiais metálicos son substancias puras?: A) Cobre;
B) Aceiro; C) Chumbo; D) Platino; E) Estaño; F) Bronce; G) Ferro; H) Aluminio; I)
Latón.
b) Escribe, se os coñeces, os compoñentes dos materiais que sexan mesturas.
c) Sabes como se chaman as mesturas homoxéneas de metais e por que se
utilizan?
R:
a) substancias puras: cobre; chumbo; platino; estaño; ferro; aluminio;
mesturas: aceiro; bronce; latón.
b) aceiro: ferro e carbono; bronce: cobre e estaño; latón: cobre e cinc
c) aliaxes. Porque permiten modificar as propiedades físicas dos metais que as
compoñen: rebaixar os puntos de fusión e aleación, mellorar as súas propiedades
mecánicas: ductilidade, maleabilidade, flexibilidade, resistencia, dureza, etc.

7.- Indica como farías para separar as seguintes mesturas:


a) Area e grava b) Area e auga c) Area e sal de cociña
d) Auga e aceite e) Sal disolta en auga f) Xofre e limaduras de ferro
g) Limaduras de ferro e de cobre h) Alcohol e auga
R:
a) Tamiz, cribo
b) Filtración
c) Disolución e logo evaporación a sequidade
d) Decantación
e) Evaporación a sequidade
f) Separación magnética cun imán
g) Separación magnética cun imán
h) Destilación
3
3º ESO

8.- Escribe un exemplo de cada unha das seguintes disolucións indicando en cada
caso que substancia é o soluto (ou solutos) e cal o disolvente:
a) Disolución dun sólido nun líquido; b) Disolución dun líquido nun líquido; c)
Disolución dun gas nun líquido; d) Disolución dun sólido nun sólido; e) Disolución
dun líquido nun gas; f) Disolución dun gas noutro gas.
R:
a) Sal (s) en auga (d)
b) Viño: alcohol (s) en auga (d)
c) Bebida carbónica: dióxido de carbono (s) CO2 en auga (d)
d) Aceiro: ferro (d) e carbono (s)
e) Néboa: auga (s) en aire (d)
f) Aire: nitróxeno (d) e osixeno (s)

9.- Disolvemos 20 g de sal en 200 g de auga destilada. Calcula a concentración da


disolución expresada en % en masa.
mS 20 g
R: %= .100 %= .100 = 9,1 ≅ 9 %
mD 220 g

10.- Disolvemos 20 mL de alcol en 100 mL de auga. Calcula a concentración da


disolución expresada en % en volume.
VS 20mL
R: % = .100 %= .100 = 16,7 ≅ 17 %
VD 120mL

11.- O máis abundante dos sales presentes na auga do mar é o cloruro de sodio
(sal común) que ten unha concentración de 24 g/L. Calcula que volume de auga de
mar hai que evaporar nunhas salinas para ter 1 tonelada de sal común.
ms ms 10 6 g
R: c= ; V = ; V= ≅ 42.10 3 L = 42 m3
V c 24 g / L

12.- A graduación dunha bebida alcólica indica a


concentración de alcohol que ten, expresada en tanto
por cento en volume.
a) Calcula a cantidade de alcohol puro que inxire
unha persoa cando bebe un par de latas de cervexa
de 300 mL. Cantos gramos de alcohol son?
b) Calcula o volume de alcohol puro que inxerimos
ao tomar 200 mL de ron (dous cubatas). Cantos
gramos de alcohol son?
c) Canto alcohol inxerimos ao beber dous vasos de
viño nunha comida? (Un vaso de viño ten 150 mL de
volume)
d) A OMS define o alcolismo como a inxestión diaria
de alcol superior a 50 g na muller e 70 no home. A
cantas cervexas diarias equivale esta cantidade de
4
3º ESO

alcol? E a cantos vasos de viño?


e) Unha persoa non pode conducir se a concentración de alcol no seu sangue é
superior a 0,5 g/L. Tendo en conta que unha persoa ten 6 L de sangue, de media,
cal é a máxima cantidade de alcol que pode inxerir para estar en condicións de
conducir?
VS % 5
R: a) V = 2.300 = 600 mL %= .100 VS = V D = 600mL. = 30 mL de
VD 100 100
alcohol puro
m 4
mS = VD = 600mL. = 24 g de alcohol puro
100 100
% 40
b) V = 200 mL VS = V D = 200mL. = 80 mL de alcohol puro
100 100
% 15
c) V = 2.150 = 300 mL VS = V D = 300mL. = 45 mL de alcohol puro
100 100
m 4g 50 g 1250
d) mulleres: c = = V= .100mL = 1250 mL n= = 4,2 latas de
V 100mL 4g 300
cervexa
70 g 1750
homes: V = .100mL = 1750 mL n= = 5,8 latas de cervexa
4g 300
m g
e) c = m = c.V = 0,5 .6 L = 3 g
V L

13.- Que cantidade de soluto precisaríamos disolver para preparar 50 mL de


disolución acuosa de concentración 25 g/L?

m g
R: c= m = c.V = 25 .0,050 L = 1,25 g
V L

14.- Calcula o volume dunha disolución de azucre en auga que teña unha
concentración de 10 g/L, sabendo que contén 30 g de soluto. Se a densidade da
disolución é de 1,04 g/mL, calcula a masa da disolución.
Sol.: 3 L; 3120 g

m m 30 g
R: c = V= = =3L
V c 10 g / L
m g
d= m = d .V = 1,04 .3000mL = 3120 g = 3,12 kg
V mL

ACTIVIDADES COMPLEMENTARIAS

15.- A partir de cada afirmación, indica se as substancias involucradas son


substancias puras ou mesturas.
A) Un sólido que, ao quentalo, comeza a fundir a unha temperatura de 30 ºC e
acaba de fundirse a unha temperatura de 58 ºC.
5
3º ESO

B) Un líquido do que se obteñen dous gases diferentes cando realizamos unha


electrólise.
C) Un líquido que entra en ebulición a 90 ºC e a temperatura permanece constante
ata que desaparece todo o líquido.
D) Un pó agrisado de aspecto homoxéneo no que algunhas partículas son atraídas
por un imán e outras non.
E) Un líquido en que, ao evaporarse a auga,quedan uns cristais sólidos de cor azul
escura.
F) Un sólido en que podemos distinguir varias cores diferentes: branco, gris e
negro.
R:
A) Mestura ao non ter unha temperatura de fusión fixa e característica
B) Substancia pura (auga) que se descompón por medio dun proceso químico
(electrolise) nos dous elementos que a compoñen, (osíxenoe hidróxeno).
C) Substancia pura, xa que ten unha temperatura de fusión fixa e característica
D) Mestura na que uncomponente ten propiedades magnéticas
E) Mestura homoxénea ou disolución
F) Mestura heteroxénea por distinguirse 3 componentes a simple vista

16.- Explica si é correcta a frase seguinte: unha disolución está saturada cando
nela hai disolta unha gran cantidade de soluto.
R:
Non, é incorrecta. O correcto sería: unha disolución está saturada cando xa non
admite maior cantidade de soluto.

17.- Unha alumna preparou disolucións saturadas de distintas substancias en auga,


todas á mesma temperatura. Á vista das cantidades que utilizou en cada caso, cal
desas substancias é a máis soluble?
substancia cantidades na disolución saturada
ácido bórico 0,20 g en 100 cm3 de auga
bromo 25 g en 600 cm3 de auga
sosa de blanquear 220 g en 1 litro de auga
bicarbonato de sodio 24 g en 350 cm3 de auga
m
R: c =
V
0,20 g 25 g 220 g 24 g
c1 = = 2 g/L c2 = = 42 g/L c3 = = 220 g/L c4 = = 69 g/L
0,1L 0,6 L 1L 0,350 L
O bromo, 220g/L

18.- As gráficas seguintes mostran a solubilidade do osíxeno (O2) e do dióxido de


carbono (CO2) en auga a distintas temperaturas.
a) Canto diminúe a cantidade de osíxeno disolto en cada litro de auga cando a
temperatura pasa de 10 a 30ºC? Canto diminúe a cantidade de dióxido de carbono
disolto en cada litro de auga cando a temperatura da auga pasa de 0 a 20ºC?
b) Explica por que é tan prexudicial que algunhas empresas (centrais térmicas,
nucleares, destilerías..) vertan auga quente aos ríos ou encoros.
6
3º ESO

c) Por que cres que as bebidas con gas (refrescos, cava, etc…) se serven en vasos ou
copas fríos ou se lles bota xeo?

R:
a) Pasa de 11mg/L a 7mg/L logo diminúe 4mg en cada litro
Pasa de 1,4mg/L a 0,7mg/L logo diminúe 0,7mg en cada litro
b) Ao elevar a temperatura da auga diminúe a cantidade de osíxeno disolto polo
que se esta é moi baixa haberá especies vivas moi sensibles que non poderán
sobrevivir.
c) Para que a cantidade de CO2 disolto sexa a máxima posible, xa que a
concentración diminúe ao aumentar a temperatura.

19.- O vinagre é unha disolución de ácido acético en auga ao 3% en masa.


Determina:
a) Cal é o soluto e cal o disolvente.
b) A cantidade de soluto que hai en 200 g de vinagre.
R:
a) vinagre: soluto; auga: disolvente
mS mS 3
b) % = .100 3% = .100 m S = 200 = 6 g de soluto
mD 200 100

20.- A 500 mL dunha disolución de cloruro de calcio cunha concentración de 10 g/L,


engádenselle 2 g de soluto. Cal é a nova concentración?
m g
R: c = m S = c.V = 10 .0,500 L = 5 g de soluto
V L
5+2
c= = 14 g/L
0,500

21.- a) Calcula o tanto por cento en masa dunha disolución formada ao disolver 30
g de cloruro de sodio en medio litro de auga. b) Que cantidade de soluto habería en
200 mL de disolución? (dauga = 1 g/cm3)
m g
R: a) d = m1 = V .d = 500mL.1 = 500 g
V mL
mS 30
%= .100 %= .100 = 5,7 %
mD 530
7
3º ESO

5,7
b) mS = 200 g . = 11,4 ≅ 11 g
100

EXERCICIOS DE REPASO

22.- Explica en que se diferencia unha aliaxe dun metal puro.


R:
Unha aliaxe é unha mestura homoxénea de dous metais que poden ser separados
por métodos físicos.
Os puntos de fusión e ebulición (e en xeral as súas propiedades físicas) das aliaxes
dependen da súa composición, mentras que nos metais puros son fixas e
características de cada unha.

23.- Cando os compoñentes dunha mestura teñen diferentes propiedades, pódense


separar utilizando un método de separación baseado nesa diferenza de
propiedades.
a) Auga e aceite.
• Cal é a propiedade que permite separar os compoñentes desta mestura?
• Que método de separación utilizarías?
• Representa mediante un debuxo o procedemento.
b) Area e azucre.
• Cal das dúas substancias é soluble en auga?
• Poderías separar ambos os compoñentes a partir da solubilidade en auga?
• En caso afirmativo, explica o procedemento.
c) Auga e area.
• Poderías utilizar o mesmo procedemento da mestura anterior para separar a auga
e a area?
• En caso contrario, cal utilizarías?
d) Limaduras de ferro e area.
• Deseña un procedemento para separar os compoñentes desta mestura e explícao
detalladamente
R:
a) A diferenza de densidades
Decantación cun funil de decantación.
b) O azucre
Si, a area en insoluble e o azucre disólvese.
Botamos auga sobre a mestura e remexemos cunha variña de vidro. A continuación
filtramos e quedará retida no filtro a area, pasando a disolución de auga e azucre.
Evaporamos a sequidade quentando con coidado ou ao aire e así separamos o
azucre da auga.
c) Si, filtrando separamos a auga da area.
d) Podemos separaralas cun imán xa que a area non ten propiedades magnéticas
mentras que o ferro sí.
Forramos un imán cun plástico e pasamolo pola mestura. As limaduras serán
atraidas e a area non.
8
3º ESO

24.-Temos seis substancias contidas en diferentes recipientes que están


etiquetados coas letras A, B, C, D, E, F. Sabemos que se trata das seguintes
substancias: Auga, etanol, cobre, ferro, sal e azucre. Pero non sabemos en que
recipiente se encontra cada unha delas. No laboratorio medíronse algunhas das
súas propiedades que se recollen nas seguinte táboa:

A B C D E F
Sólido; Sólido; Sólido;
Estado aspecto aspecto Sólido; Líquido cristalino Líquido
físico metálico metálico cristalino

Cor Negra Arrubiada Branca Incolora Branca Incolora


Temperatura
de ebulición — — — 100 °C — 78 °C

É atraída por
un imán? Si Non Non — Non —

Soluble en
auga? Non Non Si Si Si Si

Sabor — — Salgado — Doce —

Identifica cada unha das substancias e enumera as propiedades que che permitiron
distinguilas.
R:
A: ferro, metal atraido por imán,
B: cobre, metal non atraido por imán,
C: sal, sólido cristalino de sabor salgado,
D: auga, líquido incoloro de T de ebulición 100ºC
E: azucre, sólido cristalino de sabor doce
F: etanol, líquido incoloro de T de ebulición 78ºC

25.- Indica o soluto e o disolvente nas disolucións seguintes:


a) Alcohol do 96% en volume. b) Soro glucosado. c) Auga salgada. d) Iodo disolto en
tetracloruro de carbono.
R:
a) Auga (s); alcohol (d)
b) Glucosa (azucre)(s); auga (d)
c) Sal (s); auga (d)
d) Iodo (s); tetracloruro de carbono (d)

26.-Escribe un exemplo dunha disolución: a) Gasosa. b) Líquida. c) Sólida. Indica


os compoñentes de cada disolución.
R:
a) aire: osíxeno (s) en nitróxeno (d)
b) viño: alcohol (s) en auga (d)
c) aliaxes: aceiro: carbono (s) en ferro (d)
9
3º ESO

27.- Define a solubilidade dunha sustancia nun disolvente. ¿Que significa que unha
disolución está moi concentrada? E saturada?
R:
A solubilidade dunha substancia é a máxima cantidade desa substancia que se
pode disolver nunha determinada cantidade dun disolvente concreto a unha
temperatura determinada.
Dise que unha disolución está moi concentrada se a súa concentración está
proxima á de saturación.
Dise que unha disolución está saturada cando xa non é posible disolver máis
soluto.

28.-Na composición dunha tableta de turrón de 300 g figura que contén un 70% en
masa de améndoa; calcula a masa de améndoa, expresada en gramos, que ten a
tableta.
mS mS 70
R: %= .100 70% = .100 m S = 300. = 210 g
mD 300 g 100

29.-Que volume de alcol puro hai nunha botella de viño de ¾ de litro, se a


concentración de alcol é do 12,5% en volume?
VS VS 12,5
R: %= .100 12,5% = .100 VS = 750. ≅ 94 mL
VD 750mL 100

30.- O soro fisiolóxico é unha solución salina (cloruro de sodio disolto en auga)
cunha concentración do 0,9% en masa. Calcula:
a) A masa de cloruro de sodio disolta en 20 g de soro.
b) A cantidade de soro que necesitas para ter 1 g de cloruro de sodio.
mS ms 0,9
R: a) % = .100 0,9% = .100 m S = 20 = 0,18 g
mD 20 g 100
mS 100
b) m D = .100 = 1 = 111 g
% 0,9

31.- Temos unha disolución de glucosa do 30% en masa. Xustifica como se


preparou:
a) A disolución preparouse disolvendo 30 g de glucosa en 100 g de auga.
b) A disolución preparouse disolvendo 30 g de glucosa en 70 g de auga.
c) A disolución preparouse disolvendo 30 g de glucosa en 130 g de auga.
mS 30 g
R: %= .100 30% = .100 md = 70 g Correcta b)
mD m d + 30 g

32.- Prepárase unha disolución mesturando 20 g de hidróxido de sodio, NaOH, en


200 mL de auga. Calcula:
10
3º ESO

a) A concentración expresada en g/L.


b) A concentración expresada en % en masa.
m 20 g
R: a) c = c= = 100 g/L
V 0,200 L
b) Se tomamos como densidade da auga 1g/mL:
m g
d= ; m = d .V = 1 .200mL = 200 g de auga
V mL
m 20 g
% = S .100 %= .100 = 9 %
mD 200 + 20 g

33.- Mesturamos 1,5 L dunha disolución de cloruro de prata de concentración 2 g/L


con 500 mL doutra disolución de concentración 0,5 g/L. Cal é a concentración da
disolución resultante?
m g g
R: c = m1 = c1 .V1 = 2 .1,5 L = 3 g m 2 = c 2 .V2 = 0,5 .0,500 L = 0,25 g
V L L
m = m1 + m 2 = 3 + 0,25 = 3,25 g V = V1 + V2 = 1,5 + 0,5 = 2 L
m 3,25
c= = = 1,6 g/L
V 2

34.- Calcula a concentración, en g/L, dunha disolución con 10 g de cloruro de sodio


en 350 mL de auga.
m 10 g
R: c= c= = 28,6 g/L
V 0,350 L

35.- Deséxase preparar 0,5 L unha disolución que teña unha concentración de 0,15
g/mL. Calcula a cantidade de soluto necesaria e describe o procedemento que hai
que seguir.
m g
R: c= m = c.V = 0,15 .500mL = 75 g
V mL
Procedemento:
Pesamos na balanza cun vidro de reloxo os 75g de soluto e botámolos nun vaso de
precipitados. A continuación e cun frasco lavador botamos auga destilada con
coidado de arrastrar todo o soluto que poida quedar no vidro de reloxo ata un tercio
do volume de disolución que queremos prepar e axitamos cunha variña de vidro
ata a total disolución. Levamos ata un matraz aforado de 500mL e enrasamos.
Axitamos etiquetamos e gardamos.

You might also like