Download as docx, pdf, or txt
Download as docx, pdf, or txt
You are on page 1of 2

EXERCICIOS DE DEMOSTRATIVOS E POSESIVOS

1 Analiza todos os posesivos e demostrativos  do texto indicando  se teñen valor pronominal ou son
deteminantes e explicando os valores especiais que desempeñen.

ESCURAS VIRAVOLTAS

Estabamos alí medios durmidos, deitados nas improvisadas hamacas. estomballados con cadanseu vaso na man,
agardando sen gana as primeiras luzadas do sol no abrente. Nisto o Paco, que non era de seu moi algareiro nin
bulebule, pero andaba co formiguiño no corpo desde había un tempo, ergueuse dun brinco e botou a correr  pola praia
adiante berrando coma un can danado. Nós pasmamos con aquela súbita ocorrencia e rímoslle a graza con sonoras
gargalladas que fixeron acordar a máis de un que xa caera nos brazos de Morfeo.

Daquela o río Pontiñas deborcaba na praia o seu fedorento soluto pola banda do Pontillón, onde ergueron agora eses
mastodónticos edificios do cuartel novo da Garda Civil. Non había quen se achegase aos canavais aqueles, ateigados
de mosquitos e merda, que esparexían de cando en vez bafaradas pestilentes coa brisa de terra. O Paco colleu cara alá
e algún de nós espreguizou as pernas por ver as acrobacias do artista polo areal adiante. Paco sempre tivera moito
aquel niso dos exercicios ximnásticos.
-¡Vai cara ós canavais! dixo Camilo coa súa voz de hotentote.
-Daquela déixao meu amigo, que ha volver por narices...
Non tivemos tempo de lle rir o chiste, porque nesas empezou Quique a berrar todo aquelado
-Mirade! Mirade!

Ao principio parecía unha graza do Paco, que ultimamente sempre andaba a facer das súas, pero quedamos de pedra
ao ver as macabras circunvolucións do coitado. Só o Camilo botou a correr cara aló; os outros non dabamos creto ao
que tiñamos diante nosa. Os berros de Paco escorrentaban miles de gaivotas e nubes de insectos voadores que viñan a
acobillarse baixo o colmo do noso chiringuito. Meu irmán, que descabezara a súa soneca na máis cómoda das
hamacas, acordou co barullo e botou man á escopeta.

 - Que escopeta?  Tiñades unha escopeta?


- Tiñamos varias. Vós non sei, pero destoutra parte da ría todos os cristiáns andan con cadansúa ferramenta (contestei,
apalpando no peto da miña chambra a enferruxada Smith & Wenson.)
- Non, iso xa.
- Pois tal como cho conto. Apañou a arma e foi cara a alá con ollos talmente de asasino. Así uns ollos
sanguinolentos..., Nunca llos viches a ninguén?, Nunca llelos viches aos artistas nas películas? Así abertos,
vermellos, coa sobrecella engurrar, e botando escuma pola... Eu ao velo tan aqueloutrado púxenme un pouco nervioso
e preferín liscar de alí. Vamos, que me entrou algo de cagana, se queres, pero unha retirada a tempo é unha vitoria,
como dixo Napoleón, que non era ningún medrancas. E con esas collín e marchei para a miña casa.
-E logo que foi o que pasou?
- Iso xa non cho sei contestar. Xa che dixen que eu marchei para casa.
-  Non. Xa sabes que non é ningún falabarato.
-  Meu Deus!  Pero ti preguntaríaslle, ou?
- Pois non.
- Ah, e para iso vés con toda esa leria? Así que non sabes o que pasou? Pero ti...!
Tranquilo, home. tranquilo. Pois non o sei, non. Eu que queres que lle faga! Pero non imos discutir por iso. Nin que
fora para tanto!
-Pero ti víchesme cara de parvo, ou que? Mira ti...! Non, eu por esas non che paso.
- Home. se chego a saber que te ías incomodar xa non che contaba nada.      

2. Traduce ao galego.

1. Quienes quieran venir con nosotros que estén aquí a las dos y cuarto.
2. Ya te dije que le llevaré estos y de aquello otro ya hablaremos otro día.
3. Dime que aprobaste,espero que no seas capaz de mentirme.
4. Quienes lo cobraron por adelantado ya lo sabían así que no te quejes
5. Estos días no le digas nada a mi yerno porque estuvo toda la semana fuera
6. Dime de una vez cuál prefieres, o te llevas la anguila o la lubina.
7. Aún no sabemos quienes lo hicieron.
8. Esos amigos tuyos, ¿donde están? ¿No venían hoy?
9. Pudo ser cualquier abogado de los que trabajan ahí.

3. Transforma usando as formas especiais dos posesivos, relativos, interrogativos e exclamativos

1. Estaba diante de nós e non o viches


2. Cada socio achegou 40 euros
3. Ti non te preocupes que o asunto se resolve por si só.
4. E as laranxas que comprei, ¿onde están?
5. ¡Canta xente andaba a pedir!
6. Os gandeiros americanos son propietarios de miles de acres de terreo
7. Finxiu que non se decataba e reclamou un aprazamento
8. Cada un entregou o seu recibo e devolvéronlles os cartos
9. Non intentes convencela xa o entenderá por si soa
10. Roubaron uns vinte mil euros e ¡levaban unha pistola de mentira!
11. Son propietarios dun piso e alugan un apartamento no verán
12. Naquel momento non era propietario das súas terras.
13. Os últimos participantes levaron cada un un premio especial
14. Non me gustan nada esas pistolas de mentira, son perigosas.

4. Identifica, clasifica e comenta as verbas subliñadas:

-¡Consideren o veredicto! –díxolle o Rei ao xurado.


-¡Aínda non, aínda non!- interrompeu o Coello a présa-.¡Antes teñen que vir moitas cousas!
-¡Chamen a primeira testemuña!-dixo o Rei-; e o Coello Branco botou tres toques de trompeta e berrou:
-¡Primeira testemuña!
A primeira testemuña era o Sombreireiro. Entrou cunha cunca de te nunha man e un anaco de pan con
manteiga na outra.
-Disimule, Vosa Maxestade- empezou- que veña con todo isto, pero é que aínda non rematara a merenda
cando me mandaron chamar.
-Pois debíala ter rematado xa- dixo o rei-.¿Cando a empezaches? (…)
-O catorce de marzo, coido que foi-dixo.
-¡O quince!- dixo a Lebre de Marzo.
-¡O dezaseis!- dixo o Leirón.
Alicia no país das maravillas. Lewis Carroll

-Conformes -dixo o Gato-; e desta vez esvaeuse moi a modo, empezando pola punta do rabo e terminando polo
arregaño dos dentes, que aínda quedou alí por un pouco, logo de desaparecer todo o demais.
-¡Estache ben o conto ¡ Levo visto moitas veces un gato que non arregaña os dentes-pensou Alicia- ¡pero mira
que un arregaño sen gato! ¡É a cousa máis curiosa que vin ma miña vida!
Non levaba moito andado cando deu coa casa da Lebre de Marzo. Pensou que tiña que ser aquela, porque as
chemineas tiñan forma de orella e o tellado estaba cuberto todo de pelo de animal. Tan grande era a casa que
non se atreveu a achegarse sen mordiscar antes un anacode cogomelo que levaba na man esquerda e medrar a
unha altura de máis de dúas cuartas; e aínda así botou a andar con algo de receo, dicíndose a si mesma:
-¡Anda que se está tola rematada!¡Non sei se non me tería valido máis ir ver o Sombreireiro en vez de vir aquí!

Alicia no país das maravillas. Lewis Carroll

You might also like