Download as docx, pdf, or txt
Download as docx, pdf, or txt
You are on page 1of 4

AS FUNCIÓNS ORACIONAIS

1. Identifica o sintagma nominal que funciona como suxeito nas seguintes


oracións:

a) Lentamente, as ondas foron levando á praia os recordos do naufraxio.

b) Tal vez deberías preguntarlle a Xaquín polo seu pai.

c) Non chamou ningún dos teus amigos.

d) A xente non pensa nas consecuencias dos seus actos.

e) Seica elixiron a súa torta gañadora do certame culinario.

f) Aprendiches a lección polas malas.

g) Non che van saír as contas co teu ofuscamento.

2.Identifica cales das seguintes oracións son impersoais.

a) Había centos de manifestantes na praza do Obradoiro.

b) Sarabiaba intensamente na capital esta mañá.

c) Produciuse un milleiro de denuncias.

d) Recibironmiles de denuncias sobre o seu daniño medicamento.

e) Aínda non se calcularon as perdas.

f) Sempre se conta polo alto por precaución.


3.Identifica o complemento directo nas seguintes oraciónse substitúe opolo
pronome correspondente.

a) A xuíza determinará a contía da indemnización.

b) Os seareiros ocuparon o terreo de xogo como protesta.

c) Nunca bota a sesta inmediatamente despois do xantar.

d) As luces da vila conforman unha fermosa paisaxe de neons.

e) Unha forte treboada impediu a saída dos barcos.

f) Hai moito mar de fondo desde onte.

4.Identifica ocomplemento indirecto esubstitúe este e o complemento directo


polos pronomes axeitados.

a) Esgotou a paciencia a David coa súa insistencia.

b) O pallaso regalaba papaventos a todos os nenos da festa.

c) Diagnosticaron a meu pai unha afección sen importancia.

d) O mariñeiro mostraba aos compradores da lonxa as súas capturas máis recentes.

e) A Andrés trouxéronlle un quilo de percebes esta mañá.


5.Engade, nos casos que sexa correcto, a preposición aos complementos
directos das seguintes oracións. No esquezas realizar as contraccións
necesarias.

a) As fortes xeadas afectaron ___ as colleitas da Ribeira Sacra.

b) Convidaron ___ Luís Tosar ás festas patronais da vila.

c) ___ todo o cadro de persoal examinouno un equipo de médicos.

d) Finalmente van contratar ___ outro traballador para o teu departamento.

e) Aquelas teimas compulsivas preocupaban ___ os seus pais.

6.Distingue os atributos dos complementos predicativos nas seguintes oracións.

a) Conserva intactos os seus álbums de cromos.

b) A súa colección de cromos permanecía intacta.

c) Contestou alporizada o teléfono do traballo.

d) A princesa parece enmeigada por algunha malvada bruxa.

e) Ergueuse cheo de enerxía para o seu primeiro día de monitor.

f) A súa vida é unha loucura. Non para nin un minuto.

7.Identifica a seguir os suplementos.

a) Non deberías renunciar a esa bolsa de estudos.

b) Destituírono do seu posto de encargado xeral.

c) Xesús converteu a auga en viño segundo a Biblia.

d) Confiou na súa nai como tantas outras veces.

8.Sinala o complemento axente das oracións e transfórmaas á voz activa.

a) Foi citado ás nove da mañá polo médico de familia.

b) O vehículo non será reparado polo mecánico ata a vindeira semana.


c) Nese centro comercial foron inauguradas as rebaixas por un personaxe público.

d) Os representantes políticos foron evacuados ás présas pola porta traseira.

You might also like