Download as pdf or txt
Download as pdf or txt
You are on page 1of 6

COMEDIA

RISAS A
ESGALLA!
IMPRO
NOW IT'S
ONLY NOW

STAND UP
COMEDY
HUMOR E
IRREVERENCIA

3,2,1...

IMPRÓMICAS
IMPRÓMICAS
Tres cómicas. Unha presentadora.
Unha Dj. Monólogos.
Frases de inspiración. Stand up
comedy improvisada.
¿Anímaste?

FORMATO
Un formato atrevido no que poñer
a proba o inxenio das nosas
improvisadoras. Comedia, comedia
e máis comedia. Un espectáculo
cheo de risas no que se mestura a
frescura e a inmediatez da improvisación
teatral coa creatividade e irreverencia da
Stand Up Comedy.

No 2019 Imprómicas conquistou ao público


de Santiago de Compostela na súa estrea no
Riquela Club e nas posteriores funcións no
Pub Atlántico e no bar O Besbello.
Imprómicas tamén estivo presente na VII
Mostra da Oralidade: "Por Boca de Muller"
celebrada en Valladares, Vigo.

Imprómicas conta con colaboradoras de


escándalo, as cómicas e actrices Sara Iglesias,
Diana Sieira e Marta Doviro.

01 O Prozac para os teus días grises 03 Cómicas irreverentes

02 Risas 100% aseguradas 04 Un show non apto para Bertín Osborne

remolachaproducions@gmail.com

652 987 879


REMOLACHA PRODUCIÓNS
Remolacha producións xurde nun atardecer do verán do 2019 en Enciso, un pobo
de La Rioja, na mente de Gala Martínez-Romero, proxecto que pon en
marcha en setembro ao regresar ao seu lugar de residencia, Santiago de
Compostela. Remolacha producións nace da necesidade de crear, de contar ao
mundo, de compartir e de darlle a volta ao sistema. 

REMOLACHAS LIBRES
Remolachas libres é o nome de guerra co que as seis xoves cómicas que
conforman a productora pretenden conquistar os escenarios a golpe de risas,
ironía e senso crítico. Coa convicción de que a arte as fará libres estas
irreverentes remolachas entréganse á comedia e ao humor por medio de
varios espectáculos de diferente formato, mesturando elementos de
improvisación teatral con monólogos de Stand Up Comedy: Gala de cómicas,
Imprómicas, Periódicas e ImprOdiosas. O elenco está formado por:
Gala Martínez-Romero, Cata Ukelele, Antía Costas, Adela Bértolo,
e a DJ Jackinsane.
FICHA TÉCNICA
ESPECTÁCULO
Imprómicas

DURACIÓN
60 min. (adaptable)

XÉNERO
Stand Up Comedy e improvisación teatral.

ESCENARIO
Espacio escénico adaptable (Dimensión mínima de 5x5 m)

NECESIDADES TÉCNICAS
Son: catro micros de man con pé de micro, un
reproductor de música, iluminación.
PRENSA

FARO
DE
VIGO

EL
CORREO
GALLEGO
CONTACTO
 
remolachaproducions@gmail.com

Teléfono: 652 987 879

You might also like