Download as docx, pdf, or txt
Download as docx, pdf, or txt
You are on page 1of 1

Para nós, quen amamos ao inimigo.

Hai quen pensa que é a distancia o que nos separa das grandes guerras

mais a distancia é tamén o espazo que fica entre os agresores e os nosos


corpos. Para nós as batallas non están a kilómetros do noso fogar, son o
noso fogar. Para nós os inimigos son o noso amor, o noso desexo: o
vínculo traidor.

Pisamos forte cara a liberdade carrexando nas costas os corpos das que
foron asasinadas por ser iguais que nós; asi que camiñamos, pero
camiñamos en alerta.

A nosa existencia é xa un desafío ás súas lóxicas de dominación e


estarmos vivas a proba da nosa vitoria. Resulta doado de entender que
sobrevivimos porque estamos xuntas: para nós, a sororidade, o apoio
mutuo, non é unha outra opción senón parte da nosa luita: e como esta, é
unha necesidade vital e política.

Non mentimos cando dicimos que os nosos corazóns son bombas de


reloxería, que se tocan a unha estouramos todas. Nós estouramos,
respostamos, devolvemo-los golpes, perdemo-lo medo. E ese estourar é
tan intenso e é tan rabioso... LUME!

Música de GLITCHGIRL ( MUGRE )

Letra de E.C. ( MUGRE )

Voz MENINA ARROUTADA ( MUGRE )

You might also like