Download as pdf or txt
Download as pdf or txt
You are on page 1of 2

LINGUA GALEGA E LITERATURA, 2º BACHARELATO.

OPCIÓN A

Na práctica o bilingüismo perfectamente equilibrado non existe, porque é


moi difícil que alguén posúa o mesmo nivel de competencia en dúas linguas
distintas, pero sobre todo porque é moi difícil que alguén teña ocasión de
empregar dúas linguas nas mesmas situacións e coa mesma frecuencia. O
5 desequilibrio entre as dúas linguas significa que, na vida do suxeito, unha
delas ten unha situación preeminente.

A lingua non é só un medio de comunicación entre un grupo de persoas que


a comparten: é tamén o símbolo visible da pertenza ao grupo e pode
converterse mesmo no símbolo da identidade do grupo. Dende esta
10 perspectiva, coñecer ou non unha das linguas que teñen presenza nunha
comunidade, usala en determinadas circunstancias, adoptala como lingua
persoal, adquire un valor simbólico e moral de integración e fidelidade ao
grupo.

Promover ou renunciar ao uso dunha lingua, empregala ou non en


15 determinadas circunstancias, calquera tema, en fin, que se refira ao uso
dunha lingua, terá para o bilingüe membro dunha minoría lingüística fortes
implicacións emotivas e ao mesmo tempo sociais e políticas.

A lingua é asemade a forma de expresión dunha cultura determinada, ou


sexa, dunha concepción do mundo e da existencia dun sistema de valores e
20 de formas de vivir en sociedade e dun conxunto de realizacións de moi
diversa orde, dende a ciencia e a técnica ao dereito e as distintas
manifestacións da arte.

(Esther Zarandona)

CUESTIÓNS

1. Indica o tema do texto e fai unha síntese del.

2. Explica e comenta as ideas principais deste texto.

3. Indica o significado que teñen no texto: competencia (l.2), suxeito (l.5),


preeminente (l.6), promover (l. 14) e asemade (l.18).

4. Conxuga o presente e o pretérito de indicativo e mais o futuro de


subxuntivo dos verbos SER E TER.

5. Reescribe a secuencia Refírese ao uso dunha lingua encabezándoa


sucesivamente por:
Axiña..........................................................................................................
Seica..........................................................................................................
Hoxe..........................................................................................................
Tamén........................................................................................................
De súpeto...................................................................................................

6. O conflito lingüístico. Definición, causas e consecuencias.

7. A poesía da vangarda. Características, autores e obras representativas.


LINGUA GALEGA E LITERATURA, 2º BACHARELATO. OPCIÓN B

Chamar bilingüe a Galicia non deixa de ser un eufemismo. Semellante


caracterización, segundo todas as definicións, presupón unha situación de
equilibrio, de estabilidade, de igualdade, que está moi lonxe de se dar en
Galicia. [...] Non falar do trasfondo económico-social e amosar soamente
5 solucións xurídico-administrativas, dentro dunha estratexia que tenta legalizar
o bilingüismo, como panacea social, é refugar o conflito.

Realmente a intención conciliatoria pode parecer plausible en abstracto,


pero, nun conflito coma o noso, esíxese unha decisión abertamente favorable
a unha das dúas linguas. Non é xusto nin democrático colocar no ring un
10 anano, esmorecido previamente, diante dun xigante, protexido xa
secularmente, e dicir que agora somos neutrais. Deixar subir ao ring ao
galego non é asegurar a neutralidade, nin moito menos poñerse ao seu favor.

(Francisco Rodríguez: Conflito lingüístico e ideoloxía en Galicia.)

CUESTIÓNS

1. Indica o tema do texto e fai unha síntese del.

2. Explica e comenta as ideas principais deste texto.

3. Indica o significado que teñen no texto: eufemismo (l.1), panacea (l.6), refugar
(l.6), plausible (l. 7) e esmorecido (l.10).

4. Analiza os SE que aparecen no texto: se dar (liña 3), esíxese (liña 8) e poñerse
(liña 12)

5. Localiza as formas verbais do presente de indicativo que aparecen no texto (oito


diferentes) e ponas en pretérito de indicativo.

6. Bilingüismo e diglosia. Definición, causas e consecuencias.

7. A poesía das Irmandades da Fala. Características, autores e obras


representativas.

You might also like