Download as doc, pdf, or txt
Download as doc, pdf, or txt
You are on page 1of 1

DEPARTAMENTO DE INGLÉS: THE BIG CHALLENGE.

O noso departamento ponse en contacto con vostedes porque está a organizar unha
actividade incluida na nosa programación didáctica.
O concurso The Big Challenge, no que levamos participando varios anos, consiste na
resolución online duns tests de coñecementos lingüísticos e culturais. O concurso ten un
ámbito nacional e internacional e os alumnos compiten en probas adecuadas ao curso
que están a estudar. Tódolos alumnos reciben un certificado pola súa participación e un
regalo atendendo a puntuación obtida. Este ano o concurso terá lugar entre o 22 e 28 de
abril. A participación e voluntaria e o custo da mesma por alumno é de 3´80 euros. Os
alumnos que participen terán que pagar 3 euros, o 0´80 restante o pagará o noso
departamento. O prazo para a reserva remata o 19 de febreiro, nos poñemos o día 11
deste mes como límite para poder apuntarse, de xeito que podamos inscribir aos
alumnos sen apuros de última hora.
Un saúdo e esperamos que sexa do agrado da comunidade educativa e proveitoso para
os nosos alumnos e alumnas.

O departamento de inglés.

You might also like